SlideShare a Scribd company logo
1 of 125
O imperio dos Austria
Introdución
• A comezos do s. XVI, o neto dos Reis Católicos, Carlos I,
ocupou o trono da monarquía hispánica e instaurou a dinastía
chamada de Habsburgo ou de Austria.
• Carlos I e máis o seu fillo Filipe II gobernaron sobre un inmenso
Imperio, formado polas posesións europeas e polos territorios
americanos incorporados á coroa.
• Carlos I posuíu o título de emperador pola súa herdanza alemá,
pero durante o reinado de Filipe II, os territorios austríacos e a
titularidade imperial quedaron desligados da Coroa española.
• Tan inmensas posesións foron fonte de graves conflitos e
durante esta épocas as guerras no exterior foron constantes. En
gran parte, eses conflitos viñeron ocasionados polos problemas
relixiosos e pola defensa do catolicismo por parte dos reis
hispanos.
• Cos monarcas do s. XVII, Filipe III, Filipe IV e Carlos II o
imperio iniciou a súa lenta decadencia. A crise da economía, o
descenso da poboación e as derrotas militares puxéronlle fin á
hexemonía española en Europa.
CARLOS I
OU
CARLOS V
FILIPE II FILIPE III FILIPE IV CARLOS II
1516-1556 1556-1598 1598-1621 1621-1665 1665-1700
1519 Emperador de
Alemaña.
1520-1521
Comunidades e
xermanías (1521-1523)
1525 Batalla de Pavía
1547 Batalla de
Mülhberg
1555 Paz de Augsburgo
1556 Abdicación
1557 Batalla de San
Quintín
1566 Rebelión en
Flandres
1571 Batalla de
Lepanto
1581 Anexión de
Portugal
1588 Armada invencible
1609 Expulsión dos
mouriscos.
Tregua dos 12 anos.
1626 Vitoria de Breda
1640 Levantamento
de Catalunya e Portugal
1643 Derrota en Rocroi
1648 Paz de Westfalia
1659 Paz dos Pireneos
1673 Novas guerras
con Francia.
1678 Paz de Nimega
Actividade
Que reis da dinastía dos Habsburgo (Austrias) reinaron
en España durante o século XVI e XVII?
Que período é considerado de esplendor? E cal de decadencia?
Concurso de Mister Austria
Elixe ao Austria
máis guapo.
que características
físicas cres que teñen
en común?
Carlos I ou V Filipe II Filipe III
Filipe IV Carlos II
O emperador Carlos V visto ao final da súa vida polo embaixador
italiano Badoaro
• É de estatura mediana e de aspecto grave. Ten a
fronte espaciosa, os ollos azuis, nariz aquilina e un
pouco torcida; a mandíbula inferior longa e ancha, o
que lle impide xuntar os dentes e fai que non se
entenda ben o final das palabras. Os dentes de
diante son escasos e con carie; a pel é fermosa a
barba curta e apuntada. É ben proporcionado. A súa
complexión é flegmática, de orixe melancólica.
Padece case continuamente de hemorroides e, a
miúdo ten gota no pescozo e nos pés, polo que ten
contraídas as mans. Escolleu retirarse a Iuste
porque o aire deste lugar é o máis propicio de
España para o restablecemento da súa saúde (...)
Tiña por costume tomar, pola mañá, ao espertarse,
unha cunca de zume de capón con leite, azucre e
especias e despois volvía a repousar. A mediodía
comía gran variedade de pratos; merendaba pouco
despois de vésperas e ceaba á unha da madrugada,
tomando nesas diversas comidas toda clase de
cousas apropiadas para enxendrar humores
espesos e malignos
• (Relación sobre Carlos I. 1557)
O duque de Rivas sobre Felipe II
Una noche de Madrid de 1578 (1841)
• Macilento, enjuta, grave
• rostro como de ictericia;
• ojos siniestros que a veces
• de una hiena parecían;
• otros vagos, indecisos
• y de apagadas pupilas.
• Hondas arrugas, señales
• de medittación continua,
• huella de ardientes pasiones
• mostraba en frente y mejillas.
• Y escaso y rojo cabello,
• y barba pobre y mezquina,
• prestaba a su semblante
• expresión rara y ambigua.
Sobre o feitizamento de Carlos II
Carlos II foi feitizado porque só tiña un testículo
• CARLOS II EL FEITIZADO ERA ESTÉRIL PORQUE SÓ TIÑA UN TESTÍCULO
• O rei Carlos II O Feitizado (1661-1700), último dos Austrias, era estéril porque só tiña un testículo e ademais
atrofiado, segundo o primeiro estudo multidisciplinar médico e histórico da vida do monarca, realizado por Pedro
Gargantilla, médico internista do Hospital Clínico San Carlos de Madrid.
Gargantilla sostén que a esterilidade de Carlos II debíase a unha patoloxía xenital e en ningún caso a un
hechizamiento.
"Non tiña o cadáver nin unha pinga de sangue, o corazón aparece do tamaño dun gran de pementa; os pulmóns
corroídos; os intestinos putrefactos e gangrenados; un só testículo, negro como o carbón, e a cabeza chea de auga",
dicía o texto da necropsia realizada ao rei, unha proba médica inusual naquela época pero que Gargantilla cre que
fixeron a Carlos II polo seu suposto "hechizamiento".
Carlos II padeceu raquitismo infantil, "como queda constancia na súa avultada cabeza e en que non puidese camiñar
con normalidade ata os 10 anos, a pesar de que o herdeiro de Felipe IV tivo unha lactancia que durou case catro
anos e contou con 28 amas", sinala Gargantilla na súa análise.
A súa esterilidade
"Sen embargo, o auténtico calvario do rei foi a súa esterilidade, que se atribuíu a que estaba feitizado", sinala
Gargantilla, quen lembra que a primeira muller do rei, María Luisa de Orleans, continuaba sendo virxe ao ano de
matrimonio.
"Nunha operación de alto espionaxe internacional, o diplomático francés Rabenac apodérase duns calzóns do rei e
manda que sexan examinados por dous cirurxiáns da embaixada: un dictamina que o rei pode ter descendencia, e o
outro non", de forma, di Gargantilla, que a polémica está servida, ao que se suma que a propia raíña confesou a seu
camarera que Carlos II padecía de "eyaculación precoz que impedía consumar o matrimonio".
Aí, sostén o estudoso, comezou a lenda do feitizamento de Carlos II e así un astrólogo de Bohemia sostivo que a
causa da esterilidade estaba en que non se despedira do seu pai no seu leito de morte, "polo que o rei se dirixiu ao
mosteiro do Escorial, mandou sacar a momia de Felipe IV e durante uns minutos estivo contemplándoo".
Retrato de Carlos II
Carta de Millini, nuncio de Roma en España. 1680
• O rei é máis ben baixo que alto, fraco, mal
formado, fedo de rostro; ten o pescozo
longo, a cara longa, o queixo longo e como
encorvado cara a arriba; o labio inferior
típico dos Austrias; ollos non moi grandes,
de cor azul turquesa e cute fino e delicado.
Mira con expresión melancólica e un pouco
aombrado. O cabelo é rubio e longo,
peiteado cara atrás, de modo que as
orellas quedan ao descuberto. Non pode
enderezar o seu corpo máis que cando
camiña, a non ser que se arrime a unha
parede, unha mesa ou outra cousa. O seu
corpo é tan feble como a súa mente. De
vez en cando dá sinais dalgunha
intelixencia, de memoria e de certa
vivacidade; polo común ten un aspecto
lento e indiferente, paracendo estupefacto.
Pode facerse con el o que se desexe, pois
carece de vontade.
Carlos II o Feitizado
Frei Antonio Álvarez Argüelles. Resposta ao Inquisidor
• Díxome o demo pola noite que
o rei está maleficamente
enfeitizado para gobernar e
para enxendrar. Foi
enfeitizado cando tiña 14 anos
cun chocolate no que se
disolveron sesos dun home
morto para quitarlle a saúde e
os riles, para corromperlle o
seme e impedirlle a
procreación. Os efectos do
bebedizo renóvanse por lúas e
son maiores durante as lúas
novas.
BUSCA DIFERENZAS
María Ruíz Elvira
El País 15/04/2009
A endogamia matou aos Austrias
O primeiro estudo xenético indica que Carlos II era como un fillo incestuoso
M. RUIZ DE ELVIRA - Madrid - EL PAÍS 15/04/2009
Carlos II O Feitizado foi unha das vítimas dos repetidos cruzamentos entre parentes próximos que se deron nos seus antepasados, tanto
recentes como remotos. O seu coeficiente de consanguinidade era altísimo, similar ao do froito dunha relación entre pai e filla ou entre irmán e
irmá, acharon científicos españois. O primeiro estudo que aplica a xenética a unha dinastía española, a dos Austrias, confirmou a hipótese de
moitos historiadores de que a consanguinidade foi o factor clave na súa extinción, cando morreu Carlos II en 1700 sen descendencia. Tamén
permitiu esclarecer os principais trastornos que sufría o rei.
"Na análise da consanguinidade remontámonos 16 xeracións desde Carlos II, cun total de 3.000 personaxes", explica Gonzalo Álvarez Jurado,
catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela e seareiro á historia. O que atoparon Álvarez e os seus colegas, Francisco
Ceballos e Celsa Quinteiro, e publican en Plos One, é que pesan tanto as relacións de parentesco entre o pai e a nai do suxeito como as
acumuladas ao longo das xeracións.
Desde que Felipe o Fermoso inaugurou a dinastía ao casar con Juana La Loca, os matrimonios entre parentes nas diferentes casas reais
europeas, para conservar o poder, foron a norma. O coeficiente de consanguinidade indica a proporción de xenes idénticos que se reciben do
pai e da nai. Coa xenealoxía na man, en porcentaxe, vai aumentando desde o 2,5 de Felipe o Fermoso ao 21 de Felipe III. En Felipe IV baixa a
un 11,5 e Carlos II, a pesar de ser só fillo de tío e sobriña, ten o máximo (25,4), 10 veces maior que o do fundador.
"Para probar a influencia da consanguinidade, fomos aos efectos", indica Álvarez. "Analizamos a mortalidade infantil nos descendentes de cada
rei ata os 10 anos e observamos unha relación directa entre o coeficiente de consanguinidade e a taxa de mortalidade". Xa os testemuños da
época se estrañaban da cantidade de abortos e de nenos que nacían mortos ou morían pronto na familia mellor coidada da España de entón.
Ademais, os científicos españois estudaron desde o punto de vista xenético os trastornos dos reis e, sobre todo, de Carlos II. "Dispoñemos dos
mellores retratos de todos eles, de grandes pintores, que son moi informativos para os médicos", lembra Álvarez. Sen embargo, aclara, o
queixo prominente de Carlos I non está relacionada coa consanguinidade.
Dúas doenzas imputables a mutacións xenéticas recesivas, que necesitan herdarse dos dous proxenitores, explicarían os trastornos de Carlos
II, que era raquítico, non puido ter fillos e aos 30 anos parecía un vello. Son un déficit hormonal múltiple da hipófise (da hormona de
crecemento, entre outras) e unha acidose tubular renal, causa de raquitismo.
Na lotería xenética saíu mellor parada a infanta Margarita, irmá do rei e unha das famosas meninas de Velázquez, que se casou e tivo fillos.
Hai un grao de incertidume inevitable no estudo, debido á imposibilidade de asegurar a paternidade dos descendentes, pero Álvarez cre que é
pequeno, dado o marco da realeza na época. Agora, os investigadores están ampliando o estudo aos Austrias austríacos, que teñen aínda
maior consanguinidade. Un primeira análise indica que nos Borbóns é moito menor
Austria no século XVI
A configuración do imperio español no século XVI
a herdanza de Carlos I
• Carlos I de Habsburgo (1516-1556) fillo de Xoana de Castela
(A Tola) e de Felipe de Habsburgo (O Fermoso) herdou un
extenso territorio con posesións en Europa e América, e foi
nomeado emperador do Sacro Imperio Romano
Xermánico co título de Carlos V.
• Herdou da súa avoa paterna María de Borgoña os Países
Baixos, Franco Condado e Luxemburgo e do seu avó paterno
Maximiliano de Habsburgo Austria, a parte sur de Alemaña
e o título imperial.
• Por parte materna herdou do seu avó Fernando o Católico a
coroa de Aragón e o reino de Nápoles e por parte da súa
avoa Isabel a coroa de Castela coas posesións
norteafricanas e América.
A herdanza de Carlos I
A configuración do imperio español no século XVI
a herdanza de Carlos I
• Tal acumulación de terras e títulos levou ao emperador a defender
unha actuación baseada na súa supremacía sobre o resto dos reis
cristiáns, supremacía entendida no sentido feudal, de obediencia e
vasalaxe, e non de denominación territorial.
• Así, o ideal do emperador Carlos foi actuar como cabeza e o árbitro
da Universitas Christiana ou Imperio Universal que englobaría a
tódolos cristiáns de Europa, ideal que non puido conseguir debido,
principalmente, a división relixiosa provocada pola reforma
protestante (que se desenvolverá no corazón do propio imperio
alemán), así como polo permanente enfrontamento con Francia e
a escasa colaboración do Papa . A isto haberá que sumarlle a
ameaza turca no Mediterráneo e Europa Balcánica.
Carlos I na batalla de Mülhberg
Tiziano.Museo do Prado
Como incrementou Felipe II os territorios herdados do
seu pai? Que perdeu? Como organizou a monarquía?
• Felipe II incorporou Portugal e as súas
posesións en América e Asia á monarquía
hispánica.
• Perdeu anteriormente o dereito a ser emperador
do Sacro Imperio Romano Xermánico en
beneficio do seu tío Fernando.
• Para administrar un territorio tan extenso, Felipe
II centralizou o goberno, fixo de Madrid a súa
capital en 1561 e afianzou a autoridade rexia
coa axuda dos conselleiros.
Compara o tipo de imperio de Carlos I e o de Felipe II. Por
que é cualificado universal o primeiro e hispánico o
segundo? Cal tiña maior extensión territorial?
• O imperio de Carlos I califícase de Universal porque
ademais das posesións europeas e americanas e herdeiro
do Sacro Imperio Romano Xermánico, concepto medieval
que unía a toda a cristiandade de Europa baixo dous
poderes: un terreal (o emperador), e outro espiritual (o
Papa).
• Cando Felipe II se converte en rei, tras a abdicación de
Carlos I, este non herda os territorios de Austria nin o título
de emperador. Ao non ser emperador puido gobernar en
función exclusivamente dos intereses da monarquía
hispánica.
• Paradoxicamente terá máis posesións Felipe II posto que,
aínda que perde Austria e o imperio, gaña Portugal e as
súas posesións ultramariñas.
A Vila de Madrid
coñeceu un gran
crecemento desde que
Felipe II a converteuna
en capital e a Corte se
instalou nela
Río Manzanares
Vila
Alcázar
Residencia
real
Os pais de Felipe
II: Carlos I e Isabel
de Portugal
Medallóns da
Portada da
fachada da
Universidade de
Salamanca
Estilo Plateresco
Abaixo os Reis
Católicos bisavós
do rei
O Escorial
Hubert Sattler. 1867
Os cambios en tempos de Felipe II
• Felipe II (1556-1598), fillo de Carlos I, asumirá a coroa tras a
abdicación do pai. Non conservará o título de emperador, posto que
o seu pai cedéullelo ao seu irmán Fernando pero incorporará a
coroa portuguesa en 1580 ao morrer o rei deste territorio sen
descendencia. Felipe II reclamou o seu dereito ao trono como fillo
de Isabel de Portugal. Venceu polas armas a resistencia dalgún
sector oposto. Tras sesenta anos (1580-1640), o país veciño e as
súas colonias ultramarinas estiveron baixo o control da
monarquía hispánica e a corte mesmo residiu varios anos en
Lisboa.
• Numerosos conflitos terá que atender durante o seu reinado (a
pesar da tregua existente con Francia tras a batalla de San Quintín
en 1557) nos que destacan a rebelión en Flandes e a guerra contra
Inglaterra. Tamén houbo enfrontamentos cos turcos (batalla de
Lepanto 1571).
Batalla de San Quintín
1557 participaron os terzos
do reino de Nápoles
Felipe II: a rebelión de Flandes
• Os Países Baixos eran un conglomerado de estados unidos pola
obediencia ao mesmo rei e nos que arraigou fortemente a doutrina
calvinista.
• A intolerancia de Felipe II en materia relixiosa provocou revoltas e
motíns anticatólicos.
• Por outro lado os seus habitantes rexeitaban pagar impostos á
Coroa.
• En 1567 foi enviado o duque de Alba cun potente exército
(terzos) para reprimir as desordes.
• A pesar da dura represión cun elevado número de vítimas a
rebelión non cedeu, sobre todo nas provincias do norte (Holanda),
que non recoñecían a soberanía do rei español e crean as
Provincias Unidas en 1579 baixo o liderado de Guillerme de
Orange (Unión de Utrecht).
Os Paises Baixos de Felipe II ata 1648
Batalla de Lepanto
Felipe II: a guerra contra Inglaterra
• Motivos relixiosos (cisma anglicano), político (apoio aos rebeldes
protestantes dos Países Baixos) e económicos (ataques dos piratas
ingleses ao comercio español), agravaron as diferenzas entre Sabela I de
Inglaterra e o rei español.
• Os ataques de Francis Drake (entre 1577-1580) ás colonias americanas e
a execución da raíña de Escocia, a católica María Estuardo (1587),
decidiron a Felipe II a organizar a invasión e conquista de Inglaterra.
• Para logralo formou unha armada que debía ir ata os Países Baixos para
embarcar alí os terzos españois e asaltar Inglaterra (1588). A Grande
Armada (130 navíos e 25.000 homes) que saíu de Lisboa foi afundida
debido a un gran temporal no Canal da Mancha fixo fracasar a empresa.
• Estes dous monarcas representan o período de esplendor (s. XVI) do
