SlideShare a Scribd company logo
1 of 50
ALICORNIO/UNICORNIO/LICORNIO

Animal con figura de cabalo cun só corno na fronte, moi veloz e valente.
Para capturalo fai falla unha moza virxe que fai que o animal saia do seu
agocho para deitarse a carón dela e quedar durmido. O unicornio atrae a
boa sorte e afasta o mal. En Galicia non se ve pero o po do seu corno
(alicornio) emprégase como amuleto da boa sorte, como afrodisíaco e para
curar moitas enfermidades.
AVE FRÍA/PAXARO DA MORTE

Paxaro invisible que anuncia a morte das persoas cantando ou falando
lugubremente, petando coas ás nas xanelas ou poñéndose sobre as casas
ou nos cuartos das persoas que van morrer.
AVICHUCHOS

Encantos en forma de ave de aspecto desagradable. Tamén poden ser
semellantes aos morcegos. Aparecen nalgúns castros e son mozas
encantadas.
BASILISCO

É un monstro de cor amarela con ollos de sapo; cabeza, pescozo, patas e peito de
galo; e corpo de serpe. Nace dun ovo sen xema que pon un galo cando ten sete
anos. É o rei dos réptiles e ata as cobras lle temen.
O seu alento é tan fétido que fende as rochas, seca a relva e contamina o aire.
Mata a distancia, co asubío e coa ollada. As fontes nas que bebe quedan
contaminadas durante séculos. Para liberarse del hai que velo antes de que te
vexa ou poñerlle diante un espello (non soporta a súa propia imaxe). Din que non
atura o cheiro da donicela nin o canto do galo.
BIOSBARDOS/CACHAFELLOS/COZOCHAS/PIBARDOS/PIGARZOS

Paxaros de gran beleza que ninguén sabe describir. Quen consegue cazalos ten
boa sorte a condición de que non llos ensine a ninguén.
Para cazalos hai que ir nunha noite escura a un camiño estreito e afastado,
onde non se oia canto de galo ou galiña nin voces humanas, levar un saco
grande, de boca ancha e invocar aos biosbardos recitando:
“Biobardo
Ven ao fardo
Que alpabarda
Por ti agarda”.
BOI BRUÓN

-É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de
Reirís e vive debaixo da lagoa en forma de boi. Escóitase bruar algunhas
noites.
-Na illa de Ons un mariñeiro que buscaba na beira unha pedra para
fondear a súa dorna viu un boi moi grande cunhas enormes cornas. Ao
soprar facía moito tronido. O mariñeiro colleu medo e fuxíu.
BOI DE SANDOMEDIO

É un boi de ouro que vive no monte de San Domedio nas Neves. Os
mouros fixeron un boi para adoralo e deixárono enterrado alí. O boi
cobrou vida e vive nun brazo de mar debaixo dun penedo. Ninguén pode
sacalo porque ao retirar o penedo o mar asolagaría todo o terreo.
BOI LOURO

É un boi negro que vive encantado na Pena Loura en Palas de Rei.
BOIS DE GURES

Son dous bois encantados
que ao fuxir do
asolagamento da cidade
de Duio pereceron
afogados e foron
convertidos en dous
illotes rochosos na
enseada de Ézaro.
BOI VIDAL

É un boi de pedra que vive debaixo do mar. Os seus ollos brillantes
protexen contra o mal de ollo.
BUTRE

É un dos paxaros da morte. É grande, noturno e laia coma un gato, unha
ave ou unha cabra.
CABALIÑO BRANCO

É unha das formas nas que
se encarna o Diaño Bulreiro.
É un cabalo moi fermoso que
se presenta convidando á
xente a que suba nel
(Nogueira de Ramuín).
Aínda ninguén se atreveu a
montalo.
CABALO

As bruxas ou o Diaño Bulreiro
poden aparecerse en forma de
cabalo. O camiñante monta enriba
e o cabalo comeza a medrar e
segue medrando a medida que
monta máis xente. Pode aparecer
como un cabalo perdido que
acepta que o monten o logo fai das
súas: parte ao medio, desaparece
dun estoupido, extravía ao viaxeiro
na noite e logo tírao nunha poza
ou barranco, ou ao cruzar un río.
A cabalo anda o demo polo mundo
saltando grandes distancias e ás
veces deixa a pegada das súas
ferraduras nos penedos. O mesmo
fan Roldán e Santiago.
Ás veces aparecen nas fontes
cabalos que son mouras
encantadas.
CABALO DA FIAÑA

