SlideShare a Scribd company logo
1 of 7
30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 1/7
2 / 11 / 2006 Santiago. Redacción
A mediados dos
anos setenta,
"Rompente" un
grupo de afoutos
mozos rachou todas
as convencións da
poesía galega
Rompente: A semente da movida poética
 / 
Compartir:    
Está recoñecido de xeito xeral que a publicación de
"Con pólvora e magnolias" de Méndez Ferrín,
provocou a fin da era da poesía social en Galicia.
Aquel libro saíu a luz baixo un selo, "Rompente", que
hoxe é bastante menos coñecido do que o tal título.
Baixo este nome agochábase un colectivo de autores
E

30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 2/7
que, con núcleo de Alberto Avendaño, Manolo Romón
e Antón Reixa, apostaron por levar a poesía á rúa xa
nos anos setenta, nunha proposta que revolucionou o
xénero e entroncou coa movida urbana do país.
"Rompente tiña moitas cousas por facer naquel momento. Tiña
unha carga ideolóxica que non tiveron grupos de despois, tiña a
vontade de enlazar historicamente co lado mais iconoclasta das
vangardas e unha actitude de modernidade estética e de
subversión", explica Chus Nogueira, filóloga e crítica literaria no
noso soportal Lg3. Segundo explica Antón Reixa, un dos seus
fundadores, "Rompente foi un colectivo que nun comezo nace
como revulsivo fronte ao que era cara a 1975 a hexemonía da
poesía social". A iniciativa cristalizaba co nome de Grupo de
Resistencia Poética (máis tarde mudaría a Grupo de
Comunicación Poética), en 1976. A partir diso, "o colectivo tardou
en se definir, pasou por alí xente como Alfonso Pexegueiro, e
Méndez Ferrín está moi preto e mesmo publica con este selo `Con
pólvora e magnolias´. Ao final, Rompente queda como a creación
colectiva de Manuel Romón, Alberto Avendaño e miña". Nun
artigo sobre a cuestión, "O meu rompente", Avendaño lembra que
"a idea era crear un grupo que defendese os poetas do silencio
editorial no que se encontraban e proxectase a súa voz nunha
Galicia en transformación e transición política". A provocación
formal, unha linguaxe urbana, a introdución de elementos da
publicidade, o verso directo, a poesía como espectáculo e, en
xeral, a busca dunha maior relación co lector son características
propias deste grupo.
Ruptura conceptual
Segundo explica Chus Nogueira "o que fixo Rompente foi rachar a
tradición no sentido de cuestionar o propio texto clásico da
poesía. Foron por outras vías tanto desde o punto de vista do
texto como á hora de levalo á rúa e facer do poema algo
representable e que se podía difundir". Neste sentido, Reixa
lembra que o que unía os membros do grupo "foi unha
concepción da poesía como unha forma de intervención. Isto
supuña darlle moito valor a como editar os poemas e tamén a
30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 3/7
como os pór en escena. Fixemos unha serie de actos que
chamábamos espectáculos poéticos audiovisuais, hoxe serían
performances. Alí púñamos diapositivas, música... Lembro unha
intervención do grupo no parque de Castrelos, en Vigo, con
motivo do Día das Letras do 77 ou 78. Tíñamos unha escenografía
deseñada por Antón Patiño e Menchu Lamas, un púlpito e un
megáfono para recitar, lembro aquilo como especialmente grato".
De xeito semellante, os recitais-espectáculos de rompente
percorreron, entre 1976 e 1983 o país rachando convencións.
Disfraces, dramatizacións, improvisacións... todo se incorporaba
ao discurso poético nun momento en que a cultura bulía.
Ruptura do soporte
E é que, como amosa ese exemplo, o colectivo foi pioneiro na
conexión da poética con outras artes. Ademais da intensa
colaboración con artistas plásticos coma Patiño e Lamas, os
membros de Rompente participan no desenvolvemento da
movida viguesa e comparten escenarios e proxectos con artistas
coma Julián Hernández, futuro membro de Siniestro Total, que
achegou a música a moitos dos espectáculos do grupo. Aínda que
é ben coñecida a posterior carreira musical de Antón Reixa cos
Resentidos, tamén Romón participou en iniciativas deste tipo
como o grupo "Los ratones de Vigo" e mesmo compartía coche
coa xente de Siniestro Total no accidente que lle deu nome ao
grupo. A inquedanza multimedia do grupo levounos mesmo a
levar un programa de radio, "Rompente Radio Esquimal", que se
emitiu desde a Radio Popular de Vigo os sábados e que, segundo
lembra Avendaño, "estivo no aire menos do que dura a
primavera".
Edición alternativa
Ademais do propio traballo de creación e da difusión da poesía, o
grupo desenvolveu tamén un intenso labor de edición,
"Seraogna" de Pexegueiro, "Facer pulgarcitos tres" de Antón
Patiño, "Galletas kokoschka non" de Romón, "As ladillas do
travesti" de Reixa ou o colectivo "Silabario da turbina" son algúns
dos títulos que xurdiron daquela aventura. Boa parte da