reinado dos Habsburgos hispanos. O XVII, sin embargo, será considerado
un período de decadencia cos denominados Austrias menores.
A armada invencible
A Coruña
O ataque á Coruña
en 1589 polo corsario
Drake hai que poñelo
no contexto do conflito
con Inglaterra.
Estatua de María Pita
defensora no asedio
á cidade
N
A CORUÑA NO SÉCULO XVI ENSENADA
DO ORZÁN
BAÍA DA
CORUÑA
CIDADE
VELLA
OU ALTA
PESCADERÍA
OU CIDADE BAIXA
Reprodución do
Plano da Coruña
no s. XVI
O ataque de Drake
A defensa de María Pita
• No ano 1589 A Coruña é atacada por
moitísmos barcos chegados de Gran
Bretaña capitaneados por Sir Drake que
se acercaron ó porto decididos a
apoderarse da cidade.
• Este episodio está relacionado coa
resposta inglesa ó ataque da Armada
Invencible que se fixera o ano anterior.
O ataque de Drake
A defensa de María Pita
A defensa da cidade
• A batalla durou 15 días. Un dos ataques máis
terribles foi o asalto á Pescadería. Tódolos
habitantes da cidade a defenderon.
• O momento clave tivo lugar nas murallas da
Porta de Aires, onde unha muller, chamada
María Fernández de la Cámara y Pita,
comprobando a seriedade da situación
adiantouse ós seus compañeiros e armada
cunha lanza feríu de morte a un alférez inglés,
apoderándose no acto da súa bandeira.
ASEDIO DE DRAKE Á CORUÑA
O Imperio universal: Carlos I
Os problemas internos
• Carlos I, educado en Flandres, chegou á Península en 1517,
sen falar castelán e rodeado de conselleiros flamengos. Herdou
o trono estando súa nai encerrada en Tordesillas (Valladolid).
• As Cortes reclamáronlle atención aos asuntos do reino, pero o
monarca só as convocou para pedirlles cartos para coroarse
Emperador.
• En 1520 partiu, dende o porto da Coruña, cara Alemaña, no
medio dun malestar crecente da poboación que estalou en
diversas revoltas:
• A revolta das Comunidades (1520-1521) xurdiu en varias
cidades de Castela (Toledo, Segovia, Ávila, Burgos) como
protesta dos fidalgos, artesáns e comerciantes pola política
económica e falta de respecto ás leis do reino.
• O conflito estendeuse e producíronse revoltas campesiñas de
carácter antiseñorial. O exército comuneiro foi derrotado polas
tropas imperiais en Villalar (25-IV-1521) e os seus principais
dirixentes, Padilla, Bravo e Maldonado, foron axustizados.
En que consistiron as Xermanías?
• As Xermanías estalaron na Coroa de Aragón.
• Os feitos máis graves sucederon en Valencia e
Mallorca.
• Foi unha revolta de artesáns e campesiños que se
opuñan aos abusos da nobreza.
• Demandaban o acceso aos cargos municipais e a
mellora dos arendamentos campesiños.
• A revolta remotou en 1523 cando o rei apoiou á
nobreza para pórlles fin ás protestas.
Adrián de Utrech recibindo a representantes
das Xermanías. Por José Benlliure. 1872
A loita contra o autoritarismo monárquico
Comunidades e Xermanías
Escenario do conflito
Batalla
Cabeza do levantamento
Núcleo de resistencia
Xermanías Comunidades
O programa dos comuneiros
Xunta Santa. Peticións (1520)
• Que o rei non poida sacar nin dar licencia para que se saque ningunha
moeda do reino, nin pasta de ouro nin de prata, e que en Castela non
poida circular nin valer ningunha moeda de vellón que non fose
fundida e marcada no reino.
• Que o rei non poida dar licencia para que se saque pan nin carne fóra
do reino sen que sexa autorizado polas Cortes con informe de que non
o precisa o reino (...).
• Que o rei revoque e quite todos os oficios, beneficios, dignidades,
encomendas e fortalezas que foron dados a persoas non nacidas
neste reino, e que as dea aos naturais (...).
• Que cando o rei queira facer a guerra, chame a Cortes aos
procuradores e a eles e aos do Consello do Reino diga a causa da
guerra para que eles vexan se é xusta ou voluntaria (...).
• Que cando alguén teña que suceder no reino, antes que sexa recibido
por rei, xure cumprir e gardar todos estes cap´tiulos e confese que
recibe o reino nestas condicións, e se vai contra elas, que os do reino
poidan contradicilo sen caer por iso en pena de alevosía nin traizón
(...). E que así mesmo xure gardar a todas as cidades e vilas da Coroa
todos os seus privilexios e que os xure antes de ser recibido por rei.
• Quen eran os comuneiros? Que demandas lle esixían ao rei?
Los comuneros de Castilla. A. Gisbert (1860)
Nuevo mester de juglaría
Luís López Álvarez: canta a los comuneros (1981)
• Canto de esperanza
• Mil quinientos veintiuno,
• y en Abril para más señas,
• en Villalar ajustician
• quienes justicia pidieran.
• Malditos todos aquellos
• que firmaron la sentencia,
• malditos todos aquellos
• los que ajusticiar quisieran
• al que luchó por el pueblo
• y perdió tan justa guerra.
• Desde entonces ya Castilla
• no se ha vuelto a levantar,
• Ay, ay!
• en manos de rey bastardo
• o de regente falaz.
• Ay, ay!
• Siempre añorando una Junta
• o esperando un capitán.
• Ay, ay!
•
• Quién sabe si las cigüeñas
• han de volver por San Blas,
• si las heladas de Marzo
• los brotes se han de llevar,
• si las llamas comuneras
• otra vez crepitarán.
• Cuanto más vieja la yesca
• más facil se prenderá.
• Cuanto más vieja la yesca
• y más duro el pedernal,
• Si los pinares ardieron
• Aún nos queda el encinar.
Canto a la esperanza. Nuevo Mester de Juglaría
Do pendón comuneiro
á bandeira republicana española
Que eran os terzos?
• Eran unidades de combate
formadas por soldados
profesionais a soldo (mercenarios)
que defendían as posesións do
Imperio.
• Os terzos combatían en primeira
liña da fronte.
Que os soldados os compoñían?
•Soldados de calquera
nacionalidade
pertenecente ao
Imperio hispánico.
Como actuaban?
Describe o armamento…
• A indumentaria dos terzos compúñase dun
casco chamado morrión, unha media
armadura chamada coselete, que protexía
a parte superior do corpo e un faldrón que
cubría as coxas.
• Ían armados con armas de lume como
arcabuces, mosquetes e canóns e tamén
levaban armas brancas, como alabardas e
picas.
Economía e sociedade
s. XVI e XVII
• A chegada de ouro e prata de América podería ter
mellorada as condicións económicas e sociais da
poboación, pero non foi así:
• 1º. A entrada de ouro e prata provocou o efecto da
subida dos prezos dos produtos básicos
(revolución dos prezos).
• 2º Unha parte deste (quinto real) estaba
comprometido coa política exterior europea
(xuros e amortizacións que había que pagar aos
banqueiros que mediante empréstitos adiantaban
diñeiro ao tesouro real).
Houbo na Península un crecemento da produción agrícola
e artesanal en paralelo á demanda? Por que?
• Non se producíu un gran crecemento agrícola e
artesanal por dúas razóns:
• Os campesiños non podían conseguir terras para
cultivar, debido a que a nobreza e o clero non
querían destinar as súas terras a outra actividade
que non fose a gandería.
• Os tecidos casteláns non podían competir cos
que se importaban de Flandres, que eran de
mellor calidade e máis baratos, en consecuencia
prexudicouse a industria local de panos.
Como influía a demanda americana na economía
española?
• A demanda americana reactivou o comercio
oceánico e estimulou a produción de
manufacturas en Europa.
• Mercaderes españois e estranxeiros
encargábanse de exportar produtos de Europa e
distribuír os que chegaban a América.
• O monopolio deste comercio centralizouse en
Sevilla, na Casa de Contratación.
No século XVI, o porto de Sevilla converteuse
nun dos máis importantes de Europa.
Durante tres séculos tivo o monopolio do
comercio español con América.
Nin o campo nin as manufacturas peninsulares
puideron facer fonte ao aumento da demanda de
produtos. Valladolid s.XVI
Que efectos tivo a chegada de metais preciosos á
Península? Por que subiron os prezos no século XVI?
• A chegada de ouro e prata
americanos provocou un aumento
do diñeiro en circulación.
• Ao haber máis diñeiro o prezo dos
produtos subía, dando orixe á
inflación, descoñecida ata entón.
Que consecuencias tivo esta “revolución dos prezos”
sobre os diferentes grupos da sociedade hispánica?
• A suba de prezos afectoulles
especialmente ás clases populares, cuxas
condicións de vida empeoraron.
• Tamén prexudicou a nobreza que, para
compensar a diminución do valor das súas
rendas aumentou os impostos sobre os
campesiños, prexudicando máis aínda a
súa situación.
Importación de prata e ouro
americanos no s.XVI (kg)
período prata ouro
1503-1510 4.965
1511-1520 9.153
1521-1530 149 4.889
1531-1540 86.194 14.466
1541-1550 177.573 24.957
1551-1560 303.121 42.620
1561-1570 942.859 11.531
1571-1580 1.118.599 9.429
1581-1590 2.103.028 12.102
1591-1600 2.707.626 19.451
A crise socio-económica do século XVII
a crise demográfica
• O século XVII caracterizouse en toda Europa por unha
forte crise social e económica: pestes, malas colleitas,
guerras, parálise do comercio e da industria. Nos
territorios hispánicos, esta crise foi aínda máis fonda.
• Crise demográfica
• Nos territorios da Coroa de Castela e Aragón a poboación
pasou de 8,5 millóns de habitantes en 1600 a 7,5 millóns
en 1700. As causas do descenso hai que buscalas na
crise agraria, no fluxo migratorio cara América, nas
baixas ocasionadas polas continuas guerras
(principalmente as relacionadas coa guerra dos Trinta
Anos), na expulsión dos mouriscos durante o reinado de
Felipe III e no conxunto de epidemias que asolaron o país
entre 1601 e 1685.
A partir de finais do s. XVI, o poder adquisitivo da
poboación española diminuíu a consecuencia da
suba dos prezos.
A crise socio-económica do século XVII
Deterioro da economía
• No terreo económico a agricultura empeorou a súa xa
precaria situación, e a artesanía e mais o comercio, foron
incapaces de sobrevivir á revolución dos prezos iniciada
no século XVI pero, sobre todo, motivada pola
competencia estranxeira (era entre 10 e 15 veces máis
barato mercar as manufacturas no estranxeiro que as
producidas nos territorios principalmente da coroa de
Castela).
• En Castela, as principais fontes de riqueza eran a terra e
as rendas que xeraba. A propiedade estaba en mans de
privilexiados (nobreza, clero e alta burguesía) cuxa
aspiración era a vivir das rendas non do
desenvolvemento de actividades produtivas (os traballos
manuais envilecen hai que procurar ennobrecerse).
A crise socio-económica do século XVII
Deterioro da economía
• Esta mentalidade rendista comportou que os beneficios
da terra e as riquezas chegadas de América non se
utilizasen na creación de actividades produtivas (agrarias,
artesanais, manufactureiras ou comerciais) senón na
compra de máis terras ou en artigos de luxo. Consolídase
o denominado modelo social nobiliario.
• Dende o punto de vista monetario, mantívose a inflación
dos prezos acentuada polas alteracións monetarias feitas
polos reis (emisións de moeda de vellón, case sen prata,
pero cun alto valor nominal), que acabaron por arruinar a
produción manufactureira xa analizada anteriormente.
• Esta situación, unida a unha permanente subida dos
prezos, sumiu na pobreza á maioría da poboación (o
xénero da novela picaresca ilústranos como eran as
condicións neste tempo).
Campesiños en Xerez, 1650
A crise socio-económica do século XVII
Os problemas da facenda real
• A maior parte dos metais preciosos que chegaban á
Península apenas se detiñan nela. O seu destino
fundamental era financiar os exércitos que se mantiñan en
Europa e pagar os produtos importados que se compraban
no exterior.
• Cando empezaron a esgotarse algunhas das minas
americanas e diminuíu a cantidade de ouro e prata que
chegaban á Península, a monarquía non tivo suficiente
diñeiro para sufragar os seus gastos. Entón viuse obrigada
a pedir préstamos a banqueiros estranxeiros, que esixían
un elevado interese, e a aumentar os impostos.
• Estas medidas non conseguiron recadar o suficiente para
cubrir os gastos e a Facenda real tivo que declararse en
bancarrota (imposibilidade de pagar as súas débedas)
varias veces.
A crise socio-económica do século XVII
Conclusións
• Aínda que a historiografía tradicional fala da monarquía
dos Austrias dun período de esplendor durante o século
XVI e outro de decadencia no XVII no aspecto político e
económico, os historiadores na actualidade sinalan que a
fase de crise arranca en 1580 e que se prolonga durante
gran parte do século XVII.
• Pero a partir de 1660/1680 no aspecto económico;
diminúe a crise de subsistencia, hai un relativo
incremento demográfico e agrícola, estabilízase o
mercado interno.
• Politicamente a Monarquía Hispánica amósase débil,
pero logra resistir, aínda que con perdas, os ataques do
rei francés Luís XIV.
Principais moedas de castela
MOEDAS FINAIS S. XVI FINAIS S. XVII
Unidade de conta:
Marabedí (mr.)
Ducado 375 mrs.
De ouro:
Onza
Dobrón
Escudo ou coroa
2.800 mrs.
700 mrs.
350 mrs.
8.192 mrs.
2.048 mrs.
1.024 mrs.
De prata
Real 34 mrs. 68 mrs.
De vellón (cobre e prata)
Branca ½ mrs.
Cada unha delas tiña múltipolos e subdivisións, sendo a máis importante o real de a oito tamén chamado peso ou duro
Comentar as moedas do século XVI
Cal vale máis?
Comentar as moedas do século XVI
Escudo de ouro, por valor de 375 maravedís, con inscrición”Pola
graza de Deus” referido ao rei
Comentar as moedas do século XVI
Maravedí de cobre ou vellón, cun castelo e un león no anverso e reverso
Comentar as moedas do século XVI
Real de prata por valor de 34 maravedís, coa incrición
“Felipe II, rei de España e das Indias”
Comentar as moedas do século XVI
• Na actualidade, as moedas non se realizan con
metais preciosos, senón que se fabrican mediante
aliaxes, isto é, mesturas homoxéneas de varios
elementos metálicos.
• Algúns dos metais empregados son o aceiro,
cobre, cinc, aluminio, estaño...
• En época de Felipe II, unha parte da moeda
acuñábase en ouro e prata porque eran con
metais preciosos, como ouro e a prata
introducindo de forma progresiva cobre nelas
(vellón).
Economía e sociedade
MEMORIAL A FELIPE II LUÍS ORTIZ. 1558
• Dunha arroba de la que aos estranxeiros lles custa 15
reais, fan tapicerías e outros panos, e cousas labradas
fóra de España que volven despois a ela por valor de
máis de 15 ducados. E outro tanto sucede coa seda crúa
en madeixa, que con 2 ducados que lles custa a libra fan
lazos en Florencia, teas en Milán, veludos en Xénova
(...) e sacan máis de 20 ducados. E co ferro e o aceiro
que lles custa 1 ducado, fan freos, teazas martelos (...) e
sacan máis de 20 ducados e, ás veces, máis de 100 (...).
E a situación é tan desastrosa (...) que todo é prexuízo
non só da nosa honra, pois trátanos peor que aos
bárbaros, senón que tamén das nosas facendas, pois
con estas industrias levan o noso diñeiro (...). E o
remedio para isto é impedir que non saian do reino
mercadorías sen labrar nin entren mercadorías labradas.
Economía e sociedade
BERTANT. Diario da viaxe de España. 1669
• Hai sitios nas Indias de onde vén toda a riqueza
a Europa, a saber: Potosí (ouro) e México
(prata) (...) Pero esta riqueza non fai máis que
pasar por España sen deterse nela, porque
como en España os mercadores non teñen
mercadorías para cambiar contra as nosas teas,
panos e outras mercadorías que veñen de
Francia e dos restantes reinos, é preciso que os
paguen co diñeiro que vén das Indias, sobre o
que se hipoteca sempre, de maneira que se
este ano último a flota non viñese estaban
arruinados porque estaban terriblemente
endebedados.
Quen foron os monarcas do século XVII?
Que características tiñan en común?
• Felipe III (1598-1621)
• Felipe IV (1621-1665)
• Carlos II (1665-1700)
• Estes reis non tiveron nin o carisma nin a
personalidade dos seus antecesores e con
frecuencia desatenderon os asuntos de goberno,
deixándoos nas mans dos seus validos.
• As súas principais ocupacións eran o mantemento
das rendas e do seu prestixio, a caza e as
recepcións palacianas.
Que papel desempeñaron os validos? Que
consecuencias se derivaron? Cales foron os
validos máis importantes de cada rei?
• Os validos, no século XVII, acabaron desempeñando as
funcións de goberno que os reis descoidaban.
• Estes favoritos actuaban como verdadeiros xefes de
Goberno, limitando o poder do rei e aproveitándose da súa
posición para facer crecer a súa fortuna.
• As consecuencias que acabaron por derivarse do poder
dos validos foron as seguintes: o aumento da corrupción e
da ineficacia da administración, as intrigas do poder que se
producían na corte entre os nobres que aspiraban a ser
nomeados validos, e a compravenda dos cargos da
administración e dos títulos nobiliarios.
• Os validos máis importante foron:
Felipe III
Valido
Duque de Lerma
O duque de Lerma influíu no
