Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación.
Un pequeno espazo na cunca media do río Calvos e o rego da Telleira, no concello de Calvos de Randín. Unha zona de brañas e pasteiros rodeada de pequenas elevacións.
2. Padroso e a serra de Lobás
Un pequeno espazo na cunca media do río Calvos e o rego
da Telleira. Unha zona de brañas e pasteiros rodeada de
pequenas elevacións.
SUPERFICIE: 292,2 ha
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia
comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
6. Pontella sobre o río Calvos
RÍO CALVOS
Nace nos montes de Feás e, despois dun curto percorrido por terreos de
Calvos de Randín e Muíños xúntase co Salas no encoro. O principal
afluente é o rego da Telleira.
9. FLORA
Na beira dos ríos e nos lindes das brañas atópanse
bidueiros, salgueiros, fentos, pé de boi, brións... Nas zonas
máis secas hai mato de toxos, xestas e breixos e nas zonas
húmidas hai gramíneas, xuncos, oucas, esfagnos, rorelas,
breixo das brañas, breixo de turbeira...
14. Laverca (Alauda arvensis)
FAUNA
O máis interesante son as aves de espazos abertos
(laverca...) e paxaros do mato (chasco, papuxas...), os
anfibios e os insectos.