produción impresa do grupo xurdiu na forma de publicacións de
estilo fanzine. De feito, a primeira edición de Rompente, "Crebar
30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 4/7
as liras" xurdiu directamente dunhas das imprentas artesás
coñecidas coma vietnamitas que se empregaban para a edición
de panfletos clandestinos. Na mesma liña, o colectivo difundía en
manifestacións e eventos públicos, na forma de pasquíns, as
"Follas de resistencia poética". "Tirabamos cincocentos panfletos
cun par de textos con contido non necesariamente político, pero
acompañados de consignas políticas e sociais impresas
posteriormente en cada folla, manualmente", lembra Avendaño.
A partir destas experiencias botaron a andar uns "Boletíns" dos
que só chegaría a saír un número. Iso si, ben cheo de polémica, xa
que no Día das Letras dedicado a Manuel Antonio, a portada
reclamaba "¡Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio!". E é
que o poeta vangardista de Rianxo era especialmente querido
polos membros do grupo.
A mudanza
A pesar da intensa renovación que o grupo supuxo, e que deu no
fin da época do realismo social, as propostas de Rompente non
cristalizaron nas novas voces líricas dos anos oitenta. "Cando o
grupo acadou madureza, a poesía galega xa ía por outro camiño.
O grupo mantense ata o ano 83, e xa desde o 79 comeza a
predominar unha serie de poetas novos importantes que daquela
eran chamados `venecianos´" lembra Reixa. "Eran
fundamentalmente líricos e nós non estábamos nesa categoría".
Concorda con esta idea Chus Nogueira: "Isto quedou na memoria,
pero se pensamos nos autores máis recoñecidos dos oitenta,
caracterízanse polo clasicismo, a moderación e tamén unha idea
de normalidade que reivindicaba Rompente". Dos membros do
grupo foi o polifacético Reixa o que conseguiu con posterioridade
mais sona, continuando na música co seu espírito provocador.
Tamén Romón continuou a súa actividade poética ao longo do
tempo, traballando ademais en televisión. Pola súa banda, tamén
Avendaño desenvolveu unha certa carreira televisiva, ata chegar
ao ensino universitario. Desde aquela, deu ao prelo un libro,
"Texas", aínda no ano 2000.
O legado silandeiro
En medios académicos debátese aínda a importancia que o
movemento tivo naquela altura. "Hai mesmo certa polémica
30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 5/7
Literatura (tematica.php?tematica=Literatura)
sobre ata que punto callou no seu tempo. Se os lectores e o
público estaban preparados para unha proposta coma esa. Hai
quen considera que foi máis reivindicado a comezos dos noventa
do que no seu propio momento", lembra Chus Nogueira. Reixa,
pola súa banda, sinala que "a verdade é que tiñamos unha certa
actividade de recitais. Levábamos o sambenito de que o que
escribíamos era máis interesante recitado por nós do que lido".
Avendaño, no seu artigo, lembra con entusiasmo que "os recitais
enchían os auditorios as casa de cultura, as aulas universitarias e
os paraninfos dos institutos", e sinala que a miúdo encontraban
un público composto por mozos do máis moderno que accedía
con eles por primeira vez á poesía en galego. Non cabe dúbida de
que Rompente conseguiu levar a súa proposta onde nunca
chegara antes a cultura no noso idioma. Da influencia posterior
de Rompente dá boa fe a reivindicación que deles se fixo coa
edición, en 1998, de "Upalás" cunha escolma da súa produción.
Para alén, o nome deste colectivo é unha referencia inescusable á
hora de falarmos de grupos que, anos despois, tentaron de novo a
aventura de levar a poesía ao ámbito máis popular, como foron
Ronseltz ou o Batallón Literario da Costa da Morte.
NA NOSA EDICIÓN
(noticia.php?
id=25449)
Quiosco: Grial 205 (noticia.php?id=25449)
30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 6/7
(noticia.php?
id=25448)
Os Chichisos publican o seu primeiro disco aos 21 anos
(noticia.php?id=25448)
(noticia.php?
id=25447)
Brasil e Ken Jacobs protagonizan o VI mostra S8
(noticia.php?id=25447)
(noticia.php?
id=25445)
O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela
(noticia.php?id=25445)
(noticia.php?
id=25444)
Os artistas plásticos reúnense en Mariñán (noticia.php?
id=25444)
(noticia.php?
id=25443)
Nico Campos é o novo presidente dos Guionistas
(noticia.php?id=25443)
Consello da Cultura Galega.
Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia)
Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e-
mail: redaccion@culturagalega.org
(mailto:redaccion@culturagalega.org).
30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo…
http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 7/7
RSS (rss.php) | Aviso legal (noticia.php?id=14726) | O equipo do portal
(noticia.php?id=14727) | Licenza de uso (noticia.php?id=14728)

