SlideShare a Scribd company logo
1 of 62
OS ANIMAIS
Lendas-crenzas
GALICIA
ANIMAIS DOMÉSTICOS
ABELLA
Simboliza a alma e a
resurrección. Cando as almas
volven da Lúa fanno en
forma de abella, por iso se di
“O que mata unha abella ten
cen anos de pena”.
BURRA
Transformación das bruxas que se lle aparece aos camiñantes nocturnos. Se
montan nela levaraos polos riscos máis perigosos e alonxados do destino.
BURRO
É unha das formas nas que se encarna o Diaño Bulreiro.
Para os mariñeiros ver un burro é sinal de boa pesca.
CAN DOENTE/CAN DANADO
Se morde a unha persoa esta debe
mirarse nunha pía de auga dunha
fonte: se ve o reflexo da cabeza do
can en lugar da del é que lle
contaxiou a rabia.
Para preservarse del e doutros
animais hai un responso a San
Silvestre:
“Aí ven San Silvestre
Coa súa camisiña veste.
Cos sus anxeliños todo sete,
Que nos libre do bicho e da
serpente,
De un can rabioso,
De unha mallada
E dun can danado”.
GALIÑA
Algunhas almas en pena e algúns xenios malvados imitan o cacarexo das
galiñas. Para escorrentalos hai que dicir
“Pasa, cousa mala, pasa;
San Xoán bendiga a nosa casa
Cunha palanca por riba da casa”
As meigas tamén poden
tomar forma de galiña.
Cando a galiña canta
coma un galo anuncia
desgraza na casa, a
presenza dalgún ser
maléfico ou alma en
pena.
O caldo feito con galiña
negra é beneficioso para
as parturentas.
GALO
Todos os galos poñen un ovo
na súa vida. Do ovo dun galo
de sete anos nace un basilisco
ou unha serpe. Se nace unha
serpe e o que a ve primeiro é o
home da casa anúncialle boa
sorte. Se a ve a muller morre
nese ano.
Os galos sobreviven ao
asolagamento nas cidades, por
iso se oen cantar en
determinados días no fondo
das lagoas..
GATO
Animal no que se transforman as bruxas ou os seus demos familiares.
Se un gato corre pola casa sen parar é sinal de vento. Se lava a cara anuncia
chuvia ou unha visita inesperada. Tragando pelos de gato contráese
epilepsia e comendo o que el probou contráese asma. Tocando os gatiños
acabados de nacer cóllese a tiña. Atopar un gato de cor negra trae mala
sorte ou é un mal agoiro.
Os gatos teñen sete vidas. Matar un gato negro é agoiro de morte.
ANIMAIS SILVESTRES
ABELLÓN
É unha das formas que adoitan as meigas ao transformárense.
De aí o refrán “O que mata un abellón ten cen anos de perdón”.
ALACRÁN/RALO (Grilo-toupeira)
É un insecto de cor castaña que vive debaixo da terra e ten unha cabeza
enorme e patas dianteiras para escavar. Aliméntase de vermes e larvas de
insectos e, ocasionalmente, de raíces.
Di que é moi prexudicial e velenoso e que mata coa súa picadura a persoas
e animais. Os nenos adoitaban matalos a pedradas e recitaban
“Picadura de alacrán, busca cura e sacristán”
“Se che pica o alacrán busca viño e busca pan, que mañán de enterrarán”
AMEIXA/LONGUEIRÓN
Cando unha ameixa ou longueirón están apegados a unha pedra adiviñan a
morte do mariscador.
Lorena Novoa Rodríguez
ANDORIÑA
ANDURIÑA
É un paxaro que anuncia a
primavera. Leva a sorte á
casa onde aniña.
Din que son moi
respectadas porque lle
quitaron co su peteiro as
espiñas da coroa a Cristo.
Cando voan baixo anuncian
que vai haber néboa ou
chuvia.
ARAÑA
Se ten patas longas pode ser unha bruxa. Para lle facer fronte hai que dicir
“Arrenégote bruxa que en min non te metes”. Hai a crenza de que son moi
velenosas, tanto o contacto como o aire. Se a araña pasa sobre unha
prenda causa o coxo que fai dano a quen a poña. Se lle pica a un can no
fuciño mátao de súpeto.
-Cando as arañas se agarran é que vai chover.
-A tea de araña empregábase para cortar as hemorraxias.
Iria Fontán Luís
AVELAIONA
Curuxa do souto, paxaro
da morte.
Anuncia a morte.
“Se a avelaiona
laia, prepara a
mortalla”.
AVELAÍÑAS
Bolboretas nocturnas que rondan polas luces. Poden ser almas.
As de cor branca anuncian boas novas e son almas agradecidas polas
oracións para liberalas do Purgatorio. As negras agoiran tristes
acontecementos e imploran axuda.
BALEA
Din que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare
unha filla as mulleres preñadas corren grave perigo.
A balea ven á terra a morrer e a súa filla substitúea.
Esta lenda ten relación co Leviathan, monstruoso animal mariño símbolo
do mal, que aparece na Biblia.
BARBANTESA/PONTONESA/PATARRESA/PARRAGUESA
É un insecto que segrega unha substancia coa que constrúe uns casulos
(rumeallos) que se empregan para curar a tos e darllos aos ruminantes
cando non rumínan.
BOLBORETAS
Poden ser almas.
As almas redimidas toman forma de bolboreta branca e as que andan en
pena de bolboreta negra.
En moitos lugares ás bolboretas brancas chámanlle pombas e noutros
bandeiras das ánimas.
DONICELA
CACHARREIRA
CAZOLEIRA
Din que a donicela é un mamífero
velenoso e o seu veleno produce un
efecto instantáneo (“Se te morde a
donicela, busca camisa para a terra”).
Morde sempre no pescozo ás súas
víctimas e atráena as roupas vermellas.
Se a donicela morde ás vacas ou cabras
nas ubres, deixan de dar leite. Din que
concibe pola orella e pare pola boca.
Antes vivían nas casas coas persoas e
facían de gatos, pero escachaban a louza
e botáronas das casas. Viven preto da
xente e se escoitan falar mal delas
parécelles mal e perséguente para
castigarte (pódeche sacar os ollos).
CANGREXO
Cando un cangrexo queda en fronte dunha persoa coa panza para arriba é
que lle pide a morte.
CARRIZO
CARRIZA
TINQUE
PITORREI
É o pai de todos os demais paxaros que fan
niño e quen lle ensinou a facelos.
É de mal agoiro molestar a un carrizo,
pódeser ter un accidente, caer un raio na
casa e ata perder o dedos da man.
Se un neno come os seus ovos queda
enano e se lle toca ás crías colle a tiña.
Só se pode matar o día de Aninovo.
Se un carrizo canta pola dereita indica que veñen boas novas e, se o fai pola
esquerda, malas.
Para esconxurar o mal de ollo nunha casa cóllese un carrizo e pásase en cruz
sobre persoas e animais e logo sóltase.
Din que axudou á Sagrada Familia cando fuxía de Herodes dicíndolle aos soldados
“Tin, tin, por aquí nada vin”.
CHASCO
Paxaro maldito que non se
come porque a metade
pertencelle ao demo.
Din que delatou á Sagrada
Familia cando fuxía de Herodes
dicíndolle aos soldados
“Chas chas, por aí ben vas”.
CÍNEFES
CABALEIROS DO REI
ARTURO
As moreas de cínefes que
saen da lagoa da Antela
(A Limia) son os exércitos
encantados dos
Cabaleiros da Táboa
redonda.
Mario Fernández Varela
COBRAS
CÓBREGAS
As cobras nacen de ovos que as
súas nais deixan no monte e
están cheos de veleno; se unha
persoa os come pode morrer.
Tamén nacen dos pelos de muller
se se deixan en auga durante
nove días nun recipiente
pechado, ou do ovo dun galo de
