SlideShare a Scribd company logo
1 of 15
 Unha narración é a transmisión (oral ou escrita) dunha serie de sucesos (reais ou

ficticios) que ocorren nun tempo e espazo determinados, e que lle ocorren a unha
serie de personaxes.
 O argumento é o que ocorre na narración.
 Os personaxes son os que participan nos acontecementos.
 O espazo é o lugar no que ocorren.
 O tempo é o momento no que ocorren os sucesos

 Tipos:
 Literarios: Relatan feitos ficticios, inventados por un autor. Son relatados por un narrador

deseñado polo escritor.
 Xornalísticos: Cóntanse feitos reais. Hai dous tipos:
 Noticia: relato breve dun suceso concreto.
 Reportaxe: narración extensa na que se tentan determinar as causas e as consecuencias dos

sucesos relatados.
 Con apoio visual.
 Palabras invariables que poden modificar o significado dun verbo, dun adxectivo,

doutro adverbio ou dun substantivo.
Modo

Asemade, así, ben, gratis, mal, mellor, adrede,
paseniño, amodo, peor, etc.

Tempo

Agora, aínda, despois, antano, antes, cedo, daquela,
logo, sempre, acotío, xa, enseguida, nunca, etc.

Lugar

Abaixo, aquí, acá, alí, alá, diante, detrás, ningures,
xalundes, fóra, enriba, arredor, cerca, etc.

Cantidade

Moito, abondo, todo, nada, algo, demasiado, apenas,
pouco, so, bastante, ben, máis, menos, etc.

Afirmación

Abofé, tamén, si, etc.

Negación

Nin, non, tampouco, sequera, etc.

Dúbida

Acaso, seica, talvez, disque, etc.
 Nalgunhas partes de Galicia pronuncian mal determinadas consoantes ou sílabas.
 Hai varias alteracións:
 Gheada: Pronunciar o “g” como a “j” do castelán.
 Seseo: Substituír o “c” ou o “z” coma un “s”. Hai dous tipos:
 Total: Prodúcense en todas as posicións.
 Parcial: Prodúcese no final da sílaba.

 Rotacismo: Cambio do “z” ou do “s” por “r”.
 Metátese: Cambio de lugar dunha consoante.
 Apócope: Perda da última sílaba.
 A derivación prefixal consiste en colocar prefixos diante dun lexema para formar

novas palabras.
 Os prefixos teñen que ir unidos a un lexema para ter significado propio.

Latinos
Ad-

AmbiBi-/ bisInfra-

Aproximación

Ambos
Dous
En posición inferior

Multi-/pluri-

Moitos

Pro-

Impulso

Semi-

Metade

Tri-

Tres
Anti-

Gregos

Posición Contraria

DecaDi-

Dous

Enea-

Nove

Emi-

Metade

HeptaGregos

Dez

Sete

Hexa-

Seis

Hiper-

Exceso

Miria-

Dez mil, innumero

Mono-

Só, único

Octo-

Oito

Pan-

Todos

Penta-

Cinco

Podo-

Pé

Poli-

Moitos

Kilo-

Mil

Tele-

Lonxe

Tetra-

Catro
 Nesta época comezou a recuperación social e cultural do galego.
 A partir do 1840 unha serie de galegos analizaron os problemas de Galicia,

inspirados polos ilustrados. Coñécense coa denominación de Xeración Provincialista.
 Esta xeración participou directamente nun intento de levantamento militar no 1846

para conseguir autonomía para Galicia. Foi un intento falido e os dirixentes morreron
fusilados en Carral, por iso hai unha estatua conmemorativa destes.
 Como fracasaron tanto política como militarmente decidiron consagrarse á cultura. No

1861 organizáronse uns Xogos Florais (recital de poesía).
 O nivel da poesía non era tan alto como o esperado e o premio foi declarado deserto

e unicamente se le concedeu un accésit a Francisco Añón.
Poesía do s XIX

Prerrexurdimento

1ª etapa:
1808-1837
Aparecen poetas que
promoven a
recuperación do galego

Autores:
• Xoán Manuel
Pintos (A gaita
galega)
• Francisco Añón

2ª etapa:
1837-1863.
Poesía influenciada en
sucesos históricos

Rexurdimento

A publicación de
“Cantares Gallegos”
inaugura esta etapa

Autores:
• Rosalía de Castro
• Eduardo Pondal
• Manuel Curros Enríquez
 Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo. Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y

Abadía, fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo. Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai.

 Non se pode probar en que fogar -ou fogares- viviu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que

foi coidada polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada
Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira).

 Consta que en 1842 vivía coa súa nai en Padrón, nunha casa da Rúa do Sol (hoxe Xoán Rodríguez do Padrón), xunto con súa nai,

dona Teresa de Castro e Abadía, e a criada María Martínez. En 1850 trasládase con súa nai a Compostela, onde participa nas
actividades do Liceo de la Juvendud como actriz.

 1851-1855: Reside coa súa nai en Santiago (Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847. En 1854

protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago.

 1855-1856: Reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de

Compostela), sé do Liceo de la Juventud.

 1856-1858: Viaxa en abril de 1856 a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro (Ballesta, 13).
 1857: Publica o seu primeiro libro, o poemario „La Flor‟ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de

Murguía.

 1858: O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: „La hija del

mar‟. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un
manifesto feminista: “Lieders”.

