SlideShare a Scribd company logo
LINGUA GALEGA 3º
Ortografía
1.-O punto (.) é o signo de puntuación que indica unha pausa ao final dunha oración.
Hai tres tipos de puntos:
O punto e seguido utilízase para separar oracións dentro dun mesmo parágrafo.
O punto e á parte usámolo para separar dous parágrafo diferentes.
O punto final utilizámolo para indicar o final do texto.
2.-A coma (,) indica unha pausa máis curta cá do punto.
3.- O signo de interrogación (?)utilízase para preguntar , e o signo de exclamación (!) para expresar
sorpresa, alegría, terror...
4.- Palabras con h
Harmonía, helicóptero, hipopótamo, hora.
horror, humano, humilde, hospital.
5.-Palabras con Re RR
O son forte do erre escríbese con r-ao principio de palabra ou sílaba e -rr-entre dúas vogais.
O son suave do erre escríbese con -r-entre vogais ou -r-ao final de palabra.
6.- Palabras con za, ce, ci, zo, e zu.
Escríbese sempre z diante de a, o , u.
Escríbese sempre c diante de e, i.
7.- Palabras con ca, que, qui, co e cu.
Escríbese c diante de a, o, u.
Escríbese qu diante de e, i.
8.- Escríbense con bos verbos rematados en -bir e -buír agás servir, vivir e vir.
9.- Palabras con ga, gue, gui, go, gu, güe, güi.
Diante de a, o, u escribimos g (gato, gota, gusto).
Diante de e, i escribimos gu (xoguete, guitarra).
Para pronunciar o u en gue, gui escribimos dous puntiños (ü) que se chaman diérese. Ex:. pingüín.
10.- Palabras con xe s.
Aprendemos a escribir os dous sons da letra X. Ex.: sexta, xesta.
11.- A sílaba.
A sílaba é o son ou grupo de sons que pronunciamos en cada golpe de voz nunha palabra.
 As palabras monosílabas teñen unha soa sílaba: Sol
 As palabras bisílabas teñen dúas sílabas: ro-bot.
 As palabras trisílabas teñen tres sílabas: se-gui-do.
 As palabras polisílabas teñen máis de tres sílabas: pe-que-rre-cho.
O dígrafo nh non se pode separar.
12.- Separación de palabras ao final de liña.
Cando se parte unha palabra ponse un guión (-) e escribimos na seguinte liña.
Non se debe escribir unha vogal soa nin ao principio ni ao final da liña.
13.-A sílaba tónica e a sílaba átona.
A sílaba tónica é a que pronunciamos con máis forza encada palabra. EX:ca-lor
A sílaba átona pronúnciase con menos intensidade.EX: xor- nal
14.- Clasificación das palabras polo acento.
 Agudas: cando a sílaba tónica é a última.
 Graves: cando a sílaba tónica é a penúltima.
 Esdrúxulas: cando a sílaba tónica é a antepenúltima.
15.- O acento e as regras de acentuación.
A raia inclinada que se coloca sobre algunhas palabras chámase acento gráfico.
 As palabrs agudas levan acento gráfico cando rematan en vogal, -n, -s ou -ns.
avó, irmán, patíns.
 As palabras graves levan acento gráfico cando rematan en consoante que non sexa nin -n, nin -s:
hámster, álbum...
 As palabrar esdrúxulas acentúanse todas: plátano, prismáticos.
Gramática
1.-O nome é unha palabra que serve para identificar as persoas, outros seres vivos e as cousas.
Os nomes ou substantivos poden ser:
 Comúns: Nomean calquera ser ou cousa: conto, outono.
 Propios: Nomean unha persoa, ser vivo ou cousa para distinguilo dos demais: Manuela, Viloira, Sil. Os
nomes propios escríbense con maiúscula inicial.
2.-O xénero dos nomes ou substantivos:
Os nomes de xénero másculino poden levar diante as palabras O, OS, UN, ou UNS.
Os nomes de xénero feminino poden levar diante as palabras A, AS, UNHA, UNHAS.
3.-O número dos substantivos:
Un nome ou substantivo está en singular cando se refire a unha soa persoa, ser vivo ou cousa.
Un nome ou substantivo está en plural cando se refire a varias persoas, seres vivos ou cousas.
4.- Os adxectivos acompañan aos nomes e dinnos como son ou están os seres ou cousas.
5.- Concordancia de nomes e adxectivos.
Os adxectivos teñen o mesmo xénero e o mesmo número có nome ao que acompañan, isto é, concordan en
xénero e número.
6.- O artigo e as súas contraccións.
O artigo é unha palabra que vai diante do nome e ten o seu mesmo xénero e número. Son:
ARTIGOS Masculino Feminino
Singular o un a unha
Plural os uns as unhas
Cando un artigo está unido con outras palabras forman contraccións:
CONTRACCIÓNS Masculino Feminino
o os a as
A ao aos á ás
De Do Dos Da Das
En No Nos Na nas
Con Co Cos Coa Coas
Por Polo Polos Pola polas
CONTRACCIÓNS Masculino Feminino
Un Uns Unha unhas
De Dun Duns Dunha dunhas
En Nun Nuns Nunha nunhas
Con Cun Cuns Cunha Cunhas
7.- O verbo. O infinitivo.
Os verbos son palabras que indican o que fan as persoas, os animais ou as cousas. Expresan accións e sucesos.
O infinitivo identifica ou dalle nome a un verbo.
As terminacións do infinitivo indican a conxugación á que pertencen:
 1ª conxugación: verbos que rematan en -ar.
 2ª conxugación: verbos que rematan en -er.
 3ª conxugación: verbos que rematan en -ir.
8.- Os tempos verbais.
Pasado, presente e futuro son tempos verbais.
