SlideShare a Scribd company logo
1 of 30
EXERIA
De Exeria como autora dun Itinerarium á Terra Santa
fala por primeira vez Valerio do Bierzo, ao redor do ano 680,
nunha carta dirixida probablemente á comunidade
monástica de San Pedro de Montes. Os cinco manuscritos
medievais que se conservan desa carta, todos de
procedencia hispana, transmiten distintas variantes do
nome da autora galaica: Aetheria, Eiheria, Echeria, Heteria,
Egeria, sendo esta última a que prevalece nos manuscritos e
a que, ademais, ten outras ocorrencias na onomástica
galaica medieval.
Sobre a biografía de Exeria e da súa personalidade
sabemos o pouco que se deduce do Itinerario e da carta de
Valerio do Bierzo: era monxa ou quizais unha devota viúva,
probablemente de alta escala social, lectora do Antigo e
Novo Testamento, muller curiosa, intrépida, audaz e forte.
Arredor do ano 381 emprendeu con acompañantes unha
viaxe a Oriente, que debeu durar ata o 384 (aínda que a
datación podería ser posterior: 408-410), para rezar e
coñecer directamente os lugares bíblicos e evanxélicos e
tamén a Tebaida exipcia, onde estiveran os ascetas do
primeiro cristianismo. Atravesou o sur da Galia e o norte de
Italia; atravesou en barco o mar Adriático. Sábese que
chegou a Constantinopla no ano 381. De aí partiu a
Xerusalén e visitou Xericó, Nazaret e Cafarnaúm. Partiu de
Xerusalén cara a Egipto en 382, visitou Alexandría, Tebas, o
Mar Vermello e o Sinaí. Visitou logo Antioquía, Edesa,
Mesopotamia, o río Éufrates e Siria desde onde regresou vía
Constantinopla. No hai constancia da data, do lugar e das
circunstancias da súa morte.
“Vallis autem ipsa ingens est ualde, iacens subter latus montis
Dei, quae habet forsitan, quantum potuimus uidentes estimare
aut ipsi dicebant, in longo milia passos forsitan sedecim, in lato
autem quattuor milia esse appellabant. Ipsam ergo uallem nos
trauersare habebamus, ut possimus montem ingredi.
Haec est autem uallis ingens et planissima, in qua filii Israhel
commorati sunt his diebus (cf. Exod. 19, 2), quod sanctus Moyses
ascendit in montem Domini (cf. Exod. 24, 18) et fuit ibi
quadraginta diebus et quadraginta noctibus. Haec est autem
uallis, in qua factus est uitulus (cf. Exod. 32, 4), qui locus usque in
hodie ostenditur; nam lapis grandis ibi fixus stat in ipso loco. Haec
ergo uallis ipsa est, in cuius capite ille locus est, ubi sanctus
Moyses cum pasceret pecora soceri sui (cf. Exod. 3, 1), iterum
locutus est ei Deus de rubo in igne.”
Itinerarium ad Loca Sancta
A CONDESA DE ALTAMIRA
Isabel de Castro e
Andrade naceu en
Pontedeume, ca. 1528 e
morreu na mesma vila en
1582. Foi a filla máis nova do
IV Conde de Lemos, Fernando
Ruíz de Castro Osorio e
Portugal (1505 – 1575) e
Condesa de Altamira, por
matrimonio en 1555 con
Rodrigo de Moscoso Osorio, V
Conde de Altamira.
Trátase da primeira escritora
galega coñecida cuxa única
obra en galego conservada –
tamén é autora de versos en
castelán– é un soneto na honra
de Alonso de Ercilla, escrito en
1578 con motivo da
publicación da segunda parte
de La Araucana. O soneto é un
dos escasos exemplos
coñecidos de literatura galega
culta durante os Séculos
Escuros (XVI – XVII).
Soneto en honor a Alonso de Ercilla
Aracana naçaon, máis venturosa,
máis que quantas hoge ha de gloria dina,
pois na prosperidade e na ruína
sempre envexadas estás, nunca envexosa.
Se enresta o ilustre Afonso a temerosa
lança, se arranca a espada que fulmina,
creio que xulgareis que determina
só o conquistar a terra belicosa.
Faraa, mais nâo temais essa mao forte,
que, se vos tira a liberdade e a vida,
ela vos pagará ben largamente.
Que, a troco dúa breve e honrada morte,
co seu divino estilo, esclarecida
deixará vossa fama eternamente.
Competencia entre la rosa y el sol
Púrpura ostenta, disimula nieve,
entre malezas peregrina rosa,
que mil afectos suspendió frondosa,
que mil donaires ofendió por breve.
Madre de olores a quien ambas debe
lisonjas, no por prenda de la diosa,
mas porque a los aromas deliciosa
lo más sutil de los alientos bebe.
En prevenir al sol tomó licencia:
sintiólo él, que, desde un alto risco,
sol de las flores halla que le incita;
miróla al fin ardiente basilisco,
y, ofendido de tanta competencia,
fulminando veneno la marchita.
NICOLASA AÑÓN
Nicolasa Añón Paz naceu o 28 de
febreiro de 1810 en Boel, aldea da parroquia de
San Pedro de Outes (Noia). Era a irmá maior de
Francisco Añón, precursor do Rexurdimento.
Casou con Pedro Buján Coiradas (1829) e tivo tres
fillos: Jesús, Eduardo e José. Toda a vida
desempeñou o oficio de labrega, ademais das
típicas tarefas domésticas.
Sendo campesiña, e sobre todo muller, non
estraña que Nicolasa Añón fose analfabeta. Isto
non impediu que en 1885, xa con setenta e cinco
anos feitos, se recollese unha mostra dos seus
versos nun libriño manuscrito. O manuscrito
consta de catro composicións en castelán e
outras dúas en galego. Todas de certa extensión e
organizadas en coplas romanceadas. Ao ano
seguinte, 1886, o xornalista noiés Lisardo
Rodríguez Barreiro foi a Boel a coñecer a Nicolasa
e deixa como testemuño deste encontro a
reportaxe "La hermana de Añón". O texto inclúe
dúas composicións en galego que Barreiro
consegue apuntar mentres Nicolasa Añón recita
de memoria. Ambos os dous textos pasarán a ser
os máis citados nos poucos traballos que se
ocupen posteriormente desta autora. Un deles, o
romance dedicado a Alfonso XII, tamén figuraba
no manuscrito realizado no ano anterior; o outro,
unha elexía a Francisco Añón, recollíase por vez
primeira.
Faleceu na mañá do 1 de novembro de 1887, a
consecuencia dunha pulmonía.
Tamén vos hai outra cousa
que vola vou contar
tamén dan unha medalla
ao que a queira tomar.
Algúns din que non a queren
meu Deus que tolos son
e atrévense a dicir
que a teñen no corazón.
Algúns disque tamén din
que é un engadido ao pescozo
e logo poñen un cravo
no camisolín ben posto.
Todo o que é bo pastor pon
ás ovellas un sinal
pois sen sinal mal se poden
escoller ou estremar.
A todos cantos lle vires
ao pescozo este sinal
estas todas son ovellas
do rabaño do Rial.
Despois chámanlles beatas
ao que alí vai tomar
e a Virxe todo cala
pero aínda ha de falar.
Os que falen de beatos
talvez non falen de balde
porque agora é beato
tamén o señor alcalde.
Fragmento adaptado dunha
das composicións de Nicolasa
Añón
CONCEPCIÓN ARENAL
Concepción Arenal naceu en Ferrol en
1820 e estudou en Madrid Dereito, Socioloxía, Historia,
Filosofía e idiomas (tendo que acudir a clase disfrazada
de home debido ás reticencias que había na época a que
unha muller fose á universidade).
Casou en 1947 co avogado Francisco García Carrasco,
pero enviuvou moi nova. Este feito fixo que se retirase a
Potes (Santander) cos seus fillos e máis tarde a Vigo.
Desde moi cedo, alzou a súa voz para denunciar as
inxustizas que se daban na sociedade do seu tempo,
sobre todo posicionouse en contra da marxinación á que
estaba sometida a muller e converteuse nunha gran
defensora do dereito á igualdade do sexo feminino. Por
iso, se pode afirmar que con Concepción Arenal naceu o
feminismo en España grazas ós seus esforzos desde nova
por romper os cánones establecidos e rebelarse contra a
marxinación feminina.
Ademais, desenvolveu unha intensa actividade
filantrópica: foi fundadora do Patronato dos Dez, da
Constructora Benéfica e do xornal A Voz da Caridade
(1870), secretaria da Cruz Vermella de Madrid, directora
dun hospital de campaña durante a Terceira Guerra
Carlista...
Publicou unha ampla obra ensaística centrada na
temática social e xurídica: La beneficencia, la filantropía
y la caridad (1861), Ensayo sobre el derecho de gentes
(1879), La cuestión social. Cartas a un obrero y a un
señor (1880), La mujer de su casa (1883)… Así mesmo,
escribiu poesía: Fábulas en verso (1851).
La pera verde y podrida
Iba un día con su abuelo
paseando un colegial
y debajo de un peral
halló una pera en el suelo.
Mírala, cógela, muerde;
mas presto arroja el bocado,
que muy podrida de un lado
estaba y del otro verde.
Abuelo, ¿cómo será
decía el chico escupiendo,
que esta pera que estoy viendo
podrida, aunque verde, está?
El anciano con dulzura
dijo: vínole ese mal
por caerse del peral
sin que estuviera madura.
Lo propio sucede al necio
que, estando en la adolescencia,
desatiende la prudencia
de sus padres con desprecio;
al que en sí propio confía
como en recurso fecundo
e ignorando lo que es mundo
engólfase en él sin gúia.
Quien así intenta negar
la veneración debida
en el campo de la vida
se pudre sin madurar.
Fábulas en verso
“Odia el delito
y compadece al
delincuente”
AVELINA VALLADARES
Andrea Avelina María Teresa
Gabriela Valladares Núñez naceu en
Berres (A Estrada) en 1825 no seo dunha familia fidalga
o que lle permitiu ter unha gran formación cultural
(mesmo chegou a compoñer algunha peza musical). Era
irmá de Marcial Valladares, autor da novela Maxina ou a
filla espúrea. A súa orixe xunto coas súas gran
conviccións relixiosas marcarán a súa produción
literaria.
Publica o seu primeiro poema “A Ulla” en 1879 no
xornal El Eco de Galicia. Outros poemas en galego son:
"A pobre orfiña", "Miña xoia" e "Ôs que emigran“.
A súa poesía trata temas afíns á condición feminina
naquela época: relixiosos, amicais, familiares,
costumistas..., pero é na súa produción articulista onde
aparecen temas que se afastan das que se supuñan que
eran preocupación máis propias do xénero feminino:
cuestións prácticas relacionadas cos cultivos, denuncia
social ou imprecacións á autoridade eclesiástica para
facer peticións de interese xeral. Destaca ademais o
poema Diálogo entre un peregrino que se dirige a
Compostela y un labriego que presenta características
que favorecen a dramatización. Con todo, a escritora
deixándose levar polos prexuízos da época non lle
concedeu ningún valor ós seus escritos, polo que a
maior parte quedou sen publicar.
Con todo, esta autora é pioneira no emprego do
galego na poesía e unha das primeiras en colaborar coa
prensa escrita en Galicia.
Obra para guitarra composta por Avelina Valladares e
interpretada por Isabel Rei Sanmartín.
(http://www.tabeirosmontes.com/avelina-valladares.html)
A pobre orfiña
Orfiña quedei n' o mundo
Desqu' á lus d' o mundo vin
Nunca agarimo sentin
D'os pàis que me deron ser.
Prendida d'o seu amor,
Vidiña da süa vida,
A negra morte estrevida
Non m' os deijou conocer.
Limpo, ou lijoso mamei
Alleo leite ¡coitada!
E n'o berce adormentada
Fún por alleo ron-ron.
Tenras miradas de nai,
Sonrisas, doces biquiños,
Falagos, meigos cariños
Non houbo pra min ¡ai! non.
Amantes fálas, consolos
Qu' outras á bondo alcanzaron
Tan lonje de min andaron
Qu' á senti-l-os non cheguei.
Escarriada, sin ventura
Sin haber, sin acomodo
Orfiña sòila de todo
N’a terra quedei, quedei.
Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de
febreiro de 1837. Era filla do sacerdote José Martínez Viojo e de María Teresa
da Cruz de Castro e Abadía, de familia hidalga vida a menos. Foron as tías
paternas de Rosalía quen se fixeron cargo da rapaza nos primeiros tempos,
levándoa a vivir con elas, primeiro en Ortoño na casa familiar chamada «Casa
do Castro», e despois en Padrón. Cando Rosalía aínda era unha cativa, a súa
nai fíxose cargo dela e levouna a vivir con ela e creouse entre as dúas un lazo
moi forte, de xeito que cando Teresa morre, Rosalía escribe o libro A mi madre
(1863) que mostra unha gran sentimentalidade. En 1856, marcha a Madrid
onde publica o libro La flor (1857). Alí coñece a Manuel Murguía e casa con el
en 1858.
En 1863, publicou Cantares gallegos que marcou o inicio do Rexurdimento
das nosas letras. No "Prólogo" desta obra, a propia autora intentou suavizar as
posibles reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso
exclusivo do galego e a autoría feminina. Con este poemario, Rosalía
pretendeu cartar as belezas de Galicia.
Logo do éxito de Cantares, a poeta publicou na Habana Follas Novas (1880).
O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se
abre o poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os
desposuídos encontraron a súa voz propia.
Tamén escribiu en galego “O conto gallego” no cal dous amigos apostan a
ver cal dos dous é capaz de seducir antes a unha viúva no mesmo día do
enterro do marido.
O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara
unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar (1884)) e
narrativa (Ruinas (1866), El caballero de las botas azules (1867), El primer loco
(1881)).
No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega
consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron
dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne
escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de
Bonaval (Santiago).
ROSALÍA DE CASTRO
Negra sombra
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me asombras.
Follas novas
(https://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os)
Clara Corral Aller naceu en
Ourense en 1852. Pertenceu a unha
familia acomodada o que lle permitiu ter
unha gran formación humanística. Orfa
de nai e pai, permaceu toda a súa vida
solteira e dedicou o seu tempo á
produción literaria.
Consérvanse poemas seus en castelán e
galego aparecidos na prensa da época: El
Diario de Santiago, Revista Compostelana
de Instrucción y Recreo e La Ilustración
Gallega y Asturiana. O primeiro poema
que publica está en castelán, “Á una flor”
(1866), pero cómpre mencionar as tres
composicións que escribiu en galego e
que publicou en 1879: «O ben na terra»,
«Lonxe vai miña alegría» e «O día de San
Antón». Son poemas de temática
amorosa e elexíaca e foron reproducidos
noutras publicacións como O Tío Marcos
da Portela.
En 1891, publicouse o seu único
poemario, A Herminia, dedicado á morte
da súa sobriña. Os seus poemas
presentan un ton elexíaco e laudatorio.
Recentemente, en 1980, Dimas Romero
Vázquez publicou as súas Poesías en
gallego y castellano. 1847-1908.
Esta poeta é considerada a segunda en
publicar obra en galego no século XIX.
CLARA CORRAL
Lonxe vai miña alegría
Xa na vexo donde vai!
Bágoas atopo nos ollos
No peito atopo soedá ...
.....................................
Onte á caer da tardiña
moitas xentes vin pasar;
iban cubertas de loito.
Eu preguntei: que será?
E vin deitada na tomba,
sin reir e sin chorar,
unha nena como o ceo
do tempo que pasou
xa ...
Bágoas atopo nos ollos
que nunca se secarán.
¡Quen fora morta na
toma
sin reir e sin chorar!
Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña
de 1869 no seo dunha familia acomodada o que lle permitiu
ter a formación cultural propia das mulleres da súa época. A
morte do seu namorado ás portas da voda fixo que dedicase
a súa vida a coidar da súa nai. O amor entre nai e filla, xunto
co ruralismo e a renuncia da muller, constitúen un dos eixos
temáticos da súa obra.
Publicou o seu primeiro poemario Sorrisas e bágoas en
1913. Tras esta primeira obra, saíron do prelo dous novos
poemarios: ¡Almas de muller! ... volallas na luz! (1915)
(prologado por Manuel Murguía) e Frores do noso paxareco
(1919), que seguen a estela popular dos Cantares gallegos de
Rosalía de Castro.
Pero a gran obra da escritora foi sen dúbida a novela
Néveda (1920). Despois desta, publicou varios relatos de
carácter breve: "A y-alma de Mingos" (1922) e "A neta da
naipeira" e "Martes de Antroido", ambos os dous editados en
1925. Tamén levou ao prelo por eses anos dúas novelas
longas en español Pepiña e Réproba.
Ademais, Francisca Herrero ten moita obra (tanto en
galego como en castelán) espallada en publicacións
periódicas como El eco de Galicia y Cultura gallega de La
Habana, Galicia e Alma gallega de Montevideo, mais tamén
en revistas curiosas como A. C. G. (do Auto-Aero Club de
Galicia), que inclúen ás veces textos orixinais e outras
reproducen poemas xa editados.
Foi a primeira muller elixida para formar parte da Real
Academia Galega, pero nunca chegou a ingresar na
institución.
FRANCISCA HERRERA
“Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non
me entenden; e a cantar castillán non me comprendo. Así mesmo
pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste
meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debate, coidándose
atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus
do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu
pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu
desexo. ¡Lectores... quen os vira, malpocado! Couberan nun puñiño ven
pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos
galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non han de asolagar
nos meus defectos. E aqueles que non entenden os meus falacios, e se
sintan no propio lar alleos, relembren que nasceron en Galiza; que eiquí
atallecerán fillos e netos; que dormen nesta terra, aloumiñadas as cinzas
brancuxadas dos seus deudos.
Perdón prás miñas faltas; que deste meu libros as ten, non volo nego;
mais o puco que vos dou, douvos do voso e merezo perdón: dou do que
teño.”
Introdución de Néveda
FILOMENA DATO MURAIS
ALBORADA
     Esperta, meu ben querido,
miña xoya, abr' os ollos
que x' o sol pol-os outeiros
vai tendend' o manto d' ouro.
Com' esmeraldas xigantes
brilan os altos picoutos,
prata líqueda os regatos
sobr' o seu leito de croyos
arrastran, pra que de espello
podia servir o teu rostro.
Antr' os frondosos carballos
fan os páxaros un coro
pra cantar a tua belleza,
sol sorprendente y-hermoso.
As frores d' o seu prefume
xa esparexen o tesouro
D' os teus beizos encarnados
o caravel oloroso
abre, meu ben, meu feitizo,
que cho pido de xinollos.
Deixa o leito, queridiña,
deixa xa ese doce sono,
dame, sol d' o curazon,
a crara luz d' os meus ollos.
Follatos
Filomena Dato Muruais naceu en
Ourense en 1856 e faleceu na cidade da Coruña
o 27 de febreiro de 1926.
Pouco se sabe da súa vida e a meirande parte
dos seus datos biográficos están relacionados co
seu labor social e cultural. Sábese que
colaborou con composicións poéticas en xornais
como El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa ou
o Álbum  Literario e que participou no
movemento literario que iniciara Valentín
Lamas Carvajal en Barbaña. Sábese tamén que
foi galardoada en diversos certames literarios
como, por exemplo, nos Xogos Florais de Vigo
en 1888 polo poema “Flor natural”.
Publicou varios poemarios en castelán e
tamén en galego: La letanía lauretana en verso
(1877), Penumbras (1880), Follatos (1891),
Romances  y  cantares (1895), Fe  (poesías 
religiosas) (1911).
En 1906, foi nomeada membro
correspondente da Academia Galega.
Foi unha fervente feminista, en sintonía con
Rosalía de Castro. De feito, estas dúas poetas
son as mellores representantes da lírica
feminina do século XIX.
Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña en 1861, a Marineda das súas novelas, no seo dunha familia acomodada.
Filla única de don José Pardo Bazán e dona Amalia de la Rúa recibe unha ampla educación de carácter liberal no colexio
francés de Madrid e con instrutores privados na Coruña. Os seus pais estimularon a súa curiosidade e potenciaron a súa
paixón pola lectura e a escritura, tarefas que ocuparon a maior parte do seu tempo. Xa de nena deu mostras do seu carácter
ao se negar a tomar clases de música e piano, tal e como se estilaba na educación feminina da época.
Lectora incansable, ós oito anos escribiu os seus primeiros poemas e ós 15, o primeiro conto.
En 1863, casou con José Quiroga e xuntos viaxarán por distintos lugares de Europa o que lle servirá para poder ler os
grandes clásicos da literatura no seu idioma orixinal.
Aínda que tamén foi poeta e contista, a súa faceta máis coñecida foi a de escritora de novelas: unhas naturalistas como Un 
viaje de novios (1881), La tribuna (1883), Los pazos de Ulloa (1886), La madre Naturaleza (1887) ou La piedra angular (1891); 
outras realistas, como Insolación (1889), Morriña (1889), Una cristiana (1890) e La prueba (1890).
Colaborou publicando artigos, contos e ensaios en moitas revistas e xornais e mesmo fundou e escribiu ela mesma a revista
Nuevo Teatro Crítico.
En 1908 Afonxo XIII outorgoulle o título de Condesa en recoñecemento á súa creación literaria.
Morreu o 12 de mayo de 1921 ós 69 anos.
EMILIA PARDO BAZÁN
“Era noche cerrada, sin luna, cuando desembocaron en el soto, tras del cual se eleva la 
ancha  mole  de  los  Pazos  de  Ulloa.  No  consentía  la  oscuridad  distinguir  más  que  sus 
imponentes proporciones, escondiéndose las líneas y detalles en la negrura del ambiente. 
Ninguna luz brillaba en el vasto edificio, y la gran puerta central parecía cerrada a piedra 
y lodo. Dirigióse el marqués a un postigo lateral, muy bajo, donde al punto apareció una 
mujer  corpulenta,  alumbrando  con  un  candil.  Después  de  cruzar  corredores  sombríos, 
penetraron todos en una especie de sótano con piso terrizo y bóveda de piedra, que, a 
juzgar por las hileras de cubas adosadas a sus paredes, debía ser bodega; y desde allí 
llegaron presto a la espaciosa cocina, alumbrada por la claridad del fuego que ardía en el 
hogar, consumiendo lo que se llama arcaicamente un mediano monte de leña y no es 
sino varios gruesos cepos de roble, avivados, de tiempo en tiempo, con rama menuda. 
Adornaban la elevada campana de la chimenea ristras de chorizos y morcillas, con algún 
jamón de añadidura, y a un lado y a otro sendos bancos brindaban asiento cómodo para 
calentarse oyendo hervir el negro pote, que, pendiente de los llares, ofrecía a los ósculos 
de la llama su insensible vientre de hierro”.
Los pazos de Ulloa. CAP. I
MARÍA MARIÑO
María Mariño Carou naceu en
Noia o 8 de xuño de 1907 e faleceu en Seoane
do Caurel o 19 de maio de 1967. Foi unha das
escritoras galegas máis importantes do século
XX, por iso se lle dedicou o Día das Letras en
2007.
Filla de mestre, abandona pronto os estudos
para dedicarse ó oficio de costureira que deu
lugar ó seu alcume: María a Costureira. Parte da
súa xuventude pásaa en Boiro na casa dunha tía
que traballaba de cociñeira no pazo de Goiáns.
Grazas á biblioteca do pazo entra en contacto
coa literatura escrita. Estando en Boiro, casa
cun mestre ó que acompaña nos seus destinos,
primeiro no País Vasco e logo no Courel. Alí
establécense finalmente e coñecen a Uxío
Novoneyra e a súa familia cos que manterán
unha gran amizade o cal lle permitirá á poeta
entrar en contacto con outros escritores
galegos.
Publicou en lingua galega unicamente dous
poemarios: Palabra  no  tempo  (1963)  e Verba 
que comenza (2007).
A autora sempre compaxinou a súa actividade
intelectual cunha vida discreta e moi apartada
dos cenáculos literarios, de aí a orixinalidade da
súa obra dominada sobre todo pola presenza e
vivencia da paisaxe galega.
Vogar
Tiven medo de vogar,
tiven medo da auga crara.
Anque fora cuns bons remos
anque fora na mar calma,
non vogaba!, non vogaba!
O medo xa non sei del.
Xa secou aquel mar longo.
E sin saber donde veu,
si é doutro ou é meu,
navego nun mar de fondo.
Palabra no tempo
Poema na voz de Uxía Senlle
(http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=7)
¡Inda vou na misma meniña
aquela que fogueaba sin leito!
¡Son aquela!
¡Son aquela que no bosco
escuitaba o himno dela!
Son aquela mañanciña,
entre orballo das rosas,
entre area de sendeiros,
onde atopaba a campana.
Caladiña eu chamaba
en berros que hoxe esquezo,
cando o navío de lonxe
o meu mar cheo atracaba.
¡Son aquela!
Son aquela tarde queda
que no serán se chamaba
miña aurora sin coores
chea dun farto rebusco
que en un xordo a min chegaba.
¡Son aquela!
Son aquela pena nubra
que de mofo entrenzaba
a lonxe voz do poeta,
cando aínda non sabía
que era para ela
o que aquela voz narraba.
¡Son aquela!
Son aquela sempre soia
que paseaba a ribeira
a ver si nela atopaba,
a ver si nela afogaba.
Eu non sei,
eu non sei son sinceira
Eu sentía un lonxe triste,
eu sentía nel ledicia,
eu quería quedar soia,
eu quería compañía,
¡aquela que eu non sabía!
Palabra no tempo
PURA VÁZQUEZ
Carmen Pura Vázquez Iglesias
naceu en Ourense en 1918 e finou na mesma
cidade o 25 de xullo de 2006. En Ourense,
estudou a Primaria, Bacharelato e Maxisterio.
Como mestra, fixo unha lenta peregrinación polas
escolas das provincias de Ourense, Segovia,
Toledo, Sevilla e Madrid. Entre 1955 e 1969 pasa
longas tempadas en Venezuela onde desempeña
diversos cargos (mestra, secretaria da Escola de
Humanidades, arquiveira de fotografías no
Instituto de Cooperación Educativa). Ó voltar
afincarase en Madrid ata que, tras a morte do seu
marido en 1985, regresa a Ourense.
Foi representante da poesía galega de posguerra
e apostou por unha saída lírica e existencialista
fronte a liñas máis combativas. Foi tamén a
primeira muller que comezou a publicar en galego
nos xornais e revistas de Galiza e da emigración
tras a Guerra Civil. Así mesmo, constitúe unha das
pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil.
Comeza publicando libros en castelán. A súa
primeira obra en galego é o poemario Íntimas 
(1952).  A este seguirán outros en galego:
Maturidade (1956), Man que escribiu no mar, Anos 
de  navegar  (1992),  Se  digo  Ourense  (1992), 
Desmemoriado río (1993), Orballa en tempo lento 
(1994), Terra miña dos soños (1999), Náufragos da 
elexía (2002)...
Publicou unha única novela longa: Os  Aldán 
foron a América.
CHOIVA
Sentir. Sentir. Sentir. Mentres que a seda
da orballada descende, apresourando
o liso marmular co vento peita.
Sentir nun fondo escurísimo de brétemas,
de lonxanías insólitas, cravado,
o húmido vestixio das azas perdidas,
enmalladas de tempo, de soidade ou pedra.
Correr, regatos, sombras, silencio estrelecido,
polo cristais opacos da ausencia e o fastío,
e sentirmos no lombo o peso desa rosa
esmesurada e lívida, que é o noso corazón.
Maturidade
O CARRO
Carriño de bois que cantas
por vieiros de piornos.
Saloucante voz de brétemas,
cargado de verde toxo.
 
