SlideShare a Scribd company logo
X. L. Méndez Ferrín: Texto de “O crepúsculo e as formigas”
1
RAMIL, RAMIL, VAS MORRER, RAMIL
Charles Eguiéres comezou a agatuñar, ás tres da mañá, pola enorme morea de mineral de ferro que se
erguía sobre do malecón N. Chegar ó cumio dunha morea de mineral de ferro, partido en anacos
pequenos coma morrillo, é difícil, extremadamente difícil, cando a morea sobrepasa os seis ou sete
metros de altura. É por isto que el tiña precisión de utilizar, amais dos pés, as dúas mans. Fixo un alto
para apousar.
"Estou abafado", pensou. Respirou tres veces moi profundamente. Limpou a suor da frente coa
manga da chaqueta.
"A min a calor é unha cousa que me desfai". Apoiou a cara contra as pedriñas escuras, cheas dun po
viscoso. Pensou: "calor a que facía en Madrid a semana pasada. Vaia calor. Foron os derradeiros días
que pasei co Ramil. ¡Máldito Ramil! Coido que todo o que pasou foi por causa da calor que ía. E tamén
porque beberamos moito daquela. Aquela noite Ramil foise cuns raios duns americanos. Fíxome ver,
moi delicadamente, iso si, que xa non quería nunca máis ter que ver comigo, que estaba farto de me
aturar. Eu quedei alí, suando, apoiado contra a barra do bar".
Charles Eguiéres pechou os ollos e alentou o po mesto que recubría o mineral de ferro. Pensou que
Ramil era un tipo inmundo. Gozou aplicándolle a Ramil os calificativos máis refinadamente ferintes.
Despois deslizou a mar dereita no peto correspondente da chaqueta. Tirou unha pistola Star do nove
curto. Mercáraa en Madrid, ía para tres meses. Fora ó pouco de chegar a España. Víraa nun comercio da
Calle del Pez, cun letreiriño enriba que dicía: "Facilidades de adquisición a extranjeros". Mercáraa,
aínda que entón non imaxinaba que había utilizala contra dun home.
"Porque teño que matar a un home. Esta noite vou facer unha morte. Certamente, antes que saía o sol
terei matado a un home". A verdade é que el nin tiña ideas moi claras encol de como é que se matan os
homes. Só lembraba, a este respecto, unha noite que bebía cos rapaces, no café de Chex Madaleine, na
Rue Scudéri. Oíronse uns disparos na rúa, pero non se moveron porque era moi tarde e había que ter
precaución. Ó pouco tempo entrou unha muller rubia, berrando e explicándolle á señora Madelaine, con
moito movemento de brazos, que os arxelinos viñan de liquidar un parachutista con permiso. Despois el
saíra e vira, sobre do asfalto, un rapaz moi branco, branco coma o esperma, cun fío roxo corréndolle
polo queixo. A boina de parachutista, coas fitas, non lle caíra e mantíñaa gacha á esquerda, de xeito
estrictamente regramentario. Pero daquela inda el non coñecía ó Ramil, daquela aínda nunca pasara os
Pirineos, non contaba nunca pasa-los Pirineos, nin viñera nunca a Galicia, nin tan sequera sabía fixo para
qué parte quedaba Galicia.
"Daquela eu non sospeitaba que chegaría a matar. E agora, de aquí a pouco, vou matar—.
X. L. Méndez Ferrín: Texto de “O crepúsculo e as formigas”
2
Oprimiu o dente de suxección da culata, tirou do empeine para fóra, comprobou que estaba cheo,
introduciuno de novo, accionou a corredeira facendo pasar un cartucho á recámara, botou o seguro, e
meteu a pistola no peto. Tiña os ollos danzantes, escuros, coas pálpebras moi movidas, moi nervosas.
Supetamente os seus ollos fixéronse máis escuros aínda, máis nervosos, enchéronse, por outra parte, de
vontade. Volveu a agatuñar. É difícil, extremadamente difícil, subir deica o cumio dun monte de mineral
de ferro, cando o mineral de ferro está fendido en anacos máis pequenos có puño pechado dun home. El,
Charles Eguiéres, escorregaba e arrabuñábase a pel das mans e, ás veces, tamén a cara. Tiña a pel das
mans comida toda, pero non lle doía, ou mellor dito, non se decataba de que lle doía. El, co esforzo, tiña
os beizos moi xuntos, os dentes moi xuntos, os sobrecellos moi xuntos. Tiña que chegar ó cumio da
morea. Tiña que chegar como fose ó cumio do monte de mineral. Tiña que chegar ó cumio do mineral de
ferro.