traslado temporal da corte a
Valladolid, así como na
expulsión dos mouriscos.
Felipe IV
Valido
Conde-duque
de Olivares
O conde-duque de Olivares. Preparou
un amplo programa de reformas
encamiñadas a fortalecer o poder real. O
seu carácter autoritario e o seu
enriquecemento persoal supuxéronlle
numerosas disputas.
Carlos II
Valido
Xoán Xosé
de Austria
Xoán Xosé de Austria, irmán
natural do enfermizo rei Carlos II,
aproveitou o seu prestixio militar
para convertirse en valido.
Quevedo contra os validos
• Quen ao rei quita a fatiga e o traballo do seu
oficio mal ladrón é porque lle furta a honra, o
premio e o logro do seu cargo (...). Reinar é
velar. Quen dorme non reina. Rei que pecha os
ollos dá a garda das ovellas aos lobos e o
ministro que garda o sono ao seu rei, entérrao,
non o serve (...) gárdalle o sono e pérdelle a
conciencia e a honra e estas dúas cousas traen
penitencia na ruína e desolación nos reínos. Rei
que dorme, goberna entre sonos; e cando mellor
lle vai, soña que goberna.
• F. de Quevedo: Política de Deus, goberno de Cristo e tiranía de
Satanás, 1626.
XVII: declive do imperio
Felipe III: goberno dos validos
• Felipe III (1598-1621), inaugurou unha nova eta política
dos Austria españois. Tanto el coma os seus sucesores
renunciaron a exercer persoalmente as tarefas do
goberno, que pasaron a mans de ministros omnipotentes,
os validos ou privados.
• Felipe III tivo un breve, e polo xeral, pacífico reinado.
Entregoulle o goberno ao duque de Lerma, que conseguiu
manter a paz no exterior, logo de se asinar nos Países
Baixos a Tregua dos doce anos (1609) que recoñecía de
feito a independencia de Holanda.
• No interior o feito máis importante foi a expulsión dos
mouriscos (1609), que aínda agravou máis os problemas
agrícolas, especialmente no Levante español, onde unha
parte importante da poboación eran campesiños.
Os mouriscos no Levante (1609)
Expulsión dos
mouriscos
• En 1609, Felipe III
decretou a expulsión dos
mouriscos, a maioría dos
cales traballaban no
campo. Saíron de España
unhas 300.000 persoas,
preto do 5% da poboación.
• Como consecuencia disto
amplas zonas de Aragón,
Valencia e Andalucía
quedaron despoboadas.
Escena dunha praza de Madrid no século XVII,
onde se aprecia a gran cantidade de marxinados
(pícaros, vagabundos e mendigos) que vivían nela
As oportunidades desaproveitadas
• Ningunha potencia do mundo ten tantas oportunidades
para o comercio como España, pero o descoido en que se
ten a agricultura, a neglixencia do Goberno e a desidia de
todos os españois fan que outras nacións se aproveiten
diso (...).
• España rica en froitos, terras e frotas empobreceu por non
as labrar (...) e fai ao revés do que lle convén: vende a la e
compra as teas feitas (...). Os estranxeiros (...) traen aquí
todo o necesario para que llo compremos, de modo que
aquí non hai xa en que traballar.
• Din que os estranxeiros negocian en España cinco de
cada seis partes de canto se negocia nela, e nas Indias, de
dez partes, as nove: de modo que as Indias son para eles.
• Sancho de Moncada: Restauración da política de España. 1619.
XVII: declive do imperio
Filipe IV: fin da hexemonía en Europa
• Con Felipe IV (1621-1665), España volveuse a involucrar nos conflitos
europeos. As causas destes cambio hai que buscalas no estalido da
Guerra dos Trinta Anos (1618-1648).
• O conde-duque de Olivares, valido do rei, era decidido partidario da
guerra coa que pretendía manter a hexonía dos Habsburgo en Europa
e frear o protagonismo de Francia. Malia algunhas vitorias iniciais
(Breda, 1626), moi axiña se sucederon as derrotas (Rocroi, 1643). A
Paz de Westfalia (1648) púxolle fin á guerra e fixo patente o declive
da monarquía hispánica.
• A guerra consumiu moitos recursos e empobreceu a Castela. Olivares
intentou recrutar homes e impostos no resto de territorios hispánicos
levantamento de 1640 de Cataluña, Andalucía e Portugal. En
Andalucía a revolta foi rapidamente sofocada, pero Portugal acabou
separándose da Coroa española, apoiada por Francia, Inglaterra,
Portugal separouse definitivamente da Coroa española en 1665.
• En Cataluña, as autoridades pedíronlle axuda a Francia e a guerra
prolongouse ata 1652. A paz asinouse definitivamente con Francia en
1659 (Paz dos Pirineos), pero significou a entrega aos franceses de
Rosellón e parte da Cerdaña.
O valimento do conde-duque de Olivares
Introdución: a figura dos validos
• Os Austrias do século XVII (Felipe III, Felipe
IV e Carlos II) non gozaron do carisma e
personalidade de Carlos I e Felipe II (que
participaban activamente nos asuntos de
goberno). Delegaron as súas funcións en
favoritos, privanzas ou validos que
actuaban como xefes de goberno restando
cada vez máis protagonismo aos monarcas.
• Moitos deles utilizaron o seu poder no seu
propio beneficio e aumentaron a corrupción
e a ineficacia da administración da Coroa.
O valimento do conde-duque de Olivares
O conde-duque de Olivares
• O conde-duque de Olivares foi o valido de Felipe
IV (1621-1665) durante a primeira parte do seu
reinado (ata a caída deste en desgraza en 1643).
Unha vez instalado no poder iniciou unha
actividade política moi extensa.
• O seu goberno caracterizouse de autoritario e
centralizador. No interior tratou de levar a cabo un
amplo proxecto de reformas, mentres que no
exterior tivo que facer fronte a unha serie de
compromisos bélicos ocasionados pola
continuación da guerra con Holanda, o apoio aos
Habsburgo austríacos na Guerra dos 30 anos e a
inimizade de Francia, dirixida polo cardeal
Richelieu. .
UNIÓN DE ARMAS
Obxectivo: crear un exército permanente
Territorios Aportación de homes
Castela 44.000
Aragón 10.000
Cataluña 16.000
Valencia 6.000
Portugal 16.000
Nápoles 16.000
Sicilia 6.000
Milán 8.000
Paises Baixos 12.000
Baleares e Canarias 6.000
Total 140.000
O valimento do conde-duque de Olivares
Sublevación de Cataluña
• En 1639 entraron en Cataluña as tropas
reais para combater as tropas francesas
que invadiran o Rosellón. O aloxamento
das tropas ocasionou tumultos que
culminaron coa sublevación dos segadores
e a morte do vicerrei en Barcelona (Corpus
de sangue en 1640). A rebelión
estendeuse ao resto de Cataluña. Olivares
enviou o exército para reprimilos e
aproveitar a situación para eliminar os
privilexios forais. Fracasará.
Revolta de Cataluña
Base do seu himno
• Catalunya, triomfant,
tornarà a ser rica i plena!
Endarrera aquesta gent
tan ufana i tan superba!
Bon cop de falç!
Bon cop de falç, defensors de la
terra!
Bon cop de falç!
Ara és hora, segadors!
Ara és hora d'estar alerta!
Per quan vingui un altre juny
esmolem ben bé les eines!
(tornada)
Que tremoli l'enemic
en veient la nostra ensenya:
com fem caure espigues d'or,
quan convé seguem cadenes!
(tornada)
O Corpus de Sangue de 1640 en Barcelona
A. Estruch. 1907
Emilio Guanyavents. 1899
O valimento do conde-duque de Olivares
Alteracións de Portugal
• En paralelo ao conflito anterior, en 1640 prodúcese un forte
descontento en Portugal ante a política de castelanización do valido. A
obrigada participación de soldados portugueses no conflito de
Cataluña, a perda do seu imperio colonial ante os ataques
holandeses. Aproveitando a situación de crise xeneralizada da
Monarquía Hispánica en varios frontes, unha conspiración nobiliaria
conseguiu facerse co poder e proclamar ao duque de Braganza como
rei de Portugal en 1640.
• Ademais de Cataluña e Portugal na década de 1640 produciuse unha
crise xeral da Monarquía Hispánica debido á suma de problemas
políticos, derrotas militares e crise demográfica. En Andalucía, Aragón,
Navarra, Nápoles, Sicilia e a guerra con Francia debilitan a situación
da monarquía e rematarán coa caída do valido.
A guerra dos Trinta anos
Por que unha guerra puido durar trinta anos?
• Para iso é necesario coñecer a división
relixiosa de Europa e os intereses de
múltiples Estados en atacar e rematar co
poder dos Habsburgo españois e alemáns.
• Pero tamén se deben considerar os custos
económicos e humanos que carrexou
manter aberta unha guerra durante
décadas.
• A guerra desenvólvese en tres tempos:
A. Primeiro tempo
O conflito relixioso (1618-1620)
• En 1618, o Parlamento ou Dieta de Praga rexeitou o
nomeamento, como rei de Bohemia, do novo emperador
alemán Fernando II.
• A nobreza de Bohemia era, na súa maioría, protestante, e
o emperador, firmemente católico.
• Os conselleiros enviados a Praga polo emperador foron
mal recibidos e iniciouse unha rebelión por todo o territorio
checo, apoiada militarmente pola Unión Protestante.
• Fernando II pediu axuda ao seu sobriño, o monarca
español Felipe III. A guerra foi relativamente breve e
venceron as tropas católicas imperiais; podería ter
concluída pero non foi asi...
A rendición de Breda. Un dos grandes
triunfos dos terzos españois
División
Relixiosa
de Europa
B. Segundo tempo
Daneses e suecos fronte ao imperio alemán
(1625-1635)
• Os protestantes alemáns, preocupados polo poder e a
forza do emperador e dos Estados católicos do Imperio,
solicitaron en 1625 a axuda de Cristián IV, rei de
Dinamarca, de fe luterana.
• O rei danés aliouse coa Inglaterra anglicana e coa Holanda
calvinista para enfrontarse aos Habsburgo alemáns e
españois. Pero as tropas danesas tamén foron derrotadas
polos exércitos imperiais en 1629.
• Parecía rematado o conflito, pero Suecia, unha potencia
tamén protestante e desexosa de expandirse por Europa,
tomou o relevo de Dinamarca. A guerra volveu a
prolongarse ata 1635, cando asinou a paz.
• Non quedou claro quen resultaron vencedores e, en parte
por este motivo, a guerra tampouco finalizou entón...
A toma da cidade de Magdeburgo polas
tropas imperiais: Gravado da época
C. Terceiro tempo
Francia contra os Habsburgo (1635-1648)
• Francia desexaba converterse nunha nación con peso e
poder en Europa.
• Temía verse rodeada polos Habsburgo españois e
alemáns e estaba disposta a minar o seu poder.
• Por iso, aínda que era un país católico, non dubidou en
aliarse cos protestantes de Inglaterra, Holanda e Suecia,
para declarar a guerra, neste caso a España.
• Durante trece anos renaceu o conflito que se desenvolveu
sobre todo en Alemaña, pero que tamén afectou ao
territorio francés, nos Países Baixos, á Península Ibérica...
• Os exércitos imperiais españois e alemáns foron
derrotados pola coalición francesa e en 1648 inicáronse as
negociacións que concluíron coa Paz de Westfalia.
A batalla de Rocroi (1643), a primeira gran derrota dos
terzos españois ante as tropas francesas, marcou o inicio
do declive dos Habsburgo en Europa.
Que foi necesario para manter o conflito?
• A guerra durou tanto porque se
investiron enormes recursos nela.
• Esgotou as finanzas de moitos
Estados, arruinou as poboacións e
paralizou a economía, sobre todo
no centro de Europa.
Explica as perdas territoriais do Imperio
hispánico en Europa. Que estado foi o gran
beneficiario?
• O Imperio hispánico, ademais de Portugal, perdeu
diferentes territorios europeos.
• A guerra dos Trinta Anos acabou coa Paz de
Westfalia e España recoñeceu definitivamente a
independencia dos Países Baixos setentrionais.
• Paz dos Pireneos, 1659: Artois, Sundgau no Rin
e Cerdanya que pasaron a Franica.
• Paz de Nimega, 1678: Franco-Condado e outras
prazas cedidas a Francia.
• O Estado que saíu beneficiado foi Francia que se
converteu na máxima potencia Europea.
Entrevista de Felipe IV e Luís XIV na illa dos Faisáns,
tras a firma da paz dos Pireneos
Coa situación do apartado anterior, cres que a
monarquía hispánica podía manter o seu Imperio
no s. XVIII?
• Non.
• Debilidade económica, política e
social.
• Deixará de ser a potencia
principal e pasará a ser unha
potencia de segundo orde.
XVII: declive do imperio
Carlos II: a morte da dinastía dos Austria
• O reinado do derradeiro Austria, Carlos II
(1665-1700), constituíu o momento máis
crítico do Imperio. Uníronse a propia
incapacidade do rei, a corrupción dos seus
validos, a grave crise económica e a perda
de peso político de España na escena
internacional.
• Carlos II morreu sen descendencia dando
lugar a un grave conflito sucesorio entre
os partidarios do candidato francés (Filipe
de Borbón) e do candidato austríaco
(Carlos de Austria). O triunfo francés
significou o fin dos Habsburgo en España.
Economía e sociedade na Galicia dos Austria
Introdución
• A economía e sociedade na Galicia dos
Austrias segue sendo de antigo réxime:
economía agraria de subsistencia, réxime
demográfico primitivo e sociedade
estamental onde destaca a presenza da
fidalguía na administración dos foros.
• Analizaremos algúns apartados:
Economía e sociedade na Galicia dos Austria
A agricultura e as súas transformacións
• Máis do 80% da poboación vivía no rural durante os séculos XVI e XVII. A
distribución demográfica era máis homoxénea que na actualidade (non había
tanto desequilibrio entre a Galicia occidental e a do interior).
• Ata 1560-80 mantívose o sistema tradicional de produción feudal baseado no
cultivo de cereais (trigo e centeo) e no barbeito, que permitiu o crecemento da
poboación. A partir destas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos
favoreceu a aparición das crises de subsistencia, con malas colleitas, fames e
peste que provocaron a diminución da poboación, sendo especialmente grave
o ciclo negativo de 1633-36).
• Estas dificultades estimularon a transformación do sistema de cultivo.
Dende a costa cara o interior, foise estendendo o cultivo de millo, produto
procedente de América que alterou o sistema de rotacións, diminuíndo o
barbeito. Estes cambios permitiron un forte crecemento da produción e da
poboación; esta situación contrastaba co panorama negativo do século
XVII no resto de Europa.
O millo cobra moitísima
Importancia en Galicia
a partir do século XVII
Economía e sociedade na Galicia dos Austria
Importancia da pesca na Galicia litoral (XVI-XVII)
• A actividade pesqueira, que na Idade Media acadara mercados
no Mediterráneo e o Atlántico, mantívose no século XVI. Por
exemplo Pontevedra, cun importante gremio de mareantes, tiña
o control da pesca na Ría e o monopolio do peixe salgado.
• Fontes contemporáneas como a do Ldo. Molina afirmaban que
Pontevedra, Baiona, Vigo e Redondela pescaban gran
cantidade de sardiña e pescada que vendían na Galicia e en
Castela. En 1582 a captura de sardiñas na ría de Pontevedra
ascendía a 130 millóns de unidades. Se a actividade pesqueira
foi moi importante no XVI a partir de 1588 e, durante o século
XVII diminuirá debido as trabas impostas aos barcos que tiñan
que levar protección armada doutros navíos. Así as vilas e
cidades costeiras perderon poboación no século XVII.
A pesca litoral en Galicia
tivo enorme importancia
durante o século XVI
Economía e sociedade na Galicia dos Austria
Estrutura social: sociedade rendista o peso da fidalguía
• Aínda que perdura o esquema medieval de sociedade estamental esta faise
máis complexa ao longo destes séculos.
• O poder dos grupos privilexiados (nobreza e clero) estaba na extracción de
rendas gracias á propiedade da terra e da fincabilidade urbana. O absentismo
da alta nobreza galega que estivo, en moitos casos, asociada ás empresas
políticas e militares dos Austrias (Andrade, Lemos, Sarmiento, Monterrei...
faise cortesá e desempeñan elevados cargos na Administración como
vicerreis, embaixadores...) e a dirección dos mosteiros galegos fóra de
Galicia fai que emerxa unha nobreza segundona, a fidalguía que actúa como
medianeira entre o campesiñado e a alta nobreza absentista na percepción
das rendas a través do cobro dos foros (contratos de arrendamentos
perpetuos ou de moi longa duración). Esta fidalguía que vive do agro nos
pazos, grandes casas de labranza, e logo residenciarase nas vilas e cidades
galegas como segundo domicilio.
• Toda Galicia quedou sementada desta fidalguía que perdurará ata ben entrada
a Idade Contemporánea motivada pola persistencia dos foros.
Torres do Allo (Zas)
O Pazo sinala
a presenza da fidalguía
na Idade Moderna
Valoración da película Alatriste
• Elaboración da ficha
técnica: título,
duración, país que
producen, director,
intérprete.
• Visionado:
argumento,
personaxes, feitos,
época histórica,
lugares...
• Análise do argumento
e dos personaxes.
Valoración da película El rey pasmado
• Elaboración da ficha
técnica: título,
duración, país que
producen, director,
intérprete.
• Visionado:
argumento,
personaxes, feitos,
época histórica,
lugares...
• Análise do argumento
e dos personaxes.
Literatura sobre a época
Enlace páxina web/

