CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
CENTRO PÚBLICO INTEGRADO “VIRXE DA CELA”
O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA
TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044
Correo E.: mailto:cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.es
Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela
Monfero, 6 de maio de 2014
Mariano Rajoy
Palacio de la Moncloa
28071, Madrid
Estimado Don Mariano Rajoy:
Chámome María e escríbolle esta carta porque estamos a falar duns temas que lle
vou comentar nesta carta na clase de Educación para a Cidadanía, dende o colexio CPI
VIRXE DA CELA,Monfero (A Coruña).
Quería escribirlle esta carta para dicirlle o agradecida que lle estou, porque
vostede intente facer o mellor para o noso país. En primeiro lugar gustaríame se vostede
me puidera dar a súa opinión conforme esta carta. Outra das cousas que me gusta do que
está facendo é intentar que a crise e os parados disminúan, pero penso que tería que facer
outra cousa, xa que non nos está dando bos resultados .
Eu penso que a nova Lei de Educación non vai servir de moito porque , me parece que
podería haber outra forma, é dicir , que na carreira de maxisterio podería haber outra
forma de ensinarlles aos profesores como nos poderían dar clase de forma un pouco mais
divertida e interesante. Na miña opinión , tampouco sei se vostede ten que ver algo con
isto, quería dicirlle que o proxecto Abalar non é que nos axude moito, por exemplo: moitas
veces os ordenadores van moi lentos .
Non me parece moi ben que vostede viva no Palacio de la Moncloa e que teña moitos
pisos e casas por España, como o que ten ou tiña en Sanxenxo (Pontevedra), e hai xente que
non ten casa. Eu penso que habendo tantos bloques en Sanxenxo de edificios poderían
alugalos baratos á xente que non ten moito diñeiro, e tamén se vostede ten mais pisos por
Sanxenxo ou por Galicia e non os usa , a miña opinión é que podería facer o mesmo que lle
dixen antes , alugalos.
De todas formas, agradézolle o moito que se está esforzando polo noso país. Esta
carta mándolla desde Galicia ( A Coruña) de onde vostede provén , gustaríame moito que me
respondera a esta carta, faríame moi feliz, escríbolla en galego porque ao mellor poderíalle
gustar. Moitas grazas, un saúdo desde Galicia.
María Vázquez Varela

María vázquez definitivo carta rajoy

  • 1.
    CONSELLERÍA DE EDUCACIÓNE ORDENACIÓN UNIVERSITARIA CENTRO PÚBLICO INTEGRADO “VIRXE DA CELA” O XESTAL – MONFERO – 15315 A CORUÑA TFNO: 981 – 777606 FAX.: 981 – 793044 Correo E.: mailto:cpi.virxedacela.monfero@edu.xunta.es Enderezo web: www.centros.edu.xunta.es/cpivirxedacela Monfero, 6 de maio de 2014 Mariano Rajoy Palacio de la Moncloa 28071, Madrid Estimado Don Mariano Rajoy: Chámome María e escríbolle esta carta porque estamos a falar duns temas que lle vou comentar nesta carta na clase de Educación para a Cidadanía, dende o colexio CPI VIRXE DA CELA,Monfero (A Coruña). Quería escribirlle esta carta para dicirlle o agradecida que lle estou, porque vostede intente facer o mellor para o noso país. En primeiro lugar gustaríame se vostede me puidera dar a súa opinión conforme esta carta. Outra das cousas que me gusta do que está facendo é intentar que a crise e os parados disminúan, pero penso que tería que facer outra cousa, xa que non nos está dando bos resultados . Eu penso que a nova Lei de Educación non vai servir de moito porque , me parece que podería haber outra forma, é dicir , que na carreira de maxisterio podería haber outra forma de ensinarlles aos profesores como nos poderían dar clase de forma un pouco mais divertida e interesante. Na miña opinión , tampouco sei se vostede ten que ver algo con isto, quería dicirlle que o proxecto Abalar non é que nos axude moito, por exemplo: moitas veces os ordenadores van moi lentos . Non me parece moi ben que vostede viva no Palacio de la Moncloa e que teña moitos pisos e casas por España, como o que ten ou tiña en Sanxenxo (Pontevedra), e hai xente que non ten casa. Eu penso que habendo tantos bloques en Sanxenxo de edificios poderían alugalos baratos á xente que non ten moito diñeiro, e tamén se vostede ten mais pisos por Sanxenxo ou por Galicia e non os usa , a miña opinión é que podería facer o mesmo que lle dixen antes , alugalos. De todas formas, agradézolle o moito que se está esforzando polo noso país. Esta carta mándolla desde Galicia ( A Coruña) de onde vostede provén , gustaríame moito que me respondera a esta carta, faríame moi feliz, escríbolla en galego porque ao mellor poderíalle gustar. Moitas grazas, un saúdo desde Galicia. María Vázquez Varela