Ceo enriba, ceo embaixo.
Chirrar dos ceibes ensoños, 
pan e leito dos labregos,
amor que lle quenta os ollos.
 
O vento teu canto leva.
Promesa que adoza o loito,
e é pomba cos pensamentos
bulindo a compás do outono.
 
As albas apuntan lonxe.
Cantas cen galos no pobo.
Augas lizgairas decorren
cantigas leviás nos soutos.
 
Chían polas carballeiras
merlos e xílgaros novos.
Bailan xardíns cheos de lúa,
maduran ponlas de froitos.
 
Bois de coudal madrugada
remorsan, o tempo, mornos,
e o labrego tensa ledo
xurdinte raíz de soños.
 
Pola celeste mañá,
cinguido á carreira, ó polvo,
canta carro, canta, canta,
monótono e renxedoiro.
 
Carriño, carriño, carro.
Cancela do meu namoro.
Tremante de orballos, canta,
saudades, bariles gozos.
LUZ POZO GARZA
Luz Pozo Garza naceu en Ribadeo en 1922. Con catorce
anos, por mor da Guerra Civil e da persecución da que foi obxecto
seu pai, trasladouse coa súa familia primeiramente a Lugo e logo a
Larache (Marrocos). De volta en Galicia, instalouse en Viveiro. Ten
estudos musicais que deixarán unha singular pegada na súa
poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. En Vigo,
desenvolveu unha longa traxectoria de docente de lingua e
literatura españolas no ensino secundario. Entre 1975 e 1976
codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén
a creación da revista Clave Orión e é membro RAG dende 1996.
O seu primeiro poemario en galego foi O paxaro na boca (1952),
que inaugurou a Colección Xistral. Despois deste publicou: Últimas 
palabras / Verbas derradeiras (1976), Concerto de outono (1981), 
Códice Calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta 
de  Rosalía  1996),  Ribadeo,  Ribadeo  (2002),  Medea  en  Corinto 
(2003),  Historias  fidelísimas:  poesía  selecta  1952-2003  (2003), 
Memoria  solar  (2004),  As  arpas  de  Iwerddon  (2005),  As  vodas 
palatinas  (2005),  Deter  o  día  cunha  flor  (2009)  e  Rosa  tántrica 
(2016). Na súa obra poética, Luz Pozo achega unha poesía inzada
de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza
existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan
compondo textos de sublime autenticidade e madurez.
Tamén escribiu ensaio: A bordo de "Barco sen luces“, O mundo 
poético de Luís Pimentel (1990), Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou 
acolá"  (1991), Galicia  ferida:  a  visión  de  Luís  Seoane  (1994), 
Diálogos  con  Rosalía  (1996), Ondas  do  mar  de  Vigo:  erotismo  e 
conciencia  mítica  nas  cantigas  de  amigo  (1996),  Tres  poetas 
medievais da ría de Vigo (1998).
Os teus paxaros choven miudiño
sobre das miñas arbres e tamén
sobre destes meus beizos que che cantan.
Eu fago conta de que son de terra
ou son unha silveira no teu coloa
na túa beira de aire e peixes louros
Recibindo o sabor da túa paisaxe:
húmedas aves novas do teu peito,
eiquí estóu meu amor, eiquí me choves.
O paxaro na boca
Xohana Torres Fernández,
naceu en Santiago de Compostela o 22 de
novembro de 1931. Viviu a súa infancia en
Ferrol, cidade á que se mantén afectivamente
vinculada e onde entrou en contacto co mundo
do teatro.
Comeza a publicar en revistas como Aturuxo,
Vida  Gallega ou Vieiros. En 1957, estuda
Filosofía e Letras en Santiago de Compostela,
momento no cal se intensificou o seu interese
pola lingua e a literatura galegas. Tras casar
trasládase a vivir a Vigo onde dirixe un
programa de radio e mantén relacións co
grupo Teatro-Estudio, feito que a anima a
escribir dúas obras de teatro: Á outra banda do 
Íberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río,
coa cal consegue o Premio Castelao de teatro
en 1966.
Escribiu varios poemarios: Do  sulco  (1959), 
Estacións ao mar (1980), Tempo de ría (1992) e
Poesía reunida (1957-2001).
Literariamente, forma parte das xeracións de
escritores que, comprometidos coa lingua nos
difíciles anos da dictadura franquista,
contribuíron á normalización da literatura
galega tocando todos os xéneros. Como poeta,
está integrada na denominada "Xeración das
Festas Minervais"; como escritora dramática,
no "Grupo de Enlace" ; como narradora, os
críticos discuten se a súa novela forma parte
ou non da "Nova Narrativa".
XOHANA TORRES
PENÉLOPE
Declara o Oráculo:
 
"Que a banda de solpor é mar de mortos,
incerta, última luz, non terás medo.
 
Que ramas de loureiro erguen rapazas.
Que cor malva se decide o acio.
 
Que acades disas Patrias a vendima.
Que amaine o vento, beberás o viño.
 
Que sereas sen voz a vela embaten.
Que un sumario de xerfa polos cons.
 
Así falou Penélope:
 
Existe a maxia e pode ser de todos.
¿A que tanto novelo e tanta historia?
 