More Related Content

What's hot

A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangardaxenevra
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivastudense
 
Tema8_2010
Tema8_2010Tema8_2010
Tema8_2010xenevra
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010xenevra
 
Esquemas. As vangardas
Esquemas. As vangardasEsquemas. As vangardas
Esquemas. As vangardasMarlou
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4ºxenevra
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismoxenevra
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXrcms9
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeralxenevra
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16Xenza
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Marlou
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonRomán Landín
 

What's hot (20)

Vangardas
VangardasVangardas
Vangardas
 
A poesía de vangarda
A poesía de vangardaA poesía de vangarda
A poesía de vangarda
 
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
12. o teatro de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Casares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivasCasares en 25 diapositivas
Casares en 25 diapositivas
 
Tema8_2010
Tema8_2010Tema8_2010
Tema8_2010
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
tema11_2010
tema11_2010tema11_2010
tema11_2010
 
Esquemas. As vangardas
Esquemas. As vangardasEsquemas. As vangardas
Esquemas. As vangardas
 
Cabanillas4º
Cabanillas4ºCabanillas4º
Cabanillas4º
 
Autores letras galegas
Autores letras galegasAutores letras galegas
Autores letras galegas
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
creacionismo
creacionismocreacionismo
creacionismo
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
vangardas_xeral
vangardas_xeralvangardas_xeral
vangardas_xeral
 
Roteiro 16
Roteiro 16Roteiro 16
Roteiro 16
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014Díaz castro. letras galegas 2014
Díaz castro. letras galegas 2014
 
A poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da FalaA poesía das Irmandades da Fala
A poesía das Irmandades da Fala
 
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do SonEscolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
Escolma de caligramas e colaxes IES de Porto do Son
 

Viewers also liked

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianosnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amornoagaliza
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...noagaliza
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueironoagaliza
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2noagaliza
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabananoagaliza
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villaltanoagaliza
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismonoagaliza
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobonoagaliza
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalnoagaliza
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisnoagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Folenoagaliza
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galeganoagaliza
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelaonoagaliza
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelaonoagaliza
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismonoagaliza
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galegonoagaliza
 

