SlideShare a Scribd company logo
Xosé Luís Méndez Ferrín: Reclamo a libertade pró meu pobo
de “Con pólvora e magnolias”
1
RECLAMO A LIBERTADE PRÓ MEU POBO
Na memoria de Xosé Ramón Reboiras Noia1
No vento de mazán que se desfraga
nos cons e pedregullo solar
de cabo de Home e Punta do Cabalo de Fora
reclamo a libertade pró meu pobo.
No meniño que dorme
no edredón dos teus ollos
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nas vellas mans agrarias,
nas loias amorosas dos estíos
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos bicos acedísimos e tenros
dos meus fillos inmensos
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos sangues artesáns que teño ardendo
en cada dedo meu;
nos finos labradores que aparecen agora no papel
levando chapeos pardos, panos de seda e zocas remontadas
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos crepúsculos de anís
nos que se erixe a familia naval de Manoel Antonio
e pon, de arca e couso, pequeniños
lumes azuis e brancos de San Telmo2
reclamo a libertade pró meu pobo.
Na anguria de arandela que te cerca,
nos marcos, portas, fechos, nos durísimos e sen luz
arames, non me torzo e
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos tépedos infernos da túa boca, ferida
de comunión ao sol e ao viño máis adentro,
diapasón da verdade de pantrigo
e cumio do cabazo e da alborada boa
reclamo a libertade pró meu pobo.
1 Xosé Ramón Reboiras Noia (1950-75) nacionalista galego, membroda UPG, abatido pola policía en Ferrol (agosto 1975)
2 Nimbo luminoso que aparece nas extremidades verticais das embarcacións debido á electricidade atmosférica.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Reclamo a libertade pró meu pobo
de “Con pólvora e magnolias”
2
Na cizaña, composición, feitura, debuxo ruín
de cada cerimonia de convenio coleutivo
cegando o noso fogo metalúrxico
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nunha nena de seis anos que naceu en Basilea3
e cantou pra min a Internacional en idioma galego e
puiden rete-lo pranto e foi en mil novecentos
setenta e catro, e por ela
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nas muradellas de couselo e da violeta,
nas fonduras da carriza e dos fentos,
nos castros, calzadas e vieiros
(pedra do alén) pra sempre abandoados
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos camiños fechados, nos abertos,
nos que levan ás casas dos homes nosos de cada día,
nos transportes por ferrocarril,
nos irmáns que gobernan as máquinas do mar
e os cameóns na alta noite,
reclamo a libertade pró meu pobo.
Na fogueira de Londonderry,4 en cada palabra,
en cada palabra do noso tío Ho Chi Minh,5 coma un ouriol
enchendo a tarde de lus nacionalista e líquidos
reclamo a libertade pró meu pobo.
Na sindical reconstrucción diaria
de cada cousa rompida e volta a endereitar,
na unión mínima dos homes darredor dun problema sórdido,
en cada petición en grupo,
en cada contubernio de mans dadas,
reclamo a libertade pró meu pobo.
Na casa dos meus avós arrecendente
a sí propia, singular no mundo;
nos cabalos da serra e nos mineiros
de Lousame6 aquil vinte de Santiago,
reclamo a libertade pró meu pobo.
3 Cidade suíza á que emigraron moitos galegos nos anos sesenta e setenta
4 Nome inglés de Dhoire, capital de Irlanda do Norte, escenario frecuente de enfrentamentos entre británicos e
independentistas.
5 Ho Chi Minh (1890-1969), revolucionario e poeta vietnamita que proclamoua independencia e o comunismo
na República Democrática de Vietnam.
6 Municipio coruñés do que xurdiu un grupo de mineiros dispostos a defender á República tras a sublevación de 1936,
que serían logo maioritariamente fusilados.
Xosé Luís Méndez Ferrín: Reclamo a libertade pró meu pobo
de “Con pólvora e magnolias”
3
No estremecido urro das marés en guerra,
no arruallo do amor e na rapaza
perdida sen que fora nunca nosa
reclamo a libertade pró meu pobo.
No comer e no beber
en torno á ola da camaradaxe,
no sagro segredo en torno á pérola de lus clandestina,
no medo e na teimosa retesía en torno ao adverso
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos loitadores de xofre e lume acedo,
nos difuntos endexamais vencidos,
nos que virán e son aínda lene bris e vos de melro
e portarán o ferro e darán a morte crara
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos ríos, nas folgas, nas romaxes,
nas protestas nos muros, nos escritos,
nas gaitas, nas areas de Espasante7 acaso
reclamo a libertade pró meu pobo.
Nos emigrados, nos perdidos, nos presos, nos esplotados,
nos que contemplan o devalar das augas
sen fín, nos que confían no meu partido (tuba de despertar
ou camiño que nunca se desanda)8,
nos que combaten e han de se-lo lóstrego
achaiador, neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos
e reclamo a libertade pró meu pobo.
e reclamo a libertade pró meu pobo.
7 Parroquia coruñesa do municipio de Ortigueira.
8 Referencia textual ao verso 10 do poema "Na morte de Castelao"(1950) de Ramón Cabanillas.

