Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro

3,594 views

Published on

0 Comments
1 Like
Statistics
Notes
  • Be the first to comment

No Downloads
Views
Total views
3,594
On SlideShare
0
From Embeds
0
Number of Embeds
2,259
Actions
Shares
0
Downloads
19
Comments
0
Likes
1
Embeds 0
No embeds

No notes for slide

Rosa Salgueiro: Rosalía de Castro

  1. 1. ROSALÍA DE CASTRORosa Salgueiro(presentación feita a partir da de Sofía Rama)
  2. 2. ROSALÍADE CASTRORosalía de Castro (1837-1885) é a figura máisimportante e universal da literatura galega. Porén,despois da súa morte teceuse conscientemente unhaimaxe distorsionada dela:•unha “santiña”, unha “chorona”, unha coitada aldeápouco culta que escribía porque lle mandaba ou lleditaba o home, Murguía•unha imitadora de Bécquer, romántica rezagada• unha autora inconsciente do papel que xogaba e daimportancia das súas obras• unha versificadora espontánea sen coñecementosde arte poética…Así o resumiu Unamuno: “una pobre aldeana gallegametida a poeta”…Pola contra, Díaz Canedo di: “Cuando todoscantaban, ella se atrevía a hablar…”Os feitos demostran que Rosalía era conscientede ser MULLER, GALEGA e ESCRITORA.O mito manipulado
  3. 3. MullerDaquelas que cantan as pombas i asfrores,Todos din que teñen alma de muller;Pois eu que n‟as canto, Virxe daPaloma,Ai! De que a terei?Primeiro poema deVaguedásCando Rosalía comeza a escribir:•máis do 90% das mulleres galegaseran analfabetas.•as escasas escritoras quehabía, escribían en español etrataban temas “de muller”: apaisaxe, o amor romántico, arelixión…Na súa obra reivindicou osdereitos da muller nunhasociedade dominada poladesigualdade e a marxinación.Podemos considerala unhaadiantada ao movementofeminista (xorde arredor de 1880)e a primeira feminista galega.…la vulgar idea de que la mujer sólosirve para las labores domésticas yque (la que se aparte de esto) es dignade la execración general.La hija del mar,1859Decid que lo que quereis es vernosesclavas y no compañeras vuestras,decid que de un ser que siente ypiensa como vosotros quereis hacerjuguetes huecos…Mara, na novelaFlavio…tantas criaturas devoradas por lamiseria y el trabajo; tantas otrasdevoradas por el fastío y el ocio. Esuna terrible calamidad, y en vano sehabla de progreso: las mujeres siguenatormentadas.Mara, na novelaFlavio
  4. 4. GalegaRosalía é consciente de queescribe nun país secularmentepostrado edesconcienciado, marxinado.A súa defensa da identidadegalega e da escrita en galegositúana ideoloxicamente noProvincialismo e no Rexionalismo.Daquela, é unha precursora donacionalismo progresista que sedesenvolverá no séc. XX.Denuncia particularmente osabusos e as inxustizas cometidoscon Galiza e cos galegos naemigración.Castellanos de Castilla,Tratade ben ôs gallegos:Cando van, van como rosas,Cando vên, vên como negros.(…)Foi a Castilla por pan,E saramagos lle deron;Déronlle fel por bebida,Peniñas por alimento.(…)Permita Dios, castellanos,Castellanos que aborreço,quantes os gallegos morranquir a pedirvos sustento.CANTARESGALLEGOS
