SlideShare a Scribd company logo
1 of 56
Download to read offline
OS INICIOS DOS ANOS 70.
O cómic, un instrumento de cambio
social
O debuxante ​Reimundo Patiño
convence a Xaquín Marín para que
introduza as últimas tendencias
internacionais na estampa popular
galega. Así, este realizará a primeira
historia debuxada ​”O
emigrante​”​, que se publica en
xornais.
Eses primeiros anos trazan un
singular itinerario, que nos leva aos
precedentes modernos dos cantares
de cego de Isaac Díaz Pardo; á
serie de murais de Reimundo
Patiño ​O home que falaba
vegliota como ​2 Viaxes​, o
volume que publicou xunto a
Xaquín Marín; aos traballos do
Grupo de Castro; e outros
variados camiños polos que o
medio foi medrando a partir de
entón, tiras de prensa,
suplementos e revistas infantís,
fanzines, etc.
A actividade cultural e tamén a
loita social marcan a década,
explícase así a marcada
intencionalidade política das primeiras
manifestacións da BD galega, os traballos de Patiño e Marín,
de Pepe Barro e dos compoñentes do Grupo do Castro (Xosé
Díaz, Luís Esperante, Rosendo Díaz e Chichi Campos), que vían
na vocación popular do cómic un medio
extremadamente útil para espallar a súa mensaxe
emancipadora. Máis aló de amolecer en espazos máis
inofensivos, o do puro entretemento para os lectores máis
novos, o medio xorde en Galicia nunha ​versión fortemente
intelectualizada ​que recolle as arelas de cambio político
dunha parte da sociedade.
Da man de creadores coma Pepe Carreiro, Xosé Lois ou Pablo
Oitabén, o cómic incorpórase a xornais e suplementos infantís,
revelándose como un útil instrumento de normalización
lingüística. Ademais de
contemplar os primeiros traballos
destes creadores, tamén cómpre
sinalar o meritorio labor de
artistas de carreira máis breve,
caso de Vicente Veiga e as súas
atinadas tiras de Fuco, o de Ulises
L. Sarry, que quixo crear unha
caste de Flash Gordon galego con
Comandante Iago, ou do
imaxinativo e colorista Miguel
Docampo. Contra o final da
década, ​o fanzine ​Xofre
anuncia un cambio de
paradigma​. Uns novísimos
Miguelanxo Prado, Fran Jaraba e Xan López Domínguez
irrompen cunha bagaxe que incorpora influencias da BD
europea, do underground norteamericano ​e tamén do
que estaba a aparecer nas revistas españolas daquela altura,
sinalando o camiño que o medio comezaría a percorrer na
década seguinte.
A EXPLOSIÓN DOS ANOS 80
Os anos 80 suporían unha ​auténtica explosión dos fanzines
como medio de expresión para
a banda deseñada, coa
aparición dun grande número
de publicacións de estilo
vangardista ​que conectaban
coas "​movidas​" das diferentes
localidades. Historias de
carácter urbano que
tocaban temas como as
drogas, o sexo ou a
anguria vital ​expresábanse
desde unha perspectiva
galega​. O primeiro en aparecer
foi o “ ​Patito Feo​”. Entre os
autores que colaboraron neles,
destacan ​Eduardo Galán
Cubero ​e ​Xan López
Dominguez.
“​Can sen dono​” ​é unha das revistas máis destacadas e de máis
duración da BD, da que verían a luz ​dez números ​ata ​1984​.
Entre os creadores da revista atopamos a ​Pepe Carreiro​, ​Gogue
e ​Antonio Mascato​.
Ese mesmo ano xorde ​"​A Ameixa
Cacofónica​"
Tratábase dun
fanzine cun
material de ​grande
calidade.
Tempo despois, saíu á rúa o que se
chegaría a converter no fanzine de
referencia da época, ​"​Valium
Diez​"​. Unha publicación que
chegou a vender ​mil exemplares
e a facer ​sete números​,
mesturando a banda deseñada con
artigos de actualidade e opinión​,
sempre desde unha perspectiva
de modernidade e rebeldía
contra a cultura oficial.
O espírito rompedor chegou a Lugo ​na forma arredor de varios
fanzines, entre os que destacou especialmente ​"​Atlántico
Express​", ​publicación que combinaba a ​banda deseñada
coa actualidade musical e cultural do intre. Chegou a tirar
tres números ​nos que colaboraron, entre outros, ​Quique
Bordell​, ​Honorio Espiral, ​Roxo ou Xaime da Pena.
A banda deseñada tamén se desenvolveu na ​prensa. ​Unha das
producións máis
destacables ​foi "Aventuras dun
neno galego". ​Os volumes que
se publicaron foron ​"Os
homes do fin do mundo" "Os
fillos de Breogán" e "A
grande viaxe polo río".
​En ​1988 ​atopamos o primeiro intento de crear unha serie de
álbums feita por ​autores galegos​. A idea partiu de ​Xuntanza
Editorial​, e concretouse nun único número do que pretendía ser
unha ​Historia de Galicia​. "Os Viaxeiros do tempo"​, primeiro
volume da que ía ser a
serie ​"As aventuras do
profesor Carbonato"​,
contou cun guión de
Urbano Fra ​ó que
deron forma os
debuxos de ​Fausto e o
entintado de Norberto
Fernández.
Dos autores que
traballaron durante esta época,
destacou sobre todos ​Miguelanxo
Prado​, chegando a publicar varios
álbums e acadando un
recoñecemento internacional como
debuxante e narrador​.
 