More Related Content

What's hot

Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
mttq
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
camposseijo
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
camposseijo
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Santi Pazos
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
rubempaul
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
camposseijo
 

What's hot (20)

Os Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os AustriasOs Reis católicos e os Austrias
Os Reis católicos e os Austrias
 
Os grandes Reinos Peninsulares
Os grandes Reinos PeninsularesOs grandes Reinos Peninsulares
Os grandes Reinos Peninsulares
 
Al-Andalus
Al-AndalusAl-Andalus
Al-Andalus
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de GaliciaOs reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
Os reinos cristiáns peninsulares. O reino de Galicia
 
A fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo AntigoA fragmentación do Mundo Antigo
A fragmentación do Mundo Antigo
 
Mitad tema 2
Mitad tema 2Mitad tema 2
Mitad tema 2
 
Galicia un reino
Galicia un reinoGalicia un reino
Galicia un reino
 
A Europa feudal
A Europa feudalA Europa feudal
A Europa feudal
 
A Europa do século XVII
A Europa do século XVIIA Europa do século XVII
A Europa do século XVII
 
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península IbéricaOs pobos xermánicos na Península Ibérica
Os pobos xermánicos na Península Ibérica
 
A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)A civilización grega (1º ESO)
A civilización grega (1º ESO)
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES ElviñaCamiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
Camiño de Santiago. O Cebreiro-Samos. Proxecto Terra-IES Elviña
 
Unidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentosUnidade 7 a época dos descubrimentos
Unidade 7 a época dos descubrimentos
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade ModernaTema 12: Galicia na Idade Moderna
Tema 12: Galicia na Idade Moderna
 
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis CatólicosTema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
Tema 8 A monarquía autoritaria. Os Reis Católicos
 
Unidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalusUnidade 5 al andalus
Unidade 5 al andalus
 
Renovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudalRenovación e crise no mundo feudal
Renovación e crise no mundo feudal
 

Similar to Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato

Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Dudas-Historia
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
Santi Pazos
 
Imperioesp 100226155949-phpapp01
Imperioesp 100226155949-phpapp01Imperioesp 100226155949-phpapp01
Imperioesp 100226155949-phpapp01
LOPEZMOURENZA
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
roberto
 

Similar to Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato (20)

Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
 
Felipe V
Felipe VFelipe V
Felipe V
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 
A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
Isabel de farnesio
Isabel de farnesioIsabel de farnesio
Isabel de farnesio
 
Isabel de farnesio
Isabel de farnesioIsabel de farnesio
Isabel de farnesio
 
Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892Tema6 150518150755-lva1-app6892
Tema6 150518150755-lva1-app6892
 
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
Imperio espanol
Imperio espanolImperio espanol
Imperio espanol
 
Imperioesp 100226155949-phpapp01
Imperioesp 100226155949-phpapp01Imperioesp 100226155949-phpapp01
Imperioesp 100226155949-phpapp01
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
A IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPTA IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPT
 
Os reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe iiOs reinados de carlos i e filipe ii
Os reinados de carlos i e filipe ii
 
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
O século XVII: a crise do imperio español
 O século XVII: a crise do imperio español O século XVII: a crise do imperio español
O século XVII: a crise do imperio español
 
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
10 c O século XVI: o apoxeo de imperio español
 

More from Agrela Elvixeo

O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
Agrela Elvixeo
 

More from Agrela Elvixeo (20)

POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...
POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...
POEMAS ILUSTRADOS DE LUÍSA VILLALTA. Elaborados polos alumnos de 4º PDC do IE...
 