9.- A persoa a número dos verbos.
As formas verbais teñen persoa e número (singular ou plural).
 Verbos en primeira persoa: eu conto, nós contamos.
 Verbos en segunda persoa: ti contas, vós contades.
 Verbos en terceira persoa: el/ela conta, eles, elas contan.
10.- Os pronomes persoais.
Son palabras que serven para substituír os nomes.
As formas de respecto dos pronomes persoais son vostede e vostedes.
11.- A conxugación verbal
A conxugación é o conxunto de todas as formas dun verbo: os tempos, as persoas e os números.
12.- A análise morfolóxica.
A análise morfolóxica consiste en dicir que clase de palabras hai nunha oración ou texto e que
caraterísticas teñen.
13.- O enunciado.
O enunciado é unha palabra ou grupo de palabras coa intención de comunicar algo.
Ex: Tes que subir á gabia. Martiño, por Deus.
14.- A oración: suxeito e predicado. As partes da oración adoitan ter este orde: suxeito +predicado.
A oración é un enunciado que ten un verbo conxugado.
O suxeito é a parte da oración que nos di quen fai unha acción ou de quen se di algo.
O predicado é a parte da oración que nos di o que fai ou como é suxeito.
Pronomes
persoais
Singular Plural
Persoas Masculino Feminino Masculino feminino
Primeira Eu nós
Segunda Ti vós
Terceira El ela Eles Elas
Vocabulario
1.-Palabras primitivas e derivadas.
Ex.:Flor é primitiva, e desflorar é derivada.
2.-Os prefixos.
Os prefixos engádense ao principio das palabras para formar outras con significado diferente.
Cando usamos os prefixos des- e in- convertemos as plalabras en contrarias.
3.- Os sufixos.
Os sufixos engádense ao final das palabras para dar información.
-iño, iña converten o significado da palabra en algo pequeno ou agarimosos.
Son sufixos diminutivos.
-ón, -ona, -azo, aza converten o significado das palabras en algo máis grande.
Son sufixos aumentativos.
4.- Os xentilicios son os adxectivos que indican o lugar de nacemento das persoas ou a súa nacionalidade.
5.- As palabras compostas son aquelas que están formadas por dúas palabras simples: xirasol, crebanoces.
6.- Familia de palabras.
O conxunto de palabras derivadas dunha primitiva forman unha familia de palabras.
Ex.: Baño, bañeira, bañista, bañador.
7.- Campo semántico.
Un campo semántico é un conxunto de palabras que se relacionan ou fan referencia a un mesmo tema.
Ex: C. Semántico de pezas musicais:
alboradas, pasodobres, pandeiradas, alalás, muiñeiras, pasacalles.
8.-Palabras sinónimas.
As palabras que teñen o mesmo ou un significado semellante chámanse sinónimas.
Ex: coche, vehículo.
9.- Palabras antónimas.
As palabras que teñen un significado oposto unha da outra chámanse palabras antónimas.
Ex.: día/ noite aberto/pechado grande/pequeno.
10.- As palabras polisémicas son aquelas que teñen máis dun significado. Ex:.Planta
11.- As palabras homónimas pronúncianse igual pero teñen distinto significado. radio/radio
Ás veces, as palabras homónimas escríbense igual pero outra veces pódense escribir de xeito diferente.
voas/boas. basto/vasto.
12.- As abreviaturas.
A abreviatura é a representación dunha palabra por unha ou algunha das súas letras seguidas dun punto.
m.- masculino s.- singular dta.- dereita
f.- feminino pl.- plural esq.- esquerda
núm.-número avda.- avenida pr.-praza
13.-As siglas
As siglas son abreviaturas de grupos de palabras que se forman utilizando as letras iniciais de cada
palabra do grupo.
Ex.: RAG-----Real Academia Galega
ONU--- Organización das Nacións Unidas
ESO---- Educación Secundaria Obligatoria
DNI-----Documento Nacional de Identidade
14.- As onomatopeias
As onomatopeias son as palabras que imitan sons. Ex.: quiquiriquí, pio-pio
Escribir
Tipos de textos:
1.- Textos narrativos.
conto: Narración dun suceso inventado.
2.-Os textos normativos.
Os textos normativos dan normas ou instrucións sobre como actuar nun determinado lugar ou situación.Ex.:
normas de conduta.
3.- O diálogo.
O diálogo é unha comunicación falada ou por escrito entre dúas ou máis persoas.
Cada vez que empeza a falar alguén nun texto ponse unha raia (-) e cando remata aoración ponse punto e á
parte.
4.- Textos poéticos.
Cada unha das liñas dun poema é un verso. Varios versos agrupados forman unha estrofa. Cando as últimas
palabras de dous ou máis versos soan parecido dicimos que riman.
5.- Textos instrutivos.
Os textos instrutivos danos pasos que hai que seguir para facer algunha cousa.
6.- A noticia.
A noticia é información sobre acontecementos da actualidade. Toda noticia leva un título que se chama
"titular".
Debe responder as seguintes preguntas:
 Que pasou?
 Cando pasou?
 Onde pasou?
 A quen lle pasou?
7.-A banda deseñada
O comic ou banda deseñada é unha historia narrada mediante debuxos e palabras, e normalmente é
divertida.
Represéntase nuns recadros chamados viñetas.
Os bocadillos é onde aparece o que pensan ou din os personaxes do comic.

