2. Abies coreana
Son unhas 55 especies de árbores que medran principalmente en bosques de
Asia central e oriental, no centro e sur de Europa e en Norteamérica. Poden
medir de 10 a 80 m de altura.
As especies diferéncianse polo tamaño e a disposición das follas, pola forma e o
tamaño dos conos e pola lonxitude das brácteas que teñen entre as escamas das
piñas.
CLASE
pinopsida
ORDE
pinales
FAMILIA
pináceas
3. As follas dos abetos están unidas ás ponlas
por un pé que semella unha pequena
ventosa e os conos, cilíndricos, de entre 5
e 25 cm de longo, sitúanse, erguidos,
enriba das ponlas máis altas; cando
maduran desfanse para deixar libres os
piñóns mentras o eixo segue na árbore
durante un tempo.
5. Árbore perennifolia orixinaria das rexións montañosas de Europa que
pode acadar ata 60 m de altura.
Vive nas abas sombrizas das montañas (preferentemente entre os 700
e os 1.800 m) de clima húmido con solos frescos e fondos.
6. TALO:
Toro dereito coa tona cinsenta
crara, lisa e con vexigas
resinosas (gretada e máis
escura nos exemplares vellos).
Copa cónica coas ponlas case
horizontais.
7. FOLLAS
Simples, lineais coa punta roma, planas de 1,5 a 3 cm de lonxitude, de
cor verde escura con dúas liñas abrancazadas na parte inferior,
dispostas en dúas fileiras grosas.
8. FLORES
Especie dioica.
Conos masculinos pequenos,
globosos de cor amarela.
Conos femininos máis
grandes e voltos cara arriba.
Saen na primavera en ponlas
do ano anterior.
9. CONOS
Estróbilos (piñas)
erectos de entre 10 e
20 cm de lonxitude, de
forma cilíndrica
alongada con escamas
tectrices e de cor
castaña mate ao
maduraren.
Roger Culos - Eigenes Werk.
Lizenziert unter CC BY-SA 3.0
über Wikimedia Commons -
10. USOS
Madeira para a construción, ebanistería, pasta de papel... A
madeira é branca, lixeira, pouco resinosa e doada de
traballar.
-Arbore ornamental en parque e xardíns.
-Árbore de Nadal na tradición nórdica.
-Das vexigas corticais obtense a trementina, guaiacol,
creosota e terpina empregadas para varnices.
-Desinfectante doméstico.
Usos medicinais:
-As xemas e follas en infusión contra a tos, a asma e o
catarro. Por vía externa é cicatrizante.
-Aceite de trementina: para fregas no tratamento de
contusións e dores reumáticas.
11. Pazo Pena de Ouro (Noia).
-25 m de altura; 3,34 m de perímetro.
12. O Carballal (Arca, A Estrada)
-23,10 m de altura e 2,92 m de
perímetro.
INCLUÍDO NO CATÁLOGO DE
ÁRBORES SENLLEIRAS DA
XUNTA DE GALIZA.
15. Abeto de Nordmann
abeto do Cáucaso
(Abies nordmanniana)
Abeto de Nordmann
Nordmann fir
sapin de Nordmann
Abeto de Nordmann
16. Árbore perennifolia que pode acadar
os 60 m de altura, nativa do Cáucaso
e de Asia Menor.
Medra en climas frescos e con boa
humidade ambiental, sobre terreos
acedos e ben drenados. Atura
relativamente ben a polución.
Hibrida con facilidade co abeto
pinsapo e outras especies cultivadas,
polo que ás veces resulta difícil
distinguir algúns exemplares.
17. TALO:
Toro recto coa casca agrisada, lisa
nos espécimes novos e gretada
de forma lonxitudinal nos
adultos.
18. FOLLAS
Lineares, de 2 a 3 cm de longo, verdes e lustrosas pola face e con dúas liñas
claras polo envés, coas puntas dirixidas cara a parte superior das ponliñas ás
que ocultan.
19. FLORES:
As inflorescencias masculinas son
globosas, de cor parda-vermella; as
femininas cilíndricas, de cor verde,
erguidas, solitarias e só se atopan
nas ponlas máis altas.
20. CONOS:
Cilíndricos, de 10 a 20 cm de
lonxitude e de 4 a 5 cm de
largo, con exudacións
de resina e as escamas
tectrices saíntes e voltas cara
arriba.
22. Paseo da
Ferradura
(Santiago de
Compostela)
-2,73 m de
perímetro.
A Perona (Paseo da
Ferradura,
Santiago de
Compostela)
-18,50 m de altura;
1,20 m de
perímetro.
INCLUÍDO NO
CATÁLOGO DE
ÁRBORES
SENLLEIRAS DA
XUNTA DE GALIZA.
40. Árbore perennifolia nativa das
rexións montañosas de Grecia,
fundamentalmente no Peloponeso e
na illa de Cefalonia. Vive en áreas
con precipitacións por enriba do
1.000 milímetros en altitudes de 900
a 1.700 m.
Pode acadar os 40 m de altura.
A súa madeira foi moi empregada no
pasado para a construción. Na
actualidade é escaso e plántase
como especie ornamental.
41. As follas son aciculares, aplanadas de 1,5 a 3 cm de lonxitude e 2 mm de ancho,
brillantes, de color verde escura por enriba e con dúas bandas azul-brancas por
debaixo.
Os conos son de 10-20 cm de largo e 4 cm de ancho e coas brácteas tectrices erectas.