sete anos.
Fan moitas maldades, son
inimigas dos homes e menos das
mulleres; enfeitizan aos paxaros e
gostan moito do leite. Din que
maman dos ubres das vacas e
cabras. Tamén poden mamar do
peito das mulleres e métenlle a
punta do rabo na boca do neno
para que non chore.
COBRAS
Poden medrar indefinidamente.
Non só é mala a súa picadura
senón tamén o seu aire e a súa
sombra.
Do seu unto fanse remedios para
o reúma, a ciática…
Cando se vai para o mar da mala
sorte falar de cobras. Se se
nomean sen querer dase unha
patada no fondo da embarcación
para desconxurar.
CONGRO
Peixe maldito por desobedecer á Virxe María que lle mandou que non
pelexara coa pescada. Hai un descomunal na ría do Ferrol que se parece ao
monstro do Apocalipse.
CORVO
Animal de mal agoiro. Se se xuntan sobre unha casa ou perseguen
grallando a unha persoa avisan de morte. Tamén é un dos disfraces do
demo. Din que os corvos axudan a desencantar tesouros porque perseguen
á serpe que o garda.
CUCO
Paxaro que adiviña os anos que vai tardar
en casar quen lle pregunta:
Cuco, cuco, rabo de zorra,
Cantos anos faltan
Para a miña voda?
-Ou tamén:
Cuco que está no outeiro
Cantos anos me das de solteiro?
-Pode adiviñar os anos que vas vivir
Cuco-rei, cuco-rei
Cantos anos vivirei?
-O cuco resposta cantando e hai que contar
o número dos seus cantos.
Hai que preguntarllo pola mañán, en
xaxún, na primavera ou no verán.
CUCO
-Din que o cuco da mala sorte (chámanlle
capar). Para evitalo hai que almorzar antes de
saír da casa ou levar algo de prata no peto.
O cuco anuncia a chegada da chuvia cando
canta con voz narnexa: “Cu-cú, tapa-o-cú,
tapa-o-cú”. Se canta seguido é sinal de bo
tempo (Canta o cuco, tempo enxuto).
Anuncia a chegada da primavera: “Entre
marzo e abril, ou o cuco, ou a fin”.
Din que o cuco é no inverno gabían e no
verán transfórmase en cuco, por eso no
inverno non se ve. Outros din que pasa o
inverno en forma de rula.
Tres meses de gabián,
Tres de tecelán,
Tres de cuco,
Tres de zapateiro
No alto dun sabugueiro.
CURUXA
É un dos paxaros da Morte.
Forma que adoptan os
ananos para anunciar a morte
dunha persoa.
Tamén é a forma que adoptan
as bruxas e asóciase co demo.
Entra nas igrexas e bebe o
aceite das lámpadas.
Poden predecir o mal tempo
“Curuxas na
carballeira, caldeiros á
pingueira”.
FORCADELA/CADELA LAVADA/CADELA DE FRADE/CADELA LARETA
É un pequeno insecto con dous apéndices no abdome en forma de forcada ou
tesoura. Din que é moi perigosa, entra polo oído, perfora o tímpano cos seus
ganchos e introdúcese no cerebro causando dor, tortura, loucura e a morte.
FORMIGAS
É a forma que toman as almas para peregrinar despois da morte, cumprindo co
que non fixeron en vida. Poden ir así a Teixido e outros lugares.
RATO RABISACO (leirón)
Vive nun buraco no Castro Grande
(entre Cerdedo e Forcarei).
Dise que en noites de lúa
chea, contra á medianoite, asoma o
rabisaco despertando do seu letargo
invernal, vai dando saltos e no
último acada a lúa onde se nos
representa a súa imaxe e vaina
comendo, por iso a Lúa mingua.
GRILOS
Hai tres castes: os reis, de cor
branca ou amarela e cun R
marcado nas ás; os príncipes,
cun P marcado nas ás, que se
levan para a casa en gaiolas
para que canten; e os
carboeiros, que son negros e
traen mala sorte.
Se colles unha grila, que ten
tres rabos en vez de dous,
pola noite convértese en
alacrán (ralo).
Se un grilo escapa na casa
devora toda a roupa.
Se un grilo caseiro canta fóra
da gaiola é aviso de morte
(seguramente sexa un
carboeiro).
LAGARTO
O aire e a mordedura de lagarto son velenosas.
Tamén son velenosas as roupas que se puxeron
a tender e sobre as que pasou un lagarto; o seu
veleno causa a pezoña, ronchas esparexidas polo
corpo que imitan a forma do animal.
Cando un lagarto morde a unha persoa non a
solta ata que que toquen sete campás e orneen
sete burros.
Son inimigos das mulleres, con so velas
prodúcelles unha forte dor de cabeza, por eso as
perseguen. Din que tamén se lles meten pola
vaxina. Son amigos dos homes e cando durmen
avísanlle da presenza de cobras.
Para curar as cambras (contracturas musculares
que producen moita dor) usábanse pomadas
feitas con unto de lagarto ou facíanse cruces
sobre a pel coa punta da fouciña mollada no seu
sangue.
Queimábanse lagartos como remedio contra a
seca.
LAGARTO DE DÚAS
COLAS
É gardián do Tesouro e
adiviñador.
Poñéndoo sobre area ou
fariña escribe cos rabos uns
números que se
corresponden co premio
maior da lotería.
Tamén sabe se unha moza
vai corresponder ou non a un
mozo.
LAVACÚ, CABALO
DO DEMO
Lavan o cú na auga e
son tan velenosos que
din:
-“Se te morde un lavacú,
busca táboas para o teu
ataú”.
LAVANDEIRAS
A lavandeira ou paxaro da neve socorreu a Cristo cando estaba na cruz
levándolle unha pinga de auga no peteiro. Xesús agradeceullo
concedéndolle o poder de facer feliz á rapaza que lle bote por riba unha
pinga de auga na mañanciña de San Xoán.
LOBO
O lobo vive tres meses de carne, tres
de aire, tres de barro e tres de
folgazán. Fascina coa mirada, causa
embazamento, aparvamento.
Se o lobo te ve sen que o vexas, ficas
mudo. Se sentes o lobo antes de velo,
venche o arrepío (cando alguén leva
os pelos levantados dise “Seica viches
o lobo”).
O mellor remedio é velo antes de que
te vexa, daquela perde o seu poder.
Non pode andar nin atacar máis ca de
noite. Ve no escuro e fuxe da luz, do
lume e da música.
Coa súa mirada obstrúe o fogo das
escopetas e as balas non lle dan, non
se pode matar de fronte.
Só pode comer a metade esquerda
das súa víctimas.
LOBO BRANCO
É un gran lobo que
ouvea máis forte que
os outros. Anuncia a
morte dunha persoa.
LONTRA
En Tirán (Moaña), dabaixo de cemiterio hai unha cova que chega ata o
monte dos Remedios habitada por unha lontra xigante, animal peludo con
garras e fortes dentes que rompía os aparellos e comía á xente. A cova
énchese de auga coa marea. Unha vez un grupo de mozos e mozas entraron
nela e viron ao fondo un resplandor vermello.
MORCEGO
É un rato con ás e sen ollos. O seu sangue é moi velenoso. Se se lle fai
beber a alguén mátao ou vólveo parvo. Se un morcego entra no cuarto trae
mala sorte e é mal agoiro.
MOSCAS
Poden ser bruxas. Cando son animais verdadeiros abondan tanto porque
son as palabras saídas da boca do Demo Maior (Satanás).
As bruxas fan o reparto das moscas unha vez ao ano. Entran nas casas
porque San Fernando lles abre a porta.
“San Fernando, moscas ao gando”
MOUCHO
Ave da morte.
Transformación das bruxas ou dos
ananos para anunciar a morte.
Cando se sae para o mar da mala sorte
falar de mouchos. Se se nomean sen
querer dase unha patada no fondo da