É un cabalo negro, alto
de cruz, con ollos dun
vermello brillante e
ventás como covas
ardentes.
É inofensivo pero ás
veces cando alguén
monta nel lévao por
camiños e montes sen
parar e xa non pode
baixarse del.
CABALO ou ÉGOA DA LUZ, DO PENSAMENTO, DO VENTO ou
DO AIRE
Son cabalos moi rápidos nos que fuxen algúns pesoaxes das lendas
(mouros, princesas,reis…)
CABALO PANTASMA

Ten a cor do lume ou bota lume pola boca. É un cabalo sobrenatural que se
lles aparece aos buscadores de tesouros ou camiñantes solitarios. Ás veces
é un cabalo enorme e outras é pequeno e comeza a medrar ata dar nas
nubes.
CABRA DO AIRE
PAXARO DA MORTE

Ave noitébrega e invisible que canta agoirando a morte de quen a escoita
ou dunha persoa próxima. Podería ser a becacina ou a avenoiteira.
O paxaro da morte anuncia a morte das persoas cantando ou falando
lugubremente, tocando coas ás nas xanelas ou poñéndose enriba das casas
ou nos mesmos cuartos do que vai morrer.
CABRA QUE FALA

É unha cabra que sae polas noites ao encontro de camiñantes solitarios.
CADELA PEREGRINA

É unha ánima en pena coa figura de cadela. Os que viron din que bota
lume pola boca e polos ollos. É presaxio de desgrazas. Non se lle debe
mirar aos ollos e hai que dicirlle “Deus te acompañe”.
CADELA PASTORIÑA

Can branco ou marrón, enorme, que sae ao paso de camiñantes polas
noites (vese na comarca de Viveiro).
CADELA DE TETAS LONGAS

Cadela branca, moi grande, coas
mamas arrastrando polo chan.
Aparécese de noite como sinal
de morte.
Ás veces parte pola metade e
bota fume pola boca; imita os
berros e ouveos dos cans, das
ovellas e dos corvos.
Pode transformarse en corvo ou
novelo de la.
Pode ir acompañada de
cadeliños.
CAN BRANCO

Aparécese de noite nos camiños e olla con tristura ás persoas. É sinal de
boaventura.
CANCÉRBERO

É un can que vixía as portas do inferno para evitar que as almas o
abandonen.
CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO)

En xeral é o can que vixía as portas do inferno.
Tamén é un can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar
nas noites escuras ouveando furiosamente. É aviso de morte. Vive no
Borrón, un lugar do outro mundo que está debaixo do mar.
Pode adoptar outras formas de can diferentes.
CARANGUEXO COA PINZA DE OURO

É o gardián dun tesouro que se atopa no fondo dun pozo do río Barbaña. O
tesouro é un esqueleto formado por ouro, pérolas e diamantes.
CARNEIRO

É unha das transformacións
do Trasno que se lle aparece
cando as rapazas van polas
noites á muíñada.
Tamén se poden aparecer
nesa forma o Diaño Bulreiro e
as meigas.
Ás veces un carneiro negro
(Bode) dirixe a Compaña.
CERVA BRANCA
MULLER CERVA

É unha muller que se converte
en cerva branca.
Contan que en Cervantes (Os
Ancares) desapareceu unha
fermosa moza. Un día o seu
irmán foi de caza e feriu de
morte a unha gran cerva
branca, como non rexía con
ela cortoulle unha pata, e ao
chegar á casa e amosala
transformárase nunha man
que recoñeceron como a da
súa irmán desaparecida.
Cando volveu ao monte a pola
cerva atopou a irmán morta e
faltáballe a man.
COBRA CON ÁS

Cando chegan a certa idade e tamaño ás cóbregas saénlle ás.
Seguen o curso dos ríos ata o mar.
COBRA DE SETE CABEZAS

Gardan tesouros ou raptan mozas.
Para matalas hai que ferilas cunha
agulla ou alfinete na cabeza do
medio.