Viewers also liked (20)

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 

Similar to Grupo Rompente

O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOA MARALEIXA
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismoxenevra
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXMarlou
 
Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)anillampl
 
tema10_2010
tema10_2010tema10_2010
tema10_2010xenevra
 
Historia literatura
Historia literaturaHistoria literatura
Historia literaturamelixanro
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorearcalcetin5
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emiliocallobre
 
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoFran Bouso
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníAsnosasletras
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegasmanugar
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonCurtisbiblio
 

Similar to Grupo Rompente (20)

O creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIOO creacionismo de MANUEL ANTONIO
O creacionismo de MANUEL ANTONIO
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
neotrobadorismo
neotrobadorismoneotrobadorismo
neotrobadorismo
 
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XXO 1º TERZO DO SÉCULO XX
O 1º TERZO DO SÉCULO XX
 
Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)Traballo bd final(2)
Traballo bd final(2)
 
tema10_2010
tema10_2010tema10_2010
tema10_2010
 
Historia literatura
Historia literaturaHistoria literatura
Historia literatura
 
Alvarez BláZquez
Alvarez BláZquezAlvarez BláZquez
Alvarez BláZquez
 
Caderno para colorear
Caderno para colorearCaderno para colorear
Caderno para colorear
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal MondoñedoCaderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
Caderniño especial do Grupo literario "Leiras Pulepiro" no xornal Mondoñedo
 
noriega
norieganoriega
noriega
 
Entrevista Ana Romaní
Entrevista Ana RomaníEntrevista Ana Romaní
Entrevista Ana Romaní
 
Poesía das vangardas
Poesía das vangardasPoesía das vangardas
Poesía das vangardas
 
Letras Galegas
Letras GalegasLetras Galegas
Letras Galegas
 
A narrativa das irmandades
A narrativa das irmandadesA narrativa das irmandades
A narrativa das irmandades
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do sonEscolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
Escolma de caligramas e colaxes ies de porto do son
 

More from noagaliza

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerranoagaliza
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoánnoagaliza
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerranoagaliza
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticanoagaliza
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegonoagaliza
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosnoagaliza
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilasnoagaliza
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrentenoagaliza
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nósnoagaliza
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarionoagaliza
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II Repúblicanoagaliza
 

More from noagaliza (11)

