SlideShare a Scribd company logo
1 of 29
UNIDADE DIDÁCTICA 5:
METODOLOXÍA E
ACTIVIDADES
Como xa vimos na U.D. 4,
a metodoloxía dá
resposta á pregunta
“COMO ENSINAR?”
“A letra con sangue entra”
(Francisco de Goya)
“O mestre de escola”
(Adriaen van Ostade)
*ÍNDICE
1.Principios metolodóxicos
2.As actividades na escola infantil
3.As actividades na educación non formal
4.Propostas metodolóxicas globalizadoras
4.1. Os recantos
4.2. Os talleres ou obradoiros
4.3. Os centros de interese
4.4. Os proxectos
5.A atención á diversidade
6.Documentar as actividades
“Sempre que se lle ensina
algo a un neno, impídeselle
que o invente.”
*Seymour Papert
1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (I)
1. ACTIVIDADE*. O neno/a aprende a través da súa propia acción, polo que
os métodos de traballo basearanse na actividade, a experiencia e o xogo.
2. DIFICULTADE AXEITADA. A actividade situarase na zona de
desenvolvemento próximo do neno/a, nin moi afastada do seu
desenvolvemento actual (desmotivación por non poder realizala con éxito)
nin limitada ao que xa sabe facer (perda de interese por non supoñerlle
ningún reto).
3. INTERESE. As propostas deberán conectar cos intereses dos nenos/as; en
vez de impoñerlles actividades, ofreceráselles a posibilidade de elixir as
que respondan aos seus intereses para favorecer a súa implicación.
4. CLIMA DE SEGURIDADE E CONFIANZA. Os nenos/as necesitan sentirse
coidados, aceptados, queridos, valorados, escoitados; as educadoras/es
demostrarán que confían neles e atenderán as súas necesidades.
5. ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA. Cada neno/a é un individuo único, polo que
se lle dedicará un tempo só para el, observándoo, escoitándoo,
satisfacendo as súas necesidades, ofrecéndolle apoio. Isto non significa
promover o individualismo, senón respectar a individualidade á vez que se
favorece o encontro e a cooperación entre nenos/as.
1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (II)
6. TEMPO FLEXIBLE. A organización do tempo deberá ser flexible,
respectando os ritmos biolóxicos e as necesidades dos cativos/as. As
actividades realizaranse sen présas, incluíndo na planificación o tempo
necesario para a recollida dos materiais e para unha posta final en
común.
7. ESPAZOS E MATERIAIS AXEITADOS. Planificaranse os recursos espaciais e
materiais necesarios para cada actividade, escollendo os máis axeitados
entre as opcións dispoñibles.
8. COHERENCIA PEDAGÓXICA. Todas as actividades responderán a unha
determinada finalidade, coherente co modelo de educación que se queira
promover.
9. GLOBALIZACIÓN. O neno/a percibe a realidade como un todo, polo que
se lle ofrecerán experiencias que integren de forma natural contidos
diversos e lle permitan desenvolver todas as súas capacidades.
10. APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA*. Proporcionaráselles aos nenos/as
situacións de aprendizaxe con sentido e funcionalidade que lles permitan
conectar os novos coñecementos cos que xa posúen.
AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL
2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (I)
a) ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ/RUTINAS:
Son as actividades que se realizan de forma regular todos os días de acordo cos
ritmos naturais dos cativos/as; constitúen a base sobre a que se programan as
demais actividades (xa que o primeiro é satisfacer as necesidades básicas das
crianzas).*
Han de realizarse procurando a adquisición de cotas cada vez maiores de
autonomía por parte dos nenos/as.
ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ/RUTINAS
ACTIVIDADES ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS
Comida É unha actividade fundamental para a supervivencia, pero tamén un
momento de relación e convivencia. Debe desenvolverse nun clima
tranquilo e respectando o ritmo de cada neno/a.
Sesta Satisfai a necesidade de descanso e sono das crianzas. Debe dispoñerse
dun espazo axeitado (con berces ou colchóns) e crearse un ambiente
relaxado (baixar a voz e a iluminación, facer actividades tranquilas,
usar obxectos transicionais...).
Hixiene Inclúe o cambio de cueiros, o lavado de cara e mans, o cepillado de
dentes, o control de esfínteres... Debe favorecerse o gusto pola limpeza
corporal evitando actitudes críticas que poidan xerar angustia nos
nenos/as.
2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (II)
b) XOGO LIBRE:
É a actividade principal que ocupa os momentos de vixilia dos nenos/as menores
de 3 anos, xa que constitúe a súa forma natural de coñecer o medio e aprender.
Aínda que a intervención directa do adulto debe ser a menor posible, o papel do
educador/a é moi importante porque ten a responsabilidade de preparar o
ambiente, acompañar aos cativos/as e facer achegas para enriquecer o xogo.
XOGO LIBRE
TIPOS DE XOGO ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS
Xogo sensorial
e motor
Desenvólvese desde o nacemento e baséase no pracer funcional que
experimenta o neno/a ao exercitar os seus sentidos e poñer o seu corpo en
movemento. Dúas actividades moi axeitadas para favorecer este tipo de xogo
son o cesto dos tesouros (6-12 meses) e o xogo heurístico (12-24 meses; ver
as diapositivas seguintes).
Xogo simbólico Desenvólvese dos 2 anos en adiante e consiste na representación de situacións
da realidade por parte do neno/a mediante o uso da imitación e a imaxinación.
Na aula 2-3, poden crearse distintos recantos para o xogo simbólico como a
casiña, a cociña, os disfraces, etc.
Xogo de
construción
Empeza a desenvolverse cando os nenos/as aprenden a estar sentados e vaise
perfeccionando a medida que gañan control motor, xa que consiste na
manipulación e amoreamento de pezas xeométricas (facendo torres, filas,
casas...). Na aula 2-3, convén dispoñer dunha zona para este tipo de xogo.
O CESTO DOS TESOUROS
* Idade: 6-12 meses.
* Preparación: Disporase dunha cesta sólida e estable para evitar que envorque e
dunhas dimensións que faciliten o acceso dos nenos/as a ela. Na cesta
introduciranse unha ampla variedade de obxectos de distintas cualidades
sensoriais: materiais da vida cotiá (culleres, pelotas, pinzas da roupa...), materiais
naturais (pedras, cunchas, piñas...) e materiais de refugallo (rolos de papel
hixiénico, botes de iogur baleiros, oveiras...); estes materiais revisaranse
periodicamente, renovando os que estean estragados e os que non atraian a
atención dos nenos/as. A cesta colocarase nun lugar da aula que garanta a
comodidade das crianzas.
* Desenvolvemento: O neno manipulará libremente os obxectos da cesta, sen a
participación directa do adulto (agás nos momentos iniciais, nos que poderá axudar
ao neno/a a establecer os primeiros contactos cos obxectos). O número máximo de
nenos/as que poden acceder á cesta no mesmo momento limitarase
aproximadamente a 3. Non se prolongará a sesión demasiado tempo para evitar que
os cativos/as se aburran.
O XOGO HEURÍSTICO
* Idade: 12-24 meses.
* Preparación: Contarase con: a) coleccións numerosas de distintos obxectos de
carácter non estruturado (cadeas, chaveiros, cintas, argolas, tapóns,
esponxas...), gardando cada colección de obxectos do mesmo tipo na súa bolsa
correspondente, e b) obxectos que poidan empregarse a modo de contedores
(caixas, botes, cilindros...). Distribuiranse os obxectos en distintos focos de
material (un para cada neno/a), incluíndo en cada foco unha morea de obxectos
de cada bolsa e varios contedores.
* Desenvolvemento: Cada sesión constará de dúas fases: a) na fase de exploración,
os cativos/as actuarán libremente sobre os obxectos (baterán neles, meterán uns
obxectos dentro doutros, amorearanos, deixaranos caer, poñeranos en fila...); b)
na fase de recollida, o educador/a collerá as bolsas e animará ás crianzas a que
depositen os obxectos na súa bolsa correspondente. Este xogo realizarase en
grupos de aproximadamente 10 nenos/as como máximo e en sesións de
aproximadamente unha hora.
2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (III)
c) ACTIVIDADES DIRIXIDAS:
Son as actividades que xorden a proposta do educador/a.
Debe terse en conta que os nenos/as non aprenden só a través destas actividades,
