O MUNDO QUE QUEREMOS
Inauguramos unha nova travesía no Plan Proxecta da Xunta de Galicia
acompañados por un grupo de ONGs que se uniron coa meta de transformar este o
noso mundo desigual por outro máis xusto e equitativo. Nós somos a xeración que ten
nas súas mans o cambio, e a mellor maneira para acadalo é xuntarnos todos e todas a
buscar as solución e poñelas en práctica, de maneira cooperativa. Trátase do programa
“Cooperación Galega: O mundo que queremos”.
O pasado luns 25 de novembro tivemos o punto de inicio, nesta ocasión coa
visita de Rosa López Miramontes, da ONG Mundo Cooperante, quen con grandes
doses de entusiasmo e unha ollada moi positiva fixo reflexionar ao alumnado da ESO
na xa familiar temática dos ODM, Obxectivos do Milenio. A través dun xogo de rol os
rapaces e rapazas analizaron as problemáticas que afectan a milleiros de persoas no
noso planeta, e foron quen de idear solucións para erradicalas. Este é o primeiro
eslabón dunha serie de obradoiros que se sucederán ao longo do curso, nos que se nos
ofrecerán ferramentas para a loita en contra das desigualdades: comezaremos pola
protesta e a denuncia a través dun programa de radio; continuaremos coa vivencia dos
problemas a través dun “teatro do oprimido”, na que os rapaces e rapazas poñeranse
na pel dos máis desfavorecidos para acadar unha total empatía; e finalizaremos coa
testemuña de mozos e mozas de países desfavorecidos que visitarán o noso centro e
explicarán ao noso alumnado as condicións de vida nun país do “sur”. E como broche
final, unha xuntanza co alumnado e profesorado dos outros catro centros escolares
galegos que están a participar neste proxecto.

Crónica o mundo que queremos

  • 1.
    O MUNDO QUEQUEREMOS Inauguramos unha nova travesía no Plan Proxecta da Xunta de Galicia acompañados por un grupo de ONGs que se uniron coa meta de transformar este o noso mundo desigual por outro máis xusto e equitativo. Nós somos a xeración que ten nas súas mans o cambio, e a mellor maneira para acadalo é xuntarnos todos e todas a buscar as solución e poñelas en práctica, de maneira cooperativa. Trátase do programa “Cooperación Galega: O mundo que queremos”. O pasado luns 25 de novembro tivemos o punto de inicio, nesta ocasión coa visita de Rosa López Miramontes, da ONG Mundo Cooperante, quen con grandes doses de entusiasmo e unha ollada moi positiva fixo reflexionar ao alumnado da ESO na xa familiar temática dos ODM, Obxectivos do Milenio. A través dun xogo de rol os rapaces e rapazas analizaron as problemáticas que afectan a milleiros de persoas no noso planeta, e foron quen de idear solucións para erradicalas. Este é o primeiro eslabón dunha serie de obradoiros que se sucederán ao longo do curso, nos que se nos ofrecerán ferramentas para a loita en contra das desigualdades: comezaremos pola protesta e a denuncia a través dun programa de radio; continuaremos coa vivencia dos problemas a través dun “teatro do oprimido”, na que os rapaces e rapazas poñeranse na pel dos máis desfavorecidos para acadar unha total empatía; e finalizaremos coa testemuña de mozos e mozas de países desfavorecidos que visitarán o noso centro e explicarán ao noso alumnado as condicións de vida nun país do “sur”. E como broche final, unha xuntanza co alumnado e profesorado dos outros catro centros escolares galegos que están a participar neste proxecto.