 
COCA, TARASCA

Animal monstruoso co corpo de dragón e cola de serpe que vive no mar ou nos
ríos. No lombo nácenlle dúas ás enormes como as dos morcegos, ten catro patas
armadas de fortes gadoupas, unha gran boca armada de dentes afiados e uns ollos
fumegantes.
Seres semellantes hai por toda Galicia: Verín, Baiona, Betanzos (Camelo), A Coruña
(Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra, Ribadavia (Becha), Compostela, Tui…
COZORELLO
COCERELLO
CAZABELLO

Peixe moi fermoso que
abonda nas fontes e ríos
e salta de noite.
Para pescalos hai que ir
pola noite cun saco
aberto e dicirlle
“Cozorellos ao saco,
a tres e a catro”.
DRAGÓN

É unha serpe xigantesca con pés e ás. Algúns teñen cuncha enriba da
cabeza e asubían como basiliscos. Son moi feros e voraces e moi lonxevos,
e posúen o don da palabra. Cando lles chega a hora de marchar din:
“Para Babilonia vou
Mal haxa quen me viu de novo e non me matou”.
GALIÑA DOS OVOS DE OURO

No gorgullón de santa Mariña (As Fragas-Campo Lameiro) hai unha princesa
moura encantada en serpe. No mencer vese cunha flor na boca. Ten unha
galiña que pon os ovos de ouro. Quen a bique nos beizos desencantaa e
convértea en muller e a cambio recibe como premio a galiña cos ovos de
ouro.
GALIÑA CON PITOS

En moitas fontes agóchanse tesouros e o encanto que os garda sae ao exterior
transformado nunha galiña con pitos. Se entre a rolada de pitos hai un de cor
branca significa que hai unha Dona pedindo que a desencantes. O que na
mañanciña de San Xoán se faga co pito branco casará cunha fermosa moza. Din
que un que o intentou saiulle unha cobra que o perseguiu.
Na Ponte Ulla, nun paso estreito do río, hai un pozo fondo no que aboian unha
grade de ferro e unha campá prendida dela. A media noite a campá da doce
badaladas e nese momento sae da bouza á beira do río unha galiña branca con
doce pitos de ouro e unha pantasma. Ao abrir o día desaparecen.
GALO NEGRO

En moitas fontes agóchanse
tesouros e o encanto que os
garda sae ao exterior
transformado nun galo negro.
Falar dun galo negro é como
falar dun sol negro, do sol
nocturno en terra escura.
GATA BRANCA

A gata branca que se aparece nos cruceiros e encrucilladas e enreda entre as
pernas da xente é a perigosísima Peregrina (unha ánima en pena). Hai que
andar con tino.
GRAN BESTA

Semella un gran cervo ou un alce que se rasca a orella coa unlla do pé traseiro
dereito para curarse a epilepsia.
Vendíanse amuletos con anacos da Unlla da Gran Besta incrustados en aneis que
surtían efecto se se levaban apegados á pel.
LOBERNO
LIVERNE

Crese que é fillo dun lobo e dunha raposa. Ten forma de raposo, pero non se lle
pode berrar pois é xordo e non fuxe. Causa pánico e a xente ten que fuxir, aínda
que lles coma todas as pitas do galiñeiro.
Por veces é un lobo de pel vermella e con manchas que fascina coa súa mirada e ve
a través das paredes. Entra nos cemiterios para desenterrar os cadáveres e
devoralos.
MONSTRUO DA LAGOA

Vive na lagoa de Castelo
(entre Muras e Xermade).
Garda unha campá de ouro e
vive no fondo das augas.
Cando a lagoa seca o
Monstruo e o Tesouro
entérranse e desaparecen.
Unha vez o cura da parroquia
tentou coller a campá coa
axuda dun libro de maxia
negra traído de Cuba.
Comezou a ler o libro e
abríronse as augas e díxolle ao
sacristán que non pechase o
libro. Non lle fixo caso e as
augas pecharon levándose ao
cura.
PRINCESIÑA
TROITA

Unha princesiña
moura, convertida en
troita, vive nunha
fonte en Couto de A
(Ramil-Castro de Rei).
Ningué a pode pescar.
PRINCESA RA

Na lagoa da Antela (A Limia) hai unha princesa encantada con forma de ra.
Non se atopa quen a desencante porque non hai maneira de diferenciala
entre os milleiros de ras que hai nesa lagoa.
RAPOSA DO AIRE/RAPOSA DA MORTE/FACHEIRA/RAPOSIÑA

Non ten case nunca forma visible. Séntese como un berro, un ouveo
estarrecedor, un canto semellante ao do galo… que parece que percorre os
lugares por onde andivo a persoa que vai morrer.
Tamén se cree que un alma en pena en forma de raposa que berra e bota
labaradas de lume pola boca e polos ollos e que se presenta na porta das
persoas de alma moura que van morrer. Outras veces ten forma de cadela
ou de cadela mesturada con galo.
SAAVEDRA

