XORNADAS DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
                                     “Mellora do clima de aula”
                       Santiago de Compostela, 11 e 12 de Decembro de 2009
             Experiencia de centros: As boas prácticas na mellora da convivencia na aula




Ponentes: Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, profesoras no CPI Virxe da Cela,
Monfero, A Coruña
Título da conferencia, docencia e/ou taller: Monferosolidario: Educación en valores e
corresponsabilidade comunitaria.




                                      MONFEROSOLIDARIO:

          EDUCACIÓN EN VALORES E CORRESPONSABILIDAD COMUNITARIA



   1.   Contextualización: o noso centro
   2.   A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar.
   3.   Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación comunitaria.
   4.   Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural.
   5.   Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I.
   6.   Metodoloxía de traballo.
   7.   Posta en práctica: plan de actividades.
1.- Contextualización: o noso centro


       O C.P.I. Virxe da Cela está ubicado no Xestal, no Concello de Monfero, entre as localidades de
   Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña). A superficie de Monfero é de 171,7
   km², e a súa poboación 2978 habitantes. Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa
   María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá),
   Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María)

   •   O C.P.I. Virxe da Cela, de titularidade pública oferta Educación Infantil, Educación Primaria,
       Educación Secundaria Obrigatoria e Programas de Cualificación Profesional.
   •   No presente curso 2009/2010 están matriculados no centro un total de 171 alumnos/as.
   •   O claustro está formado por 30 profesores/as, dos cales 2 imparten aulas en Educación Infantil,
       11 en Educación Primaria e 17 en Educación Secundaria Obrigatoria.
   •   6 persoas constitúen o persoal de administración e servicio.
   •   No noso centro existe un comedor escolar xestionado polo propio centro e subvencionado
       integramente pola Xunta de Galicia no que se ofrecen servicios todos os días lectivos.
2.- A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar.


    Monferosolidario pretende ser a voz da solidariedade do C.P.I. Virxe da Cela (Monfero, A Coruña).
Esta iniciativa naceu no pasado curso académico 2008-2009, como froito da colaboración entre os
departamentos de Educación para a Cidadanía e Relixión (E.S.O.), e o seu obxectivo principal é a
sensibilización e a implicación de toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e
contorno), creando un clima de unidade e de convivencia.

1.- A NOSA TRAXECTORIA:

Antecedentes:
   • 2003-2005: Dende a materia de Ética (4º E.S.O.): Charlas e obradoiros de sensibilización,
       Rastro Solidario, difusión de proxectos de voluntariado e cooperación, etc.
   • 2007-2008: Dende a materia de Relixión (E.S.O.): actividades vinculadas aos Dereitos
       Humanos, a cultura da Paz, a Interculturalidade. Primeiro contacto coa O.N.G. Entreculturas
       (Xuño 2008)
   • 2008-2009: Colaboracións entre os Departamentos de E.P.C e Relixión (E.S.O). Creación del
       blogue Monferosolidario.

Actualidade: Tras ser galardoados no I Premio de Educación para el Desarrollo, (Ministerio de
Educación e Axencia Española de Cooperación Internacional), o noso traballo consolídase. Baixo a
proposta do Equipo Directivo, e coa aprobación do Claustro e Consello Escolar, as iniciativas de
Monferosolidario aparecen recollidas no PEC no presente curso 2009-2010. Estamos a traballar en todos
os niveis educativos (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O. e P.C.P.I.), e en estreita
colaboración coa Biblioteca Escolar e con outros Departamentos (especialmente os Departamentos de
Lingua Castelá, CCSS e Debuxo)


No P.E.C. aparece recollido:

       Educación en valores ó longo das etapas educativas.
       Interrelación e cooperación con outros centros, asociacións e organización sen ánimo de lucro
        que traballen para promover os valores de solidariedade, loita contra a pobreza e
        desenvolvemento humano.
       Realización de colaboracións a curto e longo prazo con diferentes organismos orientados á
        procura de beneficios sociais e colectivos:
              Consumo responsable (obradoiros de reciclaxe)
              Defensa da solidariedade.
              Protección do medio ambiente.
              Xeneralización dos dereitos humanos
              Ausencia de discriminacións.
2.- O POR QUE DA EDUCACIÓN EN VALORES:


         Porque cremos que é necesario, nos tempos que corren, buscar unha forma de educación que
fomente a apropiación de valores como a autonomía, a xustiza e o respecto, colaborando na construcción
da propia identidade do alumnado, do seu futuro proxecto de vida e do seu desenvolvemento como
persoas.

    OBXECTIVOS

    •   Sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia da educación en valores e a
        necesidade dunha maior corresponsabilidade comunitaria.
    •   Promover a educación para a solidariedade e a cooperación cun enfoque transversal,
        fomentando e facilitando a participación de todo o centro.
    •   Potenciar unha conciencia crítica, intentando motivar a participación social, defendendo a idea
        dunha educación máis integral e solidaria e promover unha cidadanía activa, informada, e
        responsable.
    •   Concienciar sobre o poder e la capacidade que ten o alumnado, como nova xeración, para
        transformar o mundo.


