SlideShare a Scribd company logo
1 of 68
PALMEIRAS
A familia das arecáceas está formada por 205
xéneros e 2.780 especies.
Son plantas perennes, arborescentes, e
ocasionalmente poden ser lianas ou
rizomatosas. Son monocotiledóneas (a
semente está nunha única peza). Algunhas
especies poden acadar grandes alturas.
Distribúense por todo o mundo, especialmente
polas rexións tropicais e subtropicais, desde
ambiente moi húmidos a desertos.
CLASE:
liliópsidas
ORDE:
arecales
FAMILIA:
arecáceas
(antes coñecidas como
Palmae ou Palmaceae)
O xénero máis común da
familia é Areca, e a
especie máis coñecida é
a Areca catechu, unha
palmeira de Malasia.
Colombia está considerado un dos países con maior variedade de especies de
palmeiras, con 209 especies de 44 xéneros; e conta co maior número de endemismos (33
especies). 30 especies están en perigo de extinción, das que 17 son endémicas.
A árbore nacional
de Colombia é a
palma de cera do
Quindío, unha
especie endémica
que se atopa ao
noroeste do país.
Pode acadar ata 80
m de altura (a máis
alta do mundo) e
vivir máis de 100
anos).
Val de Cocora (Colombia)
Claire Taylor
RAÍCES
Fasciculadas (todas as
ramificacións iguais, a xeito de
feixe.
TALO
Xeralmente
cilíndrico, non ramificado,
(estípite).
Non son verdadeiras árbores
pois o seu toro e febroso e
non medra en aneis.
O Rattan, unha palmeira gabeadora do xénero Calamus ten o talo aéreo máis longo,
con 172 m de lonxitude.
Estas palmeiras non se sosteñen por si mesmas, van divagando pola selva e
apoiándose noutras árbores.
FOLLAS
Simples e divididas; ou compostas, grandes,
pinnuladas ou palmadas. De disposición
alterna ou espiral e xeralmente nunha mouta
no remate do talo.
Phoenix dactylifera
Licuala grandis
A Raphia regalis ten unhas follas
(compostas-pinnuladas) de ata 25
m de lonxitude.
A Corypha umbraculifera, ten un
ha folla composta-palmeada
cunha lámina de 8 m de diámetro
e un peciolo de 5 m.
AS FOLLAS MÁIS GRANDES
FLORES
Son numerosas, pequenas, unisexuais ou hermafroditas, agrupadas
en espigas ou en panículas. Xeralmente teñen 3 sépalos, 3 pétalos,
6 estames e ovario súpero.
A inflorescencia máis grande que se coñece é
a da Corypha umbraculifera.
Pode medir ata 8 m de altura e conter ata 24
millóns de flores. Florece só unha vez na vida,
entre os 30 e os 80 anos de idade.
Din que da boa sorte ver florecer a esta
palmeira.
FROITOS
Drupas e raramente bagas. As sementes teñen un endosperma rico
en aceites ou carbohidratos. Non teñen almidón.
"Chek Jawa 7, Aug 07" by
Sengkang - Own work. Licensed
under CC BY-SA 3.0 via Commons
Nipa Coqueiro
O coco de mar (Lodoicea maldivica), unha palmeira nativa das illas Seychelles e
Maldivas produce os froitos e as sementes máis grandes do mundo. O coco pode
acadar os 25 kg e ten tres sementes que poden chegar aos 20 kg.
USOS
En moitos países tropicais as
palmeiras subministran material para
construír as vivendas, vestidos,
sombreiros, recipientes, alimento,
medicinas...
Hai numerosas especies de
importancia económica: cocoteiro,
palmeira datileira, palmito, ratán, cera
de carnaúba, rafia... e algunhas son
obxecto de cultivo.
Moitas empréganse como plantas
ornamentais en interior ou exterior.
A saiba dalgunhas especies
emprégase para producir “meles” e
bebidas alcohólicas: sura
(Mozambique), marufo (Angola),
buriti...
O betel, froito de Areca catechu,
emprégase en Asia mastigado como
estimulante.
Obxectos feitos con
sementes de palmeiras
Moitas especies
de palmeiras
cultívanse como
plantas
ornamentais para
interiores ou para
xardíns e
parques.
O coqueiro é unha das palmeiras máis útiles.
Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70%
de lípidos; dela obtense aceite, utilizado na
elaboración de margarina e xabrón. Tamén ten
moitas aplicacións en repostería e cosmética.
A madeira do coco emprégase para a construción.
O zume consúmese fresco ou fermentado.
As febras que arrodean a noz de coco utilízanse
para facer cepillos, colchóns e cordas.
No mundo prodúcense 59 983 908 toneladas de
cocos, os principais produtores son Indonesia,
Filipinas e India.
O ratán é unha das palmas máis
empregadas para elaborar
mobles, cestas, bastóns,
parasois, recipientes...
As febras das palmeiras do xénero
Raphia teñen múltiples aplicacións:
tecidos para roupa, sombreiros,
zapatos, obxectos decorativos...
«PendeMunganji» de
Nick Hobgood - Flickr [1].
Disponible bajo la
licencia CC BY 2.0 vía
Wikimedia Commons -
Un Munganji, usado en ceremonias
Bapende na rexión Gungu (República
