Meteoroloxía:
OS MAPAS DOTEMPO
Definición.
Tipos:
Mapa de superficie.
Mapa de altura.
Elementos visibles:
Isóbaras.
Centros de acción.
Frontes
Algunhas situacións
meteorolóxicas:
Situación anticiclónica
de verán
Situación ciclónica
con advección do W
Gota fría
Tempo do norte:
onda de frío.
2.
Definición
• Os mapasdo tempo constitúen unha fonte
de traballo básica para a climatoloxía.
• Ofrecen unha visión global dos aspectos
meteorolóxicos que caracterizan o tempo
atmosférico nun territorio, singularmente
dos sistemas de presión.
3.
Mapas de superficie
•Os mapas de superficie
son representacións
cartográficas que amosan
a disposición dos campos
de presión ao nivel do
mar. Esta configuración
represéntase cunhas
isoliñas que unen os
puntos xeográficos coa
mesma presión
atmosférica denominadas
isobaras.
4.
Mapas de altura
•Os mapas de altura
son mapas
topográficos que
representan
superficies de igual
presión atmosférica.
As isoliñas son, neste
caso, isohipsas xa
que unen os puntos de
igual altura.
Os máis habituais son
os de 300 e 500 mb
(Hpa)
5.
Isóbaras.
Definición
As isobaras sonas liñas que unen
os puntos con igual presión
atmosférica nun momento dado. Polo
xeral trázanse cada 4 mb (hpa).
Baseándonos nelas, podemos:
•
Sinalar a dirección do vento.
•
Definir o gradiente de presión (a
relación entre a diferencia de
presión e a distancia entre dous
puntos). Existe unha relación
directa entre gradiente e
intensidade do vento.
•
Deducir as características das
masas de aire que afectan a un
área xeográfica determinada.
•
Visualizar os centros de acción
(configuracións isobáricas).
6.
Isóbaras.
Configuracións isobáricas básicas
Arepresentación gráfica dos centros
de acción dá orixe ás chamadas
configuracións isobáricas. Dúas
son as básicas
•
Anticiclón (A): configuración
formada por isobaras cerradas,
elípticas ou circulares, que acada
no centro o valor máximo de
presión, que diminúe cara fóra.
•
Ás veces, a presión nun punto ten
valores superiores ás da área
cicundante, sen acadar os 1.013
mb. Falamos daquela de alta
presión relativa (a).
•
Depresión ou borrasca (B):
forma definida por isóbaras
cerradas, elípticas ou circulares,
que acada no centro o valor
mínimo de presión, que aumenta
cara fóra
•
Noutras ocasións, a presión dun
punto supera os 1.013 mb pero e
inferior á da área cicundante.
Trátase dunha baixa presión
relativa (b). Neste caso,
xeralmente, terá unha orixe térmica.
7.
Isóbaras.
Outras configuracións isobáricas.
•
DORSAL
ANTICICLÓNICA(cuña,
lomba, crista):
configuración isobárica
constituída por isóbaras
non cerradas, prolongación
dun anticiclón con forma
de U invertida máis ou
menos inclinada
•
VALGADA-VAGUADA
(suco): formada por
isóbaras non cerradas
como prolongación dunha
depresión con forma de V
máis ou menos inclinada.
Ubícase xeralmente entre
dous anticiclóns.
•
PANTANO BAROMÉTRICO:
caracterízase por presentar un
gradiente moi baixo de xeito
que a penas aparecen isóbaras
ou fano cunhas formas pouco
definidas formando pequenos
núcleos, con valores próximos
aos medios.
•
SELA-SILLA DE MONTAR
(collado, punto neutro,
punto hiperbólico):
configurada por isóbaras
non cerradas cunha forma
que lembra unha sela de
montar resultante da
disposición en cruz de
dous anticiclóns e dúas
borrascas. Se o eixo
cominante é o que une os
anticiclóns denomínase
ponte anticiclónica. No
caso contrario, falaremos
de desfiladeiro de baixas
presións .
•
ISÓBARAS PARALELAS:
feixe amplo e ben definido
de isóbarras paralelas
8.
Centros de acción.
Definición
•
ANTICICLÓN:O aire nun
anticiclón é máis estable có das
áreas circundantes xa que este
descende sobre a superficie dende
as capas altas da atmosfera
(subsidencia). Polo tanto, os
anticiclóns asocianse a situacións
de tempo estable e de ausencia de
precipitación xa que a subsidencia
dificulta notablemente a formación
de nubes.
•
BORRASCA (ciclón ou
depresión): As borrascas
asocianse normalmente con tempo
inestable. Os movementos de
elevación atmosférica asociados ás
baixas presións facilitan a
formación de nubes e as
precipitacións.
9.
Centros de acción.
Clasificación
ANTICICLÓNS
ANTICICLÓNDAS AZORES, de orixe
subtropical e posición variable. Durante
o verán ocupa posicións septentrionais
e a súa presenza provoca unha
significativa redución das precipitacións
BORRASCAS ou DEPRESIÓNS
DEPRESIÓN DE ISLANDIA, de orixe
noratlántico, e asociada a frontes que
provocan abundantes precipitacións,
sobre todo no N e W peninsular.
DINÁMICOS
ANTICICLÓN ESCANDINAVO, de orixe DEPRESIÓN DE LIGURIA, que ocasiona
polar e xerador de masas frías, incide
precipitacións significativas no litoral
sobre as latitudes peninsulares en
mediterráneo
inverno.