    Tratamos de acadar os nosos obxectivos a través da sensibilización social, a reflexión e a acción.


1º Fase: Sensibilización social e reflexión: Queremos favorecer un cambio de actitude e de
comportamento.


    •   Resaltando a importancia da responsabilidade e do compromiso cara as desigualdades e as
        inxustizas sociais, e a partir de aí buscar posibles solucións para combatilas.
    •   Transmitindo valores humanistas de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as
        persoas, empezando polo ámbito máis próximo: a familia, a escola, a comunidade, e de aí
        contribuír a cambios que encamiñen cara a un mundo máis xusto.
    •   Fomentando valores e actitudes de solidariedade, respecto e convivencia intercultural
        mediante o coñecemento, achegamento e intercambio cultural.


2º Fase: acción.

    •   Promovendo a participación activa nas iniciativas que parten da nosa escola e facendo
        consciente ao noso alumnado de que as nosas iniciativas teñen capacidade transformadora na
        sociedade.
    •   Participando tamén en accións de cooperación para o desenvolvemento: dando a coñecer
        diferentes proxectos de cooperación de ONGs, e uníndonos ás súas campañas.



    As grandes liñas transversais que tratamos de abordar a través de Monferosolidario son:

    •   Obxectivos do Milenio
    •   Grandes desigualdades sociais
    •   Cooperación e desenvolvemento
    •   Cultura da paz e da non- violencia
    •   Identidade cultural
    •   Perspectiva de xénero
    •   Dereitos da infancia
•   Cidadanía
•   Ecodesenvolvemento, consumo responsable, sostenibilidade.
3.- Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación
     comunitaria.


Punto de partida: O noso centro educativo está situado no rural. Esto significa que é un contorno
empobrecido culturalmente. A axenda cultural ofertada polo concello ou por asociacións da zona non é
moi variada, a poboación vive dispersa e a rede de transporte público é case inexistente. Sen embargo, a
grade vantaxe é que entre o noso alumnado aínda prima o carácter colectivo e familiar, elementos que
estanse a extinguir no mundo urbano. A nosa misión, a través de Monferosolidario, é:

        •    Dinamizar e enriquecer culturalmente o noso contorno.
        •    Favorecer os procesos de socialización no rural.
        •    Facer perdurar os valores de traballo comunitario e axuda mutua.


1.- CONVIVENCIA:

         O noso é un centro pequeno, con pouco alumnado e profesorado, onde prima un clima de
familiaridade e de traballo en equipo. Temos pequenos problemas puntuais, fáciles de detectar e de
resolver, e non contamos con alumnado verdadeiramente problemático, así que debemos de abordar a da
convivencia dende a normalidade, non dende o conflicto. Queremos enriquecer o clima de convivencia,
tratando de evitar os problemas antes da súa aparición. Tratamos de:


    •   Construír un lugar convivencia positiva, que a escola sexa un lugar onde os alumnos/as podan
        desenvolver plenamente todas as súas potencialidades.
    •   Humanizar a escola, creando un adecuado clima de atención persoal e de relacións afectivas, xa
        que consideramos o centro escolar como un espacio comunitario onde non soamente se produce
        a transmisión de saberes e coñecementos, senón onde se establecen relacións e vínculos.
    •   Acadar un funcionamento óptimo do noso centro, cun clima de traballo e de relación
        adecuado, baseado no respecto mutuo, dentro e fóra das aulas.
    •   Fomentar o traballo en equipo, deseñando actividades que potencien a cohesión de grupo e que
        leven á xeración de apoios entre os membros do equipo.
    •   Como docentes que somos, queremos ser un modelo ou referencia para o noso alumnado,
        exercendo unha influencia positiva e enriquecedora a través das nosa filosofía de vida e as nosas
        pautas de conducta e actuación.
2.- IMPLICACIÓN DE TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA:


Profesorado: Monferosolidario susténtase no traballo en equipo. Contamos co apoio e a participación
doutros Departamentos, Biblioteca Escolar, Equipo de Normalización Lingüística, etc. As propostas
parten dos Departamentos de E.P.C. e Relixión (E.S.O.), pero están dirixidas para outros niveis, e o
profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria participan tamén nas nosas iniciativas. Dotamos
ao profesorado de ferramentas para traballar a transversalidade.

Dirección: Contamos co apoio da dirección do centro, recoñecendo o noso traballo, avalando a nosa
labor, promovendo a difusión das nosas actividades e facilitando o desenvolvemento das mesmas, e
fomentando a participación e a implicación de profesorado e familias.

Alumnado: As actividades realizadas constitúen un importante elemento de motivación, á vez que
facilitan a aprendizaxe en valores. Temos en conta os seus intereses e suxestións, e avaliamos o seu grado
de satisfacción a través de enquisas e de comentarios no blogue, comprobando unha actitude sempre
positiva.

Familias: A través de circulares e notas informativas, as familias están ao tanto das actividades.
Solicitamos a súa colaboración, e o éxito de moitas das nosas campañas é o resultado da súa
participación. Compartimos con eles a noticia do I Premio de Educación para o Desarrollo, recoñecendo
e valorando a súa implicación.


