SlideShare a Scribd company logo
1 of 134
MACIZO
DE TREVINCA
MACIZO DE PENA TREVINCA
Está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe,
Mina, Cabreira, Calva e Segundeira.
Serras do Eixe e Calva, no inverno e no verán.
SITUACIÓN:
no linde entre Ourense
(Galiza), Zamora e León
(Castela-León).
CONCELLOS:
Carballeda de
Valdeorras, A Veiga,
Viana do Bolo
(Ourense);
Encinedo, Benuza e
Truchas (León); Porto,
Pías, Lubián,
Hermisende, Trefacio,
Requejo, Galende,
Cobreros, San Justo e
Rosinos de la
Requejada (Zamora)
Formouse na Oroxenia Hercínica e sufríu importantes fracturas na Oroxenia Alpina o que da
lugar a unha paisaxe de precipicios e barrancos. É un importante nó hidrográfico no que se
forman varios ríos que forman parte das cuncas do Douro e do Sil.
Serras da Mina e do Eixe
As lousas son as rochas máis abundantes na vertente norte e orixinan releves suaves
interrompidos a veces por picos de cuarcita. Na zona sur do macizo aflora o gneis glandular
“ollo de sapo”.
SERRA DO EIXE
Con orientación NO-SE, ao norte do concello de A Veiga, no linde con Valdeorras. Separa as
cuncas do Sil e o Xares. É a serra galega máis alta. O cumes máis destacados son Pena Trevinca
(2.127 m), Pena Negra (2.123 m), e Pena Survia (2.112 m).
Está formada por lousas, cuarcitas e xistos.
Cara oeste de Pena Trevinca
Lagoa da Serpe, A Troitada e o Alto do Turrieiro, con Trevinca e o Alto do Torno ao fondo á dereita
Cara leste de Pena Trevinca
Pena Survia e Pena Negra con Pena Trevinca ao fondo
O Maluro (1.931 m) e o val de Meladas
O Fial coa Serra do Eixe ao fondo
SERRA DA MINA
Esténdese cara ao Norte ao longo da fronteira entre Carballeda de Valdeorras e León, a partir
da confluencia coas serras do Eixe e Cabreira. O pico máis alto acada os 2.032 m de altura.
Unha das cabeceiras do río San Xil. Ao fondo o Coto
SERRA CALVA
Esténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora, facendo linde entre os
concellos de Viana do Bolo e A Veiga. O punto máis alto é o Sestil (1.755 m). Formada por
granitos e gneis “ollo de sapo”. Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste.
Serra Calva en Pradoramisquedo
O Sextil
Vertente leste da Serra Calva, á dereita do val glaciar do Bibei
SERRA DA CABREIRA (CABRERA BAJA)
Esténdese con dirección oeste-leste desde Ourense (Trevinca) ao longo da fronteira entre
Zamora e León. Está separada da Segundeira polo val do río Tera. O cume máis alto é o
Vizcodillo (2.121 m). Acolle un grande número de lagoas de orixe glaciar (Cubillas, Los Patos,
A Ventosa, Los Peces, Truchillas, Riopedro, Malicioso, La Baña, Sanabria...)
Serra da Cabrera e val do Tera
Serra da Cabreira
Circo glaciar ao pé do Picón
Pena Cabrita
SERRA SEGUNDEIRA
Situada maioritariamente en Zamora, agás na zona do Alto do Torno, ao norte, no límite coa
Serra do Eixe, con 1.944 m; e o Pico de Aguallal, ao sur, con 1.664 m. O cume máis alto é o
Moncalvo con 2.045 m. Marca os lindes entre a cunca do Sil (ríos Xares e Bibei) e a do Esla (río
Tera). Está formada por granitos e ollo de sapo.
Conserva importantes mostras de glaciarismo: vales glaciares, lagoas (Malladones, Pencina,
Pico, Sotillo, Clara, Camposagado, Cárdena, Río Pequeño, Garandones, Raya, Mancas, Pies
Juntos, Cuadro, Lacillo...) e un importante conxunto de turbeiras.
Segundeira
Serra Segundeira (O Aguallal)
GLACIARISMO
Durante as glaciacións do Cuaternario, houbo neste macizo varios sistemas glaciares que
cubrían máis de 10.000 ha. As línguas deses glaciares labraron vales en U, actualmente
ocupados polos cursos altos dos ríos. Ao desapareceren os glaciares nos seus circos ou nas
áreas pechadas polas morrenas terminais formáronse numerosas lagoas.
Val glaciar do Xares
Hai 100.000 anos, durante a glaciación Würm (un período de 90.000 anos) instalouse sobre estas
montañas unha gran masa de xeo que descendía polos vales formando linguas glaciares. A principal, (de
15 km de lonxitude e máis de 300 m de espesor) que baixaba do circo glaciar de Trevinca e A Survia,
formou o encaixado val do Tera e ao xuntarse cos de Cárdena e a Segundeira escavou a cubeta na que
actualmente está o lago de Sanabria.
Val do Tera
Val glaciar do Bibei
Un val colgado sobre o val glaciar do Xares
Circo glaciar de Pena Trevinca (cara oeste)
Trevinca desde o Maluro, no primeiro plano o circo glaciar
Serra Calva: circo glaciar do río da Canda
Trevinca acolle a maior concentración de Lagoas de España despois dos Pirineos, cun
conxunto duns 35 humedais de diverso tamaño situados a máis de 1.600 m de
altitude.
Troitada
Lago de Sanabria
Lago de Sanabria
Lagoa dos Peixes
Lagoa das Égoas ou de Murias
Lagoas dos Currais, nos cumes da serra Calva
Lagoa dos Currais, nos cumes da serra Calva
Lagoa da Serpe
Lagoa de Ocelo na Serra Calva
Lagoa de Ocelo
Lagoa da Laceira
Lagoa do Penedo no nacemento dunhas das cabeceiras do San Xil.
Lagoa da Moza en Pradorramisquedo
Lagoa do Burrico en Pradorramisquedo
Lagoa do Burrico en Pradorramisquedo
Lagoa Longa en Pradorramisquedo
A Baña
Nacentes do Xares ao pé de Pena Trevinca
REDE FLUVIAL
O macizo de Trevinca é un importante nó hidrográfico do que parten numerosos regos que
forman as cabeceiras do Tera (afluente do Douro), e Cabreira, Bibei e Casaio (afluentes do Sil),
Xares e Canda (afluentes do Bibei)...
RÍO BIBEI
Nace na vertente zamorana de Pena
Trevinca a 1.900 m de altura e fai
fronteira entre a comarca de
Valdeorras (concellos de O Bolo e
Larouco) e Terra de Trives, onde
discorre encaixado nun profundo
canón. Xúntase co Sil nas
proximidades de Montefurado.
Fervenzas: canón do Bibei en
Pradorramisquedo
O Bibei nas
proximidades de
Pradoramisquedo
Val do Bibei
O Bibei nace na serra Segundeira, na cara norte do Moncalvo a 1.891 m de altitude.
Nacentes do Bibei
Val glaciar do Bibei
Río Bibei
Nacentes do Vedul, una das cabeceiras do Bibei
O Bibei en Pradoramisquedo
Río Xares
Recolle augas da vertente sur da serra do Eixe e da Serra Calva. No curso alto discorre polo antigo val
glaciar de A Ponte e despois de Prada encáixase forrmando un profundo canón ata xuntarse co Bibei na
zona do Larouco.
Fervenzas: varios saltos no curso alto, a máis destacada é O Escavadoiro.
O rego Meladas, nas abas do Maluro
O Xares na Ponte.
O Xares en Xares
Escavadoiro
Río Xares
A Ponte (Xares-A Veiga)
Escavadoiro
Río Xares A Ponte (Xares-A Veiga)
Río Xares
A Ponte (Xares-A Veiga)
Río Xares
A Ponte (Xares-A Veiga)
Río Xares
A Ponte (Xares-A Veiga)
A Morteira
Rego da Morteira (Xares)
Xares-A Veiga
Río da Canda
Nace na aba oeste da serra Calva e xúntase co Xares entre Seoane e Valdín.
Fervenzas: Seoane
Río da Canda
Seoane (A Veiga)
Río Casaio ou Casoio
Fórmase pola confluencia dos ríos Valborrás e Riodolas nas estribacións da serra do Eixe e, despois de 19,5