REMATAN OS OITENTA,
CHEGA ​FRONTE COMIXARIO
O ano 1989 desvelouse como un dos máis importantes. É neste
ano que saíu a revista ​"Das
Capital​", promovida polo
Concello de Santiago e realizada
por Fausto Isorna e Arturo
Regueiro, equipo de "Valium
Diez", e que realizaron unha
publicación de ​grande calidade
na que a banda deseñada ocupaba
un lugar fundamental. Entre os
colaboradores dos dous únicos
números que chegaron a saír
atopamos a Xaquín Marín ou a
Varela Ferreiro entre outros.
Tamén neste ano naceu o que
aínda hoxe é considerado ​o
principal movemento da
banda deseñada galega, o
grupo denominado
"Frente Comixario". Con
sede en Ourense e co apoio da
Casa da Xuventude da cidade,
este grupo chegou a sacar ata
1993 ​sete números ​dun
fanzine co seu mesmo nome e
no que se deron cita a maior
parte dos novos valores da
época. Atopamos así a Fran
Bueno, o Colectivo Pestiño, Carlos Portela, Fernando Iglesias,
Norberto Fernández e Tokio.
Ademais, organizaron as primeiras Xornadas de Banda
Deseñada de Ourense, que se celebraron na Casa da Xuventude
de Ourense e manteñen a
súa continuidade ata hoxe.
Pola súa banda, o fanzine
consolidouse ó longo da
súa historia coma un dos
máis importantes de
Galicia, situándose á
mesma altura que "Valium
Diez" no seu tempo e
distribuíndose por toda
Galicia. Os membros do
redenominado "Colectivo
Pestinho", integrado na
"Frente", puxeron en
marcha en 1991 o fanzine
"Lendia Prea" de temática
"gore" que só tivo un
número e, no ano seguinte, realizaron a "​História da língua
em banda desenhada​", álbum do que se chegaron a vender
cinco mil exemplares e que narra a historia do galego desde o
reintegracionismo.
A fin do fanzine e do colectivo produciuse en 1993​. Ese
mesmo ano saíu á luz o primeiro número de "O fanzine das
xornadas", publicación que se vén realizando anualmente
coincidindo coas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.
anos 90
VOLTAR AO COMEZO
A pesar do baleiro deixado pola fronte,
axiña comezaron a aparecer ​novas
publicacións e, nese mesmo ano
apareceu un novo intento de
publicacións de banda deseñada, de
novo coa idea de plasmar a Historia de
Galicia.
Nesta ocasión foi ​“Láctea Editions “
que publicou “​O Máxico arrecendo ​“. No
que narraba unha ​historia ​ambientada
na época ​castrexa​.
1994 comezou a serie máis longa da banda deseñada
galega, ​“Un misterio para
Simón“​. Editado de xeito
promocional por Caixa Galicia,
Renfe e a Xunta.
Desde 1995 Edicións Xerais faise
cargo da serie, da que apareceron
catro títulos; ​“A irmandade dos
lectores tristes”​, ​“Flores desde
Hiroshima”, ​“No nome da ama
morta” e a ​“Maldición dos
Velascos”.
Os guións corren a cargo de Aníbal Malvar e Roberto G. Mendez
, os debuxos son de Fausto e o entintado de Norberto
Fernandez.
Tamén a mediados da época viuse o
primeiro intento de editoriais galegas
de ​traducir ​ao noso idioma bandas
deseñadas foráneas.
Títulos como Asterix, “Franka”, “Bloch”,
“As aventuras de Gill e Georges”. Pero
con escaso éxito.
O emprego da banda deseñada con
fins de propaganda viuse de novo en
1995 coa edición por parte da
Associaçom Artábria da ​"​História
da Galiza em banda
desenhada​". Trátase dun álbum
debuxado polo pintor Leandro que
narra, con grandes doses de ​humor ​e
de ​crítica ​a Historia de Galicia desde
a Prehistoria ata os nosos días.
​ ​Os fanzines do 90
Moitos intentos e pouco éxito
Nos anos 90, a banda deseñada de Galicia​ reduciuse​ e grazas
a publicación anual dos volumes, xuntábanse os traballos
gañadores de Ourense e Galicia, mantívose
en certa maneira a publicación. En 1995 saíu
o traballo ​“​Andando correndo pola
chaira”​ e faise un amplo percorrido pola
historia da banda deseñada.
En 1996, un fanzine chamado ​“​lixo​” ​chegou
ós sete números. En Coruña publicouse ​“La
Carallada”​ cunha
gran calidade e aspirou a ser o
herdeiro de “​Frente Comixario”​ e
saíu só un fanzine
En 1996 apareceu na Coruña ​“El
bolchevique vespertino”​ ou ​“Sin
fé”​, que alcanzou os catro fanzines.
En 1997, en Lugo, saíu o vangardista
Kedeké e o debuxante Manuel Cráneo
creou ​“Ovo”​, ​“Craneografía” ​ou ​“Craneofilia”​ e só saíu un
fanzine.
En 1999, imprimiuse en Vigo
“​Alopecia mental​”
En 1998 intentaron crean una revista
galega nova chamada ​“​Elipse​”​, que
pretendía ser para os mestres de
secundaria á vez que recollía algúns
traballos de bos debuxantes galegos.
Había preparados dous números,
pero só saíu un por problemas cos
contidos.
A actualidade da BD.
CREATIVIDADE E RECOÑECEMENTO
A diferencia dos anos 70, nos ​últimos anos do século XXI​,
Galicia está demostrando ter unhas iniciativas nas que se poden
apreciar (aínda timidamente), unha ​gran capacidade
creativa da editorial galega​, grazas aos autores e
publicacións nas que se está a iniciar unha competitividade co
mercado francés e americano, e están a conseguir o
recoñecemento da crítica​.
Algunhas ​editoriais ​loitan por saír á
luz, como son:
-Xerais​, unha das maiores editoriais de
Galicia que presta certa atención á banda
deseñada.
-​Retranca Editora​ céntrase máis no
humor gráfico.
O mesmo pasa con algúns ​autores ​como ​Miguelanxo
Prado​, ​Mariano Casas (autor que
desenvolve moitas iniciativas no
campo dos fanzines). Entre todos os
autores da banda deseñada en Galicia,
poden chegar a un cento aínda que ​só
unha minoría consegue vivir do
seu traballo​, xa que é en España
onde os editores conseguen unha
maior proxección.
En canto ás ​publicacións​, hai dende revistas de humor gráfico
como​ Retranca​, fanzines como ​BD Banda​, ata series coma
Historias de Galiza, con premios como o ​Premio Castelao da
Banda Deseñada​ (dende 2005), que supuxeron nos últimos
20 anos unha vía fundamental para potenciar os traballos dos
autores.
O futuro da banda deseñada, un
potencial a medio aproveitar
Actualmente a BD ten unha ​boa situación​, sobre todo a nivel
autoral​, aínda que ​non ten bo funcionamento no ​mercado​.
O ​campo temático cunha mellor perspectiva é o
histórico​, unha temática que interesa e podería explotarse
máis. Convértese nunha boa ferramenta para achegar o
coñecemento da historia a toda poboación. Xa se usaron para
falar do período castrexo e romano, das loitas irmandiñas, de
Castelao, de Ferro Caaveiro e unha gran variedade de temas,
aínda que quedan moitos outros sen aproveitar como ​a Guerra
Civil ou os guerrilleiros da posguerra.
Contamos con moitos novos
autores nos últimos anos,
pero unha boa parte edítase
en castelán. ​No 2018
diminuíu a publicación
de banda deseñada, saíron
do prelo ​18 títulos e 16
eran en galego e deles, 10
foron autores galegos.
Autores,
fervedoiro de iniciativas, proxectos
e calidade
Do abano de creadores e creadoras que se diseminan
polos centros de produción gráfica, eliximos uns
poucos para representar esa multiplicidade de
iniciativas.
FRAN BUENO​.
PIONEIRO PROFESIONAL
Foi o ​primeiro autor galego en
traballar profesionalmente no
sector comercial do cómic
estadounidense. Licenciouse en
Belas Artes na Universidade
Complutense de Madrid, e os seus
primeiros traballos apareceron en
publicacións como "Frente
Comixario" ou "Diario16". Realizou
o álbum "​O máxico arrecendo​"
para a editorial Vía Láctea e debuxou tres bandas deseñadas
para a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da
Cultura Galega, escritos pola guionista ​Marilar Aleixandre​,
coa que tamén traballou en "Os escachapedras", publicada nas
dúas etapas da revista "Golfiño". Participou en diversas
exposicións como "O Comic en
Galicia" , "Viñetas desde o Atlántico"
e o Salón de BD de Cangas.
Internacionalmente, levou os seus
traballos á revista francesa ​Lanfeust
e á editorial estadounidense ​Image
(a serie​ Noble Causes​).
No seu palmarés conta co ​primeiro
premio no ​Concurso Nacional de
Cómics de Getafe e no concurso
para afeccionados da revista "Totem",
en 1989, con "​Guillermo y
Maximino​". E outras mencións.
MIGUELANXO PRADO​. O XEFE
É o ​autor máis importante da
historia da ​BD galega​. Ten estudos
universitarios de arquitectura na
Coruña. Os seus primeiros traballos
realizounos a finais dos anos
setenta, no fancine “​Xofre​”. O seu
primeiro álbum en solitario,
“​Fragmentos da Enciclopedia
Délfica​”, foi publicado en 1985, ao
que seguiría en 1987 “​Stratos​”. No ano 1990 publicou “​Trazo de
xiz​”, que sería o seu traballo máis celebrado e que tivo repercusión
internacional. Con todo, só unha pequena parte da súa obra pode
atoparse en galego. Unha desas obras en galego é ​"​Páxinas
crepusculares​" editado en 1993 pola Deputación da Coruña.
Traballou con compañías como a ​TVG​, deseñando o ​Xabarín​ do
famoso programa infantil, ou coa factoría
americana “​Dreamworks​”, no deseño dos
personaxes da serie “​Men in Black​”.
Desde o ano 1998 organiza​ cada ano o
salón de cómic “​Viñetas desde o
Atlántico​”.
Ten unha gran cantidade de premios no
seu palmarés, entre os que destacan o
premio ao mellor libro do ano na ​“Semana
de la historieta de Madrid”, o “​Premio
Génie de la Convention de París​”
;mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona en tres ocasión
Premio Nacional do Cómic​, ...
PEPE CARREIRO.​ A HISTORIA EN
BOLECHAS
Ilustrador e deseñador de BD, comezou en 1977 con "​O fillo de
Breogán​" no voceiro comunista "​A
Voz do Pobo​". Foi un dos que
fundou de "​Can sen Dono"​, revista
que el dirixiu, e colaborou con
publicacións como "Teima", "El
Pueblo Gallego", "Hoja del Lunes de
Vigo", "Faro de Vigo"... Publicou a
saga "​A retirada de Sir John
Moore​" na primeira etapa da revista
"​Golfiño​", que despois foi
recompilada como un álbum por
Xerais​. Outras creacións súas
inclúen "O curral de Don Mundo",
"Maxistérico", "O galo Camilo" e
"Robinson". Como creador de comics
para nenos ten acadado moita fama,
con obras como "​Os Bolechas​".
Traballou na publicación infantil
"Bule bule" e publicou o álbum
"Compostela, historia dunha
lenda" da que se chegaron a
vender ​dez mil exemplares​. Na
mesma editorial viu a luz a súa
serie de álbumes "Os
Barbanzóns" (2003), unha
revisitación asterixiana.
EMMA RÍOS. ​UNHA GALEGA EN
AMÉRICA
É a artista galega máis importante no mercado dos ​EEUU​ e a a
sinatura autóctona por excelencia en
Marvel Comics​. Participou na popular
serie “​Amazing Spiderman​”, os dous
son títulos de 2010, como en ​Runaways​,
que se publicou en castelán por ​Panini​.
Tamén debuxou para o selo “​Boom!​” e
“​The Art of Boom!​” Studios en 2011.
Traballou como
arquitecta,
ilustradora e
autora, onde
empezou facendo ​mangas​. Cando era
principiante colaborou nos fanzines:
“​El bolchevique vespertino​”​,
“​Esto es la guerra​”​, “​Mensajes en
una botella​”​ e “​Comikaze​”​. Colaborou noutros números do
Barsowia​ en 2007 e 2011, facendo equipo con con Hwei Lin,
así como no​ ​“​Dos Veces Breve Especial​ ​autoras​”​ (2006) e
no “​Proxecto EntreCruzar​”. Fixo parte en exposicións como
“​Novos autores coruñeses​”; “​Viñetas desde o Atlántico
2000​”; “​O chapapote móvese, 2003​” e “​Polaqia en
llamas​”, entre outros.
KIKO DA SILVA​. CIMENTADOR DE
GOLFIÑO
Como impulsor da revista "​BD Banda​" ​e director da colección de
álbums homónima, na editorial
“​Faktoría K​”, ​é un dos principais
autores de edición galega de BD.
Contribuíu a dúas das principais
iniciativas de cómic ​infantil-xuvenil ​en
España nas últimas
décadas, as revistas
"​Golfiño​" e "​Mister
K​". Na primeira
acadou fama coa serie
de humor "​Fiz nos Biosbardos​". Na segunda,
"​Clases con Guasa​" (que publicou en 2006 na
revista“​Spirou​”). Comezou no cómic
participando en fanzines como "​Nicasso​" e
"​Nova linea​" e
colaborou co único
número de "​Elipse​".
Tamén contribuíu á colección sobre o
“Prestige”, "H2Oil", como debuxante e
como un dos coordinadores do Colectivo
Chapapote. Colabora na revista "​El
Jueves​" na que ademais de chistes,
realiza "La Guinda Final", con parodias de
cómics moi recoñecidos. Desenvolve o seu
estilo humorístico-gráfico na edición
pontevedresa do periódico "​La Voz de Galicia​".
XAQUÍN MARÍN. ​O FUNDADOR
Un dos autores clásicos, ​fundador
da BD galega xunto a Raimundo
Patiño. En 1975 publicou xunto a el
“​As dúas viaxes​”, o ​primeiro
álbum do noso cómic. Traballa,
ademais de
na BD, como
ilustrador e
cartelista e humorista gráfico. Editou
cómics como “​Gaspariño​” ou “​Dos
pés á testa​”. Colaborou en
publicacións como “​El Ideal
Gallego​” ou a revista “​Golfiño​”, ou
“​La Voz de Galicia​”, onde segue
colaborando con “O lecer de Isolino”.
Ademais, ​liderou críticas contra o
Prestige​, promovendo a exposición
“​Humor Cru​”. Recibiu o “​Premio
Ourense de BD 1991​”, outorgado pola Casa da Xuventude de
Ourense.
LUÍS DAVILA​. HUMOR DIARIO
Nado en ​Bueu ​no 1972, estudou na
Escola de Artes Pablo Picasso da
Coruña. As súas primeiras
publicación realizounas na súa vila
natal. ​Colaborou co xornal
"Faro de Vigo" a través de tiras
humorísticas, diferentes en cada edición, como son "O
Bichero", para O Morrazo; "O Fotomatón", para Vigo; "O Toxo",
para Deza-Tabeirós ou "O Afiador", para Ourense. Tamén
realiza tiras de prensa para o xornal "Galicia en el Mundo".
MARILAR ALEIXANDRE​. A LETRA
DOS CÓMICS
Guionista nada en Madrid, pero que
escribiu os seus guións en galego​.
Profesora da Universidade de Santiago e
coñecida como
escritora​,
escribiu textos
para banda
deseñada en
galego,
destacando os
cómics
científicos do
Consello de Cultura Galega​. Nestas
obras colaborou con ​Fran Bueno​, debuxante co que traballou
tamén na revista “​Golfiño​”, desenvolvendo a serie “​Os
Escachapedras​”.
FRAN JARABA
Foi un dos que sacaron adiante “​Xofre​”,
unha das maiores publicacións da banda
deseñada en ​Galicia (1979). Fixo o seu
primeiro libro en 1981 e ilustrou máis de 70
para diversas editoriais
españolas​. Colaborou
con outras publicacións
como "​Can sen Dono​"