 1859: Primeira novela, „La hija del mar‟ (Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1). Apadríñaa o

político Alejandro Chao. Finará en 1937.

 1860: O 31 de xaneiro intervén como actriz en Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de

África.

 1861: Reside algún tempo en Madrid. Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” (El Museo

Universal).
 Publica por entregas „Flavio‟, ambientada na Terra de Iria.
 1862: Morre súa nai en Compostela de xeito repentino. Rosalía estaba naquel momento

vivindo con ela.

 1863: Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7 -2º (hoxe Praza da Universidade, 4).
 Publica „A mi madre‟ e „Cantares gallegos‟, obra considerada clave no Rexurdimento literario

de Galicia (Vigo, Juan Compañel).

 1864: Publica o seu único conto en galego coñecido baixo un título que supón un proxecto

máis amplo: “Contos da miña terra”.

 Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir

que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que
ninguén coñece).

 1865: “Las literatas (Cartas a Eduarda)”, artigo sobre a condición feminina, en Almanaque

de Galicia (Lugo).

 1866: „Ruinas‟, novela publicada por entrega en El Museo Universal de Madrid.
 1867: Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: „El caballero de las botas azules‟.
 1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.

 Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942.
 1869-1870: En Simancas escribe grande parte do poemario „Follas Novas‟. A finais de

1870 e inicios de 1871 reside en Madrid (Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.

 Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da

Coruña.
 1871: Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala e Ovidio. Gala finou en 1964.

Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará na Coruña en 1900.

 1872: Segunda edición de „Cantares Gallegos‟ (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun

libro de Rosalía.

 1873: Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921.
 1875: Nace en Santiago (Senra, 17 principal) Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois.
 1877: Nace morta en Santiago Valentina.
 1878-1879: Vive en Santiago, primeiro en Altamira 2 e, despois en Hórreo 9.
 1880-1881: Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna a súa residencia en Santiago con estancias en

Lestrobe.

 1880: Publícase „Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega.
 1881: Publicación de „El primer loco‟, co apéndice de “El domingo de Ramos”. Tamén neste ano asina en Lestrobe

varias entregas co título de “Padrón y las inundaciones”.

 1882-1883: Publica un número considerable de poemas casteláns na Ilustración Cantábrica (Madrid) e en La Nación

Española (Buenos Aires) que recollerá no libro „En las orillas del Sar‟. Polo menos desde 1883 vive no lugar de A
Matanza (Padrón) na que, desde 1972, é Casa-Museo gobernada pola correspondente Fundación.

 1884: Publica o seu último libro de poemas: „En las orillas del Sar‟.
 1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una

degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en
célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.

 1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día

seguiente no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San
Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.
 O derradeiro irmán de entre sete fillos nunha familia de orixe fidalga enriquecida coa

emigración a América, Eduardo Pondal quedou orfo de nai ao ano de nacer, seu pai era
comerciante. Estudou dende 1844 gramática latina na escola que tiña un parente seu crego
(Cristóbal de Lago) en Vilela de Nemiña. En 1848 instalouse en Santiago de Compostela para
cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. De estudante frecuentou o
Liceo de Santo Agostiño, onde había tertulias literarias, e revelouse como poeta, co seu íntimo
amigo Aurelio Aguirre, nunha ocasión que se fixo célebre: o banquete de Conxo, do que falan
todos os historiadores da literatura galega. Foi un banquete organizado en 1856 polos
estudantes liberais en homenaxe "ao terceiro estado", no que fraternizaron obreiros e
estudantes. Os brindes de Aguirre e de Pondal tiveron un sentido político moi avanzado, e por
eles procesounos a Audiencia da Coruña que chegou a considerar deportalo ás Illas Marianas.
Desta época datan os seus textos manuscritos máis antigos, atopados no arquivo do arcebispado
de Santiago de Compostela[1].

 Ao rematar a carreira en 1860 exerce como médico militar da Armada Española en Ferrol. En

1861 fixo oposicións en Madrid ao corpo de Sanidade Militar, mais, tras conseguir un posto na
fábrica militar de Trubia (Asturias), deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a
profesión médica retornando á casa paterna. O 2 de xullo de 1861 celebráronse na Coruña os
primeiros Xogos Florais de Galicia, no que Pondal participou con A campana d'Anllóns, o seu
primeiro poema en galego que se publicou ao ano seguinte no Álbum de la Caridad.

 Pondal apenas exerceu a súa carreira médica. Retirouse axiña á súa casa paterna e alí viviu, con

frecuentes viaxes a Santiago de Compostela e á Coruña, onde concorría á libraría de Carré,
chamada a "Cova Céltica", na que mantiñan un parladoiro Andrés Martínez Salazar, Manuel
Murguía, Florencio Vaamonde, Evaristo Martelo Paumán, Manuel Lugrís Freire e outros. Alí
accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón
o papel de "bardo" da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir.
 No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español

que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as
composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá
diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de
"Rumores de los pinos", conformará o himno galego, ao que Pascual Veiga lle porá música.

 A saudade de Pondal, poeta da liberdade, que ansiaba levantar un pobo, oriéntase cara a un pasado que

el imaxinaba libre e independente, e que o seu impulso lírico quer reconquistar. A poesía de Pondal
proponse renovar a historia. Como do pasado céltico non quedan máis que vagos vestixios, Pondal
esfórzase en adiviñalo, guiándose polos poemas de Ossian, por algunhas citas de Leabhar Ghabhála e
polas investigacións de Murguía, e crea un mito fragmentario, distante da historia, indeterminado,
arredor de dous arquetipos: o Heroi e o Bardo. Pero trátase dun pasado de gran beleza e dunha forza
de suxestión extraordinaria.