Democratica do Congo)
Raphia australis
A cera de carnaúba obtense das follas da
Copernicia prunifera que medra no
noroeste do Brasil. A planta cubre as súas
follas cunha cera para protexerse da seca.
As follas córtanse e sécanse para que se
desprenda a cera.
É a cera co punto de fusión máis alto (78 a
85 °C) e ten moitas aplicacións:
alimenticias (chicles chocolates
confitados), betúns e graxas para o
calzado, ceras para pisos e automóviles,
cremas e cosméticos, encerado de
froitas...
Butia brasileira
Butia capitata
palmera capitata
Jelly Palm
arbre à laque
bútia capitata maior
Palmeira do xénero Butia orixinaria de
Sudamérica (Uruguai e Brasil). Acada
uns 5 m de altura, con follas compostas
pinnuladas de ata 1,7 m de lonxitude, de
cor verde-gris. O froito maduro é de
forma oblonga, de cor amarela e cunha
febra densa e pulposa no interior.
Pazo de Castrelos (Vigo)
Catro exemplares.
A máis grande acada os 9,5 m de altura.
Coqueiro de Chile
Jubaea chilensis
Palma chilena
chilean wine palm
cocotier du Chili
palmeira do Chile
É a única especie do xéneo Jubaea. É nativa do
suroeste de América do Sur, onde é endémica dunha
pequena área de Chile central.
Pode acadar os 25 m de altura e ter toros de 1,3 m de
diámetro. As follas son pinnuladas de 3 a 5 m de
lonxitude. Os froitos son pequenos (chamados
“coquitos” en Chile) e empréganse en confitería.
Do seu toro extráese o mel de palma, un almibre
empregado como sobremesa.
Está considerada unha especie ameazada e en Chile
está protexida.
O palmeiral de Ocoa está incluído no Parque Nacional “La Campana” (Chile). É un dos
últimos bosques naturais de coqueiro de Chile e conta cunha 70.000 exemplares.
"Jubaeachilensis". Licensed under Public
Domain via Commons -
https://commons.wikimedia.org/wiki/File:
Jubaeachilensis.JPG#/media/File:Jubaeac
hilensis.JPG
Pazo de Meirás. (Sada, A Coruña)
-18 m de altura e 3,60 m de perímetro.
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Livistona de
Australia
Livistona australis
Palma col
Cabbage tree Palm
Pertence ao xénero Livistona. É nativa
de Australia. É alta e delgada e pode
acadar os 25 m de altura. As follas son
palmeadas, con forma de abano, con
peciolos de 2 m de lonxitude. O froito é
de cor negra ao madurar.
Pazo de Castrelos
(Vigo)
-15 m de altura
Pazo Torres de Agrelo
(Redondela)
-20 m de altura
Palmeira azul
mexicana
Brahea armata
palma blanca
mexican blue palm
palmier bleu
Pertence ao xénero Braea. É nativa da Baixa
Califonia (México). Pode acadar 15 m de
altura. As follas son palmeadas de cor verde-
azul, de ata 2 m de ancho e cun peciolo
longo, e forman unha cuberta febrosa no toro.
As inflorescencias acadan os 5 m de
lonxitude e os froitos son de forma ovoide e
de cor castaña.
Moi empregada como especie ornamental.
Pazo de Sta. Cruz de Ribadulla
(Vedra)
-9,5 m de altura
Palmeira das Canarias
Phoenix canariensis
palmera canaria
Canary Island date palm
dattier des Canaries
Palmeira das Canárias
Pertence ao xénero Phoenix (11 especies).
É nativa das Illas Canarias, onde está
protexida. Pode acadar os 30 m de altura.
Ten o toro groso e coirento, as follas son
pinnuladas e poden acadar os 3 m de
lonxitude. Os froitos son ovais, pequenos e
de cor laranxa. En Galiza é moi común nos
parques e xardíns. Os froitos empréganse
como alimento. Na illa de La Gomera,
extráese o zume chamado guarapo para
producir o mel de palma.
Flores femininas
Palmeiral dos Xardíns Méndez Núñez.
(A Coruña)
A máis grande mide 27,2 m de altura e 3,52 m
de perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Xardíns de Noia Mosteiro de Samos.
-13,50 m de altura
Casa de Oya (Lourenzá)
-22 e 21 m de altura.
Parque de Castrelos (Vigo)
Xardíns de Vincenti (Pontevedra)
Pazo Baión
(Vilanova de Arousa)
Caldas de Reis
A Toxa (O Grove)Praza de Alfredo Brañas (Cambados)
Palmeira datileira
Phoenix dactylifera
palmera datilera, palma común
date palm
palmier dattier
tamareira, datileira
Pertence ao xénero Phoenix e
probablemente é nativa dos
surleste asiático. Pode acadar os
30 m de altura.
As follas son pinnuladas,
espiñentas, de ata 7 m de
lonxitude, de cor verde-glauca.
Os froitos son ovoides, de 3 a 9 cm
de lonxitude, de cor laranxa e
castaños ao madurar, coa polpa
carnosa e doce.
Flores femininas Flores masculinas
Froitos
Os froitos empréganso como alimento,
as follas para elaborar palmas de
Pascua,
Os froitos, as sementes, a saiba e as
raícese teñen varias aplicacións
medicinais.
No mundo prodúcense máis de