embarcación para desconxurar.
Eu ben vir estar o moucho
enriba daquel penedo.
Non che teño medo, moucho,
moucho, non che teño medo.
Eu ben vir estar o moucho
Enriba dun acio de uvas.
Vaite de aí, morte negra,
Desamparo das viúvas.
PAPORRUBIO
PISCO
PEIFOCO
PAIFOQUE
PEIZOQUE
PAPOCOLORADO
Paxaro que, xunto coa anduriña e
a lavandeira axudou a Cristo na
cruz quitándolle as espiñas da
cabeza. Manchouse co sangue e
por iso ten o peito rubio.
No tempo en que os animais falaban, cando non se coñecía o lume na
Terra, reuníronse os paxaros en consello e acordaron buscar un voluntario para ir
ata o Sol e traer o lume, unha misión moi arriscada. Ofreceuse o pisco e alá foi. O
Sol deulle o lume pero advertiulle da posibilidade de facer a viaxe en balde se se
queimaba. Xusto no final da viaxe comezáronlle a arder a plumas do peito, pero
chegou coa candea ardente. Os paxaros en agradecemento acordaron darlle
cadansúa pluma, agás a curuxa, que se negou e, desde aquela, está condenada
polos demais paxaros a voar só pola noite.
PEGA/PEGA NEGRA
Un dos paxaros que anuncian a
morte: se se ven varias xuntas
sobre unha casa, se peta nos
vidros coas ás, se voa á
esquerda ou se gralla do mesmo
lado.
PERICO
Con este nome coñécese ao raposo ou ao carneiro (encarnacións do diaños
bulreiros e de trasnos).
PERNILEIRO
Paxaro da morte
propio da Limia.
Cando canta di:
“morer, morrer”.
PESCADA
É un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa
obediencia, bondade e fidelidade por María.
PINCHORRA, PÍNTEGA, SALAMÁNTIGA
Din que é un animal velenoso que se che morde, cuspe ou bota o bafo
produce o mal da pezoña e reprodúcese na pel unha figura como ela.
Unha vez un rapaz perdeu unha perna por poñer un zapato con unha
píntega dentro. Resisten vivas o lume.
Cando medran sáelles cuncha e transfórmanse en sapoconchos.
Cando saen ás estradas é que vai chover.
POLBO
É un animal que nos gosta moito comer aos galegos. É forte, voraz e
decidido e pode acadar un gran tamaño. Coas súas ventosas agarra a quen
o ataca e arrástrao ao fondo do mar.
Cando se come polbo non se debe beber auga, pois os anacos reúnense de
novo no estómago e reconstrúen ao animal. Pódese mesmo estoupar e non
hai remedio.
Non se pode comer polbo os meses que non teñen erre (de maio a agosto).
As embarazadas non poden comer polbo; se manchan a cara co aceite o
neno nacerá con manchas na pel.
“Mentres canta o cuco, non comas raia nin pulpo”.
POMBA
Forma que adoptan as almas cando saen dos corpos e mesmo mentras
andan en pena. Nalgúns casos falan e piden misas pola súa salvación.
RA DAS QUENTURAS, RA DE SAN ANTÓN, ESTROZA
Serve para preparar un filtro de namorar. Atravésase cun pau afiado e
déixase secar ao sol. Logo móese ata convertela e po e mestúrase cun
líquido no que se ferveran viño, allo, romeu… e dáselle á persoa que se
queira namorar. Ten un efecto inmediato.
RAPOSA/O
Recibe moitos nomes: Leonardo, Milmañas, Pedro, Alfonso, Renarte, Zorro,
Golpe, Xan…
Son como o demo ou o trasno: astutos, intelixentes, pillabáns, sagaces,
engadadores, tramposos e difíciles de cazar.
Se se ve o macho antes do almorzo, dá boa sorte. Se se ve a femia anuncia
desgraza. Se berra de noite ou rí, anuncia un morto na parroquia. Os que os
ven padecen rouquén. Cando non se poden cazar os curas esconxúranos.
SAPO
Os demos e demiños poden tomar
forma de sapo. Algunhas bruxas
teñen varios sapos ao seu servizo
(parece que nacen das relacións
entre o demo e as bruxas).
Os sapos comen terra, son
velenosos e pezoñentos e causan o
aire de sapo. O mexo de sapo é
tamén pezoñento e contamina todo
o que toca. Se che toca nunha man
ou calquera outra parte do corpo
fórmaseche unha espulla coa forma
do sapo, mesmo pode secar a man
e caer. Tamén din que che mexan
nos ollos. Se se toca o corpo coas
mans onde mexou sáeche coxo
(erupcións na pel) e para curalo hai
que pousar codia de pan centeo
torrada sobre a parte afectada.
Cando os sapos se fan vellos sáelles unha
cuncha no lombo e convértense en
sapoconchos. Din que o sapo lle cambiou
á teipa o rabo polos ollos e que ten unha
frauta que toca polas noites. Pode vivir
anos sen comer, dentro dunha pedra.
SAPO
-Ver moitos sapos xuntos anuncia treboadas. De
cada unha das pingas gordas de auga que caen no
chan nunha treboada de verán nace un sapo.
-Cando se sae para o mar da mala sorte falar de
sapos. Se se nomean sen querer dase unha patada
no fondo da embarcación para desconxurar.
Os sapos empréganse para facer esconxuros. As bruxas usan graxa de sapo nos
seus bebedizos. Tamén se empregan para causarlle mal ás persoas: se se quere
que a persoa morra, métese o sapo nunha ola cun papel que leva escrito o
nome da víctima; tápase cunha badana e, segundo vai esmorecendo a vida do
sapo, tamén vai esmorecendo a persoa. Se empalamos un sapo e o poñemos ao
sol pensando nunha persoa concreta, segundo vai secando o sapo, seca a vida
da persoa. Para causar dano a alguén cóllese un sapo e méteselle na boca
algunha prenda de roupa desa persoa, mentras o sapo a teña na boca, a persoa
anda doente.
As mulleres levaban ao pescozo unha bolsa con dous sapos vivos para prever as
hemorraxias posparto. Tamén protexen contra as bruxas. Despois
substituíronse cunha bolsa en forma de sapo cun esconxuro no interior e con
amuletos en forma de sapo.
SAPOCONCHO
Cando o sapo ou a pinchorra se fan vellos sáenslle no lombo unhas cunchas
e convértense en sapoconchos.
Rodrigo de la Paz
VACALOURA
CABRALOURA
ESCORNABOIS
É un escaravello moi coñecido en
Galicia. O macho ten dous grandes
cornos que se empregan como
amuleto contra o meigallo, o mal de
ollo ou de envexa e os aires.
Lévanse no peto ou atados aos pulsos.
Nalgúns lugares, para curar o mal de
aire, meten os cornos da vacaloura
nun recipiente de barro cheo de auga
dunha fonte que nunca secase e lavan
ao doente unha vez ao día durante
nove días.
Din que as femias (garruchas) aforcan
aos pitos coas mandíbulas.
XOANIÑA PAPASOL
AVELAIRIÑA
CARRABOUXO
COSTUREIRA
MARIQUITIÑA
PATASOL
REIRREI
Insecto que ten o sol por señor.
Os nenos encárganlle o bo tempo poñéndoo na man e deixánoo voar mentres
lle cantan “Papasol, papasol, vai e dille ao teu señor que trai cincuenta días de
sol” e sempre cumpre o encargo.
Pode adiviñar os anos que che quedan de vida preguntándolle
Reirrei
Cantos ano
Vivirei?
BIBLIOGRAFÍA
“Diccionario dos seres míticos galegos”.
Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé
Miranda. Ed Xerais, 1999.
“Cambados. A tradición oral”.
Colexio Público
Castrelo, Cambados, 1980.
“Ritos y creencias gallegas”. Xesús
Taboada Chivite. Ed. Sávora, 1982.
1º ESO
Febreiro 2014

