2º OBRADOIRO CREANDOCIDADANÍA GLOBAL
A inicios deste curso académico 2014-2015 comprometímonos no
proxecto "Creando Cidadanía Global", que chegou ao noso centro da man
da ONG Solidariedade Internacional Galicia, organización coa que xa
colaborarmos anteriormente.
O alumnado de 4º da ESO recibiu un segundo obradoiro, que tivo
lugar o pasado venres 27 de febreiro de 2015 e que durou dous períodos
lectivos (de 14:45 a 16:25 horas). O tempo pasou voando entre xogos e
divertidas dinámicas, co obxectivo fundamental de que os rapaces e rapazas
reflexionasen sobre o concepto de "participación". Todo isto para
posteriormente tratar de elaborar unha "axenda participada" que reflexectira
as propias necesidades e peticións da mocidade da zona. Na próxima sesión
de clase abriremos esa caixa "transparente" que alberga todas e cada unha
das propostas e reivindicacións, e xa no terceiro trimestre e a través dun
último obradoiro, trataremos de facer chegar estas aos nosos representantes
políticos.