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docxGUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
GUIÓN DA XIMCANA CAIÓN SOLUCIONARIO.docx
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES MonelosLuísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
Luísa Villalta. Letras Galegas 2024. Carteis do IES Monelos
 
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de GaliciaRuth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
Ruth Matilda Anderson. Hispanic Society of America. Imaxes de Galicia
 
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES MonelosPeixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
Peixeiras da Coruña. O Muro da Coruña. IES Monelos
 
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES MonelosXardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
Xardín de San Carlos (A Coruña) IES Monelos
 
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES MonelosLavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
Lavandeiras e lavadoiros da Coruña. IES Monelos
 
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade MediaOs xudeus na Coruña durante a Idade Media
Os xudeus na Coruña durante a Idade Media
 
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da CoruñaA Galera ou prisión de mulleres da Coruña
A Galera ou prisión de mulleres da Coruña
 
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da CoruñaAs cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
As cigarreiras da Fábrica de Tabacos da Coruña
 
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADEANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
ANTIGA FÁBRICA DE TABACOS DA CORUÑA. HISTORIAS DA CIDADE
 
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da CoruñaO Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
O Muro da Coruña. A actividade pesqueira no porto da Coruña
 
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A CoruñaFrancisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
Francisco Espoz y Mina. Liberal vinculado A Coruña
 
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
Historias da Coruña: Juan Díaz Porlier "O Marquesiño"
 
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
Xoana de Vega (persoeiro importante do liberalismo coruñés)
 
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
50 aniversario das obras do encoro de Cecebre
 
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptxA CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
A CORUÑA E A EDICIÓN DO LIBRO EN GALEGO.pptx
 
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
As Irmandades da Fala. As Irmandades da Fala créanse na Coruña en 1916
 