More Related Content

Similar to Animais lendas crenzas-Galicia

Animais fantásticos Galicia
Animais fantásticos GaliciaAnimais fantásticos Galicia
Animais fantásticos Galiciaiesasorey
 
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellorceiprandufe
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017bibliobrozos
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Angeles Saco López
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .arilogar
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1arilogar
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Unmardelendas
UnmardelendasUnmardelendas
Unmardelendasiesasorey
 
Album seres fantasticos
Album seres fantasticosAlbum seres fantasticos
Album seres fantasticosaceipdarbo
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
O teatro
O teatroO teatro
O teatrogorecho
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoiesasorey
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosqueCarmen165
 
Nº 33 abril 2012 en galego,.
Nº 33 abril 2012  en galego,.Nº 33 abril 2012  en galego,.
Nº 33 abril 2012 en galego,.ceiprandufe
 
¿Que é unha fábula?
¿Que é unha fábula?¿Que é unha fábula?
¿Que é unha fábula?Isabel Maceira
 

Similar to Animais lendas crenzas-Galicia (20)

Animais fantásticos Galicia
Animais fantásticos GaliciaAnimais fantásticos Galicia
Animais fantásticos Galicia
 
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019  en galego,...mais e mellorN 79 maio 2019  en galego,...mais e mellor
N 79 maio 2019 en galego,...mais e mellor
 
Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017Recomendacións Nadal 2017
Recomendacións Nadal 2017
 
Ler e xogar sen parar
Ler e xogar sen pararLer e xogar sen parar
Ler e xogar sen parar
 
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
Ler e xogar sen parar.( enlaces.)
 
Meigas Galegas .
Meigas Galegas .Meigas Galegas .
Meigas Galegas .
 
Presentación1
Presentación1Presentación1
Presentación1
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Unmardelendas
UnmardelendasUnmardelendas
Unmardelendas
 
Album seres fantasticos
Album seres fantasticosAlbum seres fantasticos
Album seres fantasticos
 
Guía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArteGuía de lectura. IlustrArte
Guía de lectura. IlustrArte
 
Presentación 2
Presentación 2Presentación 2
Presentación 2
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
O teatro
O teatroO teatro
O teatro
 
Memorias dun neno labrego
Memorias dun neno labregoMemorias dun neno labrego
Memorias dun neno labrego
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Habitantes do bosque
Habitantes do bosqueHabitantes do bosque
Habitantes do bosque
 
Nº 33 abril 2012 en galego,.
Nº 33 abril 2012  en galego,.Nº 33 abril 2012  en galego,.
Nº 33 abril 2012 en galego,.
 