polo que non poden substituír a autoaprendizaxe.
ACTIVIDADES DIRIXIDAS
ACTIVIDADES ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS
Corro/
Asemblea
O grupo reúnese, recoñécese e fala sobre experiencias acontecidas na casa ou na escola,
os seus sentimentos, o que vai facer ese día... (momento privilexiado para o
desenvolvemento da linguaxe oral). Debe ter un carácter flexible, sen caer no
formalismo nin impoñelo a idades moi temperás.
Psicomotri-
cidade
É habitual que as escolas organicen sesións para promover o desenvolvemento motor dos
nenos/as (circuítos con obstáculos, rodas, trens, exercicios rítmico-musicais...), ás veces
a cargo dun especialista. A ubicación destas sesións é variable (aula, patio, sala de usos
múltiples...), pero debe dispoñerse sempre dun espazo amplo que permita a liberdade
de movemento dos nenos/as.
Actividades
de plástica
Poden realizarse traballos de pintura (de dedos, témperas, acuarelas, ceras grosas...),
“collage” (con papeis de xornais, fotos, papel de seda, papel “pinocho”...), modelado
de masas (fariña, papel, arxila, plastilina...). É máis sinxelo realizar estas actividades en
pequeno grupo.
Contar un
conto
Moitas escolas planifican a hora do conto como un momento máxico. Os libros deben
resultar atractivos para os nenos/as e é necesario que o educador/a manexe algunhas
técnicas de conta-contos.
AS ACTIVIDADES NA EDUCACIÓN NON
FORMAL
3. AS ACTIVIDADES NA EDUCACIÓN NON FORMAL
As actividades que se poden desenvolver na educación non formal son
innumerables, polo que só imos mencionar algúns exemplos:
Nas GRANXAS-ESCOLA realízanse actividades de contacto coa natureza (visita da
corte e o curral, cultivo da horta...), talleres de transformación de produtos
naturais (taller de cociña, taller da la...), actividades de expresión (cancións,
dramatizacións...), etc.
Nos CAMPAMENTOS URBANOS realízanse talleres, excursións, xogos colectivos,
actividades de expresión, etc., xeralmente utilizando como fío condutor o tema
dalgún proxecto.
Na nosa sociedade de consumo, estase estendendo a celebración de FESTAS DE
ANIVERSARIO dos nenos/as como un novo campo empresarial que atrae ao sector do
lecer e o tempo libre. As actividades destas celebracións soen incluír algún
espectáculo (pallasos, monicreques...), xogos colectivos, unha merenda, actividades
físicas en instalacións tipo piscinas de bólas, etc. Se ben, para que estas festas
posúan unha finalidade educativa e non meramente recreativa, cómpre coidar algúns
aspectos: favorecer o encontro e a relación entre nenos/as, promover a creatividade,
evitar o exceso de regalos, evitar a comida insá...
PROPOSTAS METODOLÓXICAS
GLOBALIZADORAS
4. PROPOSTAS METODOLÓXICAS GLOBALIZADORAS
 Son aquelas estratexias de ensino-aprendizaxe nas que as
actividades non se presentan de forma illada, senón organizadas
arredor dun fío condutor.
 Aquí se inclúen:
 Os recantos
 Os talleres ou obradoiros
 Os centros de interese
 Os proxectos
ORGANIZACIÓN DO
ESPAZO
ORGANIZACIÓN DOS
CONTIDOS
4.1. OS RECANTOS
* Concepto: Espazos claramente delimitados da aula destinados a realizar distintos
tipos de actividades que as crianzas escollen libremente.
* Preparación: Requiren unha planificación minuciosa: determinar o nº e tipo de
recantos (segundo o espazo dispoñible, a idade dos cativos/as, etc.), escoller unha
área axeitada para cada recanto, seleccionar materiais apropiados e estimulantes,
dispoñer os materiais ordenadamente para facelos accesibles aos nenos/as, fixar as
normas, ir transformando os recantos para adecualos ás necesidades infantís, etc.
* Desenvolvemento: Os nenos/as distribúense libremente entre os recantos e traballan
en pequenos grupos de forma autónoma. O educador/a observa e está á disposición
dos nenos/as en todo momento, pero só intervén se é necesario (recordando as
normas, motivando, orientando ante as dificultades...). Convén que todos os nenos/as
utilicen todos os recantos, anotando os nenos/as que pasan por cada recanto cada
día.
* Tipos: Cos máis pequenos/as fálase de zonas máis que de recantos (zona do descanso,
zona do aseo, zona da comida, zona do xogo libre). Máis adiante pódense incorporar
os recantos propiamente ditos, por exemplo: recanto da alfombra (cunha alfombra e
coxíns para a asemblea, os contos, o xogo de construción...), recanto do xogo
simbólico (ten distintas variantes: recanto da casiña, recanto da cociña, recanto da
tenda, recanto dos disfraces...), recanto de plástica e manualidades (con materiais
diversos de debuxo, pintura, modelado...), recanto de experimentación e natureza
(con lupas, espellos, auga, area, plantas...), recanto da psicomotricidade (espazo
amplo con pelotas, aros, cordas...), etc.
4.2. OS TALLERES OU OBRADOIROS
* Concepto: Aprendizaxe en grupo dunha determinada técnica baixo a guía dun experto.
* Preparación: Soen realizarse de forma complementaria a outras actividades,
permitindo a implicación de toda a comunidade educativa (de feito, poden estar
dirixidos por un educador/a, un pai/nai ou calquera outra persoa que domine a técnica
concreta). Deste xeito, requiren unha planificación coidadosa das funcións e
responsabilidades dos distintos participantes, ademais dunha adecuada organización
do tempo, o espazo e os materiais. Dada a súa relación coa aprendizaxe de técnicas,
deben programarse para promover a adquisición de destrezas que sexan aplicables na
aula.
* Desenvolvemento: Soen desenvolverse en grupos relativamente pequenos e requiren
un ambiente de certa orde e de respecto ás normas de convivencia. O traballo está
moi sistematizado e dirixido polo experto: as crianzas seguen as pautas que este lles
proporciona para conseguir un determinado produto final ou resultado, pero sen que
isto signifique coartar a súa creatividade.
* Tipos: Obradoiro de manualidades, pintura ou modelado, obradoiro de cociña,
obradoiro de dramatización, obradoiro musical, obradoiro de xogos, etc.
4.3. OS CENTROS DE INTERESE
* Concepto: Organización dos contidos arredor dun tema que resulta de interese para as
crianzas.
* Preparación: O punto de partida é a observación dos nenos/as para a elección dun
tema que sexa realmente interesante para eles e que conecte coas súas necesidades,
xeralmente derivado do seu propio contorno físico ou social. A partir de aí, o
educador/a deberá planificar unha secuencia variada de actividades relacionadas co
tema escollido, ambientar o espazo da aula e do centro en consonancia co tema e
delimitar a profundidade e duración que prevé que terá o centro de interese (aínda
que a duración final virá condicionada pola motivación que amosen os cativos/as).
* Desenvolvemento: O traballo soe desenvolverse a nivel do grupo-aula, sendo o
educador/a quen propón as distintas actividades e orienta aos cativos/as na súa
realización. As actividades lévanse a cabo en tres fases sucesivas: observación
(contacto coa realidade), asociación (establecemento de relacións entre obxectos ou
fenómenos) e expresión (comunicación dos coñecementos adquiridos de forma oral,
plástica, musical...).
* Tipos: Seguindo a proposta de Decroly, hai dous grandes ideas-eixo para os centros de
interese: a) o neno e as súas necesidades (alimentarse; loitar contra a intemperie;
defenderse dos perigos e inimigos; actuar, traballar, descansar e divertirse) e b) o neno
e o seu medio (os animais; as plantas; a terra, a auga e o aire; o Sol, a Lúa e as
estrelas; a familia; a escola; a sociedade).
4.4. OS PROXECTOS
* Concepto: Plan de traballo que implica a participación activa das crianzas na
realización de distintas tarefas para resolver un problema, dar resposta a unha
pregunta ou satisfacer unha curiosidade.
* Preparación: O tema xorde das demandas dos propios nenos/as: a partir dunha
situación problemática inicial, vinculada ás experiencias persoais dos cativos/as, o
educador/a creará unha situación de aprendizaxe que estimule a busca de respostas e
a investigación directa por parte do grupo de nenos/as.
* Desenvolvemento: O método de traballo é activo, vivencial e cooperativo. O
conxunto dos nenos/as da aula buscan, manexan, constrúen e intercambian a
información de forma autónoma e en interacción cos iguais e as familias. Dependendo
