Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
SEREASTeñen corpo de mullerfermosa de longos cabelose forma de peixe da cinturapara abaixo. Levan unespello e un peite e v...
SEREA DEFISTERRAÉ unha muller supervivente dacidade de Duio que seconverteu en serea e atrae aosmariñeiros para perdelos. ...
MARIÑA-Muller mariña con escamas. Don Froián, un nobre galego, atopouna durmindo espidana beira do mar, captorouna e levou...
MARIÑA-Un mariñeiro de Lobeira atopou a unha serea, unha muller con cola de peixe. Dosseus fillos descenden os Mariños de ...
MARUXAINA-Serea da Mariña de Lugo. Os mariñeiros, atraídos polos seus cantos melodiosos ou polosseus berros sufrían consta...
MARUXAINA-Unha Serea, Afogada ou Nereida,metade peixe e metade muller, queberra para avisar aos mariñeiros dunposible nauf...
MARUXAINA-Maruxainas tamén se chaman os paxaros que veñen anunciar que non se pode saír aomar porque ven mal tempo.
FURNA DAS SEREASEstá nas proximidades da Coruña. Desde ela as sereas cantan e atraen fatalmente aosmariñeiros. Díse que un...
AFOGADAÉ unha rapaza moi fermosa,de figura totalmentehumana, loura, esvelta epálida con longos cabelosenguedellados con al...
HOMESMARIÑOS(TRITÓNS)Homes-peixe que andan polomar e ás veces tocan terra parater relación sexuais á forza coasmulleres. D...
HOMES MARIÑOSContan que nalgunhas furnas daCoruña viron peixes con figura dehomes, agás teren as mans e os pésun pouco tor...
SERPE MARIÑA-Á enseada de Coído (San Cibrao) achégase cada sete anos (outros din nove anos) a poñeros seus ovos unha serpe...
SERPE MARIÑANo Pozo Piago, no mar, perto de Viveiro, vive unha serpe mariña que se deixa ver namañán de San Xoán.         ...
DRAGÓNÉ unha serpe xigantesca con pése ás. Algúns teñen cunchaenriba da cabeza e asubíancomo basiliscos. Son moi ferose vo...
BALEADin que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare unha filla asmulleres embarazadas corren g...
BALEA XIGANTE DE SAN CIBRAOApareceu nas praias de San Cibrao nos tempos do bispo San Gonzalo de Mondoñedo. Abalea berraba ...
CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO)Can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar nas noites escurasouveando fur...
O BORRÓNLugar onde está o Can do Urco cando non está na Terra. Este país, que debe ser o outromundo é de dificil localizac...
BOI BRUÓN -É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de Reirís e vivedebaixo da lagoa. Escóitase bruar...
PESCADAÉ un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa obediencia,bondade e fidelidade por María.V...
POLBO“Mentres canta o cuco,non comas raia nin pulpo”É un animal que nos gosta moito comer aosgalegos. É forte, voraz e dec...
FURNA DE MORAZÓN (COVA DA ANCA)Está na ría de Betanzos, por baixo da punta Fontán (Sada). Contan que nela se escoitbanlame...
BUSERANAÉ unha furna ao pé do monte Cachelmo, en Muxía. É unha das entradas do Inferno. Leva onome de Buserán, un trobeiro...
O RONCUDOPunta rochosa na Costa da Morte que fai moito ruído e atrae aos mariñeiros ao naufraxioco seu monótono son. Para ...
DUIO (DUGIUM)Era unha cidade que estaba entreos cabos Fisterra e Nave,posiblemente no lugar chamadoAs Brañas (San Vicenzo ...
REIRÍS (VALVERDE, MALVERDE)É unha cidade asolagada na lagoa de Carregal, en Corrubedo. Un rei mouro estranxeiropretendía á...
CABO DO MUNDOO Cabo do Mundo é o lugar onde se acaba o mundo e só queda o mar: Fisterra,a Costa daMorte, A Coruña, Teixido...
TEIXIDO É un Cabo do Mundo no queremata o Camiño de SantoAndré. Alí está unha dasentradas ao Outro Mundo, oporto no que as...
TEIXIDOO Santo André de Teixido naceu dunha mazá e chegou alí nunha barca de pedra. O sitionon lle agradaba por ser tan lo...
COSTA DA MORTEÉ unha costa moi exposta que vai de Bergantiños a Fisterra, con altos e bravíos cantís,coídos e serras brava...