EU TAMEN NAVEGAR“
Tempo de ría
Voz da propia poeta
(http://www.culturagalega.org/album/deta
lle.php?id=202)
Adeus María é a sucesión de monólogos
dunha rapariga de quince anos (María, ou
Maxa) atrapada nunha serie de encrucilladas
existenciales. A principal é a emigración dos
seus pais a Francia, e a consciencia da
soidade que crece nela como consecuencia.
Nunha familia obrigada a vivir na
contradición entre o rural e o urbano da
Galicia dos 60, Maxa debe asumir o liderado
dunha casa en decadencia: coidar do seu
irmán pequeno, comprender o decaemento
do seu avó e soportar a discriminación á que
a somete a súa avóa en comparación co seu
irmán maior. Adeus María supón a entrada
forzada de Maxa nun mundo adulto que a
aparta da súa realización persoal como
muller.
“E  de  súpeto  berrei,  mamai,  mai,  así, 
coma  un  sospiro  longo  para  desafogar, 
unha  chamada,  e  total  para  qué  si  ti 
sigues  tan  lonxe.  Cismo  verdades  e 
mentiras,  no  ceo  que  está  negro,  nos 
tellados de Lille, na ferida e no sangue, o 
sol que xa morreu moi abaixo da ría, na 
señardá  de  Cantador,  de  todos,  e  berro, 
mamai,  e  choro.  E  total  xa  non  podes 
contestarme.”
Adeus María
HELENA VILLAR
Helena Villar Janeiro naceu en
Becerreá (Lugo) en 1940. Estudou Maxisterio en
Lugo e licenciouse en Filosofía e Letras en
Madrid. Na súa formación, sobre todo no aspecto
literario, foi decisiva a experiencia que adquiriu
traballando na xastrería dos seus pais onde se
abriu á lingua e á cultura galega e descubriu a
narración oral.
Como escritora cultivou varios xéneros,
especialmente a poesía (Alalás (1972), Rosalía no 
espello (1985), Festa do corpo (1994), Álbum de 
fotos  (1999),  Nas  hedras  da  clepsidra  (1999), 
Amadas  polos  deuses  (2002),    Pálpebra  azul 
(2003), Remontar o río (2014)) e a narración (O 
enterro  da  galiña  de  Domitila  Rois  (1991),  “A 
tarde  das  maletas”  (1992)), pero dedicou unha
atención moi particular á literatura infantil e
xuvenil (O día que choveu de noite (1985), Viaxe a 
Illa Redonda (1987), Vermiño (1988), A cidade de 
Aldara  (1989),  Ero  e  o  capitán  Creonte  (1989), 
Patapau  (1989),  A  canción  do  Rei  (1992),  Don 
Merlo  con  chaqueta  (1993),  Contos  do  paxaro 
azul  (1994),  Novos  contos  para  nenos  (1994),  A 
voda do papá (1994), A campá da lúa (1999), O 
avó de Pipa (2000), Belidadona (2003), Na praia 
dos lagartos (2004), Raúl (2005), Rosalía (2006), 
O souto do anano (2007), Un rato na casa (2008), 
O  caderno  de  Edua  (2010),  As  señoras  cousas 
(2014), O caderno de Edua (1015).
O CASTELO DA CHUVIA
A chuvia está escondida
nun castelo encantado
que fixeron as nubes
alto, moi alto.
A chuvia ten a auga
gardada en tinas
redondas, pequerrechas
igual que pingas.
Cando lle peta,
ponse a tiralas todas
desde as ameas.
Helena Villar Janeiro, 
As señoras cousas
Arco da vella II
O arco da vella
veu cunha cantiga
roubada da chuvia
e deulla a Mariña.
O arco da vella
trae sete colores
que aprende Mariña
xogando coas flores.
O arco da vella
ve chegar o sol
e vaise amodiño
como un caracol.
II ALDARA
Aldara será sempre nena
porque Eolo a raptou entolecido
cun brazo xigantesco e ortopédico
vestida de anorak e de mochila
con libros pizarrados.
Non houbo na paisaxe 
follas, flores nin froitos para que resaltase a palidez
do seu corpo deitado entre aquelas canicas derribadas
que o deus puxo no xogo
de namorado.
Quedan en linotipias e papeis
palabras de políticos, 
técnicos periciais e ata aseguradores
para un necio epitafio aleatorio
capaz de esborranchar todos os prantos.
Aldara dorme agora no museo dos mortos
para espertar efémera e fermosa
na primeira das rosas que se asome
a cada mes de abril.
Amadas polos deuses
MARINA MAYORAL
Marina Mayoral Díaz naceu en Mondoñedo o 12 de
setembro de 1942. Comezou estudos de Filosofía e Letras na
Universidade de Santiago, aínda que se trasladou a Madrid e se
licencia en Filoloxía Románica. Foi catedrática de Literatura
Española na Universidade Complutense e publicou numerosos
traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan
os estudos sobre Rosalía de Castro. Na actualidade traballa como
colaboradora no suplemento El semanal.
Publicou narrativa tanto en castelán como en galego: Cándida, 
otra  vez  (1979),  Al  otro  lado  (1980),  O  reloxio  da  torre  (1988), 
Chamábase  Luís  (1989),  Tristes  armas  (1994),  Unha  árbore,  un 
adeus  (2004),  La  sombra  del  ángel  (2000),  Casi  perfecto  (2007), 
Contra  muerte  y  amor  (2008),  O  anxo  de  Eva  (2013),  El  abrazo 
(2015).
Algunhas das súas novelas foron traducidas ó alemán, polaco,
italiano, portugués e chinés.
Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen 
traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano 
que  se  consome,  fráxil  coma  un  vidro.  A  súa  familia  é  arrastrada  na  mesma 
desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.Facer dunha 
vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. 
Chamábase  Luis,  de  Marina  Mayoral,  novela  editada  en  1989  dentro  da  colección 
«Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode 
ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos 
seus  ingredientes,  incluíndo  mesmo  o  último  castigo,  a  presencia  da  SIDA.  Nove 
testemuños  a  falar,  desde  a  súa  propia  óptica,  sobre  Luís  ou  sobre  si  mesmos.  Todos 
vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo.
MARILAR ALEIXANDRE
María Pilar Jiménez Aleixandre
naceu en Madrid o 1 de maio de 1947, pero desde que
se trasladou a vivir en Santiago en 1973 adoptou o
galego como a súa lingua literaria. Estudou bioloxía e
exerceu durante algúns anos como profesora de
instituto, aínda que actualmente é profesora da
Universidade de Santiago de Compostela onde ensina
Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación
Ambiental.
Ten unha ampla e variada obra literaria: narrativa
tanto para adultos (Tránsito dos Gramáticos
(1993),Teoría do caos (2001), Unha presa de terra
(2001)) como xuvenil e infantil (A formiga coxa (1989),
A expedición do Pacífico (1994), A Banda sen futuro
(1999)), poesía (Desmentindo a primavera (2003),
Catálogo de velenos (1999)), ensaio e teatro.
“Sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen
futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan, son máis
ben negros. Recorta afoto do xornal e suxéitaa con chatolas no
taboleiro do seu cuarto e dende ese momento ocantante convértese
no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas
preocupaciónse tamén no seu interlocutor. A causa fundamental do
malestar de Carlota é o seuaspecto físico, xa que por culpa dun
eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfrontarós seus novos
compañeiros cun pano na cabeza”.
A banda sen futuro
Pra que veñas mañá
moito máis cedo
e me biques
as tempas lenemente
camiñarei traiciós,
carpis feitos a mau,
terra e semente.
Pra que veñas mañá
moíto máis cedo
hei manter como sexa
o lume ben aceso.
Pra que veñas mañá,
amigo e compañeiro,
hei ter ollos de neno
i o riso trasparente
pra que veñas mañá
i apreixas o meu corpo.
Pra que veñas mañá
moito máis cedo.
Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei
o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta
galega.
Estudou na USC Filosofía e Letras, carreira que non rematou.
Polas súas actividades nacionalistas, estivo exiliada en Portugal
(1974-76), onde traballou como lectora de galego na
Universidade de Letras de Porto. Titulouse en Xornalismo en
Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977
e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa
galega. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e
pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación
(LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en
Comunicación (AGACOM). Actualmente, é profesora na
Facultade de Ciencias da Información da USC.
En 2004, dirixiu a súa primeira longametraxe documental,
Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo
Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que
rebautizaron como Santa Libertade).
Cultivou a poesía (Parolar cun eu, cun intre, con inseuto
(1970), O corvo érguese cedo (1973) e Linguas mortas: serial
radiofónico (1989), a narrativa Mama-fe (1983), Trasalba ou
Violeta e o militar morto (1985), Porta blindada (1990) ou
Historias como Barcelona (1991) e o ensaio (Prensa e
galeguismo (1982), Foto-xoc e xornalismo de crise (1988), O
diario postelevisivo (1993), Documentalismo fotográfico
contemporáneo (1994), Documentalismo fotográfico: éxodos e
identidad (1998), Del Cine-Ojo a Dogma 95: paseo por el amor
y la muerte del cinematógrafo documental (2003), Cine de
fotógrafos (2005), Comunicación local no espazo lusófono
(2007).
MARGARITA LEDO
FINA CASALDERREY
Xosefa Casalderrey Fraga naceu en
Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951. Exerceu
como mestra dende os dezanove anos e xubilouse no
2010 como profesora de ensino secundario. Foi no
ensino onde comezou a crear e a dirixir pezas teatrais
representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas
por Edicións Xerais.
Unha das súas inquedanzas é a investigación
etnográfica, campo onde gañou diversos premios.
Outra das súas inquietudes é a gastronomía, así
publicou, xunto con Mariano García, O libro da
empanada, Festas gastronómicas de Galicia e
Repostería en Galicia. Colabora en xornais, revistas,
congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas
redondas...
En 1991, deuse a coñecer no mundo editorial coa
novela xuvenil Mutacións xenéticas. Dende entón,
publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos
preferentemente a lectores infantís ou xuvenís aos que
lles hai que sumar máis de vinte historias recollidas en
volumes colectivos. Os seus libros, sempre escritos
inicialmente en galego, tradúcense habitualmente ás
demais linguas do estado. Algúns tamén ao bretón,
coreano, inglés, francés, italiano, portugués ou chinés.
Ademais de Mutacións xenéticas, tamén son moi
coñecidas as seguintes obras: Dúas bágoas por
máquina (1992), ¡Asústate, Merche! (1994), Os
misterios dos fillos de Lúa (1995), Sobrevives (1996),
Lúas de nácara (2003), A pomba e o degolado (2007), O
neno can (2012)...
“Apetéceme contarche algo. Cando era ben cativa regaláronme un osiño de
peluche. Durmín con el durante máis de cinco anos. Un día decidín que xa era
maior. Aproveitei para facer limpeza no meu cuarto e tirei moitos xoguetes. O
oso estaba gastado pero non me quixen desfacer del, téñoo enriba do armario.
Xa non o utilizo para durmir, pero sei que está alí. Non podo ser máis diáfana
na explicación porque só me quedan unhas ringleiras na derradeira páxina.
¡Oxalá me entendas!”
!Asústate, Merche!
María Xesús Pato
Díaz naceu na cidade de
Ourense no ano 1955 e é profesora
de Xeografía e Historia no ensino
medio.
Publicou os seus primeiros
poemas na revista Escrita (1984),
pero tamén podemos atopar
mostras da súa obra poética nas
revistas Luzes de Galiza, Festa dá
palabra silenciada, Andaina, Gume
Ólisbos, Revista dás letras, Dorna,
Clave Orión, etc.
En 1991, sae á luz o seu primeiro
poemario: Urania. A este seguirán
Heloísa (1994), Fascinio (1995), A
ponte das poldras (1996), Nínive
(1996), Heloísa (1998), m-Talá
(2000), Charenton (2004), Hordas
de escritura (2008), Secesión
(2009). Ademais, participou nos
libros colectivos: Palabra de
muller, Sete poetas ourensáns,
Poesía dúas aléns, Nacer é unha
república de árbores. Antoloxía
poética sonora...
Participa habitualmente en
recitais, mesas redondas,
performances e conferencias.
CHUS PATO
Certo, é posíbel estar namorado dun obús
é posíbel estar namorado da vulva dunha egua
e contemplar como de vagar as vacas se envelenan.
É posíbel afirmar que o sexo dunha trincheira é máis longo
que o sexo da máis longa das serpes
porque tamén as trincheiras falan
no idioma no que falou Morgana.
É posíbel dicir que as moscas
as do inimigo
tratan de impedir a chegada dunha carta
a túa.
Que Pio X é o home máis moderno do teu século
e disfrazar un tristísimo emigrante co traxe dun lord morto.
Detesto o poder destas palabras.
Hai pouco que estou aquí
Balbuceo.
Nacer é unha república de árbores. Antoloxía poética sonora (2010)
LUÍSA VILLALTA
Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña no ano 1957.
Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filoloxía
Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa. Dedicou parte da súa vida
profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino
secundario. Era tamén titulada superior en violín. Formou parte da
Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de
Compostela. Foi unha escritora prolífica, autora de poesía,
narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos.
Os seus poemarios son: Música reservada (1991), Ruído (1995),
Rota ao interior do ollo (1995), En concreto (2004), Papagaio (2006).
A súa actividade literaria esténdese a outros ámbitos creativos dos
que podemos destacar o da narrativa, con libros como Silencio,
ensaiamos (1992), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo
(2001) e tamén do teatro, xénero para o que escrebiu os textos
Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo
das Esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999). No campo do
ensaio, destacan: O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral
(1992) e O outro lado da música, a poesía (1999), no que traza unha
orixinal visión da poesía galega desde o punto de vista da relación
ancestral desta arte coa música.
A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, por
causa dunha parada cardíaca, o 6 de marzo de 2004. Tiña 46 anos e
unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas. Desde o
momento da súa morte sucedéronse iniciativas que lembran o seu
nome e o seu labor: desde o ano 2004 no IES. Isaac Díaz Pardo de
Sada –onde ela foi profesora– convócase anualmente o Certame
Literario “Luísa Villalta”; igualmente desde 2004, no contexto da
comunidade universitaria convócase o Premio “Luísa Villalta” a
Iniciativas Normalizadoras, para a promoción do uso do galego nas
tres universidades galegas...
O ceu cobrou unha cor que facia pensar
Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás
profundidades.
Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor
enfriaba-se no bisturí do horioznte.
Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história
inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia.
Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no
bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor.
Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos.
Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos
chamou ao fio da noite.
Ruído
Pilar Pallarés
García naceu en Culleredo en
1957. Estudou Filoloxía Galego-
Portuguesa na Universidade de
Santiago de Compostela e
colaborou en diversas revistas,
como Grial, Coordenadas, Dorna,
Nordés ou Festa da Palabra
Silenciada. Actualmente exerce
de profesora de literatura galega.
Tras a publicación do seu
primeiro libro, Entre lusco e fusco
(1980), converteuse nunha das
voces poéticas máis importantes
da poesía galega. Posteriormente
publicaría as obras Sétima
soidade (1984, Premio Esquío de
poesía en 1983), Livro das
devoracións (1996), Poemas
(2000), Leopardo son (2011).
No ámbito do ensaio, publicou:
Rosas na sombra (a poesía de Luís
Pimentel) (1991) e Carballo
Calero. Caderno didáctico (1994).
PILAR PALLARÉS
Dime, amor, que ti és
éste que eu quero que sexas,
que o pobo e a liberdade
latexan nas tuas verbas,
que non todo son cartos,
hipocresia, mentira, suxa comenéncia.
Quérote asi, pobre e doce,
quérote árbore apaleada,
loitando con ternura, voz de pobo,
voz de pobo e canto, pucharquiña morna.
Quizais nen siquera te quero. Mais
non te esquezo. Ao fin ¿qué é o amor?
un home, unha muller, un aloumiño tenro,
un mencer relembrado por oito relembranzas.
Non sei nada de ti, a historia dos teus ollos.
¿Qué bocas terán xa percorrido os teus beizos?
Quizais as tuas mans xa estexan cheas,
quizais ti nen te lembres xa de min.
Un verme misterioso percorre as miñas veas.
Ai, o pranto, as lembranzas, a melancolia
de terte e de non terte.
Mentres vou, pobre camiñante, pola vida,
lémbrome dos teus ollos
e sigo, viaxeira, adiante.
Entre lusco e fusco
Celia Díaz Nüñez naceu na
aldea das Eiras, no Páramo, en 1961. Aos
poucos anos trasladouse a Quiroga. Tras
estudar o bacharelato en Monforte de
Lemos, licenciouse en Filoloxía Galego-
Portuguesa e Filoloxía Hispánica na
Universidade de Santiago de Compostela.
Tamén é diplomada en Maxisterio pola
Escola Universitaria de Formación do
Profesorado de Lugo. Acutalmente, reside
en Ourense, onde exerce como profesora
de Lingua Galega e Literatura no Ensino
Secundario, actividade que compaxina coa
docencia universitaria na Facultade de
Ciencias da Educación na materia de
Didáctica da Lingua Galega.
Escribiu narrativa (Adeliña (2004), “Un
tango na noite” (2007), Rugando (2012), A
boca do monte (2016) e Unha verdade
amarga (2017)), ensaio (Voces da Terra.
Quiroga e os seus escritores (1995), Resta
de letras (2002)) e teatro (Cataventos e
cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a
princesa, e Leonardo, o poeta (2008), Velaí
vai o papaventos (2014) e O castelo de
Pena Redonda, o máis tolo da contorna
(2016)).
CELIA DÍAZ
“Volveu entón a cara. ao pé do leito estaba Arausa, a nora a que quixera como a filla que
nunca tivo, cos ollos cubertos de bóagoas. E estaban tamén Navia e Tureno. Xuntos por fin.
O último que viron os seus ollos foi o ventre avultado da neta.
Entón sorriu.
A vida, a pesar de todo, continuaba.”
A boca do monte
ANA ROMANÍ
Ana Romaní naceu en Noia o 5 de agosto de 1962, pero reside
en Santiago desde 1973. Desde moi nova participa en iniciativas de
dinamización cultural en Noia: Grupo de teatro afeccionado "Tiruleque",
revista Carabela de Xeada, creación da Asociación Cultural Catavento de
Noia. Tamén participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada,
na da asociación Mulleres Galegas na Comunicación e en diversos
proxectos artísticos: O Son da Pedra do grupo Milladoiro (1994); A Illa
verde, carpeta de gravados de Alfonso Costa (1988); os discos Rosalía na
voz dos poetas (1983) e Daquelas que cantan (1997) do Patronato Rosalía
de Castro; Lianas, carpeta de gravados de Maika Novoa; no espectáculo
Son Delas, coordinado por Uxía Senlle (2000). Crea con Antón Lopo o
Laboratorio de Indagacións Poéticas no que realizan os espectáculos
poéticos Ó outro extremo do paraíso (1997), Lob@s(1999) e organizan o
Festival de Espectáculos Poéticos A Boca Aberta no marco do Congreso
Mundial de Poesía do Pen Club de Galicia. Realiza con Rodrigo Romaní os
recitais poetico-musicais Arden (2000) e Lisboa (2000).
En 1981, obtén o primeiro premio do certame "Xente Nova na Poesía
Galega" e, en 1982, Mención de Honor do premio de Poesía O Facho
(1982), feitos que marcan o comezo da súa participación en proxectos e
actividades poéticas.
En 1987, publica o seu primeiro libro de poemas Palabra de Mar. A
este seguirían Das últimas mareas (1994) e Arden (1998), Love me tender.
24 pezas mínimas para unha caixa de música (2005), Estremas (2010). En
1997, publica o relato infanto-xuvenil Marmelada de amoras.
A todo o dito hai que engadir a súa faceta como actriz de dobraxe
entre os anos 1985 e 1989. Nese mesmo ano realiza con Chema Gagino o
programa de humor critico A viborona en Radio Nacional de España en
Galicia, Radio 4. Despois pasa a traballar na Radio Galega onde segue na
actualidade.
Camiñan descalzas polas rochas,
pantasmas de sal habitan as sombras,
saben que as últimas mareas
esqueceron na praia os restos do naufraxio.
As mulleres recollen cada noite
os tesouros de auga, líquidos e fráxiles,
rebélanse contra a Historia,
constrúen co mar as estatuas
que nunca permanezan.
As mulleres de sal, con argazos de sombras,
xorden das últimas mareas
e tecen tesouros de auga cada noite
contra a Historia.
Elas, que saben que o efémero permanece.
Das últimas mareas (1994)
Xela Arias Castaño veu ao mundo no ano 1962 en Lugo, aínda que pasou a maior parte da súa vida en Vigo,
cidade en que realizou os estudos de Filoloxía Hispánica e onde morreu o 2 de Novembro de 2003.
Vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979, estreouse no mundo literario con Denuncia do equilibrio
(1986), poemario innovador co que foi finalista do Premio Losada Diéguez. En 1990, publicou, en colaboración co seu
marido e fotógrafo Xulio Gil, Tigres coma cabalos, obra de grande repercusión en que se mesturan poemas e espidos da
autora. O libro trasmítenos unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos. En Darío a
diario (1996) a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia maternal. O seu derradeiro poemario,
Intempériome, foi editado o mesmo ano do seu pasamento por Miguel Anxo Fernán Vello. A súa obra poética tamén se
deu a coñecer en libros colectivos como Palabra de muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once
escritoras galegas.
Alén da súa tarefa poética, Xela Arias dedicouse á tradución para a nosa lingua de diversos autores como Joyce,
Fehnimore Cooper e Fernández Flórez. Escribiu varios relatos, algúns deles incluídos na obra Contos eróticos/elas (1990).
Foi finalista do Premio Esquío de Poesía (1986) con Lili sen pistolas, obra que aínda permanece inédita.
XELA ARIAS
Non me conteño,
non me conteño e abato
os cormoráns contra das rochas.
Non
me
conteño
e abato
rochas e cormoráns e abatibles e contidos.
E asómbraste
logo
observando,observando
se os farrapos che corresponden.
Pois se non me conteño...
era sobredose de inferno de contidos,
e abatibles,
e rochas,
e cormoráns inmensos.
Intempériome
Poema na voz da autora
(http://www.culturagalega.org/album/detal
le.php?id=18)
Tódolos bebés son tu e ningún coma ti.
Tódolos nenos son tu e ningún coma ti.
Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti.
Tódolos mozos son tu en ningún coma ti.
Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti.
Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único.
Darío a diario
MARTA DACOSTA
Marta Dacosta naceu 0 29 de setembro de 1966 en
Vigo. En 1989, rematou a licenciatura en Filoloxía, na subsección de
Galego-Portugués. Rematada a carreira, comezou a traballar como
docente: Compostela, Sarria, Curtis, Negreira, Tomiño... Empezou a
facer públicos os seus escritos en revistas: Congostra, Olisbos, o
xornal A Peneira (onde obtería o seu primeiro premio), Lúa nova, da
Asociación Cultural Rosalía Castro de Cornellá.
En 1994, sae á luz o seu primeiro libro: Crear o mar en
Compostela, premio de poesía O Grelo. A a partir de aquí virían
outros premios e outros libros: Pel de ameixa (1995) (premio
González Garcés), Setembro (1998) (premio Martín Códax), En
atalaia alerta (1999) (accésit do premio Esquío).
Participou en publicacións colectivas como Intifada, oferenda
dos poetas galegos a Palestina, 8 e méio ou O entrelazado das
palabras, e en antoloxías como Para saír do século, nova proposta
poética, Novas Voces da Poesía Galega, A poesía contemporánea a
partir de 1975, antoloxía ou 25 anos de poesía galega 1975-2000.
Durante o anos 1987-1998, viviu en Compostela onde coñeceu a
moitos dos poetas da súa promoción. Con eles colaborou para levar
adiante distintas empresas, a máis ambiciosa e a máis recente
Letras de Cal, editorial desde 1997 a 2002, onde entraron a
participar 18 escritores dos máis novos para publicar obra inédita.
Só procura escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle
o estómago ao que se senta fronte aos seus poemas. Aínda ten que
escribir o poema máis importante, pero non sabe cando poderá
facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que está a
vivir e coa súa condición humana, precisa dunha voz sólida e un
pulso firme.
Somos de luz, de vento, de miseria,
breves camiños na distancia dos días,
pedras de sal esquecidas nas rúas
silenciadas e lentas.
As horas non son. Non abondan os pasos
e os soños sumados tan só ven unha noite,
levamos nas mans as flores do pasado
que non duran o instante que as percorre.
Somos de luz, de vento, de miseria
breves camiños de sal nas rúas ermas.
Pel de ameixa e outros poemarios
LUPE GÓMEZ
Guadalupe Gómez naceu en Curtis en 1972. Marchou
con trece anos estudar o bacharelato á cidade da Coruña e máis tarde
licenciouse en Ciencias da Información en Santiago de Compostela .
Ten colaborado con El Correo Gallego e Galicia Hoxe, ademais de
facer artigos e críticas de libros e teatro, pero ante todo é poeta.
Ao longo da súa obra, a poeta galega desfaise da lóxica e dos
formalismos que caracterizan a poesía convencional para construír, a
partir dunha linguaxe directa e desatada, un imaxinario íntimo e
transgresor. O uso das palabras e das expresións é inesperado porque
o significado que encerran e a perspectiva que toma a poeta ante a
realidade que comunica tamén o son. Con total liberdade, Lupe
Gómez fala nos seus versos da súa infancia humilde, dos mecanismos
sociais que garda esa Galicia rural aínda católica e conservadora e,
sobre todo, do que verdaderamente significa ser muller e vivir nun
corpo feminino.
As súas obras máis destacadas son: Pornografía (1995), Os teus
dedos na miña braga con regra (1999), Poesía fea (2000), Fisteus era
un mundo (2001), Querida Uxía (2002), Levantar as tetas (2004), Luz e
Lupe (2005), Azul e estranxeira (2005), O útero dos cabalos (2005),
Quero bailar (2006).
IV. FUXIDA
Teño frío nos labios
e escóndome
nun camión
e marcho.
Marcho comendo
caramelos que saben
mal e que me gustan
moito. Marcho
decindo unhas cancións
moi bonitas e
moi raras.
Pornografía
OLGA NOVO
Olga Novo naceu en 1975 na aldea lucense de Vilarmao (A Pobra
do Brollón). Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, exerce a docencia no
IES Eduardo Blanco Amor en Ourense. Colaborou en numerosos medios e
publicacións literarias especializadas como Unión Libre. Cadernos de vida e
culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura
ou Ínsula, entre outras. Como poeta, dáse a coñecer a través de revistas
como Clave Orión, Ólisbos, Festa da palabra silenciada ou Dorna.
En 1996, publica o seu primeiro poemario, A teta sobre o sol (1999). Co
seu segundo libro, Nós nus (1996), é galardoada co premio Losada Diéguez
de Creación. Do 2003 é Cráter. En 2001, publícase Magnalia, no que
colabora co tamén poeta Xoán Abeleira e a pintora Alexandra Domínguez. A
súa última obra poética é A cousa vermella (2004).
Como estudosa da literatura publicou os libros Por un vocabulario galego
do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996) e O lume
vital de Claudio Rodríguez Fer (1999), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2004).
Vesubio
Na memória das trabalhadoras
dos lupanares de Pompeia
Se entro em erupción
ninguén está a salvo.
Desde neniña sei
que no fondo estou feita
de lava prófuga.
A miña columna de fume
ascende vértebra por vértebra
á estratosfera.
Abrázote.
Abrásote.
Cráter
YOLANDA CASTAÑO
Yolanda Castaño Pereira naceu en
Santiago o 19 de abril de 1977 e é unha poeta galega
que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión. En
1990 trasladouse á Coruña, onde rematou a carreira
de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais.
Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua
Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de
Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a
publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a
Olga Novo, a revista de artes Valdeleite. Dirixiu e
presentou o programa cultural Mercuria e colaborou
no programa diario Cifras e Letras de TVG.
Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha
serie de premios de poesía menores ata que en 1994
recibe o Premio Fermín Bouza Brey polo seu primeiro
poemario Elevar as pálpebras (1995). Os seguintes
poemarios foron Delicias (1998) e Vivimos no ciclo
das Erofanías (1998) (Premio Johán Carballeira e
Premio da Crítica Española). A estes seguirán: O libro
da egoísta (2003), Profundidade de campo (2007),
Eurofanía (2009) e A segunda lingua (2014). Ten
participado en volumes colectivos como o libro con
CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11
escritoras galegas (1997), Alguén agarda que volva
alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro
mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra
(2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O
libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos
Casares. A semente aquecida da palabra (2003).
Unha navalla lenta é o proxecto da identidade.
Unha celebración añil o re-coñecemento.
¿Cómo deixei que todo isto me sobreviñera?
O meu propio soño marchou de min comigo
Non podo permitir que se me malinterprete unha vez máis
¿Por qué me afectas?, ¿por qué me afectas aínda?.
Unha absurda desposesión infranqueable.
Pero que eu estaría ben, que non cumpren coidados xa sabes que total eu
estaría ben, sempre ben, aínda que non se me entendese aínda
que perdese a saúde na miña mocidade.
Eu tamén pensaba que podería controlalo.
¿Por qué me desesperas?, ¿por qué aínda me desesperas?.
Unha poza de notas sostidas,
un reiseñor mecánico é a tarde
¿Cómo tiven a coraxe de asumir a túa estratexia?
Poema A da serie “Re(ser)vado” de Pofundidade no campo
LEDICIA COSTAS
Ledicia Costas Álvarez
naceu en Vigo o 19 de setembro de
1979. Comezou a escribir desde moi
nova. Tamén traballou como avogada e
no mundo do guión cinematográfico e
do audiovisual participando no proceso
creativo de diversos documentais. Todo
isto compaxínao coa participación en
recitais e coa colaboración en
publicacións colectivas.
O seu primeiro libro publicado foi a
novela para o público xuvenil Unha
estrela no vento (2000), á que seguirán:
O corazón de Xúpiter (2012), Xardín de
inverno (2012), Recinto Gris (2014),
Escarlatina, A cociñeira defunta (2014),
Inmundicia e Roñoso (2015), Un animal
chamado néboa (2015), Esmeraldina, a
pequena defunta (2016), Jules Verne e a
vida secreta das mulleres planta (2016).
Epílogo
“O día nove de febreiro, eu estaba na fin do mundo, xunto con Reina. Os dous mirabamos ó
lonxe, pensando en too o que pasara nas últimas semanas. ¿Que dicir daquel día? Todo
rematara dun xeito terrible. Chorei novamente sen poder evitalo. Sentía que o meu lugar no
mundo debía de ser substituído polo de Abel. Á fin e ó cabo, el morrera pola miña culpa. El só
fora á pelexa para impedir que eu participase.
A vida é tan inxusta. Aínda agora, despois de dous anos, sigo sentíndome culpable. Tódolos
meses eu e mais Reina, a miña moza, imos á fin do mundo, para lembrar en silencio e poder
encher pouco a pouco algo dese baleiro que temos dentro de nós atormentándonos.
O meu pai veu visitarme ó hospital o día seguinte da morte de Abel. Aquel día abrazoume
como nunca antes o fixera e chorou comigo despois de dicirme: “Quérote moito, Miguel”.
Demasiado tarde. Ese “quérote” non pagaba o prezo dunha vida.
Abel, meu irmanciño, nunca te poderei recuperar, pero a túa luz seguirá comigo; será como
unha estrela no vento.”
Unha estrela no vento