da idade dos cativos/as e a dificultade do proxecto, o papel do educador/a será de
coordinador do proxecto ou de simple animador. O proxecto consta de catro fases:
definición da intención, preparación, execución e avaliación.
* Tipos: Kilpatrick distinguiu catro tipos de proxectos: proxectos manuais (xardinería,
confección dun xoguete...), proxectos para a realización dunha actividade
(organización dunha festa, preparación dunha dramatización...), proxectos de
investigación (o ciclo da auga, o corpo humano...) e proxectos de aprendizaxe dunha
técnica (pintura, modelado de barro...).
A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ
5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (I)
a) Normativa (I)*:
LOE/LOMCE:
A LOE utiliza a expresión “alumnado con necesidade específica de apoio educativo”
(ACNEAE) para referirse ao alumnado que require unha atención educativa diferente
á ordinaria por algunha das seguintes razóns:
Por presentar necesidades educativas especiais (NEE): discapacidade ou trastornos graves de
conduta.
Por dificultades específicas de aprendizaxe.
Por altas capacidades intelectuais.
Por incorporarse tarde ao sistema educativo.
Por condicións persoais ou de historia escolar.
Asemade, establece que a atención ao ACNEAE se rexerá polos principios de
normalización e inclusión (por exemplo, escolarización preferente en centros
ordinarios) e sinala que é responsabilidade das Administracións educativas dotar aos
centros dos recursos necesarios para atender adecuadamente a este alumnado.
Sen embargo, contémplase a atención á diversidade como principio e non como
unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos, xa que se persegue que
todo o alumnado acade o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e
emocional.
5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (II)
a) Normativa (II)*:
Outra normativa de interese:
DECRETO 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o
currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a
atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas
establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
DECRETO 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede
galega de atención temperá.
5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (III)
b) A diversidade en Educación Infantil:
Unha adecuada atención á diversidade implica concibir as diferenzas individuais
como un valor que enriquece ao grupo.*
En calquera grupo de nenas/os de Educación Infantil existe diversidade en canto a
idade, sexo, saúde, ritmos biolóxicos, personalidade, intereses, capacidades,
etc. (en definitiva, cada nena/o é unica/o). Polo tanto, a educadora ou o educador
debe axustar a intervención educativa á individualidade de cada nena/o.
Posto que a Educación Infantil é a 1ª etapa educativa na vida das nenas/os, asume
unha importante función preventiva e compensadora de desigualdades. Así
mesmo, é responsabilidade da escola infantil ofrecer unha educación inclusiva (de
todas/os e para todas/os) que permita o máximo desenvolvemento posible de cada
unha das nenas/os con independencia da consecución de determinados estándares
de execución.
Para iso, cómpre programar actividades abertas, flexibles e variadas (propostas
máis que impostas, con distintos niveis de dificultade, que ofrezan diversidade de
materiais e tempos...) e promover a cooperación entre nenas/os.
5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (IV)
c) As necesidades educativas especiais (NEE) en Educación Infantil:
Algunhas das NEE que poden estar presentes en Educación Infantil derívanse dos
seguintes trastornos e discapacidades, requirindo unha intervención coordinada con
outros profesionais e coas familias*:
TRASTORNO/
DISCAPACIDADE ORIENTACIÓNS PARA A INTERVENCIÓN
Trastornos do
desenvolvemento
Alteracións nunha área específica (coordinación motriz, linguaxe...): poñer retos
adecuados ao seu nivel, ofrecer un ambiente estimulante, fomentar o contacto cos
iguais, valorar os logros... / Trastornos xeneralizados do desenvolvemento*: dar
instrucións claras, proporcionar información por varias canles sensoriais, actuar como
modelo para a nena/o, reforzar positivamente...
Discapacidade
intelectual
Propoñer actividades adecuadas ao seu nivel, promover aprendizaxes útiles para a
vida cotiá, actuar sen sobreprotección, proporcionar axuda...
Discapacidade
física
Adaptar o contorno, facilitar o acceso ás actividades e aos materiais, atender o seu
benestar físico, promover a comunicación e a expresión...
Discapacidade
sensorial
Discapacidade auditiva: reforzar a comunicación a través da canle visual (debuxos,
xestos...), recorrer a axudas técnicas (audiófonos...), favorecer a interacción social...
/ Discapacidade visual: organizar a aula de forma estable, reforzar a comunicación
oral, incorporar material táctil...
Problemas
de conduta
e emocionais
Hiperactividade e condutas disruptivas: establecer unha relación positiva, propoñer
actividades diversas, fixar uns límites claros, reforzar positivamente en vez de
castigar... / Inhibición: establecer unha relación positiva, crear espazos e tempos nos
que poidan expresarse con liberdade, favorecer a relación cos iguais, non forzar...
5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (V)
d) Medidas de atención á diversidade (extraídas do DECRETO 229/2011)*:
Medidas ordinarias: non alteran os elementos prescritivos do currículo (obxectivos, contidos e
criterios de avaliación). Inclúense, entre outras, as seguintes:
Adecuación da estrutura organizativa do centro e a aula ás características do alumnado.
Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado.
Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos e outras que promovan a
inclusión.
Adaptación dos tempos aos distintos ritmos do alumnado.
Reforzo educativo: medida encamiñada a complementar a acción educativa ordinaria para
consolidar o proceso de aprendizaxe do alumnado que presenta dificultades puntuais.
Medidas extraordinarias: supoñen modificacións significativas do currículo ordinario e/ou
cambios esenciais no ámbito organizativo ou na modalidade de escolarización (requiren
autorización da dirección do centro e da Inspección Educativa ou da dirección xeral que
proceda). Inclúense, entre outras, as seguintes:
Flexibilización da duración do período de escolarización (a escolarización en Educación Infantil
poderá aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con carácter xeral).
Adaptacións curriculares (significativas): modificación dos elementos prescritivos do currículo a fin
de dar resposta ao ACNEAE.
DOCUMENTAR AS ACTIVIDADES
6. DOCUMENTAR AS ACTIVIDADES
Documentar significa rexistrar de maneira sistemática e intencionada o proceso de
aprendizaxe dos nenos/as ao longo dunha ou varias actividades → proporciona aos
nenos/as un recordo moi valioso das súas experiencias e permite informar aos pais/nais
do traballo desenvolvido.
Hai distintas ferramentas para documentar as actividades:
FERRAMENTAS ORIENTACIÓNS
Fotografías Planificar con antelación o que queremos fotografar, dispor dos recursos
materiais e persoais axeitados, realizar un tratamento individual de cada
neno/a (na medida do posible), reflectir o proceso de aprendizaxe
completo (do principio ao final), coidar a estética... Unha vez feitas as
fotos, elixir as mellores e facer unha montaxe dixital, elaborar un mural,
realizar un álbum individual de cada neno/a...
Vídeos Gravar actividades que queremos recordar e explicar ás familias ou que
queremos avaliar, non mover apenas a cámara, facer primeiros planos, non
pretender gravalo todo, facer montaxes atractivas...
Textos orais
(recoller palabras
ou frases dos
nenos/as)
Anotar as palabras mentres observamos aos nenos/as ou gravalos e
transcribir as palabras despois, incluír as palabras ou frases dos nenos/as
nas súas producións (debuxos, manualidades...), elaborar un mural coas
palabras ou frases ditas polos cativos/as...
Ficheiro de
actividades
Recoller o esencial da planificación e a avaliación de cada actividade para
poder recordala, analizala e mellorala no seu uso posterior.
PERO HAI…
tantas formas de viaxar…
como viaxeir@s...