"Pero o que máis me arreventa é isto de avanzar dous metros e escorregar para abaixo outros dous
metros. É coma quen cava un burato para enchelo de terra outra vez. Se estes cachos de mineral foran
máis grandeiros, non escorregaría un tanto. “¡Que maneira teño de suar !” E, súpeto, un golpe de vento
fresco deulle na face. Isto quere dicir que a súa face sobrepasara o cumio do mineral de ferro e que o
vento do mar podíalle bater na face. Sentou, alentou, escoitou o rumor do mar e limpou a suor dos ollos
que, misturado co po, non o deixaba ver ben. Despois non só escoitaba o rumor do mar, senón que tamén
o vía, o claror das luces lonxanas de Cangas e das poucas luces do porto.
O barco estaba alí mesmo, embaixo mesmo del, e dominaba case toda a cuberta, a ponte, o burato
aberto e negro da bodega a onde, á mañá seguinte, iría para-lo maldito mineral de ferro. "Ramil, Ramil,
desta non a contas".
Os ollos de Charles brillaron e fixéronse pequeniños coma cabezas de punta; cada ollo fíxose unha
locente cabeza de punta nova, brillante, recén cravada e quente polos golpes do martelo. "Ramil, Ramil
has pasar por babor, has subi-las escadas e has chegar á ponte de mando". Charles tiña a lingua seca.
Notouno porque sacara a lingua para molla-los beizos, os beizos duros, e a lingua estaba porosa e seca.
Tiña a lingua coma un cacho de cortiza. "Ramil, Ramil, Ramil, vas morrer, Ramil". Charles estendeu o
seu corpo sobre dos cachotes de mineral, sacou a pistola. Notou contra o ventre os anacos de pedra rene-
grida.
"Fai unha noite quente. Aquí en Vigo vai pouca calor. Cando lle dixen os rapaces de Chez Madaleíne
que eu ía vir a España, chioume Luc, o barman: Visitez l'Espagne Andalousie, terre du Soleil! Aquí en
Vigo sempre vai friaxe, pero hoxe vai calor. Ramil, vas morrer nunha noite quente".
O barco estaba silandeiro, escuro, inmóvil, baixo a ollada de Charles. O barco era coma un enorme
cadaleito, baixo a ollada de Charles. Supetamente, unha luz concentrada bateulle a Charles nos ollos e
fíxollos pechar. Empuñou a pistola. O que enfocaba coa linterna falou:
-Boas noites, Charles Eguiéres. O outro roncou:
X. L. Méndez Ferrín: Texto de “O crepúsculo e as formigas”
3
-¡Ramil!
Logo, treméndolle a pistola na man, engadiu:
-Deixa esa linterna, Ramil. Deixa esa linterna que me cegas.
Ramil non lle deu tino. Dixo lentamente, cuidadosamente:
-¿Que é o que fas aquí, Charles? ¿Viñéchesme matar, Charles?
Charles púxose rubio de carraxe, por baixo da mesta capa de po e suor que lle recubría as fazulas. Chiou
dun xeito moi agudo:
-Tira esa linterna, enfant de salaud. Tira esa luz. -Non me peta.
-Tira esa linterna ou disparo, enfant de salaud. Ramil apagou a linterna e Charles fixo fogo rapidamente,
unha vez, dúas veces, tres veces. Mentres disparaba dicía Charles, moi baixiño, por entre os dentes:
-Nunca debiches facerme aquilo, Ramil. Nunca debiches facerme a min aquilo, en Madrid. Toma,
Ramil. Mama isto, Ramil.
Pero Charles Eguiéres fixera fogo sen apuntar, pois estaba medio cegado pola luz da linterna. Foi por
isto que non tocou a Ramil. E, facilmente, Ramil desarmou a Charles. Facilmente derrubouno dunha
pancada. Facilmente o ergueu. Moi facilmente, derrubouno doutra formidable pancada no queixo. Esta
vez Charles Eguiéres rolou pola aba do monte de mineral de ferro, provocando a avalancha de case a
metade do monte de mineral de ferro. Charles Eguiéres rolou misturado ás pedras de mineral de ferro, do
grandor dun puño de home. Deuse o caso que rolou pola pendente do monte de mineral de ferro que
daba ó mar. Grande cantidade de pedas continuaron, inertes, a súa carreira sobre o molle, e caeron ó mar
con pequeno e durativo ruído. Charles Eguiéres tamén por inercia, rolou a rebolos sobre as lousas do
molle e precipitouse, con todo o seu peso, nas augas escurecidas.
No barco dírase a alarma. Posiblemente algún vixiante nocturno telefonease á policía. Ramil estaba
paralizado, cos ollos no mar negro, mesto silandeiro. Ramil estaba, coma unha estatua de sal, sobre unha
morea de mineral de ferro, no malecón N.