km de percorrido en terras de Carballeda de Valdeorras, xúntase co Sil en Sobradelo de Valdeorras.
Río San Xil, un afluente do
Casaio.
Teixidal
Rego do Penedo (San Xil-Casaio)
Casaio (Carballeda de Valdeorras)
Serra da Cabreira: O Picón e o lago da Baña, nas nacentes do río Cabreira
RÍO CABRERA
Fórmase nas estribaciones de Pena Trevinca en "Morteira Cavada", a partir de varios regos
que alimentan o lago da Baña e xúntase co Sil en Puentes de Domingo Flórez, despois de 63
km de percorrido. Os principais afluentes son os Cabo, Silván, Valdecorrales e Benuza. As
augas dalgúns dos seus afluentes alimentaban as minas romanas de ouro das Médulas.
RÍO TERA
É un afluente do Esla (Douro) que nace no leste de Pena Trevinca nun antigo circo glaciar
coñecido como Veiga de Tera. Circula por un amplo val glaciar e logo por un profundo canón
ata o lago de Sanabria. Os principais afluentes son o río Negro, pola esquerda, e o Truchas,
Castro e Valdalla pola dereita.
Val do Tera
Nacentes do Tera
Cova de “San Martín”
Poza das Ninfas
O Tera en Ribadelago
CLIMA
De montaña e continental, suave nas partes máis baixas. Está na linde das áreas de clima
atlántico e mediterráneo.
TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE
-Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea
-Lagos e estanques distróficos naturais
-Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de
Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion
-Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de
Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p.
-Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas
de Erica ciliaris e Erica tetralix
-Queirogais secos europeos
-Queirogais alpinos e boreais
-Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos
-Formacións montanas de Genista purgans
-Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta
-Prados secos semi naturais e facies de matogueira
sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia)
(* paraxes con notables orquídeas)
-Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do
Thero-Brachypodietea
-Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies,
sobre substratos silíceos de zonas montañosas
(e de zonas submontañosas da Europa continental)
HÁBITATS
No macizo de Trevinca conflúen a rexión eurosiberiana e a rexión mediterránea o que da
lugar a unha gran diversidade de hábitas e especies.
-Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae)
-Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino
-Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis)
-Prados de sega de montaña
-Turbeiras altas activas
-'Mires' de transición
-Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion
-Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos
-Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica
-Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica
-Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii
-Covas non explotadas polo turismo
-Bosques de encostas, desprendementos
ou barrancos do Tilio-Acerion
-Turbeiras boscosas
-Bosques aluviais de Alnus glutinosa e
Fraxinus excelsior (Alno-Padion,
Alnion incanae, Salicion albae)
-Carballeiras galaico-portugueses
con Quercus robur e Quercus pyrenaica
-Soutos
-Aciñeirais
-Acevedos
-Bosques mediterráneos de Taxus baccata
FLORA
A maior parte do macizo de Trevinca está cuberto por mato de uces, queirugas, carqueixas,
arandeiras e carpazas. Nas partes altas aparecen xenebreiros e xestas olorosas. Nas
depresións impermeables hai turbeiras con esfagnos, rorelas e outras especies típicas. Só no
fondo dos vales sobreviven algúns bosques autóctonos formados por carballos, bidueiros,
acivros, capudres ou escanfrés e, nalgúns puntos, teixos..
Nas abas orientadas ao sur hai aciñeiras, rebolos e estevas.
Fraga da Morteira
Carballeira nas abas da serra do Eixe
Fraga de Foio Castaño
O Teixidal de Casaio está situado na
vertente norte de Pena Survia. É un
bosque único en Europa formado por uns
300 teixos centenarios mesturados con
outras especies que ocupa unha superficie
de algo menos de seis hectáreas.
Hai un teixo de 20 m de altura e 800 anos
de idade. Arredor dos teixos hai
cerquiños, bidueiros, capudres, abeleiras,
freixos e acivros.
Detalle do Teixidal, as árbores de cor máis escura son os teixos
Neste espazo atópanse especies de plantas de grande interese: Cardamine raphanifolia gallaecica,
Helianthemum croceum rothmaleri, Santolina rosmarinifolia semidentata, Eryngium viviparum, narcisos
(Narcissus pseudonarcissus nobilis e Narcissus asturiensis), Festuca elegans e Festuca summilusitanica, os
fentos Driopteris abreviata e Isoetes boryana...
Arzaias e santolina
Santolina semidentata
Crese que hai polo menos 1.500 especies de plantas, das que 12 son endemismos exclusivos de Pena
Trevinca: Agrostis tilenii, Campanula cantabrica occidentalis, Desmazeria marina pauciflora, Dianthus
merinoi, Genista sanabrensis, Helianthemun croceum rothmaleri, Jasione brevisepala, Luzula caespitosa,
Potentilla erecta asturica, Thymelaea coridifolia dendryobryum...
Nos cumes consérvanse especies que son reliquias da época das glaciacións como Ranunculus
parnassifolius e Armeria bigerrensis.
Gatiña (Genista sanabrensis)
Thymelaea coridifolia dendrobryum
ESPECIES DO ANEXO II
DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Festuca elegans
Festuca summilusitana
Narcissus asturiensis
Narcissus pseudonarcissusssp. nobilis
Santolina semidentata
Narciso (Narcissus asturiensis) Narciso (Narcisus pseudonarcisus nobilis)
Piorno (Genista florida). Acadan o porte de pequenas árbores nas partes baixas.
Arandos (Vaccinium myrtillus).
As arandeiras aparecen debaixo das
motogueiras e no sotobosque das zonas de
montaña.
Tomelo branco (Thymus mastichina)
Xensá (Gentiana lutea subsp. aurantiaca), florece nos
prados dos lugares altos das serras orientais.
Fritillaria nervosa
Sempreviva (Semprevivum vicentei).
Só se atopa as maiores alturas de Galiza.
Echinospartum ibericum
Campaíñas (Campanula herminii)
Dente de can (Erythronium dens-canis)
Orquídea (Dactylorhiza elata )Orquídea (Dactylorhiza maculata )
Orquídea (Orchis coriophora) Orquídea (Orchis morio)
Orobanche santolinae
Fento (Thelypteris palustris)
Nas zonas chans onde se acumula auga hai turbeiras con esfagnos, rorelas, xuncos…
Parnasia palustris
Ranunculus peltatus
Reboleira
Mostallo
(Sorbus aria)
Xenebreiro (Juniperus communis)
Salgueiro
(Salix salviifolia)
ÁRBORES SENLLEIRAS
(P) Incluída no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza
Rebolo de gran porte a carón da Cova
de San Martín, no canón do Tera.
Rebolo (Quercus Pyrenaica)
Bidueiro (Betula celtibérica)
-Bidueiral de Xares. No interior do Coto de
