PRONOME: é unha categoría gramatical que vén definida polas seguintes características: Forman parte dun sistema morfolóxico fechado e limitado. Poden recibir morfemas de xénero (só aquí aparece o neutro), número e nalgúns casos de persoa. Funcionalmete están relacionados con substantivos, adxectivos e adverbios. Carecen de significado pleno e hai que relacionados co contexto e a situación no que se empregan. Teñen valor deíctico, xa que indican ou mostran algo ou alguén.
VALORES DE “SE”
En galego hai dúas formas homónimas de “se” que cómpre distinguir, como conxunción e como pronome persoal.
a) Como conxunción (nexo de subordinada)
Se collen o tren das doce chegarán a Vigo ás tres.
Este rapaz sempre fai como se non oíse.
Pregúntalle se vai ir á voda de Xurxo.
Non lle fagas caso se che di que vaias con el.
b) Como pronome persoal. Neste caso distinguimos:
1. Valor reflexivo.
Indicando a coincidencia entre o axente e o paciente da acción (REFLEXIVIDADE) , isto é, o suxeito realiza unha acción que recae sobre si mesmo. Admite o reforzo a si mesmo e alterna coas distintas persoas: me, te,se, nos vos.
Ex. (El) queimouse (a si mesmo) e tivo que ir ao médico.
Manolo peitéase con coidado.
Vístese de vagar.
Lavouse en media hora.
OLLO!! En galego é incorrecto o uso das formas reflexivas na función de CI cando na oración xa aparece un CD expreso.
Ex. Lavou os dentes (non, lavouse os dentes)
Peiteou os cabelos (non, peiteouse os cabelos)
2. Valor recíproco.
Indica a dous ou máis suxeitos executando e recibindo alternativamente a acción verbal. Neste caso pode desempeñar a función de CD ou CI.
Ex. Anxo e Antía quérense moito.
CD
Aloumiñábanse con tenrura.
CD
Aínda se seguían escribindo cartas de amor. CI
3. Valor pronominal.
O se acompaña a verbos que necesitan do pronome para manter o seu significado. Non teñen función nin de CD nin de CI, forman parte inseparable do verbo. Varía coa persoa verbal (lémbrome, lémbraste, lémbrase…) .
Verbos deste tipo son:
a) Verbos de emoción ou sentimento (verbos seudorreflexivos). Neste casos o verbo soe ir acompañado do Suplemento.
Ex. Sempre se queixa do mesmo.
Arrepentiuse do que dixo.
Lembrouse da súa infancia.
b) Tamén son construcións pronominais determinados verbos transitivos que se converten en intransitivos mediante o pronome se.
Ex. Botou auga / Botouse de cabeza.
Moveu varios quilos / Mouveuse de sitio.
Lanzou a pedra moi lonxe / Lanzouse ao baleiro.
OLLO!! En galego os verbos intransitivos de movemento non admiten a marca pronominal Ex. Marchou moi lonxe.
Caeu dunha árbore.
Veu de Madrid.
4. Valor impersoal.
Neste caso o se tampouco ten función sintáctica. Se é a marca de impersoalidade.
Son construcións que carecen de suxeito (pero se lle quitamos o se aparece tan suxeito).
Só se emprega co verbo en 3º persoa de sg. Non admite o plural.
Non varían coa persoa verbal.
Ex: Auxiliouse aos feridos
Estase ben aquí
Admírase ao heroe
En España lese pouco
Maltrátase ao contribuínte

O latín lingua flexiva. Linguas sintéticas e analíticas. Categorías gramaticais. Flexión nominal, pronominal e verbal. Orde de palabras e concordancia.
2. O SUBSTANTIVO
Os substantivos son palabras que se refiren a seres
animados ou inanimados; con eles noméanse persoas,
animais, cousas, plantas, ideas...
Morfoloxicamente caracterízanse porque presentan
variacións dependendo do xénero e do número.
4. 01
O XÉNERO
Todos os substantivos galegos teñen xénero
(masculino ou feminino), aínda que non
sempre a diferenza de xénero leva implícita
unha diferenza de sexo.
5. A gran maioría dos
substantivos que hai na
lingua só admiten un
xénero, é dicir, son
invariables en xénero
Xénero invariable
6. 1 ) Seres
inanimados ou
substantivos
abstractos
SON xeralmente MASCULINOS...
●Os rematados en –O: o aparello.( OLLO!
a foto, a dinamo )
●Os nomes das letras: o a, o xe...
●Os rematados en –ME: o lume
Agás: a síndrome, a derme, a
servidume, a mansedume, a fame
● Os rematados en -OTE: o dote.
Pero: a glote
7. SON xeralmente FEMININOS...
● Os rematados en –A a aba.
(Pero o día)
● Os rematados en –AXE (agás
traxe, paxe, garaxe) : a viaxe.
● Os rematados en –ADE e en –
CIÓN: a liberdade, a ficción.
● Os rematados en –SE: a
paréntese. (Pero: o interese.)
●Os rematados en –ITE: a
hepatite. (Pero: o satélite).