More Related Content

Viewers also liked

Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
noagaliza
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
noagaliza
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
noagaliza
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
noagaliza
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
noagaliza
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galizanoagaliza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
noagaliza
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
noagaliza
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
noagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
noagaliza
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
noagaliza
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
noagaliza
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
noagaliza
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
noagaliza
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
noagaliza
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
noagaliza
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
noagaliza
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
noagaliza
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galego
noagaliza
 

Viewers also liked (20)

Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
 
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu poboMéndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo
 
Entroido Galiza
Entroido GalizaEntroido Galiza
Entroido Galiza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerra
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galego
 

Similar to Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as formigas

Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
rcms9
 
Arañas na literatura
Arañas na literaturaArañas na literatura
Arañas na literatura
lingualiza
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Xeografía dunha novela
Xeografía dunha novelaXeografía dunha novela
Xeografía dunha novela
IES Laxeiro
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
RATIBRON
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
RATIBRON
 
A Serea Meixide
A Serea MeixideA Serea Meixide
A Serea Meixide
RATIBRON
 
A Serea Meixide1
A Serea Meixide1A Serea Meixide1
A Serea Meixide1
RATIBRON
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointberres1
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeSusana Losada
 
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.
Jules Verne  e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.Jules Verne  e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.
anxos Rial Vidal
 
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
GZ-Israel
 

Similar to Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as formigas (17)

COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XXPresentación da prosa do primeiro termo do século XX
Presentación da prosa do primeiro termo do século XX
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Arañas na literatura
Arañas na literaturaArañas na literatura
Arañas na literatura
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Xeografía dunha novela
Xeografía dunha novelaXeografía dunha novela
Xeografía dunha novela
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
Convite inauguración Os Rosales
Convite inauguración Os RosalesConvite inauguración Os Rosales
Convite inauguración Os Rosales
 
A Serea Meixide
A Serea MeixideA Serea Meixide
A Serea Meixide
 
A Serea Meixide1
A Serea Meixide1A Serea Meixide1
A Serea Meixide1
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Berres
BerresBerres
Berres
 
Novo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power pointNovo presentación de microsoft power point
Novo presentación de microsoft power point
 
Lecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lumeLecturas a carón do lume
Lecturas a carón do lume
 
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.
Jules Verne  e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.Jules Verne  e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.
Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. materiais roteiro.
 
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos PenelaO mar desde esa banda. De Carlos Penela
O mar desde esa banda. De Carlos Penela
 

More from noagaliza

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
noagaliza
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
noagaliza
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
noagaliza
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
noagaliza
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
noagaliza
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
noagaliza
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
noagaliza
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
noagaliza
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
noagaliza
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
noagaliza
 

More from noagaliza (10)

