SlideShare a Scribd company logo
1 of 13
Download to read offline
Alfonso XII DE Borbón
Un reinado inacabado por unha morte prematura e inesperada a só tres días de
cumprir 28 anos e apenas unha década como xefe do Estado Español.
Existencia e vida institucional efímera pero suficiente para por os cimentos dun novo réxime
monárquico de goberno parlamentario, coa Constitución de maior vixencia da Historia
Contemporánea de España: a Constitución de 1876.
Hai varios mitos e lendas sobre el: rei romántico, rei soldado, rei liberal… ”O Pacificador “
apodo polo cal aínda se lle recorda hoxe.
Alfonso XII foi rei de España entre 1874 e 1885, ao principio do seu reinado puxo fin á
Primeira República dando paso ó periodo coñecido como Restauración.
Naceu o 28 de novembro de 1857 no Palacio Real de Madrid.
Fillo de Isabel II e Francisco de Asís, aínda que se rumoreaba que o seu pai biolóxico era un
capitán de enxeñeiros chamado Enrique Puigmoltó y Mayans, III conde de Torrefiel e I
vizconde de Miranda.
Recibiu o título de Principe de Asturias ao nacer.
Foi bautizado o 7 de decembro de 1857 na capela do Palacio Real de Madrid polo patriarca
das Indias cos nomes de: Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Xoan María da Concepción
Gregorio Pelayo de Borbón e Borbón; sendo os seus padriños a súa irmá maior a infanta Isabel
e o papa Pío IX, representado polo nuncio monseñor Lorenzo Barili.
Entre os seus preceptores atopábanse o Duque de Sesto e o arzobispo de Burgos (elexido
pola raíña Isabel despois de consultar con Pío IX).
Tiña 4 irmás: - Isabel, condesa de Girgenti (1851 -1931)
- Mª del Pilar (1861 -1879)
- Mª de la Paz, princesa de Baviera (1862 -1946)
- Mª Eulalia, duquesa de Galliera (1864 – 1958)
Din del que é un home serio e responsable para a súa idade, con notable talento, raiando na
xenialidade, de ollos castaños e sereos e con facilidade de expresión.
Segundo o diplomático Augusto Conte: “Se fose un pouco máis alto de corpo, calificaríase de
bo mozo; aínda pequeno, gustáballe moito ás rapazas pola dozura dos seus ollos e a expresión
intelixente das súas faccións. Falaba con elocuencia natural… Era bondadoso, ocurrente e
amable, sen o menor orgullo.”
Dende pequeno tivo unha saúde fráxil que os seus médicos tentaron vigorizar con baños
mariños e a práctica diaria de ximnasia e diversos deportes.
<<¡Abaixo os Borbóns!¡Viva España con honra!>>, foi unha das clamas populares da
triunfante e <<Groriosa>>revolución de setembro de 1868 pola que a súa nai a raíña Isabel
II foi destroada e toda a familia real foi obrigada a partir hacia o exilio.
Un exilio permanente para Isabel II, pero non para o Príncipe de Asturias quen volvería xa
como rei a súa patria natal nos primeiros días de 1875.
Con apenas 17 anos recen cumpridos debía restaurar e lexitimar a monarquía borbónica;
trala monarquía de Amadeo I de Saboia (1870 -1873) e da Primeira República (1873 -1874)
tiña que restablecer a paz, sofocar as sublevacións carlistas e cubana e o máis difícil devolver
a España a estabilidade política, social e económica da que carecía os últimos anos. Para iso
contaba cunha adecuada preparación persoal e cun bo asesor de imaxe e arquitecto da
política: Antonio Cánovas del Castillo
A saída a Europa do xove Alfonso supuxo unha experiencia inestimable ao atoparse con
outros sistemas políticos coma o francés, o austríaco ou o británico.
Foi o primeiro Príncipe de Asturias que se formou en centros educativos e militares
extranxeiros.
Os anos de exilio (1868 -1874 ) valéronlle para adquirir unha selecta formación lingüística,