Outras entidades: contamos coa colaboración e o apoio de distintas O.N.G.s: Entreculturas, Save the
Children, Cruz Vermella, a Cova da Terra, Save The Children, etc.) que nos facilitan materiais
didácticos, propostas de actividades, pautas de actuación, cursos de formación, asistencia gratuíta en
charlas e obradoiros, etc... Mantemos intercambios con outros centros educativos (I.E.S. Monelos, A
Coruña). Buscamos nun futuro próximo establecer relacións co Concello e outras entidades culturais da
zona.

Blogue Monferosolidario: gracias ás novas tecnoloxías da comunicación podemos difundir a nosa
iniciativa máis aló do espacio físico do noso centro. Moitos usuarios consultan o noso blogue ( dende a
creación do blogue en Marzo de 2009, xa recibimos máis de 4000 visitas), interesándose pola nosa labor.
O blogue constitúe tamén unha plataforma de difusión para que as familias e o alumnado que termine a
escolarización no centro podan estar informados da programación de actividades. Queremos tamén
promover a educación para a solidariedade mediante a publicación no blogue de materiais educativos e
recursos didácticos que poidan servir como axuda a outros docentes.
4.- Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural.


     A realidade do noso centro: No noso centro, situado nun contorno rural, non contamos con alumnado
estranxeiro, (agás dúas rapazas que chegaron de Colombia fai 6 anos, e que están totalmente integradas).
Polo tanto non temos as problemáticas asociadas á inmigración que xa son frecuentes nos centros situados
en cidades e vilas. De todos xeitos consideramos necesario incidir neste ámbito, loitando contra
estereotipos, eliminando prexuízos e valorando a diferencia como un elemento de enriquecemento. No
caso particular do noso centro, queremos tamén acabar con moitos prexuízos referidos á cultura rural e á
cultura urbana. Traballamos a interculturalidade:

        •    Divulgando valores non discriminatorios que fomenten a tolerancia e o respecto á
             diversidade cultural, e ensinando a descubrir a riqueza da diversidade.
        •    Achegando coñecementos de outras culturas.
        •    Dando a coñecer os mecanismos e as causas que explican o fenómeno das migracións e
             defendendo a integración dos inmigrantes na sociedade en xeral
        •    Propiciando un achegamento e un entendemento das culturas rural e urbana a través de
             xornadas de convivencia.
5.- Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I.



         Un C.P.I. (Centro Público Integrado) é un espacio onde conviven diferentes niveis e etapas
educativas (no caso do noso centro: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria
Obrigatoria e un Programa de Cualificación Profesional). En ocasións, o funcionamento de centros desta
natureza non é óptimo, debido aos problemas e dificultades que supoñen a coordinación entre as distintas
etapas, a diferencia de idades entre o alumnado, a falta de entendemento entre o corpo de mestres e o
corpo de profesores de ensino secundario, etc. A través de Monferosolidario queremos contribuír a dar
unidade e solidez ao noso centro, traballando en equipo e na mesma dirección.

         Queremos aproveitar a oportunidade que nos brinda o C.P.I. para comezar a nosa labor de
sensibilización e de educación en valores dende a primeira etapa da vida, a infancia. Somos conscientes
de que isto terá repercusións no futuro, xa que o alumnado que chegue posteriormente ás nosas mans na
E.S.O. será máis crítico, comprometido e responsable, despois da adquisición e a asimilación de
aprendizaxes previas durante as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria.



    PLANIFICACIÓN:


1.- Deseño da proposta: Reunións semanais das coordinadoras de Monferosolidario (recreos, gardas
compartidas, horas extra). Coordinación co departamento de AAEE para axustar calendario e estudiar a
dispoñibilidade de espacios.

2.- Consulta coa dirección: Se a dirección da o visto bo seguimos adiante.

3.- Comunicación da proposta entre o profesorado: Dependendo da proposta, presentación en C.C.P. e
Claustro, circulares a todo o profesorado implicado, reunións con coordinadores de ciclo ou xefes de
departamento. Facilítase información detallada, indicando as datas de execución, a descrición da
actividade, obxectivos, ou calquera outro dato adicional necesario.

4.- Posta en práctica da actividade. As coordinadoras de Monferosolidario están a disposición do
profesorado e alumnado para a consulta de dúbidas, ou resolución de pequenos problemas técnicos.

5.- Difusión da actividade: Publicamos unha entrada no blogue Monferosolidario, incluíndo textos
explicativos e reportaxe gráfico con fotografías tomadas no proceso. Elaboración de paneis e murais nos
corredores do centro.
6.- Metodoloxía de traballo.



1.- Metodoloxía dinámica e motivadora: marcando liñas de actuación orientadas a captar a
participación do noso alumnado, a través de:

        •   Actividades lúdicas: pódese aprender xogando.
        •   Novas tecnoloxías: constitúen un elemento moi motivador e atractivo especialmente para o
            alumnado de secundaria.
        •   Recoñecemento da participación mediante premios, diplomas, etc..
        •   Voluntariedade: e máis significativa unha acción que parta de maneira voluntaria, sen
            presións e obrigas..