 Pondal, poeta abandeirado do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua

e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente
épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu
futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un
excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de
Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica.
No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e
incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa
personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra, o que o
levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publicadas. Neste sentido, non resulta
estraño que de Os Eoas, un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano -do
cal o autor só publicase un primeiro esbozo en 1858- non chegase a ver finalmente a luz en vida do
propio poeta (de feito, só foi publicado, finalmente, no 2005).Trátase, non obstante, da obra que o
propio Pondal e os seus correlixionarios consideraban como decisiva na súa carreira e aínda para a
consolidación da propia literatura galega. Facendo nela a Colón galego -de acordo coas teses de García
de la Riega, Constantino Horta...-, Pondal pretendía universalizar Galicia e, ao tempo, o idioma galego no
canto dunha xesta que superase a proba dos séculos.
 1851 Nace en Celanova o 15 de setembro. Fillo de Xosé María de Curros Vázquez, escribán de profesión, e de

Petra Enríquez.

 1866 Fuxe da casa cara Madrid.
 1869 Escribe o seu primeiro poema en galego "Cántiga" mentres estudaba Dereito en Madrid, carreira que

non rematou.

 1870 Reside varios meses en Londres segundo a afirmación dalgúns biógrafos.
 1871 Casa polo civil con Modesta Vázquez Rodríguez (matrimonio relixioso en 1877).
 1873 Redactor na "Gaceta de Madrid".
 Nace o seu primeiro fillo, Adelardo.
 1874 Publica a lenda en verso El maestre de Santiago, editado como libro en 1892.
 1875 Asiste, como socio, ao acto fundacional da primeira sociedade de intelectuais galegos na emigración:

Galicia Literaria en Madrid.

 A partir de decembro convértese en cronista de "El imparcial" de Madrid. Neste xornal traballa como

correspondente de guerra no País Vasco durante a terceira guerra carlista, onde é ferido accidentalmente ao
ano seguinte.

 1877 Gaña un certame poético convocado en Ourense por Modesto Fernández y González cos poemas "A

Virxe do Cristal", "O gueiteiro" e "Unha voda en Einibó".
 1878 Entra a traballar na delegación de Facenda de Ourense trala súa volta de Madrid.
 Publica a novela anticarlista Paniagua y Compañía. Agencia de sangre.
 1879 Morre o seu segundo fillo Leopoldo con dous anos de idade. Acontecemento que recolle o poema "Ai".
 1880 Edita no mes de xuño o seu primeiro libro de poemas en galego: Aires da miña terra.
 1881 É absolto pola Audiencia da Coruña tras ser condenado en Ourense debido á denuncia feita polo bispo Cesáreo Rodrigo

Rodríguez, por conter Aires da miña terra varios poemas aldraxantes para varios dogmas da fe católica. As composicións encausadas
foron: "A igrexa fría", "Mirando ó chau" e "Pelegrinos, a Roma".

 1883 Trasládase de novo a Madrid para traballar no Concello de Madrid e volta ao xornalismo en "El Porvenir".
 1886 3ª edición de Aires da miña terra (a 2ª foi editada en 1881).
 1887 Entra na redacción do xornal recen fundado "El Pais" como redactor xefe.
 1888 Publica O divino sainete, obra satírica contra a igrexa.
 1892 Tradúcese ao castelán Aires da miña terra.
 1893 Edita en castelán estudio biográfico-político de Eduardo Chao.
 Recibe unha homenaxe co gallo da inauguración do Centro Galego de Madrid o 27 de marzo.

 1894 Emigra a Cuba (A Habana) onde funda e dirixe a revista "La Tierra Gallega" que desaparece dous anos despois.
 1896 Entra na redacción do "Diario de la Marina".
 Rompe as relacións co Centro Galego da Habana.
 1904 Realiza unha visita a Galicia durante os meses de maio a outubro. o 21 de xuño homenaxéaselle cunha magna coroación na

Coruña, pasando a ser o primeiro poeta galego coroado.

 1905 Colabora con José Fontenla Leal na creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, que presidirá.
 1907 Participa no acto de presentación do Himno Galego na Habana.
 1908 Morre o 7 de marzo. O seu cadáver entérrase na Coruña o día 2 de abril coa asistencia de 40.000 persoas.
 1967 A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas.

More Related Content

What's hot

Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Marlou
 
Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)RemoeaLinguaLinguaGa
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilRomán Landín
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemasmati2011
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Albertetrafegandoronseis
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Rosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesmati2011
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriñoangelciencia
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroLoli Cid Cid
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvarotrafegandoronseis
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelatombcentoira
 
Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)Marlou
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 

What's hot (20)

Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)Neria ViIas (por Uxía Rial)
Neria ViIas (por Uxía Rial)
 
Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)Emilia pardo bazan (candela e carla)
Emilia pardo bazan (candela e carla)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Galicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra CivilGalicia tras a Guerra Civil
Galicia tras a Guerra Civil
 
Rosalía esquemas
Rosalía   esquemasRosalía   esquemas
Rosalía esquemas
 
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e AlberteMáis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
Máis vangardas, traballo de Lucía e Alberte
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Sofia casanova
Sofia casanovaSofia casanova
Sofia casanova
 
Rosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxesRosalía de Castro en imaxes
Rosalía de Castro en imaxes
 
Letras galegas 2008
Letras galegas 2008Letras galegas 2008
Letras galegas 2008
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Carlos Casares Mouriño
Carlos Casares MouriñoCarlos Casares Mouriño
Carlos Casares Mouriño
 
Letrasfinal
LetrasfinalLetrasfinal
Letrasfinal
 
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de CastroREXURDIMENTO: Rosalía de Castro
REXURDIMENTO: Rosalía de Castro
 
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e ÁlvaroVicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
Vicente Risco, traballo de Cristina e Álvaro
 
Que é un microrrelato
Que é un microrrelatoQue é un microrrelato
Que é un microrrelato
 
Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)Xohana Torres (por Sara García)
Xohana Torres (por Sara García)
 
Respostas xoves
Respostas xovesRespostas xoves
Respostas xoves
 
Alvarez Blázquez
Alvarez BlázquezAlvarez Blázquez
Alvarez Blázquez
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 

Viewers also liked

Lazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivas
Lazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivasLazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivas
Lazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivaslenguaylitedelcepa
 
Lengua textos narrativos y subgéneros
Lengua textos narrativos y subgénerosLengua textos narrativos y subgéneros
Lengua textos narrativos y subgénerosa_ventas
 
Elementos que caracterizan los textos narrativos
Elementos que caracterizan los textos narrativosElementos que caracterizan los textos narrativos
Elementos que caracterizan los textos narrativosjsajhtm
 
Tipos de textos narrativos
Tipos de textos narrativosTipos de textos narrativos
Tipos de textos narrativosbaltag
 
Clasificación de Textos Narrativos
Clasificación de Textos NarrativosClasificación de Textos Narrativos
Clasificación de Textos Narrativosbattery_1994
 
Estructuras narrativas
Estructuras narrativasEstructuras narrativas
Estructuras narrativasEva Avila
 
Elementos de un texto narrativo
Elementos de un texto narrativoElementos de un texto narrativo
Elementos de un texto narrativoJackieVerdugo
 
La estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partes
La estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partesLa estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partes
La estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partesjessicaramos21
 
Narracion, elementos y estructura (tema 7...)
Narracion, elementos y estructura (tema 7...)Narracion, elementos y estructura (tema 7...)
Narracion, elementos y estructura (tema 7...)pedrojesus1963
 
El Texto Narrativo
El Texto NarrativoEl Texto Narrativo
El Texto NarrativoMar Burgada
 
La narración: elementos y estructura.
La narración: elementos y estructura.La narración: elementos y estructura.
La narración: elementos y estructura.MundoDeLaNarrativa
 
Flash back noche de brujas -all stars
Flash back  noche de brujas -all starsFlash back  noche de brujas -all stars
Flash back noche de brujas -all starsJOSÉ TOMÁS
 

Viewers also liked (16)

LC 9-10
LC 9-10LC 9-10
LC 9-10
 
Flass bhh ak
Flass bhh akFlass bhh ak
Flass bhh ak
 
Lazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivas
Lazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivasLazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivas
Lazarillo de tormes, anónimo (1554). lectura. diapositivas
 
Tipos de textos narrativos
Tipos de textos narrativosTipos de textos narrativos
Tipos de textos narrativos
 
Lengua textos narrativos y subgéneros
Lengua textos narrativos y subgénerosLengua textos narrativos y subgéneros
Lengua textos narrativos y subgéneros
 
Elementos que caracterizan los textos narrativos
Elementos que caracterizan los textos narrativosElementos que caracterizan los textos narrativos
Elementos que caracterizan los textos narrativos
 
Tipos de textos narrativos
Tipos de textos narrativosTipos de textos narrativos
Tipos de textos narrativos
 
Clasificación de Textos Narrativos
Clasificación de Textos NarrativosClasificación de Textos Narrativos
Clasificación de Textos Narrativos
 
Estructuras narrativas
Estructuras narrativasEstructuras narrativas
Estructuras narrativas
 
Elementos de un texto narrativo
Elementos de un texto narrativoElementos de un texto narrativo
Elementos de un texto narrativo
 
La estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partes
La estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partesLa estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partes
La estructura del texto narrativo está compuesta de estas tres partes
 
El texto narrativo
El texto narrativoEl texto narrativo
El texto narrativo
 
Narracion, elementos y estructura (tema 7...)
Narracion, elementos y estructura (tema 7...)Narracion, elementos y estructura (tema 7...)
Narracion, elementos y estructura (tema 7...)
 
El Texto Narrativo
El Texto NarrativoEl Texto Narrativo
El Texto Narrativo
 
La narración: elementos y estructura.
La narración: elementos y estructura.La narración: elementos y estructura.
La narración: elementos y estructura.
 