A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
 

Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as formigas

  • 1. X. L. Méndez Ferrín: Texto de “O crepúsculo e as formigas” 1 RAMIL, RAMIL, VAS MORRER, RAMIL Charles Eguiéres comezou a agatuñar, ás tres da mañá, pola enorme morea de mineral de ferro que se erguía sobre do malecón N. Chegar ó cumio dunha morea de mineral de ferro, partido en anacos pequenos coma morrillo, é difícil, extremadamente difícil, cando a morea sobrepasa os seis ou sete metros de altura. É por isto que el tiña precisión de utilizar, amais dos pés, as dúas mans. Fixo un alto para apousar. "Estou abafado", pensou. Respirou tres veces moi profundamente. Limpou a suor da frente coa manga da chaqueta. "A min a calor é unha cousa que me desfai". Apoiou a cara contra as pedriñas escuras, cheas dun po viscoso. Pensou: "calor a que facía en Madrid a semana pasada. Vaia calor. Foron os derradeiros días que pasei co Ramil. ¡Máldito Ramil! Coido que todo o que pasou foi por causa da calor que ía. E tamén porque beberamos moito daquela. Aquela noite Ramil foise cuns raios duns americanos. Fíxome ver, moi delicadamente, iso si, que xa non quería nunca máis ter que ver comigo, que estaba farto de me aturar. Eu quedei alí, suando, apoiado contra a barra do bar". Charles Eguiéres pechou os ollos e alentou o po mesto que recubría o mineral de ferro. Pensou que Ramil era un tipo inmundo. Gozou aplicándolle a Ramil os calificativos máis refinadamente ferintes. Despois deslizou a mar dereita no peto correspondente da chaqueta. Tirou unha pistola Star do nove curto. Mercáraa en Madrid, ía para tres meses. Fora ó pouco de chegar a España. Víraa nun comercio da Calle del Pez, cun letreiriño enriba que dicía: "Facilidades de adquisición a extranjeros". Mercáraa, aínda que entón non imaxinaba que había utilizala contra dun home. "Porque teño que matar a un home. Esta noite vou facer unha morte. Certamente, antes que saía o sol terei matado a un home". A verdade é que el nin tiña ideas moi claras encol de como é que se matan os homes. Só lembraba, a este respecto, unha noite que bebía cos rapaces, no café de Chex Madaleine, na Rue Scudéri. Oíronse uns disparos na rúa, pero non se moveron porque era moi tarde e había que ter precaución. Ó pouco tempo entrou unha muller rubia, berrando e explicándolle á señora Madelaine, con moito movemento de brazos, que os arxelinos viñan de liquidar un parachutista con permiso. Despois el saíra e vira, sobre do asfalto, un rapaz moi branco, branco coma o esperma, cun fío roxo corréndolle polo queixo. A boina de parachutista, coas fitas, non lle caíra e mantíñaa gacha á esquerda, de xeito estrictamente regramentario. Pero daquela inda el non coñecía ó Ramil, daquela aínda nunca pasara os Pirineos, non contaba nunca pasa-los Pirineos, nin viñera nunca a Galicia, nin tan sequera sabía fixo para qué parte quedaba Galicia. "Daquela eu non sospeitaba que chegaría a matar. E agora, de aquí a pouco, vou matar—.
  • 2. X. L. Méndez Ferrín: Texto de “O crepúsculo e as formigas” 2 Oprimiu o dente de suxección da culata, tirou do empeine para fóra, comprobou que estaba cheo, introduciuno de novo, accionou a corredeira facendo pasar un cartucho á recámara, botou o seguro, e meteu a pistola no peto. Tiña os ollos danzantes, escuros, coas pálpebras moi movidas, moi nervosas. Supetamente os seus ollos fixéronse máis escuros aínda, máis nervosos, enchéronse, por outra parte, de vontade. Volveu a agatuñar. É difícil, extremadamente difícil, subir deica o cumio dun monte de mineral de ferro, cando o mineral de ferro está fendido en anacos máis pequenos có puño pechado dun home. El, Charles Eguiéres, escorregaba e arrabuñábase a pel das mans e, ás veces, tamén a cara. Tiña a pel das mans comida toda, pero non lle doía, ou mellor dito, non se decataba de que lle doía. El, co esforzo, tiña os beizos moi xuntos, os dentes moi xuntos, os sobrecellos moi xuntos. Tiña que chegar ó cumio da morea. Tiña que chegar como fose ó cumio do monte de mineral. Tiña que chegar ó cumio do