2.- Tratamento interdisciplinar: Colaboración con outros departamentos, unindo esforzos cara a mesma
meta. Esta abordaxe interdisciplinar é máis motivadora, tanto para o profesorado como para o alumnado,
e permite unha comprensión e unha visión máis ampla, dando un sentido máis real aos contidos.

3.- Traballo en equipo: Tanto nas labores do profesorado como do alumnado, potenciando valores e
conductas como cooperación, intercambio, axuda mutua, solidariedade, empatía, apertura ao outro,
implicación en asuntos colectivos, etc.

4.- Flexibilidade: o proxecto vaise reorientando ao longo do curso, non existe unha programación
pechada e ríxida, senón que imos incluíndo actividades que vaian xurdindo, aproveitando a oferta que
chega ao noso centro, e revisamos e avaliamos o éxito das mesmas, tendo en conta comentarios e
suxestións.

5.- Viabilidade: Propoñemos metas que estean ao noso alcance, adaptadas aos nosos limitados recursos
(tanto materiais como humanos)

6.- Negociación co alumnado e cesión de responsabilidades: Temos en conta a opinión do alumnado, e
lles damos responsabilidades. Isto aumenta o seu interese e implicación nos proxectos, e fai que as
aprendizaxes sexan máis significativas.

7.- Colaboración con outras entidades: Entreculturas, Cruz Vermella, Save The Children, A Cova da
Terra, etc. Facilitan recursos, materiais didácticos, axuda loxística, formación ao profesorado, etc.
7.- Posta en práctica: plan de actividades.


1.- XORNADAS DE CONVIVENCIA

•   Encontros Rede Solidaria da Mocidade: Xornadas de convivencia entre os distintos colexios da
    Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas. Curso 2008-2009: Coruña e Rianxo; Curso 2009-2010:
    Vigo.
•   I Xornada Convivencia Intercentros: Mosteiro de Monfero, Outubro 2009. Xornada de
    convivencia entre o noso centro (rural) e o IES de Monelos (urbano), para relacionarnos, coñecernos
    e compartir experiencias. Realización de visita guiada ao Mosteiro de Monfero e organización de
    xogos e dinámicas de grupo.


2.- INTERCULTURALIDADE

•   Proxecto School to School: Da Fundación Vicente Ferrer, consiste nun intercambio cultural e de
    tradicións entre una escola en Anantapur (India) e o noso centro. O proxecto intenta acercar dúas
    realidades culturais diferentes para un enriquecemento, potenciando e reforzando actitudes e valores
    de respecto á diversidade cultural. Dentro do proxecto están programadas diferentes actividades:
    exposición de bibliografía e material audiovisual sobre a India na Biblioteca Escolar, obradoiros de
    mandalas, charlas con visionado de diapositivas, menú degustación da gastronomía da India.

•   Cinefórum: Utilizarmos o cinefórum como unha ferramenta educativa que persegue unha reflexión
    crítica sobre actitudes e valores. (En el mundo a cada rato, Viaje a Mali, La espalda del mundo, La
    ciudad de la Alegría, etc…)

•   Charla de Nicaragua: Visita de dúas profesoras de Nicaragua para compartir connosco o traballo
    que realiza o proxecto Fe e Alegría nas escolas de Nicaragua, encamiñado á formación da mocidade
    e que contempla como obxectivo prioritario a construcción dunha cidadanía global.

•   Obradoiro de inmigración da Cruz Vermella Obradoiro e charla da Cruz Vermella de Betanzos,
    expoñendo o seu Programa de atención o Inmigrante. A charla é impartida pola Técnico da Cruz
    Vermella de Betanzos, dúas voluntarias conta coa participación de tres inmigrantes senegaleses que
    falan da súa experiencia en primeira persoa. Ao final ofrécese un obradoiro-exposiciónb de danza e
    percusión africana.

•   Charla sobre o Proxecto Kentaja: Charla e proxección de diapositivas, realizada por unha
    profesora do noso centro, na que conta a súa experiencia como voluntaria en Camerún, nas escolas e
    orfanatos xestionados polo Proxecto Kentaja

•   Obradoiro Educar en Igualdade A través deste obradoiro analizaranse os estereotipos de xénero,
    tratando de erradicar prexuízos existes.

•   Obxectivos do Milenio Preténdese impregnar o contido curricular a través das TIC, traballando a
    Interculturalidade a través dos Obxectivos do Milenio. A meta da actividade é sensibilizar á nosa
    comunidade educativa sobre a importancia destes obxectivos, a través dunha exposición e un vídeo
    realizado polo propio alumnado.

•   Campaña Shoes for África: Campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de
    calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persegue recoller en Europa o maior número posible
    de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. O noso centro
    recollerá calzado para tal fin.