FISTERRAO máis importante Cabo do Mundo. As peregrinacións a Santiago estiveron sempre moivencelladas a Fisterra. Na lenda...
ILLA DE ONSÉ un dos lugares onde está a entrada do outro mundo (tamén na illa da Coruuña). Todasas noites a Compaña atrave...
A LANZADA Na praia da Lanzada fíxose desde sempre o rito do baño nas nove ondas para traer a fertilidade ou curar os males...
A LANZADANa capela da Lanzada venérase a Nosa Señora da Area. As solteiras van alí en busca demarido, as casadas en busca ...
MUXÍAÉ outro Cabo do Mundo,situado na Costa da Morte.Alí estivo Santiagopredicando sen moito éxitoe apareceuselle a Virxen...
MUXÍAOs restos da embarcación na quese aparecu a Virxe permanecen acarón do mar en forma degrandes pedras. O temón é aPedr...
NOIAFoi fundada por Noé. A arca parou no cume do monte Louro. Desde alísoltou un corvo e non volveu (hai o dito “Fixo ida ...
ILLA DA CREBA   Conta a lenda que en Creba había mouros que tiñan un templo ao seu deus polo que os   cristianos matáronos...
O SERRIDO (SANTOMÉ-CAMBADOS)  -“Desde o monte Oliveira (Lobeira) ata o areal dos Cabalos (O Serrido),Hai unha cadea de our...
A TORRE (SANTOMÉ) -Contan que a illa da Torre fixérona os mouros botando terra que acarrexaban en carrosenriba das pedras ...
O LUME DE SANTELMO(Corpo Santo, fogo do Frade, Luz do Frade,Fogo de San Pedro González Telmo)  “Cando olles a luz de San T...
O LUME DE SANTELMO-San Telmo ou San Pedro González Telmoera un de sete irmáns que caeu ao Miño eafogou. Non puideron recol...
FAROS-A Torre de Hércules é o faro máis antigo de Galicia, do tempo dos romanos.Hai varias lendas sobre a súa construción....
FAROSIllas Sisargas.No cume da Illa Grandehoubo un templo (AraSextiana) levantado polocónsul Sextio en honra aoemperador C...
FAROSIlla de Sálvora. Cando Pedro Roldán lle pideu ao Apóstolo Santiago un destino no quepuidese repousar o seu espirito, ...
1º ESO C                                                         IES ASOREY                                               ...
Un mar de lendas
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Un mar de lendas

731 views

Published on

Published in: Education
  • If you are looking for customer-oriented academic and research paper writing service try ⇒⇒⇒ WRITE-MY-PAPER.net ⇐⇐⇐ liked them A LOTTT Really nice solutions for the last-day papers
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Was a little hesitant about using ⇒⇒⇒WRITE-MY-PAPER.net ⇐⇐⇐ at first, but am very happy that I did. The writer was able to write my paper by the deadline and it was very well written. So guys don’t hesitate to use it.
       Reply 
    Are you sure you want to  Yes  No
    Your message goes here
  • Be the first to like this

Un mar de lendas

  1. 1. SEREASTeñen corpo de mullerfermosa de longos cabelose forma de peixe da cinturapara abaixo. Levan unespello e un peite e vensesobre as rochas cantando epeiteando os seus longoscabelos. Atraen aosmariñeiros ou navegantescoa súa voz, sedúcennos efannos afogar.Viven debaixo do mar enpazos de cristal cheos deriquezas. Melania Agraso
  2. 2. SEREA DEFISTERRAÉ unha muller supervivente dacidade de Duio que seconverteu en serea e atrae aosmariñeiros para perdelos. OSanto Cristo de Fisterra, o dabarba dourada, protéxeosdela. Fátima Cores Lois
  3. 3. MARIÑA-Muller mariña con escamas. Don Froián, un nobre galego, atopouna durmindo espidana beira do mar, captorouna e levouna á súa casa, bautizouna e púxose de nomeMariña (nacida do mar). Tivo con ela varios fillos. Mariña era muda e Froián fixo quetiraba un fillo ao lume, ela quixo berrar, e co esforzo saiulle un anaco de carne polaboca e de alí en diante falou. Ilenia Parracho Rial
  4. 4. MARIÑA-Un mariñeiro de Lobeira atopou a unha serea, unha muller con cola de peixe. Dosseus fillos descenden os Mariños de Lobeira. Escudo no pazo de Fefiñáns Escudo nunha casa de Ribeira
  5. 5. MARUXAINA-Serea da Mariña de Lugo. Os mariñeiros, atraídos polos seus cantos melodiosos ou polosseus berros sufrían constantes naufraxios naquelas costas, especialmente nos cantís dosFarallóns. Os mariñeiros de San Cibrao decidiron organizarse para acabar con ela. Unhanoite escura saíron decididos a prendela e para constarrestar os seus berros tocabancornos. Nas casas apagaron as luces. Atrapáronna e levárona a terra onde foi xulgada econdenada.