  5. 5. GalegaIdentifícase cosproblemas, sufrimentos easpiracións das clasespopularesgalegas, especialmente coas“viúvas de vivos”.Presenta unha imaxe de Galiza eda súa xente digna enormal, fronte aos prexuízosexistentes.Entón, poderíase considerarprecursora doanticapitalismo, pois defende osvalores sociais e morais do pobofronte ao individualismo e opoder do diñeiro. DO ÍNTIMO.FOLLASNOVAS.Aqués que tén fama d honrados na vilaroubáronme tanta brancura qu eu tiña;botáronme estrume nas galas dun día,a roupa de cote puñéronma en tiras.Nin pedra deixaron en dond eu vivira;sin lar, sin abrigo, morei nas curtiñas;ó raso cas lebres dormín nas campías;meus fillos... ¡meus anxos!... que tant eu quería,¡morreron, morreron ca fame que tiñan!Quedei deshonrada, mucháronm a vida,fixéronm un leito de toxos e silvas;i en tanto, os raposos de sangre maldita,tranquilos nun leito de rosas dormían.―Salvádeme ¡ouh, xueces!, berrei... ¡Tolería!De min se mofaron, vendeum a xusticia.―Bon Dios, axudaime, berrei, berrei inda...tan alto qu estaba, bon Dios non m oíra.Estonces, cal loba doente ou ferida,dun salto con rabia pillei a fouciña,rondei paseniño... (ne as herbas sentían)i a lúa escondíase, i a fera dormíacos seus compañeiros en cama mullida.Mireinos con calma, i as mans estendidas,dun golpe ¡dun soio! deixeinos sin vida.I ó lado, contenta, senteime das vítimas,tranquila, esperando pola alba do día.I estonces... estonces cumpreuse a xusticia:eu, neles; i as leises, na man qu os ferira.Nao
  6. 6. Galega• Rosalía escribiu engalego, consciente da súasubversión. Considerábaonecesario dado que sabía queno estado existían “hueste ypendón en contra de losinofensivos dialectos, de loscuales se teme lleguen algúndía a comprometer la salud yla integridad de España”.•Tamén escribiu en españolpara poder publicar e intentarvivir da súa profesión deescritora.CANTARESGALLEGOSProbe Galicia, non debesChamarte nunca española.Qu España de ti s olvidaCando eres ay! tan hermosa.Cal si na infamia nacerasTorpe, de ti s avergonza,Y á nay qu un fillo despreçaNay sin coraçon se noma.Naide por que te levantesCh aIarga á man bondadosa.Naide os teus prantos enxuga,Y homilde choras e choras.Galicia, ti non tés patria,Ti vives no mundo soya,Y á prole fecunda tuaS espalla en errantes hordas,Mentras trist e solitariaTendida na verde alfombraO mar esperanzas pidesDe Dios á esperanza imploras.Por eso anqu en son de festaAlegre á gaitiña s oyaEu podo decircheNon canta que chora.
  7. 7. EscritoraSe aínda hoxe falamos demarxinación da muller, podemosimaxinar que suporía que unhamuller do XIX quixera vivir de serescritora (daquela escribir poesíaou novelas era síntoma defrivolidade ou de depravación)e, ademais, en galego.Rosalía reclamaba o dereito aexpresar coa súa escrita non só oque sentía, senón tamén o quepensaba.Probablemente a incomprensiónque padeceu provocoulle unsentimento de desacougoexistencial, de nihilismo, queconverte o seu eu-poético nunhaalma atormentada disposta amorrer para non padecer máis oupara expiar algunha culpa.LasLiteratasTu no sabes lo que es ser escritora, (…) Quecontinuo tormento! ; por la calle te señalanconstantemente, y no para bien y en todaspartes murmuran de ti (…) y los hombres nocesan de decirte siempre que pueden queuna mujer de talento es una calamidad(…), sobre todo los que escriben y se tienenpor graciosos no dejan pasar nunca laocasión de decirte que las mujeres debendejar la pluma y repasar los calcetines desus maridos…Cando penso que te fuches,negra sombra que me asombras,ó pé dos meus cabezalestornas facéndome mofa.Cando maxino que es ida,no mesmo sol te me amostras,i eres a estrela que brila,i eres o vento que zoa.Si cantan, es ti que cantas,si choran, es ti que choras,i es o marmurio do ríoi es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todo,pra min i en min mesma moras,nin me abandonarás nunca,sombra que sempre measombras.FOLLASNOVASAstarot