¿Que é unha fábula?
¿Que é unha fábula?¿Que é unha fábula?
¿Que é unha fábula?
 

More from iesasorey

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxiesasorey
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxiesasorey
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxiesasorey
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptiesasorey
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptiesasorey
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfiesasorey
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfiesasorey
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfiesasorey
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfiesasorey
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019iesasorey
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asoreyiesasorey
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballoiesasorey
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexactoiesasorey
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoiesasorey
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosiesasorey
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilariesasorey
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016iesasorey
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos iesasorey
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) iesasorey
 

More from iesasorey (20)

Macroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptxMacroinvertebrados Elena.pptx
Macroinvertebrados Elena.pptx
 
Macro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptxMacro Invertebrados Saray.pptx
Macro Invertebrados Saray.pptx
 
RÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptxRÍOS macroinv..pptx
RÍOS macroinv..pptx
 
Proxecto_23.ppt
Proxecto_23.pptProxecto_23.ppt
Proxecto_23.ppt
 
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.pptProxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
Proxecto_rIos_21-22_FeQ1.ppt
 
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdfProxecto_rios_2122_FeQ.pdf
Proxecto_rios_2122_FeQ.pdf
 
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdfRío Limia María Aitana e Carlota.pdf
Río Limia María Aitana e Carlota.pdf
 
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdfTraballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
Traballo Laura Conde (1º Eso B) río Lérez.pdf
 
Carlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdfCarlos 1º C.pdf
Carlos 1º C.pdf
 
Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019Alexander Von Humboldt 2019
Alexander Von Humboldt 2019
 
Humbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. AsoreyHumbolt IES F. Asorey
Humbolt IES F. Asorey
 
Marzo 2016
Marzo 2016Marzo 2016
Marzo 2016
 
Manuel María o carballo
Manuel María o carballoManuel María o carballo
Manuel María o carballo
 
Fotosenelánguloexacto
FotosenelánguloexactoFotosenelánguloexacto
Fotosenelánguloexacto
 
As estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundoAs estradas mais incríveis do mundo
As estradas mais incríveis do mundo
 
Conrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anosConrad Gesner, 500 anos
Conrad Gesner, 500 anos
 
Hawai adrián alonso vilar
Hawai   adrián alonso vilarHawai   adrián alonso vilar
Hawai adrián alonso vilar
 
Febreiro 2016
Febreiro 2016Febreiro 2016
Febreiro 2016
 
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos Aparellos pesca e marisqueo, barcos
Aparellos pesca e marisqueo, barcos
 
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei) IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
IES Francisco Asorey: a contorna (O monte do Rei)
 

Recently uploaded

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Animais lendas crenzas-Galicia

