Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Humbolt IES F. Asorey

36 views

Published on

Micro-exposición en homenaxe a Alexandre von Humbold nos 250 anos de aniversario do seu nacemento.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Humbolt IES F. Asorey

  1. 1. VIDA: CIENCIA, CULTURA E POLÍTICA O 14 de setembro de 1769, nace en Berlín Alexander Von Humbolt, polo que neste 2019 celébrase os 250 anos do seu nacemento. Humbolt, dominador de nove idiomas e “sabio” en moitas disciplinas do coñecemento, foi explorador, naturalista, investigador, xeógrafo, xeólogo, vulcanólogo, meteorólogo, astrónomo, ecólogo, oceanógrafo… ; pero tamén foi un humanista e, incluso, un político. Se algo debe resaltarse deste personaxe é a súa paixón polo coñecemento da natureza e, especialmente, a súa visión integradora dos diferentes campos científicos. Humbolt entendía que para estudar o planeta era necesario facelo de forma interdisciplinaria e moitos dos temas que abordou, así como os seus métodos de traballo manteñen a súa vixencia. De feito, a partir da morte de Humbolt (1959, data que coincide coa publicación da “Orixe das especies” de Darwin), a ciencia comezou a especializarse e ninguén máis tentou abarcar todos os campos de coñecemento. Ademais, o seu dominio dos idiomas e o excepcional círculo de amizades servíronlle, sen dúbida, para ampliar a súa variada visión do mundo. Mantivo amizade con Johan Carl Friedrich Gauss (un dos matemáticos máis importantes da historia), con Gay-Lussac (químico e físico que enunciou a “Lei dos gases”), con Bonpland (explorador, médico e botánico francés), con Goethe (celebridade literaria, novelista, dramaturgo, poeta, científico e filósofo humanista), Bouganville (militar e navegante francés), Schiller (poeta, dramaturgo, filósofo e historiador), irmáns Grimn (escritores de contos populares e infantís), Celestino Mutis (un dos grandes botánicos da época) e con distintos persoeiros políticos da súa época como Thomas Jefferson, o zar Nicolás I, o rei de España Carlos IV, , Napoleón, Simón Bolivar…; rodeouseFederico Guillermo IV de Prusia dun grupo de persoas que, sen dúbida, enriqueceron a súa visión interdisciplinaria do mundo. LEGADO: PASADO, PRESENTE E FUTURO Alexander Von Humbolt foi o precursor de moitas das actuais ramas da ciencia e o seu legado científico e social segue presente entre nos. Foi quen de dar o primeiro paso en moitas disciplinas científicas. Humbolt é o mellor exemplo de explorador naturalista, é o pai da xeografía moderna universal, o descubridor científico do Novo Mundo, o iniciador da ecoloxía que anticipa o cambio climático e inicia o debate medioambiental da destrución dos bosques pola acción humana e o seu negativo efecto no clima. Tamén foi o precursor doutras como a oceanografía (descubrimento da “Corrente de Humbolt”, hoxe vinculada ó fenómeno atmosférico de “El Niño”) sismoloxía, vulcanoloxía ou bioxeografía. Na actualidade o recordo de Humbolt permanece entre nos en forma de diferentes entidades como a Universidade H. de Berlín, a Fundación H. en Alemaña, os parques Naturais en Cuba e Chile, como Instituto H. de Investigación Mariña de Colombia, como Planetario H. de Venezuela, como Corporación Universitaria Empresarial e tamén en forma de bolsas de axuda económica para investigadores. Así mesmo recordamos a Humbolt pola importancia das súas viaxes polo mundo, en forma de Axencia Internacional de Viaxes, o Clube Humbolt Society para organización de rutas naturais polo mundo ou o barco Humbolt Explorer con visitas ás illas Galápagos. Ademais, algúns dos lugares de especial interese paisaxístico visitados por Humbolt son hoxe recordados, como o hotel H.en Venezuela, o miradoiro H. en Tenerife, o glaciar de H.en Groenlandia, a canle