More Related Content

Similar to Lingua_Galega_3_Resumo_curs0

R3 lingua sexto
R3 lingua sextoR3 lingua sexto
R3 lingua sexto
Fiz
 
Presentación pronome persoal
Presentación pronome persoalPresentación pronome persoal
Presentación pronome persoal
albertomuniz
 
Pronome persoa.pdf
Pronome persoa.pdfPronome persoa.pdf
Pronome persoa.pdf
BEATRIZTRONCOSOLOREN
 
R8 lingua sexto
R8 lingua sextoR8 lingua sexto
R8 lingua sexto
Fiz
 
O pronome persoal
O pronome persoal O pronome persoal
O pronome persoal
AlexandraFisteus
 
Lingua resumo tema_2_quinto
Lingua resumo tema_2_quintoLingua resumo tema_2_quinto
Lingua resumo tema_2_quinto
Fiz
 
Resumo tema 1 lingua 5
Resumo tema 1 lingua 5Resumo tema 1 lingua 5
Resumo tema 1 lingua 5
Fiz
 
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Berta Campos
 
Repaso tema 6_gal_2
Repaso tema 6_gal_2Repaso tema 6_gal_2
Repaso tema 6_gal_2
Fiz
 
Uso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - españolUso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - español
Fende Testas
 
R5 lingua sexto
R5 lingua sextoR5 lingua sexto
R5 lingua sexto
Fiz
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoCelia Díaz
 