  6. 6. MARUXAINA-Unha Serea, Afogada ou Nereida,metade peixe e metade muller, queberra para avisar aos mariñeiros dunposible naufraxio. Vive nas covas dosFarallóns, debaixo do illote daSombriza. É protectora dosmariñeiros e pasa o tempo fiando.Cando vai mal tempo sobe a unpenedo e desde alí berra ou toca ocorno para que non saian ao mar. Miriam Núñez Serto
  7. 7. MARUXAINA-Maruxainas tamén se chaman os paxaros que veñen anunciar que non se pode saír aomar porque ven mal tempo.
  8. 8. FURNA DAS SEREASEstá nas proximidades da Coruña. Desde ela as sereas cantan e atraen fatalmente aosmariñeiros. Díse que unha sereiña canta na enseada dos Pelamios nun lugar onde houbomoitos naufraxios (Urquiola, Aegen Sea…) David Piñeiro Oubiña
  9. 9. AFOGADAÉ unha rapaza moi fermosa,de figura totalmentehumana, loura, esvelta epálida con longos cabelosenguedellados con algas epeitos grandes que apareceentre a escuma do mar nosdías de mareira outempestade ou nas furnas,asomando só a cabeza oucamiñando ao lonxe sobre omar. Non fala e emite chíossemellantes ás gaivotas.Comunica desgracias, é unser benéfico que avisa damorte ou dos naufraxios.
  10. 10. HOMESMARIÑOS(TRITÓNS)Homes-peixe que andan polomar e ás veces tocan terra parater relación sexuais á forza coasmulleres. Da unión necen nenossemellantes aos humanos perocon escamas ou inclinación polaauga. José Luís Suárez
  11. 11. HOMES MARIÑOSContan que nalgunhas furnas daCoruña viron peixes con figura dehomes, agás teren as mans e os pésun pouco tortos de tanto nadar.Na cabeza, peito e costas teñenunhas espiñas negras finas quesemellan pelos.A súa presenza é presaxio de moitapesca, son amigos dos humanos e haique darlles pan.Poderían ser focas??
  12. 12. SERPE MARIÑA-Á enseada de Coído (San Cibrao) achégase cada sete anos (outros din nove anos) a poñeros seus ovos unha serpe xigantesca que mide arredor de trinta metros. Ven de moi lonxee durante a viaxe devora todo o que atopa. Enróscase arredor dos barcos e engule aosmariñeiros un por un comezando pola cabeza. Din que é de cor vermella brillante congrandes escamas que semellan cunchas de mexillón. Tamén pode desprazarse pola terra ealí é menos perigosa, aínda que hai que fuxir dela. Se alguén a espía perségueo atadevoralo con toda a súa familia e facenda. Gárgolas Santiago de Compostela
  13. 13. SERPE MARIÑANo Pozo Piago, no mar, perto de Viveiro, vive unha serpe mariña que se deixa ver namañán de San Xoán. Pablo Álvarez Bugallo
  14. 14. DRAGÓNÉ unha serpe xigantesca con pése ás. Algúns teñen cunchaenriba da cabeza e asubíancomo basiliscos. Son moi ferose voraces e moi lonxevos, eposúen o don da palabra.Cando lles chega a hora demarchar din:“Para Babilonia vouMal haxa quen me viu de novoe non me matou”. Andrea Loureiro
  15. 15. BALEADin que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare unha filla asmulleres embarazadas corren grave perigo. A balea ven á terra a morrer e a súa fillasubstitúea. Esta lenda ten relación co Leviathan, monstruoso animal mariño símbolo do malque aparece na Biblia. Sergio Prieto Álvarez
  16. 16. BALEA XIGANTE DE SAN CIBRAOApareceu nas praias de San Cibrao nos tempos do bispo San Gonzalo de Mondoñedo. Abalea berraba con tal potencia que se sentían a moita distancia. Os movementos da súacola erguían ondas xigantes que pasaban por riba da Atalaia. A xente vivía asustada e osballeiros da zona non se atrevían a saír ao mar co medo. Cando soaban as campásacougaba e achegábase á praia e din que falaba na súa propia lingua con moito amor edozura.Chamaron ao bispo e candopuxo o pé na praia da Caosaapareceu a balea e falou conel. San Gonzalo pediu unhabarca para achegarse á baleae só un rapaz de quince anosse atreveu a levalo. Cando seachegaron á balea, esta abriua boca e Gonzalo meteusedentro. Ao pouco tempo saiucunha imaxe da Virxe na man.A balea desapareceu e nuncamáis se soubo dela. A imaxeda Virxe venérase hoxe naigrexa de San Román deVilaestrofe. Noa Vieites Fernández
  17. 17. CAN DO MAR (URCO, CAN DO URCO)Can grande e negro con cornos e orellas longas que sae do mar nas noites escurasouveando furiosamente. É aviso de morte. Tamén pode adoptar outras formas de candiferentes.Vive no Borrón, un lugar do outro mundo que está debaixo do mar. Laura Domínguez Otero
  18. 18. O BORRÓNLugar onde está o Can do Urco cando non está na Terra. Este país, que debe ser o outromundo é de dificil localización. Como o Can do Urco adoita saír do mar suponse que eselugar estará debaixo del.