de H. en Canadá ou a badía de H. en USA. Tampouco debemos esquecer o seu legado vinculado directamente coa ciencia en forma de denominación dalgunhas especies singulares (pingüín de H., lura de H., mofeta de H., azucena de H., …) e o descubrimento de moitas outras especies, aínda que non leven o seu nome. O seu legado permanece especialmente vivo nas publicacións escritas coa razón pero tamén co sentimento. Na actualidade poderiamos acceder a case 70 títulos de obras escritas por Humbolt en diferentes edicións, entre as que destacan as seguintes: Ÿ COSMOS: ENSAIO DUNHA DESCRICIÓN FÍSICA DO MUNDO. Ÿ VIAXES ÁS REXIÓNS EQUINOCIAIS DO NOVO CONTINENTE. Ÿ VISTAS DAS CORDILLEIRAS E MONUMENTOS DOS POBOS INDÍXENAS DE AMÉRICA. Ÿ ENSAIO SOBRE A DISTRIBUCIÓN XEOGRÁFICA DAS PLANTAS. Ÿ CADROS DA NATUREZA. Ÿ ENSAIO POLÍTICO SOBRE O REINO DE NOVA ESPAÑA. Ÿ ENSAIO POLÍTICO SOBRE A ILLA DE CUBA. ALEXANDER VON HUMBOLT 250 anos do seu nacemento VIAXES: CIENCIA, AVENTURA, GLORIA … Nun momento da historia onde o coñecemento natural do planeta era moi precario, Humbolt comprendeu que había moito por descubrir e que para conseguilo era necesario coñecer de primeira man os diferentes lugares e continentes; era necesario viaxar e achegarse a todos aqueles lugares cientificamente descoñecidos. O seu obxectivo era viaxar por todo o mundo e deixar plasmado en ensaios e publicacións a riqueza natural en todas as súas manifestacións. Humbolt foi o gran viaxeiro, o precursor do que no século XVIII serían as grandes viaxes científicas que realizarían, especialmente, británicos, franceses e alemáns. De feito, Darwin sentiuse fascinado polas viaxes de Humbolt que tamén tentaría emular coa súa travesía no Beagle ó redor do mundo; viaxe que cambiaría a percepción da natureza. Ademais dos importantes avances científicos, as súas viaxes fixérono famoso e mundialmente coñecido no seu tempo. E non debe esquecerse que na súa grande viaxe a América, visitou España e partiu do porto de A Coruña en dirección ás Illas Canarias. As grandes viaxes de Humbolt: -1789.- Viaxe polos Países Baixos, Alemaña e Inglaterra. -1799-1804.- Viaxe por Venezuela, Colombia, Ecuador, Perú, Cuba, México e USA. -1829.- Viaxe a Rusia e Asia Central. E, por suposto, a grandeza destas viaxes quedou plasmada nun gran número de publicacións. Departamentos de Bioloxía e Física e Química Semana da Ciencia 2019 Humboldt era tamén un grande debuxante Alexander von Humboldt na súa biblioteca, por Eduard Hildebrandt Alexander von Humboldt viaxe de exploración 1799-1804 ruta cidades límite territorios Expedición con Bonpland polos ríos Orinoco e Negro. Embarca na Coruña, na corbeta española Pizarro, fai escala nas Illas Canarias e segue ata Cumaná. Viaxe desde Nova Barcelona (Cuba) ata Cartaxena pasando por Trinidad Travesía dos Andes ata Lima De Guayaquil ata A Habana (Cuba) pasando por Acapulco, México e Veracruz. Viaxe no cargueiro Concepción ata Filadelfia. Visita Washington e volve a Burdeos na fragata La Favorite. Algunhas especies co nome de Humboldt Anthurium humbold anum (cala de Humboldt) Conepatus humbold i (Mofeta de Humboldt) Quercus humbold i (carballo andino) Lilium humbold i (azucena de Humboldt) Tricholomopsis humbold iMammillaria humbold i (cactus de Humboldt) Spheniscus humbold (Pingüín de Humboldt) Perisama humbold i (perisama de Humboldt)Dosidicus gigas (Lura de Humboldt)Hylocharis humbold i (Zafiro de Humboldt) Representación dos volcáns Chimborazo e Cotopaxi en sección transversal, con información detallada sobre la xeografía das plantas. Publicada en The Geography of Plants , 1807, en formato 54x84 cm. Monte Humboldt (Venezuela) Hotel Humboldt (Venezuela) Miradoiro Humboldt en Tenerife Planetario Humboldt en Venezuela Buque de investigación (Perú)

×