e "​Golfiño​". No ano
2000 publicou o seu
primeiro álbum de cómic, "​Cita na
Habana​", ambientado na Guerra da
Independencia cubana. O segundo volume,
Campos de Cuba​, saíu á luz no 2004.
ANTONIO SEIJAS
Colaborou coa revista ​Golfiño ​de ​La
Voz de Galicia​ no 2003. Ilustrou a
revista​ Murguía ​e contribuíu ao
catálogo da VII Bienal da Caricatura de
Ourense en 2004. Debuxou no libro
"​Dos avogados e da xustiza, no
sentir popular​" de Alberto Pascual e
foi finalista no certame “​Na
Vangarda-Banda Deseñada​” da
Xunta de Galicia (2004). Participou no libro homenaxe a Joan
Manuel Serrat (de edición de exemplar único), con autores
como ​Forges, Cels Piñol​ ou ​Xaquín Marín​. Obras súas
foron expostas nas exposicións e nos festivais de ​“Can de
palleiro, da Asociación Galega de Profesionais da
ilustración (AGPI)”, “Viñetas desde o Atlántico 2006”,
“XVII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense
(2005)”​ e​ “XVIII Xornadas de BD de Ourense (2006)”​.
XOSÉ TOMÁS
A súa actividade maioritariamente foi na
ilustración e no humor gráfico. O seu
debut chegou coa obra ​Tolos​, para a
Universidade da Coruña. Colaborou no
suplemento ​"Xatentendo.com" de
"La Voz de Galicia" e traballa como
debuxante nas edicións da Coruña e de
Carballo. Tamén fixo ilustracións e
cómics para a Revista ​"Plis-Plas"​.
Participou na primeira etapa de
"Golfiño"​, realizando pasatempos e na
serie ​"Luzbell"​. Ademais contribuíu ás revistas
"Sapoconcho" e a da Asociación de Profesores de Inglés de
Galicia ​(APIGA)​. Ilustrou o CD Rom didáctico ​"Coas raíces
no chan" ​da Consellaría de Medio Ambiente. Puido expoñer
obras en mostras do ​Museo do Humor de Fene​.
JUAN CARLOS ABRALDES
Debuxante e caricaturista
nado en Barcelona con
estudos de Artes Aplicadas na
Escola de Artes Mestre Mateo
de Santiago. Colaborou en
proxectos como
“​Xatentendo.com​”, a
revista “​Golfiño​” ou
“​H2Oil​”. Tamén colabora habitualmente co xornal “​La Voz de
Galicia​”. Traballou en publicacións como “​Tempos​”, “​Azul y
Blanco​” ou “​Compostelán​”, e en películas de animación
como “​O bosque animado​” e “​O rei Quintín​”. Traballa
tamén como ​ilustrador de libros de texto​.
Gañou o ​Premio Ourense de mellor
autor afeccionado 1998 con “​España
vai…​”, e conseguiu o 3º premio no XII
Concurso Galego de BD ​coa súa historia
“​Película en branco e negro​”. Tamén foi
galardoado no certame de humor gráfico da
Casa do Humor de Fene ou no ​Concurso
de Cómic Juventud 98​.
REVISTAS,
INTENTOS COMERCIAIS
EFÉMEROS
A COVA DAS CHOIAS
A primeiros da década dos 70 formouse o chamado ​Grupo do Castro​,
un conxunto de precursores da banda deseñada galega. Estes creadores
eran Xesús “Chichi” Campos, Lois Caparrós Esperante, e Xosé Díaz
Arias, coa colaboración do irmán deste último, Rosendo “Roxo”Díaz
Arias.
O traballo do Grupo do Castro caracterizábase pola ​promoción do
galego como lingua de comunicación e de ensino​, o compromiso
de ​loita contra a Ditadura​, a ​defensa das liberdades ​civís, e a
crítica ao imperialismo e á intolerancia. A pesar dos numerosos
problemas que o seu compromiso político lle causou, o Grupo do Castro
acadaría un fito na historia do cómic en Galicia, coa ​publicación en
1973 de “A Cova das Choias”, a primeira revista de BD galega​.
Fíxose desde ​Xenebra ​coa ​colaboración ​de membros da
comunidade emigrante en Suíza.“A Cova das Choias”, ofrecía tres
perspectivas do cómic moi características:a ​experimentación formal
de Lois Caparrós, o corrosivo ​humor ​de Chichi Campos, e o ​deseño
sintético​ e estudio compositivo de Xosé Díaz.
IMAXES PÁX 11 E 25
http://culturagalega.gal/bd/documentos/choias.pdf
CAN SEN DONO
Publicación de longa vida que ​entre 1983 e 1990 sacou ​vinte
números desde Vigo​. Durante este período consolidouse como a
principal revista
independente do
humor galego,
colaboracións ​da
altura de ​Siro​,
Antonio Mascato,
Xaquín Marín​,
Nacho Hortas,
Fran Jaraba​, Xoan
López Domínguez e
un longo etcétera.
Con mudanzas no
seu formato, saíu do
primeiro seminario
galego de humor e a
pesar de centrarse
no humor gráfico
dedicou unha grande
atención á banda
deseñada.
FRENTE COMIXARIO
Sae 1989 e desaparece en 1993 publicando ​sete números e dous
especiais desde ​Ourense​, consolidándose durante ese período como a
principal publicación de banda deseñada de Galicia.
Entre os participantes no fanzine, nomes coma ​César Moreiras,
Macaco, Miguelanxo Carballo, Moxón, Paradelo, Andrés
Fortes, Robledo, Eduardo Meliñas, Xavi, Diego Domínguez,
Alfredo González, Ermitas ou Henrique Torreiro​. A publicación
chegou a acadar un ​importante número de páxinas e unha tirada
considerable​, chegando a realizar a difusión a través dunha
distribuidora e chegando a toda Galicia. Contou desde o comezo co apoio
da Casa da Xuventude de Ourense, que se viu comprometido despois do
achegamento de parte do colectivo a posturas
reintegracionistas​. A dificultade en profesionalizar a revista e a
integración á vida laboral de varios dos seus promotores provocou a súa
desaparición.
GOLFIÑO
Revista galega de BD profesional, que ​inicia a publicación no 2000​.
O volume I editado por Xerais, compúxose de catorce números mensuais
a toda cor. A revista fechou por motivos económicos en xuño de 2001,
ano e medio despois de saír á rúa. Ademais de cómic, ​esta primeira
etapa ​tiña ​en cada número ​unha reportaxe monográfica e
seccións de correo, pasatempos, libros, videoxogos e internet​.
A cabeceira foi recuperada por ​La Voz de Galicia como
suplemento semanal a partir do Día das Letras de 2002​, e o
volume II resultante pasou a conter só BD​. Con Fausto Isorna como
director artístico desde o inicio, contou nas súas páxinas con algúns dos
mellores debuxantes de banda deseñada de Galicia. Na súa primeira
época, Golfiño contiña historias de ​Fausto, Pepe Carreiro, Fran
Bueno, Norberto Fernández, Varela Ferreiro, Andrés Meixide
e Xaquín Marín ​entre outros. A eles uníronse na segunda época
talentos da talla de ​Kiko da Silva, David Rubín, Víctor Rivas,
Primitivo Marcos e Miguel Porto.
BARSOWIA
Barsowia foi a ​revista e buque-insignia ​do colectivo Polaqia​,
publicando cómics en galego e en portugués. Incluiu obras de
numerosísimos autores, a maioría deles galegos. Entre os creadores
máis activos para a cabeceira contáronse Diego Blanco, David
Rubín, Brais Rodríguez, Hugo Covelo, Álvaro López, Manel
Cráneo e Kike Benlloch​. No ​Saló Internacional del Còmic de
Barcelona gañou o Premio do Público ao Mellor Fanzine de
España en 2005, e o Premio de Mellor Fanzine de España en
2006. En 2006 Dolmen Editorial publicou ​"Barsowia en llamas"​,
extenso recompilatorio en castelán con abondoso material inédito na
altura.
OS BARBANZÓNS
Os Barbanzóns é unha serie de banda deseñada creada no ano ​2003
polo debuxante
vigués Pepe
Carreiro​, e
publicada pola
editorial ​noiesa
Toxosoutos​. Os
cómics están
ambientados na
Idade de Ferro​, a
trama localízase no
Castro de Baroña​,
e os libros
describen as
aventuras que
viven os habitantes
do poboado
prerromano.
A serie Os
Barbanzóns
compleméntase
coa serie ​Os
Pequenos
Barbanzóns​,
protagonizada
polos mesmos
rapaces do castro
que aparecen na serie orixinal. Esta serie é máis axeitada para ser lida
por nenos menores de 12 anos.
OS BOLECHAS
Os Bolechas é o nome dunha serie infantil que narra as aventuras
dunha familia de ficción creada por​ Pepe Carreiro​ no ano ​2000​.
Ao longo destes anos
asentáronse no eido
editorial galego con
máis de ​550 títulos
publicados e preto de
millón e medio de
exemplares
distribuídos No ano
2012 traspasaron as
fronteiras literarias
para chegaren a varios
ámbitos culturais e de
lecer relacionados coa
infancia.
Hai uns anos deron o
salto a outros formatos
coa creación dunha ​serie de televisión​, unha liña de xoiaría infantil,
música ou diversos ​espectáculos​. Aproveitando a tirón, as institucións
servíronse da imaxe da familia para diversas campañas de
concienciación social.
A LINGUAXE DA BANDA 
DESEÑADA 
A arte dos debuxos  
A banda deseñada presenta varios recursos expresivos que nos axudan a entender
mellor as situacións que ocorren. Esta expresividade obsérvase dende o propio
formato que presentan os bocadillos​, ​as metáforas visuais ​que transmiten o estado
de ánimo dos personaxes, ​os tipos de planos​, ata ​as figuras cinéticas​.
TIPOS DE BOCADILLOS
O bocadillo ou globo defínese como o elemento da viñeta que
contén as intervencións dos personaxes​. As súas formas
e contido (palabras, símbolos, etc.) están destinados a cubrir a
gran variedade de elementos verbais e non verbais que
constitúen a comunicación humana.
• Globo con raia continua:
non marca ​ningunha significación
especial​ na voz do personaxe.
• Contorno con trazos ondulados:
Voz trémula (​debilidade, medo, frío​...).
• Contorno con dentes de serra:
Berro​, ​irritación, voz desencaixada, voz procedente
dun aparato electrónico (teléfono, altofalante,
ordenador...).
• Contorno con liñas descontinuas:
Voz baixa (segredos, confidencias...).
• Bocadillo unido a
outro globo de
diálogo:
Permiten indicar as pausas
nun diálogo, dividindo o
discurso.
• Globo con varios rabos:
Texto pronunciado por varios personaxes en simultáneo.
TIPOS DE PLANOS
Como no cine, os cómics necesitan plans para visualizar a
acción e darlle unha sensación de movemento. O plano non é
máis que a ​distancia coa que se mira o obxectivo​. É coma
se estivésemos xogando co foco dunha cámara dirixíndoa onde
queremos que o lector se vexa.
No cómic. Hai unha gran variedade de planos cada un, coas
súas propiedades e emocións.
•​ Plano Xeral:​ ​a figura humana xa cobra protagonismo,
encadra o personaxe e
ofrece información do
seu contorno próximo.
• ​Primeiro Plano:
encadra o personaxe
dende os ombreiros.​ O
obxectivo é destacar os seus
trazos expresivos (estado
psicolóxico, emocional...).
• ​Primeirísimo Primeiro
Plano ou Plano
Detalle​: selecciona unha
parte específica dun
obxecto ou figura
humana​. Por Primeirísimo
Primeiro Plano entendemos un plano de detalle aplicado ao
rostro que se ​centra nos ollos, o nariz e a boca.
• ​Plano Medio​: encadra o personaxe ​de medio corpo,​ a
partir da cintura.
Pretende tamén
destacar as súas
accións​ ou trazos,
centrándose na
expresividade do
personaxe.
• Panorámica​: presenta e describe o ​ambiente onde
transcorre a historia. Os personaxes apenas se perciben, pois o
seu obxectivo é presentar o ​contexto​.
PUNTOS DE VISTA
•​ Ángulo Normal ou Ángulo
Medio​:
a acción transcorre ​á altura dos
ollos​. É unha visión ​neutral​.
• ​Ángulo en Picado​: a acción
represéntase ​desde arriba
cara abaixo.
Dá a sensación de ​pequenez ​ou ​inferioridade​.
• Ángulo en Contrapicado:
a acción represéntase ​dende abaixo cara arriba​. Dá a
sensación de ​grandeza ou superioridade.
• ​Ángulo Cenital ou Picado Absoluto e Ángulo Nadir
ou Contrapicado Absoluto​:
dan unha ​visión
perpendicular
da realidade.
Esaxeran os efectos
do picado ou
contrapicado.
FIGURAS CINÉTICAS
Chamámoslles ​liñas cinéticas ás ​marcas ou raias que
rodean certos obxectos para indicar que se están
movendo e o sentido do movemento​; aportan dinamismo
e acción á viñeta. Sen elas sería difícil que o lector soubese que a
persoa ou o obxecto se están movendo.
Xestos funcionais​: aqueles que se
realizarán de xeito semellante por
calquera personaxe enmarcado
nunha situación dada.
Xestos iniciais​:​ caracterizar
personaxes
non centrais, traballar de forma
decorativa
ou como indicadores de características.
ONOMATOPEAS VISUAIS
Son un xeito de representar
visualmente co texto diferentes
sons (​imitan o propio
son e o trazo tamén suxire
características
do mesmo​). Veremos tamén que, en
moitos casos, son
adaptadas de
palabras inglesas
pola tendencia a
traducir os textos
dos bocadillos,
pero non os das
onomatopeas, que
se acaban
convertendo en
códigos comúns.
-Exemplos disto serían:
crack, ring, splash, click, sniff, glup…
METÁFORAS VISUAIS
É un recurso propio da poesía
que consiste en ​utilizar un obxecto
para designar a outro e así
apropiarse das súas cualidades​. O
cómic adoptou as metáforas visuais
como recurso propio .Así unha
bombilla suxire unha idea e así
infinitamente.
Signos de apoio
A miúdo utilízanse ​signos para enriquecer a mensaxe​ e
a expresión dos personaxes; en xeral, un signo de admiración
indica sorpresa, e un de interrogación, dúbida.
Xornadas de banda deseñada en Galicia,
un escaparate creativo
En Galicia, coexisten distintas xornadas de banda deseñada
entre as que destacan o ​premio Ourense de banda
deseñada​, o ​certame de banda deseñada de Vigo​, o
premio Castelao de banda deseñada, ​encontro de banda
deseñada de Lugo​; por citar un de cada provincia.
Concretando máis entre os certames polas provincias:
Premio Castelao de banda deseñada​, pode participar
calquera persoa maior de idade que non gañase en ningunha
das 5 edicións previas, hai dúas categorias:
- lix​- para mozos e infantes.
- xeral​- dirixida a todo tipo de lectores.
este certame lévase celebrando dende o ano 2005.
O ​Museo do humor​, en Fene, achega tamén
cursos e formación neste ámbito; na cidade
coruñesa historicamente destaca ​Viñetas
desde o Atlántico​ que se celebra en agosto.
En Ourense destaca o
premio Ourense de
banda deseñada á mellor iniciativa,
orientado a distinguir iniciativas e
traxectorias destacadas no panorama da BD
galega.
Na provincia de Pontevedra destaca o C​ertame
de banda deseñada de Vigo​, está xa na súa 9
edición, consta con 3 categorias; en Cangas a
Asociación Cultural-Recreativa Meiji coa
colaboración da Librería
Esmorga, institutos Illa de
Ons e María Soliño e Otaku
Center de Pontevedra, recibe
unha xornada de BD.
En Lugo, celébrase o ​Encontro de
banda deseñada histórica de
Galicia​, ​consta de tres sesións teóricas e
dous obradoiros prácticos.
 