académica e militar nas mellores escolas europeas. Na primeira que estivo foi:
-O Colexio Stanislas de París.
A guerra franco-prusiana fixo que a familia real se trasladase temporalmente a Xinebra, onde
tivo clases particulares e acudiu á Academia Pública de Xinebra.
Para seguir a súa educación elixiuse a Real e Imperial Academía Teresiana (Colexio
Theresianum) de Viena, onde trala guerra franco-prusiana o príncipe foi acompañado por
Guillermo Morphy, conde de Morphy (1836 -1899) home de confianza de Isabel II quen o
elexiu como preceptor; xa fora nomeado xentilhome de entrada co motivo do sexto
cumpreanos do príncipe, acompañándoo durante o exilio a París e dándolle leccións
particulares.
Durante a súa estancia no Colexio Teresiano de Viena, dende febreiro de 1882 ata rematar
os seus estudos en xuño de 1874, Morphy desempeñou un papel crucial na formación do
carácter e intelixencia do príncipe ideando un programa de ensinanza que atendería a
formación integral do príncipe Alfonso, dando atención a súa formación humanística, aos
exercicios corporais e ás visitas a museos, fábricas e a outos establecementos e lugares de
interese ademais de instruilo no dereito constitucional.
Por último asistiu á Academia Militar de Sandhurst en Inglaterra onde coñeceu de primeira
man o constitucionalismo inglés.
Da correspondencia entre Alfonso e a súa nai ponse de manifestó a relativa estreitez
económica na que se movía a familia real neses anos.
O 25 de xuño de 1870, a súa nai Isabel II, abdica os seus direitos dinásticos (nun documento
firmado en París) a favor do seu fillo Alfonso, príncipe de Asturias, pasando a ser o lexítimo
rei de España.
Dende agosto de 1873 Antonio Cánovas del Castillo, sustituindo ao Duque de Montpensier,
convirtiríase no dirixente do movemento Alfonsino, co propósito de preparar á opinión
pública e gañar o maior número de adeptos para restaurar a monarquía de España na figura
de Alfonso de Borbón sin a intervención do Exército.
Foi idea de Cánovas que o príncipe completara a súa formación militar na prestixiosa
Academia de Sandhurst.
Mentres en España sucedéronse diferentes formas de goberno:
-Goberno Provisional (1868 – 1871)
Trala caída da monarquía borbónica en España formouse un goberno presidido tanto por
políticos coma por militares afamados.
Este estaba obrigado a buscar unha solución á inestabilidade política que había no momento
e decidir se se pasaba a unha república, monarquía ou dictadura.
-Reinado de Amadeo I de Saboia (1870 – 1873 )
Aínda que con moitas discrepancias o xeneral Prim instaurou unha monarquía parlamentaria,
na que o poder estaba moi diluido.
A casa elexida tras ser rexeitado por moitos países europeos foi a de Saboia.
Este sistema de goberno tivo moi poucos simpatizantes, ademais antes da chegada do novo
monarca, o xeneral Prim foi asasinado.
Entre 1871 e 1873 houbo varios gobernos moi ineficaces, en gran medida porque os mesmos
políticos non aceptaban a Amadeo como monarca.
-Primeira República (1873 – 1874)
Despois de deixalo trono Amadeo I instáurase en España a I República que dende o comezo
tivo moitas trabas acabando cun levantamento militar a mans do xeneral Arsenio Martínez-
Campos que proclamou rei de España a Alfonso XII.
Durante esta etapa histórica: O Sexenio Democrático, a causa alfonsina estivo representada
nas Cortes por Antonio Cánovas del Castillo que estivo moi atento á educación do príncipe
supervisada polo Duque de Sesto.
Según Ramon Villares gracias o percorrido que fixo por diversos colexios extranxeiros, o