  19. 19. BOI BRUÓN -É un mouro encantado que sobreviviu ao asolagamento da cidade de Reirís e vivedebaixo da lagoa. Escóitase bruar algunhas noites.-Na illa de Ons un mariñeiro que buscaba na beira unha pedra para fondear a súa dornaviu un boi moi grande cunhas enormes cornas. Ao soprar facía moito tronido. O mariñeirocolleu medo e fuxíu. Dalila Domínguez Sineiro
  20. 20. PESCADAÉ un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa obediencia,bondade e fidelidade por María.Víctor Álvarez Fariña
  21. 21. POLBO“Mentres canta o cuco,non comas raia nin pulpo”É un animal que nos gosta moito comer aosgalegos. É forte, voraz e decidido e podeacadar un gran tamaño. Coas súas ventosasagarra a quen o ataca e arrástrao ao fondodo mar.Cando se come polbo non se debe beberauga, pois os anacos reúnense de novo noestómago e reconstrúen ao animal. Pódesemesmo estoupar e non hai remedio.Non se pode comer polbo os meses quenon teñen erre (de maio a agosto). Asembarazadas non poden comer polbo; semanchan a cara co aceite o neno nacerácon manchas na pel. Pablo González Barreiro
  22. 22. FURNA DE MORAZÓN (COVA DA ANCA)Está na ría de Betanzos, por baixo da punta Fontán (Sada). Contan que nela se escoitbanlamentos dunha lexión de trasnos que lle impedían aos humanos entrar no interior cunsopro máxico que apagaba as luces. Din que alguén coi moito valor entrou levando unhavela amarela de cera virxe e sobre unha pedra a xeito de ara viu un grande crucifixo coCristo sangrando polas feridas e queixándose. Non había trasnos. Ao pousar a vela deixoude sangrar e calaron as queixas César Gómez Pintos
  23. 23. BUSERANAÉ unha furna ao pé do monte Cachelmo, en Muxía. É unha das entradas do Inferno. Leva onome de Buserán, un trobeiro namorado que amaba a Florinda, filla dun señor feudal dazona. O pai de Florinda non consentía a relación e ordeou á súa xente que tirase a Buseránnaquela furna. Florinda toleou e vagou polos cantís ata que un día, envolto nunha onda,regresou Buserán a buscala e mergulláronse os dous para sempre na fonda escuridade dasaugas. Adrián Falcón Martínez
  24. 24. O RONCUDOPunta rochosa na Costa da Morte que fai moito ruído e atrae aos mariñeiros ao naufraxioco seu monótono son. Para protexerse hai que tapar os oídos.