More Related Content

What's hot

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioRomán Landín
 
El teatro español posterior a la guerra civil
El teatro español posterior a la guerra civilEl teatro español posterior a la guerra civil
El teatro español posterior a la guerra civil
jsaboritbasanta
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
xenevra
 
Na noite estrelecida
Na noite estrelecidaNa noite estrelecida
Na noite estrelecida
Ignacio Rodiño
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Román Landín
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
Román Landín
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
trafegandoronseis
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976Lourenço Alvarez Ruiz
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
noagaliza
 
A noite estrelecida
A noite estrelecidaA noite estrelecida
A noite estrelecida
candeadosalnes
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillasxenevra
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
Román Landín
 
Castelao
CastelaoCastelao
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
trafegandoronseis
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOtrafegandoronseis
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxiLourenço Alvarez Ruiz
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalíaxenevra
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Román Landín
 
What's hot (20)

Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso EmilioLingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
Lingua e Cultura Galegas na Posguerra. A Poesía. Celso Emilio
 
El teatro español posterior a la guerra civil
El teatro español posterior a la guerra civilEl teatro español posterior a la guerra civil
El teatro español posterior a la guerra civil
 
Tema5 lite2010
Tema5 lite2010Tema5 lite2010
Tema5 lite2010
 
Na noite estrelecida
Na noite estrelecidaNa noite estrelecida
Na noite estrelecida
 
Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)Literatura galega (1900-1936)
Literatura galega (1900-1936)
 
As Vangardas
As VangardasAs Vangardas
As Vangardas
 
Tres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galegaTres xeracións de poesía galega
Tres xeracións de poesía galega
 
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 19768. O teatro galego entre 1936 e 1976
8. O teatro galego entre 1936 e 1976
 
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 19769. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
9. A literatura galega do exilio entre 1936 e 1976
 
Cousas da vida - Castelao
Cousas da vida - CastelaoCousas da vida - Castelao
Cousas da vida - Castelao
 
A noite estrelecida
A noite estrelecidaA noite estrelecida
A noite estrelecida
 
cabanillas
cabanillascabanillas
cabanillas
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
 
Ramón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayoRamón Otero pedrayo
Ramón Otero pedrayo
 
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESOManuel Curros Enríquez, 3º ESO
Manuel Curros Enríquez, 3º ESO
 
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
10. a poesía de fins do séc. xx e comezos do xxi
 
Rosalía
RosalíaRosalía
Rosalía
 
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
Literatura galega contemporánea (esquema despregable)
 
1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala1. a poesía das irmandades da fala
1. a poesía das irmandades da fala
 
Viewers also liked

Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. ArraianosXosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
Xosé Luís Méndez Ferrín: Botas de elástico. Arraianos
noagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro CunqueiroNarrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
Narrativa de Posguerra: Álvaro Cunqueiro
noagaliza
 
Darío Xohán Cabana
Darío Xohán CabanaDarío Xohán Cabana
Darío Xohán Cabana
noagaliza
 
