Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Unidade Didáctica 7

344 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Unidade Didáctica 7

  1. 1. ÍNDICE 1. A programación 1.1. Características da programación 1.2. Elementos da programación 2. As unidades de programación 2.1. Tipos de unidades 2.2. Elementos das unidades 3. O deseño de actividades 3.1. Criterios para o deseño de actividades 3.2. A selección de actividades 3.3. Tipos de actividades 4. A programación na educación non formal
  2. 2. http://www.youtube.com/watch?v=g57mSGjZ5aU
  3. 3. 1. A PROGRAMACIÓN  CONCEPTO DE PROGRAMACIÓN (DE AULA, DE GRUPO, DE ACTIVIDADES, DIDÁCTICA OU DOCENTE):  Constitúe o 3º nivel de concreción curricular (adaptación da proposta pedagóxica ás características do grupo-aula).  É un documento no que cada docente, en coordinación co equipo educativo, planifica o conxunto de elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe para un grupo concreto e un curso escolar.  Tamén pode definirse como o conxunto de unidades didácticas ordenadas e secuenciadas que se van desenvolver durante un curso escolar.
  4. 4. 1. A PROGRAMACIÓN (cont.)  NORMATIVA*:  A LOE/LOMCE inclúe a programación do ensino entre as funcións do profesorado.  O Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia sinala que cada ciclo de Educación Infantil constitúe unha unidade curricular temporal de programación.  A Orde do 25 de xuño de 2009 pola que se regula a implantación, o desenvolvemento e a avaliación do 2º ciclo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia establece unha distinción entre “programación didáctica” (elaborada polo equipo de ciclo para cada área do currículo) e “programación de aula” (elaborada por cada mestre/a para o seu grupo e estruturada en secuencias didácticas e/ou proxectos de traballo).
  5. 5. 1.1. CARACTERÍSTICAS DA PROGRAMACIÓN  A programación debe ser:  ÚTIL: será un instrumento de traballo en mans do educador/a.  PÚBLICA: servirá para reflectir o traballo na aula de cara ao centro, a comunidade educativa e a Administración e, polo tanto, haberá un exemplar á súa disposición.  FLEXIBLE: será unha hipótese de traballo que se adaptará á práctica educativa, non un produto acabado.  AVALIABLE: permitirá ir recollendo información sobre o seu desenvolvemento para reaxustala constantemente.  COHERENTE: estará en consonancia coas decisións adoptadas no PEC e a proposta pedagóxica.
  6. 6. 1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN  A programación consta de dúas partes: DECISIÓNS XERAIS • Caracterización do grupo / contextualización • Obxectivos • Contidos • Metodoloxía e recursos didácticos • Educación en valores / temas transversais* • Atención á diversidade* • Avaliación UNIDADES DE PROGRAMACIÓN / UNIDADES DIDÁCTICAS / UNIDADES DE TRABALLO
  7. 7. 1.2. ELEMENTOS DA PROGRAMACIÓN (cont.) ELEMENTOS DESCRICIÓN Caracterización do grupo / Contextualización Análise das características concretas do grupo de nenos/as: nº, idade, sexo, circunstancias persoais e familiares, posibles necesidades educativas especiais, historia escolar previa... Obxectivos Adaptación dos obxectivos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo concreto para o que se programa. Contidos Adaptación dos contidos establecidos na proposta pedagóxica ao grupo concreto para o que se programa. Unidades de programación Elaboración de secuencias concretas de aprendizaxe dotadas de sentido e coherencia interna que dan resposta aos obxectivos e contidos. Metodoloxía e recursos didácticos Principios e estratexias metodolóxicas; tipos de actividades e agrupamentos; organización dos recursos espaciais, materiais, temporais e persoais. Educación en valores / Temas transversais* Tratamento que se lle dará á educación en valores (responsabilidade, solidariedade, tolerancia, non-violencia...) ou temas transversais (educación para a paz, educación para a igualdade de oportunidades de ambos sexos, educación para a saúde, educación ambiental...). Atención á diversidade* Medidas para responder á diversidade de características persoais, necesidades, intereses e estilos de aprendizaxe das crianzas e para atender ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo (ACNEAE). Avaliación Criterios, momentos, técnicas e instrumentos de avaliación; avaliación da práctica docente e a programación; información ás familias.
  8. 8. A programación está composta por unidades máis pequenas...
  9. 9. 2. AS UNIDADES DE PROGRAMACIÓN  CONCEPTO DE UNIDADE DE PROGRAMACIÓN (UNIDADE DIDÁCTICA OU UNIDADE DE TRABALLO):  É unha fracción ou segmento da programación arredor dun proceso de ensino-aprendizaxe articulado e completo.  Pode concibirse como unha parcela da vida do grupo dotada de intencionalidade educativa na que conflúen todos os elementos que interveñen no proceso de ensino-aprendizaxe con coherencia interna e por un período de tempo determinado.  Tamén pode definirse como un conxunto de actividades agrupadas de forma significativa para desenvolver uns obxectivos e contidos durante un período de tempo determinado.