Unidade 3. os Austrias. auxe e decadencia. Historia de España 2º bacharelato

  • 1. O imperio dos Austria
  • 2. Introdución • A comezos do s. XVI, o neto dos Reis Católicos, Carlos I, ocupou o trono da monarquía hispánica e instaurou a dinastía chamada de Habsburgo ou de Austria. • Carlos I e máis o seu fillo Filipe II gobernaron sobre un inmenso Imperio, formado polas posesións europeas e polos territorios americanos incorporados á coroa. • Carlos I posuíu o título de emperador pola súa herdanza alemá, pero durante o reinado de Filipe II, os territorios austríacos e a titularidade imperial quedaron desligados da Coroa española. • Tan inmensas posesións foron fonte de graves conflitos e durante esta épocas as guerras no exterior foron constantes. En gran parte, eses conflitos viñeron ocasionados polos problemas relixiosos e pola defensa do catolicismo por parte dos reis hispanos. • Cos monarcas do s. XVII, Filipe III, Filipe IV e Carlos II o imperio iniciou a súa lenta decadencia. A crise da economía, o descenso da poboación e as derrotas militares puxéronlle fin á hexemonía española en Europa.
  • 3. CARLOS I OU CARLOS V FILIPE II FILIPE III FILIPE IV CARLOS II 1516-1556 1556-1598 1598-1621 1621-1665 1665-1700 1519 Emperador de Alemaña. 1520-1521 Comunidades e xermanías (1521-1523) 1525 Batalla de Pavía 1547 Batalla de Mülhberg 1555 Paz de Augsburgo 1556 Abdicación 1557 Batalla de San Quintín 1566 Rebelión en Flandres 1571 Batalla de Lepanto 1581 Anexión de Portugal 1588 Armada invencible 1609 Expulsión dos mouriscos. Tregua dos 12 anos. 1626 Vitoria de Breda 1640 Levantamento de Catalunya e Portugal 1643 Derrota en Rocroi 1648 Paz de Westfalia 1659 Paz dos Pireneos 1673 Novas guerras con Francia. 1678 Paz de Nimega Actividade Que reis da dinastía dos Habsburgo (Austrias) reinaron en España durante o século XVI e XVII? Que período é considerado de esplendor? E cal de decadencia?
  • 4. Concurso de Mister Austria Elixe ao Austria máis guapo. que características físicas cres que teñen en común? Carlos I ou V Filipe II Filipe III Filipe IV Carlos II
  • 5. O emperador Carlos V visto ao final da súa vida polo embaixador italiano Badoaro • É de estatura mediana e de aspecto grave. Ten a fronte espaciosa, os ollos azuis, nariz aquilina e un pouco torcida; a mandíbula inferior longa e ancha, o que lle impide xuntar os dentes e fai que non se entenda ben o final das palabras. Os dentes de diante son escasos e con carie; a pel é fermosa a barba curta e apuntada. É ben proporcionado. A súa complexión é flegmática, de orixe melancólica. Padece case continuamente de hemorroides e, a miúdo ten gota no pescozo e nos pés, polo que ten contraídas as mans. Escolleu retirarse a Iuste porque o aire deste lugar é o máis propicio de España para o restablecemento da súa saúde (...) Tiña por costume tomar, pola mañá, ao espertarse, unha cunca de zume de capón con leite, azucre e especias e despois volvía a repousar. A mediodía comía gran variedade de pratos; merendaba pouco despois de vésperas e ceaba á unha da madrugada, tomando nesas diversas comidas toda clase de cousas apropiadas para enxendrar humores espesos e malignos • (Relación sobre Carlos I. 1557)
  • 6. O duque de Rivas sobre Felipe II Una noche de Madrid de 1578 (1841) • Macilento, enjuta, grave • rostro como de ictericia; • ojos siniestros que a veces • de una hiena parecían; • otros vagos, indecisos • y de apagadas pupilas. • Hondas arrugas, señales • de medittación continua, • huella de ardientes pasiones • mostraba en frente y mejillas. • Y escaso y rojo cabello, • y barba pobre y mezquina, • prestaba a su semblante • expresión rara y ambigua.
  • 7. Sobre o feitizamento de Carlos II Carlos II foi feitizado porque só tiña un testículo • CARLOS II EL FEITIZADO ERA ESTÉRIL PORQUE SÓ TIÑA UN TESTÍCULO • O rei Carlos II O Feitizado (1661-1700), último dos Austrias, era estéril porque só tiña un testículo e ademais atrofiado, segundo o primeiro estudo multidisciplinar médico e histórico da vida do monarca, realizado por Pedro Gargantilla, médico internista do Hospital Clínico San Carlos de Madrid. Gargantilla sostén que a esterilidade de Carlos II debíase a unha patoloxía xenital e en ningún caso a un hechizamiento. "Non tiña o cadáver nin unha pinga de sangue, o corazón aparece do tamaño dun gran de pementa; os pulmóns corroídos; os intestinos putrefactos e gangrenados; un só testículo, negro como o carbón, e a cabeza chea de auga", dicía o texto da necropsia realizada ao rei, unha proba médica inusual naquela época pero que Gargantilla cre que fixeron a Carlos II polo seu suposto "hechizamiento". Carlos II padeceu raquitismo infantil, "como queda constancia na súa avultada cabeza e en que non puidese camiñar con normalidade ata os 10 anos, a pesar de que o herdeiro de Felipe IV tivo unha lactancia que durou case catro anos e contou con 28 amas", sinala Gargantilla na súa análise. A súa esterilidade "Sen embargo, o auténtico calvario do rei foi a súa esterilidade, que se atribuíu a que estaba feitizado", sinala Gargantilla, quen lembra que a primeira muller do rei, María Luisa de Orleans, continuaba sendo virxe ao ano de matrimonio. "Nunha operación de alto espionaxe internacional, o diplomático francés Rabenac apodérase duns calzóns do rei e manda que sexan examinados por dous cirurxiáns da embaixada: un dictamina que o rei pode ter descendencia, e o outro non", de forma, di Gargantilla, que a polémica está servida, ao que se suma que a propia raíña confesou a seu camarera que Carlos II padecía de "eyaculación precoz que impedía consumar o matrimonio". Aí, sostén o estudoso, comezou a lenda do feitizamento de Carlos II e así un astrólogo de Bohemia sostivo que a causa da esterilidade estaba en que non se despedira do seu pai no seu leito de morte, "polo que o rei se dirixiu ao mosteiro do Escorial, mandou sacar a momia de Felipe IV e durante uns minutos estivo contemplándoo".
  • 8. Retrato de Carlos II Carta de Millini, nuncio de Roma en España. 1680 • O rei é máis ben baixo que alto, fraco, mal formado, fedo de rostro; ten o pescozo longo, a cara longa, o queixo longo e como encorvado cara a arriba; o labio inferior típico dos Austrias; ollos non moi grandes, de cor azul turquesa e cute fino e delicado. Mira con expresión melancólica e un pouco aombrado. O cabelo é rubio e longo, peiteado cara atrás, de modo que as orellas quedan ao descuberto. Non pode enderezar o seu corpo máis que cando camiña, a non ser que se arrime a unha parede, unha mesa ou outra cousa. O seu corpo é tan feble como a súa mente. De vez en cando dá sinais dalgunha intelixencia, de memoria e de certa vivacidade; polo común ten un aspecto lento e indiferente, paracendo estupefacto. Pode facerse con el o que se desexe, pois carece de vontade.
  • 9. Carlos II o Feitizado Frei Antonio Álvarez Argüelles. Resposta ao Inquisidor • Díxome o demo pola noite que o rei está maleficamente enfeitizado para gobernar e para enxendrar. Foi enfeitizado cando tiña 14 anos cun chocolate no que se disolveron sesos dun home morto para quitarlle a saúde e os riles, para corromperlle o seme e impedirlle a procreación. Os efectos do bebedizo renóvanse por lúas e son maiores durante as lúas novas.
  • 11. María Ruíz Elvira El País 15/04/2009
  • 12. A endogamia matou aos Austrias O primeiro estudo xenético indica que Carlos II era como un fillo incestuoso M. RUIZ DE ELVIRA - Madrid - EL PAÍS 15/04/2009 Carlos II O Feitizado foi unha das vítimas dos repetidos cruzamentos entre parentes próximos que se deron nos seus antepasados, tanto recentes como remotos. O seu coeficiente de consanguinidade era altísimo, similar ao do froito dunha relación entre pai e filla ou entre irmán e irmá, acharon científicos españois. O primeiro estudo que aplica a xenética a unha dinastía española, a dos Austrias, confirmou a hipótese de moitos historiadores de que a consanguinidade foi o factor clave na súa extinción, cando morreu Carlos II en 1700 sen descendencia. Tamén permitiu esclarecer os principais trastornos que sufría o rei. "Na análise da consanguinidade remontámonos 16 xeracións desde Carlos II, cun total de 3.000 personaxes", explica Gonzalo Álvarez Jurado, catedrático de Xenética na Universidade de Santiago de Compostela e seareiro á historia. O que atoparon Álvarez e os seus colegas, Francisco Ceballos e Celsa Quinteiro, e publican en Plos One, é que pesan tanto as relacións de parentesco entre o pai e a nai do suxeito como as acumuladas ao longo das xeracións. Desde que Felipe o Fermoso inaugurou a dinastía ao casar con Juana La Loca, os matrimonios entre parentes nas diferentes casas reais europeas, para conservar o poder, foron a norma. O coeficiente de consanguinidade indica a proporción de xenes idénticos que se reciben do pai e da nai. Coa xenealoxía na man, en porcentaxe, vai aumentando desde o 2,5 de Felipe o Fermoso ao 21 de Felipe III. En Felipe IV baixa a un 11,5 e Carlos II, a pesar de ser só fillo de tío e sobriña, ten o máximo (25,4), 10 veces maior que o do fundador. "Para probar a influencia da consanguinidade, fomos aos efectos", indica Álvarez. "Analizamos a mortalidade infantil nos descendentes de cada rei ata os 10 anos e observamos unha relación directa entre o coeficiente de consanguinidade e a taxa de mortalidade". Xa os testemuños da época se estrañaban da cantidade de abortos e de nenos que nacían mortos ou morían pronto na familia mellor coidada da España de entón. Ademais, os científicos españois estudaron desde o punto de vista xenético os trastornos dos reis e, sobre todo, de Carlos II. "Dispoñemos dos mellores retratos de todos eles, de grandes pintores, que son moi informativos para os médicos", lembra Álvarez. Sen embargo, aclara, o queixo prominente de Carlos I non está relacionada coa consanguinidade. Dúas doenzas imputables a mutacións xenéticas recesivas, que necesitan herdarse dos dous proxenitores, explicarían os trastornos de Carlos II, que era raquítico, non puido ter fillos e aos 30 anos parecía un vello. Son un déficit hormonal múltiple da hipófise (da hormona de crecemento, entre outras) e unha acidose tubular renal, causa de raquitismo. Na lotería xenética saíu mellor parada a infanta Margarita, irmá do rei e unha das famosas meninas de Velázquez, que se casou e tivo fillos. Hai un grao de incertidume inevitable no estudo, debido á imposibilidade de asegurar a paternidade dos descendentes, pero Álvarez cre que é pequeno, dado o marco da realeza na época. Agora, os investigadores están ampliando o estudo aos Austrias austríacos, que teñen aínda maior consanguinidade. Un primeira análise indica que nos Borbóns é moito menor
  • 14. A configuración do imperio español no século XVI a herdanza de Carlos I • Carlos I de Habsburgo (1516-1556) fillo de Xoana de Castela (A Tola) e de Felipe de Habsburgo (O Fermoso) herdou un extenso territorio con posesións en Europa e América, e foi nomeado emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico co título de Carlos V. • Herdou da súa avoa paterna María de Borgoña os Países Baixos, Franco Condado e Luxemburgo e do seu avó paterno Maximiliano de Habsburgo Austria, a parte sur de Alemaña e o título imperial. • Por parte materna herdou do seu avó Fernando o Católico a coroa de Aragón e o reino de Nápoles e por parte da súa avoa Isabel a coroa de Castela coas posesións norteafricanas e América.
  • 15.
  • 16. A herdanza de Carlos I
  • 17. A configuración do imperio español no século XVI a herdanza de Carlos I • Tal acumulación de terras e títulos levou ao emperador a defender unha actuación baseada na súa supremacía sobre o resto dos reis cristiáns, supremacía entendida no sentido feudal, de obediencia e vasalaxe, e non de denominación territorial. • Así, o ideal do emperador Carlos foi actuar como cabeza e o árbitro da Universitas Christiana ou Imperio Universal que englobaría a tódolos cristiáns de Europa, ideal que non puido conseguir debido, principalmente, a división relixiosa provocada pola reforma protestante (que se desenvolverá no corazón do propio imperio alemán), así como polo permanente enfrontamento con Francia e a escasa colaboración do Papa . A isto haberá que sumarlle a ameaza turca no Mediterráneo e Europa Balcánica.
  • 18. Carlos I na batalla de Mülhberg Tiziano.Museo do Prado
  • 19. Como incrementou Felipe II os territorios herdados do seu pai? Que perdeu? Como organizou a monarquía? • Felipe II incorporou Portugal e as súas posesións en América e Asia á monarquía hispánica. • Perdeu anteriormente o dereito a ser emperador do Sacro Imperio Romano Xermánico en beneficio do seu tío Fernando. • Para administrar un territorio tan extenso, Felipe II centralizou o goberno, fixo de Madrid a súa capital en 1561 e afianzou a autoridade rexia coa axuda dos conselleiros.
  • 20.
  • 21. Compara o tipo de imperio de Carlos I e o de Felipe II. Por que é cualificado universal o primeiro e hispánico o segundo? Cal tiña maior extensión territorial? • O imperio de Carlos I califícase de Universal porque ademais das posesións europeas e americanas e herdeiro do Sacro Imperio Romano Xermánico, concepto medieval que unía a toda a cristiandade de Europa baixo dous poderes: un terreal (o emperador), e outro espiritual (o Papa). • Cando Felipe II se converte en rei, tras a abdicación de Carlos I, este non herda os territorios de Austria nin o título de emperador. Ao non ser emperador puido gobernar en función exclusivamente dos intereses da monarquía hispánica. • Paradoxicamente terá máis posesións Felipe II posto que, aínda que perde Austria e o imperio, gaña Portugal e as súas posesións ultramariñas.
  • 22. A Vila de Madrid coñeceu un gran crecemento desde que Felipe II a converteuna en capital e a Corte se instalou nela Río Manzanares Vila Alcázar Residencia real
  • 23. Os pais de Felipe II: Carlos I e Isabel de Portugal Medallóns da Portada da fachada da Universidade de Salamanca Estilo Plateresco Abaixo os Reis Católicos bisavós do rei
  • 25. Os cambios en tempos de Felipe II • Felipe II (1556-1598), fillo de Carlos I, asumirá a coroa tras a abdicación do pai. Non conservará o título de emperador, posto que o seu pai cedéullelo ao seu irmán Fernando pero incorporará a coroa portuguesa en 1580 ao morrer o rei deste territorio sen descendencia. Felipe II reclamou o seu dereito ao trono como fillo de Isabel de Portugal. Venceu polas armas a resistencia dalgún sector oposto. Tras sesenta anos (1580-1640), o país veciño e as súas colonias ultramarinas estiveron baixo o control da monarquía hispánica e a corte mesmo residiu varios anos en Lisboa. • Numerosos conflitos terá que atender durante o seu reinado (a pesar da tregua existente con Francia tras a batalla de San Quintín en 1557) nos que destacan a rebelión en Flandes e a guerra contra Inglaterra. Tamén houbo enfrontamentos cos turcos (batalla de Lepanto 1571).
  • 26. Batalla de San Quintín 1557 participaron os terzos do reino de Nápoles
  • 27. Felipe II: a rebelión de Flandes • Os Países Baixos eran un conglomerado de estados unidos pola obediencia ao mesmo rei e nos que arraigou fortemente a doutrina calvinista. • A intolerancia de Felipe II en materia relixiosa provocou revoltas e motíns anticatólicos. • Por outro lado os seus habitantes rexeitaban pagar impostos á Coroa. • En 1567 foi enviado o duque de Alba cun potente exército (terzos) para reprimir as desordes. • A pesar da dura represión cun elevado número de vítimas a rebelión non cedeu, sobre todo nas provincias do norte (Holanda), que non recoñecían a soberanía do rei español e crean as Provincias Unidas en 1579 baixo o liderado de Guillerme de Orange (Unión de Utrecht).
  • 28. Os Paises Baixos de Felipe II ata 1648 Batalla de Lepanto
  • 29. Felipe II: a guerra contra Inglaterra • Motivos relixiosos (cisma anglicano), político (apoio aos rebeldes protestantes dos Países Baixos) e económicos (ataques dos piratas ingleses ao comercio español), agravaron as diferenzas entre Sabela I de Inglaterra e o rei español. • Os ataques de Francis Drake (entre 1577-1580) ás colonias americanas e a execución da raíña de Escocia, a católica María Estuardo (1587), decidiron a Felipe II a organizar a invasión e conquista de Inglaterra. • Para logralo formou unha armada que debía ir ata os Países Baixos para embarcar alí os terzos españois e asaltar Inglaterra (1588). A Grande Armada (130 navíos e 25.000 homes) que saíu de Lisboa foi afundida debido a un gran temporal no Canal da Mancha fixo fracasar a empresa. • Estes dous monarcas representan o período de esplendor (s. XVI) do reinado dos Habsburgos hispanos. O XVII, sin embargo, será considerado un período de decadencia cos denominados Austrias menores.