príncipe Alfonso adquiriu dominio de linguas e un regular coñecemento da historia europea,
así como dalgúns teóricos políticos máis apreciados da época (Benjamin Constant, Walter
Bagehot).
A xuzgar pola impresión que causaba nos observadores extranxeiros e polos libros que fixo
comprar nada máis chegar ó Palacio de Oriente a súa formación acercábao máis a un
monarca liberal europeo caos seus inmediatos antepasados españois, tan castizos como
pouco cultivados.
Foi o primeiro monarca da España moderna que fora educado casi completamente no exilio,
sen pompa nin etiqueta.
O 1 de decembro de 1874, Alfonso fixo público o Manifesto de Sandhurst, presentándose aos
españois coma un príncipe católico, español, constitucionalista, liberal e deseoso de servir á
nación.
O 29 de decembro de 1874 prodúxose a restauración da monarquía o pronunciarase o
xeneral Arsenio Martínez-Campos en Sagunto (Valencia) a favor do acceso ó Trono do
Principe Alfonso.
Naquel momento, o xefe de Estado era o xeneral Serrano e o xefe do Goberno era Sagasta.
O 9 de xaneiro de 1875, Alfonso regresa a España vía Barcelona facendo a entrada na capital
o 14 de xaneiro sendo proclamado rei ante as Cortes Españolas.
Alfonso XII nomeou ó Conde de Morphy o seu secretario particular que dende este cargo
converteuse no gran protector dos artistas do seu tempo intercedendo na concesión de
pensións por parte da Casa Real tendo unha forte presencia nas institucións culturais do
Madrid da Restauración.
Só 5 días despois da súa coroación emprendeu a primeira acción como xefe do Estado
Español marchando ao norte para dirixir as operacións militares contra os carlistas.
O seu reinado consistiu principalmente en consolidar a monarquía e a estabilidade
institucional, reparando os danos que as loitas internas dos anos do chamado Sexenio
Revolucionario deixaran tras de si gañándose o apodo de “O Pacificador”.
En 1876 púxose fin á terceira guerra carlista dirixida por Carlos VII (o propio monarca foi ao
campo de batalla para presenciar o final).
Os foros vascos e navarros foron reducidos, cesaron as hostilidades en Cuba coa firma da Paz
de Zanjón (1878).
O 30 de xuño de 1876 foi promulgada unha nova Constitución, que non recoñecía a soberanía
nacional, senón unha soberanía compartida entre o Monarca e as Cortes.
O rei convertíase no poder moderador do novo réxime, pois conservaba amplas prerrogativas
políticas e asumía o mando Supremo do Exército e da Armada (art.52 da Constitución e Lei
Constitutiva do Exército de 1878). Sobre esta base legal construiríase o sistema político
monárquico do goberno parlamentario coñecido coma a época da Restauración.
Neste periodo con prácticas electorais fraudulentas chegaron ao poder dous grandes
partidos dinásticos; O Partido Liberal-Conservador(O Partido Conservador) e o Partido
Liberal-Fusionista(O Partido Liberal) que se turnarían case medio século no Goberno ata o
golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Ribera e Orbañeja o 13 de setembro de 1923 co
que empezaría a primeira das ditaduras que coñecería a España do século XX.
Alfonso XII foi vítima de dous atentados un o 25 de outubro de 1878, o obreiro catalán Xoan
Oliva Moncasi disparoulle un tiro de pistola na rúa Maior de Madrid do que saíu ileso.
Moncasi foi detido ao momento e executado o 4 de xaneiro de 1879 mediante garrote.
Outro o 30 de decembro de 1879, cando os monarcas viñan de pasear polos xardíns do Retiro
un xove galego de 20 anos chamado Francisco Otero González disparoulles a queimarroupa