  8. 8. A súa obraPOESÍA PROSA1857 Castelán La flor (Romanticismo)1858 Castelán Lieders1859 Castelán La hija del mar (novela)1862 Galego Poemas(Album de laCaridad)Castelán Flavio (novela)1863 Castelán A mi madre (Romanticismo)Galego Cantares Gallegos1864 Galego Conto galego1866 Castelán Las literatas, El cadiceño, Ruinas (novela)1867 Castelán El caballero de las botas azules (novela)1880 Galego Follas Novas1881 Castelán El primer loco (novela), El domingo de ramos, Padrón y lasinundaciones, Costumbres gallegas.1884 Castelán En las orillas del Sar
  9. 9. Cantares Gallegos (1863)Lírica popular etradicionalLibro de los cantares deAntonio Trueba (1852)Prólogo :•Captatiobenevolentia•Intencións36 poemas1. Reivindicar a validez do noso idioma para todo tipo de poesía.2. Denunciar a explotación e o desprezo que sofren os labregos,as mulleres e os emigrantes galegos.3. Combater a negativa imaxe que se tiña de Galiza.FONTESPARTESDA OBRAOBXECTIVOSde CantaresGallegosDedicatoria
  10. 10. Por esto, inda achándome debil de forzas, e n´habendo deprendido enmáis escola que a dos nosos probes aldeáns, guiada solo por aquelescantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados quetan docemente resoaron nos meus oídos desde a cuna, e que foranrecollidos polo meu corazón como herencia propia, atrevinme a escribirestos cantares (...)Sin gramáticas nin regras de ningunha clas, o lector topará moitas vecesfaltas de ortografía, xiros que disoarán os oídos dun purista, pro ó menos, epra disculpar en algo estes defectos, puxen o maior coidado en reprodusir overdadeiro esprito do noso pobo.Prólogo de CANTARES GALLEGOS,ROSALÍA DE CASTRO - 1863
  11. 11. Cantares Gallegos. O costumismoISi a vernos, Marica, nantronte viñerasá festa do Seixo na beira do mar,ti riras, Marica, cal nunca te richesdebaixo dos pinos do verde pinar.Á sombra dos pinos, Marica, ¡que cousaschistosas pasaron!, ¡que rir toleirón!Relouca de arriba, relouca de abaixo,Iñamos, viñamos i o bombo… ¡pon!... PoAs cóchegas brandas, as loitas alegres,Os berros, os brincos, os contos sin fel,Todiños peneques, alegres todiños…I a nosa señora detrás do tonel.II¡Coitada!, ¡que festa brandida perdeche!Cantaras, beberas, dormiras , i asínun feixe miraras rolar xuntamentemociños e vellos de aquí para alí.Coa vista trubada, cos ollos dormentes,sorrindo, comendo, pifando e aínda máis,¡que apertos, que olladas tan chuscas trocabanas nenas de xenio cos mozos de Cais!Debaixo dos ricos pareauguas de sedaque abertos formaban tamaño rodel,todiños chispados, ¡que cousas decían!I a nosa señora detrás do tonel.IIIMais ela decote tan grave e soberbatan fina de oído, tan curta de mans,xordiña quedara falando por sete,con probes e ricos, con porcos e cans.Meu amo, folgado de tanta largueza,que n’era costume na donda tal ver,tamén, ¡miña xoia!, saltando da burra,¡pin!, ¡pan!, río arriba botouse a correr.I a dona sorría con ollo entreaberto,comendo castañas e viño con mel…¡Que festa, Marica…! Todiños peneques…I a nosa señora detrás do tonel.