7.000.000 toneladas de dátiles. Os
principais países produtores son Exipto,
Arabia Saudita e Irán. «Phoenix (botanical) финики» de Mariluna.
Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0
vía Wikimedia Commons -
Froitos maduros e sementes
«Date-seller» de Trammell
Hudson (autopilot) - Trabajo
propio. Disponible bajo la
licencia CC BY-SA 3.0 vía
Wikimedia Commons -
O Palmeiral de Elx (País Valenciano) conta con máis de 200.000 exemplares de datileira.
Crese que foron os árabes os que o plantaron. Os mellores exemplares atópanse no
“Horto do Cura”, algúns con máis de 300 anos.
«Palmera-imperial». Publicado bajo la licencia
CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons -
Pazo de Mariñán (Bergondo)
-14,5 e 11,5 m de altura.
Mosteiro de Herbón (Padrón)
-19,80 m de altura.
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Palmeira do Senegal
Phoenix reclinata
palmera del Senegal
wild date palm
tamareira do Senegal
Nativa do norte de África, Península Arábiga,
Madagascar e as Illas Comores. Produce talos
múltiples de ata 15 m de altura. As follas son
pinnuladas, de ata 7,5 m de lonxitude, cun
peciolo de ata 50 cm, de cor verde brillante,
con espiñas na base. É dioica.
Os froitos e o miolo da palma (palmitos)
empréganse como alimento. Co zume faise
viño de palma. As febras das folla novas
empréganse para tecer e as raíces para extraer
un colorante marrón. Tamén produce unha
goma comestible.
Xardín de Padrón (Padrón)
-12,2 m de altura.
INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Quentia
Howea forsteriana
kentia
kentia palm
Pertence ao xénero Howea,
formado por dúas especies
nativas da illa Lord Howe (no
Océano Pacífico).
Pode acadar os 15 m de altura.
As follas son pinnuladas, de
cor verde escura. Os froitos
son ovoides, de cor vermella
ao madurar.
Está considerada unha especie
vulnerable.
Cultívase como planta
ornamental para interiores.
"Endemic Howea forsteriana Palms- Neds Beach,Lord Howe Island" by Black Diamond
Images - originally posted to Flickr as Endemic Howea forsteriana Palms- Neds
Beach,Lord Howe Island. Licensed under CC BY 2.0 via Commons
Quentias na illa de Lord Howe.
Xardíns Méndez Núñez (A Coruña)
-14 e 15,5 m de altura.
Wasintonia
Palmeira de California
Washingtonia filifera
Washingtonia de California
desert fan palm
palmier de Californie
palmeira de saia
Pertence ao xénero Washingtonia
formado por seis especies. É nativa das
áreas subdesérticas de California. Pode
acadar os 23 m de altura. O toro é
longo e estreito e adoita estar cuberto
polas febras das follas.
As follas son compostas e palmadas, a
xeito de abano. Os froitos son ovais,
pequenos e de cor negra.
"Washingtonia filifera in Palm Canyon"
by Stan Shebs. Licensed under CC BY-
SA 3.0 via Commons -
Washingtonia filifera en Palm Canyon
(Santa Rosa and San Jacinto Mountains National Monument).
Praza de Compostela. (Vigo).
-22,5 e 23 m de altura. Pazo de Lourizán (Pontevedra)
Xardíns de Vicenti (Pontevedra)
Dous exemplares
-18 m de altura
Palmeira de abano mexicana
Washingtonia robusta
palmera de abanico mexicana
mexican fan palm
Palmeira de leque do México
É nativa do sur da península da
Baixa California (México).
Pode acadar os 35 m de altura.
O toro é simple e esvelto,
revestido polos restos das follas
secas.
As follas son compostas-
palmeadas, en forma de abano,
divididas case ata a metade, con
peciolos longos de beiras
espiñentas. Os froitos son
ovoides, de cor negra de 0.5 cm
de diametro.
Washingtonia robusta ©
Giuseppe Mazza
Pazo de Santa Cruz de Ribadulla.
(Vedra)
-27 e 26 m de altura
INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES
SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
Xardíns do Posío (Ourense)
-20 m de altura
Pazo Fefiñáns (Cambados)
-23 e 22 m de altura. Casa Pomares (Fefiñáns, Cambados)
Alameda (Pontevedra)
Palmeira de abano
Trachycarpus fortunei
palmera excelsa
chusan palm
palmier de Chine
Pertence ao xénero Trachycarpus, formado
por nove especies. É nativa da China
central e oriental. Pode acadar 12 m de
altura. O toro é longo e estreito e queda
recuberto polas vaíñas das follas caídas o
que lle da un aspecto febrosos. As follas
son compostas-palmadas, de 75 cm de
lonxitude, cun peciolo de marxes serradas
e un pouco máis longo que o limbo.
O froito é unha drupa en forma de ril de ata
12 mm de lonxitude, de cor negra ao
madurar.
Parque de Castrelos
(Vigo)
MONTAXE: Adela Leiro
IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet
Agosto 2015