More Related Content

Similar to Unidade Didáctica 5

Un verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºUn verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºlebasis
 
Un verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºUn verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºlebasis
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escouracortinhas
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escouracortinhas
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escouracortinhas
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escouracortinhas
 
Unidade didáctica xogos estupendos con material de escoura
Unidade didáctica xogos estupendos con material de escouraUnidade didáctica xogos estupendos con material de escoura
Unidade didáctica xogos estupendos con material de escouracortinhas
 
PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"
PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"
PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"biblionova
 
PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE
PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLEPROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE
PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLEbiblionova
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"biblionova
 
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosUnidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosmariafatimasanchez
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAbiblionova
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os paisBelén
 
Pasta branca
Pasta brancaPasta branca
Pasta brancabcode
 

Similar to Unidade Didáctica 5 (20)

Reunión inicio familias
Reunión inicio familiasReunión inicio familias
Reunión inicio familias
 
Proxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo EurekaProxecto de traballo Eureka
Proxecto de traballo Eureka
 
Un verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºUn verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4º
 
Un verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4ºUn verán compartir en familia 4º
Un verán compartir en familia 4º
 
Na casa
Na casaNa casa
Na casa
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
 
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De EscouraUnidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
Unidade DidáCtica Xogos Estupendos Con Material De Escoura
 
Unidade didáctica xogos estupendos con material de escoura
Unidade didáctica xogos estupendos con material de escouraUnidade didáctica xogos estupendos con material de escoura
Unidade didáctica xogos estupendos con material de escoura
 
Actividade
ActividadeActividade
Actividade
 
PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"
PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"
PROXECTO 1ª DE PRIMARIA/ "O INVERNADOIRO DO COLE"
 
Unidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdiUnidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdi
 
Conefisica
ConefisicaConefisica
Conefisica
 
PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE
PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLEPROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE
PROXECTO 1º DE PRIMARIA/ O INVERNADOIRO DO COLE
 