  10. 10. 2.1. TIPOS DE UNIDADES  En Educación Infantil, as unidades de programación poden ser de dous tipos: PERMANENTES (mantéñense todo o curso) • Rutinas cotiás: comida, descanso e hixiene + acollida e saída. • Actividades habituais: a hora do recreo, a asemblea, o conto... • Zonas ou recantos: xogo simbólico, construcións, manipulación... TEMPORAIS (desenvólvense nun período de tempo concreto) • Períodos específicos: período de adaptación. • Unidades temáticas / Centros de interese: os animais, a familia, personaxes de ficción... • Proxectos: construímos unha cabana, facemos unha horta, preparamos unha excursión... • Talleres / Obradoiros: cociña, barro, máscaras... • Festas: Nadal, Entroido, aniversarios... • Acontecementos imprevistos: neva, nace un irmanciño, atopamos un caracol...
  11. 11. 2.1. TIPOS DE UNIDADES (cont.)  Exemplo de distribución temporal de unidades de programación: 1º TRIMESTRE 2º TRIMESTRE 3º TRIMESTRE MAÑÁ UP 1: ACOLLIDA UP2:PERÍODODEADAPTACIÓN UP 3: RECANTOS UP 4: ASEMBLEA UP 5: O CORPO UP 6: COLECCIO- NAMOS CORES UP 7: NADAL UP 8: ANIMAIS UP 9: ENTROIDO UP 10: TALLER COCIÑA UP 11: OFICIOS UP 12: FACEMOS UN XARDÍN UP 13: FINAL CURSO UP 14: RECREO UP 3: RECANTOS UP 15: HIXIENE MEDIODÍA UP 16: ALIMENTACIÓN UP 15: HIXIENE UP 17: DESCANSO UP 15: HIXIENE TARDE UP 4: ASEMBLEA UP 5 UP 6 UP 7 UP 8 UP 9 UP 10 UP 11 UP 12 UP 13 UP 15: HIXIENE UP 16: ALIMENTACIÓN UP 15: HIXIENE UP 3: RECANTOS UP 17: DESPEDIDA
  12. 12. 2.2. ELEMENTOS DAS UNIDADES (modelo que imos seguir nós) ELEMENTOS DESCRICIÓN Identificación da UD Título – Escola – Etapa, ciclo e nivel – Curso e período dentro do curso – Duración aproximada Contextualización e xustificación Adecuación ao contorno e coherencia co PEC e a proposta pedagóxica – Adecuación ao momento evolutivo das crianzas – Fundamentación teórica Táboa de obxectivos, contidos e criterios de avaliación Áreas – Obxectivos de referencia (currículo) – Obxectivos didácticos (UD) – Contidos – Criterios de avaliación – Indicadores de avaliación Actividades Nº e título – Tipo – Obxectivos didácticos – Contidos – Desenvolvemento – Espazos – Materiais – Tempo – Persoal – Agrupamentos – Avaliación Recursos metodolóxicos e didácticos Principios metodolóxicos – Estratexias metodolóxicas – Recursos didácticos Educación en valores / Temas transversais* Importancia – Relación coa UD Atención á diversidade* Atención á diversidade de intereses, necesidades, etc., do alumnado – Atención ao ACNEAE Avaliación Que avaliar – Cando avaliar – Como avaliar
  13. 13. Convertamos o mapa en acción...
  14. 14. 3. O DESEÑO DE ACTIVIDADES  CONCEPTO DE ACTIVIDADE:  O termo “actividade” provén do latín “activĭtas, -ātis”, que significa “calidade de obrar”.*  As actividades son a última concreción da intervención educativa e as decisións curriculares; son o elemento fundamental que xustifica a intervención e a planificación educativa porque remiten, en definitiva, ao que as crianzas van facer e ao que constitúe a base da súa aprendizaxe.  Desde unha perspectiva educativa, as actividades poden definirse como un conxunto de accións levadas a cabo polos educadores/as e os nenos/as para acadar os obxectivos propostos.*
  15. 15. 3.1. CRITERIOS PARA O DESEÑO DE ACTIVIDADES  Ao deseñar as actividades, o educador/a debe ter en conta os seguintes criterios:  Que sexan axeitadas ao nivel de desenvolvemento das crianzas.*  Que sexan significativas e motivadoras, é dicir, que estean relacionadas cos coñecementos previos dos nenos/as e que conecten cos seus intereses.  Que permitan a interacción cos iguais e co adulto nun clima cálido e acolledor.  Que favorezan a experimentación, exploración e manipulación.*  Que sexan coherentes cos obxectivos e contidos programados.  Que promovan a adquisición de distintos tipos de capacidades (cognitivas, motrices, afectivas, de relación interpersoal e de inserción social).  Que permitan a expresión a través de diferentes linguaxes.  Que respecten a diversidade de intereses, necesidades e ritmos de aprendizaxe das crianzas.  Que conten cunha adecuada organización dos recursos espaciais, materiais, temporais e persoais.  Que sexan avaliables e poidan reaxustarse para corrixir as dificultades que xurdan.