  25. 25. DUIO (DUGIUM)Era unha cidade que estaba entreos cabos Fisterra e Nave,posiblemente no lugar chamadoAs Brañas (San Vicenzo de Duio).Foi asolagada polo mar. Uns dinque foi por catástrofe natural eoutros que cando os discípulosdo apóstolo Santiago trouxeron oseu corpo no século I (no tempoda Raíña Lupa) o gobernadorFilotro asolagou a cidade. Outraversión di que houbo un incendiono século V, ordeado polo reisuevo Rechila, por seren os deDuio cristiáns e andar a destruírtemplos pagáns.Duio desapareceu e só quedarondous bois, hoxe de pedra (os boisde Gures) e unha muller quesobreviviu transformada en serea(a Serea de Fisterra). Jorge Leiro Dozo
  26. 26. REIRÍS (VALVERDE, MALVERDE)É unha cidade asolagada na lagoa de Carregal, en Corrubedo. Un rei mouro estranxeiropretendía á filla do rei de Reirís, que era boa e servicial; pero ela non o quería. Tampoucoo quería o seu pai, porque era escuro e meigo. Entón o rei mouro vingouse provocando uncataclismo que asolagou para sempre a cidade, pero el levou un castigo e quedouconvertido no Boi Bruón. Contan que a princesa sobreviviu como serea e pode escoitarsea súa voz nalgunhas ocasións. Outros dín que o Boi brúa algunhas noites. Paula Sanmartín Yuguero
  27. 27. CABO DO MUNDOO Cabo do Mundo é o lugar onde se acaba o mundo e só queda o mar: Fisterra,a Costa daMorte, A Coruña, Teixido… O sol morre nas augas despois da súa viaxe diurna. As almasseguen o mesmo camiño e diríxense ao máis alá na barca de Caronte. Por ese lugar haique pasar necesariamente na viaxe ao Alén.   Fun ao santo San Andrés Que está no cabo do mundo, Solo por te ver meu santo, Tres días hai que non durmo.
  28. 28. TEIXIDO É un Cabo do Mundo no queremata o Camiño de SantoAndré. Alí está unha dasentradas ao Outro Mundo, oporto no que as almas seembarcan para a súa viaxe aoAlén. É un lugar deperegrinación. Os animais quese ven polo camiño (lagartos,corvos, sapos, insectos…), ascaveiras, as pedras ou as plantaspoden ser almas que fan ocamiño, porque alí van demortos os que non foron devivos.“A San Andrés de Teixido, vai de morto o que non vai devivo”“Quen non vai de vivo unha
  29. 29. TEIXIDOO Santo André de Teixido naceu dunha mazá e chegou alí nunha barca de pedra. O sitionon lle agradaba por ser tan lonxe e inhóspito e Deus díxolle:“Quédate ahí Santo AndréQue de vivos ou de mortosTodos te virán a ver”.
  30. 30. COSTA DA MORTEÉ unha costa moi exposta que vai de Bergantiños a Fisterra, con altos e bravíos cantís,coídos e serras bravas que caen sobre o mar.Din que se chama así polos numerosos naufraxios que alí tiveron lugar.O nome de Costa da Morte ou Costa dos Mortos é moi antigo e fai referencia a ser unCabo do Mundo, un lugar onde morre o sol e onde as ánimas esperan para pasar ao Alén.
  31. 31. FISTERRAO máis importante Cabo do Mundo. As peregrinacións a Santiago estiveron sempre moivencelladas a Fisterra. Na lenda da descuberta do corpo do Apóstolo aparece a cidade deDuio que estaba en Fisterra e o seu rei que recibe aos apóstolos cando andaban á proculadun lugar para soterralo. Creese que en Fisterra se amorean as ánimas á espera de pasarao outro mundo.
  32. 32. ILLA DE ONSÉ un dos lugares onde está a entrada do outro mundo (tamén na illa da Coruuña). Todasas noites a Compaña atravesa o mar desde A lanzada na procura da Illa de Ons na procurado Alén. As ánimas embarcan e cruzan o mar.Na Cova do Inferno hai un túnel que chega ata Chan de Arqueda (Moaña).
  33. 33. A LANZADA Na praia da Lanzada fíxose desde sempre o rito do baño nas nove ondas para traer a fertilidade ou curar os males en xeral. Na mañán do día de San Xoán e do último domingo de agosto (día da festa da Virxe da Lanzada) as mulleres toman o baño para quedar preñadas. Tamén se pode facer o día da Ascensión, mulleres e homes, para curar todo tipo de enfermidades. Este rito tamén se fai no Val Miñor, na praia de Praceres (Marín) e en Santo André de Teixido.Levei á miña mullerÁ Lanzada ás nove ondas,Leveina a desinfeitarE botar os demos fóra. Miranda Lores
  34. 34. A LANZADANa capela da Lanzada venérase a Nosa Señora da Area. As solteiras van alí en busca demarido, as casadas en busca de fillos e os mariñeiros que se viron en perigo a agradecerlleá Virxe que os salvase.Da Lanzada saen as ánimas para a Illa de Ons na busca do Alén.