Xares (A Morteira, A Veiga) -20,20 m de altura
e 5,10 m de perímetro. (P)
-Teixidal de Casaio
(Carballeda de Valdeorras).
Teixo (Taxus baccata)
-Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras). 15 e 18 m de altura e de 3 a 4 m de perímetro. (P)
Gato bravo
FAUNA
A gran diversidade de hábitats deste espazo acolle unha fauna moi variada con un
importantes número de especies entre as que se atopan algúns endemismos.
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA
92/43/CEE
Galemys pyrenaicus
Lutra lutra
Myotis blythii
Myotis myotis
Rhinolophus ferrumequinum
Rhinolophus hipposideros
MAMÍFEROS
Máis de 40 especies: lobo, corzo, xabarín, ourizo cacho, furafollas -grande, ibérico e pequeno-, murgaño
de Cabrera, furaño común, leirón careto, armiño, doniña branca, donicela, tourón, garduña, lontra, algalia,
gato bravo, toupeira da auga, morcegos (Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis
myotis)...
AVES
A avifauna desta área é moi variada, con especies de gran interese por ser pouco comúns, o que lle valeu a
declaración de ZEPA. Hai censadas unhas 140.
Crían: charrela (Perdix perdix hispaniensis), as únicas poboacións de azulenta alpina de Galiza (Prunella collaris), papuxa
tomiñeira (Sylvia conspicillata), abellaruco (Merops apiaster), miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira
(Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia real (Aquila chrysaetos),
lagarteiro (Falco tinnunculus), falcón pequeno (Falco subbuteo), falcón peregrino (Falco peregrinus)), bufo real (Bubo
bubo), paspallás (Coturnix coturnix), pombo pequeno (Columba oenas), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus),
laverca (Alauda arvensis), cotovía das árbores (Lullula arborea), pica campestre (Anthus campestris), pica alpina (Anthus
spinoletta), merlo rieiro (Cinclus cinclus), rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), chasco norteño (Saxicola
rubetra), pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), merlo das rochas (Monticola saxatilis), papuxa do mato (Sylvia
undata) , ouriolo (Oriolus oriolus), picanzo vermello (Lanius collurio), picanzo real meridional (Lanius meridionalis), choia
(Pyrrhocorax pyrrhocorax), e escribenta hortelá (Emberiza hortulana).
Polo de perdiz
O mergullón pequeno
(Tachybaptus ruficollis)
aniña na Lagoa de Ocelo,
xa no límite altitudinal da
especie polo que a súa cría
pode considerarse como
excepcional.
ESPECIES DO ANEXO I DA
DIRECTIVA CEE
Emberiza hortulana
Pyrrhocorax pyrrhocorax
Lanius collurio
Sylvia undata
Anthus campestris
Lullula arborea
Bubo bubo
Falco peregrinus
Aquila chrysaetos
Circus pygargus
Circus cyaneus
Circaetus gallicus
Pernis apivorus
Perdix perdix hispaniensis
Aguia real
(Aquila chrysaetos)
Pica papuda (Anthus campestris),
visitante estival escasa en Galiza. Só se
ve nas montañas máis altas do sur e do
leste.
Papuxa montesa
(Sylvia undata)
Reiseñor –xuvenil-
(Luscinia megarhynchos)
RÉPTILES
13 especies: lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), lagartixa da serra (Iberolacerta monticola, lagartixa
galega (Podarcis bocagei), lagarto arnao (Timon lepidus), esgonzo común (Chalcides chalcides), cobra
lagarteira común (Coronella austriaca), cobra rateira (Malpolon monspessulanus), cobra lagarteira
meridional (Coronella girondica), víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica).
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Lacerta schreiberi
Lacerta monticola
Femia de lagarta rabuda (Iberolacerta galani), un endemismo
do Macizo de Trevinca recentemente descrita.
ANFIBIOS
12 especies. Para algúns anfibios Trevinca sinala o límite altitudinal da súa distribución coñecida; a
salamantiga galega (Chioglossa lusitanica) acada na zona os 1.300 m de altitude, o limpafoantes común
(Lissotriton boscai), chega ós 1.600 m.; o limpafontes verde (Triturus marmoratus) está presente ata os
1.700, a ra patilonga (Rana iberica), a Estroza (Hyla molleri) e a Rá verde (Pelophylax perezi) ata os 1.800 e
o Sapo corriqueiro (Bufo calamita), o Sapo cunqueiro (Bufo bufo) e a Rá vermella (Rana temporaria)
chegan aos 1.900 m.
Estroza ou rela
(Hyla molleri)
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Chioglossa lusitanica
Discoglossus galganoi
Estroza (Hyla arbórea)
Ra verde (Pelophylax perezi)
PEIXES
7 especies, típicas de augas limpas e de montaña: troita, vermella, cacho, barbo…
ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE
Chondrostoma polylepis
Vermella (Achondrostoma arcasii)
INVERTEBRADOS
Unha gran variedade, en especial escaravellos e bolboretas.
Iberocardion seoanei,
subsp. kricheldorffi,
un cerambícido
endémico do Macizo de
Trevinca.
ESPECIES DO ANEXO II DA
DIRECTIVA 92/43/CEE
Geomalacus maculosus
Lucanus cervus
Oxygastra curtisii
Bolboreta
(Adscita statices)
Eiruga de Syphidae
Bolboreta (Melanargia occitanica)Mosca perla
Bolboreta (Spialia sartorius)
Pradorramisquedo
ACTIVIDADES
Agricultura, gandaría, forestal, caza, turismo, xeración de enerxía eléctrica (hidráilica,
eólica)...
Grabados e releves nunha casa na
Ponte (A Veiga)
HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL
A zona foi habitada desde tempos antigos e explotada polos romanos para extraer ouro. Máis tarde
houbo explotacións de volframio e na actualidade de lousas e granitos.
Acolle un rico patrimonio etnográfico (muíños, pontes, núcleos tradicionais) e histórico-artístico.
Ponte das Olgas A Ponte (A Veiga)
Refuxio de pastores
Minas alemanas A
Ponte (A Veiga)
Minas de Valborraz (Carballeda de
Valdeorras)
-LIC/ZEC Pena Trevinca
-Zona de Especial Protección para as Aves, ZEPA “Pena Trevinca”, “Lago de
Sanabria e Arredores” “Sierra de La Cabrera”.
-Parque Natural e LIC “Lago de Sanabria e Arredores.
-LIC “Sierra de La Cabrera”
-Monumentos Naturais: “Lago de La Baña” “Lago Truchillas”
MN
Lago da Baña
Parque Natural,
LIC e ZEPA
Lago de Sanabria e
arredores.
ESPAZOS PROTEXIDOS
MN
Lago Truchillas
LIC/ZEPA
Sierra de La Cabrera
LIC/ZEPA
Pena Trevinca
As louseiras achéganse “perigosamente” aos espazos protexidos
PROBLEMAS
-Incendios
-Explotacións de lousa con grandes escombreiras (nas proximidades)
-Caza, especis invasoras...
-Parques eólicos, encoros nos ríos...
PUNTOS DE INTERESE
-Teixidal de Casaio
-Bosque de Foio Castaño (ao norte de Pena Negra)
-Val do Casaio e Fonte da Cova
-Lagoas do Ocelo, A Serpe, Sextil, Pradorramisquedo.
-Curso alto do Bibei (Pradorramisquedo)
-Fervenzas: curso alto do Xares, Cántara da Moura, río Canda, Bibei (Pradorramisquedo).
Lagoa da Serpe
-Lagos de Sanabria, Los Peces, Las Yeguas, Os Currais, A Baña...
-San Martín de Castañeda
-Canón e fervenzas do Tera
Lago de Sanabria
MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta
Novembro 2016