Museo do humor de Fene
Humor concentrado
O ​museo do humor de Fene foi inaugurado o ​24 de novembro en
1984 ​na casa da cultura de Fene; co
propósito de dar a coñecer fóra de
Galicia aos ​mestres do humor
galego​, e dentro de Galicia, ao resto
do mundo.
·Ten ​máis de tres mil fondos
onde podes encontrar unha ampla
representación do humor galego, ​caricatura e historieta e
contemporáneo internacional.
·Entre as súas coleccións se
encontran cómicos tan
orixinais como ​Xaquín
Marín​, Siro, Chumy
Chúmez, Máximo, René de
la Nuez, Mort Walker o
Fontanarrosa.
·Tamén teñen diversas ​publicacións ​como as coleccións ​do
"Sapoconcho" (revista del Museo del Humor), "Retranca" ou
exemplares antigos de "La Codorniz" o "El
Jueves".
·O museo conta cun ​certame ​chamado
curuxa onde o premio é unha curuxa de
cerámica.
PREMIOS,
RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA
Xornadas de banda deseñada en Ourense:
· Este certamen dividese en ​tres
categorías​:
- Maiores de 17 anos até os 35.
- Menores de 17 anos.
- Difusión do cómic e da banda deseñada galega
·Na primeira categoría proclamouse campión o
cómic titulado ​Pendulum​.
Premio “Castelao” banda
deseñada:
· Neste certame só poden participar
as persoas ​maiores de idade​ que
non gañasen o certame nos últimos
cinco anos.
· Este concurso divídese en dúas partes:
- Modalidade xeral​, son obras dirixidas
para todos os lectores
- Modalidade LIX​, obras dirixidas ao
público lector infantil e xuvenil.
: Só se poden presentar a unha desas dúas
categorías.
· O ​premio será de 6.500€ ​para calquera
modalidade.
· A temática dos cómics e totalmente libre.
· Os últimos gañadores recoñecidos foron:
- Na modalidade xeral, ​Canción para
fundir flores no mar​ (2018)
- Na modalidade LIX,​ Fóra do mapa​ (2016)
Certame de banda deseñada de Vigo:
· Este certame ​organízase​ na ​biblioteca
Pública de Vigo Juan
Compañel.
· Este concurso ten tres
categorías:
- ​Infantil​, ​Xuvenil e ​Sénior​· O tema
será libre, con textos en galego. ·Os
premios serán os mesmos para as tres
categorías, ​diploma e un ​lote de
produtos relacionados coa banda
deseñada.
TIRAS CÓMICAS:
OPINIÓN DIARIA
Unha boa parte dos xornais contan cun debuxante
que sintetiza nunha tira cómica o tema do día ou ben
un retrato social. A habilidade para enfocar o matiz,
o transcendente, xunto co enxeño crítico, permiten
escoller os debuxantes con maior renome.
Algúns deses ilustradores son:
Xaquín Marín, estilo sinxelo único
Xaquín Marín é
un dos autores
máis clásicos das
viñetas galegas.
Ten un estilo
único​, é tan
característico
que non terá
continuadores.
Con ese estilo persoal ​leva medio século debuxando
viñetas​, ​carteis, ilustracións e banda deseñada.
O Marín mozo concluíu iso pola súa conta e creou un
estilo tan galego
que ten o
arrecendo e o
sabor das nosas
viandas ​tradicionais.
Unha ​viñeta
sinxela de Xaquín
Marín é ​románica,
como a bola; a viñeta
traballada con
milleiros de riscos é barroca, como a empanada.
LUIS DAVILA, crítica social con
chispa
Davila decidiu titular ​“​O Bicheiro​” a unha serie de humor
gráfico que dende hai anos sácalle sorrisos a milleiros de
lectores.
Trata sobre ​festas populares, problemas para pagar a
hipoteca, a adaptación da terceira idade ás novas
tecnoloxías ou a situación lingüística ​de hoxe en día cun
pouco de ​crítica social​.Unha boa viñeta ten que contar cun
pouco de​ ​chispa, observación e gracia
Xosé Lois, retranca popular
Publica en ​revistas, xornais, semanais​… o noso día a día
pero cun pouco de humor.
O Carrabuxo é unha das súas obras, un personaxe de ficción;
un ​paisano galego espigado, fiel á ​boina ​que lle tapa os ollos,
ao seu ​cigarro ​e ao seu idioma e á súa ​retranca ​á hora de
amosar a súa percepción da vida.
O Carrabouxo
aparece no diario
en “​La Región​”
de Ourense,
cidade na conta
cunha estatua
propia.
O seu nome
“Carrabouxo”
responde a un
costume popular
de poñerlle a unha
persoa de alcume
todo o contrario do que é. O personaxe é moi alto e estirado e o
carrabouxo é unha bóla pequeniña, redondiña​.