  • 3. ABELLA Simboliza a alma e a resurrección. Cando as almas volven da Lúa fanno en forma de abella, por iso se di “O que mata unha abella ten cen anos de pena”.
  • 4. BURRA Transformación das bruxas que se lle aparece aos camiñantes nocturnos. Se montan nela levaraos polos riscos máis perigosos e alonxados do destino.
  • 5. BURRO É unha das formas nas que se encarna o Diaño Bulreiro. Para os mariñeiros ver un burro é sinal de boa pesca.
  • 6. CAN DOENTE/CAN DANADO Se morde a unha persoa esta debe mirarse nunha pía de auga dunha fonte: se ve o reflexo da cabeza do can en lugar da del é que lle contaxiou a rabia. Para preservarse del e doutros animais hai un responso a San Silvestre: “Aí ven San Silvestre Coa súa camisiña veste. Cos sus anxeliños todo sete, Que nos libre do bicho e da serpente, De un can rabioso, De unha mallada E dun can danado”.
  • 7. GALIÑA Algunhas almas en pena e algúns xenios malvados imitan o cacarexo das galiñas. Para escorrentalos hai que dicir “Pasa, cousa mala, pasa; San Xoán bendiga a nosa casa Cunha palanca por riba da casa” As meigas tamén poden tomar forma de galiña. Cando a galiña canta coma un galo anuncia desgraza na casa, a presenza dalgún ser maléfico ou alma en pena. O caldo feito con galiña negra é beneficioso para as parturentas.
  • 8. GALO Todos os galos poñen un ovo na súa vida. Do ovo dun galo de sete anos nace un basilisco ou unha serpe. Se nace unha serpe e o que a ve primeiro é o home da casa anúncialle boa sorte. Se a ve a muller morre nese ano. Os galos sobreviven ao asolagamento nas cidades, por iso se oen cantar en determinados días no fondo das lagoas..
  • 9. GATO Animal no que se transforman as bruxas ou os seus demos familiares. Se un gato corre pola casa sen parar é sinal de vento. Se lava a cara anuncia chuvia ou unha visita inesperada. Tragando pelos de gato contráese epilepsia e comendo o que el probou contráese asma. Tocando os gatiños acabados de nacer cóllese a tiña. Atopar un gato de cor negra trae mala sorte ou é un mal agoiro. Os gatos teñen sete vidas. Matar un gato negro é agoiro de morte.
  • 11. ABELLÓN É unha das formas que adoitan as meigas ao transformárense. De aí o refrán “O que mata un abellón ten cen anos de perdón”.
  • 12. ALACRÁN/RALO (Grilo-toupeira) É un insecto de cor castaña que vive debaixo da terra e ten unha cabeza enorme e patas dianteiras para escavar. Aliméntase de vermes e larvas de insectos e, ocasionalmente, de raíces. Di que é moi prexudicial e velenoso e que mata coa súa picadura a persoas e animais. Os nenos adoitaban matalos a pedradas e recitaban “Picadura de alacrán, busca cura e sacristán” “Se che pica o alacrán busca viño e busca pan, que mañán de enterrarán”
  • 13. AMEIXA/LONGUEIRÓN Cando unha ameixa ou longueirón están apegados a unha pedra adiviñan a morte do mariscador. Lorena Novoa Rodríguez
  • 14. ANDORIÑA ANDURIÑA É un paxaro que anuncia a primavera. Leva a sorte á casa onde aniña. Din que son moi respectadas porque lle quitaron co su peteiro as espiñas da coroa a Cristo. Cando voan baixo anuncian que vai haber néboa ou chuvia.
  • 15. ARAÑA Se ten patas longas pode ser unha bruxa. Para lle facer fronte hai que dicir “Arrenégote bruxa que en min non te metes”. Hai a crenza de que son moi velenosas, tanto o contacto como o aire. Se a araña pasa sobre unha prenda causa o coxo que fai dano a quen a poña. Se lle pica a un can no fuciño mátao de súpeto. -Cando as arañas se agarran é que vai chover. -A tea de araña empregábase para cortar as hemorraxias. Iria Fontán Luís
  • 16. AVELAIONA Curuxa do souto, paxaro da morte. Anuncia a morte. “Se a avelaiona laia, prepara a mortalla”.
  • 17. AVELAÍÑAS Bolboretas nocturnas que rondan polas luces. Poden ser almas. As de cor branca anuncian boas novas e son almas agradecidas polas oracións para liberalas do Purgatorio. As negras agoiran tristes acontecementos e imploran axuda.
  • 18. BALEA Din que só hai unha balea no mar. Pare cada cinco anos e cada vez que pare unha filla as mulleres preñadas corren grave perigo. A balea ven á terra a morrer e a súa filla substitúea. Esta lenda ten relación co Leviathan, monstruoso animal mariño símbolo do mal, que aparece na Biblia.
  • 19. BARBANTESA/PONTONESA/PATARRESA/PARRAGUESA É un insecto que segrega unha substancia coa que constrúe uns casulos (rumeallos) que se empregan para curar a tos e darllos aos ruminantes cando non rumínan.
  • 20. BOLBORETAS Poden ser almas. As almas redimidas toman forma de bolboreta branca e as que andan en pena de bolboreta negra. En moitos lugares ás bolboretas brancas chámanlle pombas e noutros bandeiras das ánimas.
  • 21. DONICELA CACHARREIRA CAZOLEIRA Din que a donicela é un mamífero velenoso e o seu veleno produce un efecto instantáneo (“Se te morde a donicela, busca camisa para a terra”). Morde sempre no pescozo ás súas víctimas e atráena as roupas vermellas. Se a donicela morde ás vacas ou cabras nas ubres, deixan de dar leite. Din que concibe pola orella e pare pola boca. Antes vivían nas casas coas persoas e facían de gatos, pero escachaban a louza e botáronas das casas. Viven preto da xente e se escoitan falar mal delas parécelles mal e perséguente para castigarte (pódeche sacar os ollos).
  • 22. CANGREXO Cando un cangrexo queda en fronte dunha persoa coa panza para arriba é que lle pide a morte.
  • 23. CARRIZO CARRIZA TINQUE PITORREI É o pai de todos os demais paxaros que fan niño e quen lle ensinou a facelos. É de mal agoiro molestar a un carrizo, pódeser ter un accidente, caer un raio na casa e ata perder o dedos da man. Se un neno come os seus ovos queda enano e se lle toca ás crías colle a tiña. Só se pode matar o día de Aninovo. Se un carrizo canta pola dereita indica que veñen boas novas e, se o fai pola esquerda, malas. Para esconxurar o mal de ollo nunha casa cóllese un carrizo e pásase en cruz sobre persoas e animais e logo sóltase. Din que axudou á Sagrada Familia cando fuxía de Herodes dicíndolle aos soldados “Tin, tin, por aquí nada vin”.
  • 24. CHASCO Paxaro maldito que non se come porque a metade pertencelle ao demo. Din que delatou á Sagrada Familia cando fuxía de Herodes dicíndolle aos soldados “Chas chas, por aí ben vas”.
  • 25. CÍNEFES CABALEIROS DO REI ARTURO As moreas de cínefes que saen da lagoa da Antela (A Limia) son os exércitos encantados dos Cabaleiros da Táboa redonda. Mario Fernández Varela
  • 26. COBRAS CÓBREGAS As cobras nacen de ovos que as súas nais deixan no monte e están cheos de veleno; se unha persoa os come pode morrer. Tamén nacen dos pelos de muller se se deixan en auga durante nove días nun recipiente pechado, ou do ovo dun galo de sete anos. Fan moitas maldades, son inimigas dos homes e menos das mulleres; enfeitizan aos paxaros e gostan moito do leite. Din que maman dos ubres das vacas e cabras. Tamén poden mamar do peito das mulleres e métenlle a punta do rabo na boca do neno para que non chore.