More Related Content

What's hot

As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoCarmen Cid Manzano
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o panmonadela
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
A galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIA galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIMonContos
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)monadela
 
Arbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-CambadosArbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-Cambadosmonadela
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014iesasorey
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1PaulaReySilva
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vpilarfzx
 
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
Os cereais:  o pan (Adela Leiro)Os cereais:  o pan (Adela Leiro)
Os cereais: o pan (Adela Leiro)marichoni
 
Roque e as pombas III
Roque e as pombas IIIRoque e as pombas III
Roque e as pombas IIIMonContos
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Froitos Outono
Froitos OutonoFroitos Outono
Froitos OutonoFiz
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasmonadela
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)monadela
 

What's hot (20)

As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
Os cereais-o pan
Os cereais-o panOs cereais-o pan
Os cereais-o pan
 
Taxodio
TaxodioTaxodio
Taxodio
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
A galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes IIIA galiña e os seus parentes III
A galiña e os seus parentes III
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)
 
Arbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-CambadosArbores da Pastora-Cambados
Arbores da Pastora-Cambados
 
Flora galega 2014
Flora galega 2014Flora galega 2014
Flora galega 2014
 
Chía
ChíaChía
Chía
 
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
áRbores, arbustos e prantas típicas de galicia 1
 
A flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández vA flora de galicia. paula fernández v
A flora de galicia. paula fernández v
 
Cítricos
CítricosCítricos
Cítricos
 
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
Os cereais:  o pan (Adela Leiro)Os cereais:  o pan (Adela Leiro)
Os cereais: o pan (Adela Leiro)
 
Ñame
ÑameÑame
Ñame
 
Roque e as pombas III
Roque e as pombas IIIRoque e as pombas III
Roque e as pombas III
 
As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01As árbores 140109131446-phpapp01
As árbores 140109131446-phpapp01
 
A totora
A totoraA totora
A totora
 
Froitos Outono
Froitos OutonoFroitos Outono
Froitos Outono
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 

Viewers also liked (14)

plantas e flores
plantas e floresplantas e flores
plantas e flores
 
Guia de campo plantas ornamentais
Guia de campo plantas ornamentaisGuia de campo plantas ornamentais
Guia de campo plantas ornamentais
 
93670474 guia-plantas
93670474 guia-plantas93670474 guia-plantas
93670474 guia-plantas
 
Plantas ornamentais
Plantas ornamentaisPlantas ornamentais
Plantas ornamentais
 
Redes e Mídias - Produção de Conteúdo Inhotim
Redes e Mídias - Produção de Conteúdo InhotimRedes e Mídias - Produção de Conteúdo Inhotim
Redes e Mídias - Produção de Conteúdo Inhotim
 
Cartilha reserva_legal
Cartilha reserva_legalCartilha reserva_legal
Cartilha reserva_legal
 