mineral de ferro. "Pero o que máis me arreventa é isto de avanzar dous metros e escorregar para abaixo outros dous metros. É coma quen cava un burato para enchelo de terra outra vez. Se estes cachos de mineral foran máis grandeiros, non escorregaría un tanto. “¡Que maneira teño de suar !” E, súpeto, un golpe de vento fresco deulle na face. Isto quere dicir que a súa face sobrepasara o cumio do mineral de ferro e que o vento do mar podíalle bater na face. Sentou, alentou, escoitou o rumor do mar e limpou a suor dos ollos que, misturado co po, non o deixaba ver ben. Despois non só escoitaba o rumor do mar, senón que tamén o vía, o claror das luces lonxanas de Cangas e das poucas luces do porto. O barco estaba alí mesmo, embaixo mesmo del, e dominaba case toda a cuberta, a ponte, o burato aberto e negro da bodega a onde, á mañá seguinte, iría para-lo maldito mineral de ferro. "Ramil, Ramil, desta non a contas". Os ollos de Charles brillaron e fixéronse pequeniños coma cabezas de punta; cada ollo fíxose unha locente cabeza de punta nova, brillante, recén cravada e quente polos golpes do martelo. "Ramil, Ramil has pasar por babor, has subi-las escadas e has chegar á ponte de mando". Charles tiña a lingua seca. Notouno porque sacara a lingua para molla-los beizos, os beizos duros, e a lingua estaba porosa e seca. Tiña a lingua coma un cacho de cortiza. "Ramil, Ramil, Ramil, vas morrer, Ramil". Charles estendeu o seu corpo sobre dos cachotes de mineral, sacou a pistola. Notou contra o ventre os anacos de pedra rene- grida. "Fai unha noite quente. Aquí en Vigo vai pouca calor. Cando lle dixen os rapaces de Chez Madaleíne que eu ía vir a España, chioume Luc, o barman: Visitez l'Espagne Andalousie, terre du Soleil! Aquí en Vigo sempre vai friaxe, pero hoxe vai calor. Ramil, vas morrer nunha noite quente". O barco estaba silandeiro, escuro, inmóvil, baixo a ollada de Charles. O barco era coma un enorme cadaleito, baixo a ollada de Charles. Supetamente, unha luz concentrada bateulle a Charles nos ollos e fíxollos pechar. Empuñou a pistola. O que enfocaba coa linterna falou: -Boas noites, Charles Eguiéres. O outro roncou:
  • 3. X. L. Méndez Ferrín: Texto de “O crepúsculo e as formigas” 3 -¡Ramil! Logo, treméndolle a pistola na man, engadiu: -Deixa esa linterna, Ramil. Deixa esa linterna que me cegas. Ramil non lle deu tino. Dixo lentamente, cuidadosamente: -¿Que é o que fas aquí, Charles? ¿Viñéchesme matar, Charles? Charles púxose rubio de carraxe, por baixo da mesta capa de po e suor que lle recubría as fazulas. Chiou dun xeito moi agudo: -Tira esa linterna, enfant de salaud. Tira esa luz. -Non me peta. -Tira esa linterna ou disparo, enfant de salaud. Ramil apagou a linterna e Charles fixo fogo rapidamente, unha vez, dúas veces, tres veces. Mentres disparaba dicía Charles, moi baixiño, por entre os dentes: -Nunca debiches facerme aquilo, Ramil. Nunca debiches facerme a min aquilo, en Madrid. Toma, Ramil. Mama isto, Ramil. Pero Charles Eguiéres fixera fogo sen apuntar, pois estaba medio cegado pola luz da linterna. Foi por isto que non tocou a Ramil. E, facilmente, Ramil desarmou a Charles. Facilmente derrubouno dunha pancada. Facilmente o ergueu. Moi facilmente, derrubouno doutra formidable pancada no queixo. Esta vez Charles Eguiéres rolou pola aba do monte de mineral de ferro, provocando a avalancha de case a metade do monte de mineral de ferro. Charles Eguiéres rolou misturado ás pedras de mineral de ferro, do grandor dun puño de home. Deuse o caso que rolou pola pendente do monte de mineral de ferro que daba ó mar. Grande cantidade de pedas continuaron, inertes, a súa carreira sobre o molle, e caeron ó mar con pequeno e durativo ruído. Charles Eguiéres tamén por inercia, rolou a rebolos sobre as lousas do molle e precipitouse, con todo o seu peso, nas augas escurecidas. No barco dírase a alarma. Posiblemente algún vixiante nocturno telefonease á policía. Ramil estaba paralizado, cos ollos no mar negro, mesto silandeiro. Ramil estaba, coma unha estatua de sal, sobre unha morea de mineral de ferro, no malecón N.