•   Rastro Solidario de axuda ao Níxer: Organización dun Rastro Solidario para recadar fondos
    destinados á ONG Save the Children no seu Proxecto de axuda a Níxer.
Monferosolidario Ponencia

Monferosolidario Ponencia

  • 1.
    XORNADAS DE ATENCIÓNÁ DIVERSIDADE “Mellora do clima de aula” Santiago de Compostela, 11 e 12 de Decembro de 2009 Experiencia de centros: As boas prácticas na mellora da convivencia na aula Ponentes: Verónica Dopico Cancela e Yolanda Castro López, profesoras no CPI Virxe da Cela, Monfero, A Coruña Título da conferencia, docencia e/ou taller: Monferosolidario: Educación en valores e corresponsabilidade comunitaria. MONFEROSOLIDARIO: EDUCACIÓN EN VALORES E CORRESPONSABILIDAD COMUNITARIA 1. Contextualización: o noso centro 2. A educación en valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar. 3. Convivencia e socialización nun contorno rural: a implicación e a participación comunitaria. 4. Interculturalidade: unha educación centrada na pluralidade cultural. 5. Liñas de actuación e planificación específica para un C.P.I. 6. Metodoloxía de traballo. 7. Posta en práctica: plan de actividades.
  • 2.
    1.- Contextualización: onoso centro O C.P.I. Virxe da Cela está ubicado no Xestal, no Concello de Monfero, entre as localidades de Pontedeume, Betanzos e As Pontes (provincia de A Coruña). A superficie de Monfero é de 171,7 km², e a súa poboación 2978 habitantes. Comprende as parroquias de O Alto de Xestoso, (Santa María), Queixeiro (San Xurxo), San Fiz de Monfero (San Fiz), Santa Xiá de Monfero (Santa Xiá), Taboada (Santa Mariña), O Val de Xestoso, (San Pedro), Vilachá (Santa María) • O C.P.I. Virxe da Cela, de titularidade pública oferta Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e Programas de Cualificación Profesional. • No presente curso 2009/2010 están matriculados no centro un total de 171 alumnos/as. • O claustro está formado por 30 profesores/as, dos cales 2 imparten aulas en Educación Infantil, 11 en Educación Primaria e 17 en Educación Secundaria Obrigatoria. • 6 persoas constitúen o persoal de administración e servicio. • No noso centro existe un comedor escolar xestionado polo propio centro e subvencionado integramente pola Xunta de Galicia no que se ofrecen servicios todos os días lectivos.
  • 3.
    2.- A educaciónen valores mediante un enfoque transversal e interdisciplinar. Monferosolidario pretende ser a voz da solidariedade do C.P.I. Virxe da Cela (Monfero, A Coruña). Esta iniciativa naceu no pasado curso académico 2008-2009, como froito da colaboración entre os departamentos de Educación para a Cidadanía e Relixión (E.S.O.), e o seu obxectivo principal é a sensibilización e a implicación de toda a comunidade educativa (profesorado, alumnado, familias e contorno), creando un clima de unidade e de convivencia. 1.- A NOSA TRAXECTORIA: Antecedentes: • 2003-2005: Dende a materia de Ética (4º E.S.O.): Charlas e obradoiros de sensibilización, Rastro Solidario, difusión de proxectos de voluntariado e cooperación, etc. • 2007-2008: Dende a materia de Relixión (E.S.O.): actividades vinculadas aos Dereitos Humanos, a cultura da Paz, a Interculturalidade. Primeiro contacto coa O.N.G. Entreculturas (Xuño 2008) • 2008-2009: Colaboracións entre os Departamentos de E.P.C e Relixión (E.S.O). Creación del blogue Monferosolidario. Actualidade: Tras ser galardoados no I Premio de Educación para el Desarrollo, (Ministerio de Educación e Axencia Española de Cooperación Internacional), o noso traballo consolídase. Baixo a proposta do Equipo Directivo, e coa aprobación do Claustro e Consello Escolar, as iniciativas de Monferosolidario aparecen recollidas no PEC no presente curso 2009-2010. Estamos a traballar en todos os niveis educativos (Educación Infantil, Educación Primaria, E.S.O. e P.C.P.I.), e en estreita colaboración coa Biblioteca Escolar e con outros Departamentos (especialmente os Departamentos de Lingua Castelá, CCSS e Debuxo) No P.E.C. aparece recollido:  Educación en valores ó longo das etapas educativas.  Interrelación e cooperación con outros centros, asociacións e organización sen ánimo de lucro que traballen para promover os valores de solidariedade, loita contra a pobreza e desenvolvemento humano.  Realización de colaboracións a curto e longo prazo con diferentes organismos orientados á procura de beneficios sociais e colectivos:  Consumo responsable (obradoiros de reciclaxe)  Defensa da solidariedade.  Protección do medio ambiente.  Xeneralización dos dereitos humanos  Ausencia de discriminacións.
  • 4.