2EM #11 Pinhas e Flores (2016)
2EM #11 Pinhas e Flores (2016)2EM #11 Pinhas e Flores (2016)
2EM #11 Pinhas e Flores (2016)
 
Plantas pteridófitas
Plantas   pteridófitasPlantas   pteridófitas
Plantas pteridófitas
 
Recursos paisagisticos 1431454341
Recursos paisagisticos 1431454341Recursos paisagisticos 1431454341
Recursos paisagisticos 1431454341
 
Propagação de plantas ornamentais
Propagação  de plantas ornamentaisPropagação  de plantas ornamentais
Propagação de plantas ornamentais
 
Classes de palavras
Classes de palavrasClasses de palavras
Classes de palavras
 
Aspectos ambientais do agronegócio flores e plantas ornamentais
Aspectos ambientais do agronegócio flores e plantas ornamentaisAspectos ambientais do agronegócio flores e plantas ornamentais
Aspectos ambientais do agronegócio flores e plantas ornamentais
 
Especificaçõesplantas
EspecificaçõesplantasEspecificaçõesplantas
Especificaçõesplantas
 
Manual de-paisagismo
Manual de-paisagismoManual de-paisagismo
Manual de-paisagismo
 

Similar to Palmeiras

cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxMonContos
 
PRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIA
PRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIAPRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIA
PRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIAbiblionova
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucariasmonadela
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da PampaCEIPLIM
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IIMonContos
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambadosmonadela
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasiesasorey
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitasMonContos
 
Diana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galiciaDiana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galiciasatelite1
 
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)monadela
 
Allgas cultivadas
Allgas cultivadasAllgas cultivadas
Allgas cultivadasMonContos
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01LOPEZMOURENZA
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas IMonContos
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambadosiesasorey
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3Fiz
 

Similar to Palmeiras (20)

cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
Fentos
FentosFentos
Fentos
 
PRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIA
PRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIAPRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIA
PRESENTACIÓN ÁRBORES DO ENTORNO: 6º DE PRIMARIA
 
Araucarias
AraucariasAraucarias
Araucarias
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
Herba da Pampa
Herba da PampaHerba da Pampa
Herba da Pampa
 
Noz moscada
Noz moscadaNoz moscada
Noz moscada
 
Power plantas 5º e.p.
Power plantas 5º e.p.Power plantas 5º e.p.
Power plantas 5º e.p.
 
Curuxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos IICuruxas, mouchos e bufos II
Curuxas, mouchos e bufos II
 
árbores de Cambados
árbores de Cambadosárbores de Cambados
árbores de Cambados
 
Cabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outrasCabazas, calacus e outras
Cabazas, calacus e outras
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitas
 
Diana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galiciaDiana caruncho flora invasora de galicia
Diana caruncho flora invasora de galicia
 
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
Eucalipto (Eucalyptus globulus e outros)
 
Allgas cultivadas
Allgas cultivadasAllgas cultivadas
Allgas cultivadas
 
Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01Asrbores 140109131446-phpapp01
Asrbores 140109131446-phpapp01
 
Ombú
OmbúOmbú
Ombú
 
Roque e as pombas I
Roque e as pombas IRoque e as pombas I
Roque e as pombas I
 
árbores de cambados
árbores de cambadosárbores de cambados
árbores de cambados
 
Bosque3
Bosque3Bosque3
Bosque3
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Palmeiras