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
 

Grupo Rompente

  • 1. 30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo… http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 1/7 2 / 11 / 2006 Santiago. Redacción A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega Rompente: A semente da movida poética  /  Compartir:     Está recoñecido de xeito xeral que a publicación de "Con pólvora e magnolias" de Méndez Ferrín, provocou a fin da era da poesía social en Galicia. Aquel libro saíu a luz baixo un selo, "Rompente", que hoxe é bastante menos coñecido do que o tal título. Baixo este nome agochábase un colectivo de autores E 
  • 2. 30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo… http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 2/7 que, con núcleo de Alberto Avendaño, Manolo Romón e Antón Reixa, apostaron por levar a poesía á rúa xa nos anos setenta, nunha proposta que revolucionou o xénero e entroncou coa movida urbana do país. "Rompente tiña moitas cousas por facer naquel momento. Tiña unha carga ideolóxica que non tiveron grupos de despois, tiña a vontade de enlazar historicamente co lado mais iconoclasta das vangardas e unha actitude de modernidade estética e de subversión", explica Chus Nogueira, filóloga e crítica literaria no noso soportal Lg3. Segundo explica Antón Reixa, un dos seus fundadores, "Rompente foi un colectivo que nun comezo nace como revulsivo fronte ao que era cara a 1975 a hexemonía da poesía social". A iniciativa cristalizaba co nome de Grupo de Resistencia Poética (máis tarde mudaría a Grupo de Comunicación Poética), en 1976. A partir diso, "o colectivo tardou en se definir, pasou por alí xente como Alfonso Pexegueiro, e Méndez Ferrín está moi preto e mesmo publica con este selo `Con pólvora e magnolias´. Ao final, Rompente queda como a creación colectiva de Manuel Romón, Alberto Avendaño e miña". Nun artigo sobre a cuestión, "O meu rompente", Avendaño lembra que "a idea era crear un grupo que defendese os poetas do silencio editorial no que se encontraban e proxectase a súa voz nunha Galicia en transformación e transición política". A provocación formal, unha linguaxe urbana, a introdución de elementos da publicidade, o verso directo, a poesía como espectáculo e, en xeral, a busca dunha maior relación co lector son características propias deste grupo. Ruptura conceptual Segundo explica Chus Nogueira "o que fixo Rompente foi rachar a tradición no sentido de cuestionar o propio texto clásico da poesía. Foron por outras vías tanto desde o punto de vista do texto como á hora de levalo á rúa e facer do poema algo representable e que se podía difundir". Neste sentido, Reixa lembra que o que unía os membros do grupo "foi unha concepción da poesía como unha forma de intervención. Isto supuña darlle moito valor a como editar os poemas e tamén a
  • 3. 30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo… http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 3/7 como os pór en escena. Fixemos unha serie de actos que chamábamos espectáculos poéticos audiovisuais, hoxe serían performances. Alí púñamos diapositivas, música... Lembro unha intervención do grupo no parque de Castrelos, en Vigo, con motivo do Día das Letras do 77 ou 78. Tíñamos unha escenografía deseñada por Antón Patiño e Menchu Lamas, un púlpito e un megáfono para recitar, lembro aquilo como especialmente grato". De xeito semellante, os recitais-espectáculos de rompente percorreron, entre 1976 e 1983 o país rachando convencións. Disfraces, dramatizacións, improvisacións... todo se incorporaba ao discurso poético nun momento en que a cultura bulía. Ruptura do soporte E é que, como amosa ese exemplo, o colectivo foi pioneiro na conexión da poética con outras artes. Ademais da intensa colaboración con artistas plásticos coma Patiño e Lamas, os membros de Rompente participan no desenvolvemento da movida viguesa e comparten escenarios e proxectos con artistas coma Julián Hernández, futuro membro de Siniestro Total, que achegou a música a moitos dos espectáculos do grupo. Aínda que é ben coñecida a posterior carreira musical de Antón Reixa cos Resentidos, tamén Romón participou en iniciativas deste tipo como o grupo "Los ratones de Vigo" e mesmo compartía coche coa xente de Siniestro Total no accidente que lle deu nome ao grupo. A inquedanza multimedia do grupo levounos mesmo a levar un programa de radio, "Rompente Radio Esquimal", que se emitiu desde a Radio Popular de Vigo os sábados e que, segundo lembra Avendaño, "estivo no aire menos do que dura a primavera". Edición alternativa Ademais do propio traballo de creación e da difusión da poesía, o grupo desenvolveu tamén un intenso labor de edición, "Seraogna" de Pexegueiro, "Facer pulgarcitos tres" de Antón Patiño, "Galletas kokoschka non" de Romón, "As ladillas do travesti" de Reixa ou o colectivo "Silabario da turbina" son algúns dos títulos que xurdiron daquela aventura. Boa parte da produción impresa do grupo xurdiu na forma de publicacións de estilo fanzine. De feito, a primeira edición de Rompente, "Crebar