Serpe xigantesca que adoraban
os baluros na cidade de Veria
que está asolagada na lagoa de
Cospeito.
SERPE BICHOCA

É unha gran serpe que vive en varios lugares do río Lérez e os seus afluentes.
Foi vista no Pozo Sangoento (río Seixo), no Pozo dos Anguieiros (Lérez) e no
Pozo da Torre (Castro). Dín que cos seus remuíños forma enormes pozos e ao
moverse no río fai cacholas nas pedras.
SERPE MARIÑA

-Á enseada de Coído (San Cibrao)
achégase cada sete anos (outros din
nove anos) a poñer os seus ovos unha
serpe xigantesca que mide arredor de
trinta metros. Ven de moi lonxe e
durante a viaxe devora todo o que
atopa. Enróscase arredor dos barcos e
engule aos mariñeiros un por un
comezando pola cabeza. Din que é de
cor vermella brillante con grandes
escamas que semellan cunchas de
mexillón. Tamén pode desprazarse pola
terra e alí é menos perigosa, aínda que
hai que fuxir dela. Se alguén a espía
perségueo ata devoralo con toda a súa
familia e facenda.
-No Pozo Piago, no mar, perto de
Viveiro, vive unha serpe mariña que se
deixa ver na mañán de San Xoán.
SERPE NEGRA

É unha gran serpe
que garda un
tesouro.
URCO
ORCO

Aviso de morte e de desgrazas que
pode ter moitar formas: becerra con
cans, cans (brancos ou negros).
Vese nas noites escuras e de treboada,
arrástrase polos camiños, métese
polas minas, berra, láiase… Os seus
ouveos e alaridos semellan de can,
cabra, paxaro ou gato.
Outra versión di que un agoiro de
morte con medio corpo de lobo e
outro medio de serpe, con escamas
duras e moita forza no rabo. O can do
Orco foi primeiro serpe devoradora de
cadáveres, despois can con testa de
serpe, despois can con dúas cabezas e
cola de serpe (ou con moitas colas).
TÉMERA

Curioso ser con corpo de león, moi temido, que garda tesouros (vive nalgunhas
comarcas ourensáns).
BIBLIOGRAFÍA
“Diccionario dos seres míticos galegos”.
Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé
Miranda. Ed Xerais, 1999.
“Cambados. A tradición oral”.
Colexio Público Castrelo, Cambados,
1980.
“Ritos y creencias gallegas”. Xesús
Taboada Chivite. Ed. Sávora, 1982.
1º ESO
Febreiro 2014

More Related Content

What's hot

What's hot (16)

Club de lectura 2018
Club de lectura 2018Club de lectura 2018
Club de lectura 2018
 
Unmardelendas
UnmardelendasUnmardelendas
Unmardelendas
 
Un mar de lendas
Un mar de lendasUn mar de lendas
Un mar de lendas
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Cousas das cousas II (adiviñas de animais)
Cousas das cousas II (adiviñas de animais)Cousas das cousas II (adiviñas de animais)
Cousas das cousas II (adiviñas de animais)
 
Ao carón da lareira
Ao carón da lareira Ao carón da lareira
Ao carón da lareira
 
COUSAS
COUSASCOUSAS
COUSAS
 
Cantos de sereas
Cantos de sereasCantos de sereas
Cantos de sereas
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Antroido
AntroidoAntroido
Antroido
 
Auga que corre
Auga que correAuga que corre
Auga que corre
 
A noite estrelecida
A noite estrelecidaA noite estrelecida
A noite estrelecida
 
As pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blogAs pitas baixo a choiv a para blog
As pitas baixo a choiv a para blog
 
Lendas galegas
Lendas galegasLendas galegas
Lendas galegas
 
Na noite estrelecida
Na noite estrelecidaNa noite estrelecida
Na noite estrelecida
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 

Similar to Animais fantásticos Galicia

Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .arilogar
 
Animais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-GaliciaAnimais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-Galiciaiesasorey
 
Seres Mitoloxicos
Seres MitoloxicosSeres Mitoloxicos
Seres MitoloxicosFiz
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corremonadela
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Aluapgomez
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyarPlastilina3
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popularroimelo
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Marlou
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivoosnososavos
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasRATIBRON
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasRATIBRON
 
Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016pabloedlg
 
Album seres fantasticos
Album seres fantasticosAlbum seres fantasticos
Album seres fantasticosaceipdarbo
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosqueCarmen165
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 

Similar to Animais fantásticos Galicia (20)

Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
 
Animais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-GaliciaAnimais lendas crenzas-Galicia
Animais lendas crenzas-Galicia
 
Seres Mitoloxicos
Seres MitoloxicosSeres Mitoloxicos
Seres Mitoloxicos
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
A auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que correA auga na cultura galega. Auga que corre
A auga na cultura galega. Auga que corre
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.
 