  • 2. A familia das arecáceas está formada por 205 xéneros e 2.780 especies. Son plantas perennes, arborescentes, e ocasionalmente poden ser lianas ou rizomatosas. Son monocotiledóneas (a semente está nunha única peza). Algunhas especies poden acadar grandes alturas. Distribúense por todo o mundo, especialmente polas rexións tropicais e subtropicais, desde ambiente moi húmidos a desertos. CLASE: liliópsidas ORDE: arecales FAMILIA: arecáceas (antes coñecidas como Palmae ou Palmaceae)
  • 3. O xénero máis común da familia é Areca, e a especie máis coñecida é a Areca catechu, unha palmeira de Malasia.
  • 4. Colombia está considerado un dos países con maior variedade de especies de palmeiras, con 209 especies de 44 xéneros; e conta co maior número de endemismos (33 especies). 30 especies están en perigo de extinción, das que 17 son endémicas. A árbore nacional de Colombia é a palma de cera do Quindío, unha especie endémica que se atopa ao noroeste do país. Pode acadar ata 80 m de altura (a máis alta do mundo) e vivir máis de 100 anos). Val de Cocora (Colombia) Claire Taylor
  • 6. TALO Xeralmente cilíndrico, non ramificado, (estípite). Non son verdadeiras árbores pois o seu toro e febroso e non medra en aneis.
  • 7.
  • 8. O Rattan, unha palmeira gabeadora do xénero Calamus ten o talo aéreo máis longo, con 172 m de lonxitude. Estas palmeiras non se sosteñen por si mesmas, van divagando pola selva e apoiándose noutras árbores.
  • 9. FOLLAS Simples e divididas; ou compostas, grandes, pinnuladas ou palmadas. De disposición alterna ou espiral e xeralmente nunha mouta no remate do talo.
  • 12. A Raphia regalis ten unhas follas (compostas-pinnuladas) de ata 25 m de lonxitude. A Corypha umbraculifera, ten un ha folla composta-palmeada cunha lámina de 8 m de diámetro e un peciolo de 5 m. AS FOLLAS MÁIS GRANDES
  • 13. FLORES Son numerosas, pequenas, unisexuais ou hermafroditas, agrupadas en espigas ou en panículas. Xeralmente teñen 3 sépalos, 3 pétalos, 6 estames e ovario súpero.
  • 14. A inflorescencia máis grande que se coñece é a da Corypha umbraculifera. Pode medir ata 8 m de altura e conter ata 24 millóns de flores. Florece só unha vez na vida, entre os 30 e os 80 anos de idade. Din que da boa sorte ver florecer a esta palmeira.
  • 15. FROITOS Drupas e raramente bagas. As sementes teñen un endosperma rico en aceites ou carbohidratos. Non teñen almidón. "Chek Jawa 7, Aug 07" by Sengkang - Own work. Licensed under CC BY-SA 3.0 via Commons Nipa Coqueiro
  • 16. O coco de mar (Lodoicea maldivica), unha palmeira nativa das illas Seychelles e Maldivas produce os froitos e as sementes máis grandes do mundo. O coco pode acadar os 25 kg e ten tres sementes que poden chegar aos 20 kg.
  • 17. USOS En moitos países tropicais as palmeiras subministran material para construír as vivendas, vestidos, sombreiros, recipientes, alimento, medicinas... Hai numerosas especies de importancia económica: cocoteiro, palmeira datileira, palmito, ratán, cera de carnaúba, rafia... e algunhas son obxecto de cultivo. Moitas empréganse como plantas ornamentais en interior ou exterior. A saiba dalgunhas especies emprégase para producir “meles” e bebidas alcohólicas: sura (Mozambique), marufo (Angola), buriti... O betel, froito de Areca catechu, emprégase en Asia mastigado como estimulante.
  • 19. Moitas especies de palmeiras cultívanse como plantas ornamentais para interiores ou para xardíns e parques.
  • 20.
  • 21. O coqueiro é unha das palmeiras máis útiles. Á polpa seca chámanlle copra e contén un 60-70% de lípidos; dela obtense aceite, utilizado na elaboración de margarina e xabrón. Tamén ten moitas aplicacións en repostería e cosmética. A madeira do coco emprégase para a construción. O zume consúmese fresco ou fermentado. As febras que arrodean a noz de coco utilízanse para facer cepillos, colchóns e cordas. No mundo prodúcense 59 983 908 toneladas de cocos, os principais produtores son Indonesia, Filipinas e India.
  • 22. O ratán é unha das palmas máis empregadas para elaborar mobles, cestas, bastóns, parasois, recipientes...
  • 23. As febras das palmeiras do xénero Raphia teñen múltiples aplicacións: tecidos para roupa, sombreiros, zapatos, obxectos decorativos... «PendeMunganji» de Nick Hobgood - Flickr [1]. Disponible bajo la licencia CC BY 2.0 vía Wikimedia Commons - Un Munganji, usado en ceremonias Bapende na rexión Gungu (República Democratica do Congo) Raphia australis