Flash back noche de brujas -all stars
Flash back  noche de brujas -all starsFlash back  noche de brujas -all stars
Flash back noche de brujas -all stars
 

Similar to Resumen

Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castroaninha9813
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroVinseiro
 
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galegaAdrián
 
Rosalia De Castro
Rosalia De CastroRosalia De Castro
Rosalia De Castrotamara88
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuezxanela
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castroFiz
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castroErick-10
 
Rosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickRosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickErick-10
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
castelao
castelaocastelao
castelaoxenevra
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
Castelao
CastelaoCastelao
CastelaoMarlou
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivoAna Moreda
 

Similar to Resumen (20)

Casa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de CastroCasa Museo Rosalía de Castro
Casa Museo Rosalía de Castro
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdimento da literatura galega
 
Rosalia De Castro
Rosalia De CastroRosalia De Castro
Rosalia De Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Rosalia
RosaliaRosalia
Rosalia
 
Curros EnríQuez
Curros EnríQuezCurros EnríQuez
Curros EnríQuez
 
Dip diaz castro
Dip diaz castroDip diaz castro
Dip diaz castro
 
Rosalía de castro
Rosalía de castroRosalía de castro
Rosalía de castro
 
Rosalía de castro Erick
Rosalía de castro ErickRosalía de castro Erick
Rosalía de castro Erick
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
pedrayo
pedrayopedrayo
pedrayo
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
castelao
castelaocastelao
castelao
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Uxío novoneyra definitivo
Uxío novoneyra  definitivoUxío novoneyra  definitivo
Uxío novoneyra definitivo
 
Eduardo Pondal
Eduardo PondalEduardo Pondal
Eduardo Pondal
 
Castelao en Marín
Castelao en MarínCastelao en Marín
Castelao en Marín
 

More from Potatoe_Woman

More from Potatoe_Woman (11)