sen chegar a ferilos. Foi executado o 14 de abril de 1880 mediante garrote.
Según Ramón Villares foi un monarca moi popular gracias o seu breve matrimonio coa súa
curmá Mª de las Mercedes e sobre todo polo seu carácter afable e espontáneo.
Mostrouse coma un rei humanitario o que lle importaban os problemas dos seus súbditos;
demostrouno en varias visitas (unhas oficiais, outras non) aos afectados por catástrofes
naturais ou endémicas:
- Inundacións en Murcia e sur de Alicante (1879).
- Terremoto de Andalucia (1884- 1885).
- Cólericos de Aranxuez (1885).
O calendario dos viaxes interiores do rei pese a súa ma saúde foi moi intenso. Acabou
visitando persoalmente gran parte das rexións españolas e as principais institucións.
Alfonso XII foi un rei moi cercano ao pobo sempre que podía.
Durante a súa curta vida como rei, Alfonso XII, casou dúas veces unha por amor e outra por
razóns de Estado; ademais dalgunhas aventuras extramatrimoniais, a máis coñecida e
duradeira coa cantante Elena Sanz coa que tivo dous fillos ilexítimos sen ningún dereito na
sucesión do Trono: Alfonso (1879-1970) e Fernando (1880-1922).
A súa curmá Mª de las Mercedes de Orleáns e Borbón, neta do rei de Francia Luis Felipe de
Orleans, sobriña de Isabel II e filla dos Duques de Montpensier foi a súa primeira esposa,
casándose o 23 de xaneiro de 1878; a raíña consorte faleceu seis meses despois de morte
súbita (outros din que de tifus ou tuberculose)
Disto xurdiron moitos versos e coplillas que alimentaron a lenda do xove e romántico
monarca; o máis coñecido dicía: <<¿Onde vas, Alfonso Doce, onde vas, triste de ti? Vou en
busca de Mercedes, que onte a tarde non a vin…>>
O 29 de novembro de 1879, contraía segundas nupcias coa archiduquesa Mª Cristina de
Habsburgo-Lorena (curmá segunda do emperador Francisco Xosé I de Austria), quen lle daría
tres fillos:
-Mª de las Mercedes (1880-1904), infanta de España e Princesa de Asturias, casada con
Carlos de Borbón-Dos Sicilias(1870-1949).
- Mª Teresa (1882-1912), infanta de España. Consorte Fernando I de Baviera.
-Alfonso XIII (1886-1941), rei de España dende o seu nacemento, xa que naceu meses
despois do falecemento do seu pai. Consorte Victoria Eugenia de Battenberg.
A viuva de Alfonso XII, MªCristina de Habsburgo-Lorena, sería rexente de España ata a
maioría de idade do seu fillo Alfonso XIII de Borbón o 2 de maio de 1902
En 1885 desatouse unha epidemia de cólera en Valencia que se foi extendendo hacia o
interior do país. Cando chegou a Aranxuez o monarca quixo visitar aos afectados ao que o
goberno de Cánovas se negou polo perigo que corría. O rei marchou sen previo aviso,
ordeando que se abrira o Palacio Real de Aranxuez para aloxar as tropas da guarnición. Unha
vez alí consolou aos enfermos e repartiu axudas.
O enterarse o Goberno da viaxe do soberano, mandou ao ministro de Graza e Xustiza, o
capitán xeral e o gobernador civil para que o levasen de volta a Madrid. Cando chegou foi
recibido polo pobo con vítores e, retirando os cabalos, conduxo a carruaxe ata o Palacio Real
de Madrid.
O 25 de novembro de 1885 Alfonso XII falecía de tuberculose no Palacio Real do Pardo,
arroupado pola súa dona e as súas dúas infantas.
Os seus restos mortais descansan na Cripta de reis e raíñas do Real Mosteiro de San Lorenzo
do Escorial.
Ten adicado un monumento no parque do Retiro de Madrid.
BIBLIOGRAFIA:
-www.unprofesor.com
-www.cervantesvirtual.com
-https://es.m.wikipedia.org
-https://historiaespana.es
-www.cope.es>noticias
SHAILA EL FAHAM PRIETO 6ºA
Alfonso XII de Borbón. Shaila