Resumo tema 9_galego
Resumo tema 9_galegoResumo tema 9_galego
Resumo tema 9_galego
Fiz
 
Resumo tema 3_l_5
Resumo tema 3_l_5Resumo tema 3_l_5
Resumo tema 3_l_5
Fiz
 
Apuntes Gramatica
Apuntes GramaticaApuntes Gramatica
Apuntes Gramaticaxenevra
 
Resumo tema 6_galego
Resumo tema 6_galegoResumo tema 6_galego
Resumo tema 6_galego
Fiz
 
R2 lingua sexto
R2 lingua sextoR2 lingua sexto
R2 lingua sexto
Fiz
 
R1 lingua sexto
R1 lingua sextoR1 lingua sexto
R1 lingua sexto
Fiz
 

Similar to Lingua_Galega_3_Resumo_curs0 (20)

R3 lingua sexto
R3 lingua sextoR3 lingua sexto
R3 lingua sexto
 
Pronome persoal
Pronome persoalPronome persoal
Pronome persoal
 
Substantivo
Substantivo Substantivo
Substantivo
 
Presentación pronome persoal
Presentación pronome persoalPresentación pronome persoal
Presentación pronome persoal
 
Pronome persoa.pdf
Pronome persoa.pdfPronome persoa.pdf
Pronome persoa.pdf
 
R8 lingua sexto
R8 lingua sextoR8 lingua sexto
R8 lingua sexto
 
O pronome persoal
O pronome persoal O pronome persoal
O pronome persoal
 
Lingua resumo tema_2_quinto
Lingua resumo tema_2_quintoLingua resumo tema_2_quinto
Lingua resumo tema_2_quinto
 
Resumo tema 1 lingua 5
Resumo tema 1 lingua 5Resumo tema 1 lingua 5
Resumo tema 1 lingua 5
 
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
Tipos de palabras segundo a súa estrutura.
 
Repaso tema 6_gal_2
Repaso tema 6_gal_2Repaso tema 6_gal_2
Repaso tema 6_gal_2
 
Uso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - españolUso do dicionario grego clásico - español
Uso do dicionario grego clásico - español
 
R5 lingua sexto
R5 lingua sextoR5 lingua sexto
R5 lingua sexto
 
Variedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galegoVariedades xeográficas do galego
Variedades xeográficas do galego
 
Resumo tema 9_galego
Resumo tema 9_galegoResumo tema 9_galego
Resumo tema 9_galego
 
Resumo tema 3_l_5
Resumo tema 3_l_5Resumo tema 3_l_5
Resumo tema 3_l_5
 
Apuntes Gramatica
Apuntes GramaticaApuntes Gramatica
Apuntes Gramatica
 
Resumo tema 6_galego
Resumo tema 6_galegoResumo tema 6_galego
Resumo tema 6_galego
 
R2 lingua sexto
R2 lingua sextoR2 lingua sexto
R2 lingua sexto
 
R1 lingua sexto
R1 lingua sextoR1 lingua sexto
R1 lingua sexto
 

More from Carmela Garcia

Patio
PatioPatio
Paseo
PaseoPaseo
Xeografia espanha
Xeografia espanhaXeografia espanha
Xeografia espanha
Carmela Garcia
 
Trens de Asier
Trens de AsierTrens de Asier
Trens de Asier
Carmela Garcia
 
A auga de anxo h
A auga de anxo hA auga de anxo h
A auga de anxo h
Carmela Garcia
 
O polbo de Sheila
O polbo de SheilaO polbo de Sheila
O polbo de Sheila
Carmela Garcia
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
Carmela Garcia
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
Carmela Garcia
 
Actividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroaActividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroa
Carmela Garcia
 
Vacinas irene
Vacinas ireneVacinas irene
Vacinas irene
Carmela Garcia
 
A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo
Carmela Garcia
 
As pontes de violeta
As pontes de violetaAs pontes de violeta
As pontes de violeta
Carmela Garcia
 
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzoA materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
Carmela Garcia
 
As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra
Carmela Garcia
 
As xirafas
As xirafasAs xirafas
As xirafas
Carmela Garcia
 
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Carmela Garcia
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
Carmela Garcia
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
Carmela Garcia
 