More Related Content

What's hot

Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)monadela
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miñomonadela
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantadamonadela
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miñomonadela
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sarmonadela
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courelmonadela
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanzamonadela
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistralmonadela
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistralmonadela
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Silmonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miñomonadela
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- monadela
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruñamonadela
 
Fervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copia
Fervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copiaFervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copia
Fervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copiaLOPEZMOURENZA
 
Río Bibei
Río BibeiRío Bibei
Río Bibeimonadela
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorrasmonadela
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarriamonadela
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancaresmonadela
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suídomonadela
 

What's hot (20)

Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)Macizo Central Ourensán (serras galegas)
Macizo Central Ourensán (serras galegas)
 
LIC Baixo Miño
LIC Baixo MiñoLIC Baixo Miño
LIC Baixo Miño
 
Comarca Chantada
Comarca ChantadaComarca Chantada
Comarca Chantada
 
Reserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do MiñoReserva da Biosfera Terras do Miño
Reserva da Biosfera Terras do Miño
 
Comarca O Sar
Comarca O SarComarca O Sar
Comarca O Sar
 
Serra do Courel
Serra do CourelSerra do Courel
Serra do Courel
 
Serra da Barbanza
Serra da BarbanzaSerra da Barbanza
Serra da Barbanza
 
Serra do Xistral
Serra do XistralSerra do Xistral
Serra do Xistral
 
LIC Serra do Xistral
LIC Serra do XistralLIC Serra do Xistral
LIC Serra do Xistral
 
LIC Canón do Sil
LIC Canón do SilLIC Canón do Sil
LIC Canón do Sil
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
Río Miño
Río MiñoRío Miño
Río Miño
 
LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe- LIC Río Cabe-
LIC Río Cabe-
 
Fervenzas A Coruña
Fervenzas A CoruñaFervenzas A Coruña
Fervenzas A Coruña
 
Fervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copia
Fervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copiaFervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copia
Fervenzas ourense-140415045111-phpapp01 - copia
 
Río Bibei
Río BibeiRío Bibei
Río Bibei
 
Comarca Valdeorras
Comarca ValdeorrasComarca Valdeorras
Comarca Valdeorras
 
Comarca Sarria
Comarca SarriaComarca Sarria
Comarca Sarria
 
Serra dos Ancares
Serra dos AncaresSerra dos Ancares
Serra dos Ancares
 
Espazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do SuídoEspazo natural Serra do Suído
Espazo natural Serra do Suído
 

Similar to Trevinca

LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurésmonadela
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxMonContos
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancaresmonadela
 