Esmorga novoneyar
Esmorga novoneyarEsmorga novoneyar
Esmorga novoneyar
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Literatura Popular
Literatura PopularLiteratura Popular
Literatura Popular
 
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
Toponimia de Rianxo (Iago F. Prol)
 
Lendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda DefinitivoLendas Da Guarda Definitivo
Lendas Da Guarda Definitivo
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
O Penedo Das Doncelas
O Penedo Das DoncelasO Penedo Das Doncelas
O Penedo Das Doncelas
 
Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016Roteiro literario padrón 2016
Roteiro literario padrón 2016
 
Album seres fantasticos
Album seres fantasticosAlbum seres fantasticos
Album seres fantasticos
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosque
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Recently uploaded

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxAgrela Elvixeo
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfAntonio Gregorio Montes
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (12)

A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdfA memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
A memoria da choiva - Uxía Iglesias (1).pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdfTraballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
Traballo Ruido,Relatos de Guerra por Daniel Carcamo Avalo..pdf
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdfa cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
a cuarta onda traballo sobre o libro.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdfResistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
Resistencia (Unha historia tenra e dramática que non te defraudará (1).pdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdfRevista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
Revista Chío Maio 2024, n-30 artigo de A G M.pdf
 
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdfNon penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
Non penses nun elefante rosa antía yáñez.pdf
 