Luisa Villalta
Luisa VillaltaLuisa Villalta
Luisa Villalta
noagaliza
 
Literatura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o FranquismoLiteratura Galega durante o Franquismo
Literatura Galega durante o Franquismo
noagaliza
 
A Narrativa de Posguerra
A Narrativa de PosguerraA Narrativa de Posguerra
A Narrativa de Posguerra
noagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco AmorNarrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
Narrativa de Posguerra: Eduardo Blanco Amor
noagaliza
 
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
Xosé Luís Méndez Ferrín: Ramil, Ramil, vas morrer Ramil. O Crepúsculo e as fo...
noagaliza
 
Grupo Rompente
Grupo RompenteGrupo Rompente
Grupo Rompente
noagaliza
 
Década dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autoresDécada dos 80, 90: outros autores
Década dos 80, 90: outros autores
noagaliza
 
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
Xosé Neira Vilas: Memorias dun Neno Labrego. Capítulo 1 e 2
noagaliza
 
Teatro galego durante o Franquismo
Teatro galego durante o  FranquismoTeatro galego durante o  Franquismo
Teatro galego durante o Franquismo
noagaliza
 
As linguas e o galego
As linguas e o galegoAs linguas e o galego
As linguas e o galego
noagaliza
 
Samaín e/ou Magosto
Samaín e/ou MagostoSamaín e/ou Magosto
Samaín e/ou Magosto
noagaliza
 
Narrativa de posguerra
Narrativa de posguerraNarrativa de posguerra
Narrativa de posguerraXesús Amboaxe
 
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo NósAs Irmandades da Fala e o Grupo Nós
As Irmandades da Fala e o Grupo Nós
noagaliza
 
Poesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerraPoesia galega de posguerra
Poesia galega de posguerra
noagaliza
 
Variantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galegoVariantes xeográficas do galego
Variantes xeográficas do galego
noagaliza
 
Xcode开发员入门导引(简体中文版)
Xcode开发员入门导引(简体中文版)Xcode开发员入门导引(简体中文版)
Xcode开发员入门导引(简体中文版)babyyellow li
 
Viewers also liked (20)

Ppt05 monster 2010
Ppt05 monster 2010Ppt05 monster 2010
Ppt05 monster 2010
 
Similar to Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo

5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
Lourenço Alvarez Ruiz
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
Literatura medieval
Literatura medievalLiteratura medieval
Literatura medieval
Rosa María Ligero Valladares
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
tudense
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
callobre
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
monadela
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
fontexeriabib
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
Rosa María Ligero Valladares
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Marlou
 
A troita continúa: 25 anos de Troita Armada
A troita continúa: 25 anos de Troita ArmadaA troita continúa: 25 anos de Troita Armada
A troita continúa: 25 anos de Troita Armada
ATroitaArmada
 
03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes
cadernodecores
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
monadela
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
Carmen165
 
Atroitacontinua25anosde troitaarmada
Atroitacontinua25anosde troitaarmadaAtroitacontinua25anosde troitaarmada
Atroitacontinua25anosde troitaarmada
ATroitaArmada
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
jessica fernandez prado
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
jessica fernandez prado
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
Xenza
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castroboello
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
xenevra
 
Similar to Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo (20)

5. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 19765. A poesía galega entre 1936 e 1976
5. A poesía galega entre 1936 e 1976
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
Vazquez pintor
Vazquez pintorVazquez pintor
Vazquez pintor
 
Literatura medieval
Literatura medievalLiteratura medieval
Literatura medieval
 
Manuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galegoManuel maría, escritor e galego
Manuel maría, escritor e galego
 
Celso Emilio
Celso EmilioCelso Emilio
Celso Emilio
 
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
O Miño, canle de luz e néboa (Manuel María, 1996)
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Manuel Curros Enríquez
Manuel Curros EnríquezManuel Curros Enríquez
Manuel Curros Enríquez
 
Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016Manuel María. Letras Galegas. 2016
Manuel María. Letras Galegas. 2016
 