Lingua galega
Lingua galegaLingua galega
Lingua galega
 
As funcións vitais
As funcións vitaisAs funcións vitais
As funcións vitais
 
Lingua galega
Lingua galegaLingua galega
Lingua galega
 
Resumen Lengua
Resumen LenguaResumen Lengua
Resumen Lengua
 
Resumen metales
Resumen metalesResumen metales
Resumen metales
 
Enerxía Interna
Enerxía InternaEnerxía Interna
Enerxía Interna
 
El atletismo
El atletismoEl atletismo
El atletismo
 
Lingua galega 3 4
Lingua galega 3 4Lingua galega 3 4
Lingua galega 3 4
 
Resumen Lc
Resumen LcResumen Lc
Resumen Lc
 
Resumen CN A luz
Resumen CN A luzResumen CN A luz
Resumen CN A luz
 
Resumen cn tema 2
Resumen cn tema 2Resumen cn tema 2
Resumen cn tema 2
 

Resumen

  • 1.
  • 2.  Unha narración é a transmisión (oral ou escrita) dunha serie de sucesos (reais ou ficticios) que ocorren nun tempo e espazo determinados, e que lle ocorren a unha serie de personaxes.  O argumento é o que ocorre na narración.  Os personaxes son os que participan nos acontecementos.  O espazo é o lugar no que ocorren.  O tempo é o momento no que ocorren os sucesos  Tipos:  Literarios: Relatan feitos ficticios, inventados por un autor. Son relatados por un narrador deseñado polo escritor.  Xornalísticos: Cóntanse feitos reais. Hai dous tipos:  Noticia: relato breve dun suceso concreto.  Reportaxe: narración extensa na que se tentan determinar as causas e as consecuencias dos sucesos relatados.  Con apoio visual.
  • 3.  Palabras invariables que poden modificar o significado dun verbo, dun adxectivo, doutro adverbio ou dun substantivo. Modo Asemade, así, ben, gratis, mal, mellor, adrede, paseniño, amodo, peor, etc. Tempo Agora, aínda, despois, antano, antes, cedo, daquela, logo, sempre, acotío, xa, enseguida, nunca, etc. Lugar Abaixo, aquí, acá, alí, alá, diante, detrás, ningures, xalundes, fóra, enriba, arredor, cerca, etc. Cantidade Moito, abondo, todo, nada, algo, demasiado, apenas, pouco, so, bastante, ben, máis, menos, etc. Afirmación Abofé, tamén, si, etc. Negación Nin, non, tampouco, sequera, etc. Dúbida Acaso, seica, talvez, disque, etc.
  • 4.  Nalgunhas partes de Galicia pronuncian mal determinadas consoantes ou sílabas.  Hai varias alteracións:  Gheada: Pronunciar o “g” como a “j” do castelán.  Seseo: Substituír o “c” ou o “z” coma un “s”. Hai dous tipos:  Total: Prodúcense en todas as posicións.  Parcial: Prodúcese no final da sílaba.  Rotacismo: Cambio do “z” ou do “s” por “r”.  Metátese: Cambio de lugar dunha consoante.  Apócope: Perda da última sílaba.
  • 5.  A derivación prefixal consiste en colocar prefixos diante dun lexema para formar novas palabras.  Os prefixos teñen que ir unidos a un lexema para ter significado propio. Latinos Ad- AmbiBi-/ bisInfra- Aproximación Ambos Dous En posición inferior Multi-/pluri- Moitos Pro- Impulso Semi- Metade Tri- Tres
  • 6. Anti- Gregos Posición Contraria DecaDi- Dous Enea- Nove Emi- Metade HeptaGregos Dez Sete Hexa- Seis Hiper- Exceso Miria- Dez mil, innumero Mono- Só, único Octo- Oito Pan- Todos Penta- Cinco Podo- Pé Poli- Moitos Kilo- Mil Tele- Lonxe Tetra- Catro
  • 7.  Nesta época comezou a recuperación social e cultural do galego.  A partir do 1840 unha serie de galegos analizaron os problemas de Galicia, inspirados polos ilustrados. Coñécense coa denominación de Xeración Provincialista.  Esta xeración participou directamente nun intento de levantamento militar no 1846 para conseguir autonomía para Galicia. Foi un intento falido e os dirixentes morreron fusilados en Carral, por iso hai unha estatua conmemorativa destes.  Como fracasaron tanto política como militarmente decidiron consagrarse á cultura. No 1861 organizáronse uns Xogos Florais (recital de poesía).  O nivel da poesía non era tan alto como o esperado e o premio foi declarado deserto e unicamente se le concedeu un accésit a Francisco Añón.
  • 8. Poesía do s XIX Prerrexurdimento 1ª etapa: 1808-1837 Aparecen poetas que promoven a recuperación do galego Autores: • Xoán Manuel Pintos (A gaita galega) • Francisco Añón 2ª etapa: 1837-1863. Poesía influenciada en sucesos históricos Rexurdimento A publicación de “Cantares Gallegos” inaugura esta etapa Autores: • Rosalía de Castro • Eduardo Pondal • Manuel Curros Enríquez
  • 9.  Naceu en Santiago de Compostela o 24 de febreiro nunha casa do Camiño Novo. Filla de María Teresa de la Cruz de Castro y Abadía, fidalga vida a menos, e do sacerdote José Martínez Viojo. Actúa de madriña María Francisca Martínez, criada da nai.  Non se pode probar en que fogar -ou fogares- viviu antes de outubro de 1842. Na tradición da familia paterna asegúrase que foi coidada polas tías María Josefa e Teresa Martínez Viojo na parroquia de Ortoño, na casa onde nacera seu pai, denominada Castro de Ortoño (lugar de Tarroeira).  Consta que en 1842 vivía coa súa nai en Padrón, nunha casa da Rúa do Sol (hoxe Xoán Rodríguez do Padrón), xunto con súa nai, dona Teresa de Castro e Abadía, e a criada María Martínez. En 1850 trasládase con súa nai a Compostela, onde participa nas actividades do Liceo de la Juvendud como actriz.  1851-1855: Reside coa súa nai en Santiago (Bautizados, 6). É probable que estivesen Compostela desde 1847. En 1854 protagoniza Rosamunda de Gil y Zárate no Liceo de la Juventud de Santiago.  1855-1856: Reside coa súa nai en Padrón, aínda figurando empadroadas no ex convento de San Agustín (Santiago de Compostela), sé do Liceo de la Juventud.  1856-1858: Viaxa en abril de 1856 a Madrid. Residirá na casa da súa tía María de Castro (Ballesta, 13).  1857: Publica o seu primeiro libro, o poemario „La Flor‟ (Madrid) no xornal La Iberia. Suscitará unha benévola reseña de Murguía.  1858: O 10 de outubro casa con Manuel de Murguía en San Ildefonso de Madrid e publica a súa primeira novela: „La hija del mar‟. Comeza unha vida itinerante: Madrid, Santiago, Lestrobe, A Coruña… O matrimonio terá sete fillos. Tamén publica un manifesto feminista: “Lieders”.  1859: Primeira novela, „La hija del mar‟ (Madrid/Vigo). Nace a primera filla, Alejandra, en Santiago (Conga, 1). Apadríñaa o político Alejandro Chao. Finará en 1937.  1860: O 31 de xaneiro intervén como actriz en Santiago, nunha velada teatral a beneficio dos soldados feridos na guerra de África.  1861: Reside algún tempo en Madrid. Primeiro poema en galego, o que glosa o cantar “Adios ríos; adiós fontes” (El Museo Universal).