More Related Content

What's hot

Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Marlou
 
Contexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXI
Contexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXIContexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXI
Contexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXIRomán Landín
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Marlou
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Marlou
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaxenevra
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Marlou
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Marlou
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Marlou
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Marlou
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Marlou
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Román Landín
 
Escritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuaisEscritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuaisAgrela Elvixeo
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Marlou
 
Álbums de guerra
Álbums de guerraÁlbums de guerra
Álbums de guerraMarlou
 

What's hot (20)

Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)Cabanillas (por Laura Rubio)
Cabanillas (por Laura Rubio)
 
Contexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXI
Contexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXIContexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXI
Contexto sociopolítico e cultural do Rexurdimento e dos séculos XX e XXI
 
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
Os vellos non deben de namorarse. Castelao (por Tania Pose)
 
Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017Carlos Casares. Letras galegas 2017
Carlos Casares. Letras galegas 2017
 
Primeiro terzo lingua
Primeiro terzo linguaPrimeiro terzo lingua
Primeiro terzo lingua
 
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
Dos arquivos do trasno. Rafael Dieste (por Yaiza Otero)
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño) Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
Sempre en Galiza. Castelao (por Sarai D. Mariño)
 
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
Rosalía de Castro (por Paula Cambeses)
 
A prosa das Irmandades
A prosa das IrmandadesA prosa das Irmandades
A prosa das Irmandades
 
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
A arte no exilio
A arte no exilioA arte no exilio
A arte no exilio
 
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)Uxío Novoneira (por Carla Noya)
Uxío Novoneira (por Carla Noya)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
Escritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuaisEscritoras galegas actuais
Escritoras galegas actuais
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
Eduardo Blanco-Amor (por Lía Ordóñez)
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Álbums de guerra
Álbums de guerraÁlbums de guerra
Álbums de guerra
 

Similar to Traballo bd final(2)

Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoxoanseca
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...Bibliotecadicoruna
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAntonio Gregorio Montes
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXxenevra
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósMaraFont
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXxenevra
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010xenevra
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBmarloga
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21xenevra
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerramelixanro
 
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaCarlos Piña López
 

Similar to Traballo bd final(2) (20)

Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
A prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzoA prosa do 1º terzo
A prosa do 1º terzo
 
Areal nº 6
Areal nº 6Areal nº 6
Areal nº 6
 
A xeración nós
A xeración nósA xeración nós
A xeración nós
 
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion.  Biblioteca da Deputac...
Centenario das irmandades da fala. guia da exposicion. Biblioteca da Deputac...
 
Vangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalíaVangardas noelia, rosalía
Vangardas noelia, rosalía
 
"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor"A esmorga", de Blanco Amor
"A esmorga", de Blanco Amor
 
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia CastroAmando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
Amando Suárez Couto, artigo por Celia Castro
 
A prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XXA prosa do primeiro terzo do século XX
A prosa do primeiro terzo do século XX
 
Irmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nósIrmandades da fala e o grupo nós
Irmandades da fala e o grupo nós
 
A prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XXA prosa de fins do século XX
A prosa de fins do século XX
 
tema9_2010
tema9_2010tema9_2010
tema9_2010
 
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºBO nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
O nacemento do Galeguismo e o Reurdir da literatura galega. Marta 3ºB
 
Xeracion nos 21
Xeracion nos 21Xeracion nos 21
Xeracion nos 21
 
O prerrexurdimento
O prerrexurdimentoO prerrexurdimento
O prerrexurdimento
 
Lite posguerra
Lite posguerraLite posguerra
Lite posguerra
 
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galegaO nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
O nacemento do galeguismo e o rexurdir da literatura galega
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Carlos Casares
Carlos CasaresCarlos Casares
Carlos Casares
 
Álvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiroÁlvaro cunqueiro
Álvaro cunqueiro
 

More from anillampl

22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf
22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf
22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdfanillampl
 
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptxanillampl
 
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptxanillampl
 
20 21 5 ep peixe feliz
20 21 5 ep peixe feliz20 21 5 ep peixe feliz
20 21 5 ep peixe felizanillampl
 
19 20 6 ep traballos alumnado 06
19 20 6 ep traballos alumnado 0619 20 6 ep traballos alumnado 06
19 20 6 ep traballos alumnado 06anillampl
 
19 20 6 tar 06 15
19 20 6 tar 06 1519 20 6 tar 06 15
19 20 6 tar 06 15anillampl
 
19 20 6 ep traballos alumnado 05
19 20 6 ep traballos alumnado 0519 20 6 ep traballos alumnado 05
19 20 6 ep traballos alumnado 05anillampl
 
19 20 Lemas para o medioambiente
19 20 Lemas para o medioambiente19 20 Lemas para o medioambiente
19 20 Lemas para o medioambienteanillampl
 
19 20 let gal audio
19 20 let gal audio19 20 let gal audio
19 20 let gal audioanillampl
 
19 20 recompilacion poemas let gal
19 20 recompilacion poemas let gal19 20 recompilacion poemas let gal
19 20 recompilacion poemas let galanillampl
 
19 20 let gal recom palabras
19 20 let gal recom palabras19 20 let gal recom palabras
19 20 let gal recom palabrasanillampl
 
19 20 let gal marcapaxinas recompilacion
19 20 let gal marcapaxinas recompilacion19 20 let gal marcapaxinas recompilacion
19 20 let gal marcapaxinas recompilacionanillampl
 
19 20 let gal libros
19 20 let gal libros19 20 let gal libros
19 20 let gal librosanillampl
 
19 20 6 ep traballos alumnado 04
19 20 6 ep traballos alumnado 0419 20 6 ep traballos alumnado 04
19 20 6 ep traballos alumnado 04anillampl
 
Abecedario de David Vilalta
Abecedario de David VilaltaAbecedario de David Vilalta
Abecedario de David Vilaltaanillampl
 
19 20 6 ep traballos alumnado 03
19 20 6 ep traballos alumnado 0319 20 6 ep traballos alumnado 03
19 20 6 ep traballos alumnado 03anillampl
 
19 20 6 ep traballos alumnado 02
19 20 6 ep traballos alumnado 0219 20 6 ep traballos alumnado 02
19 20 6 ep traballos alumnado 02anillampl
 
Abecedario mario
Abecedario marioAbecedario mario
Abecedario marioanillampl
 
19 20 enquisa informe resultados
19 20 enquisa informe resultados19 20 enquisa informe resultados
19 20 enquisa informe resultadosanillampl
 

More from anillampl (20)

22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf
22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf
22 23 PROXECTO 03 ARTE RUPESTRE.pdf
 
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
 
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
22 23 5 EP PROXECTO 2 OBRAS SELECCIONADAS.pptx
 
20 21 5 ep peixe feliz
20 21 5 ep peixe feliz20 21 5 ep peixe feliz
20 21 5 ep peixe feliz
 
19 20 6 ep traballos alumnado 06
19 20 6 ep traballos alumnado 0619 20 6 ep traballos alumnado 06
19 20 6 ep traballos alumnado 06
 
19 20 6 tar 06 15
19 20 6 tar 06 1519 20 6 tar 06 15
19 20 6 tar 06 15
 
19 20 6 ep traballos alumnado 05
19 20 6 ep traballos alumnado 0519 20 6 ep traballos alumnado 05
19 20 6 ep traballos alumnado 05
 
19 20 Lemas para o medioambiente
19 20 Lemas para o medioambiente19 20 Lemas para o medioambiente
19 20 Lemas para o medioambiente
 
19 20 let gal audio
19 20 let gal audio19 20 let gal audio
19 20 let gal audio
 
19 20 recompilacion poemas let gal
19 20 recompilacion poemas let gal19 20 recompilacion poemas let gal
19 20 recompilacion poemas let gal
 
19 20 let gal recom palabras
19 20 let gal recom palabras19 20 let gal recom palabras
19 20 let gal recom palabras
 
19 20 let gal marcapaxinas recompilacion
19 20 let gal marcapaxinas recompilacion19 20 let gal marcapaxinas recompilacion
19 20 let gal marcapaxinas recompilacion
 
19 20 let gal libros
19 20 let gal libros19 20 let gal libros
19 20 let gal libros
 
19 20 6 ep traballos alumnado 04
19 20 6 ep traballos alumnado 0419 20 6 ep traballos alumnado 04
19 20 6 ep traballos alumnado 04
 
Abecedario de David Vilalta
Abecedario de David VilaltaAbecedario de David Vilalta
Abecedario de David Vilalta
 
19 20 6 ep traballos alumnado 03
19 20 6 ep traballos alumnado 0319 20 6 ep traballos alumnado 03
19 20 6 ep traballos alumnado 03
 
19 20 6 ep traballos alumnado 02
19 20 6 ep traballos alumnado 0219 20 6 ep traballos alumnado 02
19 20 6 ep traballos alumnado 02
 
Abecedario mario
Abecedario marioAbecedario mario
Abecedario mario
 
Experimento
ExperimentoExperimento
Experimento
 
19 20 enquisa informe resultados
19 20 enquisa informe resultados19 20 enquisa informe resultados
19 20 enquisa informe resultados
 

Traballo bd final(2)