  • 31. O ataque á Coruña en 1589 polo corsario Drake hai que poñelo no contexto do conflito con Inglaterra. Estatua de María Pita defensora no asedio á cidade
  • 32. N A CORUÑA NO SÉCULO XVI ENSENADA DO ORZÁN BAÍA DA CORUÑA CIDADE VELLA OU ALTA PESCADERÍA OU CIDADE BAIXA
  • 33. Reprodución do Plano da Coruña no s. XVI
  • 34. O ataque de Drake A defensa de María Pita • No ano 1589 A Coruña é atacada por moitísmos barcos chegados de Gran Bretaña capitaneados por Sir Drake que se acercaron ó porto decididos a apoderarse da cidade. • Este episodio está relacionado coa resposta inglesa ó ataque da Armada Invencible que se fixera o ano anterior.
  • 35. O ataque de Drake A defensa de María Pita
  • 36. A defensa da cidade • A batalla durou 15 días. Un dos ataques máis terribles foi o asalto á Pescadería. Tódolos habitantes da cidade a defenderon. • O momento clave tivo lugar nas murallas da Porta de Aires, onde unha muller, chamada María Fernández de la Cámara y Pita, comprobando a seriedade da situación adiantouse ós seus compañeiros e armada cunha lanza feríu de morte a un alférez inglés, apoderándose no acto da súa bandeira.
  • 37. ASEDIO DE DRAKE Á CORUÑA
  • 38. O Imperio universal: Carlos I Os problemas internos • Carlos I, educado en Flandres, chegou á Península en 1517, sen falar castelán e rodeado de conselleiros flamengos. Herdou o trono estando súa nai encerrada en Tordesillas (Valladolid). • As Cortes reclamáronlle atención aos asuntos do reino, pero o monarca só as convocou para pedirlles cartos para coroarse Emperador. • En 1520 partiu, dende o porto da Coruña, cara Alemaña, no medio dun malestar crecente da poboación que estalou en diversas revoltas: • A revolta das Comunidades (1520-1521) xurdiu en varias cidades de Castela (Toledo, Segovia, Ávila, Burgos) como protesta dos fidalgos, artesáns e comerciantes pola política económica e falta de respecto ás leis do reino. • O conflito estendeuse e producíronse revoltas campesiñas de carácter antiseñorial. O exército comuneiro foi derrotado polas tropas imperiais en Villalar (25-IV-1521) e os seus principais dirixentes, Padilla, Bravo e Maldonado, foron axustizados.
  • 39. En que consistiron as Xermanías? • As Xermanías estalaron na Coroa de Aragón. • Os feitos máis graves sucederon en Valencia e Mallorca. • Foi unha revolta de artesáns e campesiños que se opuñan aos abusos da nobreza. • Demandaban o acceso aos cargos municipais e a mellora dos arendamentos campesiños. • A revolta remotou en 1523 cando o rei apoiou á nobreza para pórlles fin ás protestas.
  • 40. Adrián de Utrech recibindo a representantes das Xermanías. Por José Benlliure. 1872
  • 41. A loita contra o autoritarismo monárquico Comunidades e Xermanías Escenario do conflito Batalla Cabeza do levantamento Núcleo de resistencia Xermanías Comunidades
  • 42. O programa dos comuneiros Xunta Santa. Peticións (1520) • Que o rei non poida sacar nin dar licencia para que se saque ningunha moeda do reino, nin pasta de ouro nin de prata, e que en Castela non poida circular nin valer ningunha moeda de vellón que non fose fundida e marcada no reino. • Que o rei non poida dar licencia para que se saque pan nin carne fóra do reino sen que sexa autorizado polas Cortes con informe de que non o precisa o reino (...). • Que o rei revoque e quite todos os oficios, beneficios, dignidades, encomendas e fortalezas que foron dados a persoas non nacidas neste reino, e que as dea aos naturais (...). • Que cando o rei queira facer a guerra, chame a Cortes aos procuradores e a eles e aos do Consello do Reino diga a causa da guerra para que eles vexan se é xusta ou voluntaria (...). • Que cando alguén teña que suceder no reino, antes que sexa recibido por rei, xure cumprir e gardar todos estes cap´tiulos e confese que recibe o reino nestas condicións, e se vai contra elas, que os do reino poidan contradicilo sen caer por iso en pena de alevosía nin traizón (...). E que así mesmo xure gardar a todas as cidades e vilas da Coroa todos os seus privilexios e que os xure antes de ser recibido por rei. • Quen eran os comuneiros? Que demandas lle esixían ao rei?
  • 43.
  • 44. Los comuneros de Castilla. A. Gisbert (1860)
  • 45. Nuevo mester de juglaría Luís López Álvarez: canta a los comuneros (1981) • Canto de esperanza • Mil quinientos veintiuno, • y en Abril para más señas, • en Villalar ajustician • quienes justicia pidieran. • Malditos todos aquellos • que firmaron la sentencia, • malditos todos aquellos • los que ajusticiar quisieran • al que luchó por el pueblo • y perdió tan justa guerra. • Desde entonces ya Castilla • no se ha vuelto a levantar, • Ay, ay! • en manos de rey bastardo • o de regente falaz. • Ay, ay! • Siempre añorando una Junta • o esperando un capitán. • Ay, ay! • • Quién sabe si las cigüeñas • han de volver por San Blas, • si las heladas de Marzo • los brotes se han de llevar, • si las llamas comuneras • otra vez crepitarán. • Cuanto más vieja la yesca • más facil se prenderá. • Cuanto más vieja la yesca • y más duro el pedernal, • Si los pinares ardieron • Aún nos queda el encinar. Canto a la esperanza. Nuevo Mester de Juglaría
  • 46. Do pendón comuneiro á bandeira republicana española
  • 47. Que eran os terzos? • Eran unidades de combate formadas por soldados profesionais a soldo (mercenarios) que defendían as posesións do Imperio. • Os terzos combatían en primeira liña da fronte.
  • 48.
  • 49. Que os soldados os compoñían? •Soldados de calquera nacionalidade pertenecente ao Imperio hispánico.
  • 50. Como actuaban? Describe o armamento… • A indumentaria dos terzos compúñase dun casco chamado morrión, unha media armadura chamada coselete, que protexía a parte superior do corpo e un faldrón que cubría as coxas. • Ían armados con armas de lume como arcabuces, mosquetes e canóns e tamén levaban armas brancas, como alabardas e picas.
  • 51.
  • 52. Economía e sociedade s. XVI e XVII • A chegada de ouro e prata de América podería ter mellorada as condicións económicas e sociais da poboación, pero non foi así: • 1º. A entrada de ouro e prata provocou o efecto da subida dos prezos dos produtos básicos (revolución dos prezos). • 2º Unha parte deste (quinto real) estaba comprometido coa política exterior europea (xuros e amortizacións que había que pagar aos banqueiros que mediante empréstitos adiantaban diñeiro ao tesouro real).
  • 53. Houbo na Península un crecemento da produción agrícola e artesanal en paralelo á demanda? Por que? • Non se producíu un gran crecemento agrícola e artesanal por dúas razóns: • Os campesiños non podían conseguir terras para cultivar, debido a que a nobreza e o clero non querían destinar as súas terras a outra actividade que non fose a gandería. • Os tecidos casteláns non podían competir cos que se importaban de Flandres, que eran de mellor calidade e máis baratos, en consecuencia prexudicouse a industria local de panos.
  • 54. Como influía a demanda americana na economía española? • A demanda americana reactivou o comercio oceánico e estimulou a produción de manufacturas en Europa. • Mercaderes españois e estranxeiros encargábanse de exportar produtos de Europa e distribuír os que chegaban a América. • O monopolio deste comercio centralizouse en Sevilla, na Casa de Contratación.
  • 55. No século XVI, o porto de Sevilla converteuse nun dos máis importantes de Europa. Durante tres séculos tivo o monopolio do comercio español con América.
  • 56. Nin o campo nin as manufacturas peninsulares puideron facer fonte ao aumento da demanda de produtos. Valladolid s.XVI
  • 57. Que efectos tivo a chegada de metais preciosos á Península? Por que subiron os prezos no século XVI? • A chegada de ouro e prata americanos provocou un aumento do diñeiro en circulación. • Ao haber máis diñeiro o prezo dos produtos subía, dando orixe á inflación, descoñecida ata entón.
  • 58. Que consecuencias tivo esta “revolución dos prezos” sobre os diferentes grupos da sociedade hispánica? • A suba de prezos afectoulles especialmente ás clases populares, cuxas condicións de vida empeoraron. • Tamén prexudicou a nobreza que, para compensar a diminución do valor das súas rendas aumentou os impostos sobre os campesiños, prexudicando máis aínda a súa situación.
  • 59. Importación de prata e ouro americanos no s.XVI (kg) período prata ouro 1503-1510 4.965 1511-1520 9.153 1521-1530 149 4.889 1531-1540 86.194 14.466 1541-1550 177.573 24.957 1551-1560 303.121 42.620 1561-1570 942.859 11.531 1571-1580 1.118.599 9.429 1581-1590 2.103.028 12.102 1591-1600 2.707.626 19.451
  • 60.
  • 61.
  • 62. A crise socio-económica do século XVII a crise demográfica • O século XVII caracterizouse en toda Europa por unha forte crise social e económica: pestes, malas colleitas, guerras, parálise do comercio e da industria. Nos territorios hispánicos, esta crise foi aínda máis fonda. • Crise demográfica • Nos territorios da Coroa de Castela e Aragón a poboación pasou de 8,5 millóns de habitantes en 1600 a 7,5 millóns en 1700. As causas do descenso hai que buscalas na crise agraria, no fluxo migratorio cara América, nas baixas ocasionadas polas continuas guerras (principalmente as relacionadas coa guerra dos Trinta Anos), na expulsión dos mouriscos durante o reinado de Felipe III e no conxunto de epidemias que asolaron o país entre 1601 e 1685.
  • 63. A partir de finais do s. XVI, o poder adquisitivo da poboación española diminuíu a consecuencia da suba dos prezos.
  • 64. A crise socio-económica do século XVII Deterioro da economía • No terreo económico a agricultura empeorou a súa xa precaria situación, e a artesanía e mais o comercio, foron incapaces de sobrevivir á revolución dos prezos iniciada no século XVI pero, sobre todo, motivada pola competencia estranxeira (era entre 10 e 15 veces máis barato mercar as manufacturas no estranxeiro que as producidas nos territorios principalmente da coroa de Castela). • En Castela, as principais fontes de riqueza eran a terra e as rendas que xeraba. A propiedade estaba en mans de privilexiados (nobreza, clero e alta burguesía) cuxa aspiración era a vivir das rendas non do desenvolvemento de actividades produtivas (os traballos manuais envilecen hai que procurar ennobrecerse).
  • 65. A crise socio-económica do século XVII Deterioro da economía • Esta mentalidade rendista comportou que os beneficios da terra e as riquezas chegadas de América non se utilizasen na creación de actividades produtivas (agrarias, artesanais, manufactureiras ou comerciais) senón na compra de máis terras ou en artigos de luxo. Consolídase o denominado modelo social nobiliario. • Dende o punto de vista monetario, mantívose a inflación dos prezos acentuada polas alteracións monetarias feitas polos reis (emisións de moeda de vellón, case sen prata, pero cun alto valor nominal), que acabaron por arruinar a produción manufactureira xa analizada anteriormente. • Esta situación, unida a unha permanente subida dos prezos, sumiu na pobreza á maioría da poboación (o xénero da novela picaresca ilústranos como eran as condicións neste tempo).
  • 66.
  • 68.
  • 69.
  • 70. A crise socio-económica do século XVII Os problemas da facenda real • A maior parte dos metais preciosos que chegaban á Península apenas se detiñan nela. O seu destino fundamental era financiar os exércitos que se mantiñan en Europa e pagar os produtos importados que se compraban no exterior. • Cando empezaron a esgotarse algunhas das minas americanas e diminuíu a cantidade de ouro e prata que chegaban á Península, a monarquía non tivo suficiente diñeiro para sufragar os seus gastos. Entón viuse obrigada a pedir préstamos a banqueiros estranxeiros, que esixían un elevado interese, e a aumentar os impostos. • Estas medidas non conseguiron recadar o suficiente para cubrir os gastos e a Facenda real tivo que declararse en bancarrota (imposibilidade de pagar as súas débedas) varias veces.
  • 71. A crise socio-económica do século XVII Conclusións • Aínda que a historiografía tradicional fala da monarquía dos Austrias dun período de esplendor durante o século XVI e outro de decadencia no XVII no aspecto político e económico, os historiadores na actualidade sinalan que a fase de crise arranca en 1580 e que se prolonga durante gran parte do século XVII. • Pero a partir de 1660/1680 no aspecto económico; diminúe a crise de subsistencia, hai un relativo incremento demográfico e agrícola, estabilízase o mercado interno. • Politicamente a Monarquía Hispánica amósase débil, pero logra resistir, aínda que con perdas, os ataques do rei francés Luís XIV.
  • 72. Principais moedas de castela MOEDAS FINAIS S. XVI FINAIS S. XVII Unidade de conta: Marabedí (mr.) Ducado 375 mrs. De ouro: Onza Dobrón Escudo ou coroa 2.800 mrs. 700 mrs. 350 mrs. 8.192 mrs. 2.048 mrs. 1.024 mrs. De prata Real 34 mrs. 68 mrs. De vellón (cobre e prata) Branca ½ mrs. Cada unha delas tiña múltipolos e subdivisións, sendo a máis importante o real de a oito tamén chamado peso ou duro
  • 73. Comentar as moedas do século XVI Cal vale máis?
  • 74. Comentar as moedas do século XVI Escudo de ouro, por valor de 375 maravedís, con inscrición”Pola graza de Deus” referido ao rei
  • 75. Comentar as moedas do século XVI Maravedí de cobre ou vellón, cun castelo e un león no anverso e reverso
  • 76. Comentar as moedas do século XVI Real de prata por valor de 34 maravedís, coa incrición “Felipe II, rei de España e das Indias”
  • 77. Comentar as moedas do século XVI • Na actualidade, as moedas non se realizan con metais preciosos, senón que se fabrican mediante aliaxes, isto é, mesturas homoxéneas de varios elementos metálicos. • Algúns dos metais empregados son o aceiro, cobre, cinc, aluminio, estaño... • En época de Felipe II, unha parte da moeda acuñábase en ouro e prata porque eran con metais preciosos, como ouro e a prata introducindo de forma progresiva cobre nelas (vellón).
  • 78. Economía e sociedade MEMORIAL A FELIPE II LUÍS ORTIZ. 1558 • Dunha arroba de la que aos estranxeiros lles custa 15 reais, fan tapicerías e outros panos, e cousas labradas fóra de España que volven despois a ela por valor de máis de 15 ducados. E outro tanto sucede coa seda crúa en madeixa, que con 2 ducados que lles custa a libra fan lazos en Florencia, teas en Milán, veludos en Xénova (...) e sacan máis de 20 ducados. E co ferro e o aceiro que lles custa 1 ducado, fan freos, teazas martelos (...) e sacan máis de 20 ducados e, ás veces, máis de 100 (...). E a situación é tan desastrosa (...) que todo é prexuízo non só da nosa honra, pois trátanos peor que aos bárbaros, senón que tamén das nosas facendas, pois con estas industrias levan o noso diñeiro (...). E o remedio para isto é impedir que non saian do reino mercadorías sen labrar nin entren mercadorías labradas.
  • 79. Economía e sociedade BERTANT. Diario da viaxe de España. 1669 • Hai sitios nas Indias de onde vén toda a riqueza a Europa, a saber: Potosí (ouro) e México (prata) (...) Pero esta riqueza non fai máis que pasar por España sen deterse nela, porque como en España os mercadores non teñen mercadorías para cambiar contra as nosas teas, panos e outras mercadorías que veñen de Francia e dos restantes reinos, é preciso que os paguen co diñeiro que vén das Indias, sobre o que se hipoteca sempre, de maneira que se este ano último a flota non viñese estaban arruinados porque estaban terriblemente endebedados.
  • 80. Quen foron os monarcas do século XVII? Que características tiñan en común? • Felipe III (1598-1621) • Felipe IV (1621-1665) • Carlos II (1665-1700) • Estes reis non tiveron nin o carisma nin a personalidade dos seus antecesores e con frecuencia desatenderon os asuntos de goberno, deixándoos nas mans dos seus validos. • As súas principais ocupacións eran o mantemento das rendas e do seu prestixio, a caza e as recepcións palacianas.
  • 81. Que papel desempeñaron os validos? Que consecuencias se derivaron? Cales foron os validos máis importantes de cada rei? • Os validos, no século XVII, acabaron desempeñando as funcións de goberno que os reis descoidaban. • Estes favoritos actuaban como verdadeiros xefes de Goberno, limitando o poder do rei e aproveitándose da súa posición para facer crecer a súa fortuna. • As consecuencias que acabaron por derivarse do poder dos validos foron as seguintes: o aumento da corrupción e da ineficacia da administración, as intrigas do poder que se producían na corte entre os nobres que aspiraban a ser nomeados validos, e a compravenda dos cargos da administración e dos títulos nobiliarios. • Os validos máis importante foron:
  • 82. Felipe III Valido Duque de Lerma O duque de Lerma influíu no traslado temporal da corte a Valladolid, así como na expulsión dos mouriscos.
  • 83. Felipe IV Valido Conde-duque de Olivares O conde-duque de Olivares. Preparou un amplo programa de reformas encamiñadas a fortalecer o poder real. O seu carácter autoritario e o seu enriquecemento persoal supuxéronlle numerosas disputas.
  • 84. Carlos II Valido Xoán Xosé de Austria Xoán Xosé de Austria, irmán natural do enfermizo rei Carlos II, aproveitou o seu prestixio militar para convertirse en valido.
  • 85. Quevedo contra os validos • Quen ao rei quita a fatiga e o traballo do seu oficio mal ladrón é porque lle furta a honra, o premio e o logro do seu cargo (...). Reinar é velar. Quen dorme non reina. Rei que pecha os ollos dá a garda das ovellas aos lobos e o ministro que garda o sono ao seu rei, entérrao, non o serve (...) gárdalle o sono e pérdelle a conciencia e a honra e estas dúas cousas traen penitencia na ruína e desolación nos reínos. Rei que dorme, goberna entre sonos; e cando mellor lle vai, soña que goberna. • F. de Quevedo: Política de Deus, goberno de Cristo e tiranía de Satanás, 1626.
  • 86.
  • 87. XVII: declive do imperio Felipe III: goberno dos validos • Felipe III (1598-1621), inaugurou unha nova eta política dos Austria españois. Tanto el coma os seus sucesores renunciaron a exercer persoalmente as tarefas do goberno, que pasaron a mans de ministros omnipotentes, os validos ou privados. • Felipe III tivo un breve, e polo xeral, pacífico reinado. Entregoulle o goberno ao duque de Lerma, que conseguiu manter a paz no exterior, logo de se asinar nos Países Baixos a Tregua dos doce anos (1609) que recoñecía de feito a independencia de Holanda. • No interior o feito máis importante foi a expulsión dos mouriscos (1609), que aínda agravou máis os problemas agrícolas, especialmente no Levante español, onde unha parte importante da poboación eran campesiños.
  • 88. Os mouriscos no Levante (1609) Expulsión dos mouriscos • En 1609, Felipe III decretou a expulsión dos mouriscos, a maioría dos cales traballaban no campo. Saíron de España unhas 300.000 persoas, preto do 5% da poboación. • Como consecuencia disto amplas zonas de Aragón, Valencia e Andalucía quedaron despoboadas.
  • 89. Escena dunha praza de Madrid no século XVII, onde se aprecia a gran cantidade de marxinados (pícaros, vagabundos e mendigos) que vivían nela
  • 90. As oportunidades desaproveitadas • Ningunha potencia do mundo ten tantas oportunidades para o comercio como España, pero o descoido en que se ten a agricultura, a neglixencia do Goberno e a desidia de todos os españois fan que outras nacións se aproveiten diso (...). • España rica en froitos, terras e frotas empobreceu por non as labrar (...) e fai ao revés do que lle convén: vende a la e compra as teas feitas (...). Os estranxeiros (...) traen aquí todo o necesario para que llo compremos, de modo que aquí non hai xa en que traballar. • Din que os estranxeiros negocian en España cinco de cada seis partes de canto se negocia nela, e nas Indias, de dez partes, as nove: de modo que as Indias son para eles. • Sancho de Moncada: Restauración da política de España. 1619.
  • 91. XVII: declive do imperio Filipe IV: fin da hexemonía en Europa • Con Felipe IV (1621-1665), España volveuse a involucrar nos conflitos europeos. As causas destes cambio hai que buscalas no estalido da Guerra dos Trinta Anos (1618-1648). • O conde-duque de Olivares, valido do rei, era decidido partidario da guerra coa que pretendía manter a hexonía dos Habsburgo en Europa e frear o protagonismo de Francia. Malia algunhas vitorias iniciais (Breda, 1626), moi axiña se sucederon as derrotas (Rocroi, 1643). A Paz de Westfalia (1648) púxolle fin á guerra e fixo patente o declive da monarquía hispánica. • A guerra consumiu moitos recursos e empobreceu a Castela. Olivares intentou recrutar homes e impostos no resto de territorios hispánicos levantamento de 1640 de Cataluña, Andalucía e Portugal. En Andalucía a revolta foi rapidamente sofocada, pero Portugal acabou separándose da Coroa española, apoiada por Francia, Inglaterra, Portugal separouse definitivamente da Coroa española en 1665. • En Cataluña, as autoridades pedíronlle axuda a Francia e a guerra prolongouse ata 1652. A paz asinouse definitivamente con Francia en 1659 (Paz dos Pirineos), pero significou a entrega aos franceses de Rosellón e parte da Cerdaña.
  • 92. O valimento do conde-duque de Olivares Introdución: a figura dos validos • Os Austrias do século XVII (Felipe III, Felipe IV e Carlos II) non gozaron do carisma e personalidade de Carlos I e Felipe II (que participaban activamente nos asuntos de goberno). Delegaron as súas funcións en favoritos, privanzas ou validos que actuaban como xefes de goberno restando cada vez máis protagonismo aos monarcas. • Moitos deles utilizaron o seu poder no seu propio beneficio e aumentaron a corrupción e a ineficacia da administración da Coroa.
  • 93. O valimento do conde-duque de Olivares O conde-duque de Olivares • O conde-duque de Olivares foi o valido de Felipe IV (1621-1665) durante a primeira parte do seu reinado (ata a caída deste en desgraza en 1643). Unha vez instalado no poder iniciou unha actividade política moi extensa. • O seu goberno caracterizouse de autoritario e centralizador. No interior tratou de levar a cabo un amplo proxecto de reformas, mentres que no exterior tivo que facer fronte a unha serie de compromisos bélicos ocasionados pola continuación da guerra con Holanda, o apoio aos Habsburgo austríacos na Guerra dos 30 anos e a inimizade de Francia, dirixida polo cardeal Richelieu. .
  • 94. UNIÓN DE ARMAS Obxectivo: crear un exército permanente Territorios Aportación de homes Castela 44.000 Aragón 10.000 Cataluña 16.000 Valencia 6.000 Portugal 16.000 Nápoles 16.000 Sicilia 6.000 Milán 8.000 Paises Baixos 12.000 Baleares e Canarias 6.000 Total 140.000
  • 95. O valimento do conde-duque de Olivares Sublevación de Cataluña • En 1639 entraron en Cataluña as tropas reais para combater as tropas francesas que invadiran o Rosellón. O aloxamento das tropas ocasionou tumultos que culminaron coa sublevación dos segadores e a morte do vicerrei en Barcelona (Corpus de sangue en 1640). A rebelión estendeuse ao resto de Cataluña. Olivares enviou o exército para reprimilos e aproveitar a situación para eliminar os privilexios forais. Fracasará.
  • 96.
  • 97. Revolta de Cataluña Base do seu himno • Catalunya, triomfant, tornarà a ser rica i plena! Endarrera aquesta gent tan ufana i tan superba! Bon cop de falç! Bon cop de falç, defensors de la terra! Bon cop de falç! Ara és hora, segadors! Ara és hora d'estar alerta! Per quan vingui un altre juny esmolem ben bé les eines! (tornada) Que tremoli l'enemic en veient la nostra ensenya: com fem caure espigues d'or, quan convé seguem cadenes! (tornada) O Corpus de Sangue de 1640 en Barcelona A. Estruch. 1907 Emilio Guanyavents. 1899
  • 98. O valimento do conde-duque de Olivares Alteracións de Portugal • En paralelo ao conflito anterior, en 1640 prodúcese un forte descontento en Portugal ante a política de castelanización do valido. A obrigada participación de soldados portugueses no conflito de Cataluña, a perda do seu imperio colonial ante os ataques holandeses. Aproveitando a situación de crise xeneralizada da Monarquía Hispánica en varios frontes, unha conspiración nobiliaria conseguiu facerse co poder e proclamar ao duque de Braganza como rei de Portugal en 1640. • Ademais de Cataluña e Portugal na década de 1640 produciuse unha crise xeral da Monarquía Hispánica debido á suma de problemas políticos, derrotas militares e crise demográfica. En Andalucía, Aragón, Navarra, Nápoles, Sicilia e a guerra con Francia debilitan a situación da monarquía e rematarán coa caída do valido.
  • 99. A guerra dos Trinta anos Por que unha guerra puido durar trinta anos? • Para iso é necesario coñecer a división relixiosa de Europa e os intereses de múltiples Estados en atacar e rematar co poder dos Habsburgo españois e alemáns. • Pero tamén se deben considerar os custos económicos e humanos que carrexou manter aberta unha guerra durante décadas. • A guerra desenvólvese en tres tempos:
  • 100. A. Primeiro tempo O conflito relixioso (1618-1620) • En 1618, o Parlamento ou Dieta de Praga rexeitou o nomeamento, como rei de Bohemia, do novo emperador alemán Fernando II. • A nobreza de Bohemia era, na súa maioría, protestante, e o emperador, firmemente católico. • Os conselleiros enviados a Praga polo emperador foron mal recibidos e iniciouse unha rebelión por todo o territorio checo, apoiada militarmente pola Unión Protestante. • Fernando II pediu axuda ao seu sobriño, o monarca español Felipe III. A guerra foi relativamente breve e venceron as tropas católicas imperiais; podería ter concluída pero non foi asi...
  • 101. A rendición de Breda. Un dos grandes triunfos dos terzos españois
  • 103. B. Segundo tempo Daneses e suecos fronte ao imperio alemán (1625-1635) • Os protestantes alemáns, preocupados polo poder e a forza do emperador e dos Estados católicos do Imperio, solicitaron en 1625 a axuda de Cristián IV, rei de Dinamarca, de fe luterana. • O rei danés aliouse coa Inglaterra anglicana e coa Holanda calvinista para enfrontarse aos Habsburgo alemáns e españois. Pero as tropas danesas tamén foron derrotadas polos exércitos imperiais en 1629. • Parecía rematado o conflito, pero Suecia, unha potencia tamén protestante e desexosa de expandirse por Europa, tomou o relevo de Dinamarca. A guerra volveu a prolongarse ata 1635, cando asinou a paz. • Non quedou claro quen resultaron vencedores e, en parte por este motivo, a guerra tampouco finalizou entón...
  • 104. A toma da cidade de Magdeburgo polas tropas imperiais: Gravado da época
  • 105. C. Terceiro tempo Francia contra os Habsburgo (1635-1648) • Francia desexaba converterse nunha nación con peso e poder en Europa. • Temía verse rodeada polos Habsburgo españois e alemáns e estaba disposta a minar o seu poder. • Por iso, aínda que era un país católico, non dubidou en aliarse cos protestantes de Inglaterra, Holanda e Suecia, para declarar a guerra, neste caso a España. • Durante trece anos renaceu o conflito que se desenvolveu sobre todo en Alemaña, pero que tamén afectou ao territorio francés, nos Países Baixos, á Península Ibérica... • Os exércitos imperiais españois e alemáns foron derrotados pola coalición francesa e en 1648 inicáronse as negociacións que concluíron coa Paz de Westfalia.
  • 106. A batalla de Rocroi (1643), a primeira gran derrota dos terzos españois ante as tropas francesas, marcou o inicio do declive dos Habsburgo en Europa.
  • 107. Que foi necesario para manter o conflito? • A guerra durou tanto porque se investiron enormes recursos nela. • Esgotou as finanzas de moitos Estados, arruinou as poboacións e paralizou a economía, sobre todo no centro de Europa.
  • 108.
  • 109.
  • 110. Explica as perdas territoriais do Imperio hispánico en Europa. Que estado foi o gran beneficiario? • O Imperio hispánico, ademais de Portugal, perdeu diferentes territorios europeos. • A guerra dos Trinta Anos acabou coa Paz de Westfalia e España recoñeceu definitivamente a independencia dos Países Baixos setentrionais. • Paz dos Pireneos, 1659: Artois, Sundgau no Rin e Cerdanya que pasaron a Franica. • Paz de Nimega, 1678: Franco-Condado e outras prazas cedidas a Francia. • O Estado que saíu beneficiado foi Francia que se converteu na máxima potencia Europea.
  • 111.
  • 112. Entrevista de Felipe IV e Luís XIV na illa dos Faisáns, tras a firma da paz dos Pireneos
  • 113. Coa situación do apartado anterior, cres que a monarquía hispánica podía manter o seu Imperio no s. XVIII? • Non. • Debilidade económica, política e social. • Deixará de ser a potencia principal e pasará a ser unha potencia de segundo orde.
  • 114. XVII: declive do imperio Carlos II: a morte da dinastía dos Austria • O reinado do derradeiro Austria, Carlos II (1665-1700), constituíu o momento máis crítico do Imperio. Uníronse a propia incapacidade do rei, a corrupción dos seus validos, a grave crise económica e a perda de peso político de España na escena internacional. • Carlos II morreu sen descendencia dando lugar a un grave conflito sucesorio entre os partidarios do candidato francés (Filipe de Borbón) e do candidato austríaco (Carlos de Austria). O triunfo francés significou o fin dos Habsburgo en España.
  • 115. Economía e sociedade na Galicia dos Austria Introdución • A economía e sociedade na Galicia dos Austrias segue sendo de antigo réxime: economía agraria de subsistencia, réxime demográfico primitivo e sociedade estamental onde destaca a presenza da fidalguía na administración dos foros. • Analizaremos algúns apartados:
  • 116. Economía e sociedade na Galicia dos Austria A agricultura e as súas transformacións • Máis do 80% da poboación vivía no rural durante os séculos XVI e XVII. A distribución demográfica era máis homoxénea que na actualidade (non había tanto desequilibrio entre a Galicia occidental e a do interior). • Ata 1560-80 mantívose o sistema tradicional de produción feudal baseado no cultivo de cereais (trigo e centeo) e no barbeito, que permitiu o crecemento da poboación. A partir destas datas, o desequilibrio entre poboación e recursos favoreceu a aparición das crises de subsistencia, con malas colleitas, fames e peste que provocaron a diminución da poboación, sendo especialmente grave o ciclo negativo de 1633-36). • Estas dificultades estimularon a transformación do sistema de cultivo. Dende a costa cara o interior, foise estendendo o cultivo de millo, produto procedente de América que alterou o sistema de rotacións, diminuíndo o barbeito. Estes cambios permitiron un forte crecemento da produción e da poboación; esta situación contrastaba co panorama negativo do século XVII no resto de Europa.
  • 117. O millo cobra moitísima Importancia en Galicia a partir do século XVII
  • 118. Economía e sociedade na Galicia dos Austria Importancia da pesca na Galicia litoral (XVI-XVII) • A actividade pesqueira, que na Idade Media acadara mercados no Mediterráneo e o Atlántico, mantívose no século XVI. Por exemplo Pontevedra, cun importante gremio de mareantes, tiña o control da pesca na Ría e o monopolio do peixe salgado. • Fontes contemporáneas como a do Ldo. Molina afirmaban que Pontevedra, Baiona, Vigo e Redondela pescaban gran cantidade de sardiña e pescada que vendían na Galicia e en Castela. En 1582 a captura de sardiñas na ría de Pontevedra ascendía a 130 millóns de unidades. Se a actividade pesqueira foi moi importante no XVI a partir de 1588 e, durante o século XVII diminuirá debido as trabas impostas aos barcos que tiñan que levar protección armada doutros navíos. Así as vilas e cidades costeiras perderon poboación no século XVII.
  • 119. A pesca litoral en Galicia tivo enorme importancia durante o século XVI
  • 120. Economía e sociedade na Galicia dos Austria Estrutura social: sociedade rendista o peso da fidalguía • Aínda que perdura o esquema medieval de sociedade estamental esta faise máis complexa ao longo destes séculos. • O poder dos grupos privilexiados (nobreza e clero) estaba na extracción de rendas gracias á propiedade da terra e da fincabilidade urbana. O absentismo da alta nobreza galega que estivo, en moitos casos, asociada ás empresas políticas e militares dos Austrias (Andrade, Lemos, Sarmiento, Monterrei... faise cortesá e desempeñan elevados cargos na Administración como vicerreis, embaixadores...) e a dirección dos mosteiros galegos fóra de Galicia fai que emerxa unha nobreza segundona, a fidalguía que actúa como medianeira entre o campesiñado e a alta nobreza absentista na percepción das rendas a través do cobro dos foros (contratos de arrendamentos perpetuos ou de moi longa duración). Esta fidalguía que vive do agro nos pazos, grandes casas de labranza, e logo residenciarase nas vilas e cidades galegas como segundo domicilio. • Toda Galicia quedou sementada desta fidalguía que perdurará ata ben entrada a Idade Contemporánea motivada pola persistencia dos foros.
  • 121. Torres do Allo (Zas) O Pazo sinala a presenza da fidalguía na Idade Moderna
  • 122. Valoración da película Alatriste • Elaboración da ficha técnica: título, duración, país que producen, director, intérprete. • Visionado: argumento, personaxes, feitos, época histórica, lugares... • Análise do argumento e dos personaxes.
  • 123. Valoración da película El rey pasmado • Elaboración da ficha técnica: título, duración, país que producen, director, intérprete. • Visionado: argumento, personaxes, feitos, época histórica, lugares... • Análise do argumento e dos personaxes.