More Related Content

What's hot

Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017 Xenza
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroBelén Mariño
 
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...Xelvira
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacostatrafegandoronseis
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)Xenza
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosMarlou
 
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...Xelvira
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosLoli Cid Cid
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaXenza
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medievalxenevra
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaMarlou
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimentoguest7b8f3b
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval Marlou
 

What's hot (20)

Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017  Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
Raiola de lecturas-- guía para o verán 2017
 
A estrofa
A estrofaA estrofa
A estrofa
 
UD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de CastroUD de Rosalía de Castro
UD de Rosalía de Castro
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Facerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta DacostaFacerse ao mar de Marta Dacosta
Facerse ao mar de Marta Dacosta
 
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas) á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
á Brisa da lectura-- guía lectura verán 2016 (mozos%2 fas e adultos%2fas)
 
SÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textosSÉCULOS ESCUROS . textos
SÉCULOS ESCUROS . textos
 
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
CASE UNHA LENDA: MARÍA DE LA CONCEPCIÓN JESUSA LUISA PETRA VICENTA DEL ARENAL...
 
As cordas líricas de curros
As cordas líricas de currosAs cordas líricas de curros
As cordas líricas de curros
 
Cantigas de santa maría
Cantigas de santa maríaCantigas de santa maría
Cantigas de santa maría
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
lirica medieval
lirica medievallirica medieval
lirica medieval
 
Rosaliadecastro
RosaliadecastroRosaliadecastro
Rosaliadecastro
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Literaturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade mediaLiteraturas peninsulares na idade media
Literaturas peninsulares na idade media
 
Ppw Rexurdimento
Ppw RexurdimentoPpw Rexurdimento
Ppw Rexurdimento
 
Literatura medieval
Literatura medieval Literatura medieval
Literatura medieval
 

Similar to Mulleres

Similar to Mulleres (20)

Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
Curros Enríquez
Curros EnríquezCurros Enríquez
Curros Enríquez
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e XuvenilLetras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
Letras galegas 2014. Bebeteca e Infantil e Xuvenil
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
 
Resumen
ResumenResumen
Resumen
 
Luís Pimentel
Luís PimentelLuís Pimentel
Luís Pimentel
 
Ramón Cabanillas
Ramón CabanillasRamón Cabanillas
Ramón Cabanillas
 
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de CastroRosa Salgueiro: Rosalía de Castro
Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro
 
Rexurdimento
RexurdimentoRexurdimento
Rexurdimento
 
Currospower
CurrospowerCurrospower
Currospower
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Marta Dacosta
Marta DacostaMarta Dacosta
Marta Dacosta
 