Animais fantásticos Galicia

  • 1.
  • 2. ALICORNIO/UNICORNIO/LICORNIO Animal con figura de cabalo cun só corno na fronte, moi veloz e valente. Para capturalo fai falla unha moza virxe que fai que o animal saia do seu agocho para deitarse a carón dela e quedar durmido. O unicornio atrae a boa sorte e afasta o mal. En Galicia non se ve pero o po do seu corno (alicornio) emprégase como amuleto da boa sorte, como afrodisíaco e para curar moitas enfermidades.
  • 3. AVE FRÍA/PAXARO DA MORTE Paxaro invisible que anuncia a morte das persoas cantando ou falando lugubremente, petando coas ás nas xanelas ou poñéndose sobre as casas ou nos cuartos das persoas que van morrer.
  • 4. AVICHUCHOS Encantos en forma de ave de aspecto desagradable. Tamén poden ser semellantes aos morcegos. Aparecen nalgúns castros e son mozas encantadas.
  • 5. BASILISCO É un monstro de cor amarela con ollos de sapo; cabeza, pescozo, patas e peito de galo; e corpo de serpe. Nace dun ovo sen xema que pon un galo cando ten sete anos. É o rei dos réptiles e ata as cobras lle temen. O seu alento é tan fétido que fende as rochas, seca a relva e contamina o aire. Mata a distancia, co asubío e coa ollada. As fontes nas que bebe quedan contaminadas durante séculos. Para liberarse del hai que velo antes de que te vexa ou poñerlle diante un espello (non soporta a súa propia imaxe). Din que non atura o cheiro da donicela nin o canto do galo.
  • 6. BIOSBARDOS/CACHAFELLOS/COZOCHAS/PIBARDOS/PIGARZOS Paxaros de gran beleza que ninguén sabe describir. Quen consegue cazalos ten boa sorte a condición de que non llos ensine a ninguén. Para cazalos hai que ir nunha noite escura a un camiño estreito e afastado, onde non se oia canto de galo ou galiña nin voces humanas, levar un saco grande, de boca ancha e invocar aos biosbardos recitando: “Biobardo Ven ao fardo Que alpabarda Por ti agarda”.
  • 7. BOI BRUÓN -É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de Reirís e vive debaixo da lagoa en forma de boi. Escóitase bruar algunhas noites. -Na illa de Ons un mariñeiro que buscaba na beira unha pedra para fondear a súa dorna viu un boi moi grande cunhas enormes cornas. Ao soprar facía moito tronido. O mariñeiro colleu medo e fuxíu.
  • 8. BOI DE SANDOMEDIO É un boi de ouro que vive no monte de San Domedio nas Neves. Os mouros fixeron un boi para adoralo e deixárono enterrado alí. O boi cobrou vida e vive nun brazo de mar debaixo dun penedo. Ninguén pode sacalo porque ao retirar o penedo o mar asolagaría todo o terreo.
  • 9. BOI LOURO É un boi negro que vive encantado na Pena Loura en Palas de Rei.
  • 10. BOIS DE GURES Son dous bois encantados que ao fuxir do asolagamento da cidade de Duio pereceron afogados e foron convertidos en dous illotes rochosos na enseada de Ézaro.
  • 11. BOI VIDAL É un boi de pedra que vive debaixo do mar. Os seus ollos brillantes protexen contra o mal de ollo.
  • 12. BUTRE É un dos paxaros da morte. É grande, noturno e laia coma un gato, unha ave ou unha cabra.
  • 13. CABALIÑO BRANCO É unha das formas nas que se encarna o Diaño Bulreiro. É un cabalo moi fermoso que se presenta convidando á xente a que suba nel (Nogueira de Ramuín). Aínda ninguén se atreveu a montalo.
  • 14. CABALO As bruxas ou o Diaño Bulreiro poden aparecerse en forma de cabalo. O camiñante monta enriba e o cabalo comeza a medrar e segue medrando a medida que monta máis xente. Pode aparecer como un cabalo perdido que acepta que o monten o logo fai das súas: parte ao medio, desaparece dun estoupido, extravía ao viaxeiro na noite e logo tírao nunha poza ou barranco, ou ao cruzar un río. A cabalo anda o demo polo mundo saltando grandes distancias e ás veces deixa a pegada das súas ferraduras nos penedos. O mesmo fan Roldán e Santiago. Ás veces aparecen nas fontes cabalos que son mouras encantadas.
  • 15. CABALO DA FIAÑA É un cabalo negro, alto de cruz, con ollos dun vermello brillante e ventás como covas ardentes. É inofensivo pero ás veces cando alguén monta nel lévao por camiños e montes sen parar e xa non pode baixarse del.
  • 16. CABALO ou ÉGOA DA LUZ, DO PENSAMENTO, DO VENTO ou DO AIRE Son cabalos moi rápidos nos que fuxen algúns pesoaxes das lendas (mouros, princesas,reis…)
  • 17. CABALO PANTASMA Ten a cor do lume ou bota lume pola boca. É un cabalo sobrenatural que se lles aparece aos buscadores de tesouros ou camiñantes solitarios. Ás veces é un cabalo enorme e outras é pequeno e comeza a medrar ata dar nas nubes.