Río Támega
Río TámegaRío Támega
Río Támegamonadela
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurésmonadela
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sormonadela
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courelmonadela
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegasmonadela
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)monadela
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Vianamonadela
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal GalegaMonContos
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerêsmonadela
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."monadela
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcalamonadela
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiromonadela
 

Similar to Trevinca (18)

LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do XurésLIC Baixa Limia-Serra do Xurés
LIC Baixa Limia-Serra do Xurés
 
Serra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptxSerra da Paradanta.pptx
Serra da Paradanta.pptx
 
O courel
O courelO courel
O courel
 
Río Eo
Río EoRío Eo
Río Eo
 
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares  O Courel-1-AncaresLIC Os ancares  O Courel-1-Ancares
LIC Os ancares O Courel-1-Ancares
 
Río Támega
Río TámegaRío Támega
Río Támega
 
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do XurésParque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés
 
Espazo natural Río Sor
Espazo natural Río SorEspazo natural Río Sor
Espazo natural Río Sor
 
Lic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O CourelLic Os Ancares- O Courel
Lic Os Ancares- O Courel
 
As montañas galegas
As montañas galegasAs montañas galegas
As montañas galegas
 
Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)Canón do Sil (2)
Canón do Sil (2)
 
Comarca Viana
Comarca VianaComarca Viana
Comarca Viana
 
A Dorsal Galega
A Dorsal GalegaA Dorsal Galega
A Dorsal Galega
 
Parque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda GerêsParque Nacional Peneda Gerês
Parque Nacional Peneda Gerês
 
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
Reserva da Biosfera "Os Ancares Lucenses..."
 
Comarca A Barcala
Comarca A BarcalaComarca A Barcala
Comarca A Barcala
 
Río Ulla
Río UllaRío Ulla
Río Ulla
 
Serra do Laboreiro
Serra do LaboreiroSerra do Laboreiro
Serra do Laboreiro
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Trevinca