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asierA evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
Carmela Garcia
 
As paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de davidAs paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de david
Carmela Garcia
 

More from Carmela Garcia (20)

Patio
PatioPatio
Patio
 
Paseo
PaseoPaseo
Paseo
 
Xeografia espanha
Xeografia espanhaXeografia espanha
Xeografia espanha
 
Trens de Asier
Trens de AsierTrens de Asier
Trens de Asier
 
A auga de anxo h
A auga de anxo hA auga de anxo h
A auga de anxo h
 
O polbo de Sheila
O polbo de SheilaO polbo de Sheila
O polbo de Sheila
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
 
Os coches
Os cochesOs coches
Os coches
 
Actividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroaActividades produtivas aroa
Actividades produtivas aroa
 
Vacinas irene
Vacinas ireneVacinas irene
Vacinas irene
 
A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo A paisaxe jacobo
A paisaxe jacobo
 
As pontes de violeta
As pontes de violetaAs pontes de violeta
As pontes de violeta
 
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzoA materia e os materiais azahara dominguez corzo
A materia e os materiais azahara dominguez corzo
 
As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra As canteiras de pizarra
As canteiras de pizarra
 
As xirafas
As xirafasAs xirafas
As xirafas
 
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
Programacion sos terra actuamos aqui e agora 202021
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
 
Dinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristianDinosaurios de cristian
Dinosaurios de cristian
 
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asierA evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
A evolucion da vivenda ao longo da historia de asier
 
As paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de davidAs paisaxes agrarias de david
As paisaxes agrarias de david
 