  • 18. CABRA DO AIRE PAXARO DA MORTE Ave noitébrega e invisible que canta agoirando a morte de quen a escoita ou dunha persoa próxima. Podería ser a becacina ou a avenoiteira. O paxaro da morte anuncia a morte das persoas cantando ou falando lugubremente, tocando coas ás nas xanelas ou poñéndose enriba das casas ou nos mesmos cuartos do que vai morrer.
  • 19. CABRA QUE FALA É unha cabra que sae polas noites ao encontro de camiñantes solitarios.
  • 20. CADELA PEREGRINA É unha ánima en pena coa figura de cadela. Os que viron din que bota lume pola boca e polos ollos. É presaxio de desgrazas. Non se lle debe mirar aos ollos e hai que dicirlle “Deus te acompañe”.
  • 21. CADELA PASTORIÑA Can branco ou marrón, enorme, que sae ao paso de camiñantes polas noites (vese na comarca de Viveiro).
  • 22. CADELA DE TETAS LONGAS Cadela branca, moi grande, coas mamas arrastrando polo chan. Aparécese de noite como sinal de morte. Ás veces parte pola metade e bota fume pola boca; imita os berros e ouveos dos cans, das ovellas e dos corvos. Pode transformarse en corvo ou novelo de la. Pode ir acompañada de cadeliños.
  • 23. CAN BRANCO Aparécese de noite nos camiños e olla con tristura ás persoas. É sinal de boaventura.
  • 24. CANCÉRBERO É un can que vixía as portas do inferno para evitar que as almas o abandonen.
  • 25. CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO) En xeral é o can que vixía as portas do inferno. Tamén é un can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar nas noites escuras ouveando furiosamente. É aviso de morte. Vive no Borrón, un lugar do outro mundo que está debaixo do mar. Pode adoptar outras formas de can diferentes.
  • 26. CARANGUEXO COA PINZA DE OURO É o gardián dun tesouro que se atopa no fondo dun pozo do río Barbaña. O tesouro é un esqueleto formado por ouro, pérolas e diamantes.
  • 27. CARNEIRO É unha das transformacións do Trasno que se lle aparece cando as rapazas van polas noites á muíñada. Tamén se poden aparecer nesa forma o Diaño Bulreiro e as meigas. Ás veces un carneiro negro (Bode) dirixe a Compaña.
  • 28. CERVA BRANCA MULLER CERVA É unha muller que se converte en cerva branca. Contan que en Cervantes (Os Ancares) desapareceu unha fermosa moza. Un día o seu irmán foi de caza e feriu de morte a unha gran cerva branca, como non rexía con ela cortoulle unha pata, e ao chegar á casa e amosala transformárase nunha man que recoñeceron como a da súa irmán desaparecida. Cando volveu ao monte a pola cerva atopou a irmán morta e faltáballe a man.
  • 29. COBRA CON ÁS Cando chegan a certa idade e tamaño ás cóbregas saénlle ás. Seguen o curso dos ríos ata o mar.
  • 30. COBRA DE SETE CABEZAS Gardan tesouros ou raptan mozas. Para matalas hai que ferilas cunha agulla ou alfinete na cabeza do medio.  
  • 31. COCA, TARASCA Animal monstruoso co corpo de dragón e cola de serpe que vive no mar ou nos ríos. No lombo nácenlle dúas ás enormes como as dos morcegos, ten catro patas armadas de fortes gadoupas, unha gran boca armada de dentes afiados e uns ollos fumegantes. Seres semellantes hai por toda Galicia: Verín, Baiona, Betanzos (Camelo), A Coruña (Tarea), Ourense (Coquetriz), Pontevedra, Ribadavia (Becha), Compostela, Tui…
  • 32. COZORELLO COCERELLO CAZABELLO Peixe moi fermoso que abonda nas fontes e ríos e salta de noite. Para pescalos hai que ir pola noite cun saco aberto e dicirlle “Cozorellos ao saco, a tres e a catro”.
  • 33. DRAGÓN É unha serpe xigantesca con pés e ás. Algúns teñen cuncha enriba da cabeza e asubían como basiliscos. Son moi feros e voraces e moi lonxevos, e posúen o don da palabra. Cando lles chega a hora de marchar din: “Para Babilonia vou Mal haxa quen me viu de novo e non me matou”.
  • 34. GALIÑA DOS OVOS DE OURO No gorgullón de santa Mariña (As Fragas-Campo Lameiro) hai unha princesa moura encantada en serpe. No mencer vese cunha flor na boca. Ten unha galiña que pon os ovos de ouro. Quen a bique nos beizos desencantaa e convértea en muller e a cambio recibe como premio a galiña cos ovos de ouro.
  • 35. GALIÑA CON PITOS En moitas fontes agóchanse tesouros e o encanto que os garda sae ao exterior transformado nunha galiña con pitos. Se entre a rolada de pitos hai un de cor branca significa que hai unha Dona pedindo que a desencantes. O que na mañanciña de San Xoán se faga co pito branco casará cunha fermosa moza. Din que un que o intentou saiulle unha cobra que o perseguiu. Na Ponte Ulla, nun paso estreito do río, hai un pozo fondo no que aboian unha grade de ferro e unha campá prendida dela. A media noite a campá da doce badaladas e nese momento sae da bouza á beira do río unha galiña branca con doce pitos de ouro e unha pantasma. Ao abrir o día desaparecen.