  35. 35. MUXÍAÉ outro Cabo do Mundo,situado na Costa da Morte.Alí estivo Santiagopredicando sen moito éxitoe apareceuselle a Virxenunha barca de pedratripulada por anxos paraconfortalo. A barca quedouvarada e debaixo daspedras apareceu unhaimaxe da Virxe á que lle llefixo un santuario (A Virxeda Barca). Andrea Gondar Cacabelos
  36. 36. MUXÍAOs restos da embarcación na quese aparecu a Virxe permanecen acarón do mar en forma degrandes pedras. O temón é aPedra Abaladoira, que só semove baixo os pés dos que estánen gracia. Moi preto está a pedrados cadrís que ten un oco poloque pasan con dificultade osenfermos do ril e do lombo nunritual para curarse.
  37. 37. NOIAFoi fundada por Noé. A arca parou no cume do monte Louro. Desde alísoltou un corvo e non volveu (hai o dito “Fixo ida de corvo”). Logo soltouunha pomba e volveu deseguida co ramiño de oliveira para facer o seuniño na arca.
  38. 38. ILLA DA CREBA Conta a lenda que en Creba había mouros que tiñan un templo ao seu deus polo que os cristianos matáronos e deixaron só á filla do xefe. Esta invocou ao demo quen levantou unha tempestade, afogou aos cristiáns e separou a illa de terra. A moza convertiuse nunha serpe rodeada de feras que afundían os barcos. Os cristiáns bendeciron a illa e levantaron unha capela á Virxe.Pablo Acha Serantes
  39. 39. O SERRIDO (SANTOMÉ-CAMBADOS)  -“Desde o monte Oliveira (Lobeira) ata o areal dos Cabalos (O Serrido),Hai unha cadea de ouro que mantén a sete reinados.Só a pode descubrir, ou rodeira de carro, ou pata de ovella,Ou home que naza en mala estrela ”Contan que hai moitos anos se atopaban restos de paus enterrados, porque cando era otempo dos mouros o Serrido estaba en seco e alí plantábanse cepas.
  40. 40. A TORRE (SANTOMÉ) -Contan que a illa da Torre fixérona os mouros botando terra que acarrexaban en carrosenriba das pedras que había no mar. Fixeron tamén o camiño de pasar e unha muralla depedra con cunchas. -Debaixo da Torre hai un pasadizo segredo tapado con pedra. Tamén hai ouro enterrado.
  41. 41. O LUME DE SANTELMO(Corpo Santo, fogo do Frade, Luz do Frade,Fogo de San Pedro González Telmo)  “Cando olles a luz de San Telmo, non che faltarán desvelos ”.Consiste na visión dunha luz de cor azuladaque se aparece no mastro dos barcos nos díasde tormenta. Hai varias lendas sobre a súaorixe:-San Telmo (chamado Erasmo) foi un bispo deAntioquía que vivíu entre os séculos II e IV.Sendo náufrago foi recollido por un capitánno seu barco e posto a salvo. El agradeceulloanunciándolle que cada vez que seaproximase unha treboada vería unha luzpara avisalo. A continuación subiu ao ceo.Agora todos os barcos reciben o aviso. Jorge Leiro Alberto Fernández
  42. 42. O LUME DE SANTELMO-San Telmo ou San Pedro González Telmoera un de sete irmáns que caeu ao Miño eafogou. Non puideron recollelo ata quechegou a Tui onde San Domedio e San Finsviron unha luz que refulxía no seu corpo.Enterrárono en Tui, de onde é patrón.
  43. 43. FAROS-A Torre de Hércules é o faro máis antigo de Galicia, do tempo dos romanos.Hai varias lendas sobre a súa construción. Uns din que foi levantado por Breogán, outrosque foi Hércules o que, despois de matar a Guerión, enterrouno no lugar da Torre.
  44. 44. FAROSIllas Sisargas.No cume da Illa Grandehoubo un templo (AraSextiana) levantado polocónsul Sextio en honra aoemperador César Augusto.
  45. 45. FAROSIlla de Sálvora. Cando Pedro Roldán lle pideu ao Apóstolo Santiago un destino no quepuidese repousar o seu espirito, este enviouno a Sálvora, por ser a illa do Salvador.
  46. 46. 1º ESO C IES ASOREY CambadosBIBLIOGRAFÍA Abril 2013“Ensaio sobre etnografía”: Vicente Risco“Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba,Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999“Antropoloxía de Galicia”: Ramón Mariño Ferro

×