  • 1. OS INICIOS DOS ANOS 70. O cómic, un instrumento de cambio social O debuxante ​Reimundo Patiño convence a Xaquín Marín para que introduza as últimas tendencias internacionais na estampa popular galega. Así, este realizará a primeira historia debuxada ​”O emigrante​”​, que se publica en xornais. Eses primeiros anos trazan un singular itinerario, que nos leva aos precedentes modernos dos cantares de cego de Isaac Díaz Pardo; á serie de murais de Reimundo Patiño ​O home que falaba vegliota como ​2 Viaxes​, o volume que publicou xunto a Xaquín Marín; aos traballos do Grupo de Castro; e outros variados camiños polos que o medio foi medrando a partir de entón, tiras de prensa, suplementos e revistas infantís, fanzines, etc. A actividade cultural e tamén a loita social marcan a década, explícase así a marcada
  • 2. intencionalidade política das primeiras manifestacións da BD galega, os traballos de Patiño e Marín, de Pepe Barro e dos compoñentes do Grupo do Castro (Xosé Díaz, Luís Esperante, Rosendo Díaz e Chichi Campos), que vían na vocación popular do cómic un medio extremadamente útil para espallar a súa mensaxe emancipadora. Máis aló de amolecer en espazos máis inofensivos, o do puro entretemento para os lectores máis novos, o medio xorde en Galicia nunha ​versión fortemente
  • 3. intelectualizada ​que recolle as arelas de cambio político dunha parte da sociedade. Da man de creadores coma Pepe Carreiro, Xosé Lois ou Pablo Oitabén, o cómic incorpórase a xornais e suplementos infantís, revelándose como un útil instrumento de normalización lingüística. Ademais de contemplar os primeiros traballos destes creadores, tamén cómpre sinalar o meritorio labor de artistas de carreira máis breve, caso de Vicente Veiga e as súas atinadas tiras de Fuco, o de Ulises L. Sarry, que quixo crear unha caste de Flash Gordon galego con Comandante Iago, ou do imaxinativo e colorista Miguel Docampo. Contra o final da década, ​o fanzine ​Xofre anuncia un cambio de paradigma​. Uns novísimos Miguelanxo Prado, Fran Jaraba e Xan López Domínguez irrompen cunha bagaxe que incorpora influencias da BD europea, do underground norteamericano ​e tamén do que estaba a aparecer nas revistas españolas daquela altura, sinalando o camiño que o medio comezaría a percorrer na década seguinte.
  • 4. A EXPLOSIÓN DOS ANOS 80 Os anos 80 suporían unha ​auténtica explosión dos fanzines como medio de expresión para a banda deseñada, coa aparición dun grande número de publicacións de estilo vangardista ​que conectaban coas "​movidas​" das diferentes localidades. Historias de carácter urbano que tocaban temas como as drogas, o sexo ou a anguria vital ​expresábanse desde unha perspectiva galega​. O primeiro en aparecer foi o “ ​Patito Feo​”. Entre os autores que colaboraron neles, destacan ​Eduardo Galán Cubero ​e ​Xan López Dominguez. “​Can sen dono​” ​é unha das revistas máis destacadas e de máis duración da BD, da que verían a luz ​dez números ​ata ​1984​. Entre os creadores da revista atopamos a ​Pepe Carreiro​, ​Gogue e ​Antonio Mascato​. Ese mesmo ano xorde ​"​A Ameixa Cacofónica​" Tratábase dun fanzine cun material de ​grande calidade.
  • 5. Tempo despois, saíu á rúa o que se chegaría a converter no fanzine de referencia da época, ​"​Valium Diez​"​. Unha publicación que chegou a vender ​mil exemplares e a facer ​sete números​, mesturando a banda deseñada con artigos de actualidade e opinión​, sempre desde unha perspectiva de modernidade e rebeldía contra a cultura oficial. O espírito rompedor chegou a Lugo ​na forma arredor de varios fanzines, entre os que destacou especialmente ​"​Atlántico Express​", ​publicación que combinaba a ​banda deseñada coa actualidade musical e cultural do intre. Chegou a tirar tres números ​nos que colaboraron, entre outros, ​Quique Bordell​, ​Honorio Espiral, ​Roxo ou Xaime da Pena. A banda deseñada tamén se desenvolveu na ​prensa. ​Unha das producións máis destacables ​foi "Aventuras dun neno galego". ​Os volumes que se publicaron foron ​"Os homes do fin do mundo" "Os fillos de Breogán" e "A grande viaxe polo río".
  • 6. ​En ​1988 ​atopamos o primeiro intento de crear unha serie de álbums feita por ​autores galegos​. A idea partiu de ​Xuntanza Editorial​, e concretouse nun único número do que pretendía ser unha ​Historia de Galicia​. "Os Viaxeiros do tempo"​, primeiro volume da que ía ser a serie ​"As aventuras do profesor Carbonato"​, contou cun guión de Urbano Fra ​ó que deron forma os debuxos de ​Fausto e o entintado de Norberto Fernández. Dos autores que traballaron durante esta época, destacou sobre todos ​Miguelanxo Prado​, chegando a publicar varios álbums e acadando un recoñecemento internacional como debuxante e narrador​.  
  • 7. REMATAN OS OITENTA, CHEGA ​FRONTE COMIXARIO O ano 1989 desvelouse como un dos máis importantes. É neste ano que saíu a revista ​"Das Capital​", promovida polo Concello de Santiago e realizada por Fausto Isorna e Arturo Regueiro, equipo de "Valium Diez", e que realizaron unha publicación de ​grande calidade na que a banda deseñada ocupaba un lugar fundamental. Entre os colaboradores dos dous únicos números que chegaron a saír atopamos a Xaquín Marín ou a Varela Ferreiro entre outros. Tamén neste ano naceu o que aínda hoxe é considerado ​o principal movemento da banda deseñada galega, o grupo denominado "Frente Comixario". Con sede en Ourense e co apoio da Casa da Xuventude da cidade, este grupo chegou a sacar ata 1993 ​sete números ​dun fanzine co seu mesmo nome e no que se deron cita a maior parte dos novos valores da época. Atopamos así a Fran
  • 8. Bueno, o Colectivo Pestiño, Carlos Portela, Fernando Iglesias, Norberto Fernández e Tokio. Ademais, organizaron as primeiras Xornadas de Banda Deseñada de Ourense, que se celebraron na Casa da Xuventude de Ourense e manteñen a súa continuidade ata hoxe. Pola súa banda, o fanzine consolidouse ó longo da súa historia coma un dos máis importantes de Galicia, situándose á mesma altura que "Valium Diez" no seu tempo e distribuíndose por toda Galicia. Os membros do redenominado "Colectivo Pestinho", integrado na "Frente", puxeron en marcha en 1991 o fanzine "Lendia Prea" de temática "gore" que só tivo un número e, no ano seguinte, realizaron a "​História da língua em banda desenhada​", álbum do que se chegaron a vender cinco mil exemplares e que narra a historia do galego desde o reintegracionismo. A fin do fanzine e do colectivo produciuse en 1993​. Ese mesmo ano saíu á luz o primeiro número de "O fanzine das xornadas", publicación que se vén realizando anualmente coincidindo coas Xornadas de Banda Deseñada de Ourense.
  • 9. anos 90 VOLTAR AO COMEZO A pesar do baleiro deixado pola fronte, axiña comezaron a aparecer ​novas publicacións e, nese mesmo ano apareceu un novo intento de publicacións de banda deseñada, de novo coa idea de plasmar a Historia de Galicia. Nesta ocasión foi ​“Láctea Editions “ que publicou “​O Máxico arrecendo ​“. No que narraba unha ​historia ​ambientada na época ​castrexa​. 1994 comezou a serie máis longa da banda deseñada galega, ​“Un misterio para Simón“​. Editado de xeito promocional por Caixa Galicia, Renfe e a Xunta. Desde 1995 Edicións Xerais faise cargo da serie, da que apareceron catro títulos; ​“A irmandade dos lectores tristes”​, ​“Flores desde Hiroshima”, ​“No nome da ama morta” e a ​“Maldición dos Velascos”.
  • 10. Os guións corren a cargo de Aníbal Malvar e Roberto G. Mendez , os debuxos son de Fausto e o entintado de Norberto Fernandez. Tamén a mediados da época viuse o primeiro intento de editoriais galegas de ​traducir ​ao noso idioma bandas deseñadas foráneas. Títulos como Asterix, “Franka”, “Bloch”, “As aventuras de Gill e Georges”. Pero con escaso éxito. O emprego da banda deseñada con fins de propaganda viuse de novo en 1995 coa edición por parte da Associaçom Artábria da ​"​História da Galiza em banda desenhada​". Trátase dun álbum debuxado polo pintor Leandro que narra, con grandes doses de ​humor ​e de ​crítica ​a Historia de Galicia desde a Prehistoria ata os nosos días.
  • 11. ​ ​Os fanzines do 90 Moitos intentos e pouco éxito Nos anos 90, a banda deseñada de Galicia​ reduciuse​ e grazas a publicación anual dos volumes, xuntábanse os traballos gañadores de Ourense e Galicia, mantívose en certa maneira a publicación. En 1995 saíu o traballo ​“​Andando correndo pola chaira”​ e faise un amplo percorrido pola historia da banda deseñada. En 1996, un fanzine chamado ​“​lixo​” ​chegou ós sete números. En Coruña publicouse ​“La Carallada”​ cunha gran calidade e aspirou a ser o herdeiro de “​Frente Comixario”​ e saíu só un fanzine En 1996 apareceu na Coruña ​“El bolchevique vespertino”​ ou ​“Sin fé”​, que alcanzou os catro fanzines. En 1997, en Lugo, saíu o vangardista Kedeké e o debuxante Manuel Cráneo creou ​“Ovo”​, ​“Craneografía” ​ou ​“Craneofilia”​ e só saíu un fanzine.
  • 12. En 1999, imprimiuse en Vigo “​Alopecia mental​” En 1998 intentaron crean una revista galega nova chamada ​“​Elipse​”​, que pretendía ser para os mestres de secundaria á vez que recollía algúns traballos de bos debuxantes galegos. Había preparados dous números, pero só saíu un por problemas cos contidos.
  • 13. A actualidade da BD. CREATIVIDADE E RECOÑECEMENTO A diferencia dos anos 70, nos ​últimos anos do século XXI​, Galicia está demostrando ter unhas iniciativas nas que se poden apreciar (aínda timidamente), unha ​gran capacidade creativa da editorial galega​, grazas aos autores e publicacións nas que se está a iniciar unha competitividade co mercado francés e americano, e están a conseguir o recoñecemento da crítica​. Algunhas ​editoriais ​loitan por saír á luz, como son: -Xerais​, unha das maiores editoriais de Galicia que presta certa atención á banda deseñada. -​Retranca Editora​ céntrase máis no humor gráfico. O mesmo pasa con algúns ​autores ​como ​Miguelanxo Prado​, ​Mariano Casas (autor que desenvolve moitas iniciativas no campo dos fanzines). Entre todos os autores da banda deseñada en Galicia, poden chegar a un cento aínda que ​só unha minoría consegue vivir do seu traballo​, xa que é en España onde os editores conseguen unha maior proxección.
  • 14. En canto ás ​publicacións​, hai dende revistas de humor gráfico como​ Retranca​, fanzines como ​BD Banda​, ata series coma Historias de Galiza, con premios como o ​Premio Castelao da Banda Deseñada​ (dende 2005), que supuxeron nos últimos 20 anos unha vía fundamental para potenciar os traballos dos autores.
  • 15. O futuro da banda deseñada, un potencial a medio aproveitar Actualmente a BD ten unha ​boa situación​, sobre todo a nivel autoral​, aínda que ​non ten bo funcionamento no ​mercado​. O ​campo temático cunha mellor perspectiva é o histórico​, unha temática que interesa e podería explotarse máis. Convértese nunha boa ferramenta para achegar o coñecemento da historia a toda poboación. Xa se usaron para falar do período castrexo e romano, das loitas irmandiñas, de Castelao, de Ferro Caaveiro e unha gran variedade de temas, aínda que quedan moitos outros sen aproveitar como ​a Guerra Civil ou os guerrilleiros da posguerra.
  • 16. Contamos con moitos novos autores nos últimos anos, pero unha boa parte edítase en castelán. ​No 2018 diminuíu a publicación de banda deseñada, saíron do prelo ​18 títulos e 16 eran en galego e deles, 10 foron autores galegos.
  • 17. Autores, fervedoiro de iniciativas, proxectos e calidade Do abano de creadores e creadoras que se diseminan polos centros de produción gráfica, eliximos uns poucos para representar esa multiplicidade de iniciativas.
  • 18. FRAN BUENO​. PIONEIRO PROFESIONAL Foi o ​primeiro autor galego en traballar profesionalmente no sector comercial do cómic estadounidense. Licenciouse en Belas Artes na Universidade Complutense de Madrid, e os seus primeiros traballos apareceron en publicacións como "Frente Comixario" ou "Diario16". Realizou o álbum "​O máxico arrecendo​" para a editorial Vía Láctea e debuxou tres bandas deseñadas para a Sección de Ciencia, Técnica e Sociedade do Consello da Cultura Galega, escritos pola guionista ​Marilar Aleixandre​, coa que tamén traballou en "Os escachapedras", publicada nas dúas etapas da revista "Golfiño". Participou en diversas exposicións como "O Comic en Galicia" , "Viñetas desde o Atlántico" e o Salón de BD de Cangas. Internacionalmente, levou os seus traballos á revista francesa ​Lanfeust e á editorial estadounidense ​Image (a serie​ Noble Causes​). No seu palmarés conta co ​primeiro premio no ​Concurso Nacional de Cómics de Getafe e no concurso para afeccionados da revista "Totem", en 1989, con "​Guillermo y Maximino​". E outras mencións.
  • 19. MIGUELANXO PRADO​. O XEFE É o ​autor máis importante da historia da ​BD galega​. Ten estudos universitarios de arquitectura na Coruña. Os seus primeiros traballos realizounos a finais dos anos setenta, no fancine “​Xofre​”. O seu primeiro álbum en solitario, “​Fragmentos da Enciclopedia Délfica​”, foi publicado en 1985, ao que seguiría en 1987 “​Stratos​”. No ano 1990 publicou “​Trazo de xiz​”, que sería o seu traballo máis celebrado e que tivo repercusión internacional. Con todo, só unha pequena parte da súa obra pode atoparse en galego. Unha desas obras en galego é ​"​Páxinas crepusculares​" editado en 1993 pola Deputación da Coruña. Traballou con compañías como a ​TVG​, deseñando o ​Xabarín​ do famoso programa infantil, ou coa factoría americana “​Dreamworks​”, no deseño dos personaxes da serie “​Men in Black​”. Desde o ano 1998 organiza​ cada ano o salón de cómic “​Viñetas desde o Atlántico​”. Ten unha gran cantidade de premios no seu palmarés, entre os que destacan o premio ao mellor libro do ano na ​“Semana de la historieta de Madrid”, o “​Premio Génie de la Convention de París​” ;mellor obra no Salón do Cómic de Barcelona en tres ocasión Premio Nacional do Cómic​, ...
  • 20. PEPE CARREIRO.​ A HISTORIA EN BOLECHAS Ilustrador e deseñador de BD, comezou en 1977 con "​O fillo de Breogán​" no voceiro comunista "​A Voz do Pobo​". Foi un dos que fundou de "​Can sen Dono"​, revista que el dirixiu, e colaborou con publicacións como "Teima", "El Pueblo Gallego", "Hoja del Lunes de Vigo", "Faro de Vigo"... Publicou a saga "​A retirada de Sir John Moore​" na primeira etapa da revista "​Golfiño​", que despois foi recompilada como un álbum por Xerais​. Outras creacións súas inclúen "O curral de Don Mundo", "Maxistérico", "O galo Camilo" e "Robinson". Como creador de comics para nenos ten acadado moita fama, con obras como "​Os Bolechas​". Traballou na publicación infantil "Bule bule" e publicou o álbum "Compostela, historia dunha lenda" da que se chegaron a vender ​dez mil exemplares​. Na mesma editorial viu a luz a súa serie de álbumes "Os Barbanzóns" (2003), unha revisitación asterixiana.
  • 21. EMMA RÍOS. ​UNHA GALEGA EN AMÉRICA É a artista galega máis importante no mercado dos ​EEUU​ e a a sinatura autóctona por excelencia en Marvel Comics​. Participou na popular serie “​Amazing Spiderman​”, os dous son títulos de 2010, como en ​Runaways​, que se publicou en castelán por ​Panini​. Tamén debuxou para o selo “​Boom!​” e “​The Art of Boom!​” Studios en 2011. Traballou como arquitecta, ilustradora e autora, onde empezou facendo ​mangas​. Cando era principiante colaborou nos fanzines: “​El bolchevique vespertino​”​, “​Esto es la guerra​”​, “​Mensajes en una botella​”​ e “​Comikaze​”​. Colaborou noutros números do Barsowia​ en 2007 e 2011, facendo equipo con con Hwei Lin, así como no​ ​“​Dos Veces Breve Especial​ ​autoras​”​ (2006) e no “​Proxecto EntreCruzar​”. Fixo parte en exposicións como “​Novos autores coruñeses​”; “​Viñetas desde o Atlántico 2000​”; “​O chapapote móvese, 2003​” e “​Polaqia en llamas​”, entre outros.
  • 22. KIKO DA SILVA​. CIMENTADOR DE GOLFIÑO Como impulsor da revista "​BD Banda​" ​e director da colección de álbums homónima, na editorial “​Faktoría K​”, ​é un dos principais autores de edición galega de BD. Contribuíu a dúas das principais iniciativas de cómic ​infantil-xuvenil ​en España nas últimas décadas, as revistas "​Golfiño​" e "​Mister K​". Na primeira acadou fama coa serie de humor "​Fiz nos Biosbardos​". Na segunda, "​Clases con Guasa​" (que publicou en 2006 na revista“​Spirou​”). Comezou no cómic participando en fanzines como "​Nicasso​" e "​Nova linea​" e colaborou co único número de "​Elipse​". Tamén contribuíu á colección sobre o “Prestige”, "H2Oil", como debuxante e como un dos coordinadores do Colectivo Chapapote. Colabora na revista "​El Jueves​" na que ademais de chistes, realiza "La Guinda Final", con parodias de cómics moi recoñecidos. Desenvolve o seu estilo humorístico-gráfico na edición pontevedresa do periódico "​La Voz de Galicia​".
  • 23. XAQUÍN MARÍN. ​O FUNDADOR Un dos autores clásicos, ​fundador da BD galega xunto a Raimundo Patiño. En 1975 publicou xunto a el “​As dúas viaxes​”, o ​primeiro álbum do noso cómic. Traballa, ademais de na BD, como ilustrador e cartelista e humorista gráfico. Editou cómics como “​Gaspariño​” ou “​Dos pés á testa​”. Colaborou en publicacións como “​El Ideal Gallego​” ou a revista “​Golfiño​”, ou “​La Voz de Galicia​”, onde segue colaborando con “O lecer de Isolino”. Ademais, ​liderou críticas contra o Prestige​, promovendo a exposición “​Humor Cru​”. Recibiu o “​Premio Ourense de BD 1991​”, outorgado pola Casa da Xuventude de Ourense.
  • 24. LUÍS DAVILA​. HUMOR DIARIO Nado en ​Bueu ​no 1972, estudou na Escola de Artes Pablo Picasso da Coruña. As súas primeiras publicación realizounas na súa vila natal. ​Colaborou co xornal "Faro de Vigo" a través de tiras humorísticas, diferentes en cada edición, como son "O Bichero", para O Morrazo; "O Fotomatón", para Vigo; "O Toxo", para Deza-Tabeirós ou "O Afiador", para Ourense. Tamén realiza tiras de prensa para o xornal "Galicia en el Mundo".
  • 25. MARILAR ALEIXANDRE​. A LETRA DOS CÓMICS Guionista nada en Madrid, pero que escribiu os seus guións en galego​. Profesora da Universidade de Santiago e coñecida como escritora​, escribiu textos para banda deseñada en galego, destacando os cómics científicos do Consello de Cultura Galega​. Nestas obras colaborou con ​Fran Bueno​, debuxante co que traballou tamén na revista “​Golfiño​”, desenvolvendo a serie “​Os Escachapedras​”.