  • 2. MACIZO DE PENA TREVINCA Está formado por cinco serras que conflúen en Pena Trevinca: Eixe, Mina, Cabreira, Calva e Segundeira. Serras do Eixe e Calva, no inverno e no verán.
  • 3. SITUACIÓN: no linde entre Ourense (Galiza), Zamora e León (Castela-León). CONCELLOS: Carballeda de Valdeorras, A Veiga, Viana do Bolo (Ourense); Encinedo, Benuza e Truchas (León); Porto, Pías, Lubián, Hermisende, Trefacio, Requejo, Galende, Cobreros, San Justo e Rosinos de la Requejada (Zamora)
  • 4. Formouse na Oroxenia Hercínica e sufríu importantes fracturas na Oroxenia Alpina o que da lugar a unha paisaxe de precipicios e barrancos. É un importante nó hidrográfico no que se forman varios ríos que forman parte das cuncas do Douro e do Sil. Serras da Mina e do Eixe
  • 5. As lousas son as rochas máis abundantes na vertente norte e orixinan releves suaves interrompidos a veces por picos de cuarcita. Na zona sur do macizo aflora o gneis glandular “ollo de sapo”.
  • 6. SERRA DO EIXE Con orientación NO-SE, ao norte do concello de A Veiga, no linde con Valdeorras. Separa as cuncas do Sil e o Xares. É a serra galega máis alta. O cumes máis destacados son Pena Trevinca (2.127 m), Pena Negra (2.123 m), e Pena Survia (2.112 m). Está formada por lousas, cuarcitas e xistos.
  • 7. Cara oeste de Pena Trevinca
  • 8. Lagoa da Serpe, A Troitada e o Alto do Turrieiro, con Trevinca e o Alto do Torno ao fondo á dereita
  • 9. Cara leste de Pena Trevinca
  • 10. Pena Survia e Pena Negra con Pena Trevinca ao fondo
  • 11. O Maluro (1.931 m) e o val de Meladas
  • 12. O Fial coa Serra do Eixe ao fondo
  • 13. SERRA DA MINA Esténdese cara ao Norte ao longo da fronteira entre Carballeda de Valdeorras e León, a partir da confluencia coas serras do Eixe e Cabreira. O pico máis alto acada os 2.032 m de altura.
  • 14. Unha das cabeceiras do río San Xil. Ao fondo o Coto
  • 15. SERRA CALVA Esténdese desde Pena Trevinca cara ao sur, pola fronteira con Zamora, facendo linde entre os concellos de Viana do Bolo e A Veiga. O punto máis alto é o Sestil (1.755 m). Formada por granitos e gneis “ollo de sapo”. Está rodeada polo río Bibei polo leste, o sur e o oeste.
  • 16. Serra Calva en Pradoramisquedo
  • 18. Vertente leste da Serra Calva, á dereita do val glaciar do Bibei
  • 19. SERRA DA CABREIRA (CABRERA BAJA) Esténdese con dirección oeste-leste desde Ourense (Trevinca) ao longo da fronteira entre Zamora e León. Está separada da Segundeira polo val do río Tera. O cume máis alto é o Vizcodillo (2.121 m). Acolle un grande número de lagoas de orixe glaciar (Cubillas, Los Patos, A Ventosa, Los Peces, Truchillas, Riopedro, Malicioso, La Baña, Sanabria...) Serra da Cabrera e val do Tera
  • 21. Circo glaciar ao pé do Picón
  • 23. SERRA SEGUNDEIRA Situada maioritariamente en Zamora, agás na zona do Alto do Torno, ao norte, no límite coa Serra do Eixe, con 1.944 m; e o Pico de Aguallal, ao sur, con 1.664 m. O cume máis alto é o Moncalvo con 2.045 m. Marca os lindes entre a cunca do Sil (ríos Xares e Bibei) e a do Esla (río Tera). Está formada por granitos e ollo de sapo. Conserva importantes mostras de glaciarismo: vales glaciares, lagoas (Malladones, Pencina, Pico, Sotillo, Clara, Camposagado, Cárdena, Río Pequeño, Garandones, Raya, Mancas, Pies Juntos, Cuadro, Lacillo...) e un importante conxunto de turbeiras.
  • 25. Serra Segundeira (O Aguallal)
  • 26. GLACIARISMO Durante as glaciacións do Cuaternario, houbo neste macizo varios sistemas glaciares que cubrían máis de 10.000 ha. As línguas deses glaciares labraron vales en U, actualmente ocupados polos cursos altos dos ríos. Ao desapareceren os glaciares nos seus circos ou nas áreas pechadas polas morrenas terminais formáronse numerosas lagoas. Val glaciar do Xares
  • 27. Hai 100.000 anos, durante a glaciación Würm (un período de 90.000 anos) instalouse sobre estas montañas unha gran masa de xeo que descendía polos vales formando linguas glaciares. A principal, (de 15 km de lonxitude e máis de 300 m de espesor) que baixaba do circo glaciar de Trevinca e A Survia, formou o encaixado val do Tera e ao xuntarse cos de Cárdena e a Segundeira escavou a cubeta na que actualmente está o lago de Sanabria.
  • 29. Val glaciar do Bibei
  • 30. Un val colgado sobre o val glaciar do Xares
  • 31. Circo glaciar de Pena Trevinca (cara oeste)
  • 32. Trevinca desde o Maluro, no primeiro plano o circo glaciar
  • 33. Serra Calva: circo glaciar do río da Canda
  • 34. Trevinca acolle a maior concentración de Lagoas de España despois dos Pirineos, cun conxunto duns 35 humedais de diverso tamaño situados a máis de 1.600 m de altitude. Troitada
  • 38. Lagoa das Égoas ou de Murias
  • 39. Lagoas dos Currais, nos cumes da serra Calva
  • 40. Lagoa dos Currais, nos cumes da serra Calva
  • 42. Lagoa de Ocelo na Serra Calva
  • 45. Lagoa do Penedo no nacemento dunhas das cabeceiras do San Xil.
  • 46. Lagoa da Moza en Pradorramisquedo
  • 47. Lagoa do Burrico en Pradorramisquedo Lagoa do Burrico en Pradorramisquedo Lagoa Longa en Pradorramisquedo
  • 49. Nacentes do Xares ao pé de Pena Trevinca REDE FLUVIAL O macizo de Trevinca é un importante nó hidrográfico do que parten numerosos regos que forman as cabeceiras do Tera (afluente do Douro), e Cabreira, Bibei e Casaio (afluentes do Sil), Xares e Canda (afluentes do Bibei)...
  • 50. RÍO BIBEI Nace na vertente zamorana de Pena Trevinca a 1.900 m de altura e fai fronteira entre a comarca de Valdeorras (concellos de O Bolo e Larouco) e Terra de Trives, onde discorre encaixado nun profundo canón. Xúntase co Sil nas proximidades de Montefurado. Fervenzas: canón do Bibei en Pradorramisquedo O Bibei nas proximidades de Pradoramisquedo
  • 51. Val do Bibei O Bibei nace na serra Segundeira, na cara norte do Moncalvo a 1.891 m de altitude.
  • 53. Val glaciar do Bibei
  • 55. Nacentes do Vedul, una das cabeceiras do Bibei
  • 56. O Bibei en Pradoramisquedo
  • 57. Río Xares Recolle augas da vertente sur da serra do Eixe e da Serra Calva. No curso alto discorre polo antigo val glaciar de A Ponte e despois de Prada encáixase forrmando un profundo canón ata xuntarse co Bibei na zona do Larouco. Fervenzas: varios saltos no curso alto, a máis destacada é O Escavadoiro. O rego Meladas, nas abas do Maluro
  • 58. O Xares na Ponte.
  • 59. O Xares en Xares
  • 61. Escavadoiro Río Xares A Ponte (Xares-A Veiga)
  • 62. Río Xares A Ponte (Xares-A Veiga)
  • 63. Río Xares A Ponte (Xares-A Veiga)
  • 64. Río Xares A Ponte (Xares-A Veiga)
  • 65. A Morteira Rego da Morteira (Xares) Xares-A Veiga
  • 66. Río da Canda Nace na aba oeste da serra Calva e xúntase co Xares entre Seoane e Valdín. Fervenzas: Seoane Río da Canda Seoane (A Veiga)