More Related Content

What's hot

Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberalvelazquezturnesnieves
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXFernanda Suárez Méndez
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeAgrela Elvixeo
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónEvaPaula
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)rubempaul
 
CARLOS IV
CARLOS IV CARLOS IV
CARLOS IV Cid22
 
Os Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadenciaOs Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadenciaAgrela Elvixeo
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquistaicoico1
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencialorenaamarelle
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaDudas-Historia
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austriaxosea
 

What's hot (20)

A IDADE MODERNA
A IDADE MODERNAA IDADE MODERNA
A IDADE MODERNA
 
Historia de españa
Historia de españaHistoria de españa
Historia de españa
 
A guerra da independencia
A guerra da independenciaA guerra da independencia
A guerra da independencia
 
Carlos iii
Carlos  iiiCarlos  iii
Carlos iii
 
Tema 4
Tema 4 Tema 4
Tema 4
 
Tema 6 a construción do estado liberal
Tema 6    a construción do estado liberalTema 6    a construción do estado liberal
Tema 6 a construción do estado liberal
 
Tema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESOTema 2. 3º ESO
Tema 2. 3º ESO
 
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIXCrise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
Crise do Antigo Réxime e construción do Estado liberal na España do século XIX
 
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo RéximeSéculo XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
Século XVIII: a Monarquía borbónica no Antigo Réxime
 
Absolutismo e Ilustración
Absolutismo e IlustraciónAbsolutismo e Ilustración
Absolutismo e Ilustración
 
A hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_realA hemofilia a_enfermidade_real
A hemofilia a_enfermidade_real
 
A IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPTA IDADE MODERNA PPT
A IDADE MODERNA PPT
 
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
Tema 3 Restauración, liberalismo e nacionalismo (4º ESO)
 
CARLOS IV
CARLOS IV CARLOS IV
CARLOS IV
 
AL ANDALUS
AL ANDALUSAL ANDALUS
AL ANDALUS
 
Os Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadenciaOs Austrias. Auxe e decadencia
Os Austrias. Auxe e decadencia
 
A reconquista
A reconquistaA reconquista
A reconquista
 
Crise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da IndependenciaCrise A.R Guerra da Independencia
Crise A.R Guerra da Independencia
 
Tema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía HispánicaTema 9. A Monarquía Hispánica
Tema 9. A Monarquía Hispánica
 
España baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de AustriaEspaña baixo a Casa de Austria
España baixo a Casa de Austria
 

Similar to Alfonso XII de Borbón. Shaila

Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfBerta Campos
 
Restauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosRestauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosEVAVIDALFERRO
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...Fernanda Suárez Méndez
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02LOPEZMOURENZA
 
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptrubempaul
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Santi Pazos
 
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERAISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERAEVAVIDALFERRO
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaDudas-Historia
 
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILAISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILAEVAVIDALFERRO
 
Gaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bach
Gaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bachGaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bach
Gaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bachJoseantonio Villaverde
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolcamposseijo
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade modernamttq
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoAgrela Elvixeo
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX Dudas-Historia
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánEVAVIDALFERRO
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español. guest7c5a895
 
O século XVII: a crise do imperio español
 O século XVII: a crise do imperio español O século XVII: a crise do imperio español
O século XVII: a crise do imperio españolroberto
 

Similar to Alfonso XII de Borbón. Shaila (20)

Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdfApuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
Apuntamentos nen@s Idade Moderna.pdf
 
Edadmoderna sexto
Edadmoderna   sextoEdadmoderna   sexto
Edadmoderna sexto
 
A Ilustración
A IlustraciónA Ilustración
A Ilustración
 
Felipe V
Felipe VFelipe V
Felipe V
 
Restauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.MarcosRestauracion Monárquica.Marcos
Restauracion Monárquica.Marcos
 
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
2. entrada liberalismo en españa. ultraextraresumoquemaisnonsepoderesumirconl...
 
renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02renacemento 110517020217-phpapp02
renacemento 110517020217-phpapp02
 
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.pptTema 8. A formación do Imperio español.ppt
Tema 8. A formación do Imperio español.ppt
 
Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias Tema 10: O imperio dos Austrias
Tema 10: O imperio dos Austrias
 
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERAISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
ISABEL II DE ESPAÑA. VALENTINA MADERA
 
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en EspañaTema 2. Inicio da Idade Moderna en España
Tema 2. Inicio da Idade Moderna en España
 
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILAISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
ISABEL II DE ESPAÑA. SHAILA
 
Gaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bach
Gaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bachGaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bach
Gaspar melchor de jovellanos presentacion belarmino bello 2ºa bach
 
Unidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio españolUnidade 10 crise do imperio español
Unidade 10 crise do imperio español
 
Idade moderna
Idade modernaIdade moderna
Idade moderna
 
Unidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónicoUnidade 4. o reformismo borbónico
Unidade 4. o reformismo borbónico
 
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX ESPAÑA NO SÉCULO XIX
ESPAÑA NO SÉCULO XIX
 
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.IvánISABEL II DE ESPAÑA.Iván
ISABEL II DE ESPAÑA.Iván
 
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.  O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
O Século XVI: O Apoxeo Do Imperio Español.
 
O século XVII: a crise do imperio español
 O século XVII: a crise do imperio español O século XVII: a crise do imperio español
O século XVII: a crise do imperio español
 

More from EVAVIDALFERRO

Alfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréAlfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréEVAVIDALFERRO
 
Avances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXAvances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXEVAVIDALFERRO
 
Isabel II de España. Xiana
Isabel II de España. XianaIsabel II de España. Xiana
Isabel II de España. XianaEVAVIDALFERRO
 
ISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaEVAVIDALFERRO
 
Fernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaFernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaEVAVIDALFERRO
 
Isabel II. André del Río
Isabel II. André del RíoIsabel II. André del Río
Isabel II. André del RíoEVAVIDALFERRO
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoEVAVIDALFERRO
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezEVAVIDALFERRO
 
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.EVAVIDALFERRO
 
Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.EVAVIDALFERRO
 
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTOCOMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTOEVAVIDALFERRO
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoEVAVIDALFERRO
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoEVAVIDALFERRO
 
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo VilariñoComic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo VilariñoEVAVIDALFERRO
 
Comic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. IvánComic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. IvánEVAVIDALFERRO
 

More from EVAVIDALFERRO (20)

Alfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. AndréAlfonso XIII de Borbón. André
Alfonso XIII de Borbón. André
 
AMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIAAMADEO I DE SABOIA
AMADEO I DE SABOIA
 
Avances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIXAvances médicos do Século XIX
Avances médicos do Século XIX
 
REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868REVOLUCIÓN DE 1868
REVOLUCIÓN DE 1868
 
Isabel II de España. Xiana
Isabel II de España. XianaIsabel II de España. Xiana
Isabel II de España. Xiana
 
ISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel SearaISABEL II. Joel Seara
ISABEL II. Joel Seara
 
CARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIERCARLOS IV. XABIER
CARLOS IV. XABIER
 
Fernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela AlmuiñaFernando VII. Candela Almuiña
Fernando VII. Candela Almuiña
 
Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.Fernando VII Diego.
Fernando VII Diego.
 
Isabel II. André del Río
Isabel II. André del RíoIsabel II. André del Río
Isabel II. André del Río
 
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo VilariñoIndependencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
Independencia Colonias Americanas. Xurxo Vilariño
 
Carlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago VázquezCarlos IV. Iago Vázquez
Carlos IV. Iago Vázquez
 
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
Daniela nos cuenta la historia de una heroina muy especial.
 
Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.Shaila. Comic sobre su confinamiento.
Shaila. Comic sobre su confinamiento.
 