  • 24. A cera de carnaúba obtense das follas da Copernicia prunifera que medra no noroeste do Brasil. A planta cubre as súas follas cunha cera para protexerse da seca. As follas córtanse e sécanse para que se desprenda a cera. É a cera co punto de fusión máis alto (78 a 85 °C) e ten moitas aplicacións: alimenticias (chicles chocolates confitados), betúns e graxas para o calzado, ceras para pisos e automóviles, cremas e cosméticos, encerado de froitas...
  • 25. Butia brasileira Butia capitata palmera capitata Jelly Palm arbre à laque bútia capitata maior Palmeira do xénero Butia orixinaria de Sudamérica (Uruguai e Brasil). Acada uns 5 m de altura, con follas compostas pinnuladas de ata 1,7 m de lonxitude, de cor verde-gris. O froito maduro é de forma oblonga, de cor amarela e cunha febra densa e pulposa no interior.
  • 26. Pazo de Castrelos (Vigo) Catro exemplares. A máis grande acada os 9,5 m de altura.
  • 27. Coqueiro de Chile Jubaea chilensis Palma chilena chilean wine palm cocotier du Chili palmeira do Chile É a única especie do xéneo Jubaea. É nativa do suroeste de América do Sur, onde é endémica dunha pequena área de Chile central. Pode acadar os 25 m de altura e ter toros de 1,3 m de diámetro. As follas son pinnuladas de 3 a 5 m de lonxitude. Os froitos son pequenos (chamados “coquitos” en Chile) e empréganse en confitería. Do seu toro extráese o mel de palma, un almibre empregado como sobremesa. Está considerada unha especie ameazada e en Chile está protexida.
  • 28. O palmeiral de Ocoa está incluído no Parque Nacional “La Campana” (Chile). É un dos últimos bosques naturais de coqueiro de Chile e conta cunha 70.000 exemplares. "Jubaeachilensis". Licensed under Public Domain via Commons - https://commons.wikimedia.org/wiki/File: Jubaeachilensis.JPG#/media/File:Jubaeac hilensis.JPG
  • 29. Pazo de Meirás. (Sada, A Coruña) -18 m de altura e 3,60 m de perímetro. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 30. Livistona de Australia Livistona australis Palma col Cabbage tree Palm Pertence ao xénero Livistona. É nativa de Australia. É alta e delgada e pode acadar os 25 m de altura. As follas son palmeadas, con forma de abano, con peciolos de 2 m de lonxitude. O froito é de cor negra ao madurar.
  • 31. Pazo de Castrelos (Vigo) -15 m de altura Pazo Torres de Agrelo (Redondela) -20 m de altura
  • 32. Palmeira azul mexicana Brahea armata palma blanca mexican blue palm palmier bleu Pertence ao xénero Braea. É nativa da Baixa Califonia (México). Pode acadar 15 m de altura. As follas son palmeadas de cor verde- azul, de ata 2 m de ancho e cun peciolo longo, e forman unha cuberta febrosa no toro. As inflorescencias acadan os 5 m de lonxitude e os froitos son de forma ovoide e de cor castaña. Moi empregada como especie ornamental.
  • 33.
  • 34. Pazo de Sta. Cruz de Ribadulla (Vedra) -9,5 m de altura
  • 35. Palmeira das Canarias Phoenix canariensis palmera canaria Canary Island date palm dattier des Canaries Palmeira das Canárias Pertence ao xénero Phoenix (11 especies). É nativa das Illas Canarias, onde está protexida. Pode acadar os 30 m de altura. Ten o toro groso e coirento, as follas son pinnuladas e poden acadar os 3 m de lonxitude. Os froitos son ovais, pequenos e de cor laranxa. En Galiza é moi común nos parques e xardíns. Os froitos empréganse como alimento. Na illa de La Gomera, extráese o zume chamado guarapo para producir o mel de palma.
  • 37. Palmeiral dos Xardíns Méndez Núñez. (A Coruña) A máis grande mide 27,2 m de altura e 3,52 m de perímetro. INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 38. Xardíns de Noia Mosteiro de Samos. -13,50 m de altura
  • 39. Casa de Oya (Lourenzá) -22 e 21 m de altura. Parque de Castrelos (Vigo)
  • 40. Xardíns de Vincenti (Pontevedra)
  • 43. A Toxa (O Grove)Praza de Alfredo Brañas (Cambados)
  • 44. Palmeira datileira Phoenix dactylifera palmera datilera, palma común date palm palmier dattier tamareira, datileira Pertence ao xénero Phoenix e probablemente é nativa dos surleste asiático. Pode acadar os 30 m de altura. As follas son pinnuladas, espiñentas, de ata 7 m de lonxitude, de cor verde-glauca. Os froitos son ovoides, de 3 a 9 cm de lonxitude, de cor laranxa e castaños ao madurar, coa polpa carnosa e doce.