  • 67. Río Casaio ou Casoio Fórmase pola confluencia dos ríos Valborrás e Riodolas nas estribacións da serra do Eixe e, despois de 19,5 km de percorrido en terras de Carballeda de Valdeorras, xúntase co Sil en Sobradelo de Valdeorras. Río San Xil, un afluente do Casaio.
  • 68. Teixidal Rego do Penedo (San Xil-Casaio) Casaio (Carballeda de Valdeorras)
  • 69. Serra da Cabreira: O Picón e o lago da Baña, nas nacentes do río Cabreira RÍO CABRERA Fórmase nas estribaciones de Pena Trevinca en "Morteira Cavada", a partir de varios regos que alimentan o lago da Baña e xúntase co Sil en Puentes de Domingo Flórez, despois de 63 km de percorrido. Os principais afluentes son os Cabo, Silván, Valdecorrales e Benuza. As augas dalgúns dos seus afluentes alimentaban as minas romanas de ouro das Médulas.
  • 70. RÍO TERA É un afluente do Esla (Douro) que nace no leste de Pena Trevinca nun antigo circo glaciar coñecido como Veiga de Tera. Circula por un amplo val glaciar e logo por un profundo canón ata o lago de Sanabria. Os principais afluentes son o río Negro, pola esquerda, e o Truchas, Castro e Valdalla pola dereita.
  • 72. Cova de “San Martín”
  • 73.
  • 75. O Tera en Ribadelago
  • 76. CLIMA De montaña e continental, suave nas partes máis baixas. Está na linde das áreas de clima atlántico e mediterráneo.
  • 77. TIPOS DE HÁBITATS DO ANEXO I DA DIRECTIVA 92/43/CEE -Augas estancadas, oligotróficas ou mesotróficas con vexetación de Littorelletea uniflorae e/ou Isoeto-Nanojuncetea -Lagos e estanques distróficos naturais -Ríos dos pisos basal a montano con vexetación de Ranunculion fluitantis e de Callitricho-Batrachion -Ríos de ribeiras lamacentas con vexetación de Chenopodion rubri p.p. e de Bidention p.p. -Queirogais húmidos atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix -Queirogais secos europeos -Queirogais alpinos e boreais -Queirogais oromediterráneos endémicos con toxos -Formacións montanas de Genista purgans -Prados ibéricos silíceos de Festuca indigesta -Prados secos semi naturais e facies de matogueira sobre substratos calcáreos (Festuco-Brometalia) (* paraxes con notables orquídeas) -Zonas subestépicas de gramíneas e anuais do Thero-Brachypodietea -Formacións herbosas con Nardus, con numerosas especies, sobre substratos silíceos de zonas montañosas (e de zonas submontañosas da Europa continental) HÁBITATS No macizo de Trevinca conflúen a rexión eurosiberiana e a rexión mediterránea o que da lugar a unha gran diversidade de hábitas e especies.
  • 78. -Prados con molinias sobre substratos calcáreos, turbosos ou arxilo-limosos (Molinion caeruleae) -Megaforbios eutrofos hidrófilos das orlas de chaira e dos pisos montano a alpino -Prados pobres de sega de baixa altitude (Alopecurus pratensis, Sanguisorba officinalis) -Prados de sega de montaña -Turbeiras altas activas -'Mires' de transición -Depresións sobre substratos turbosos do Rhynchosporion -Desprendementos mediterráneos occidentais e termófilos -Encostas rochosas calcícola con vexetación casmofítica -Encostas rochosas silíceas con vexetación casmofítica -Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi-Veronicion dillenii -Covas non explotadas polo turismo -Bosques de encostas, desprendementos ou barrancos do Tilio-Acerion -Turbeiras boscosas -Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior (Alno-Padion, Alnion incanae, Salicion albae) -Carballeiras galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica -Soutos -Aciñeirais -Acevedos -Bosques mediterráneos de Taxus baccata
  • 79. FLORA A maior parte do macizo de Trevinca está cuberto por mato de uces, queirugas, carqueixas, arandeiras e carpazas. Nas partes altas aparecen xenebreiros e xestas olorosas. Nas depresións impermeables hai turbeiras con esfagnos, rorelas e outras especies típicas. Só no fondo dos vales sobreviven algúns bosques autóctonos formados por carballos, bidueiros, acivros, capudres ou escanfrés e, nalgúns puntos, teixos.. Nas abas orientadas ao sur hai aciñeiras, rebolos e estevas.
  • 81. Carballeira nas abas da serra do Eixe
  • 82. Fraga de Foio Castaño
  • 83. O Teixidal de Casaio está situado na vertente norte de Pena Survia. É un bosque único en Europa formado por uns 300 teixos centenarios mesturados con outras especies que ocupa unha superficie de algo menos de seis hectáreas. Hai un teixo de 20 m de altura e 800 anos de idade. Arredor dos teixos hai cerquiños, bidueiros, capudres, abeleiras, freixos e acivros.
  • 84. Detalle do Teixidal, as árbores de cor máis escura son os teixos
  • 85. Neste espazo atópanse especies de plantas de grande interese: Cardamine raphanifolia gallaecica, Helianthemum croceum rothmaleri, Santolina rosmarinifolia semidentata, Eryngium viviparum, narcisos (Narcissus pseudonarcissus nobilis e Narcissus asturiensis), Festuca elegans e Festuca summilusitanica, os fentos Driopteris abreviata e Isoetes boryana...
  • 88. Crese que hai polo menos 1.500 especies de plantas, das que 12 son endemismos exclusivos de Pena Trevinca: Agrostis tilenii, Campanula cantabrica occidentalis, Desmazeria marina pauciflora, Dianthus merinoi, Genista sanabrensis, Helianthemun croceum rothmaleri, Jasione brevisepala, Luzula caespitosa, Potentilla erecta asturica, Thymelaea coridifolia dendryobryum... Nos cumes consérvanse especies que son reliquias da época das glaciacións como Ranunculus parnassifolius e Armeria bigerrensis. Gatiña (Genista sanabrensis)
  • 90. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Festuca elegans Festuca summilusitana Narcissus asturiensis Narcissus pseudonarcissusssp. nobilis Santolina semidentata Narciso (Narcissus asturiensis) Narciso (Narcisus pseudonarcisus nobilis)
  • 91. Piorno (Genista florida). Acadan o porte de pequenas árbores nas partes baixas.
  • 92. Arandos (Vaccinium myrtillus). As arandeiras aparecen debaixo das motogueiras e no sotobosque das zonas de montaña.
  • 93. Tomelo branco (Thymus mastichina)
  • 94. Xensá (Gentiana lutea subsp. aurantiaca), florece nos prados dos lugares altos das serras orientais.
  • 96. Sempreviva (Semprevivum vicentei). Só se atopa as maiores alturas de Galiza.
  • 98. Campaíñas (Campanula herminii) Dente de can (Erythronium dens-canis)
  • 99. Orquídea (Dactylorhiza elata )Orquídea (Dactylorhiza maculata )
  • 100. Orquídea (Orchis coriophora) Orquídea (Orchis morio)
  • 103. Nas zonas chans onde se acumula auga hai turbeiras con esfagnos, rorelas, xuncos…
  • 110. ÁRBORES SENLLEIRAS (P) Incluída no Catálogo de Árbores senlleiras da Xunta de Galiza Rebolo de gran porte a carón da Cova de San Martín, no canón do Tera. Rebolo (Quercus Pyrenaica)
  • 111. Bidueiro (Betula celtibérica) -Bidueiral de Xares. No interior do Coto de Xares (A Morteira, A Veiga) -20,20 m de altura e 5,10 m de perímetro. (P) -Teixidal de Casaio (Carballeda de Valdeorras).