A troita continúa: 25 anos de Troita Armada
A troita continúa: 25 anos de Troita ArmadaA troita continúa: 25 anos de Troita Armada
A troita continúa: 25 anos de Troita Armada
 
03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes03 Relatosdeviaxes
03 Relatosdeviaxes
 
Manuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obraManuel Maria-2016: vida e obra
Manuel Maria-2016: vida e obra
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Atroitacontinua25anosde troitaarmada
Atroitacontinua25anosde troitaarmadaAtroitacontinua25anosde troitaarmada
Atroitacontinua25anosde troitaarmada
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
As irmaldades das falas
As irmaldades das falasAs irmaldades das falas
As irmaldades das falas
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Rosalía De Castro
Rosalía De CastroRosalía De Castro
Rosalía De Castro
 
Literatura do exilio.
Literatura do exilio.Literatura do exilio.
Literatura do exilio.
 
More from noagaliza

Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuaisPoesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
Poesía galega da década de 80 e 90 e tendencias actuais
noagaliza
 
A Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa GalegaA Nova Narrativa Galega
A Nova Narrativa Galega
noagaliza
 
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel FoleNarrativa de Posguerra: Ánxel Fole
Narrativa de Posguerra: Ánxel Fole
noagaliza
 
Festas do San Xoán
Festas do San XoánFestas do San Xoán
Festas do San Xoán
noagaliza
 
Cociña galega tradicional
Cociña galega tradicionalCociña galega tradicional
Cociña galega tradicional
noagaliza
 
áLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - CastelaoáLbums de guerra - Castelao
áLbums de guerra - Castelao
noagaliza
 
Castelao
CastelaoCastelao
Castelao
noagaliza
 
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüísticaO galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
O galego hoxe: marco legal e proceso de normalización lingüística
noagaliza
 
Coñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galegoCoñecemento e uso do galego
Coñecemento e uso do galego
noagaliza
 
Os prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticosOs prexuízos lingüísticos
Os prexuízos lingüísticos
noagaliza
 
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira VilasMemorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
Memorias dun neno labrego - Xosé Neira Vilas
noagaliza
 
Vangardas Galegas
Vangardas GalegasVangardas Galegas
Vangardas Galegas
noagaliza
 
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo AbrenteTeatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
Teatro galego na década de 70 e 80: o Grupo Abrente
noagaliza
 
O Rexurdimento literario
O Rexurdimento literarioO Rexurdimento literario
O Rexurdimento literario
noagaliza
 
Teatro galego na II República
Teatro galego na II RepúblicaTeatro galego na II República
Teatro galego na II República
noagaliza
 
More from noagaliza (15)