Mulleres

  • 1. EXERIA De Exeria como autora dun Itinerarium á Terra Santa fala por primeira vez Valerio do Bierzo, ao redor do ano 680, nunha carta dirixida probablemente á comunidade monástica de San Pedro de Montes. Os cinco manuscritos medievais que se conservan desa carta, todos de procedencia hispana, transmiten distintas variantes do nome da autora galaica: Aetheria, Eiheria, Echeria, Heteria, Egeria, sendo esta última a que prevalece nos manuscritos e a que, ademais, ten outras ocorrencias na onomástica galaica medieval. Sobre a biografía de Exeria e da súa personalidade sabemos o pouco que se deduce do Itinerario e da carta de Valerio do Bierzo: era monxa ou quizais unha devota viúva, probablemente de alta escala social, lectora do Antigo e Novo Testamento, muller curiosa, intrépida, audaz e forte. Arredor do ano 381 emprendeu con acompañantes unha viaxe a Oriente, que debeu durar ata o 384 (aínda que a datación podería ser posterior: 408-410), para rezar e coñecer directamente os lugares bíblicos e evanxélicos e tamén a Tebaida exipcia, onde estiveran os ascetas do primeiro cristianismo. Atravesou o sur da Galia e o norte de Italia; atravesou en barco o mar Adriático. Sábese que chegou a Constantinopla no ano 381. De aí partiu a Xerusalén e visitou Xericó, Nazaret e Cafarnaúm. Partiu de Xerusalén cara a Egipto en 382, visitou Alexandría, Tebas, o Mar Vermello e o Sinaí. Visitou logo Antioquía, Edesa, Mesopotamia, o río Éufrates e Siria desde onde regresou vía Constantinopla. No hai constancia da data, do lugar e das circunstancias da súa morte. “Vallis autem ipsa ingens est ualde, iacens subter latus montis Dei, quae habet forsitan, quantum potuimus uidentes estimare aut ipsi dicebant, in longo milia passos forsitan sedecim, in lato autem quattuor milia esse appellabant. Ipsam ergo uallem nos trauersare habebamus, ut possimus montem ingredi. Haec est autem uallis ingens et planissima, in qua filii Israhel commorati sunt his diebus (cf. Exod. 19, 2), quod sanctus Moyses ascendit in montem Domini (cf. Exod. 24, 18) et fuit ibi quadraginta diebus et quadraginta noctibus. Haec est autem uallis, in qua factus est uitulus (cf. Exod. 32, 4), qui locus usque in hodie ostenditur; nam lapis grandis ibi fixus stat in ipso loco. Haec ergo uallis ipsa est, in cuius capite ille locus est, ubi sanctus Moyses cum pasceret pecora soceri sui (cf. Exod. 3, 1), iterum locutus est ei Deus de rubo in igne.” Itinerarium ad Loca Sancta
  • 2. A CONDESA DE ALTAMIRA Isabel de Castro e Andrade naceu en Pontedeume, ca. 1528 e morreu na mesma vila en 1582. Foi a filla máis nova do IV Conde de Lemos, Fernando Ruíz de Castro Osorio e Portugal (1505 – 1575) e Condesa de Altamira, por matrimonio en 1555 con Rodrigo de Moscoso Osorio, V Conde de Altamira. Trátase da primeira escritora galega coñecida cuxa única obra en galego conservada – tamén é autora de versos en castelán– é un soneto na honra de Alonso de Ercilla, escrito en 1578 con motivo da publicación da segunda parte de La Araucana. O soneto é un dos escasos exemplos coñecidos de literatura galega culta durante os Séculos Escuros (XVI – XVII). Soneto en honor a Alonso de Ercilla Aracana naçaon, máis venturosa, máis que quantas hoge ha de gloria dina, pois na prosperidade e na ruína sempre envexadas estás, nunca envexosa. Se enresta o ilustre Afonso a temerosa lança, se arranca a espada que fulmina, creio que xulgareis que determina só o conquistar a terra belicosa. Faraa, mais nâo temais essa mao forte, que, se vos tira a liberdade e a vida, ela vos pagará ben largamente. Que, a troco dúa breve e honrada morte, co seu divino estilo, esclarecida deixará vossa fama eternamente. Competencia entre la rosa y el sol Púrpura ostenta, disimula nieve, entre malezas peregrina rosa, que mil afectos suspendió frondosa, que mil donaires ofendió por breve. Madre de olores a quien ambas debe lisonjas, no por prenda de la diosa, mas porque a los aromas deliciosa lo más sutil de los alientos bebe. En prevenir al sol tomó licencia: sintiólo él, que, desde un alto risco, sol de las flores halla que le incita; miróla al fin ardiente basilisco, y, ofendido de tanta competencia, fulminando veneno la marchita.
  • 3. NICOLASA AÑÓN Nicolasa Añón Paz naceu o 28 de febreiro de 1810 en Boel, aldea da parroquia de San Pedro de Outes (Noia). Era a irmá maior de Francisco Añón, precursor do Rexurdimento. Casou con Pedro Buján Coiradas (1829) e tivo tres fillos: Jesús, Eduardo e José. Toda a vida desempeñou o oficio de labrega, ademais das típicas tarefas domésticas. Sendo campesiña, e sobre todo muller, non estraña que Nicolasa Añón fose analfabeta. Isto non impediu que en 1885, xa con setenta e cinco anos feitos, se recollese unha mostra dos seus versos nun libriño manuscrito. O manuscrito consta de catro composicións en castelán e outras dúas en galego. Todas de certa extensión e organizadas en coplas romanceadas. Ao ano seguinte, 1886, o xornalista noiés Lisardo Rodríguez Barreiro foi a Boel a coñecer a Nicolasa e deixa como testemuño deste encontro a reportaxe "La hermana de Añón". O texto inclúe dúas composicións en galego que Barreiro consegue apuntar mentres Nicolasa Añón recita de memoria. Ambos os dous textos pasarán a ser os máis citados nos poucos traballos que se ocupen posteriormente desta autora. Un deles, o romance dedicado a Alfonso XII, tamén figuraba no manuscrito realizado no ano anterior; o outro, unha elexía a Francisco Añón, recollíase por vez primeira. Faleceu na mañá do 1 de novembro de 1887, a consecuencia dunha pulmonía. Tamén vos hai outra cousa que vola vou contar tamén dan unha medalla ao que a queira tomar. Algúns din que non a queren meu Deus que tolos son e atrévense a dicir que a teñen no corazón. Algúns disque tamén din que é un engadido ao pescozo e logo poñen un cravo no camisolín ben posto. Todo o que é bo pastor pon ás ovellas un sinal pois sen sinal mal se poden escoller ou estremar. A todos cantos lle vires ao pescozo este sinal estas todas son ovellas do rabaño do Rial. Despois chámanlles beatas ao que alí vai tomar e a Virxe todo cala pero aínda ha de falar. Os que falen de beatos talvez non falen de balde porque agora é beato tamén o señor alcalde. Fragmento adaptado dunha das composicións de Nicolasa Añón
  • 4. CONCEPCIÓN ARENAL Concepción Arenal naceu en Ferrol en 1820 e estudou en Madrid Dereito, Socioloxía, Historia, Filosofía e idiomas (tendo que acudir a clase disfrazada de home debido ás reticencias que había na época a que unha muller fose á universidade). Casou en 1947 co avogado Francisco García Carrasco, pero enviuvou moi nova. Este feito fixo que se retirase a Potes (Santander) cos seus fillos e máis tarde a Vigo. Desde moi cedo, alzou a súa voz para denunciar as inxustizas que se daban na sociedade do seu tempo, sobre todo posicionouse en contra da marxinación á que estaba sometida a muller e converteuse nunha gran defensora do dereito á igualdade do sexo feminino. Por iso, se pode afirmar que con Concepción Arenal naceu o feminismo en España grazas ós seus esforzos desde nova por romper os cánones establecidos e rebelarse contra a marxinación feminina. Ademais, desenvolveu unha intensa actividade filantrópica: foi fundadora do Patronato dos Dez, da Constructora Benéfica e do xornal A Voz da Caridade (1870), secretaria da Cruz Vermella de Madrid, directora dun hospital de campaña durante a Terceira Guerra Carlista... Publicou unha ampla obra ensaística centrada na temática social e xurídica: La beneficencia, la filantropía y la caridad (1861), Ensayo sobre el derecho de gentes (1879), La cuestión social. Cartas a un obrero y a un señor (1880), La mujer de su casa (1883)… Así mesmo, escribiu poesía: Fábulas en verso (1851). La pera verde y podrida Iba un día con su abuelo paseando un colegial y debajo de un peral halló una pera en el suelo. Mírala, cógela, muerde; mas presto arroja el bocado, que muy podrida de un lado estaba y del otro verde. Abuelo, ¿cómo será decía el chico escupiendo, que esta pera que estoy viendo podrida, aunque verde, está? El anciano con dulzura dijo: vínole ese mal por caerse del peral sin que estuviera madura. Lo propio sucede al necio que, estando en la adolescencia, desatiende la prudencia de sus padres con desprecio; al que en sí propio confía como en recurso fecundo e ignorando lo que es mundo engólfase en él sin gúia. Quien así intenta negar la veneración debida en el campo de la vida se pudre sin madurar. Fábulas en verso “Odia el delito y compadece al delincuente”
  • 5. AVELINA VALLADARES Andrea Avelina María Teresa Gabriela Valladares Núñez naceu en Berres (A Estrada) en 1825 no seo dunha familia fidalga o que lle permitiu ter unha gran formación cultural (mesmo chegou a compoñer algunha peza musical). Era irmá de Marcial Valladares, autor da novela Maxina ou a filla espúrea. A súa orixe xunto coas súas gran conviccións relixiosas marcarán a súa produción literaria. Publica o seu primeiro poema “A Ulla” en 1879 no xornal El Eco de Galicia. Outros poemas en galego son: "A pobre orfiña", "Miña xoia" e "Ôs que emigran“. A súa poesía trata temas afíns á condición feminina naquela época: relixiosos, amicais, familiares, costumistas..., pero é na súa produción articulista onde aparecen temas que se afastan das que se supuñan que eran preocupación máis propias do xénero feminino: cuestións prácticas relacionadas cos cultivos, denuncia social ou imprecacións á autoridade eclesiástica para facer peticións de interese xeral. Destaca ademais o poema Diálogo entre un peregrino que se dirige a Compostela y un labriego que presenta características que favorecen a dramatización. Con todo, a escritora deixándose levar polos prexuízos da época non lle concedeu ningún valor ós seus escritos, polo que a maior parte quedou sen publicar. Con todo, esta autora é pioneira no emprego do galego na poesía e unha das primeiras en colaborar coa prensa escrita en Galicia. Obra para guitarra composta por Avelina Valladares e interpretada por Isabel Rei Sanmartín. (http://www.tabeirosmontes.com/avelina-valladares.html) A pobre orfiña Orfiña quedei n' o mundo Desqu' á lus d' o mundo vin Nunca agarimo sentin D'os pàis que me deron ser. Prendida d'o seu amor, Vidiña da süa vida, A negra morte estrevida Non m' os deijou conocer. Limpo, ou lijoso mamei Alleo leite ¡coitada! E n'o berce adormentada Fún por alleo ron-ron. Tenras miradas de nai, Sonrisas, doces biquiños, Falagos, meigos cariños Non houbo pra min ¡ai! non. Amantes fálas, consolos Qu' outras á bondo alcanzaron Tan lonje de min andaron Qu' á senti-l-os non cheguei. Escarriada, sin ventura Sin haber, sin acomodo Orfiña sòila de todo N’a terra quedei, quedei.
  • 6. Rosalía de Castro naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Era filla do sacerdote José Martínez Viojo e de María Teresa da Cruz de Castro e Abadía, de familia hidalga vida a menos. Foron as tías paternas de Rosalía quen se fixeron cargo da rapaza nos primeiros tempos, levándoa a vivir con elas, primeiro en Ortoño na casa familiar chamada «Casa do Castro», e despois en Padrón. Cando Rosalía aínda era unha cativa, a súa nai fíxose cargo dela e levouna a vivir con ela e creouse entre as dúas un lazo moi forte, de xeito que cando Teresa morre, Rosalía escribe o libro A mi madre (1863) que mostra unha gran sentimentalidade. En 1856, marcha a Madrid onde publica o libro La flor (1857). Alí coñece a Manuel Murguía e casa con el en 1858. En 1863, publicou Cantares gallegos que marcou o inicio do Rexurdimento das nosas letras. No "Prólogo" desta obra, a propia autora intentou suavizar as posibles reaccións contra o libro polo seu carácter reivindicativo, o uso exclusivo do galego e a autoría feminina. Con este poemario, Rosalía pretendeu cartar as belezas de Galicia. Logo do éxito de Cantares, a poeta publicou na Habana Follas Novas (1880). O desencanto e a amargura ditaron as "Dúas palabras da autora" con que se abre o poemario, en que a muller galega, os nenos, os vellos e todos os desposuídos encontraron a súa voz propia. Tamén escribiu en galego “O conto gallego” no cal dous amigos apostan a ver cal dos dous é capaz de seducir antes a unha viúva no mesmo día do enterro do marido. O cancro acabou coa vida de Rosalía en 1885, non sen que antes deixara unha importantísima obra en español, poética (En las orillas del Sar (1884)) e narrativa (Ruinas (1866), El caballero de las botas azules (1867), El primer loco (1881)). No centenario da publicación de Cantares Gallegos, a Real Academia Galega consagrou o 17 de Maio á celebración do Día das Letras Galegas, que lle foron dedicadas a Rosalía na súa primeira edición. Os restos da nosa máis insigne escritora repousan no Panteón de Galegos Ilustres, en San Domingos de Bonaval (Santiago). ROSALÍA DE CASTRO Negra sombra Cando penso que te fuches, negra sombra que me asombras, ó pé dos meus cabezales tornas facéndome mofa. Cando maxino que es ida, no mesmo sol te me amostras, i eres a estrela que brila, i eres o vento que zoa. Si cantan, es ti que cantas, si choran, es ti que choras, i es o marmurio do río i es a noite i es a aurora. En todo estás e ti es todo, pra min i en min mesma moras, nin me abandonarás nunca, sombra que sempre me asombras. Follas novas (https://www.youtube.com/watch?v=gdnVZE5I8Os)
  • 7. Clara Corral Aller naceu en Ourense en 1852. Pertenceu a unha familia acomodada o que lle permitiu ter unha gran formación humanística. Orfa de nai e pai, permaceu toda a súa vida solteira e dedicou o seu tempo á produción literaria. Consérvanse poemas seus en castelán e galego aparecidos na prensa da época: El Diario de Santiago, Revista Compostelana de Instrucción y Recreo e La Ilustración Gallega y Asturiana. O primeiro poema que publica está en castelán, “Á una flor” (1866), pero cómpre mencionar as tres composicións que escribiu en galego e que publicou en 1879: «O ben na terra», «Lonxe vai miña alegría» e «O día de San Antón». Son poemas de temática amorosa e elexíaca e foron reproducidos noutras publicacións como O Tío Marcos da Portela. En 1891, publicouse o seu único poemario, A Herminia, dedicado á morte da súa sobriña. Os seus poemas presentan un ton elexíaco e laudatorio. Recentemente, en 1980, Dimas Romero Vázquez publicou as súas Poesías en gallego y castellano. 1847-1908. Esta poeta é considerada a segunda en publicar obra en galego no século XIX. CLARA CORRAL Lonxe vai miña alegría Xa na vexo donde vai! Bágoas atopo nos ollos No peito atopo soedá ... ..................................... Onte á caer da tardiña moitas xentes vin pasar; iban cubertas de loito. Eu preguntei: que será? E vin deitada na tomba, sin reir e sin chorar, unha nena como o ceo do tempo que pasou xa ... Bágoas atopo nos ollos que nunca se secarán. ¡Quen fora morta na toma sin reir e sin chorar!
