1. 1. Cantos anos tes? Teño 65 anos.
2. Que lembras da túa infancia? Lembro unha infancia feliz,
criándome co meu pai, a miña nai e as miñas irmás.
3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai? A miña nai dedicábase a
traballar na casa e máis fóra, e o meu pai era carpinteiro e canteiro
4. Que comías? Pan, caldo, leite, ovos, papas, sopa de cabalo cansado
(sopas de viño).
5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Si,
estabamos todos xuntos.
6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? Dalgúns moi bos
recordos, doutros moi malos, eran máis listos que os de agora. Había
unha profesora que conectaba moi ben cos cativos e era moi boa;
tíñanlle todos moito respecto.
7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches
a traballar? Si, e máis aprendín a coser; traballei no forestal.
Comecei a traballar aos 14 anos.
8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por
parte dos teus pais? Tiven dúas irmás e non había diferenzas entre
nós; eu era a máis mimada porque era a máis nova (13 anos de
diferenza).
9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, tiven
11 fillos, un equipo de fútbol, tres mulleres e oito homes, dous
morreron. Coñecímonos nunha festa.
10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches
que quedar na casa? Tiven que quedar na casa.
11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época?
Bailando, daquela non había cubatas nin “merdallada” desa;
xuntabamos máis de 20 mozos e mozas.
12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos
liberdades que agora? Para algunhas cousas foi boa, para os vellos,
por exemplo, e para outras cousas foron moi malas, por exemplo os
que non foron á guerra, porque a algúns os mataban. Home claro que
había menos liberdade, pero máis educación e respecto.
13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller?
Non.
14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación
da muller? En que aspectos? Que hai máis liberdade do que está a
xente preparada para ela, e moi pouco respecto e educación. Si, creo
que mellorou a situación da muller, agora moitas poden valerse por si
mesmas.
15. Yaiza Abeal Freijomil (3º da ESO) entrevistando a unha
muller da súa familia de 65 anos.
2. 1. Cantos anos tes? Teño 81 anos.
2. Que lembras da túa infancia? Ía á escola, e ao monte coas ovellas e
as cabras cos demáis veciños; como tiñamos que estar moito tempo,
levabamos comida; os nenos collían coellos e asábanos no monte,
cunha sartén que tiñan escondida.
3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai?Miña nai era costureira e
tamén era a que levaba a casa. O meu pai era zoqueiro e carpinteiro.
4. Que comías? Comiamos leite, caldo, patacas cocidas con rostrido
(sofrito), pan de mestura e pouca carne.
5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Fun á
escola pero pouco tempo. Había un mestre para os nenos e unha
mestra para as nenas.
6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? A miña mestra era
bastante boa e moi respectuosa con todos nós. Ensinabanos a coser e a
bordar.
7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches
a traballar? Non, sempre estiven na casa; de pequeniña ía cos animais
ao monte.
8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por
parte dos teus pais? Eramos eu e máis catro irmáns; para os meus
pais eramos todos iguais.
9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado?
Si, casei aos 24 anos e tiven 6 fillos. Pois íamos aos salóns de baile
sempre que podíamos e ás festas no verán. Os homes andaban polos
camiños de noite e moceabamos na porta da casa, sen entrar. O home
petaba tres veces na porta para que a moza soubese que era el e que
estaba alí, é ía xunto del á porta.
10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches
que quedar na casa? Quedei na casa axudando aos meus pais.
11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época?
Íamos ás festas todos os do lugar xuntos, andando; chegabamos e as
mulleres comprabas as rosquillas e os homes as bebidas. Bailabamos
todos á noite, uns cos outros, e despois cada un levaba á súa moza a
casa.
12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos
liberdades que agora? Nesa época había que ter moito respecto e
moito coidado co que se dicía, había moito medo. Na ditadura non
había liberdade ningunha.
13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller?
Non, na casa eramos todos iguais.
14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación
da muller? En que aspectos? Antes non había ningunha muller
traballando fóra da casa, quedabamonos coidando aos fillos e aos pais.
15. Ana González Fernández (2º da ESO) entrevistando a unha
muller da súa familia de 81 anos.
3. 1. Cantos anos tes? Teño 56 anos.
2. Que lembras da túa infancia? Moita miseria.
3. A que se dedicaba a túa nai? E o teu pai? A miña nai compostora
(compoñedora) e o meu pai traballaba no campo.
4. Que comías? Caldo, leite, carne de porco..., o que había, e
cando íamos á feira de A Viña, pescado.
5. Ías á escola? Estábades nenos e nenas todos xuntos? Ía, e había
nenos e nenas todos mesturados.
6. Que lembras dos teus mestres ou mestras? Eramos 100 nenos
máis ou menos, e eran un mestre e unha mestra.
7. Traballaches fóra da casa algunha vez? Cando comenzaches
a traballar? Aos 30 anos nunha lavandería nun colexio de educación
especial en Betanzos.
8. Tiñas irmáns? Había diferenzas entre eles e ti no trato por
parte dos teus pais? Tiña dous, e os meus pais queríanos aos tres
por igual.
9. Casaches e tiveches fillos? Como foi o teu noivado? Si, casei e
tiven dous fillos e coñecino nunha festa.
10. Poideches continuar estudando o que ti querías ou tiveches
que quedar na casa? Quedei na casa porque quixen.
11. Como celebrábades as festas os mozos e mozas da túa época?
Íamos a pé; pasábase moi ben; e se se ía lonxe, íamos no bus.
12. Que recordas da época da ditadura? Pensas que había menos
liberdades que agora? Recordo que non saíamos sen permiso dos
pais.
13. Sentícheste discriminada algunha vez por ser unha muller?
Non.
14. Que pensas da época actual? Cres que mellorou a situación
da muller? En que aspectos? Si, mellorou moitísimo. Antes non
eramos tan libres.
15. Raúl Rodríguez Fernández (1º da ESO) entrevistando a unha
muller da súa familia de 56 anos.