Méndez Ferrín: Reclamo a liberdade para o meu pobo

  • 1. Xosé Luís Méndez Ferrín: Reclamo a libertade pró meu pobo de “Con pólvora e magnolias” 1 RECLAMO A LIBERTADE PRÓ MEU POBO Na memoria de Xosé Ramón Reboiras Noia1 No vento de mazán que se desfraga nos cons e pedregullo solar de cabo de Home e Punta do Cabalo de Fora reclamo a libertade pró meu pobo. No meniño que dorme no edredón dos teus ollos reclamo a libertade pró meu pobo. Nas vellas mans agrarias, nas loias amorosas dos estíos reclamo a libertade pró meu pobo. Nos bicos acedísimos e tenros dos meus fillos inmensos reclamo a libertade pró meu pobo. Nos sangues artesáns que teño ardendo en cada dedo meu; nos finos labradores que aparecen agora no papel levando chapeos pardos, panos de seda e zocas remontadas reclamo a libertade pró meu pobo. Nos crepúsculos de anís nos que se erixe a familia naval de Manoel Antonio e pon, de arca e couso, pequeniños lumes azuis e brancos de San Telmo2 reclamo a libertade pró meu pobo. Na anguria de arandela que te cerca, nos marcos, portas, fechos, nos durísimos e sen luz arames, non me torzo e reclamo a libertade pró meu pobo. Nos tépedos infernos da túa boca, ferida de comunión ao sol e ao viño máis adentro, diapasón da verdade de pantrigo e cumio do cabazo e da alborada boa reclamo a libertade pró meu pobo. 1 Xosé Ramón Reboiras Noia (1950-75) nacionalista galego, membroda UPG, abatido pola policía en Ferrol (agosto 1975) 2 Nimbo luminoso que aparece nas extremidades verticais das embarcacións debido á electricidade atmosférica.
  • 2. Xosé Luís Méndez Ferrín: Reclamo a libertade pró meu pobo de “Con pólvora e magnolias” 2 Na cizaña, composición, feitura, debuxo ruín de cada cerimonia de convenio coleutivo cegando o noso fogo metalúrxico reclamo a libertade pró meu pobo. Nunha nena de seis anos que naceu en Basilea3 e cantou pra min a Internacional en idioma galego e puiden rete-lo pranto e foi en mil novecentos setenta e catro, e por ela reclamo a libertade pró meu pobo. Nas muradellas de couselo e da violeta, nas fonduras da carriza e dos fentos, nos castros, calzadas e vieiros (pedra do alén) pra sempre abandoados reclamo a libertade pró meu pobo. Nos camiños fechados, nos abertos, nos que levan ás casas dos homes nosos de cada día, nos transportes por ferrocarril, nos irmáns que gobernan as máquinas do mar e os cameóns na alta noite, reclamo a libertade pró meu pobo. Na fogueira de Londonderry,4 en cada palabra, en cada palabra do noso tío Ho Chi Minh,5 coma un ouriol enchendo a tarde de lus nacionalista e líquidos reclamo a libertade pró meu pobo. Na sindical reconstrucción diaria de cada cousa rompida e volta a endereitar, na unión mínima dos homes darredor dun problema sórdido, en cada petición en grupo, en cada contubernio de mans dadas, reclamo a libertade pró meu pobo. Na casa dos meus avós arrecendente a sí propia, singular no mundo; nos cabalos da serra e nos mineiros de Lousame6 aquil vinte de Santiago, reclamo a libertade pró meu pobo. 3 Cidade suíza á que emigraron moitos galegos nos anos sesenta e setenta 4 Nome inglés de Dhoire, capital de Irlanda do Norte, escenario frecuente de enfrentamentos entre británicos e independentistas. 5 Ho Chi Minh (1890-1969), revolucionario e poeta vietnamita que proclamoua independencia e o comunismo na República Democrática de Vietnam. 6 Municipio coruñés do que xurdiu un grupo de mineiros dispostos a defender á República tras a sublevación de 1936, que serían logo maioritariamente fusilados.
  • 3. Xosé Luís Méndez Ferrín: Reclamo a libertade pró meu pobo de “Con pólvora e magnolias” 3 No estremecido urro das marés en guerra, no arruallo do amor e na rapaza perdida sen que fora nunca nosa reclamo a libertade pró meu pobo. No comer e no beber en torno á ola da camaradaxe, no sagro segredo en torno á pérola de lus clandestina, no medo e na teimosa retesía en torno ao adverso reclamo a libertade pró meu pobo. Nos loitadores de xofre e lume acedo, nos difuntos endexamais vencidos, nos que virán e son aínda lene bris e vos de melro e portarán o ferro e darán a morte crara reclamo a libertade pró meu pobo. Nos ríos, nas folgas, nas romaxes, nas protestas nos muros, nos escritos, nas gaitas, nas areas de Espasante7 acaso reclamo a libertade pró meu pobo. Nos emigrados, nos perdidos, nos presos, nos esplotados, nos que contemplan o devalar das augas sen fín, nos que confían no meu partido (tuba de despertar ou camiño que nunca se desanda)8, nos que combaten e han de se-lo lóstrego achaiador, neles poño a miña língoa e descanso os meus ollos e reclamo a libertade pró meu pobo. e reclamo a libertade pró meu pobo. 7 Parroquia coruñesa do municipio de Ortigueira. 8 Referencia textual ao verso 10 do poema "Na morte de Castelao"(1950) de Ramón Cabanillas.