    2.- O PORQUE DA EDUCACIÓN EN VALORES: Porque cremos que é necesario, nos tempos que corren, buscar unha forma de educación que fomente a apropiación de valores como a autonomía, a xustiza e o respecto, colaborando na construcción da propia identidade do alumnado, do seu futuro proxecto de vida e do seu desenvolvemento como persoas. OBXECTIVOS • Sensibilizar á comunidade educativa sobre a importancia da educación en valores e a necesidade dunha maior corresponsabilidade comunitaria. • Promover a educación para a solidariedade e a cooperación cun enfoque transversal, fomentando e facilitando a participación de todo o centro. • Potenciar unha conciencia crítica, intentando motivar a participación social, defendendo a idea dunha educación máis integral e solidaria e promover unha cidadanía activa, informada, e responsable. • Concienciar sobre o poder e la capacidade que ten o alumnado, como nova xeración, para transformar o mundo. Tratamos de acadar os nosos obxectivos a través da sensibilización social, a reflexión e a acción. 1º Fase: Sensibilización social e reflexión: Queremos favorecer un cambio de actitude e de comportamento. • Resaltando a importancia da responsabilidade e do compromiso cara as desigualdades e as inxustizas sociais, e a partir de aí buscar posibles solucións para combatilas. • Transmitindo valores humanistas de convivencia pacífica, tolerancia e igualdade entre as persoas, empezando polo ámbito máis próximo: a familia, a escola, a comunidade, e de aí contribuír a cambios que encamiñen cara a un mundo máis xusto. • Fomentando valores e actitudes de solidariedade, respecto e convivencia intercultural mediante o coñecemento, achegamento e intercambio cultural. 2º Fase: acción. • Promovendo a participación activa nas iniciativas que parten da nosa escola e facendo consciente ao noso alumnado de que as nosas iniciativas teñen capacidade transformadora na sociedade. • Participando tamén en accións de cooperación para o desenvolvemento: dando a coñecer diferentes proxectos de cooperación de ONGs, e uníndonos ás súas campañas. As grandes liñas transversais que tratamos de abordar a través de Monferosolidario son: • Obxectivos do Milenio • Grandes desigualdades sociais • Cooperación e desenvolvemento • Cultura da paz e da non- violencia • Identidade cultural • Perspectiva de xénero • Dereitos da infancia
  • 5.
    Cidadanía • Ecodesenvolvemento, consumo responsable, sostenibilidade.
  • 6.
    3.- Convivencia esocialización nun contorno rural: a implicación e a participación comunitaria. Punto de partida: O noso centro educativo está situado no rural. Esto significa que é un contorno empobrecido culturalmente. A axenda cultural ofertada polo concello ou por asociacións da zona non é moi variada, a poboación vive dispersa e a rede de transporte público é case inexistente. Sen embargo, a grade vantaxe é que entre o noso alumnado aínda prima o carácter colectivo e familiar, elementos que estanse a extinguir no mundo urbano. A nosa misión, a través de Monferosolidario, é: • Dinamizar e enriquecer culturalmente o noso contorno. • Favorecer os procesos de socialización no rural. • Facer perdurar os valores de traballo comunitario e axuda mutua. 1.- CONVIVENCIA: O noso é un centro pequeno, con pouco alumnado e profesorado, onde prima un clima de familiaridade e de traballo en equipo. Temos pequenos problemas puntuais, fáciles de detectar e de resolver, e non contamos con alumnado verdadeiramente problemático, así que debemos de abordar a da convivencia dende a normalidade, non dende o conflicto. Queremos enriquecer o clima de convivencia, tratando de evitar os problemas antes da súa aparición. Tratamos de: • Construír un lugar convivencia positiva, que a escola sexa un lugar onde os alumnos/as podan desenvolver plenamente todas as súas potencialidades. • Humanizar a escola, creando un adecuado clima de atención persoal e de relacións afectivas, xa que consideramos o centro escolar como un espacio comunitario onde non soamente se produce a transmisión de saberes e coñecementos, senón onde se establecen relacións e vínculos. • Acadar un funcionamento óptimo do noso centro, cun clima de traballo e de relación adecuado, baseado no respecto mutuo, dentro e fóra das aulas. • Fomentar o traballo en equipo, deseñando actividades que potencien a cohesión de grupo e que leven á xeración de apoios entre os membros do equipo. • Como docentes que somos, queremos ser un modelo ou referencia para o noso alumnado, exercendo unha influencia positiva e enriquecedora a través das nosa filosofía de vida e as nosas pautas de conducta e actuación.
  • 7.
    2.- IMPLICACIÓN DETODA A COMUNIDADE EDUCATIVA: Profesorado: Monferosolidario susténtase no traballo en equipo. Contamos co apoio e a participación doutros Departamentos, Biblioteca Escolar, Equipo de Normalización Lingüística, etc. As propostas parten dos Departamentos de E.P.C. e Relixión (E.S.O.), pero están dirixidas para outros niveis, e o profesorado de Educación Infantil e Educación Primaria participan tamén nas nosas iniciativas. Dotamos ao profesorado de ferramentas para traballar a transversalidade. Dirección: Contamos co apoio da dirección do centro, recoñecendo o noso traballo, avalando a nosa labor, promovendo a difusión das nosas actividades e facilitando o desenvolvemento das mesmas, e fomentando a participación e a implicación de profesorado e familias. Alumnado: As actividades realizadas constitúen un importante elemento de motivación, á vez que facilitan a aprendizaxe en valores. Temos en conta os seus intereses e suxestións, e avaliamos o seu grado de satisfacción a través de enquisas e de comentarios no blogue, comprobando unha