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
PROXECTO 2º DE PRIMARIA: "O HORTO"
 
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonosUnidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
Unidade didáctica xogos populares, tradicionais e autóctonos
 
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIAPROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
PROXECTO O HORTO/2º DE PRIMARIA
 
Orientacións para os pais
Orientacións para os paisOrientacións para os pais
Orientacións para os pais
 
Pasta branca
Pasta brancaPasta branca
Pasta branca
 

More from Fátima Ferreiro Díaz (14)

Tema 5
Tema 5Tema 5
Tema 5
 
Tema 4
Tema 4Tema 4
Tema 4
 
Tema 3
Tema 3Tema 3
Tema 3
 
Outro material tema 2
Outro material tema 2Outro material tema 2
Outro material tema 2
 
Barreras psicológicas
Barreras psicológicasBarreras psicológicas
Barreras psicológicas
 
Ejemplos organigramas
Ejemplos organigramasEjemplos organigramas
Ejemplos organigramas
 
Tema 2
Tema 2Tema 2
Tema 2
 
Las teorías X e Y de McGregor
Las teorías X e Y de McGregorLas teorías X e Y de McGregor
Las teorías X e Y de McGregor
 
Tema 1
Tema 1Tema 1
Tema 1
 
Unidade Didáctica 8
Unidade Didáctica 8Unidade Didáctica 8
Unidade Didáctica 8
 
Unidade Didáctica 7
Unidade Didáctica 7Unidade Didáctica 7
Unidade Didáctica 7
 
Unidade Didáctica 4
Unidade Didáctica 4Unidade Didáctica 4
Unidade Didáctica 4
 
Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2Unidade Didáctica 2
Unidade Didáctica 2
 