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTOCOMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
COMICS SOBRE VUESTRO CONFINAMIENTO
 
Comics horizontal
Comics horizontalComics horizontal
Comics horizontal
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el Confinamiento
 
Comics sobre el Confinamiento
Comics sobre el ConfinamientoComics sobre el Confinamiento
Comics sobre el Confinamiento
 
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo VilariñoComic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
Comic "¡¿Que hacer en cuarentena?!". Xurxo Vilariño
 
Comic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. IvánComic de vuelta a la calle. Iván
Comic de vuelta a la calle. Iván
 

Alfonso XII de Borbón. Shaila

  • 1. Alfonso XII DE Borbón
  • 2. Un reinado inacabado por unha morte prematura e inesperada a só tres días de cumprir 28 anos e apenas unha década como xefe do Estado Español. Existencia e vida institucional efímera pero suficiente para por os cimentos dun novo réxime monárquico de goberno parlamentario, coa Constitución de maior vixencia da Historia Contemporánea de España: a Constitución de 1876. Hai varios mitos e lendas sobre el: rei romántico, rei soldado, rei liberal… ”O Pacificador “ apodo polo cal aínda se lle recorda hoxe. Alfonso XII foi rei de España entre 1874 e 1885, ao principio do seu reinado puxo fin á Primeira República dando paso ó periodo coñecido como Restauración. Naceu o 28 de novembro de 1857 no Palacio Real de Madrid. Fillo de Isabel II e Francisco de Asís, aínda que se rumoreaba que o seu pai biolóxico era un capitán de enxeñeiros chamado Enrique Puigmoltó y Mayans, III conde de Torrefiel e I vizconde de Miranda. Recibiu o título de Principe de Asturias ao nacer. Foi bautizado o 7 de decembro de 1857 na capela do Palacio Real de Madrid polo patriarca das Indias cos nomes de: Alfonso Francisco de Asís Fernando Pío Xoan María da Concepción Gregorio Pelayo de Borbón e Borbón; sendo os seus padriños a súa irmá maior a infanta Isabel e o papa Pío IX, representado polo nuncio monseñor Lorenzo Barili. Entre os seus preceptores atopábanse o Duque de Sesto e o arzobispo de Burgos (elexido pola raíña Isabel despois de consultar con Pío IX). Tiña 4 irmás: - Isabel, condesa de Girgenti (1851 -1931) - Mª del Pilar (1861 -1879) - Mª de la Paz, princesa de Baviera (1862 -1946) - Mª Eulalia, duquesa de Galliera (1864 – 1958) Din del que é un home serio e responsable para a súa idade, con notable talento, raiando na xenialidade, de ollos castaños e sereos e con facilidade de expresión. Segundo o diplomático Augusto Conte: “Se fose un pouco máis alto de corpo, calificaríase de bo mozo; aínda pequeno, gustáballe moito ás rapazas pola dozura dos seus ollos e a expresión intelixente das súas faccións. Falaba con elocuencia natural… Era bondadoso, ocurrente e amable, sen o menor orgullo.”
  • 3. Dende pequeno tivo unha saúde fráxil que os seus médicos tentaron vigorizar con baños mariños e a práctica diaria de ximnasia e diversos deportes. <<¡Abaixo os Borbóns!¡Viva España con honra!>>, foi unha das clamas populares da triunfante e <<Groriosa>>revolución de setembro de 1868 pola que a súa nai a raíña Isabel II foi destroada e toda a familia real foi obrigada a partir hacia o exilio. Un exilio permanente para Isabel II, pero non para o Príncipe de Asturias quen volvería xa como rei a súa patria natal nos primeiros días de 1875. Con apenas 17 anos recen cumpridos debía restaurar e lexitimar a monarquía borbónica; trala monarquía de Amadeo I de Saboia (1870 -1873) e da Primeira República (1873 -1874) tiña que restablecer a paz, sofocar as sublevacións carlistas e cubana e o máis difícil devolver a España a estabilidade política, social e económica da que carecía os últimos anos. Para iso contaba cunha adecuada preparación persoal e cun bo asesor de imaxe e arquitecto da política: Antonio Cánovas del Castillo A saída a Europa do xove Alfonso supuxo unha experiencia inestimable ao atoparse con outros sistemas políticos coma o francés, o austríaco ou o británico. Foi o primeiro Príncipe de Asturias que se formou en centros educativos e militares extranxeiros.