  • 112. Teixo (Taxus baccata) -Teixedal de Casaio (Carballeda de Valdeorras). 15 e 18 m de altura e de 3 a 4 m de perímetro. (P)
  • 113. Gato bravo FAUNA A gran diversidade de hábitats deste espazo acolle unha fauna moi variada con un importantes número de especies entre as que se atopan algúns endemismos. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Galemys pyrenaicus Lutra lutra Myotis blythii Myotis myotis Rhinolophus ferrumequinum Rhinolophus hipposideros MAMÍFEROS Máis de 40 especies: lobo, corzo, xabarín, ourizo cacho, furafollas -grande, ibérico e pequeno-, murgaño de Cabrera, furaño común, leirón careto, armiño, doniña branca, donicela, tourón, garduña, lontra, algalia, gato bravo, toupeira da auga, morcegos (Rhinolophus hipposideros, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis myotis)...
  • 114. AVES A avifauna desta área é moi variada, con especies de gran interese por ser pouco comúns, o que lle valeu a declaración de ZEPA. Hai censadas unhas 140. Crían: charrela (Perdix perdix hispaniensis), as únicas poboacións de azulenta alpina de Galiza (Prunella collaris), papuxa tomiñeira (Sylvia conspicillata), abellaruco (Merops apiaster), miñato abelleiro (Pernis apivorus), aguia cobreira (Circaetus gallicus), gatafornela (Circus cyaneus), tartaraña cincenta (Circus pygargus), aguia real (Aquila chrysaetos), lagarteiro (Falco tinnunculus), falcón pequeno (Falco subbuteo), falcón peregrino (Falco peregrinus)), bufo real (Bubo bubo), paspallás (Coturnix coturnix), pombo pequeno (Columba oenas), avenoiteira cincenta (Caprimulgus europaeus), laverca (Alauda arvensis), cotovía das árbores (Lullula arborea), pica campestre (Anthus campestris), pica alpina (Anthus spinoletta), merlo rieiro (Cinclus cinclus), rabirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus), chasco norteño (Saxicola rubetra), pedreiro cincento (Oenanthe oenanthe), merlo das rochas (Monticola saxatilis), papuxa do mato (Sylvia undata) , ouriolo (Oriolus oriolus), picanzo vermello (Lanius collurio), picanzo real meridional (Lanius meridionalis), choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), e escribenta hortelá (Emberiza hortulana). Polo de perdiz O mergullón pequeno (Tachybaptus ruficollis) aniña na Lagoa de Ocelo, xa no límite altitudinal da especie polo que a súa cría pode considerarse como excepcional.
  • 115. ESPECIES DO ANEXO I DA DIRECTIVA CEE Emberiza hortulana Pyrrhocorax pyrrhocorax Lanius collurio Sylvia undata Anthus campestris Lullula arborea Bubo bubo Falco peregrinus Aquila chrysaetos Circus pygargus Circus cyaneus Circaetus gallicus Pernis apivorus Perdix perdix hispaniensis Aguia real (Aquila chrysaetos) Pica papuda (Anthus campestris), visitante estival escasa en Galiza. Só se ve nas montañas máis altas do sur e do leste. Papuxa montesa (Sylvia undata)
  • 117. RÉPTILES 13 especies: lagarto das silvas (Lacerta schreiberi), lagartixa da serra (Iberolacerta monticola, lagartixa galega (Podarcis bocagei), lagarto arnao (Timon lepidus), esgonzo común (Chalcides chalcides), cobra lagarteira común (Coronella austriaca), cobra rateira (Malpolon monspessulanus), cobra lagarteira meridional (Coronella girondica), víbora de Seoane (Vipera seoanei cantabrica). ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Lacerta schreiberi Lacerta monticola Femia de lagarta rabuda (Iberolacerta galani), un endemismo do Macizo de Trevinca recentemente descrita.
  • 118. ANFIBIOS 12 especies. Para algúns anfibios Trevinca sinala o límite altitudinal da súa distribución coñecida; a salamantiga galega (Chioglossa lusitanica) acada na zona os 1.300 m de altitude, o limpafoantes común (Lissotriton boscai), chega ós 1.600 m.; o limpafontes verde (Triturus marmoratus) está presente ata os 1.700, a ra patilonga (Rana iberica), a Estroza (Hyla molleri) e a Rá verde (Pelophylax perezi) ata os 1.800 e o Sapo corriqueiro (Bufo calamita), o Sapo cunqueiro (Bufo bufo) e a Rá vermella (Rana temporaria) chegan aos 1.900 m. Estroza ou rela (Hyla molleri) ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chioglossa lusitanica Discoglossus galganoi
  • 119. Estroza (Hyla arbórea) Ra verde (Pelophylax perezi)
  • 120. PEIXES 7 especies, típicas de augas limpas e de montaña: troita, vermella, cacho, barbo… ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Chondrostoma polylepis Vermella (Achondrostoma arcasii)
  • 121. INVERTEBRADOS Unha gran variedade, en especial escaravellos e bolboretas. Iberocardion seoanei, subsp. kricheldorffi, un cerambícido endémico do Macizo de Trevinca. ESPECIES DO ANEXO II DA DIRECTIVA 92/43/CEE Geomalacus maculosus Lucanus cervus Oxygastra curtisii
  • 123. Eiruga de Syphidae Bolboreta (Melanargia occitanica)Mosca perla Bolboreta (Spialia sartorius)
  • 124. Pradorramisquedo ACTIVIDADES Agricultura, gandaría, forestal, caza, turismo, xeración de enerxía eléctrica (hidráilica, eólica)...
  • 125.
  • 126. Grabados e releves nunha casa na Ponte (A Veiga) HISTORIA-PATRIMONIO CULTURAL A zona foi habitada desde tempos antigos e explotada polos romanos para extraer ouro. Máis tarde houbo explotacións de volframio e na actualidade de lousas e granitos. Acolle un rico patrimonio etnográfico (muíños, pontes, núcleos tradicionais) e histórico-artístico.
  • 127. Ponte das Olgas A Ponte (A Veiga)
  • 129. Minas alemanas A Ponte (A Veiga) Minas de Valborraz (Carballeda de Valdeorras)
  • 130. -LIC/ZEC Pena Trevinca -Zona de Especial Protección para as Aves, ZEPA “Pena Trevinca”, “Lago de Sanabria e Arredores” “Sierra de La Cabrera”. -Parque Natural e LIC “Lago de Sanabria e Arredores. -LIC “Sierra de La Cabrera” -Monumentos Naturais: “Lago de La Baña” “Lago Truchillas” MN Lago da Baña Parque Natural, LIC e ZEPA Lago de Sanabria e arredores. ESPAZOS PROTEXIDOS MN Lago Truchillas LIC/ZEPA Sierra de La Cabrera LIC/ZEPA Pena Trevinca
  • 131. As louseiras achéganse “perigosamente” aos espazos protexidos PROBLEMAS -Incendios -Explotacións de lousa con grandes escombreiras (nas proximidades) -Caza, especis invasoras... -Parques eólicos, encoros nos ríos...
  • 132. PUNTOS DE INTERESE -Teixidal de Casaio -Bosque de Foio Castaño (ao norte de Pena Negra) -Val do Casaio e Fonte da Cova -Lagoas do Ocelo, A Serpe, Sextil, Pradorramisquedo. -Curso alto do Bibei (Pradorramisquedo) -Fervenzas: curso alto do Xares, Cántara da Moura, río Canda, Bibei (Pradorramisquedo). Lagoa da Serpe
  • 133. -Lagos de Sanabria, Los Peces, Las Yeguas, Os Currais, A Baña... -San Martín de Castañeda -Canón e fervenzas do Tera Lago de Sanabria
  • 134. MONTAXE E FOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta Novembro 2016