Unidade Didáctica 1
Unidade Didáctica 1Unidade Didáctica 1
Unidade Didáctica 1
 

Unidade Didáctica 5

  • 2. Como xa vimos na U.D. 4, a metodoloxía dá resposta á pregunta “COMO ENSINAR?” “A letra con sangue entra” (Francisco de Goya) “O mestre de escola” (Adriaen van Ostade)
  • 3. *ÍNDICE 1.Principios metolodóxicos 2.As actividades na escola infantil 3.As actividades na educación non formal 4.Propostas metodolóxicas globalizadoras 4.1. Os recantos 4.2. Os talleres ou obradoiros 4.3. Os centros de interese 4.4. Os proxectos 5.A atención á diversidade 6.Documentar as actividades
  • 4. “Sempre que se lle ensina algo a un neno, impídeselle que o invente.” *Seymour Papert
  • 5. 1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (I) 1. ACTIVIDADE*. O neno/a aprende a través da súa propia acción, polo que os métodos de traballo basearanse na actividade, a experiencia e o xogo. 2. DIFICULTADE AXEITADA. A actividade situarase na zona de desenvolvemento próximo do neno/a, nin moi afastada do seu desenvolvemento actual (desmotivación por non poder realizala con éxito) nin limitada ao que xa sabe facer (perda de interese por non supoñerlle ningún reto). 3. INTERESE. As propostas deberán conectar cos intereses dos nenos/as; en vez de impoñerlles actividades, ofreceráselles a posibilidade de elixir as que respondan aos seus intereses para favorecer a súa implicación. 4. CLIMA DE SEGURIDADE E CONFIANZA. Os nenos/as necesitan sentirse coidados, aceptados, queridos, valorados, escoitados; as educadoras/es demostrarán que confían neles e atenderán as súas necesidades. 5. ATENCIÓN INDIVIDUALIZADA. Cada neno/a é un individuo único, polo que se lle dedicará un tempo só para el, observándoo, escoitándoo, satisfacendo as súas necesidades, ofrecéndolle apoio. Isto non significa promover o individualismo, senón respectar a individualidade á vez que se favorece o encontro e a cooperación entre nenos/as.
  • 6. 1. PRINCIPIOS METODOLÓXICOS (II) 6. TEMPO FLEXIBLE. A organización do tempo deberá ser flexible, respectando os ritmos biolóxicos e as necesidades dos cativos/as. As actividades realizaranse sen présas, incluíndo na planificación o tempo necesario para a recollida dos materiais e para unha posta final en común. 7. ESPAZOS E MATERIAIS AXEITADOS. Planificaranse os recursos espaciais e materiais necesarios para cada actividade, escollendo os máis axeitados entre as opcións dispoñibles. 8. COHERENCIA PEDAGÓXICA. Todas as actividades responderán a unha determinada finalidade, coherente co modelo de educación que se queira promover. 9. GLOBALIZACIÓN. O neno/a percibe a realidade como un todo, polo que se lle ofrecerán experiencias que integren de forma natural contidos diversos e lle permitan desenvolver todas as súas capacidades. 10. APRENDIZAXE SIGNIFICATIVA*. Proporcionaráselles aos nenos/as situacións de aprendizaxe con sentido e funcionalidade que lles permitan conectar os novos coñecementos cos que xa posúen.
  • 7. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL
  • 8. 2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (I) a) ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ/RUTINAS: Son as actividades que se realizan de forma regular todos os días de acordo cos ritmos naturais dos cativos/as; constitúen a base sobre a que se programan as demais actividades (xa que o primeiro é satisfacer as necesidades básicas das crianzas).* Han de realizarse procurando a adquisición de cotas cada vez maiores de autonomía por parte dos nenos/as. ACTIVIDADES DA VIDA COTIÁ/RUTINAS ACTIVIDADES ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS Comida É unha actividade fundamental para a supervivencia, pero tamén un momento de relación e convivencia. Debe desenvolverse nun clima tranquilo e respectando o ritmo de cada neno/a. Sesta Satisfai a necesidade de descanso e sono das crianzas. Debe dispoñerse dun espazo axeitado (con berces ou colchóns) e crearse un ambiente relaxado (baixar a voz e a iluminación, facer actividades tranquilas, usar obxectos transicionais...). Hixiene Inclúe o cambio de cueiros, o lavado de cara e mans, o cepillado de dentes, o control de esfínteres... Debe favorecerse o gusto pola limpeza corporal evitando actitudes críticas que poidan xerar angustia nos nenos/as.
  • 9. 2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (II) b) XOGO LIBRE: É a actividade principal que ocupa os momentos de vixilia dos nenos/as menores de 3 anos, xa que constitúe a súa forma natural de coñecer o medio e aprender. Aínda que a intervención directa do adulto debe ser a menor posible, o papel do educador/a é moi importante porque ten a responsabilidade de preparar o ambiente, acompañar aos cativos/as e facer achegas para enriquecer o xogo. XOGO LIBRE TIPOS DE XOGO ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS Xogo sensorial e motor Desenvólvese desde o nacemento e baséase no pracer funcional que experimenta o neno/a ao exercitar os seus sentidos e poñer o seu corpo en movemento. Dúas actividades moi axeitadas para favorecer este tipo de xogo son o cesto dos tesouros (6-12 meses) e o xogo heurístico (12-24 meses; ver as diapositivas seguintes). Xogo simbólico Desenvólvese dos 2 anos en adiante e consiste na representación de situacións da realidade por parte do neno/a mediante o uso da imitación e a imaxinación. Na aula 2-3, poden crearse distintos recantos para o xogo simbólico como a casiña, a cociña, os disfraces, etc. Xogo de construción Empeza a desenvolverse cando os nenos/as aprenden a estar sentados e vaise perfeccionando a medida que gañan control motor, xa que consiste na manipulación e amoreamento de pezas xeométricas (facendo torres, filas, casas...). Na aula 2-3, convén dispoñer dunha zona para este tipo de xogo.
  • 10. O CESTO DOS TESOUROS * Idade: 6-12 meses. * Preparación: Disporase dunha cesta sólida e estable para evitar que envorque e dunhas dimensións que faciliten o acceso dos nenos/as a ela. Na cesta introduciranse unha ampla variedade de obxectos de distintas cualidades sensoriais: materiais da vida cotiá (culleres, pelotas, pinzas da roupa...), materiais naturais (pedras, cunchas, piñas...) e materiais de refugallo (rolos de papel hixiénico, botes de iogur baleiros, oveiras...); estes materiais revisaranse periodicamente, renovando os que estean estragados e os que non atraian a atención dos nenos/as. A cesta colocarase nun lugar da aula que garanta a comodidade das crianzas. * Desenvolvemento: O neno manipulará libremente os obxectos da cesta, sen a participación directa do adulto (agás nos momentos iniciais, nos que poderá axudar ao neno/a a establecer os primeiros contactos cos obxectos). O número máximo de nenos/as que poden acceder á cesta no mesmo momento limitarase aproximadamente a 3. Non se prolongará a sesión demasiado tempo para evitar que os cativos/as se aburran.
  • 11. O XOGO HEURÍSTICO * Idade: 12-24 meses. * Preparación: Contarase con: a) coleccións numerosas de distintos obxectos de carácter non estruturado (cadeas, chaveiros, cintas, argolas, tapóns, esponxas...), gardando cada colección de obxectos do mesmo tipo na súa bolsa correspondente, e b) obxectos que poidan empregarse a modo de contedores (caixas, botes, cilindros...). Distribuiranse os obxectos en distintos focos de material (un para cada neno/a), incluíndo en cada foco unha morea de obxectos de cada bolsa e varios contedores. * Desenvolvemento: Cada sesión constará de dúas fases: a) na fase de exploración, os cativos/as actuarán libremente sobre os obxectos (baterán neles, meterán uns obxectos dentro doutros, amorearanos, deixaranos caer, poñeranos en fila...); b) na fase de recollida, o educador/a collerá as bolsas e animará ás crianzas a que depositen os obxectos na súa bolsa correspondente. Este xogo realizarase en grupos de aproximadamente 10 nenos/as como máximo e en sesións de aproximadamente unha hora.