  12. 12. Cantares Gallegos. A emigraciónAdiós, ríos; adiós, fontes;adiós, regatos pequenos;adiós, vista dos meusollos:non sei cando nosveremos.--Miña terra, miña terra,terra donde me eu criei,hortiña que quero tanto,figueiriñas que prantei,--prados, ríos, arboredas,pinares que move ovento,paxariños piadores,casiña do meu contento,IVendéronllos bois,vendéronllas vacas,o pote do caldoi a manta da cama.Vendéronllo carroi as leiras que tiña;deixárono soiocoa roupa vestida.-María, eu sonmozo,pedir non me é dado;eu vou polo mundopara ver de ganalo.Galicia está probe,i á Habana me vou...¡adiós, adiós, prendasdo meu corazón!La verdadera patria del hombre es el mundo entero.Allí donde respire aire y libertad, allí donde pose con seguridad su planta, allí es el reino deun alma libre, allí su amada patria, el lugar bendecido, la tierra santa, que puede regar con elsudor de su frente. ¿Por qué detenerme un instante más? Un mismo sol, ¿no da vida y calor atodo el universo? Adiós, pues, lugares a quien no amo. Casa que me ha visto nacer. Jardín endonde por primera vez aspiré el aroma de las flores. Fuentes cristalinas, bosque umbroso, endonde gemía el viento en las tardes del invierno, prado sonriente bañado por el primer rayo delsol, ¡adiós!Adiós, tranquilo hogar, techo amigo,
  13. 13. Cantares Gallegos. A soidadeCampanas de Bastavales,cando vos oio tocar,mórrome de soidades.Cando vos oio tocar,campaniñas, campaniñas,sin querer torno a chorar.Cando de lonxe vos oio,penso que por minchamades,e das entrañas me doio.Dóiome de dor ferida,que antes tiña vida enteirai hoxe teño media vida.Sólo media me deixaronos que de aló me trouxeron,os que de aló me roubaron.Non me roubaron, traidores,¡ai!, uns amores toliños,¡ai!, uns toliños amores.Que os amores xa fuxiron,as soidades viñeron…De pena me consumiron.Cantarpopularglosa
  14. 14. Follas Novas (1880)Simancas, 1868-1870Publícase o mesmo ano queAires da miña terra deCurros e Saudades gallegasde Lamas CarvajalPRÓLOGO : Dúas palabrasda autora•Arte poética•Intencións137 POEMAS• Obra persoal e filosófica.• Só algúns poemas continúan a liña de Cantares…• Concibido no “desterro”. Ton pesimistaORIXESPARTESDA OBRACARACTE-RÍSTICAS1. Vaguedás4. Da terra3. Varia2. Do íntimo!5. As viúdas dosvivos e as viúdasdos mortos.• Orixinalidade métrica, con moldes inusuais e cunha rimaasonante que exemplifica o paso do XIX ao XX (Vangardas).•Galiza deixa de ser a protagonista, aparece só enocasións, porén mantense como pano de fondo.
  15. 15. Follas Novas (1880)1. Vaguedás4. Da terra3. Varia2. Do íntimo!5. As viúvas dosvivos e as viúvasdos mortos.TemáticaFollasnovasPoesía subxectiva (intimista)MesturaPoesía obxectiva (social)•A poesía social•A poesíaintimista•A relixiosidade•O sentido daescritura•As sombrasRosalía escribira os poemas de Follas Novas dez anos antes da súapublicación entre (1868 e 1870). O desprezo recibido e a frustraciónenterrárona nun caixón até que a Sociedade de beneficiencia dosnaturales de Galicia n’Habana deu en poñer os cartos para a súapublicación. Por iso a autora llo agradece no prólogo: Dúas palabras daautora.
  16. 16. Follas Novas. A poesía socialA poesía social de Follas Novas estárecollida nas dúas últimas partes: Daterra e As viúvas dos vivos e as viúvasdos mortos. Rosalía identifícase cossentimentos da sociedade que padecedúas situacións oprobiosas: a miseriae a emigración, centrándose na mullergalega como exemplo de suxeitopadecente. Mais este exemploresultará válido para calquera mullerrural do planeta: velaí auniversalidade de Rosalía.Tecín soia a miña tea,sembrei soia o meu nabal,soia vou por leña ó monte,soia a vexo arder no lar.Nin na fonte nin no prado,así morra coa carrax,el non ha de virma erguer,el xa non me pousará.¡Que tristeza! O vento soa,canta o grilo ó seu compás...Ferve o pote... mais, meu caldo,soíña thei de cear.Cala, rula, os teus arrulosganas de morrer me dan;cala, grilo, que si cantas,sinto negras soïdás.O meu homiño perdeuse,ninguén sabe en onde vai...Anduriña que pasachecon el as ondas do mar;anduriña, voa, voa,ven e dime ondestá.