  • 8. Francisca Herrera Garrido naceu na Coruña de 1869 no seo dunha familia acomodada o que lle permitiu ter a formación cultural propia das mulleres da súa época. A morte do seu namorado ás portas da voda fixo que dedicase a súa vida a coidar da súa nai. O amor entre nai e filla, xunto co ruralismo e a renuncia da muller, constitúen un dos eixos temáticos da súa obra. Publicou o seu primeiro poemario Sorrisas e bágoas en 1913. Tras esta primeira obra, saíron do prelo dous novos poemarios: ¡Almas de muller! ... volallas na luz! (1915) (prologado por Manuel Murguía) e Frores do noso paxareco (1919), que seguen a estela popular dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro. Pero a gran obra da escritora foi sen dúbida a novela Néveda (1920). Despois desta, publicou varios relatos de carácter breve: "A y-alma de Mingos" (1922) e "A neta da naipeira" e "Martes de Antroido", ambos os dous editados en 1925. Tamén levou ao prelo por eses anos dúas novelas longas en español Pepiña e Réproba. Ademais, Francisca Herrero ten moita obra (tanto en galego como en castelán) espallada en publicacións periódicas como El eco de Galicia y Cultura gallega de La Habana, Galicia e Alma gallega de Montevideo, mais tamén en revistas curiosas como A. C. G. (do Auto-Aero Club de Galicia), que inclúen ás veces textos orixinais e outras reproducen poemas xa editados. Foi a primeira muller elixida para formar parte da Real Academia Galega, pero nunca chegou a ingresar na institución. FRANCISCA HERRERA “Querendo un gran poema cantar, dúbidas teño; que se falo galego non me entenden; e a cantar castillán non me comprendo. Así mesmo pregúntome, se en prosa hei de escribir ou ben en verso; e ríome soíña deste meu dubidar; que é un aletexo igual ó dun poliño que se debate, coidándose atrapado no poleiro por un espanta-paxaros de trapo movido polos ímpetus do vento. Ninguén ha de le-lo meu escrito nin naide ha de folla-lo meu pensamento... abonda con deixar corre-la pruma; abasta con cumpri-lo meu desexo. ¡Lectores... quen os vira, malpocado! Couberan nun puñiño ven pequecho!... Deixade, pois, que escriba como canto: deixádeme que fale cos galegos, que son irmáns da alma os que me escoitan, e non han de asolagar nos meus defectos. E aqueles que non entenden os meus falacios, e se sintan no propio lar alleos, relembren que nasceron en Galiza; que eiquí atallecerán fillos e netos; que dormen nesta terra, aloumiñadas as cinzas brancuxadas dos seus deudos. Perdón prás miñas faltas; que deste meu libros as ten, non volo nego; mais o puco que vos dou, douvos do voso e merezo perdón: dou do que teño.” Introdución de Néveda
  • 9. FILOMENA DATO MURAIS ALBORADA      Esperta, meu ben querido, miña xoya, abr' os ollos que x' o sol pol-os outeiros vai tendend' o manto d' ouro. Com' esmeraldas xigantes brilan os altos picoutos, prata líqueda os regatos sobr' o seu leito de croyos arrastran, pra que de espello podia servir o teu rostro. Antr' os frondosos carballos fan os páxaros un coro pra cantar a tua belleza, sol sorprendente y-hermoso. As frores d' o seu prefume xa esparexen o tesouro D' os teus beizos encarnados o caravel oloroso abre, meu ben, meu feitizo, que cho pido de xinollos. Deixa o leito, queridiña, deixa xa ese doce sono, dame, sol d' o curazon, a crara luz d' os meus ollos. Follatos Filomena Dato Muruais naceu en Ourense en 1856 e faleceu na cidade da Coruña o 27 de febreiro de 1926. Pouco se sabe da súa vida e a meirande parte dos seus datos biográficos están relacionados co seu labor social e cultural. Sábese que colaborou con composicións poéticas en xornais como El Heraldo Gallego, Galicia Recreativa ou o Álbum  Literario e que participou no movemento literario que iniciara Valentín Lamas Carvajal en Barbaña. Sábese tamén que foi galardoada en diversos certames literarios como, por exemplo, nos Xogos Florais de Vigo en 1888 polo poema “Flor natural”. Publicou varios poemarios en castelán e tamén en galego: La letanía lauretana en verso (1877), Penumbras (1880), Follatos (1891), Romances  y  cantares (1895), Fe  (poesías  religiosas) (1911). En 1906, foi nomeada membro correspondente da Academia Galega. Foi unha fervente feminista, en sintonía con Rosalía de Castro. De feito, estas dúas poetas son as mellores representantes da lírica feminina do século XIX.
  • 10. Emilia Pardo Bazán naceu na Coruña en 1861, a Marineda das súas novelas, no seo dunha familia acomodada. Filla única de don José Pardo Bazán e dona Amalia de la Rúa recibe unha ampla educación de carácter liberal no colexio francés de Madrid e con instrutores privados na Coruña. Os seus pais estimularon a súa curiosidade e potenciaron a súa paixón pola lectura e a escritura, tarefas que ocuparon a maior parte do seu tempo. Xa de nena deu mostras do seu carácter ao se negar a tomar clases de música e piano, tal e como se estilaba na educación feminina da época. Lectora incansable, ós oito anos escribiu os seus primeiros poemas e ós 15, o primeiro conto. En 1863, casou con José Quiroga e xuntos viaxarán por distintos lugares de Europa o que lle servirá para poder ler os grandes clásicos da literatura no seu idioma orixinal. Aínda que tamén foi poeta e contista, a súa faceta máis coñecida foi a de escritora de novelas: unhas naturalistas como Un  viaje de novios (1881), La tribuna (1883), Los pazos de Ulloa (1886), La madre Naturaleza (1887) ou La piedra angular (1891);  outras realistas, como Insolación (1889), Morriña (1889), Una cristiana (1890) e La prueba (1890). Colaborou publicando artigos, contos e ensaios en moitas revistas e xornais e mesmo fundou e escribiu ela mesma a revista Nuevo Teatro Crítico. En 1908 Afonxo XIII outorgoulle o título de Condesa en recoñecemento á súa creación literaria. Morreu o 12 de mayo de 1921 ós 69 anos. EMILIA PARDO BAZÁN “Era noche cerrada, sin luna, cuando desembocaron en el soto, tras del cual se eleva la  ancha  mole  de  los  Pazos  de  Ulloa.  No  consentía  la  oscuridad  distinguir  más  que  sus  imponentes proporciones, escondiéndose las líneas y detalles en la negrura del ambiente.  Ninguna luz brillaba en el vasto edificio, y la gran puerta central parecía cerrada a piedra  y lodo. Dirigióse el marqués a un postigo lateral, muy bajo, donde al punto apareció una  mujer  corpulenta,  alumbrando  con  un  candil.  Después  de  cruzar  corredores  sombríos,  penetraron todos en una especie de sótano con piso terrizo y bóveda de piedra, que, a  juzgar por las hileras de cubas adosadas a sus paredes, debía ser bodega; y desde allí  llegaron presto a la espaciosa cocina, alumbrada por la claridad del fuego que ardía en el  hogar, consumiendo lo que se llama arcaicamente un mediano monte de leña y no es  sino varios gruesos cepos de roble, avivados, de tiempo en tiempo, con rama menuda.  Adornaban la elevada campana de la chimenea ristras de chorizos y morcillas, con algún  jamón de añadidura, y a un lado y a otro sendos bancos brindaban asiento cómodo para  calentarse oyendo hervir el negro pote, que, pendiente de los llares, ofrecía a los ósculos  de la llama su insensible vientre de hierro”. Los pazos de Ulloa. CAP. I
  • 11. MARÍA MARIÑO María Mariño Carou naceu en Noia o 8 de xuño de 1907 e faleceu en Seoane do Caurel o 19 de maio de 1967. Foi unha das escritoras galegas máis importantes do século XX, por iso se lle dedicou o Día das Letras en 2007. Filla de mestre, abandona pronto os estudos para dedicarse ó oficio de costureira que deu lugar ó seu alcume: María a Costureira. Parte da súa xuventude pásaa en Boiro na casa dunha tía que traballaba de cociñeira no pazo de Goiáns. Grazas á biblioteca do pazo entra en contacto coa literatura escrita. Estando en Boiro, casa cun mestre ó que acompaña nos seus destinos, primeiro no País Vasco e logo no Courel. Alí establécense finalmente e coñecen a Uxío Novoneyra e a súa familia cos que manterán unha gran amizade o cal lle permitirá á poeta entrar en contacto con outros escritores galegos. Publicou en lingua galega unicamente dous poemarios: Palabra  no  tempo  (1963)  e Verba  que comenza (2007). A autora sempre compaxinou a súa actividade intelectual cunha vida discreta e moi apartada dos cenáculos literarios, de aí a orixinalidade da súa obra dominada sobre todo pola presenza e vivencia da paisaxe galega. Vogar Tiven medo de vogar, tiven medo da auga crara. Anque fora cuns bons remos anque fora na mar calma, non vogaba!, non vogaba! O medo xa non sei del. Xa secou aquel mar longo. E sin saber donde veu, si é doutro ou é meu, navego nun mar de fondo. Palabra no tempo Poema na voz de Uxía Senlle (http://www.culturagalega.org/album/detalle.php?id=7) ¡Inda vou na misma meniña aquela que fogueaba sin leito! ¡Son aquela! ¡Son aquela que no bosco escuitaba o himno dela! Son aquela mañanciña, entre orballo das rosas, entre area de sendeiros, onde atopaba a campana. Caladiña eu chamaba en berros que hoxe esquezo, cando o navío de lonxe o meu mar cheo atracaba. ¡Son aquela! Son aquela tarde queda que no serán se chamaba miña aurora sin coores chea dun farto rebusco que en un xordo a min chegaba. ¡Son aquela! Son aquela pena nubra que de mofo entrenzaba a lonxe voz do poeta, cando aínda non sabía que era para ela o que aquela voz narraba. ¡Son aquela! Son aquela sempre soia que paseaba a ribeira a ver si nela atopaba, a ver si nela afogaba. Eu non sei, eu non sei son sinceira Eu sentía un lonxe triste, eu sentía nel ledicia, eu quería quedar soia, eu quería compañía, ¡aquela que eu non sabía! Palabra no tempo
  • 12. PURA VÁZQUEZ Carmen Pura Vázquez Iglesias naceu en Ourense en 1918 e finou na mesma cidade o 25 de xullo de 2006. En Ourense, estudou a Primaria, Bacharelato e Maxisterio. Como mestra, fixo unha lenta peregrinación polas escolas das provincias de Ourense, Segovia, Toledo, Sevilla e Madrid. Entre 1955 e 1969 pasa longas tempadas en Venezuela onde desempeña diversos cargos (mestra, secretaria da Escola de Humanidades, arquiveira de fotografías no Instituto de Cooperación Educativa). Ó voltar afincarase en Madrid ata que, tras a morte do seu marido en 1985, regresa a Ourense. Foi representante da poesía galega de posguerra e apostou por unha saída lírica e existencialista fronte a liñas máis combativas. Foi tamén a primeira muller que comezou a publicar en galego nos xornais e revistas de Galiza e da emigración tras a Guerra Civil. Así mesmo, constitúe unha das pioneiras no eido da literatura infantil e xuvenil. Comeza publicando libros en castelán. A súa primeira obra en galego é o poemario Íntimas  (1952).  A este seguirán outros en galego: Maturidade (1956), Man que escribiu no mar, Anos  de  navegar  (1992),  Se  digo  Ourense  (1992),  Desmemoriado río (1993), Orballa en tempo lento  (1994), Terra miña dos soños (1999), Náufragos da  elexía (2002)... Publicou unha única novela longa: Os  Aldán  foron a América. CHOIVA Sentir. Sentir. Sentir. Mentres que a seda da orballada descende, apresourando o liso marmular co vento peita. Sentir nun fondo escurísimo de brétemas, de lonxanías insólitas, cravado, o húmido vestixio das azas perdidas, enmalladas de tempo, de soidade ou pedra. Correr, regatos, sombras, silencio estrelecido, polo cristais opacos da ausencia e o fastío, e sentirmos no lombo o peso desa rosa esmesurada e lívida, que é o noso corazón. Maturidade O CARRO Carriño de bois que cantas por vieiros de piornos. Saloucante voz de brétemas, cargado de verde toxo.   Ceo enriba, ceo embaixo. Chirrar dos ceibes ensoños,  pan e leito dos labregos, amor que lle quenta os ollos.   O vento teu canto leva. Promesa que adoza o loito, e é pomba cos pensamentos bulindo a compás do outono.   As albas apuntan lonxe. Cantas cen galos no pobo. Augas lizgairas decorren cantigas leviás nos soutos.   Chían polas carballeiras merlos e xílgaros novos. Bailan xardíns cheos de lúa, maduran ponlas de froitos.   Bois de coudal madrugada remorsan, o tempo, mornos, e o labrego tensa ledo xurdinte raíz de soños.   Pola celeste mañá, cinguido á carreira, ó polvo, canta carro, canta, canta, monótono e renxedoiro.   Carriño, carriño, carro. Cancela do meu namoro. Tremante de orballos, canta, saudades, bariles gozos.
  • 13. LUZ POZO GARZA Luz Pozo Garza naceu en Ribadeo en 1922. Con catorce anos, por mor da Guerra Civil e da persecución da que foi obxecto seu pai, trasladouse coa súa familia primeiramente a Lugo e logo a Larache (Marrocos). De volta en Galicia, instalouse en Viveiro. Ten estudos musicais que deixarán unha singular pegada na súa poética, estudos de maxisterio e de filoloxía románica. En Vigo, desenvolveu unha longa traxectoria de docente de lingua e literatura españolas no ensino secundario. Entre 1975 e 1976 codirixiu a revista Nordés xunto a Tomás Barros. Promoveu tamén a creación da revista Clave Orión e é membro RAG dende 1996. O seu primeiro poemario en galego foi O paxaro na boca (1952), que inaugurou a Colección Xistral. Despois deste publicou: Últimas  palabras / Verbas derradeiras (1976), Concerto de outono (1981),  Códice Calixtino (1986), Prometo a flor de loto (1992), Vida secreta  de  Rosalía  1996),  Ribadeo,  Ribadeo  (2002),  Medea  en  Corinto  (2003),  Historias  fidelísimas:  poesía  selecta  1952-2003  (2003),  Memoria  solar  (2004),  As  arpas  de  Iwerddon  (2005),  As  vodas  palatinas  (2005),  Deter  o  día  cunha  flor  (2009)  e  Rosa  tántrica  (2016). Na súa obra poética, Luz Pozo achega unha poesía inzada de sensualidade e profunda, na cal o amor, a inquedanza existencial, a patria, a liberdade e mesmo a morte se entrecruzan compondo textos de sublime autenticidade e madurez. Tamén escribiu ensaio: A bordo de "Barco sen luces“, O mundo  poético de Luís Pimentel (1990), Álvaro Cunqueiro e "Herba aquí ou  acolá"  (1991), Galicia  ferida:  a  visión  de  Luís  Seoane  (1994),  Diálogos  con  Rosalía  (1996), Ondas  do  mar  de  Vigo:  erotismo  e  conciencia  mítica  nas  cantigas  de  amigo  (1996),  Tres  poetas  medievais da ría de Vigo (1998). Os teus paxaros choven miudiño sobre das miñas arbres e tamén sobre destes meus beizos que che cantan. Eu fago conta de que son de terra ou son unha silveira no teu coloa na túa beira de aire e peixes louros Recibindo o sabor da túa paisaxe: húmedas aves novas do teu peito, eiquí estóu meu amor, eiquí me choves. O paxaro na boca
  • 14. Xohana Torres Fernández, naceu en Santiago de Compostela o 22 de novembro de 1931. Viviu a súa infancia en Ferrol, cidade á que se mantén afectivamente vinculada e onde entrou en contacto co mundo do teatro. Comeza a publicar en revistas como Aturuxo, Vida  Gallega ou Vieiros. En 1957, estuda Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, momento no cal se intensificou o seu interese pola lingua e a literatura galegas. Tras casar trasládase a vivir a Vigo onde dirixe un programa de radio e mantén relacións co grupo Teatro-Estudio, feito que a anima a escribir dúas obras de teatro: Á outra banda do  Íberr (1965) e Un hotel de primeira sobre o río, coa cal consegue o Premio Castelao de teatro en 1966. Escribiu varios poemarios: Do  sulco  (1959),  Estacións ao mar (1980), Tempo de ría (1992) e Poesía reunida (1957-2001). Literariamente, forma parte das xeracións de escritores que, comprometidos coa lingua nos difíciles anos da dictadura franquista, contribuíron á normalización da literatura galega tocando todos os xéneros. Como poeta, está integrada na denominada "Xeración das Festas Minervais"; como escritora dramática, no "Grupo de Enlace" ; como narradora, os críticos discuten se a súa novela forma parte ou non da "Nova Narrativa". XOHANA TORRES PENÉLOPE Declara o Oráculo:   "Que a banda de solpor é mar de mortos, incerta, última luz, non terás medo.   Que ramas de loureiro erguen rapazas. Que cor malva se decide o acio.   Que acades disas Patrias a vendima. Que amaine o vento, beberás o viño.   Que sereas sen voz a vela embaten. Que un sumario de xerfa polos cons.   Así falou Penélope:   Existe a maxia e pode ser de todos. ¿A que tanto novelo e tanta historia?   EU TAMEN NAVEGAR“ Tempo de ría Voz da propia poeta (http://www.culturagalega.org/album/deta lle.php?id=202) Adeus María é a sucesión de monólogos dunha rapariga de quince anos (María, ou Maxa) atrapada nunha serie de encrucilladas existenciales. A principal é a emigración dos seus pais a Francia, e a consciencia da soidade que crece nela como consecuencia. Nunha familia obrigada a vivir na contradición entre o rural e o urbano da Galicia dos 60, Maxa debe asumir o liderado dunha casa en decadencia: coidar do seu irmán pequeno, comprender o decaemento do seu avó e soportar a discriminación á que a somete a súa avóa en comparación co seu irmán maior. Adeus María supón a entrada forzada de Maxa nun mundo adulto que a aparta da súa realización persoal como muller. “E  de  súpeto  berrei,  mamai,  mai,  así,  coma  un  sospiro  longo  para  desafogar,  unha  chamada,  e  total  para  qué  si  ti  sigues  tan  lonxe.  Cismo  verdades  e  mentiras,  no  ceo  que  está  negro,  nos  tellados de Lille, na ferida e no sangue, o  sol que xa morreu moi abaixo da ría, na  señardá  de  Cantador,  de  todos,  e  berro,  mamai,  e  choro.  E  total  xa  non  podes  contestarme.” Adeus María