  • 27. COBRAS Poden medrar indefinidamente. Non só é mala a súa picadura senón tamén o seu aire e a súa sombra. Do seu unto fanse remedios para o reúma, a ciática… Cando se vai para o mar da mala sorte falar de cobras. Se se nomean sen querer dase unha patada no fondo da embarcación para desconxurar.
  • 28. CONGRO Peixe maldito por desobedecer á Virxe María que lle mandou que non pelexara coa pescada. Hai un descomunal na ría do Ferrol que se parece ao monstro do Apocalipse.
  • 29. CORVO Animal de mal agoiro. Se se xuntan sobre unha casa ou perseguen grallando a unha persoa avisan de morte. Tamén é un dos disfraces do demo. Din que os corvos axudan a desencantar tesouros porque perseguen á serpe que o garda.
  • 30. CUCO Paxaro que adiviña os anos que vai tardar en casar quen lle pregunta: Cuco, cuco, rabo de zorra, Cantos anos faltan Para a miña voda? -Ou tamén: Cuco que está no outeiro Cantos anos me das de solteiro? -Pode adiviñar os anos que vas vivir Cuco-rei, cuco-rei Cantos anos vivirei? -O cuco resposta cantando e hai que contar o número dos seus cantos. Hai que preguntarllo pola mañán, en xaxún, na primavera ou no verán.
  • 31. CUCO -Din que o cuco da mala sorte (chámanlle capar). Para evitalo hai que almorzar antes de saír da casa ou levar algo de prata no peto. O cuco anuncia a chegada da chuvia cando canta con voz narnexa: “Cu-cú, tapa-o-cú, tapa-o-cú”. Se canta seguido é sinal de bo tempo (Canta o cuco, tempo enxuto). Anuncia a chegada da primavera: “Entre marzo e abril, ou o cuco, ou a fin”. Din que o cuco é no inverno gabían e no verán transfórmase en cuco, por eso no inverno non se ve. Outros din que pasa o inverno en forma de rula. Tres meses de gabián, Tres de tecelán, Tres de cuco, Tres de zapateiro No alto dun sabugueiro.
  • 32. CURUXA É un dos paxaros da Morte. Forma que adoptan os ananos para anunciar a morte dunha persoa. Tamén é a forma que adoptan as bruxas e asóciase co demo. Entra nas igrexas e bebe o aceite das lámpadas. Poden predecir o mal tempo “Curuxas na carballeira, caldeiros á pingueira”.
  • 33. FORCADELA/CADELA LAVADA/CADELA DE FRADE/CADELA LARETA É un pequeno insecto con dous apéndices no abdome en forma de forcada ou tesoura. Din que é moi perigosa, entra polo oído, perfora o tímpano cos seus ganchos e introdúcese no cerebro causando dor, tortura, loucura e a morte.
  • 34. FORMIGAS É a forma que toman as almas para peregrinar despois da morte, cumprindo co que non fixeron en vida. Poden ir así a Teixido e outros lugares.
  • 35. RATO RABISACO (leirón) Vive nun buraco no Castro Grande (entre Cerdedo e Forcarei). Dise que en noites de lúa chea, contra á medianoite, asoma o rabisaco despertando do seu letargo invernal, vai dando saltos e no último acada a lúa onde se nos representa a súa imaxe e vaina comendo, por iso a Lúa mingua.
  • 36. GRILOS Hai tres castes: os reis, de cor branca ou amarela e cun R marcado nas ás; os príncipes, cun P marcado nas ás, que se levan para a casa en gaiolas para que canten; e os carboeiros, que son negros e traen mala sorte. Se colles unha grila, que ten tres rabos en vez de dous, pola noite convértese en alacrán (ralo). Se un grilo escapa na casa devora toda a roupa. Se un grilo caseiro canta fóra da gaiola é aviso de morte (seguramente sexa un carboeiro).
  • 37. LAGARTO O aire e a mordedura de lagarto son velenosas. Tamén son velenosas as roupas que se puxeron a tender e sobre as que pasou un lagarto; o seu veleno causa a pezoña, ronchas esparexidas polo corpo que imitan a forma do animal. Cando un lagarto morde a unha persoa non a solta ata que que toquen sete campás e orneen sete burros. Son inimigos das mulleres, con so velas prodúcelles unha forte dor de cabeza, por eso as perseguen. Din que tamén se lles meten pola vaxina. Son amigos dos homes e cando durmen avísanlle da presenza de cobras. Para curar as cambras (contracturas musculares que producen moita dor) usábanse pomadas feitas con unto de lagarto ou facíanse cruces sobre a pel coa punta da fouciña mollada no seu sangue. Queimábanse lagartos como remedio contra a seca.
  • 38. LAGARTO DE DÚAS COLAS É gardián do Tesouro e adiviñador. Poñéndoo sobre area ou fariña escribe cos rabos uns números que se corresponden co premio maior da lotería. Tamén sabe se unha moza vai corresponder ou non a un mozo.
  • 39. LAVACÚ, CABALO DO DEMO Lavan o cú na auga e son tan velenosos que din: -“Se te morde un lavacú, busca táboas para o teu ataú”.
  • 40. LAVANDEIRAS A lavandeira ou paxaro da neve socorreu a Cristo cando estaba na cruz levándolle unha pinga de auga no peteiro. Xesús agradeceullo concedéndolle o poder de facer feliz á rapaza que lle bote por riba unha pinga de auga na mañanciña de San Xoán.
  • 41. LOBO O lobo vive tres meses de carne, tres de aire, tres de barro e tres de folgazán. Fascina coa mirada, causa embazamento, aparvamento. Se o lobo te ve sen que o vexas, ficas mudo. Se sentes o lobo antes de velo, venche o arrepío (cando alguén leva os pelos levantados dise “Seica viches o lobo”). O mellor remedio é velo antes de que te vexa, daquela perde o seu poder. Non pode andar nin atacar máis ca de noite. Ve no escuro e fuxe da luz, do lume e da música. Coa súa mirada obstrúe o fogo das escopetas e as balas non lle dan, non se pode matar de fronte. Só pode comer a metade esquerda das súa víctimas.
  • 42. LOBO BRANCO É un gran lobo que ouvea máis forte que os outros. Anuncia a morte dunha persoa.
  • 43. LONTRA En Tirán (Moaña), dabaixo de cemiterio hai unha cova que chega ata o monte dos Remedios habitada por unha lontra xigante, animal peludo con garras e fortes dentes que rompía os aparellos e comía á xente. A cova énchese de auga coa marea. Unha vez un grupo de mozos e mozas entraron nela e viron ao fondo un resplandor vermello.
  • 44. MORCEGO É un rato con ás e sen ollos. O seu sangue é moi velenoso. Se se lle fai beber a alguén mátao ou vólveo parvo. Se un morcego entra no cuarto trae mala sorte e é mal agoiro.
  • 45. MOSCAS Poden ser bruxas. Cando son animais verdadeiros abondan tanto porque son as palabras saídas da boca do Demo Maior (Satanás). As bruxas fan o reparto das moscas unha vez ao ano. Entran nas casas porque San Fernando lles abre a porta. “San Fernando, moscas ao gando”
  • 46. MOUCHO Ave da morte. Transformación das bruxas ou dos ananos para anunciar a morte. Cando se sae para o mar da mala sorte falar de mouchos. Se se nomean sen querer dase unha patada no fondo da embarcación para desconxurar. Eu ben vir estar o moucho enriba daquel penedo. Non che teño medo, moucho, moucho, non che teño medo. Eu ben vir estar o moucho Enriba dun acio de uvas. Vaite de aí, morte negra, Desamparo das viúvas.