Lingua_Galega_3_Resumo_curs0

  • 1. LINGUA GALEGA 3º Ortografía 1.-O punto (.) é o signo de puntuación que indica unha pausa ao final dunha oración. Hai tres tipos de puntos: O punto e seguido utilízase para separar oracións dentro dun mesmo parágrafo. O punto e á parte usámolo para separar dous parágrafo diferentes. O punto final utilizámolo para indicar o final do texto. 2.-A coma (,) indica unha pausa máis curta cá do punto. 3.- O signo de interrogación (?)utilízase para preguntar , e o signo de exclamación (!) para expresar sorpresa, alegría, terror... 4.- Palabras con h Harmonía, helicóptero, hipopótamo, hora. horror, humano, humilde, hospital. 5.-Palabras con Re RR O son forte do erre escríbese con r-ao principio de palabra ou sílaba e -rr-entre dúas vogais. O son suave do erre escríbese con -r-entre vogais ou -r-ao final de palabra. 6.- Palabras con za, ce, ci, zo, e zu. Escríbese sempre z diante de a, o , u. Escríbese sempre c diante de e, i. 7.- Palabras con ca, que, qui, co e cu. Escríbese c diante de a, o, u. Escríbese qu diante de e, i. 8.- Escríbense con bos verbos rematados en -bir e -buír agás servir, vivir e vir. 9.- Palabras con ga, gue, gui, go, gu, güe, güi. Diante de a, o, u escribimos g (gato, gota, gusto). Diante de e, i escribimos gu (xoguete, guitarra).
  • 2. Para pronunciar o u en gue, gui escribimos dous puntiños (ü) que se chaman diérese. Ex:. pingüín. 10.- Palabras con xe s. Aprendemos a escribir os dous sons da letra X. Ex.: sexta, xesta. 11.- A sílaba. A sílaba é o son ou grupo de sons que pronunciamos en cada golpe de voz nunha palabra.  As palabras monosílabas teñen unha soa sílaba: Sol  As palabras bisílabas teñen dúas sílabas: ro-bot.  As palabras trisílabas teñen tres sílabas: se-gui-do.  As palabras polisílabas teñen máis de tres sílabas: pe-que-rre-cho. O dígrafo nh non se pode separar. 12.- Separación de palabras ao final de liña. Cando se parte unha palabra ponse un guión (-) e escribimos na seguinte liña. Non se debe escribir unha vogal soa nin ao principio ni ao final da liña. 13.-A sílaba tónica e a sílaba átona. A sílaba tónica é a que pronunciamos con máis forza encada palabra. EX:ca-lor A sílaba átona pronúnciase con menos intensidade.EX: xor- nal 14.- Clasificación das palabras polo acento.  Agudas: cando a sílaba tónica é a última.  Graves: cando a sílaba tónica é a penúltima.  Esdrúxulas: cando a sílaba tónica é a antepenúltima. 15.- O acento e as regras de acentuación. A raia inclinada que se coloca sobre algunhas palabras chámase acento gráfico.  As palabrs agudas levan acento gráfico cando rematan en vogal, -n, -s ou -ns. avó, irmán, patíns.  As palabras graves levan acento gráfico cando rematan en consoante que non sexa nin -n, nin -s: hámster, álbum...  As palabrar esdrúxulas acentúanse todas: plátano, prismáticos.
  • 3. Gramática 1.-O nome é unha palabra que serve para identificar as persoas, outros seres vivos e as cousas. Os nomes ou substantivos poden ser:  Comúns: Nomean calquera ser ou cousa: conto, outono.  Propios: Nomean unha persoa, ser vivo ou cousa para distinguilo dos demais: Manuela, Viloira, Sil. Os nomes propios escríbense con maiúscula inicial. 2.-O xénero dos nomes ou substantivos: Os nomes de xénero másculino poden levar diante as palabras O, OS, UN, ou UNS. Os nomes de xénero feminino poden levar diante as palabras A, AS, UNHA, UNHAS. 3.-O número dos substantivos: Un nome ou substantivo está en singular cando se refire a unha soa persoa, ser vivo ou cousa. Un nome ou substantivo está en plural cando se refire a varias persoas, seres vivos ou cousas. 4.- Os adxectivos acompañan aos nomes e dinnos como son ou están os seres ou cousas. 5.- Concordancia de nomes e adxectivos. Os adxectivos teñen o mesmo xénero e o mesmo número có nome ao que acompañan, isto é, concordan en xénero e número. 6.- O artigo e as súas contraccións. O artigo é unha palabra que vai diante do nome e ten o seu mesmo xénero e número. Son: ARTIGOS Masculino Feminino Singular o un a unha Plural os uns as unhas Cando un artigo está unido con outras palabras forman contraccións: CONTRACCIÓNS Masculino Feminino o os a as A ao aos á ás De Do Dos Da Das En No Nos Na nas Con Co Cos Coa Coas Por Polo Polos Pola polas CONTRACCIÓNS Masculino Feminino Un Uns Unha unhas De Dun Duns Dunha dunhas En Nun Nuns Nunha nunhas Con Cun Cuns Cunha Cunhas