  • 15. HELENA VILLAR Helena Villar Janeiro naceu en Becerreá (Lugo) en 1940. Estudou Maxisterio en Lugo e licenciouse en Filosofía e Letras en Madrid. Na súa formación, sobre todo no aspecto literario, foi decisiva a experiencia que adquiriu traballando na xastrería dos seus pais onde se abriu á lingua e á cultura galega e descubriu a narración oral. Como escritora cultivou varios xéneros, especialmente a poesía (Alalás (1972), Rosalía no  espello (1985), Festa do corpo (1994), Álbum de  fotos  (1999),  Nas  hedras  da  clepsidra  (1999),  Amadas  polos  deuses  (2002),    Pálpebra  azul  (2003), Remontar o río (2014)) e a narración (O  enterro  da  galiña  de  Domitila  Rois  (1991),  “A  tarde  das  maletas”  (1992)), pero dedicou unha atención moi particular á literatura infantil e xuvenil (O día que choveu de noite (1985), Viaxe a  Illa Redonda (1987), Vermiño (1988), A cidade de  Aldara  (1989),  Ero  e  o  capitán  Creonte  (1989),  Patapau  (1989),  A  canción  do  Rei  (1992),  Don  Merlo  con  chaqueta  (1993),  Contos  do  paxaro  azul  (1994),  Novos  contos  para  nenos  (1994),  A  voda do papá (1994), A campá da lúa (1999), O  avó de Pipa (2000), Belidadona (2003), Na praia  dos lagartos (2004), Raúl (2005), Rosalía (2006),  O souto do anano (2007), Un rato na casa (2008),  O  caderno  de  Edua  (2010),  As  señoras  cousas  (2014), O caderno de Edua (1015). O CASTELO DA CHUVIA A chuvia está escondida nun castelo encantado que fixeron as nubes alto, moi alto. A chuvia ten a auga gardada en tinas redondas, pequerrechas igual que pingas. Cando lle peta, ponse a tiralas todas desde as ameas. Helena Villar Janeiro,  As señoras cousas Arco da vella II O arco da vella veu cunha cantiga roubada da chuvia e deulla a Mariña. O arco da vella trae sete colores que aprende Mariña xogando coas flores. O arco da vella ve chegar o sol e vaise amodiño como un caracol. II ALDARA Aldara será sempre nena porque Eolo a raptou entolecido cun brazo xigantesco e ortopédico vestida de anorak e de mochila con libros pizarrados. Non houbo na paisaxe  follas, flores nin froitos para que resaltase a palidez do seu corpo deitado entre aquelas canicas derribadas que o deus puxo no xogo de namorado. Quedan en linotipias e papeis palabras de políticos,  técnicos periciais e ata aseguradores para un necio epitafio aleatorio capaz de esborranchar todos os prantos. Aldara dorme agora no museo dos mortos para espertar efémera e fermosa na primeira das rosas que se asome a cada mes de abril. Amadas polos deuses
  • 16. MARINA MAYORAL Marina Mayoral Díaz naceu en Mondoñedo o 12 de setembro de 1942. Comezou estudos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago, aínda que se trasladou a Madrid e se licencia en Filoloxía Románica. Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense e publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro. Na actualidade traballa como colaboradora no suplemento El semanal. Publicou narrativa tanto en castelán como en galego: Cándida,  otra  vez  (1979),  Al  otro  lado  (1980),  O  reloxio  da  torre  (1988),  Chamábase  Luís  (1989),  Tristes  armas  (1994),  Unha  árbore,  un  adeus  (2004),  La  sombra  del  ángel  (2000),  Casi  perfecto  (2007),  Contra  muerte  y  amor  (2008),  O  anxo  de  Eva  (2013),  El  abrazo  (2015). Algunhas das súas novelas foron traducidas ó alemán, polaco, italiano, portugués e chinés. Luís, trinta anos, dous fillos de trece e oito anos. Drogadicto dende os vinte, vivía sen  traballar a costa da familia e do que sacaba en arrepañar no alleo. Luís é un ser humano  que  se  consome,  fráxil  coma  un  vidro.  A  súa  familia  é  arrastrada  na  mesma  desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignación.Facer dunha  vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado.  Chamábase  Luis,  de  Marina  Mayoral,  novela  editada  en  1989  dentro  da  colección  «Crónica» e reeditado en sete ocasións e agora recuperada para «Fóra de Xogo», pode  ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos  seus  ingredientes,  incluíndo  mesmo  o  último  castigo,  a  presencia  da  SIDA.  Nove  testemuños  a  falar,  desde  a  súa  propia  óptica,  sobre  Luís  ou  sobre  si  mesmos.  Todos  vítimas dun dos maiores dramas do noso tempo.
  • 17. MARILAR ALEIXANDRE María Pilar Jiménez Aleixandre naceu en Madrid o 1 de maio de 1947, pero desde que se trasladou a vivir en Santiago en 1973 adoptou o galego como a súa lingua literaria. Estudou bioloxía e exerceu durante algúns anos como profesora de instituto, aínda que actualmente é profesora da Universidade de Santiago de Compostela onde ensina Didáctica das Ciencias Experimentais e Educación Ambiental. Ten unha ampla e variada obra literaria: narrativa tanto para adultos (Tránsito dos Gramáticos (1993),Teoría do caos (2001), Unha presa de terra (2001)) como xuvenil e infantil (A formiga coxa (1989), A expedición do Pacífico (1994), A Banda sen futuro (1999)), poesía (Desmentindo a primavera (2003), Catálogo de velenos (1999)), ensaio e teatro. “Sente que todo lle sae mal e, séntese parte dunha banda sen futuro porque cre que os acontecementos que lle agardan, son máis ben negros. Recorta afoto do xornal e suxéitaa con chatolas no taboleiro do seu cuarto e dende ese momento ocantante convértese no confidente dos seus pensamentos máis íntimos e das súas preocupaciónse tamén no seu interlocutor. A causa fundamental do malestar de Carlota é o seuaspecto físico, xa que por culpa dun eccema tivo que rapar o cabelo e ten que se enfrontarós seus novos compañeiros cun pano na cabeza”. A banda sen futuro
  • 18. Pra que veñas mañá moito máis cedo e me biques as tempas lenemente camiñarei traiciós, carpis feitos a mau, terra e semente. Pra que veñas mañá moíto máis cedo hei manter como sexa o lume ben aceso. Pra que veñas mañá, amigo e compañeiro, hei ter ollos de neno i o riso trasparente pra que veñas mañá i apreixas o meu corpo. Pra que veñas mañá moito máis cedo. Margarita Ledo Andión, nada en Castro de Rei o 5 de febreiro de 1951, é unha xornalista, escritora e cineasta galega. Estudou na USC Filosofía e Letras, carreira que non rematou. Polas súas actividades nacionalistas, estivo exiliada en Portugal (1974-76), onde traballou como lectora de galego na Universidade de Letras de Porto. Titulouse en Xornalismo en Barcelona. Foi directora do semanario A Nosa Terra entre 1977 e 1980 e realizou numerosas investigacións sobre a prensa galega. Tamén dirixe o Observatorio do Audiovisual Galego e pertence á Federación Lusófona de Ciencias da Comunicación (LUSOCOM) e á Asociación Galega de Investigación en Comunicación (AGACOM). Actualmente, é profesora na Facultade de Ciencias da Información da USC. En 2004, dirixiu a súa primeira longametraxe documental, Santa Liberdade (sobre o secuestro do buque Santa María polo Directorio Revolucionario Ibérico de Liberación en 1961, que rebautizaron como Santa Libertade). Cultivou a poesía (Parolar cun eu, cun intre, con inseuto (1970), O corvo érguese cedo (1973) e Linguas mortas: serial radiofónico (1989), a narrativa Mama-fe (1983), Trasalba ou Violeta e o militar morto (1985), Porta blindada (1990) ou Historias como Barcelona (1991) e o ensaio (Prensa e galeguismo (1982), Foto-xoc e xornalismo de crise (1988), O diario postelevisivo (1993), Documentalismo fotográfico contemporáneo (1994), Documentalismo fotográfico: éxodos e identidad (1998), Del Cine-Ojo a Dogma 95: paseo por el amor y la muerte del cinematógrafo documental (2003), Cine de fotógrafos (2005), Comunicación local no espazo lusófono (2007). MARGARITA LEDO
  • 19. FINA CASALDERREY Xosefa Casalderrey Fraga naceu en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951. Exerceu como mestra dende os dezanove anos e xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e a dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas por Edicións Xerais. Unha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, campo onde gañou diversos premios. Outra das súas inquietudes é a gastronomía, así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia. Colabora en xornais, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... En 1991, deuse a coñecer no mundo editorial coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. Dende entón, publicou máis de cincuenta títulos, dirixidos preferentemente a lectores infantís ou xuvenís aos que lles hai que sumar máis de vinte historias recollidas en volumes colectivos. Os seus libros, sempre escritos inicialmente en galego, tradúcense habitualmente ás demais linguas do estado. Algúns tamén ao bretón, coreano, inglés, francés, italiano, portugués ou chinés. Ademais de Mutacións xenéticas, tamén son moi coñecidas as seguintes obras: Dúas bágoas por máquina (1992), ¡Asústate, Merche! (1994), Os misterios dos fillos de Lúa (1995), Sobrevives (1996), Lúas de nácara (2003), A pomba e o degolado (2007), O neno can (2012)... “Apetéceme contarche algo. Cando era ben cativa regaláronme un osiño de peluche. Durmín con el durante máis de cinco anos. Un día decidín que xa era maior. Aproveitei para facer limpeza no meu cuarto e tirei moitos xoguetes. O oso estaba gastado pero non me quixen desfacer del, téñoo enriba do armario. Xa non o utilizo para durmir, pero sei que está alí. Non podo ser máis diáfana na explicación porque só me quedan unhas ringleiras na derradeira páxina. ¡Oxalá me entendas!” !Asústate, Merche!
  • 20. María Xesús Pato Díaz naceu na cidade de Ourense no ano 1955 e é profesora de Xeografía e Historia no ensino medio. Publicou os seus primeiros poemas na revista Escrita (1984), pero tamén podemos atopar mostras da súa obra poética nas revistas Luzes de Galiza, Festa dá palabra silenciada, Andaina, Gume Ólisbos, Revista dás letras, Dorna, Clave Orión, etc. En 1991, sae á luz o seu primeiro poemario: Urania. A este seguirán Heloísa (1994), Fascinio (1995), A ponte das poldras (1996), Nínive (1996), Heloísa (1998), m-Talá (2000), Charenton (2004), Hordas de escritura (2008), Secesión (2009). Ademais, participou nos libros colectivos: Palabra de muller, Sete poetas ourensáns, Poesía dúas aléns, Nacer é unha república de árbores. Antoloxía poética sonora... Participa habitualmente en recitais, mesas redondas, performances e conferencias. CHUS PATO Certo, é posíbel estar namorado dun obús é posíbel estar namorado da vulva dunha egua e contemplar como de vagar as vacas se envelenan. É posíbel afirmar que o sexo dunha trincheira é máis longo que o sexo da máis longa das serpes porque tamén as trincheiras falan no idioma no que falou Morgana. É posíbel dicir que as moscas as do inimigo tratan de impedir a chegada dunha carta a túa. Que Pio X é o home máis moderno do teu século e disfrazar un tristísimo emigrante co traxe dun lord morto. Detesto o poder destas palabras. Hai pouco que estou aquí Balbuceo. Nacer é unha república de árbores. Antoloxía poética sonora (2010)
  • 21. LUÍSA VILLALTA Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña no ano 1957. Estudou na Universidade de Santiago de Compostela Filoloxía Hispánica e Filoloxía Galego-Portuguesa. Dedicou parte da súa vida profesional á docencia da Lingua e Literatura Galegas no ensino secundario. Era tamén titulada superior en violín. Formou parte da Xove Orquestra de Galicia e da Orquestra de Santiago de Compostela. Foi unha escritora prolífica, autora de poesía, narrativa, ensaios, pezas dramáticas e textos xornalísticos. Os seus poemarios son: Música reservada (1991), Ruído (1995), Rota ao interior do ollo (1995), En concreto (2004), Papagaio (2006). A súa actividade literaria esténdese a outros ámbitos creativos dos que podemos destacar o da narrativa, con libros como Silencio, ensaiamos (1992), Teoría de xogos (1997) e As chaves do tempo (2001) e tamén do teatro, xénero para o que escrebiu os textos Concerto para un home só (1989), O representante (1990), O paseo das Esfinxes (1991) e As certezas de Ofelia (1999). No campo do ensaio, destacan: O don Hamlet de Cunqueiro: unha ecuación teatral (1992) e O outro lado da música, a poesía (1999), no que traza unha orixinal visión da poesía galega desde o punto de vista da relación ancestral desta arte coa música. A morte chegou para Luísa Villalta dun modo inesperado, por causa dunha parada cardíaca, o 6 de marzo de 2004. Tiña 46 anos e unha vida chea de ocupacións, proxectos e esperanzas. Desde o momento da súa morte sucedéronse iniciativas que lembran o seu nome e o seu labor: desde o ano 2004 no IES. Isaac Díaz Pardo de Sada –onde ela foi profesora– convócase anualmente o Certame Literario “Luísa Villalta”; igualmente desde 2004, no contexto da comunidade universitaria convócase o Premio “Luísa Villalta” a Iniciativas Normalizadoras, para a promoción do uso do galego nas tres universidades galegas... O ceu cobrou unha cor que facia pensar Era a hora en que as botellas se rompen para dar paso ás profundidades. Atrás quedaban as cores álxidas, mortas de sono. O calor enfriaba-se no bisturí do horioznte. Os nenos, de cóbados na xanela, enfrontaban a história inconscientes, nun palpebrexo tan veloz como a infancia. Pero aínda hai un cambio posíbel que se reserva no bolso, un remanente da derrota, para mirar arredor. Non nos estábamos separando, por iso nos recoñecemos. Fitabamo-nos na cita imprevista, sen saber quen nos chamou ao fio da noite. Ruído
  • 22. Pilar Pallarés García naceu en Culleredo en 1957. Estudou Filoloxía Galego- Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela e colaborou en diversas revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, Nordés ou Festa da Palabra Silenciada. Actualmente exerce de profesora de literatura galega. Tras a publicación do seu primeiro libro, Entre lusco e fusco (1980), converteuse nunha das voces poéticas máis importantes da poesía galega. Posteriormente publicaría as obras Sétima soidade (1984, Premio Esquío de poesía en 1983), Livro das devoracións (1996), Poemas (2000), Leopardo son (2011). No ámbito do ensaio, publicou: Rosas na sombra (a poesía de Luís Pimentel) (1991) e Carballo Calero. Caderno didáctico (1994). PILAR PALLARÉS Dime, amor, que ti és éste que eu quero que sexas, que o pobo e a liberdade latexan nas tuas verbas, que non todo son cartos, hipocresia, mentira, suxa comenéncia. Quérote asi, pobre e doce, quérote árbore apaleada, loitando con ternura, voz de pobo, voz de pobo e canto, pucharquiña morna. Quizais nen siquera te quero. Mais non te esquezo. Ao fin ¿qué é o amor? un home, unha muller, un aloumiño tenro, un mencer relembrado por oito relembranzas. Non sei nada de ti, a historia dos teus ollos. ¿Qué bocas terán xa percorrido os teus beizos? Quizais as tuas mans xa estexan cheas, quizais ti nen te lembres xa de min. Un verme misterioso percorre as miñas veas. Ai, o pranto, as lembranzas, a melancolia de terte e de non terte. Mentres vou, pobre camiñante, pola vida, lémbrome dos teus ollos e sigo, viaxeira, adiante. Entre lusco e fusco