  • 47. PAPORRUBIO PISCO PEIFOCO PAIFOQUE PEIZOQUE PAPOCOLORADO Paxaro que, xunto coa anduriña e a lavandeira axudou a Cristo na cruz quitándolle as espiñas da cabeza. Manchouse co sangue e por iso ten o peito rubio. No tempo en que os animais falaban, cando non se coñecía o lume na Terra, reuníronse os paxaros en consello e acordaron buscar un voluntario para ir ata o Sol e traer o lume, unha misión moi arriscada. Ofreceuse o pisco e alá foi. O Sol deulle o lume pero advertiulle da posibilidade de facer a viaxe en balde se se queimaba. Xusto no final da viaxe comezáronlle a arder a plumas do peito, pero chegou coa candea ardente. Os paxaros en agradecemento acordaron darlle cadansúa pluma, agás a curuxa, que se negou e, desde aquela, está condenada polos demais paxaros a voar só pola noite.
  • 48. PEGA/PEGA NEGRA Un dos paxaros que anuncian a morte: se se ven varias xuntas sobre unha casa, se peta nos vidros coas ás, se voa á esquerda ou se gralla do mesmo lado.
  • 49. PERICO Con este nome coñécese ao raposo ou ao carneiro (encarnacións do diaños bulreiros e de trasnos).
  • 50. PERNILEIRO Paxaro da morte propio da Limia. Cando canta di: “morer, morrer”.
  • 51. PESCADA É un peixe que leva na cabeza un óso coa imaxe da Virxe en premio á súa obediencia, bondade e fidelidade por María.
  • 52. PINCHORRA, PÍNTEGA, SALAMÁNTIGA Din que é un animal velenoso que se che morde, cuspe ou bota o bafo produce o mal da pezoña e reprodúcese na pel unha figura como ela. Unha vez un rapaz perdeu unha perna por poñer un zapato con unha píntega dentro. Resisten vivas o lume. Cando medran sáelles cuncha e transfórmanse en sapoconchos. Cando saen ás estradas é que vai chover.
  • 53. POLBO É un animal que nos gosta moito comer aos galegos. É forte, voraz e decidido e pode acadar un gran tamaño. Coas súas ventosas agarra a quen o ataca e arrástrao ao fondo do mar. Cando se come polbo non se debe beber auga, pois os anacos reúnense de novo no estómago e reconstrúen ao animal. Pódese mesmo estoupar e non hai remedio. Non se pode comer polbo os meses que non teñen erre (de maio a agosto). As embarazadas non poden comer polbo; se manchan a cara co aceite o neno nacerá con manchas na pel. “Mentres canta o cuco, non comas raia nin pulpo”.
  • 54. POMBA Forma que adoptan as almas cando saen dos corpos e mesmo mentras andan en pena. Nalgúns casos falan e piden misas pola súa salvación.
  • 55. RA DAS QUENTURAS, RA DE SAN ANTÓN, ESTROZA Serve para preparar un filtro de namorar. Atravésase cun pau afiado e déixase secar ao sol. Logo móese ata convertela e po e mestúrase cun líquido no que se ferveran viño, allo, romeu… e dáselle á persoa que se queira namorar. Ten un efecto inmediato.
  • 56. RAPOSA/O Recibe moitos nomes: Leonardo, Milmañas, Pedro, Alfonso, Renarte, Zorro, Golpe, Xan… Son como o demo ou o trasno: astutos, intelixentes, pillabáns, sagaces, engadadores, tramposos e difíciles de cazar. Se se ve o macho antes do almorzo, dá boa sorte. Se se ve a femia anuncia desgraza. Se berra de noite ou rí, anuncia un morto na parroquia. Os que os ven padecen rouquén. Cando non se poden cazar os curas esconxúranos.
  • 57. SAPO Os demos e demiños poden tomar forma de sapo. Algunhas bruxas teñen varios sapos ao seu servizo (parece que nacen das relacións entre o demo e as bruxas). Os sapos comen terra, son velenosos e pezoñentos e causan o aire de sapo. O mexo de sapo é tamén pezoñento e contamina todo o que toca. Se che toca nunha man ou calquera outra parte do corpo fórmaseche unha espulla coa forma do sapo, mesmo pode secar a man e caer. Tamén din que che mexan nos ollos. Se se toca o corpo coas mans onde mexou sáeche coxo (erupcións na pel) e para curalo hai que pousar codia de pan centeo torrada sobre a parte afectada. Cando os sapos se fan vellos sáelles unha cuncha no lombo e convértense en sapoconchos. Din que o sapo lle cambiou á teipa o rabo polos ollos e que ten unha frauta que toca polas noites. Pode vivir anos sen comer, dentro dunha pedra.
  • 58. SAPO -Ver moitos sapos xuntos anuncia treboadas. De cada unha das pingas gordas de auga que caen no chan nunha treboada de verán nace un sapo. -Cando se sae para o mar da mala sorte falar de sapos. Se se nomean sen querer dase unha patada no fondo da embarcación para desconxurar. Os sapos empréganse para facer esconxuros. As bruxas usan graxa de sapo nos seus bebedizos. Tamén se empregan para causarlle mal ás persoas: se se quere que a persoa morra, métese o sapo nunha ola cun papel que leva escrito o nome da víctima; tápase cunha badana e, segundo vai esmorecendo a vida do sapo, tamén vai esmorecendo a persoa. Se empalamos un sapo e o poñemos ao sol pensando nunha persoa concreta, segundo vai secando o sapo, seca a vida da persoa. Para causar dano a alguén cóllese un sapo e méteselle na boca algunha prenda de roupa desa persoa, mentras o sapo a teña na boca, a persoa anda doente. As mulleres levaban ao pescozo unha bolsa con dous sapos vivos para prever as hemorraxias posparto. Tamén protexen contra as bruxas. Despois substituíronse cunha bolsa en forma de sapo cun esconxuro no interior e con amuletos en forma de sapo.
  • 59. SAPOCONCHO Cando o sapo ou a pinchorra se fan vellos sáenslle no lombo unhas cunchas e convértense en sapoconchos. Rodrigo de la Paz
  • 60. VACALOURA CABRALOURA ESCORNABOIS É un escaravello moi coñecido en Galicia. O macho ten dous grandes cornos que se empregan como amuleto contra o meigallo, o mal de ollo ou de envexa e os aires. Lévanse no peto ou atados aos pulsos. Nalgúns lugares, para curar o mal de aire, meten os cornos da vacaloura nun recipiente de barro cheo de auga dunha fonte que nunca secase e lavan ao doente unha vez ao día durante nove días. Din que as femias (garruchas) aforcan aos pitos coas mandíbulas.
  • 61. XOANIÑA PAPASOL AVELAIRIÑA CARRABOUXO COSTUREIRA MARIQUITIÑA PATASOL REIRREI Insecto que ten o sol por señor. Os nenos encárganlle o bo tempo poñéndoo na man e deixánoo voar mentres lle cantan “Papasol, papasol, vai e dille ao teu señor que trai cincuenta días de sol” e sempre cumpre o encargo. Pode adiviñar os anos que che quedan de vida preguntándolle Reirrei Cantos ano Vivirei?
  • 62. BIBLIOGRAFÍA “Diccionario dos seres míticos galegos”. Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa, Xosé Miranda. Ed Xerais, 1999. “Cambados. A tradición oral”. Colexio Público Castrelo, Cambados, 1980. “Ritos y creencias gallegas”. Xesús Taboada Chivite. Ed. Sávora, 1982. 1º ESO Febreiro 2014