Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
LITERATURA (tema 6)6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS).1. IN...
LITERATURA (tema 6)6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS).1. IN...
LITERATURA (tema 6)               a) Merlín e familia: Conxunto de relatos contados polo paxe de Merlín                  c...
LITERATURA (tema 6)                       Este escritor domina múltiples técnicas e diversas presentacións formais,       ...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Literatura 6

773 views

Published on

  • Be the first to comment

Literatura 6

  1. 1. LITERATURA (tema 6)6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS).1. INTRODUCIÓN E CARACTERÍSTICAS2. AUTORES 2.1. EDUARDO BLANCO AMOR a) A esmorga b) Os biosbardos c) Xente ao lonxe 2.2. ÁLVARO CUNQUEIRO 2.2.1. NOVELA a) Merlín e familia b) As crónicas do Sochantre c) Se o vello Simbad volvese ás illas. 2.2.2. RELATOS (Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá, Os outros feirantes) 2.3. ÁNXEL FOLE 2.3.1. CARACTERÍSTICAS 2.3.2. OBRAS (Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que ninguéncre) 2.4. NEIRA VILAS 2.4.1 OBRAS E TEMÁTICA a) Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho. b) Xente no rodicio, A muller de ferro c) Camiño bretemoso, Historias de emigrantes3. CONCLUSIÓN 25
  2. 2. LITERATURA (tema 6)6. A PROSA ENTRE 1936 E 1976: OS RENOVADORES DA PROSA(FOLE, BLANCO AMOR, CUNQUEIRO E NEIRA VILAS).1. INTRODUCIÓN E CARACTERÍSTICAS Debido ás adversas circunstancias históricas da posguerra a produción narrativa eensaística en galego viviu un período de total silencio ata 1951 coa publicación de A xente daBarreira de Carballo Calero na editorial Galaxia fundada en 1950. Nesta década aparecen na literatura galega tres grandes innovadores tanto no aspectotemático coma no formal: así Cunqueiro mestura a realidade e a fantasía empregando a técnica dorelato oral; Ánxel Fole a través da súa obra introdúcenos na Galiza esotérica, ademais de empregartécnicas características do conto popular; mentres que Branco Amor a través dos suburbiosurbanos e das clases populares enmárcase no realismo social e emprega técnicas como atelefónica ou o multiperspectivismo. Estes autores aínda que innovadores temáticos e técnicosson continuadores da xeración Nós.2. AUTORES 2.1. EDUARDO BLANCO AMOR a) A esmorga: Editase en Bos Aires en 1959, mais non aparece en España ata o ano 1970 por mor da censura. Esta obra converte a Blanco Amor nun dos máximos representantes do realismo social. Nela Cibrán conta ante un xuíz a través da técnica do interrogatorio (xa que o xuíz non intervén) os sucesos ocorridos durante un día enteiro de troula co Bocas e o Milhomes na cidade de A. b) Os biosbardos: sete relatos contados en primeira persoa por un narrador adolescente. Os feitos poden considerarse autobiográficos xa que transcorren en Ourense, c) Xente ao lonxe: relato multiperspectivista no que se conta a historia dunha familia a través de varios narradores en primeira e terceira persoa. Reflexa a sociedade ourensá de comezos do século XX. 2.2. ÁLVARO CUNQUEIRO Dirixiu o xornal Faro de Vigo entre o anos 1965 e 1970. 2.2.1. NOVELA Nas novelas deste escritor maniféstase “o mundo mítico de Cunqueiro”, onde se mestura o real e o fantástico, incorpóranse mitos doutras tradicións, combina a lingua culta e popular nun estilo influenciado polas narracións tradicionais. Nas súas narracións, a paisaxe adoita ter unha función simbólica positiva. 26
  3. 3. LITERATURA (tema 6) a) Merlín e familia: Conxunto de relatos contados polo paxe de Merlín con unha estrutura constante: visita ó mago, exposición do problema e resolución. Nesta obra conxuga o mundo da Materia de Bretaña coa realidade galega da terra de Miranda. b) As crónicas do Sochantre: Presenta as peripecias dun músico dunha capela o longo dunha viaxe acompañado de personaxes de ultratumba. c) Se o vello Simbad volvese ás illas: Recrea o mito oriental, mais esta vez o mundo real e imaxinario non se mesturan, opóñense. 2.2.2. RELATOS En Escola de menciñeiros, Xente de aquí e de acolá e Os outros feirantes, un narrador , a través da técnica do relato oral, retrata un conxunto de prototipos galegos que reflicten a idiosincrasia do pobo galego.2.3. ÁNXEL FOLE 2.3.1. CARACTERÍSTICAS Na obra de Fole predomina o contexto rural, e coñécea con detalle. A súa técnica está fortemente influenciada pola narrativa oral (relatos en primeira persoa, apelacións ós oíntes, incisos ou comentarios…). Fai unha constante mestura de humor e medo, de realidade e de fantasía. A súa lingua recrea a fala luguesa, reproducindo os seus trazos dialectais. 2.3.2. OBRAS Escribiu: Á lus do candil, Terra brava, Contos da néboa, Historias que ninguén cre.2.4. NEIRA VILAS 2.4.1 OBRAS E TEMÁTICA A obra de Neira Vilas encádrase na liña do realismo social, clasificando a súa obra en tres grandes grupos: a) Memorias dun neno labrego, Cartas a Lelo, Aqueles anos do Moncho enmarcadas na Galiza rural con protagonista infantil b) Xente no rodicio, A muller de ferro nas que se mostra o mundo rural galego con protagonistas adultos. c) Camiño bretemoso, Historias de emigrantes centradas na problemática da emigración. 27
  4. 4. LITERATURA (tema 6) Este escritor domina múltiples técnicas e diversas presentacións formais, tendo unha linguaxe próxima á fala popular falada, cun léxico rico e depurado e sintaxe sinxela .3. CONCLUSIÓN Estes catro autores foron renovadores da literatura galega nos anos 50, tralo silencio daguerra. Se ben, vemos que Neira Vilas ten unha obra posterior a dos outros e contemporánea dosintegrantes da nova narrativa galega, mais sepáraos a súa temática, que se asenta na Galiza daposguerra. 28

×