ANTICICLON INVERNAL
CENTROEUROPEO
TÉRMICOS
DEPRESIÓN ESTIVAL DO NORTE DE
ÁFRICA.
ANTICICLON INVERNAL DA
PENÍNSULA IBÉRICA.
DEPRESIÓN ESTIVAL DA PENÍNSULA
IBÉRICA
Frontes
Definición.
As frontes sonas áreas onde se
produce a converxencia de
dúas masas de aire de
diferentes características
(temperatura, humidade). A
interacción entre elas provoca a
elevación da masa de aire máis
cálida (máis lixeira) sobre a
máis fría (máis pesada). Tal
elevación favorece a
condensación do vapor de
auga, a formación de nubes e
as precipitacións.
1
2
3
4
12.
Frontes.
Tipos
Fronte fría: Candounha masa de aire
frío, máis densa, avanza sobre outra de
aire cálido, máis lixeira, introdúcese
como unha cuña baixo esta e obriga a
unha rápida elevación do aire cálido
xerando nubes verticais de tipo
cumulíforme que poden producir
tormentas e chubieiros na liña de fronte
de curta duración xa que o seu avance é
moi rápido (1).
•
Fronte cálida: Cando unha masa de
aire cálido se despraza sobre unha de
aire frío, esta actúa como unha rampa
pola que o aire cálido, máis lixeiro, se
eleva lentamente. Este ascenso
favorece a formación de cirros en altura
e de nubes estratiformes nas zonas
baixas que producen choivas e
chuviscas lixeiras pero constantes e
duradeiras por diante da liña de fronte
(2).
13.
Frontes.
Tipos
•
Fronte estacionaria: éun límite
entre dúas masas de aire cando
ningunha dá desprazado á outra.
Son frecuentes en verán e
asocianse, polo xeral, a
prolongadas precipitacións.
Pasados varios días tenden a
disiparse ou convertirse en frontes
frías ou cálidas (3).
•
Fronte ocluída: dado que a fronte
fría avanza máis rapidamente cá
fronte cálida remata por alcanzala.
Deste xeito, fican en superficie dúas
masas de aire frío e, en altura, unha
masa de aire cálido.
Conseguintemente, teñen lugar
choivas constantes caídas de
nubes estratíformes (4).
14.
Frontes.
A fronte polar
•A sucesión discontinua de
frontes que bordean a
Terra nas latitudes medias
separando o aire polar,
máis frío, do subtropical,
máis quente, constitúe a
fronte polar. As borrascas
asociadas a ella xeran
grandes precipitacións,
nomeadamente no N e W
da Península. En altura, a
fronte polar coincide
grosso modo coa
circulación en altura do jet
stream.
15.
Situación anticiclónica deverán
•
A Península Ibérica queda baixo o
influxo do anticiclón das Azores.
Isto impide que as borrascas
asociadas á fronte polar a afecten.
•
Deste xeito, o tempo será soleado e
cálido pola acción do aire trópical
martítimo e do tropical continental
africano.
•
Non obstante, a situación pode
favorecer a formación de
nubosidade de carácter orográfico
nas vertentes de barlovento das
illas do arquipélago canario de
maior altitude.
•
Esta é a situación máis
característica do verán
16.
Situación ciclónica con
adveccióndo oeste
•
O anticiclón das Azores fica en latitudes
meridionais afectando, unido a outro
anticiclón continental, ao arquipélago
canario. Este gozará, polo tanto, dun
tempo seco e soleado.
•
A Península Ibérica vese afectada por
dous profundos núcleos ciclónicos ao
NW das Illas Británicas e asociados a
unha sucesión de frontes que separan
nidiamente as masas de aire polar
marítimo ao N e tropical marítimo ao S.
Deste xeito as temperaturas subirán e
diminuirán ao paso das diferentes
frontes ao tempo que as precipitacións
serán abundantes alternando ceos
soleados e cubertos. A proximidade
entre as isóbaras sinala ventos
moderadamente fortes, singularmente
na metade norte peninsular.
•
Esta situación prodúcese
esporadicamente durante o inverno pero
pode prolongarse durante semanas.
17.
Situación anticiclónica con
adveccióndo leste e gota fría
•
O mapa de superficie amosa un anticiclón que
se estende dende o Atlántico acadando o sur
das illas británicas e o occidente europeo
incluída a Península Ibérica. Sobre o N de África
e o Mediterráneo occ. Temos unha depresión
asociada a unha fronte cálida e outra fría. S o
litoral mediterráneo español, as isóbaras indican
unha advección do leste con aire cálido e
humido. Esta situación debería corresponder
con tempo estable e seco con nubosidade no
Levante.
•
O mapa de altura sinala a formación sobre o sur
da Península dunha cela de baixas presións
(D.A.N.A.=Depresión Aislada en los Niveles
Altos) cun embolsamento de aire frío.
•
Nestas condicións, as elevadas temperaturas do
Mediterráneo contibuirán a xerar unhas
precipitacións breves pero torrenciais en todo o
litoral mediterráneo.
Jet stream e xénese dunha gota fría en altura •
Esta situación adoita producirse en outono e
primavera.
18.
Tempo do norte:onda de frío
•
A combinación entre un potente
anticiclon ao N e ao W da
Península Ibérica e dunha
profunda depresión ao N e
Oeste canaliza cara o S o aire
ártico. Esta situación dáse,
sobre todo en inverno,
prococando un descenso
acusado das temperaturas e
nevadas nas montañas do
interior peninsular e choivas no
Mediterráneo.
•
Noutras épocas do ano
tradúcese en caídas da
temperatura e tormentas.