  • 26. FRAN JARABA Foi un dos que sacaron adiante “​Xofre​”, unha das maiores publicacións da banda deseñada en ​Galicia (1979). Fixo o seu primeiro libro en 1981 e ilustrou máis de 70 para diversas editoriais españolas​. Colaborou con outras publicacións como "​Can sen Dono​" e "​Golfiño​". No ano 2000 publicou o seu primeiro álbum de cómic, "​Cita na Habana​", ambientado na Guerra da Independencia cubana. O segundo volume, Campos de Cuba​, saíu á luz no 2004.
  • 27. ANTONIO SEIJAS Colaborou coa revista ​Golfiño ​de ​La Voz de Galicia​ no 2003. Ilustrou a revista​ Murguía ​e contribuíu ao catálogo da VII Bienal da Caricatura de Ourense en 2004. Debuxou no libro "​Dos avogados e da xustiza, no sentir popular​" de Alberto Pascual e foi finalista no certame “​Na Vangarda-Banda Deseñada​” da Xunta de Galicia (2004). Participou no libro homenaxe a Joan Manuel Serrat (de edición de exemplar único), con autores como ​Forges, Cels Piñol​ ou ​Xaquín Marín​. Obras súas foron expostas nas exposicións e nos festivais de ​“Can de palleiro, da Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI)”, “Viñetas desde o Atlántico 2006”, “XVII Xornadas de Banda Deseñada de Ourense (2005)”​ e​ “XVIII Xornadas de BD de Ourense (2006)”​.
  • 28. XOSÉ TOMÁS A súa actividade maioritariamente foi na ilustración e no humor gráfico. O seu debut chegou coa obra ​Tolos​, para a Universidade da Coruña. Colaborou no suplemento ​"Xatentendo.com" de "La Voz de Galicia" e traballa como debuxante nas edicións da Coruña e de Carballo. Tamén fixo ilustracións e cómics para a Revista ​"Plis-Plas"​. Participou na primeira etapa de "Golfiño"​, realizando pasatempos e na serie ​"Luzbell"​. Ademais contribuíu ás revistas "Sapoconcho" e a da Asociación de Profesores de Inglés de Galicia ​(APIGA)​. Ilustrou o CD Rom didáctico ​"Coas raíces no chan" ​da Consellaría de Medio Ambiente. Puido expoñer obras en mostras do ​Museo do Humor de Fene​.
  • 29. JUAN CARLOS ABRALDES Debuxante e caricaturista nado en Barcelona con estudos de Artes Aplicadas na Escola de Artes Mestre Mateo de Santiago. Colaborou en proxectos como “​Xatentendo.com​”, a revista “​Golfiño​” ou “​H2Oil​”. Tamén colabora habitualmente co xornal “​La Voz de Galicia​”. Traballou en publicacións como “​Tempos​”, “​Azul y Blanco​” ou “​Compostelán​”, e en películas de animación como “​O bosque animado​” e “​O rei Quintín​”. Traballa tamén como ​ilustrador de libros de texto​. Gañou o ​Premio Ourense de mellor autor afeccionado 1998 con “​España vai…​”, e conseguiu o 3º premio no XII Concurso Galego de BD ​coa súa historia “​Película en branco e negro​”. Tamén foi galardoado no certame de humor gráfico da Casa do Humor de Fene ou no ​Concurso de Cómic Juventud 98​.
  • 30. REVISTAS, INTENTOS COMERCIAIS EFÉMEROS A COVA DAS CHOIAS A primeiros da década dos 70 formouse o chamado ​Grupo do Castro​, un conxunto de precursores da banda deseñada galega. Estes creadores eran Xesús “Chichi” Campos, Lois Caparrós Esperante, e Xosé Díaz Arias, coa colaboración do irmán deste último, Rosendo “Roxo”Díaz Arias. O traballo do Grupo do Castro caracterizábase pola ​promoción do galego como lingua de comunicación e de ensino​, o compromiso de ​loita contra a Ditadura​, a ​defensa das liberdades ​civís, e a crítica ao imperialismo e á intolerancia. A pesar dos numerosos problemas que o seu compromiso político lle causou, o Grupo do Castro acadaría un fito na historia do cómic en Galicia, coa ​publicación en 1973 de “A Cova das Choias”, a primeira revista de BD galega​. Fíxose desde ​Xenebra ​coa ​colaboración ​de membros da comunidade emigrante en Suíza.“A Cova das Choias”, ofrecía tres perspectivas do cómic moi características:a ​experimentación formal de Lois Caparrós, o corrosivo ​humor ​de Chichi Campos, e o ​deseño sintético​ e estudio compositivo de Xosé Díaz. IMAXES PÁX 11 E 25 http://culturagalega.gal/bd/documentos/choias.pdf
  • 31. CAN SEN DONO Publicación de longa vida que ​entre 1983 e 1990 sacou ​vinte números desde Vigo​. Durante este período consolidouse como a principal revista independente do humor galego, colaboracións ​da altura de ​Siro​, Antonio Mascato, Xaquín Marín​, Nacho Hortas, Fran Jaraba​, Xoan López Domínguez e un longo etcétera. Con mudanzas no seu formato, saíu do primeiro seminario galego de humor e a pesar de centrarse no humor gráfico dedicou unha grande atención á banda deseñada.
  • 32. FRENTE COMIXARIO Sae 1989 e desaparece en 1993 publicando ​sete números e dous especiais desde ​Ourense​, consolidándose durante ese período como a principal publicación de banda deseñada de Galicia. Entre os participantes no fanzine, nomes coma ​César Moreiras, Macaco, Miguelanxo Carballo, Moxón, Paradelo, Andrés Fortes, Robledo, Eduardo Meliñas, Xavi, Diego Domínguez, Alfredo González, Ermitas ou Henrique Torreiro​. A publicación chegou a acadar un ​importante número de páxinas e unha tirada considerable​, chegando a realizar a difusión a través dunha distribuidora e chegando a toda Galicia. Contou desde o comezo co apoio da Casa da Xuventude de Ourense, que se viu comprometido despois do achegamento de parte do colectivo a posturas reintegracionistas​. A dificultade en profesionalizar a revista e a integración á vida laboral de varios dos seus promotores provocou a súa desaparición.
  • 33.
  • 34. GOLFIÑO Revista galega de BD profesional, que ​inicia a publicación no 2000​. O volume I editado por Xerais, compúxose de catorce números mensuais a toda cor. A revista fechou por motivos económicos en xuño de 2001, ano e medio despois de saír á rúa. Ademais de cómic, ​esta primeira etapa ​tiña ​en cada número ​unha reportaxe monográfica e seccións de correo, pasatempos, libros, videoxogos e internet​. A cabeceira foi recuperada por ​La Voz de Galicia como suplemento semanal a partir do Día das Letras de 2002​, e o volume II resultante pasou a conter só BD​. Con Fausto Isorna como director artístico desde o inicio, contou nas súas páxinas con algúns dos mellores debuxantes de banda deseñada de Galicia. Na súa primeira época, Golfiño contiña historias de ​Fausto, Pepe Carreiro, Fran Bueno, Norberto Fernández, Varela Ferreiro, Andrés Meixide e Xaquín Marín ​entre outros. A eles uníronse na segunda época talentos da talla de ​Kiko da Silva, David Rubín, Víctor Rivas, Primitivo Marcos e Miguel Porto.
  • 35.
  • 36. BARSOWIA Barsowia foi a ​revista e buque-insignia ​do colectivo Polaqia​, publicando cómics en galego e en portugués. Incluiu obras de numerosísimos autores, a maioría deles galegos. Entre os creadores máis activos para a cabeceira contáronse Diego Blanco, David Rubín, Brais Rodríguez, Hugo Covelo, Álvaro López, Manel Cráneo e Kike Benlloch​. No ​Saló Internacional del Còmic de Barcelona gañou o Premio do Público ao Mellor Fanzine de España en 2005, e o Premio de Mellor Fanzine de España en 2006. En 2006 Dolmen Editorial publicou ​"Barsowia en llamas"​, extenso recompilatorio en castelán con abondoso material inédito na altura.
  • 37.
  • 38. OS BARBANZÓNS Os Barbanzóns é unha serie de banda deseñada creada no ano ​2003 polo debuxante vigués Pepe Carreiro​, e publicada pola editorial ​noiesa Toxosoutos​. Os cómics están ambientados na Idade de Ferro​, a trama localízase no Castro de Baroña​, e os libros describen as aventuras que viven os habitantes do poboado prerromano. A serie Os Barbanzóns compleméntase coa serie ​Os Pequenos Barbanzóns​, protagonizada polos mesmos rapaces do castro que aparecen na serie orixinal. Esta serie é máis axeitada para ser lida por nenos menores de 12 anos.
  • 39. OS BOLECHAS Os Bolechas é o nome dunha serie infantil que narra as aventuras dunha familia de ficción creada por​ Pepe Carreiro​ no ano ​2000​. Ao longo destes anos asentáronse no eido editorial galego con máis de ​550 títulos publicados e preto de millón e medio de exemplares distribuídos No ano 2012 traspasaron as fronteiras literarias para chegaren a varios ámbitos culturais e de lecer relacionados coa infancia. Hai uns anos deron o salto a outros formatos coa creación dunha ​serie de televisión​, unha liña de xoiaría infantil, música ou diversos ​espectáculos​. Aproveitando a tirón, as institucións servíronse da imaxe da familia para diversas campañas de concienciación social.
  • 40. A LINGUAXE DA BANDA  DESEÑADA  A arte dos debuxos   A banda deseñada presenta varios recursos expresivos que nos axudan a entender mellor as situacións que ocorren. Esta expresividade obsérvase dende o propio formato que presentan os bocadillos​, ​as metáforas visuais ​que transmiten o estado de ánimo dos personaxes, ​os tipos de planos​, ata ​as figuras cinéticas​. TIPOS DE BOCADILLOS O bocadillo ou globo defínese como o elemento da viñeta que contén as intervencións dos personaxes​. As súas formas e contido (palabras, símbolos, etc.) están destinados a cubrir a gran variedade de elementos verbais e non verbais que constitúen a comunicación humana. • Globo con raia continua: non marca ​ningunha significación especial​ na voz do personaxe. • Contorno con trazos ondulados: Voz trémula (​debilidade, medo, frío​...). • Contorno con dentes de serra: Berro​, ​irritación, voz desencaixada, voz procedente dun aparato electrónico (teléfono, altofalante, ordenador...).
  • 41. • Contorno con liñas descontinuas: Voz baixa (segredos, confidencias...). • Bocadillo unido a outro globo de diálogo: Permiten indicar as pausas nun diálogo, dividindo o discurso. • Globo con varios rabos: Texto pronunciado por varios personaxes en simultáneo.
  • 42. TIPOS DE PLANOS Como no cine, os cómics necesitan plans para visualizar a acción e darlle unha sensación de movemento. O plano non é máis que a ​distancia coa que se mira o obxectivo​. É coma se estivésemos xogando co foco dunha cámara dirixíndoa onde queremos que o lector se vexa. No cómic. Hai unha gran variedade de planos cada un, coas súas propiedades e emocións. •​ Plano Xeral:​ ​a figura humana xa cobra protagonismo, encadra o personaxe e ofrece información do seu contorno próximo. • ​Primeiro Plano: encadra o personaxe dende os ombreiros.​ O obxectivo é destacar os seus trazos expresivos (estado psicolóxico, emocional...). • ​Primeirísimo Primeiro Plano ou Plano Detalle​: selecciona unha parte específica dun obxecto ou figura humana​. Por Primeirísimo Primeiro Plano entendemos un plano de detalle aplicado ao rostro que se ​centra nos ollos, o nariz e a boca.
  • 43. • ​Plano Medio​: encadra o personaxe ​de medio corpo,​ a partir da cintura. Pretende tamén destacar as súas accións​ ou trazos, centrándose na expresividade do personaxe. • Panorámica​: presenta e describe o ​ambiente onde transcorre a historia. Os personaxes apenas se perciben, pois o seu obxectivo é presentar o ​contexto​.
  • 44. PUNTOS DE VISTA •​ Ángulo Normal ou Ángulo Medio​: a acción transcorre ​á altura dos ollos​. É unha visión ​neutral​. • ​Ángulo en Picado​: a acción represéntase ​desde arriba cara abaixo. Dá a sensación de ​pequenez ​ou ​inferioridade​. • Ángulo en Contrapicado: a acción represéntase ​dende abaixo cara arriba​. Dá a sensación de ​grandeza ou superioridade. • ​Ángulo Cenital ou Picado Absoluto e Ángulo Nadir ou Contrapicado Absoluto​: dan unha ​visión perpendicular da realidade. Esaxeran os efectos do picado ou contrapicado.
  • 45. FIGURAS CINÉTICAS Chamámoslles ​liñas cinéticas ás ​marcas ou raias que rodean certos obxectos para indicar que se están movendo e o sentido do movemento​; aportan dinamismo e acción á viñeta. Sen elas sería difícil que o lector soubese que a persoa ou o obxecto se están movendo. Xestos funcionais​: aqueles que se realizarán de xeito semellante por calquera personaxe enmarcado nunha situación dada. Xestos iniciais​:​ caracterizar personaxes non centrais, traballar de forma decorativa ou como indicadores de características.
  • 46. ONOMATOPEAS VISUAIS Son un xeito de representar visualmente co texto diferentes sons (​imitan o propio son e o trazo tamén suxire características do mesmo​). Veremos tamén que, en moitos casos, son adaptadas de palabras inglesas pola tendencia a traducir os textos dos bocadillos, pero non os das onomatopeas, que se acaban convertendo en códigos comúns. -Exemplos disto serían: crack, ring, splash, click, sniff, glup…
  • 47. METÁFORAS VISUAIS É un recurso propio da poesía que consiste en ​utilizar un obxecto para designar a outro e así apropiarse das súas cualidades​. O cómic adoptou as metáforas visuais como recurso propio .Así unha bombilla suxire unha idea e así infinitamente. Signos de apoio A miúdo utilízanse ​signos para enriquecer a mensaxe​ e a expresión dos personaxes; en xeral, un signo de admiración indica sorpresa, e un de interrogación, dúbida.
  • 48. Xornadas de banda deseñada en Galicia, un escaparate creativo En Galicia, coexisten distintas xornadas de banda deseñada entre as que destacan o ​premio Ourense de banda deseñada​, o ​certame de banda deseñada de Vigo​, o premio Castelao de banda deseñada, ​encontro de banda deseñada de Lugo​; por citar un de cada provincia. Concretando máis entre os certames polas provincias: Premio Castelao de banda deseñada​, pode participar calquera persoa maior de idade que non gañase en ningunha das 5 edicións previas, hai dúas categorias: - lix​- para mozos e infantes. - xeral​- dirixida a todo tipo de lectores. este certame lévase celebrando dende o ano 2005. O ​Museo do humor​, en Fene, achega tamén cursos e formación neste ámbito; na cidade coruñesa historicamente destaca ​Viñetas desde o Atlántico​ que se celebra en agosto. En Ourense destaca o premio Ourense de banda deseñada á mellor iniciativa, orientado a distinguir iniciativas e traxectorias destacadas no panorama da BD galega.
  • 49. Na provincia de Pontevedra destaca o C​ertame de banda deseñada de Vigo​, está xa na súa 9 edición, consta con 3 categorias; en Cangas a Asociación Cultural-Recreativa Meiji coa colaboración da Librería Esmorga, institutos Illa de Ons e María Soliño e Otaku Center de Pontevedra, recibe unha xornada de BD. En Lugo, celébrase o ​Encontro de banda deseñada histórica de Galicia​, ​consta de tres sesións teóricas e dous obradoiros prácticos.
  • 50.   Museo do humor de Fene Humor concentrado O ​museo do humor de Fene foi inaugurado o ​24 de novembro en 1984 ​na casa da cultura de Fene; co propósito de dar a coñecer fóra de Galicia aos ​mestres do humor galego​, e dentro de Galicia, ao resto do mundo. ·Ten ​máis de tres mil fondos onde podes encontrar unha ampla representación do humor galego, ​caricatura e historieta e contemporáneo internacional. ·Entre as súas coleccións se encontran cómicos tan orixinais como ​Xaquín Marín​, Siro, Chumy Chúmez, Máximo, René de la Nuez, Mort Walker o Fontanarrosa. ·Tamén teñen diversas ​publicacións ​como as coleccións ​do "Sapoconcho" (revista del Museo del Humor), "Retranca" ou exemplares antigos de "La Codorniz" o "El Jueves". ·O museo conta cun ​certame ​chamado curuxa onde o premio é unha curuxa de cerámica.
  • 51. PREMIOS, RECOÑECEMENTO Á EXCELENCIA Xornadas de banda deseñada en Ourense: · Este certamen dividese en ​tres categorías​: - Maiores de 17 anos até os 35. - Menores de 17 anos. - Difusión do cómic e da banda deseñada galega ·Na primeira categoría proclamouse campión o cómic titulado ​Pendulum​. Premio “Castelao” banda deseñada: · Neste certame só poden participar as persoas ​maiores de idade​ que non gañasen o certame nos últimos cinco anos. · Este concurso divídese en dúas partes: - Modalidade xeral​, son obras dirixidas para todos os lectores - Modalidade LIX​, obras dirixidas ao público lector infantil e xuvenil. : Só se poden presentar a unha desas dúas categorías.
  • 52. · O ​premio será de 6.500€ ​para calquera modalidade. · A temática dos cómics e totalmente libre. · Os últimos gañadores recoñecidos foron: - Na modalidade xeral, ​Canción para fundir flores no mar​ (2018) - Na modalidade LIX,​ Fóra do mapa​ (2016) Certame de banda deseñada de Vigo: · Este certame ​organízase​ na ​biblioteca Pública de Vigo Juan Compañel. · Este concurso ten tres categorías: - ​Infantil​, ​Xuvenil e ​Sénior​· O tema será libre, con textos en galego. ·Os premios serán os mesmos para as tres categorías, ​diploma e un ​lote de produtos relacionados coa banda deseñada.
  • 53. TIRAS CÓMICAS: OPINIÓN DIARIA Unha boa parte dos xornais contan cun debuxante que sintetiza nunha tira cómica o tema do día ou ben un retrato social. A habilidade para enfocar o matiz, o transcendente, xunto co enxeño crítico, permiten escoller os debuxantes con maior renome. Algúns deses ilustradores son:
  • 54. Xaquín Marín, estilo sinxelo único Xaquín Marín é un dos autores máis clásicos das viñetas galegas. Ten un estilo único​, é tan característico que non terá continuadores. Con ese estilo persoal ​leva medio século debuxando viñetas​, ​carteis, ilustracións e banda deseñada. O Marín mozo concluíu iso pola súa conta e creou un estilo tan galego que ten o arrecendo e o sabor das nosas viandas ​tradicionais. Unha ​viñeta sinxela de Xaquín Marín é ​románica, como a bola; a viñeta traballada con milleiros de riscos é barroca, como a empanada.
  • 55. LUIS DAVILA, crítica social con chispa Davila decidiu titular ​“​O Bicheiro​” a unha serie de humor gráfico que dende hai anos sácalle sorrisos a milleiros de lectores. Trata sobre ​festas populares, problemas para pagar a hipoteca, a adaptación da terceira idade ás novas tecnoloxías ou a situación lingüística ​de hoxe en día cun pouco de ​crítica social​.Unha boa viñeta ten que contar cun pouco de​ ​chispa, observación e gracia
  • 56. Xosé Lois, retranca popular Publica en ​revistas, xornais, semanais​… o noso día a día pero cun pouco de humor. O Carrabuxo é unha das súas obras, un personaxe de ficción; un ​paisano galego espigado, fiel á ​boina ​que lle tapa os ollos, ao seu ​cigarro ​e ao seu idioma e á súa ​retranca ​á hora de amosar a súa percepción da vida. O Carrabouxo aparece no diario en “​La Región​” de Ourense, cidade na conta cunha estatua propia. O seu nome “Carrabouxo” responde a un costume popular de poñerlle a unha persoa de alcume todo o contrario do que é. O personaxe é moi alto e estirado e o carrabouxo é unha bóla pequeniña, redondiña​.