  • 12. 2. AS ACTIVIDADES NA ESCOLA INFANTIL (III) c) ACTIVIDADES DIRIXIDAS: Son as actividades que xorden a proposta do educador/a. Debe terse en conta que os nenos/as non aprenden só a través destas actividades, polo que non poden substituír a autoaprendizaxe. ACTIVIDADES DIRIXIDAS ACTIVIDADES ALGUNHAS CONSIDERACIÓNS Corro/ Asemblea O grupo reúnese, recoñécese e fala sobre experiencias acontecidas na casa ou na escola, os seus sentimentos, o que vai facer ese día... (momento privilexiado para o desenvolvemento da linguaxe oral). Debe ter un carácter flexible, sen caer no formalismo nin impoñelo a idades moi temperás. Psicomotri- cidade É habitual que as escolas organicen sesións para promover o desenvolvemento motor dos nenos/as (circuítos con obstáculos, rodas, trens, exercicios rítmico-musicais...), ás veces a cargo dun especialista. A ubicación destas sesións é variable (aula, patio, sala de usos múltiples...), pero debe dispoñerse sempre dun espazo amplo que permita a liberdade de movemento dos nenos/as. Actividades de plástica Poden realizarse traballos de pintura (de dedos, témperas, acuarelas, ceras grosas...), “collage” (con papeis de xornais, fotos, papel de seda, papel “pinocho”...), modelado de masas (fariña, papel, arxila, plastilina...). É máis sinxelo realizar estas actividades en pequeno grupo. Contar un conto Moitas escolas planifican a hora do conto como un momento máxico. Os libros deben resultar atractivos para os nenos/as e é necesario que o educador/a manexe algunhas técnicas de conta-contos.
  • 13. AS ACTIVIDADES NA EDUCACIÓN NON FORMAL
  • 14. 3. AS ACTIVIDADES NA EDUCACIÓN NON FORMAL As actividades que se poden desenvolver na educación non formal son innumerables, polo que só imos mencionar algúns exemplos: Nas GRANXAS-ESCOLA realízanse actividades de contacto coa natureza (visita da corte e o curral, cultivo da horta...), talleres de transformación de produtos naturais (taller de cociña, taller da la...), actividades de expresión (cancións, dramatizacións...), etc. Nos CAMPAMENTOS URBANOS realízanse talleres, excursións, xogos colectivos, actividades de expresión, etc., xeralmente utilizando como fío condutor o tema dalgún proxecto. Na nosa sociedade de consumo, estase estendendo a celebración de FESTAS DE ANIVERSARIO dos nenos/as como un novo campo empresarial que atrae ao sector do lecer e o tempo libre. As actividades destas celebracións soen incluír algún espectáculo (pallasos, monicreques...), xogos colectivos, unha merenda, actividades físicas en instalacións tipo piscinas de bólas, etc. Se ben, para que estas festas posúan unha finalidade educativa e non meramente recreativa, cómpre coidar algúns aspectos: favorecer o encontro e a relación entre nenos/as, promover a creatividade, evitar o exceso de regalos, evitar a comida insá...
  • 16. 4. PROPOSTAS METODOLÓXICAS GLOBALIZADORAS  Son aquelas estratexias de ensino-aprendizaxe nas que as actividades non se presentan de forma illada, senón organizadas arredor dun fío condutor.  Aquí se inclúen:  Os recantos  Os talleres ou obradoiros  Os centros de interese  Os proxectos ORGANIZACIÓN DO ESPAZO ORGANIZACIÓN DOS CONTIDOS
  • 17. 4.1. OS RECANTOS * Concepto: Espazos claramente delimitados da aula destinados a realizar distintos tipos de actividades que as crianzas escollen libremente. * Preparación: Requiren unha planificación minuciosa: determinar o nº e tipo de recantos (segundo o espazo dispoñible, a idade dos cativos/as, etc.), escoller unha área axeitada para cada recanto, seleccionar materiais apropiados e estimulantes, dispoñer os materiais ordenadamente para facelos accesibles aos nenos/as, fixar as normas, ir transformando os recantos para adecualos ás necesidades infantís, etc. * Desenvolvemento: Os nenos/as distribúense libremente entre os recantos e traballan en pequenos grupos de forma autónoma. O educador/a observa e está á disposición dos nenos/as en todo momento, pero só intervén se é necesario (recordando as normas, motivando, orientando ante as dificultades...). Convén que todos os nenos/as utilicen todos os recantos, anotando os nenos/as que pasan por cada recanto cada día. * Tipos: Cos máis pequenos/as fálase de zonas máis que de recantos (zona do descanso, zona do aseo, zona da comida, zona do xogo libre). Máis adiante pódense incorporar os recantos propiamente ditos, por exemplo: recanto da alfombra (cunha alfombra e coxíns para a asemblea, os contos, o xogo de construción...), recanto do xogo simbólico (ten distintas variantes: recanto da casiña, recanto da cociña, recanto da tenda, recanto dos disfraces...), recanto de plástica e manualidades (con materiais diversos de debuxo, pintura, modelado...), recanto de experimentación e natureza (con lupas, espellos, auga, area, plantas...), recanto da psicomotricidade (espazo amplo con pelotas, aros, cordas...), etc.
  • 18. 4.2. OS TALLERES OU OBRADOIROS * Concepto: Aprendizaxe en grupo dunha determinada técnica baixo a guía dun experto. * Preparación: Soen realizarse de forma complementaria a outras actividades, permitindo a implicación de toda a comunidade educativa (de feito, poden estar dirixidos por un educador/a, un pai/nai ou calquera outra persoa que domine a técnica concreta). Deste xeito, requiren unha planificación coidadosa das funcións e responsabilidades dos distintos participantes, ademais dunha adecuada organización do tempo, o espazo e os materiais. Dada a súa relación coa aprendizaxe de técnicas, deben programarse para promover a adquisición de destrezas que sexan aplicables na aula. * Desenvolvemento: Soen desenvolverse en grupos relativamente pequenos e requiren un ambiente de certa orde e de respecto ás normas de convivencia. O traballo está moi sistematizado e dirixido polo experto: as crianzas seguen as pautas que este lles proporciona para conseguir un determinado produto final ou resultado, pero sen que isto signifique coartar a súa creatividade. * Tipos: Obradoiro de manualidades, pintura ou modelado, obradoiro de cociña, obradoiro de dramatización, obradoiro musical, obradoiro de xogos, etc.
  • 19. 4.3. OS CENTROS DE INTERESE * Concepto: Organización dos contidos arredor dun tema que resulta de interese para as crianzas. * Preparación: O punto de partida é a observación dos nenos/as para a elección dun tema que sexa realmente interesante para eles e que conecte coas súas necesidades, xeralmente derivado do seu propio contorno físico ou social. A partir de aí, o educador/a deberá planificar unha secuencia variada de actividades relacionadas co tema escollido, ambientar o espazo da aula e do centro en consonancia co tema e delimitar a profundidade e duración que prevé que terá o centro de interese (aínda que a duración final virá condicionada pola motivación que amosen os cativos/as). * Desenvolvemento: O traballo soe desenvolverse a nivel do grupo-aula, sendo o educador/a quen propón as distintas actividades e orienta aos cativos/as na súa realización. As actividades lévanse a cabo en tres fases sucesivas: observación (contacto coa realidade), asociación (establecemento de relacións entre obxectos ou fenómenos) e expresión (comunicación dos coñecementos adquiridos de forma oral, plástica, musical...). * Tipos: Seguindo a proposta de Decroly, hai dous grandes ideas-eixo para os centros de interese: a) o neno e as súas necesidades (alimentarse; loitar contra a intemperie; defenderse dos perigos e inimigos; actuar, traballar, descansar e divertirse) e b) o neno e o seu medio (os animais; as plantas; a terra, a auga e o aire; o Sol, a Lúa e as estrelas; a familia; a escola; a sociedade).
  • 20. 4.4. OS PROXECTOS * Concepto: Plan de traballo que implica a participación activa das crianzas na realización de distintas tarefas para resolver un problema, dar resposta a unha pregunta ou satisfacer unha curiosidade. * Preparación: O tema xorde das demandas dos propios nenos/as: a partir dunha situación problemática inicial, vinculada ás experiencias persoais dos cativos/as, o educador/a creará unha situación de aprendizaxe que estimule a busca de respostas e a investigación directa por parte do grupo de nenos/as. * Desenvolvemento: O método de traballo é activo, vivencial e cooperativo. O conxunto dos nenos/as da aula buscan, manexan, constrúen e intercambian a información de forma autónoma e en interacción cos iguais e as familias. Dependendo da idade dos cativos/as e a dificultade do proxecto, o papel do educador/a será de coordinador do proxecto ou de simple animador. O proxecto consta de catro fases: definición da intención, preparación, execución e avaliación. * Tipos: Kilpatrick distinguiu catro tipos de proxectos: proxectos manuais (xardinería, confección dun xoguete...), proxectos para a realización dunha actividade (organización dunha festa, preparación dunha dramatización...), proxectos de investigación (o ciclo da auga, o corpo humano...) e proxectos de aprendizaxe dunha técnica (pintura, modelado de barro...).