  • 4. 30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo… http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 4/7 as liras" xurdiu directamente dunhas das imprentas artesás coñecidas coma vietnamitas que se empregaban para a edición de panfletos clandestinos. Na mesma liña, o colectivo difundía en manifestacións e eventos públicos, na forma de pasquíns, as "Follas de resistencia poética". "Tirabamos cincocentos panfletos cun par de textos con contido non necesariamente político, pero acompañados de consignas políticas e sociais impresas posteriormente en cada folla, manualmente", lembra Avendaño. A partir destas experiencias botaron a andar uns "Boletíns" dos que só chegaría a saír un número. Iso si, ben cheo de polémica, xa que no Día das Letras dedicado a Manuel Antonio, a portada reclamaba "¡Fora as vosas sucias mans de Manuel Antonio!". E é que o poeta vangardista de Rianxo era especialmente querido polos membros do grupo. A mudanza A pesar da intensa renovación que o grupo supuxo, e que deu no fin da época do realismo social, as propostas de Rompente non cristalizaron nas novas voces líricas dos anos oitenta. "Cando o grupo acadou madureza, a poesía galega xa ía por outro camiño. O grupo mantense ata o ano 83, e xa desde o 79 comeza a predominar unha serie de poetas novos importantes que daquela eran chamados `venecianos´" lembra Reixa. "Eran fundamentalmente líricos e nós non estábamos nesa categoría". Concorda con esta idea Chus Nogueira: "Isto quedou na memoria, pero se pensamos nos autores máis recoñecidos dos oitenta, caracterízanse polo clasicismo, a moderación e tamén unha idea de normalidade que reivindicaba Rompente". Dos membros do grupo foi o polifacético Reixa o que conseguiu con posterioridade mais sona, continuando na música co seu espírito provocador. Tamén Romón continuou a súa actividade poética ao longo do tempo, traballando ademais en televisión. Pola súa banda, tamén Avendaño desenvolveu unha certa carreira televisiva, ata chegar ao ensino universitario. Desde aquela, deu ao prelo un libro, "Texas", aínda no ano 2000. O legado silandeiro En medios académicos debátese aínda a importancia que o movemento tivo naquela altura. "Hai mesmo certa polémica
  • 5. 30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo… http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 5/7 Literatura (tematica.php?tematica=Literatura) sobre ata que punto callou no seu tempo. Se os lectores e o público estaban preparados para unha proposta coma esa. Hai quen considera que foi máis reivindicado a comezos dos noventa do que no seu propio momento", lembra Chus Nogueira. Reixa, pola súa banda, sinala que "a verdade é que tiñamos unha certa actividade de recitais. Levábamos o sambenito de que o que escribíamos era máis interesante recitado por nós do que lido". Avendaño, no seu artigo, lembra con entusiasmo que "os recitais enchían os auditorios as casa de cultura, as aulas universitarias e os paraninfos dos institutos", e sinala que a miúdo encontraban un público composto por mozos do máis moderno que accedía con eles por primeira vez á poesía en galego. Non cabe dúbida de que Rompente conseguiu levar a súa proposta onde nunca chegara antes a cultura no noso idioma. Da influencia posterior de Rompente dá boa fe a reivindicación que deles se fixo coa edición, en 1998, de "Upalás" cunha escolma da súa produción. Para alén, o nome deste colectivo é unha referencia inescusable á hora de falarmos de grupos que, anos despois, tentaron de novo a aventura de levar a poesía ao ámbito máis popular, como foron Ronseltz ou o Batallón Literario da Costa da Morte. NA NOSA EDICIÓN (noticia.php? id=25449) Quiosco: Grial 205 (noticia.php?id=25449)
  • 6. 30/5/2015 A mediados dos anos setenta, "Rompente" un grupo de afoutos mozos rachou todas as convencións da poesía galega. Rompente: A semente da mo… http://culturagalega.gal/noticia.php?id=8798&soportal=lg3 6/7 (noticia.php? id=25448) Os Chichisos publican o seu primeiro disco aos 21 anos (noticia.php?id=25448) (noticia.php? id=25447) Brasil e Ken Jacobs protagonizan o VI mostra S8 (noticia.php?id=25447) (noticia.php? id=25445) O Vía Stellae achegará 19 concertos a Compostela (noticia.php?id=25445) (noticia.php? id=25444) Os artistas plásticos reúnense en Mariñán (noticia.php? id=25444) (noticia.php? id=25443) Nico Campos é o novo presidente dos Guionistas (noticia.php?id=25443) Consello da Cultura Galega. Pazo de Raxoi, 2 andar. 15704 Santiago de Compostela (Galicia) Tfno: 981957202 | Fax : 981957205 | e- mail: redaccion@culturagalega.org (mailto:redaccion@culturagalega.org).