Proposto en 2011 como Lugar de importancia comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC). Está pendente de aprobación. Inclúe a Serra das Penas libres e as súas estribacións entre o rego da Seara Nova e a fronteira portuguesa, en terreos dos concellos de Riós e Vilardevós.
2. Inclúe a Serra das Penas libres e as súas estribacións entre o
rego da Seara Nova e a fronteira portuguesa, en terreos dos
concellos de Riós e Vilardevós.
4. Penas Libres desde Mairos
SUPERFICIE: 6.043,8 ha
TIPO DE PROTECCIÓN: Proposto en 2011 como Lugar de importancia
comunitaria (LIC) e Zona especial de conservación (ZEC).
5. SERRA DAS PENAS LIBRES
Sistema con dirección NO-SO situado en Vilardevós, que limita con
Portugal polo sur. Está formada por areiscas e Granitos ao norte, lousas
e cuarcitas ao leste, e materiais varios cara ao sur (xistos e outros). Nela
nacen polo sur afluentes do Mente que discorren cara a Portugal e polo
oeste afluentes do Támega.
Os puntos máis altos son o Mairos, con 1.091 m é Salto do Cabalo, con
1.061 m.
20. SISTEMA FLUVIAL
O río Mente, afluente do Douro recolle as augas da maior parte da serra a través
de varios afluentes. Polo norte o Rego da Seara Nova, en parte límite do espazo,
polo leste o Rego do Pontón e polo sur o rego do Val de Madeiros. O Támega
recolle as augas da vertente leste nos seus afluentes Río Pequeno (Pinal e
Fontes) e o Rego das Quintas (Abedes)
Os ríos están moi encaixados e forman vales profundos.
Rego da Seara Nova
21. Área de lecer da Cidadela, no
rego do Pontón (Soutochao-
Vilardevós).
24. FLORA:
De marcada influencia mediterránea; está formada por fentos,
lamagueiros, xilbarbeira, amieiras, salgueiros, chopos e freixos á beira
dos ríos, e aciñeiras, rebolos, erbedos ou moragueiros, esteba, tomelo,
ourego, breixos... no monte. Tamén se atopan amplas zonas de
repoboación con piñeiros.
37. Castiñeiro en Progo (Riós)
Por toda a zona, en especial nas proximidades das poboacións, hai soutos de
castiñeiros de aproveitamento tradicional. Nalgúns puntos atópanse exemplares
monumentais.
39. Trigueiro
(Miliaria calandra)
FAUNA
Entre o máis representativo atópanse numerosos réptis e anfibios,
aves como o abellaruco, anduriña dáurica, chasco louro ou pedreiro,
cuco, aguias cobregueira e calzada, tartaraña, papuxas, papamoscas,
laberca, trigueiro, bufo e avelaiona.