  • 10.  Publica por entregas „Flavio‟, ambientada na Terra de Iria.  1862: Morre súa nai en Compostela de xeito repentino. Rosalía estaba naquel momento vivindo con ela.  1863: Domicilio en Santiago, Mercado Vello 7 -2º (hoxe Praza da Universidade, 4).  Publica „A mi madre‟ e „Cantares gallegos‟, obra considerada clave no Rexurdimento literario de Galicia (Vigo, Juan Compañel).  1864: Publica o seu único conto en galego coñecido baixo un título que supón un proxecto máis amplo: “Contos da miña terra”.  Os seminaristas de Lugo ameazan con apedrar a imprenta de Soto Freire para lle impedir que publique, no seu Almanaque, o cadro de costumes de Rosalía “El Codio” (texto que ninguén coñece).  1865: “Las literatas (Cartas a Eduarda)”, artigo sobre a condición feminina, en Almanaque de Galicia (Lugo).  1866: „Ruinas‟, novela publicada por entrega en El Museo Universal de Madrid.  1867: Publica a súa novela máis longa e ambiciosa: „El caballero de las botas azules‟.  1868: Murguía é nomeado director do Arquivo de Simancas, cargo que exercerá ata 1870.  Nace a segunda filla en Santiago (Rúa Callobre, 40), Aura, que finará en Carmona en 1942.  1869-1870: En Simancas escribe grande parte do poemario „Follas Novas‟. A finais de 1870 e inicios de 1871 reside en Madrid (Claudio Coello, 13- 3º) e coñece a Bécquer.  Murguía é trasladado ao Arquivo do Reino de Galicia e a familia pasa a vivir na cidade da Coruña.
  • 11.  1871: Reside co seu home na Coruña ata 1874. Nacen en Lestrobe os xemelgos Gala e Ovidio. Gala finou en 1964. Ovidio, que foi pintor de certa calidade, finará na Coruña en 1900.  1872: Segunda edición de „Cantares Gallegos‟ (Madrid) que contén 4 poemas máis. É a única reedición, en vida, dun libro de Rosalía.  1873: Nace na Coruña, Príncipe 3-2º (hoxe Padilla) Amara, que finou na mesma cidade, en 1921.  1875: Nace en Santiago (Senra, 17 principal) Adriano, que faleceu ao caer dunha mesa 19 meses despois.  1877: Nace morta en Santiago Valentina.  1878-1879: Vive en Santiago, primeiro en Altamira 2 e, despois en Hórreo 9.  1880-1881: Mentres Murguía está en Madrid, Rosalía alterna a súa residencia en Santiago con estancias en Lestrobe.  1880: Publícase „Follas Novas”, obra que a consagra como poeta galega.  1881: Publicación de „El primer loco‟, co apéndice de “El domingo de Ramos”. Tamén neste ano asina en Lestrobe varias entregas co título de “Padrón y las inundaciones”.  1882-1883: Publica un número considerable de poemas casteláns na Ilustración Cantábrica (Madrid) e en La Nación Española (Buenos Aires) que recollerá no libro „En las orillas del Sar‟. Polo menos desde 1883 vive no lugar de A Matanza (Padrón) na que, desde 1972, é Casa-Museo gobernada pola correspondente Fundación.  1884: Publica o seu último libro de poemas: „En las orillas del Sar‟.  1885: Fina aos 48 anos de idade o 15 de xullo. O certificado de defunción consigna: “…a consecuencia de una degenaración cancerosa del útero”. É soterrada o día 16, en Iria Flavia, no cemiterio de Andina que ela cantara en célebre poema “O simiterio de Adina / n´ hai duda que é encantador…”.  1891: O 25 de maio foi exhumado o seu cadáver e levado solemnemente a Santiago, onde foi sepultado ao día seguiente no mausoleo creado ad hoc polo escultor Jesús Landeira, sito na capela da Visitación do Convento de San Domingos de Bonaval, hoxe Panteón de Galegos Ilustres.
  • 12.  O derradeiro irmán de entre sete fillos nunha familia de orixe fidalga enriquecida coa emigración a América, Eduardo Pondal quedou orfo de nai ao ano de nacer, seu pai era comerciante. Estudou dende 1844 gramática latina na escola que tiña un parente seu crego (Cristóbal de Lago) en Vilela de Nemiña. En 1848 instalouse en Santiago de Compostela para cursar o Bacharelato en Filosofía e, a seguir, a carreira de Medicina. De estudante frecuentou o Liceo de Santo Agostiño, onde había tertulias literarias, e revelouse como poeta, co seu íntimo amigo Aurelio Aguirre, nunha ocasión que se fixo célebre: o banquete de Conxo, do que falan todos os historiadores da literatura galega. Foi un banquete organizado en 1856 polos estudantes liberais en homenaxe "ao terceiro estado", no que fraternizaron obreiros e estudantes. Os brindes de Aguirre e de Pondal tiveron un sentido político moi avanzado, e por eles procesounos a Audiencia da Coruña que chegou a considerar deportalo ás Illas Marianas. Desta época datan os seus textos manuscritos máis antigos, atopados no arquivo do arcebispado de Santiago de Compostela[1].  Ao rematar a carreira en 1860 exerce como médico militar da Armada Española en Ferrol. En 1861 fixo oposicións en Madrid ao corpo de Sanidade Militar, mais, tras conseguir un posto na fábrica militar de Trubia (Asturias), deixou a praza e abandonou de maneira definitiva a profesión médica retornando á casa paterna. O 2 de xullo de 1861 celebráronse na Coruña os primeiros Xogos Florais de Galicia, no que Pondal participou con A campana d'Anllóns, o seu primeiro poema en galego que se publicou ao ano seguinte no Álbum de la Caridad.  Pondal apenas exerceu a súa carreira médica. Retirouse axiña á súa casa paterna e alí viviu, con frecuentes viaxes a Santiago de Compostela e á Coruña, onde concorría á libraría de Carré, chamada a "Cova Céltica", na que mantiñan un parladoiro Andrés Martínez Salazar, Manuel Murguía, Florencio Vaamonde, Evaristo Martelo Paumán, Manuel Lugrís Freire e outros. Alí accedeu a través de Murguía aos poemas ossiánicos de James Macpherson. Pondal asumirá entón o papel de "bardo" da nación galega, exercendo como guía e intérprete da rota a seguir.