  17. 17. Follas Novas. A poesía intimistaA poesía intimista de Follas Novasabrangue os dous primeiros libros,Vaguedás e Do íntimo.No primeiro, reflexiona sobre o seupropio labor de poeta e sobre a súapropia obra.Follas novas! risa dameEse nome que levás,Cal sa un-ha moura ben moura,Branca lloise chamar.—Non Follas novas, ramalloDe toxos e silvas sôs,Hirtas, comas miñas penas,Feras, comá miña dor.—Sin olido nin frescura,Bravas magoás e ferís...¡Se na gándara brotades,Como non serés así!Vaguedás.FollasNovas
  18. 18. Follas Novas. A poesía intimistaNa segunda parte, Do íntimo, plasma assúas reflexións filosóficas: a perda dasilusións, a insolidariedade humana, opaso do tempo, o desamor, oatormentado espírito humano, asintransixencias da igrexa católica, alexitimidade da violencia como armacontra a inxustiza, a morte comoliberación…Rosalía fai unha viaxe dolorosa ás súasentrañas: o que atopa é a soidade (acondición do ser humano é estar só enada pode aliviar este desamparo, de aía agonía existencial). Tamén descobre asaudade, a tristura que xorde dasoidade existencial e que a afoga até ternostalxia da dor, o seu 3ºdescubrimento(vivir significa sufrir).¿QUEN NON XIME?Luz eprogreso en todas partes... peroAs dudas nos corazós,E vagoas quun non sabe por que corren,E dores quun non sabe por que son.—Outro cantar din cansadosDeste estribilo os que chegando van,Nun-ha nova fornada, e quandan cegosBuscando o quinda non hay.—¡Reprobos!... sempre ô ocultoperguntandoQue mudo nada vos di.Buscade á fé, que se perdeu na dudaE deixade de xemir.—Mais eles tamen perdidosPor un-ha y outra senda van e vênSin que sepan ¡coitados! por ondandan,Sin paz, sin rumbo e sin fé.DoíntimoFollasNovas
  19. 19. Follas Novas. A relixiosidadeNa segunda parte desta obra,Do íntimo, Rosalía non dubidada existencia desa vida despoisda morte na que as ánimas dosdefuntos participan nos asuntosdos que aínda viven, mais oque si a angustia é o sentido dapropia existencia: o silencio deDeus perante as inxustizas eas crueldades que sofren osdesprotexidos. Isto provocanela, primeiramente, unha feoscilante e, finalmente, aausencia total de fe.I uns eran seus amantes noutros días,deudos eran os máis, i outros amigos,compañeiros da infancia,sirventes e veciños;mais pasando e pasando diante dela,fono os mortos aqueles prosiguindoa indiferente marchacamiño do infinito,mentras cerraba a noite silenciosaos seus loitos tristísimosen torno da estranxeira na súa patria,que, sin lar nin arrimo,sentada na varanda contemprabacal brilaban os lumes fuxitivos.Do íntimoFollas NovasEstranxeira na súa patriaNa xa vella varandaentapizada de hedras e de liriosfoise a sentar calada e tristementefrente do tempro antigo.Interminable precesión de mortos,uns en corpo nomais, outros no esprito,veu pouco a pouco aparecer na alturado direito camiñoque monótono e branco relumbraba,tal como un lenzo nun herbal tendido.Contemprou cal pasaban e pasabancollendo hacia o infinito,sin que ó fixarse nelaos ollos apagados e afundidosderan siñal nin moestrade habela nalgún tempo conocido.