  • 21. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE https://www.youtube.com/watch?v=K0usZT3LGOQ
  • 22. 5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (I) a) Normativa (I)*: LOE/LOMCE: A LOE utiliza a expresión “alumnado con necesidade específica de apoio educativo” (ACNEAE) para referirse ao alumnado que require unha atención educativa diferente á ordinaria por algunha das seguintes razóns: Por presentar necesidades educativas especiais (NEE): discapacidade ou trastornos graves de conduta. Por dificultades específicas de aprendizaxe. Por altas capacidades intelectuais. Por incorporarse tarde ao sistema educativo. Por condicións persoais ou de historia escolar. Asemade, establece que a atención ao ACNEAE se rexerá polos principios de normalización e inclusión (por exemplo, escolarización preferente en centros ordinarios) e sinala que é responsabilidade das Administracións educativas dotar aos centros dos recursos necesarios para atender adecuadamente a este alumnado. Sen embargo, contémplase a atención á diversidade como principio e non como unha medida que corresponde ás necesidades duns poucos, xa que se persegue que todo o alumnado acade o máximo desenvolvemento persoal, intelectual, social e emocional.
  • 23. 5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (II) a) Normativa (II)*: Outra normativa de interese: DECRETO 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia. DECRETO 229/2011, do 7 de decembro, polo que se regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia nos que se imparten as ensinanzas establecidas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. DECRETO 183/2013, do 5 de decembro, polo que se crea a Rede galega de atención temperá.
  • 24. 5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (III) b) A diversidade en Educación Infantil: Unha adecuada atención á diversidade implica concibir as diferenzas individuais como un valor que enriquece ao grupo.* En calquera grupo de nenas/os de Educación Infantil existe diversidade en canto a idade, sexo, saúde, ritmos biolóxicos, personalidade, intereses, capacidades, etc. (en definitiva, cada nena/o é unica/o). Polo tanto, a educadora ou o educador debe axustar a intervención educativa á individualidade de cada nena/o. Posto que a Educación Infantil é a 1ª etapa educativa na vida das nenas/os, asume unha importante función preventiva e compensadora de desigualdades. Así mesmo, é responsabilidade da escola infantil ofrecer unha educación inclusiva (de todas/os e para todas/os) que permita o máximo desenvolvemento posible de cada unha das nenas/os con independencia da consecución de determinados estándares de execución. Para iso, cómpre programar actividades abertas, flexibles e variadas (propostas máis que impostas, con distintos niveis de dificultade, que ofrezan diversidade de materiais e tempos...) e promover a cooperación entre nenas/os.
  • 25. 5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (IV) c) As necesidades educativas especiais (NEE) en Educación Infantil: Algunhas das NEE que poden estar presentes en Educación Infantil derívanse dos seguintes trastornos e discapacidades, requirindo unha intervención coordinada con outros profesionais e coas familias*: TRASTORNO/ DISCAPACIDADE ORIENTACIÓNS PARA A INTERVENCIÓN Trastornos do desenvolvemento Alteracións nunha área específica (coordinación motriz, linguaxe...): poñer retos adecuados ao seu nivel, ofrecer un ambiente estimulante, fomentar o contacto cos iguais, valorar os logros... / Trastornos xeneralizados do desenvolvemento*: dar instrucións claras, proporcionar información por varias canles sensoriais, actuar como modelo para a nena/o, reforzar positivamente... Discapacidade intelectual Propoñer actividades adecuadas ao seu nivel, promover aprendizaxes útiles para a vida cotiá, actuar sen sobreprotección, proporcionar axuda... Discapacidade física Adaptar o contorno, facilitar o acceso ás actividades e aos materiais, atender o seu benestar físico, promover a comunicación e a expresión... Discapacidade sensorial Discapacidade auditiva: reforzar a comunicación a través da canle visual (debuxos, xestos...), recorrer a axudas técnicas (audiófonos...), favorecer a interacción social... / Discapacidade visual: organizar a aula de forma estable, reforzar a comunicación oral, incorporar material táctil... Problemas de conduta e emocionais Hiperactividade e condutas disruptivas: establecer unha relación positiva, propoñer actividades diversas, fixar uns límites claros, reforzar positivamente en vez de castigar... / Inhibición: establecer unha relación positiva, crear espazos e tempos nos que poidan expresarse con liberdade, favorecer a relación cos iguais, non forzar...
  • 26. 5. A ATENCIÓN Á DIVERSIDADE (V) d) Medidas de atención á diversidade (extraídas do DECRETO 229/2011)*: Medidas ordinarias: non alteran os elementos prescritivos do currículo (obxectivos, contidos e criterios de avaliación). Inclúense, entre outras, as seguintes: Adecuación da estrutura organizativa do centro e a aula ás características do alumnado. Adecuación das programacións didácticas ao contorno e ao alumnado. Metodoloxías baseadas no traballo colaborativo en grupos heteroxéneos e outras que promovan a inclusión. Adaptación dos tempos aos distintos ritmos do alumnado. Reforzo educativo: medida encamiñada a complementar a acción educativa ordinaria para consolidar o proceso de aprendizaxe do alumnado que presenta dificultades puntuais. Medidas extraordinarias: supoñen modificacións significativas do currículo ordinario e/ou cambios esenciais no ámbito organizativo ou na modalidade de escolarización (requiren autorización da dirección do centro e da Inspección Educativa ou da dirección xeral que proceda). Inclúense, entre outras, as seguintes: Flexibilización da duración do período de escolarización (a escolarización en Educación Infantil poderá aumentarse ou reducirse nun ano respecto do establecido con carácter xeral). Adaptacións curriculares (significativas): modificación dos elementos prescritivos do currículo a fin de dar resposta ao ACNEAE.
  • 28. 6. DOCUMENTAR AS ACTIVIDADES Documentar significa rexistrar de maneira sistemática e intencionada o proceso de aprendizaxe dos nenos/as ao longo dunha ou varias actividades → proporciona aos nenos/as un recordo moi valioso das súas experiencias e permite informar aos pais/nais do traballo desenvolvido. Hai distintas ferramentas para documentar as actividades: FERRAMENTAS ORIENTACIÓNS Fotografías Planificar con antelación o que queremos fotografar, dispor dos recursos materiais e persoais axeitados, realizar un tratamento individual de cada neno/a (na medida do posible), reflectir o proceso de aprendizaxe completo (do principio ao final), coidar a estética... Unha vez feitas as fotos, elixir as mellores e facer unha montaxe dixital, elaborar un mural, realizar un álbum individual de cada neno/a... Vídeos Gravar actividades que queremos recordar e explicar ás familias ou que queremos avaliar, non mover apenas a cámara, facer primeiros planos, non pretender gravalo todo, facer montaxes atractivas... Textos orais (recoller palabras ou frases dos nenos/as) Anotar as palabras mentres observamos aos nenos/as ou gravalos e transcribir as palabras despois, incluír as palabras ou frases dos nenos/as nas súas producións (debuxos, manualidades...), elaborar un mural coas palabras ou frases ditas polos cativos/as... Ficheiro de actividades Recoller o esencial da planificación e a avaliación de cada actividade para poder recordala, analizala e mellorala no seu uso posterior.
  • 29. PERO HAI… tantas formas de viaxar… como viaxeir@s...