●Os nomes das árbores
froiteiras: a cerdeira, a nogueira,
a pereira, a maceira, a oliveira, a
laranxeira... (Pero o piñeiro, o
castiñeiro, o limoeiro, o
pexegueiro)
8. OLLO!
Hai que ter en conta que EN
GALEGO nunca se varía o xénero
dos determinantes ou artigos por
motivos de fonética sintáctica ou
cacofónicos:
a auga, a alma, a aguia, a arte
9. 2 ) Seres
animados
SUBSTANTIVOS COA MESMA FORMA
PARA O MASCULINO E O FEMININO
Nos substantivos que fan referencia a
seres animados, é dicir, aqueles que na
realidade designan seres nos que hai
distinción de sexo, existe unha dobre
posibilidade, pois hai substantivos cunha
única forma e outros que varían:
●Substantivos que marcan o
xénero a través do artigo:
o atleta / a atleta
●Substantivos que marcan o
xénero matizándoo con palabras
como "macho" ou "femia":
tartaruga macho/femia
10. SUBSTANTIVOS CON DISTINTA FORMA
PARA O MASCULINO E O FEMININO
● Fillo-filla
● avó-avoa
Casos especiais son grou-grúa,
xudeu-xudía e sandeu-sandía.
● Os masculinos rematados en -ón fan
o feminino en:
-oa: león-leoa; ladrón-ladroa
-ona, en aumentativos e pexorativos:
abusón-abusona; preguntón-preguntona
● Os rematados en -ín fan o feminino en
-ina: bailarín-bailarina, agás ruín que
é invariable.
● Os rematados en -ún fan o feminino
engadindo -a: euscaldún- euscalduna;
agás cabrún, cervún e vacún que fan
o feminino cabrúa, cervúa e vacúa.
● Os substantivos e adxectivos
masculinos rematados en -án fan o
feminino en:
-á: Irmán/irmá; cidadán/cidadá.
-ana (se atribúen calidades negativas):
folgazán- folgazana; lacazán- lacazana
11. SUBSTANTIVOS CON DISTINTA FORMA
PARA O MASCULINO E O FEMININO
● Coa incorporación dun
sufixo no feminino:
heroe-heroína, rei-raíña
●Con palabras diferentes en
masculino e feminino:
cabalo-egua, pai-nai
En ocasións hai substantivos que presentan
distinción de xénero pero masculino e feminino
non fan referencia a sexos senón que expresar
outros valores:
●Designación de obxectos distintos: o
zapato-a zapata, o caldeiro-a caldeira.
●Diferenciación de formas ou tamaños (o
feminino soe designar o obxecto maior):
agro/agra, cancelo/cancela
●Uso do feminino para indicar valor
colectivo: o leño-a leña, o froito-a froita.
12.
13. Un pai e o seu fillo ían no coche cando, de pronto, o pai
perdeu o control do vehículo e esnafráronse contra un
poste telefónico. O pai morreu no acto; o seu fillo quedou
malferido e levárono ao hospital, onde se lle apreciaron
lesións importantes que requirían unha urxente
intervención. Foi chamado o equipo médico de garda e,
cando chegou á sala de operación a examinar o rapaz oíuse
unha voz: “Non podo operar este neno: é meu fillo!”
15. Por que é necesaria a
linguaxe non sexista?
Os médicos e as enfermeiras do
CHUS...
O persoal médico
e de enfermaría
do CHUS...
As señoras da limpeza do
instituto...
O persoal de
limpeza do
instituto...
16. Por que é necesaria a
linguaxe non sexista?
O home ten 5 litros de sangue no
corpo.
O home ten unha esperanza
de vida de 76 anos.
17. Fórmulas
para fuxir
da
linguaxe
sexista...
A pesar de que o uso do
masculino como xénero non
marcado apareza aínda
recollido como correcto desde
o punto de vista gramatical
(os alumnos [--> mulleres e
homes] da USC van á folga),
é obvio que contribúe a
invisibilizar as mulleres e a
súa intervención na
sociedade.
20. 2.Pequenos
cambios na
redacción
● Utilizando determinantes inclusivos: ao
cambiar determinantes marcados
xenericamente (o/a; un/unha;
este/esta) por outros non marcados
(cada; calquera)
O estudante ( cada estudante) terá un prazo de
dous meses para formalizar a matrícula
● Mudando hábitos de redacción (con
reestruturacións sintácticas, frases de
relativo, introducidas por que; emprego
do se como marca impersoal, etc)
Os lectores desta ( quen le esta) revista científica.
Os representantes ( quen represente...)
O demandante ( se alguén presenta unha demanda)
Os asistentes á reunión propuxeron novas accións (
Propuxéronse novas accións na reunión)
Todos temos unha opinión sobre iso ( Calquera de
nós ten unha opinión sobre iso).
21. 3. As dobres
flexións
As nais e pais, os xogadores e xogadoras...
Orde de
presentación?
- Orde alfabética.
- Prioridade para as
mulleres.
- Alternancia.
Con que elemento facemos a
concordancia?
Botar man da concordancia de
proximidade parécenos o medio máis
axeitado de combater o posible
alongamento das secuencias:
Ex: [Para solucionar frases como]: Os/as autores/ras
interesados/das na publicación...
[propoñemos ]: As autoras e autores interesados na
publicación...
22. 4. Barra 5. @rroba
Alumno/a
Perigo: acabarmos refrendando o feminino
como o “elemento apéndice” ou dependente,
reducido a unha simple flexión tras da barra.
Alumn@
Esta grafía (ou outras como o asterico * ou o
x) utilízase con certa frecuencia para
neutralizar a linguaxe sexista, en maior
medida canto máis persoal e informal é o
texto.
Hai quen considera que esta grafía non
soluciona o problema, mentres que hai quen ve
nela unha achega novidosa e comprometida.
Nos documentos institucionais non vén sendo
contemplada esta solución.