  16. 16. 3.2. A SELECCIÓN DE ACTIVIDADES  Como seleccionar as actividades?  A partir dos obxectivos e contidos programados: decidir actividades para conseguir uns obxectivos e tratar uns contidos.  A partir dunha intuición: seleccionar actividades a partir de ideas que se nos ocorren de forma espontánea ou a raíz dalgún acontecemento imprevisto.  A partir das experiencias e propostas doutros profesionais: analizar criticamente e seleccionar as propostas doutros educadores/as e escolas ou as suxestións recollidas en revistas especializadas, libros de texto, libros de metodoloxía...  A partir do propio ficheiro de actividades: elaborar un arquivo coas actividades levadas a cabo e escoller aquelas que mellor funcionaron (ver modelo de ficha de actividade na diapositiva seguinte).
  17. 17. MODELO DE FICHA DE ACTIVIDADE ACTIVIDADE Nº X: TÍTULO Destinatarios/as: UD/Bloque: Tipo de actividade: Obxectivos didácticos/específicos: Contidos: Desenvolvemento: Organización do tempo e o espazo: Recursos materiais e persoais: Adaptacións: Avaliación:
  18. 18. 3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES  Segundo o momento de realización  Segundo as áreas de coñecemento do currículo Pero as tres áreas deben abordarse de forma interrelacionada de acordo co principio de globalización  Segundo os distintos momentos educativos * • Actividades iniciais: para pescudar os coñecementos previos dos nenos/as e motivalos. • Actividades de desenvolvemento: para levar a cabo as aprendizaxes programadas. • Actividades finais: para recapitular o aprendido e avaliar a consecución dos obxectivos e a práctica educativa. A maiores... • Actividades de reforzo: para fixar os contidos básicos co alumnado que non os adquiriu. • Actividades de ampliación: para afondar no aprendido co alumnado que xa domina os contidos tratados. • Actividades da vida cotiá / Rutinas • Xogo libre • Actividades dirixidas / programadas • Actividades para o coñecemento de si mesmo e a autonomía persoal • Actividades para o coñecemento do medio • Actividades de expresión e comunicación
  19. 19. 3.3. TIPOS DE ACTIVIDADES (cont.)  Segundo o grao de autonomía na súa realización  Segundo o tipo de agrupamento  Segundo o lugar de realización  Outros tipos de actividades* • Actividades libres • Actividades semi-dirixidas • Actividades dirixidas • Actividades complementarias: realízanse dentro do horario lectivo, dentro ou fóra do centro, para complementar a actividade habitual da aula e responden a decisións curriculares (educación formal). • Actividades extraescolares: realízanse no propio centro fóra do horario lectivo para potenciar a apertura do centro ao contorno e non obedecen a cuestións curriculares (educación non formal). • Actividades individuais • Actividades en pequenos grupos • Actividades no grupo aula • Actividades en gran grupo • Actividades interiores • Actividades exteriores
  20. 20. E máis alá das paredes da escola?
  21. 21. 4. A PROGRAMACIÓN NA EDUCACIÓN NON FORMAL  Por convención, na educación formal fálase de programación, mentres que na educación non formal fálase de proxecto (aínda que este inclúa unha programación de actividades).  Na planificación da educación non formal, o proxecto representa o terceiro nivel de concreción (plan – programa – proxecto).  Todo proxecto debe incluír unha serie de apartados: título – descrición – xustificación e contextualización – persoas destinatarias – obxectivos – metodoloxía – actividades – temporalización – recursos – orzamento – avaliación.  É preciso concretar e secuenciar as actuacións e actividades que se van desenvolver, utilizando plannings, cronogramas, horarios... (ver exemplo de cronograma na diapositiva seguinte)
  22. 22. EXEMPLO DE CRONOGRAMA ACTIVIDADES SEMANA 1 SEMANA 2 L M * X V L M * X V ACTIVIDADE 1 X ACTIVIDADE 2 X ACTIVIDADE 3 X ACTIVIDADE 4 X X X X X X X X X X ACTIVIDADE 5 X X X X X X X X X X ACTIVIDADE 6 X ACTIVIDADE 7 X X ACTIVIDADE 8 X X ACTIVIDADE 9 X ACTIVIDADE 10 X
  23. 23. PERO ONDE NOS LEVA O MAPA…?

×