actitude sempre positiva. Familias: A través de circulares e notas informativas, as familias están ao tanto das actividades. Solicitamos a súa colaboración, e o éxito de moitas das nosas campañas é o resultado da súa participación. Compartimos con eles a noticia do I Premio de Educación para o Desarrollo, recoñecendo e valorando a súa implicación. Outras entidades: contamos coa colaboración e o apoio de distintas O.N.G.s: Entreculturas, Save the Children, Cruz Vermella, a Cova da Terra, Save The Children, etc.) que nos facilitan materiais didácticos, propostas de actividades, pautas de actuación, cursos de formación, asistencia gratuíta en charlas e obradoiros, etc... Mantemos intercambios con outros centros educativos (I.E.S. Monelos, A Coruña). Buscamos nun futuro próximo establecer relacións co Concello e outras entidades culturais da zona. Blogue Monferosolidario: gracias ás novas tecnoloxías da comunicación podemos difundir a nosa iniciativa máis aló do espacio físico do noso centro. Moitos usuarios consultan o noso blogue ( dende a creación do blogue en Marzo de 2009, xa recibimos máis de 4000 visitas), interesándose pola nosa labor. O blogue constitúe tamén unha plataforma de difusión para que as familias e o alumnado que termine a escolarización no centro podan estar informados da programación de actividades. Queremos tamén promover a educación para a solidariedade mediante a publicación no blogue de materiais educativos e recursos didácticos que poidan servir como axuda a outros docentes.
  • 8.
    4.- Interculturalidade: unhaeducación centrada na pluralidade cultural. A realidade do noso centro: No noso centro, situado nun contorno rural, non contamos con alumnado estranxeiro, (agás dúas rapazas que chegaron de Colombia fai 6 anos, e que están totalmente integradas). Polo tanto non temos as problemáticas asociadas á inmigración que xa son frecuentes nos centros situados en cidades e vilas. De todos xeitos consideramos necesario incidir neste ámbito, loitando contra estereotipos, eliminando prexuízos e valorando a diferencia como un elemento de enriquecemento. No caso particular do noso centro, queremos tamén acabar con moitos prexuízos referidos á cultura rural e á cultura urbana. Traballamos a interculturalidade: • Divulgando valores non discriminatorios que fomenten a tolerancia e o respecto á diversidade cultural, e ensinando a descubrir a riqueza da diversidade. • Achegando coñecementos de outras culturas. • Dando a coñecer os mecanismos e as causas que explican o fenómeno das migracións e defendendo a integración dos inmigrantes na sociedade en xeral • Propiciando un achegamento e un entendemento das culturas rural e urbana a través de xornadas de convivencia.
  • 9.
    5.- Liñas deactuación e planificación específica para un C.P.I. Un C.P.I. (Centro Público Integrado) é un espacio onde conviven diferentes niveis e etapas educativas (no caso do noso centro: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria Obrigatoria e un Programa de Cualificación Profesional). En ocasións, o funcionamento de centros desta natureza non é óptimo, debido aos problemas e dificultades que supoñen a coordinación entre as distintas etapas, a diferencia de idades entre o alumnado, a falta de entendemento entre o corpo de mestres e o corpo de profesores de ensino secundario, etc. A través de Monferosolidario queremos contribuír a dar unidade e solidez ao noso centro, traballando en equipo e na mesma dirección. Queremos aproveitar a oportunidade que nos brinda o C.P.I. para comezar a nosa labor de sensibilización e de educación en valores dende a primeira etapa da vida, a infancia. Somos conscientes de que isto terá repercusións no futuro, xa que o alumnado que chegue posteriormente ás nosas mans na E.S.O. será máis crítico, comprometido e responsable, despois da adquisición e a asimilación de aprendizaxes previas durante as etapas de Educación Infantil e Educación Primaria. PLANIFICACIÓN: 1.- Deseño da proposta: Reunións semanais das coordinadoras de Monferosolidario (recreos, gardas compartidas, horas extra). Coordinación co departamento de AAEE para axustar calendario e estudiar a dispoñibilidade de espacios. 2.- Consulta coa dirección: Se a dirección da o visto bo seguimos adiante. 3.- Comunicación da proposta entre o profesorado: Dependendo da proposta, presentación en C.C.P. e Claustro, circulares a todo o profesorado implicado, reunións con coordinadores de ciclo ou xefes de departamento. Facilítase información detallada, indicando as datas de execución, a descrición da actividade, obxectivos, ou calquera outro dato adicional necesario. 4.- Posta en práctica da actividade. As coordinadoras de Monferosolidario están a disposición do profesorado e alumnado para a consulta de dúbidas, ou resolución de pequenos problemas técnicos. 5.- Difusión da actividade: Publicamos unha entrada no blogue Monferosolidario, incluíndo textos explicativos e reportaxe gráfico con fotografías tomadas no proceso. Elaboración de paneis e murais nos corredores do centro.
  • 10.