  • 13.  No ano 1877 saíu do prelo Rumores de los pinos, un conxunto de vinte e un poemas en galego e español que servirá de base a Queixumes dos pinos (1886). Esta obra recupera da versión bilingüe as composicións en galego, inclúe aínda algúns dos poemas en español agora traducidos e coñecerá diversas ampliacións nas edicións seguintes. "Os pinos", xurdido das sucesivas reelaboracións de "Rumores de los pinos", conformará o himno galego, ao que Pascual Veiga lle porá música.  A saudade de Pondal, poeta da liberdade, que ansiaba levantar un pobo, oriéntase cara a un pasado que el imaxinaba libre e independente, e que o seu impulso lírico quer reconquistar. A poesía de Pondal proponse renovar a historia. Como do pasado céltico non quedan máis que vagos vestixios, Pondal esfórzase en adiviñalo, guiándose polos poemas de Ossian, por algunhas citas de Leabhar Ghabhála e polas investigacións de Murguía, e crea un mito fragmentario, distante da historia, indeterminado, arredor de dous arquetipos: o Heroi e o Bardo. Pero trátase dun pasado de gran beleza e dunha forza de suxestión extraordinaria.  Pondal, poeta abandeirado do movemento rexionalista, encamiñará a súa obra á recuperación da lingua e da cultura galegas e á decidida defensa da liberdade do noso pobo. A súa escrita, fundamentalmente épica, irá en procura de mitos autóctonos que chamen á colectividade galega para comprometela co seu futuro. O bergantiñán vai cantar as xestas dos heroicos celtas galegos. Mais Pondal é tamén un excelente cultivador da poesía lírica, recreando unha paisaxe agreste inspirada nas terras de Bergantiños. Xunto coa natureza, a muller configurarase como unha das chaves da súa produción lírica. No plano lingüístico, Pondal procurou a dignificación do idioma fuxindo do estilo populista da época e incorporando diversos cultismos aristocratizantes no léxico e na sintaxe. O trazo máis acusado da súa personalidade literaria foi, sen dúbida, a clara consciencia da dimensión artística da súa obra, o que o levou a revisar constantemente as súas creacións, mesmo as xa publicadas. Neste sentido, non resulta estraño que de Os Eoas, un extenso poema épico baseado na descuberta do continente americano -do cal o autor só publicase un primeiro esbozo en 1858- non chegase a ver finalmente a luz en vida do propio poeta (de feito, só foi publicado, finalmente, no 2005).Trátase, non obstante, da obra que o propio Pondal e os seus correlixionarios consideraban como decisiva na súa carreira e aínda para a consolidación da propia literatura galega. Facendo nela a Colón galego -de acordo coas teses de García de la Riega, Constantino Horta...-, Pondal pretendía universalizar Galicia e, ao tempo, o idioma galego no canto dunha xesta que superase a proba dos séculos.
  • 14.  1851 Nace en Celanova o 15 de setembro. Fillo de Xosé María de Curros Vázquez, escribán de profesión, e de Petra Enríquez.  1866 Fuxe da casa cara Madrid.  1869 Escribe o seu primeiro poema en galego "Cántiga" mentres estudaba Dereito en Madrid, carreira que non rematou.  1870 Reside varios meses en Londres segundo a afirmación dalgúns biógrafos.  1871 Casa polo civil con Modesta Vázquez Rodríguez (matrimonio relixioso en 1877).  1873 Redactor na "Gaceta de Madrid".  Nace o seu primeiro fillo, Adelardo.  1874 Publica a lenda en verso El maestre de Santiago, editado como libro en 1892.  1875 Asiste, como socio, ao acto fundacional da primeira sociedade de intelectuais galegos na emigración: Galicia Literaria en Madrid.  A partir de decembro convértese en cronista de "El imparcial" de Madrid. Neste xornal traballa como correspondente de guerra no País Vasco durante a terceira guerra carlista, onde é ferido accidentalmente ao ano seguinte.  1877 Gaña un certame poético convocado en Ourense por Modesto Fernández y González cos poemas "A Virxe do Cristal", "O gueiteiro" e "Unha voda en Einibó".
  • 15.  1878 Entra a traballar na delegación de Facenda de Ourense trala súa volta de Madrid.  Publica a novela anticarlista Paniagua y Compañía. Agencia de sangre.  1879 Morre o seu segundo fillo Leopoldo con dous anos de idade. Acontecemento que recolle o poema "Ai".  1880 Edita no mes de xuño o seu primeiro libro de poemas en galego: Aires da miña terra.  1881 É absolto pola Audiencia da Coruña tras ser condenado en Ourense debido á denuncia feita polo bispo Cesáreo Rodrigo Rodríguez, por conter Aires da miña terra varios poemas aldraxantes para varios dogmas da fe católica. As composicións encausadas foron: "A igrexa fría", "Mirando ó chau" e "Pelegrinos, a Roma".  1883 Trasládase de novo a Madrid para traballar no Concello de Madrid e volta ao xornalismo en "El Porvenir".  1886 3ª edición de Aires da miña terra (a 2ª foi editada en 1881).  1887 Entra na redacción do xornal recen fundado "El Pais" como redactor xefe.  1888 Publica O divino sainete, obra satírica contra a igrexa.  1892 Tradúcese ao castelán Aires da miña terra.  1893 Edita en castelán estudio biográfico-político de Eduardo Chao.  Recibe unha homenaxe co gallo da inauguración do Centro Galego de Madrid o 27 de marzo.  1894 Emigra a Cuba (A Habana) onde funda e dirixe a revista "La Tierra Gallega" que desaparece dous anos despois.  1896 Entra na redacción do "Diario de la Marina".  Rompe as relacións co Centro Galego da Habana.  1904 Realiza unha visita a Galicia durante os meses de maio a outubro. o 21 de xuño homenaxéaselle cunha magna coroación na Coruña, pasando a ser o primeiro poeta galego coroado.  1905 Colabora con José Fontenla Leal na creación da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega, que presidirá.  1907 Participa no acto de presentación do Himno Galego na Habana.  1908 Morre o 7 de marzo. O seu cadáver entérrase na Coruña o día 2 de abril coa asistencia de 40.000 persoas.  1967 A Real Academia Galega dedícalle o Día das Letras Galegas.