  • 4. 7.- O verbo. O infinitivo. Os verbos son palabras que indican o que fan as persoas, os animais ou as cousas. Expresan accións e sucesos. O infinitivo identifica ou dalle nome a un verbo. As terminacións do infinitivo indican a conxugación á que pertencen:  1ª conxugación: verbos que rematan en -ar.  2ª conxugación: verbos que rematan en -er.  3ª conxugación: verbos que rematan en -ir. 8.- Os tempos verbais. Pasado, presente e futuro son tempos verbais. 9.- A persoa a número dos verbos. As formas verbais teñen persoa e número (singular ou plural).  Verbos en primeira persoa: eu conto, nós contamos.  Verbos en segunda persoa: ti contas, vós contades.  Verbos en terceira persoa: el/ela conta, eles, elas contan. 10.- Os pronomes persoais. Son palabras que serven para substituír os nomes. As formas de respecto dos pronomes persoais son vostede e vostedes. 11.- A conxugación verbal A conxugación é o conxunto de todas as formas dun verbo: os tempos, as persoas e os números. 12.- A análise morfolóxica. A análise morfolóxica consiste en dicir que clase de palabras hai nunha oración ou texto e que caraterísticas teñen. 13.- O enunciado. O enunciado é unha palabra ou grupo de palabras coa intención de comunicar algo. Ex: Tes que subir á gabia. Martiño, por Deus. 14.- A oración: suxeito e predicado. As partes da oración adoitan ter este orde: suxeito +predicado. A oración é un enunciado que ten un verbo conxugado. O suxeito é a parte da oración que nos di quen fai unha acción ou de quen se di algo. O predicado é a parte da oración que nos di o que fai ou como é suxeito. Pronomes persoais Singular Plural Persoas Masculino Feminino Masculino feminino Primeira Eu nós Segunda Ti vós Terceira El ela Eles Elas
  • 5. Vocabulario 1.-Palabras primitivas e derivadas. Ex.:Flor é primitiva, e desflorar é derivada. 2.-Os prefixos. Os prefixos engádense ao principio das palabras para formar outras con significado diferente. Cando usamos os prefixos des- e in- convertemos as plalabras en contrarias. 3.- Os sufixos. Os sufixos engádense ao final das palabras para dar información. -iño, iña converten o significado da palabra en algo pequeno ou agarimosos. Son sufixos diminutivos. -ón, -ona, -azo, aza converten o significado das palabras en algo máis grande. Son sufixos aumentativos. 4.- Os xentilicios son os adxectivos que indican o lugar de nacemento das persoas ou a súa nacionalidade. 5.- As palabras compostas son aquelas que están formadas por dúas palabras simples: xirasol, crebanoces. 6.- Familia de palabras. O conxunto de palabras derivadas dunha primitiva forman unha familia de palabras. Ex.: Baño, bañeira, bañista, bañador. 7.- Campo semántico. Un campo semántico é un conxunto de palabras que se relacionan ou fan referencia a un mesmo tema. Ex: C. Semántico de pezas musicais: alboradas, pasodobres, pandeiradas, alalás, muiñeiras, pasacalles. 8.-Palabras sinónimas. As palabras que teñen o mesmo ou un significado semellante chámanse sinónimas. Ex: coche, vehículo. 9.- Palabras antónimas. As palabras que teñen un significado oposto unha da outra chámanse palabras antónimas. Ex.: día/ noite aberto/pechado grande/pequeno. 10.- As palabras polisémicas son aquelas que teñen máis dun significado. Ex:.Planta 11.- As palabras homónimas pronúncianse igual pero teñen distinto significado. radio/radio Ás veces, as palabras homónimas escríbense igual pero outra veces pódense escribir de xeito diferente. voas/boas. basto/vasto.
  • 6. 12.- As abreviaturas. A abreviatura é a representación dunha palabra por unha ou algunha das súas letras seguidas dun punto. m.- masculino s.- singular dta.- dereita f.- feminino pl.- plural esq.- esquerda núm.-número avda.- avenida pr.-praza 13.-As siglas As siglas son abreviaturas de grupos de palabras que se forman utilizando as letras iniciais de cada palabra do grupo. Ex.: RAG-----Real Academia Galega ONU--- Organización das Nacións Unidas ESO---- Educación Secundaria Obligatoria DNI-----Documento Nacional de Identidade 14.- As onomatopeias As onomatopeias son as palabras que imitan sons. Ex.: quiquiriquí, pio-pio
  • 7. Escribir Tipos de textos: 1.- Textos narrativos. conto: Narración dun suceso inventado. 2.-Os textos normativos. Os textos normativos dan normas ou instrucións sobre como actuar nun determinado lugar ou situación.Ex.: normas de conduta. 3.- O diálogo. O diálogo é unha comunicación falada ou por escrito entre dúas ou máis persoas. Cada vez que empeza a falar alguén nun texto ponse unha raia (-) e cando remata aoración ponse punto e á parte. 4.- Textos poéticos. Cada unha das liñas dun poema é un verso. Varios versos agrupados forman unha estrofa. Cando as últimas palabras de dous ou máis versos soan parecido dicimos que riman. 5.- Textos instrutivos. Os textos instrutivos danos pasos que hai que seguir para facer algunha cousa. 6.- A noticia. A noticia é información sobre acontecementos da actualidade. Toda noticia leva un título que se chama "titular". Debe responder as seguintes preguntas:  Que pasou?  Cando pasou?  Onde pasou?  A quen lle pasou? 7.-A banda deseñada O comic ou banda deseñada é unha historia narrada mediante debuxos e palabras, e normalmente é divertida. Represéntase nuns recadros chamados viñetas. Os bocadillos é onde aparece o que pensan ou din os personaxes do comic.