  • 36. GALO NEGRO En moitas fontes agóchanse tesouros e o encanto que os garda sae ao exterior transformado nun galo negro. Falar dun galo negro é como falar dun sol negro, do sol nocturno en terra escura.
  • 37. GATA BRANCA A gata branca que se aparece nos cruceiros e encrucilladas e enreda entre as pernas da xente é a perigosísima Peregrina (unha ánima en pena). Hai que andar con tino.
  • 38. GRAN BESTA Semella un gran cervo ou un alce que se rasca a orella coa unlla do pé traseiro dereito para curarse a epilepsia. Vendíanse amuletos con anacos da Unlla da Gran Besta incrustados en aneis que surtían efecto se se levaban apegados á pel.
  • 39. LOBERNO LIVERNE Crese que é fillo dun lobo e dunha raposa. Ten forma de raposo, pero non se lle pode berrar pois é xordo e non fuxe. Causa pánico e a xente ten que fuxir, aínda que lles coma todas as pitas do galiñeiro. Por veces é un lobo de pel vermella e con manchas que fascina coa súa mirada e ve a través das paredes. Entra nos cemiterios para desenterrar os cadáveres e devoralos.
  • 40. MONSTRUO DA LAGOA Vive na lagoa de Castelo (entre Muras e Xermade). Garda unha campá de ouro e vive no fondo das augas. Cando a lagoa seca o Monstruo e o Tesouro entérranse e desaparecen. Unha vez o cura da parroquia tentou coller a campá coa axuda dun libro de maxia negra traído de Cuba. Comezou a ler o libro e abríronse as augas e díxolle ao sacristán que non pechase o libro. Non lle fixo caso e as augas pecharon levándose ao cura.
  • 41. PRINCESIÑA TROITA Unha princesiña moura, convertida en troita, vive nunha fonte en Couto de A (Ramil-Castro de Rei). Ningué a pode pescar.
  • 42. PRINCESA RA Na lagoa da Antela (A Limia) hai unha princesa encantada con forma de ra. Non se atopa quen a desencante porque non hai maneira de diferenciala entre os milleiros de ras que hai nesa lagoa.
  • 43. RAPOSA DO AIRE/RAPOSA DA MORTE/FACHEIRA/RAPOSIÑA Non ten case nunca forma visible. Séntese como un berro, un ouveo estarrecedor, un canto semellante ao do galo… que parece que percorre os lugares por onde andivo a persoa que vai morrer. Tamén se cree que un alma en pena en forma de raposa que berra e bota labaradas de lume pola boca e polos ollos e que se presenta na porta das persoas de alma moura que van morrer. Outras veces ten forma de cadela ou de cadela mesturada con galo.
  • 44. SAAVEDRA Serpe xigantesca que adoraban os baluros na cidade de Veria que está asolagada na lagoa de Cospeito.
  • 45. SERPE BICHOCA É unha gran serpe que vive en varios lugares do río Lérez e os seus afluentes. Foi vista no Pozo Sangoento (río Seixo), no Pozo dos Anguieiros (Lérez) e no Pozo da Torre (Castro). Dín que cos seus remuíños forma enormes pozos e ao moverse no río fai cacholas nas pedras.
  • 46. SERPE MARIÑA -Á enseada de Coído (San Cibrao) achégase cada sete anos (outros din nove anos) a poñer os seus ovos unha serpe xigantesca que mide arredor de trinta metros. Ven de moi lonxe e durante a viaxe devora todo o que atopa. Enróscase arredor dos barcos e engule aos mariñeiros un por un comezando pola cabeza. Din que é de cor vermella brillante con grandes escamas que semellan cunchas de mexillón. Tamén pode desprazarse pola terra e alí é menos perigosa, aínda que hai que fuxir dela. Se alguén a espía perségueo ata devoralo con toda a súa familia e facenda. -No Pozo Piago, no mar, perto de Viveiro, vive unha serpe mariña que se deixa ver na mañán de San Xoán.
  • 47. SERPE NEGRA É unha gran serpe que garda un tesouro.
  • 48. URCO ORCO Aviso de morte e de desgrazas que pode ter moitar formas: becerra con cans, cans (brancos ou negros). Vese nas noites escuras e de treboada, arrástrase polos camiños, métese polas minas, berra, láiase… Os seus ouveos e alaridos semellan de can, cabra, paxaro ou gato. Outra versión di que un agoiro de morte con medio corpo de lobo e outro medio de serpe, con escamas duras e moita forza no rabo. O can do Orco foi primeiro serpe devoradora de cadáveres, despois can con testa de serpe, despois can con dúas cabezas e cola de serpe (ou con moitas colas).
  • 49. TÉMERA Curioso ser con corpo de león, moi temido, que garda tesouros (vive nalgunhas comarcas ourensáns).
  • 50. BIBLIOGRAFÍA “Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999. “Cambados. A tradición oral”. Colexio Público Castrelo, Cambados, 1980. “Ritos y creencias gallegas”. Xesús Taboada Chivite. Ed. Sávora, 1982. 1º ESO Febreiro 2014