  • 47. Os froitos empréganso como alimento, as follas para elaborar palmas de Pascua, Os froitos, as sementes, a saiba e as raícese teñen varias aplicacións medicinais. No mundo prodúcense máis de 7.000.000 toneladas de dátiles. Os principais países produtores son Exipto, Arabia Saudita e Irán. «Phoenix (botanical) финики» de Mariluna. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons - Froitos maduros e sementes «Date-seller» de Trammell Hudson (autopilot) - Trabajo propio. Disponible bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons -
  • 48. O Palmeiral de Elx (País Valenciano) conta con máis de 200.000 exemplares de datileira. Crese que foron os árabes os que o plantaron. Os mellores exemplares atópanse no “Horto do Cura”, algúns con máis de 300 anos. «Palmera-imperial». Publicado bajo la licencia CC BY-SA 3.0 vía Wikimedia Commons -
  • 49. Pazo de Mariñán (Bergondo) -14,5 e 11,5 m de altura. Mosteiro de Herbón (Padrón) -19,80 m de altura. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 50. Palmeira do Senegal Phoenix reclinata palmera del Senegal wild date palm tamareira do Senegal Nativa do norte de África, Península Arábiga, Madagascar e as Illas Comores. Produce talos múltiples de ata 15 m de altura. As follas son pinnuladas, de ata 7,5 m de lonxitude, cun peciolo de ata 50 cm, de cor verde brillante, con espiñas na base. É dioica. Os froitos e o miolo da palma (palmitos) empréganse como alimento. Co zume faise viño de palma. As febras das folla novas empréganse para tecer e as raíces para extraer un colorante marrón. Tamén produce unha goma comestible.
  • 51. Xardín de Padrón (Padrón) -12,2 m de altura. INCLUÍDA NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA.
  • 52. Quentia Howea forsteriana kentia kentia palm Pertence ao xénero Howea, formado por dúas especies nativas da illa Lord Howe (no Océano Pacífico). Pode acadar os 15 m de altura. As follas son pinnuladas, de cor verde escura. Os froitos son ovoides, de cor vermella ao madurar. Está considerada unha especie vulnerable. Cultívase como planta ornamental para interiores.
  • 53. "Endemic Howea forsteriana Palms- Neds Beach,Lord Howe Island" by Black Diamond Images - originally posted to Flickr as Endemic Howea forsteriana Palms- Neds Beach,Lord Howe Island. Licensed under CC BY 2.0 via Commons Quentias na illa de Lord Howe.
  • 54. Xardíns Méndez Núñez (A Coruña) -14 e 15,5 m de altura.
  • 55. Wasintonia Palmeira de California Washingtonia filifera Washingtonia de California desert fan palm palmier de Californie palmeira de saia Pertence ao xénero Washingtonia formado por seis especies. É nativa das áreas subdesérticas de California. Pode acadar os 23 m de altura. O toro é longo e estreito e adoita estar cuberto polas febras das follas. As follas son compostas e palmadas, a xeito de abano. Os froitos son ovais, pequenos e de cor negra.
  • 56.
  • 57. "Washingtonia filifera in Palm Canyon" by Stan Shebs. Licensed under CC BY- SA 3.0 via Commons - Washingtonia filifera en Palm Canyon (Santa Rosa and San Jacinto Mountains National Monument).
  • 58. Praza de Compostela. (Vigo). -22,5 e 23 m de altura. Pazo de Lourizán (Pontevedra)
  • 59. Xardíns de Vicenti (Pontevedra) Dous exemplares -18 m de altura
  • 60. Palmeira de abano mexicana Washingtonia robusta palmera de abanico mexicana mexican fan palm Palmeira de leque do México É nativa do sur da península da Baixa California (México). Pode acadar os 35 m de altura. O toro é simple e esvelto, revestido polos restos das follas secas. As follas son compostas- palmeadas, en forma de abano, divididas case ata a metade, con peciolos longos de beiras espiñentas. Os froitos son ovoides, de cor negra de 0.5 cm de diametro.
  • 62. Pazo de Santa Cruz de Ribadulla. (Vedra) -27 e 26 m de altura INCLUÍDAS NO CATÁLOGO DE ÁRBORES SENLLEIRAS DA XUNTA DE GALIZA. Xardíns do Posío (Ourense) -20 m de altura
  • 63. Pazo Fefiñáns (Cambados) -23 e 22 m de altura. Casa Pomares (Fefiñáns, Cambados)
  • 65. Palmeira de abano Trachycarpus fortunei palmera excelsa chusan palm palmier de Chine Pertence ao xénero Trachycarpus, formado por nove especies. É nativa da China central e oriental. Pode acadar 12 m de altura. O toro é longo e estreito e queda recuberto polas vaíñas das follas caídas o que lle da un aspecto febrosos. As follas son compostas-palmadas, de 75 cm de lonxitude, cun peciolo de marxes serradas e un pouco máis longo que o limbo. O froito é unha drupa en forma de ril de ata 12 mm de lonxitude, de cor negra ao madurar.
  • 66.
  • 68. MONTAXE: Adela Leiro IMAXES: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet Agosto 2015