  20. 20. Follas Novas. A sombra e as sombrasEn todo o poemario aparece unhaobsesiva presenza da sombra/s,símbolos da poética rosaliana.A sombra é a dor universal,mesmo a consciencia da morte. Assombras son o símbolo dosremorsos, dun pasado tormentoso.Cando penso que te fuches,negra sombra que m„ asombras,ó pé dos meus cabezalestornas facéndome mofa.Cando maxino qu es ida,no mesmo sol te m amostras,i eres a estrela que brila,i eres o vento que zoa.Si cantan, es ti que cantas;si choran, es ti que choras;i es o marmurio do río,i es a noite i es a aurora.En todo estás e ti es todopra min i en min mesma moras,nin m abandonarás nunca,sombra que sempre m asombras.Do íntimo,Follas Novas
  21. 21. Follas Novas. O sentido da escritaNa primeira parte desta obra,Vaguedás, Rosalía sérvesedun dos seus temaspreferidos: o propio sentidoda escrita. Pregúntase poloacto de escribir, cae enrespostas contraditorias quenon a satisface, até o puntode que a propia tarefaliteraria enxendra novossufrimentos na escritora.¡SILENCIO!A man nerviosa e palpitante o seo,as niebras nos meus ollos condensadas,con un mundo de dudas nos sentidosi un mundo de tormentos nas entrañas,sentindo cómo loitanen sin igual batallainmortales deseios que atormentane rencores que matan,mollo na propia sangre a dura prumarompendo a vena hinchada,i escribo..., escribo..., ¿para qué? ¡Volvedeó máis fondo da ¡alma,tempestosas imaxes!¡Ide a morar cas mortas relembranzas!¡Que a man tembrosa no papel só escribapalabras, e palabras, e palabras!Da idea a forma inmaculada e pura¿dónde quedóu velada?Vaguedás, FollasNovas
  22. 22. A pegada de Rosalía IDo mar pola orelamireina pasar,na frente unha estrela,no bico un cantar.A musa dos pobosque vin pasar eu,comesta dos lobos,comesta se veuE vina tan solana noite sin fin,¡Que ainda recei pola probe da tolaeu, que non teño quen rece por min!.Os ósos son dela, que vades gardar.¡Ai dos que levan na fronte unha estrela!¡Ai dos que levan no bico un cantar!Manuel Curros Enríquez, 1891Canzón de cuna pra Rosalía Castro, morta¡Érguete, miña amiga,que xa cantan os galos do día!¡Érguete, miña amada,porque o vento muxe, coma unha vaca!Os arados van e véndende Santiago a Belén.Dende Belén a Santiagoun anxo ven en un barco.Un barco de prata finaque trai a door de Galicia.Galicia deitada e quedatransida de tristes herbas.Herbas que cobren teu leitoe a negra fonte dos teus cabelos.Cabelos que van ao maronde as nubens teñen seu nidio pombal.Érguete, miña amiga,que xa cantan os galos do día!¡Érguete, miña amada,porque o vento muxe, coma unha vaca!Federico García Lorca: Seis poemas galegos, 1935
  23. 23. Decimos RosalíaI alcéndese un espelloNa noite largacíaNa noite ensimesmadaCai un orballo escuroDe auga lenta e caladaDe auga lenta de pranto:Nosos ollos son fontesDe tanto chorar tanto.De tanto vao laído,Polas serras e valesPasa un vento ferido.Pasa un río entoldado,Que o entoldou un tempoDe renuncia humildado.De renuncia está feitoO puñal que levamosEspetado no peito.Espetado en ringleirasDos galegos que marchanPrás terras estranxeiras.Decimos RosalíaI o corazón da matriaSangra na noite fría.Celso Emilio Ferreiro, 1975A pegada de Rosalía IIVaguedásUnha vez tiven un cravoperdinotampouco imos facer un drama do asuntoSamuel L. París: Inflamable, 2012“ De Cantares hoxe. Os Cantares gallegos de Rosalíade Castro no século XXI” no Diario cultural da RadioGalega
  24. 24. A pegada de Rosalía IIIRosalía en Air GaliciaRosalía rancheiraRosalía fai autostopRosalía, Curros e Pondal nos TonechosPeregrinaxe lírica polos lugares rosalianos:

×