CENTRO PÚBLICO INTEGRADO “VIRXE DA CELA”
                                          O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA
                                             TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044
                                         Correo E.: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.es
                                      Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela




Queridas familias:

       Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis Monferosolidario
solicita a vosa colaboración para levar a cabo un Rastro Solidario. Esta actividade
centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como
obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade
educativa. Os cartos recadados serán destinados Á Cruz Vermella, para os proxectos
encamiñados a erradicar a pobreza e a exclusión social, que están a desenvolver na
nosa contorna.

       O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o
        Rastro.
       Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos
        decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro.
       Os obxectos entregaranse nun mostrador situado na entrada do edificio de
        secundaria. Prazo: desde o luns 4 de marzo ate o venres 15 de marzo de
        2013.
       Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o
        venres 22 de marzo de 2013, en horario lectivo, nos corredores do edificio
        de secundaria.
       Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente
        establecido, podendo efectuar compras.
       As familias poderán participar na actividade, visitando o rastro e realizando
        compras.

         Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación.

                     Monferosolidario: construíndo un mundo mellor

Circular rastro solidario febreiro 2013

  • 1.
    CENTRO PÚBLICO INTEGRADO“VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044 Correo E.: cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.es Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela Queridas familias: Como xa é toda unha tradición no noso centro, un ano máis Monferosolidario solicita a vosa colaboración para levar a cabo un Rastro Solidario. Esta actividade centrada na educación en valores e educación para o desenvolvemento ten como obxectivo fundamental sensibilizar ao alumnado e en xeral a toda a comunidade educativa. Os cartos recadados serán destinados Á Cruz Vermella, para os proxectos encamiñados a erradicar a pobreza e a exclusión social, que están a desenvolver na nosa contorna.  O alumnado, profesorado e familias poderán aportar os obxectos para o Rastro.  Tipo de materiais: libros, cds, dvds, xoguetes, bisutería, obxectos decorativos... que estean en boas condicións, sen deterioro.  Os obxectos entregaranse nun mostrador situado na entrada do edificio de secundaria. Prazo: desde o luns 4 de marzo ate o venres 15 de marzo de 2013.  Os obxectos estarán expostos á venda no Rastro Solidario que terá lugar o venres 22 de marzo de 2013, en horario lectivo, nos corredores do edificio de secundaria.  Cada grupo visitará o Rastro co seu titor/a, seguindo un horario previamente establecido, podendo efectuar compras.  As familias poderán participar na actividade, visitando o rastro e realizando compras. Agradecemos unha vez máis o voso compromiso e participación. Monferosolidario: construíndo un mundo mellor