Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

32º domingo tob 2012 bene pagola

305 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

32º domingo tob 2012 bene pagola

  1. 1. José Antonio Pagola 11 de novembro de 2012 32º Tempo ordinario (B)Red evangelizadora BUENAS NOTICIAS Marcos 12, 38-44Anuncia O Evanxeo vivido polos sinxelos. Pásao.Música:Over 20 Raibow;present:B.Areskurrinaga HC;euskaraz:D.Amundarain
  2. 2. O contraste entre as dúas escenas nonpode ser máis forte. Na primeira, Xesúspon á xente en gardafronte aos dirixentes relixiosos: "Coidado cos letrados!", o seu comportamento pode facer moito dano.
  3. 3. Na segunda,chama os seusdiscípulos paraque tomen notado xesto dunha viúva pobre:a xente sinxela poderallesensinar a vivir o Evanxeo.
  4. 4. É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega Xesús para desenmascarar a falsa relixiosidade dos escribas. Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de ostentación. Buscan vestir de modo especial e sersaudados con reverencia para sobresaír sobre os demais, imponerse e dominar.
  5. 5. A relixión sérvelles para alimentarfatuidade. Fan "longos rezos" para impresionar. Non crean comunidade, pois colócanse por enriba de todos. No fondo, só pensan en si mesmos. Viven aproveitándosedas persoas débiles ás que deberían servir.
  6. 6. Marcos non recolle as palabras de Xesús para condenar os escribas que había no Templo de Xerusalén antes da súadestrución, senón para poñer en garda ás comunidades cristiás para as que escribe.
  7. 7. Os dirixentesrelixiosos han de ser servidores da comunidade. Nada máis. Se o esquecen son un perigo para todos. Hai que reaccionar para que non fagan dano. dano
  8. 8. Na segunda escena,Xesús está sentadoenfronte da arca das ofrendas. Moitos ricos vanbotando cantidadesimportantes: son os que sosteñen o Templo.
  9. 9. De súpeto achégase unha muller.Xesús observa que bota dúas moediñas de cobre. É unha viúva pobre, maltratada pola vida, soa e sen recursos. Probablemente vive mendigando a carón do Templo.
  10. 10. Conmovido, Xesús chama rapidamente os seus discípulos. Non han deesquecer o xesto desta muller, pois, aínda que está pasando necesidade, “botou todo o que tiña para vivir".
  11. 11. Mentres os letrados vivenaproveitándoseda relixión, esta mullerdespréndese de todo polos demais, confiando totalmente en Deus.
  12. 12. O seu xesto descóbrenos o corazón da verdadeira religión: confianza grande en Deus, gratuidade sorprendente, xenerosidade e amor solidario, sinxeleza e verdade.
  13. 13. Non coñecemos o nomedesta muller nin o seu rostro.Só sabemos que Xesús viu nela unmodelo para os futuros dirixentes da súa Igrexa.
  14. 14. Tamén hoxe, tantas mulleres e homes de fe sinxela e corazón xeneroso son o mellor que temos na Igrexa. Non escriben libros nin pronuncian sermóns, pero son os que manteñen vivo entre nós o Evanxeo de Xesús.Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos.  
  15. 15. O MELLOR DA IGREXA   O contraste entre as dúas escenas non pode ser máis forte. Na primeira, Xesús pon a xente en gardafronte aos dirixentes relixiosos: "Coidado cos letrados!", o seu comportamento pode facer moito dano. Nasegunda, chama os seus discípulos para que tomen nota do xesto dunha viúva pobre: a xente sinxela poderallesensinar a vivir o Evanxeo. É sorprendente a linguaxe dura e certeira que emprega Xesús para desenmascarar a falsa relixiosidadedos escribas. Non pode soportar a súa vaidade e o seu afán de ostentación. Buscan vestir de modo especial eser saudados con reverencia para sobresaír sobre os demais, impoñerse e dominar. A relixión sérvelles para alimentar fatuidade. Fan "longos rezos" para impresionar. Non creancomunidade, pois colócanse por enriba de todos. No fondo, só pensan en si mesmos. Viven aproveitándose daspersoas débiles ás que deberían servir. Marcos non recolle as palabras de Xesús para condenar os escribas que había no Templo de Xerusalénantes da súa destrución, senón para poñer en garda as comunidades cristiás para as que escribe. Os dirixentesrelixiosos han de ser servidores da comunidade. Nada máis. Se o esquecen, son un perigo para todos. Hai quereaccionar para que non fagan dano. Na segunda escena, Xesús está sentado enfronte da arca das ofrendas . Moitos ricos van botandocantidades importantes: son os que sosteñen o Templo. De súpeto achégase unha muller. Xesús observa quebota dúas moediñas de cobre.É unha viúva pobre, maltratada pola vida, soa e sen recursos. Probablemente vivemendigando a carón do Templo. Conmovido, Xesús chama rapidamente os seus discípulos. Non han de esquecer o xesto desta muller, pois,aínda que está pasando necesidade, “botou todo o que tiña para vivir". Mentres os letrados vivenaproveitándose da relixión, esta muller despréndese de todo polos demais, confiando totalmente en Deus. O seu xesto descóbrenos o corazón da verdadeira relixión: confianza grande en Deus, gratuidadesorprendente, xenerosidade e amor solidario, sinxeleza e verdade. Non coñecemos o nome desta muller nin oseu rostro. Só sabemos que Xesús viu nela un modelo para os futuros dirixentes da súa Igrexa. Tamén hoxe, tantas mulleres e homes de fe sinxela e corazón xeneroso son o mellor que temos na Igrexa.Non escriben libros nin pronuncian sermóns, pero son os que manteñen vivo entre nós o Evanxeo de Xesús.Deles temos que aprender os presbíteros e os bispos.  José Antonio Pagola

×