  • 23. Celia Díaz Nüñez naceu na aldea das Eiras, no Páramo, en 1961. Aos poucos anos trasladouse a Quiroga. Tras estudar o bacharelato en Monforte de Lemos, licenciouse en Filoloxía Galego- Portuguesa e Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela. Tamén é diplomada en Maxisterio pola Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo. Acutalmente, reside en Ourense, onde exerce como profesora de Lingua Galega e Literatura no Ensino Secundario, actividade que compaxina coa docencia universitaria na Facultade de Ciencias da Educación na materia de Didáctica da Lingua Galega. Escribiu narrativa (Adeliña (2004), “Un tango na noite” (2007), Rugando (2012), A boca do monte (2016) e Unha verdade amarga (2017)), ensaio (Voces da Terra. Quiroga e os seus escritores (1995), Resta de letras (2002)) e teatro (Cataventos e cía. ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (2008), Velaí vai o papaventos (2014) e O castelo de Pena Redonda, o máis tolo da contorna (2016)). CELIA DÍAZ “Volveu entón a cara. ao pé do leito estaba Arausa, a nora a que quixera como a filla que nunca tivo, cos ollos cubertos de bóagoas. E estaban tamén Navia e Tureno. Xuntos por fin. O último que viron os seus ollos foi o ventre avultado da neta. Entón sorriu. A vida, a pesar de todo, continuaba.” A boca do monte
  • 24. ANA ROMANÍ Ana Romaní naceu en Noia o 5 de agosto de 1962, pero reside en Santiago desde 1973. Desde moi nova participa en iniciativas de dinamización cultural en Noia: Grupo de teatro afeccionado "Tiruleque", revista Carabela de Xeada, creación da Asociación Cultural Catavento de Noia. Tamén participou na creación da revista Festa da Palabra Silenciada, na da asociación Mulleres Galegas na Comunicación e en diversos proxectos artísticos: O Son da Pedra do grupo Milladoiro (1994); A Illa verde, carpeta de gravados de Alfonso Costa (1988); os discos Rosalía na voz dos poetas (1983) e Daquelas que cantan (1997) do Patronato Rosalía de Castro; Lianas, carpeta de gravados de Maika Novoa; no espectáculo Son Delas, coordinado por Uxía Senlle (2000). Crea con Antón Lopo o Laboratorio de Indagacións Poéticas no que realizan os espectáculos poéticos Ó outro extremo do paraíso (1997), Lob@s(1999) e organizan o Festival de Espectáculos Poéticos A Boca Aberta no marco do Congreso Mundial de Poesía do Pen Club de Galicia. Realiza con Rodrigo Romaní os recitais poetico-musicais Arden (2000) e Lisboa (2000). En 1981, obtén o primeiro premio do certame "Xente Nova na Poesía Galega" e, en 1982, Mención de Honor do premio de Poesía O Facho (1982), feitos que marcan o comezo da súa participación en proxectos e actividades poéticas. En 1987, publica o seu primeiro libro de poemas Palabra de Mar. A este seguirían Das últimas mareas (1994) e Arden (1998), Love me tender. 24 pezas mínimas para unha caixa de música (2005), Estremas (2010). En 1997, publica o relato infanto-xuvenil Marmelada de amoras. A todo o dito hai que engadir a súa faceta como actriz de dobraxe entre os anos 1985 e 1989. Nese mesmo ano realiza con Chema Gagino o programa de humor critico A viborona en Radio Nacional de España en Galicia, Radio 4. Despois pasa a traballar na Radio Galega onde segue na actualidade. Camiñan descalzas polas rochas, pantasmas de sal habitan as sombras, saben que as últimas mareas esqueceron na praia os restos do naufraxio. As mulleres recollen cada noite os tesouros de auga, líquidos e fráxiles, rebélanse contra a Historia, constrúen co mar as estatuas que nunca permanezan. As mulleres de sal, con argazos de sombras, xorden das últimas mareas e tecen tesouros de auga cada noite contra a Historia. Elas, que saben que o efémero permanece. Das últimas mareas (1994)
  • 25. Xela Arias Castaño veu ao mundo no ano 1962 en Lugo, aínda que pasou a maior parte da súa vida en Vigo, cidade en que realizou os estudos de Filoloxía Hispánica e onde morreu o 2 de Novembro de 2003. Vinculada a Xerais desde o nacemento da editorial en 1979, estreouse no mundo literario con Denuncia do equilibrio (1986), poemario innovador co que foi finalista do Premio Losada Diéguez. En 1990, publicou, en colaboración co seu marido e fotógrafo Xulio Gil, Tigres coma cabalos, obra de grande repercusión en que se mesturan poemas e espidos da autora. O libro trasmítenos unha mensaxe a prol da sinceridade e da procura dos sentimentos máis básicos. En Darío a diario (1996) a poeta ofrece unha reflexión sobre a súa propia experiencia maternal. O seu derradeiro poemario, Intempériome, foi editado o mesmo ano do seu pasamento por Miguel Anxo Fernán Vello. A súa obra poética tamén se deu a coñecer en libros colectivos como Palabra de muller (1992) ou Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de once escritoras galegas. Alén da súa tarefa poética, Xela Arias dedicouse á tradución para a nosa lingua de diversos autores como Joyce, Fehnimore Cooper e Fernández Flórez. Escribiu varios relatos, algúns deles incluídos na obra Contos eróticos/elas (1990). Foi finalista do Premio Esquío de Poesía (1986) con Lili sen pistolas, obra que aínda permanece inédita. XELA ARIAS Non me conteño, non me conteño e abato os cormoráns contra das rochas. Non me conteño e abato rochas e cormoráns e abatibles e contidos. E asómbraste logo observando,observando se os farrapos che corresponden. Pois se non me conteño... era sobredose de inferno de contidos, e abatibles, e rochas, e cormoráns inmensos. Intempériome Poema na voz da autora (http://www.culturagalega.org/album/detal le.php?id=18) Tódolos bebés son tu e ningún coma ti. Tódolos nenos son tu e ningún coma ti. Tódolos adolescentes son tu e ningún coma ti. Tódolos mozos son tu en ningún coma ti. Tódolos anciáns son tu e ningún coma ti. Tódalas nais son eu e todas, como min, saben que es único. Darío a diario
  • 26. MARTA DACOSTA Marta Dacosta naceu 0 29 de setembro de 1966 en Vigo. En 1989, rematou a licenciatura en Filoloxía, na subsección de Galego-Portugués. Rematada a carreira, comezou a traballar como docente: Compostela, Sarria, Curtis, Negreira, Tomiño... Empezou a facer públicos os seus escritos en revistas: Congostra, Olisbos, o xornal A Peneira (onde obtería o seu primeiro premio), Lúa nova, da Asociación Cultural Rosalía Castro de Cornellá. En 1994, sae á luz o seu primeiro libro: Crear o mar en Compostela, premio de poesía O Grelo. A a partir de aquí virían outros premios e outros libros: Pel de ameixa (1995) (premio González Garcés), Setembro (1998) (premio Martín Códax), En atalaia alerta (1999) (accésit do premio Esquío). Participou en publicacións colectivas como Intifada, oferenda dos poetas galegos a Palestina, 8 e méio ou O entrelazado das palabras, e en antoloxías como Para saír do século, nova proposta poética, Novas Voces da Poesía Galega, A poesía contemporánea a partir de 1975, antoloxía ou 25 anos de poesía galega 1975-2000. Durante o anos 1987-1998, viviu en Compostela onde coñeceu a moitos dos poetas da súa promoción. Con eles colaborou para levar adiante distintas empresas, a máis ambiciosa e a máis recente Letras de Cal, editorial desde 1997 a 2002, onde entraron a participar 18 escritores dos máis novos para publicar obra inédita. Só procura escribir co corazón, co firme propósito de revolverlle o estómago ao que se senta fronte aos seus poemas. Aínda ten que escribir o poema máis importante, pero non sabe cando poderá facelo, porque ese, o poema comprometido co tempo en que está a vivir e coa súa condición humana, precisa dunha voz sólida e un pulso firme. Somos de luz, de vento, de miseria, breves camiños na distancia dos días, pedras de sal esquecidas nas rúas silenciadas e lentas. As horas non son. Non abondan os pasos e os soños sumados tan só ven unha noite, levamos nas mans as flores do pasado que non duran o instante que as percorre. Somos de luz, de vento, de miseria breves camiños de sal nas rúas ermas. Pel de ameixa e outros poemarios
  • 27. LUPE GÓMEZ Guadalupe Gómez naceu en Curtis en 1972. Marchou con trece anos estudar o bacharelato á cidade da Coruña e máis tarde licenciouse en Ciencias da Información en Santiago de Compostela . Ten colaborado con El Correo Gallego e Galicia Hoxe, ademais de facer artigos e críticas de libros e teatro, pero ante todo é poeta. Ao longo da súa obra, a poeta galega desfaise da lóxica e dos formalismos que caracterizan a poesía convencional para construír, a partir dunha linguaxe directa e desatada, un imaxinario íntimo e transgresor. O uso das palabras e das expresións é inesperado porque o significado que encerran e a perspectiva que toma a poeta ante a realidade que comunica tamén o son. Con total liberdade, Lupe Gómez fala nos seus versos da súa infancia humilde, dos mecanismos sociais que garda esa Galicia rural aínda católica e conservadora e, sobre todo, do que verdaderamente significa ser muller e vivir nun corpo feminino. As súas obras máis destacadas son: Pornografía (1995), Os teus dedos na miña braga con regra (1999), Poesía fea (2000), Fisteus era un mundo (2001), Querida Uxía (2002), Levantar as tetas (2004), Luz e Lupe (2005), Azul e estranxeira (2005), O útero dos cabalos (2005), Quero bailar (2006). IV. FUXIDA Teño frío nos labios e escóndome nun camión e marcho. Marcho comendo caramelos que saben mal e que me gustan moito. Marcho decindo unhas cancións moi bonitas e moi raras. Pornografía
  • 28. OLGA NOVO Olga Novo naceu en 1975 na aldea lucense de Vilarmao (A Pobra do Brollón). Licenciada en Filoloxía galego-portuguesa, exerce a docencia no IES Eduardo Blanco Amor en Ourense. Colaborou en numerosos medios e publicacións literarias especializadas como Unión Libre. Cadernos de vida e culturas, Moenia, Anuario de estudios galegos, Boletín Galego de Literatura ou Ínsula, entre outras. Como poeta, dáse a coñecer a través de revistas como Clave Orión, Ólisbos, Festa da palabra silenciada ou Dorna. En 1996, publica o seu primeiro poemario, A teta sobre o sol (1999). Co seu segundo libro, Nós nus (1996), é galardoada co premio Losada Diéguez de Creación. Do 2003 é Cráter. En 2001, publícase Magnalia, no que colabora co tamén poeta Xoán Abeleira e a pintora Alexandra Domínguez. A súa última obra poética é A cousa vermella (2004). Como estudosa da literatura publicou os libros Por un vocabulario galego do sexo. A terminoloxía erótica de Claudio Rodríguez Fer (1996) e O lume vital de Claudio Rodríguez Fer (1999), Uxío Novoneyra. Lingua loaira (2004). Vesubio Na memória das trabalhadoras dos lupanares de Pompeia Se entro em erupción ninguén está a salvo. Desde neniña sei que no fondo estou feita de lava prófuga. A miña columna de fume ascende vértebra por vértebra á estratosfera. Abrázote. Abrásote. Cráter
  • 29. YOLANDA CASTAÑO Yolanda Castaño Pereira naceu en Santiago o 19 de abril de 1977 e é unha poeta galega que se dedica tamén ao xornalismo e á televisión. En 1990 trasladouse á Coruña, onde rematou a carreira de Filoloxía Hispánica e cursou estudos audiovisuais. Foi Secretaria da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), formou parte do equipo directivo de Letras de Cal (unha editorial de poesía destinada a publicar os valores máis novos) e codirixiu, xunto a Olga Novo, a revista de artes Valdeleite. Dirixiu e presentou o programa cultural Mercuria e colaborou no programa diario Cifras e Letras de TVG. Deuse a coñecer, na adolescencia, a través dunha serie de premios de poesía menores ata que en 1994 recibe o Premio Fermín Bouza Brey polo seu primeiro poemario Elevar as pálpebras (1995). Os seguintes poemarios foron Delicias (1998) e Vivimos no ciclo das Erofanías (1998) (Premio Johán Carballeira e Premio da Crítica Española). A estes seguirán: O libro da egoísta (2003), Profundidade de campo (2007), Eurofanía (2009) e A segunda lingua (2014). Ten participado en volumes colectivos como o libro con CD Daquelas que cantan. Rosalía na palabra de 11 escritoras galegas (1997), Alguén agarda que volva alí (1998), Diálogos na casa de Rosalía (2002), Outro mundo é posível. Festival da Poesía de Salvaterra (2002), O trazo aberto. Poesías e debuxos (2002), O libro dos abanos (Palabras no aire) (2002), Carlos Casares. A semente aquecida da palabra (2003). Unha navalla lenta é o proxecto da identidade. Unha celebración añil o re-coñecemento. ¿Cómo deixei que todo isto me sobreviñera? O meu propio soño marchou de min comigo Non podo permitir que se me malinterprete unha vez máis ¿Por qué me afectas?, ¿por qué me afectas aínda?. Unha absurda desposesión infranqueable. Pero que eu estaría ben, que non cumpren coidados xa sabes que total eu estaría ben, sempre ben, aínda que non se me entendese aínda que perdese a saúde na miña mocidade. Eu tamén pensaba que podería controlalo. ¿Por qué me desesperas?, ¿por qué aínda me desesperas?. Unha poza de notas sostidas, un reiseñor mecánico é a tarde ¿Cómo tiven a coraxe de asumir a túa estratexia? Poema A da serie “Re(ser)vado” de Pofundidade no campo
  • 30. LEDICIA COSTAS Ledicia Costas Álvarez naceu en Vigo o 19 de setembro de 1979. Comezou a escribir desde moi nova. Tamén traballou como avogada e no mundo do guión cinematográfico e do audiovisual participando no proceso creativo de diversos documentais. Todo isto compaxínao coa participación en recitais e coa colaboración en publicacións colectivas. O seu primeiro libro publicado foi a novela para o público xuvenil Unha estrela no vento (2000), á que seguirán: O corazón de Xúpiter (2012), Xardín de inverno (2012), Recinto Gris (2014), Escarlatina, A cociñeira defunta (2014), Inmundicia e Roñoso (2015), Un animal chamado néboa (2015), Esmeraldina, a pequena defunta (2016), Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta (2016). Epílogo “O día nove de febreiro, eu estaba na fin do mundo, xunto con Reina. Os dous mirabamos ó lonxe, pensando en too o que pasara nas últimas semanas. ¿Que dicir daquel día? Todo rematara dun xeito terrible. Chorei novamente sen poder evitalo. Sentía que o meu lugar no mundo debía de ser substituído polo de Abel. Á fin e ó cabo, el morrera pola miña culpa. El só fora á pelexa para impedir que eu participase. A vida é tan inxusta. Aínda agora, despois de dous anos, sigo sentíndome culpable. Tódolos meses eu e mais Reina, a miña moza, imos á fin do mundo, para lembrar en silencio e poder encher pouco a pouco algo dese baleiro que temos dentro de nós atormentándonos. O meu pai veu visitarme ó hospital o día seguinte da morte de Abel. Aquel día abrazoume como nunca antes o fixera e chorou comigo despois de dicirme: “Quérote moito, Miguel”. Demasiado tarde. Ese “quérote” non pagaba o prezo dunha vida. Abel, meu irmanciño, nunca te poderei recuperar, pero a túa luz seguirá comigo; será como unha estrela no vento.” Unha estrela no vento