    6.- Metodoloxía detraballo. 1.- Metodoloxía dinámica e motivadora: marcando liñas de actuación orientadas a captar a participación do noso alumnado, a través de: • Actividades lúdicas: pódese aprender xogando. • Novas tecnoloxías: constitúen un elemento moi motivador e atractivo especialmente para o alumnado de secundaria. • Recoñecemento da participación mediante premios, diplomas, etc.. • Voluntariedade: e máis significativa unha acción que parta de maneira voluntaria, sen presións e obrigas.. 2.- Tratamento interdisciplinar: Colaboración con outros departamentos, unindo esforzos cara a mesma meta. Esta abordaxe interdisciplinar é máis motivadora, tanto para o profesorado como para o alumnado, e permite unha comprensión e unha visión máis ampla, dando un sentido máis real aos contidos. 3.- Traballo en equipo: Tanto nas labores do profesorado como do alumnado, potenciando valores e conductas como cooperación, intercambio, axuda mutua, solidariedade, empatía, apertura ao outro, implicación en asuntos colectivos, etc. 4.- Flexibilidade: o proxecto vaise reorientando ao longo do curso, non existe unha programación pechada e ríxida, senón que imos incluíndo actividades que vaian xurdindo, aproveitando a oferta que chega ao noso centro, e revisamos e avaliamos o éxito das mesmas, tendo en conta comentarios e suxestións. 5.- Viabilidade: Propoñemos metas que estean ao noso alcance, adaptadas aos nosos limitados recursos (tanto materiais como humanos) 6.- Negociación co alumnado e cesión de responsabilidades: Temos en conta a opinión do alumnado, e lles damos responsabilidades. Isto aumenta o seu interese e implicación nos proxectos, e fai que as aprendizaxes sexan máis significativas. 7.- Colaboración con outras entidades: Entreculturas, Cruz Vermella, Save The Children, A Cova da Terra, etc. Facilitan recursos, materiais didácticos, axuda loxística, formación ao profesorado, etc.
  • 11.
    7.- Posta enpráctica: plan de actividades. 1.- XORNADAS DE CONVIVENCIA • Encontros Rede Solidaria da Mocidade: Xornadas de convivencia entre os distintos colexios da Rede Solidaria da Mocidade de Entreculturas. Curso 2008-2009: Coruña e Rianxo; Curso 2009-2010: Vigo. • I Xornada Convivencia Intercentros: Mosteiro de Monfero, Outubro 2009. Xornada de convivencia entre o noso centro (rural) e o IES de Monelos (urbano), para relacionarnos, coñecernos e compartir experiencias. Realización de visita guiada ao Mosteiro de Monfero e organización de xogos e dinámicas de grupo. 2.- INTERCULTURALIDADE • Proxecto School to School: Da Fundación Vicente Ferrer, consiste nun intercambio cultural e de tradicións entre una escola en Anantapur (India) e o noso centro. O proxecto intenta acercar dúas realidades culturais diferentes para un enriquecemento, potenciando e reforzando actitudes e valores de respecto á diversidade cultural. Dentro do proxecto están programadas diferentes actividades: exposición de bibliografía e material audiovisual sobre a India na Biblioteca Escolar, obradoiros de mandalas, charlas con visionado de diapositivas, menú degustación da gastronomía da India. • Cinefórum: Utilizarmos o cinefórum como unha ferramenta educativa que persegue unha reflexión crítica sobre actitudes e valores. (En el mundo a cada rato, Viaje a Mali, La espalda del mundo, La ciudad de la Alegría, etc…) • Charla de Nicaragua: Visita de dúas profesoras de Nicaragua para compartir connosco o traballo que realiza o proxecto Fe e Alegría nas escolas de Nicaragua, encamiñado á formación da mocidade e que contempla como obxectivo prioritario a construcción dunha cidadanía global. • Obradoiro de inmigración da Cruz Vermella Obradoiro e charla da Cruz Vermella de Betanzos, expoñendo o seu Programa de atención o Inmigrante. A charla é impartida pola Técnico da Cruz Vermella de Betanzos, dúas voluntarias conta coa participación de tres inmigrantes senegaleses que falan da súa experiencia en primeira persoa. Ao final ofrécese un obradoiro-exposiciónb de danza e percusión africana. • Charla sobre o Proxecto Kentaja: Charla e proxección de diapositivas, realizada por unha profesora do noso centro, na que conta a súa experiencia como voluntaria en Camerún, nas escolas e orfanatos xestionados polo Proxecto Kentaja • Obradoiro Educar en Igualdade A través deste obradoiro analizaranse os estereotipos de xénero, tratando de erradicar prexuízos existes. • Obxectivos do Milenio Preténdese impregnar o contido curricular a través das TIC, traballando a Interculturalidade a través dos Obxectivos do Milenio. A meta da actividade é sensibilizar á nosa comunidade educativa sobre a importancia destes obxectivos, a través dunha exposición e un vídeo realizado polo propio alumnado. • Campaña Shoes for África: Campaña de sensibilización promovida pola marca de coidado de calzado Kiwi, El Corte Inglés e Hipercor, que persegue recoller en Europa o maior número posible de zapatos para envialos a África, onde se lles pode dar unha vida máis longa. O noso centro recollerá calzado para tal fin. • Rastro Solidario de axuda ao Níxer: Organización dun Rastro Solidario para recadar fondos destinados á ONG Save the Children no seu Proxecto de axuda a Níxer.