  • 4. Os anos de exilio (1868 -1874 ) valéronlle para adquirir unha selecta formación lingüística, académica e militar nas mellores escolas europeas. Na primeira que estivo foi: -O Colexio Stanislas de París. A guerra franco-prusiana fixo que a familia real se trasladase temporalmente a Xinebra, onde tivo clases particulares e acudiu á Academia Pública de Xinebra. Para seguir a súa educación elixiuse a Real e Imperial Academía Teresiana (Colexio Theresianum) de Viena, onde trala guerra franco-prusiana o príncipe foi acompañado por Guillermo Morphy, conde de Morphy (1836 -1899) home de confianza de Isabel II quen o elexiu como preceptor; xa fora nomeado xentilhome de entrada co motivo do sexto cumpreanos do príncipe, acompañándoo durante o exilio a París e dándolle leccións particulares. Durante a súa estancia no Colexio Teresiano de Viena, dende febreiro de 1882 ata rematar os seus estudos en xuño de 1874, Morphy desempeñou un papel crucial na formación do carácter e intelixencia do príncipe ideando un programa de ensinanza que atendería a formación integral do príncipe Alfonso, dando atención a súa formación humanística, aos exercicios corporais e ás visitas a museos, fábricas e a outos establecementos e lugares de interese ademais de instruilo no dereito constitucional. Por último asistiu á Academia Militar de Sandhurst en Inglaterra onde coñeceu de primeira man o constitucionalismo inglés. Da correspondencia entre Alfonso e a súa nai ponse de manifestó a relativa estreitez económica na que se movía a familia real neses anos. O 25 de xuño de 1870, a súa nai Isabel II, abdica os seus direitos dinásticos (nun documento firmado en París) a favor do seu fillo Alfonso, príncipe de Asturias, pasando a ser o lexítimo rei de España. Dende agosto de 1873 Antonio Cánovas del Castillo, sustituindo ao Duque de Montpensier, convirtiríase no dirixente do movemento Alfonsino, co propósito de preparar á opinión pública e gañar o maior número de adeptos para restaurar a monarquía de España na figura de Alfonso de Borbón sin a intervención do Exército. Foi idea de Cánovas que o príncipe completara a súa formación militar na prestixiosa Academia de Sandhurst.
  • 5. Mentres en España sucedéronse diferentes formas de goberno: -Goberno Provisional (1868 – 1871) Trala caída da monarquía borbónica en España formouse un goberno presidido tanto por políticos coma por militares afamados. Este estaba obrigado a buscar unha solución á inestabilidade política que había no momento e decidir se se pasaba a unha república, monarquía ou dictadura. -Reinado de Amadeo I de Saboia (1870 – 1873 ) Aínda que con moitas discrepancias o xeneral Prim instaurou unha monarquía parlamentaria, na que o poder estaba moi diluido. A casa elexida tras ser rexeitado por moitos países europeos foi a de Saboia. Este sistema de goberno tivo moi poucos simpatizantes, ademais antes da chegada do novo monarca, o xeneral Prim foi asasinado. Entre 1871 e 1873 houbo varios gobernos moi ineficaces, en gran medida porque os mesmos políticos non aceptaban a Amadeo como monarca. -Primeira República (1873 – 1874) Despois de deixalo trono Amadeo I instáurase en España a I República que dende o comezo tivo moitas trabas acabando cun levantamento militar a mans do xeneral Arsenio Martínez- Campos que proclamou rei de España a Alfonso XII.
  • 6.
  • 7. Durante esta etapa histórica: O Sexenio Democrático, a causa alfonsina estivo representada nas Cortes por Antonio Cánovas del Castillo que estivo moi atento á educación do príncipe supervisada polo Duque de Sesto. Según Ramon Villares gracias o percorrido que fixo por diversos colexios extranxeiros, o príncipe Alfonso adquiriu dominio de linguas e un regular coñecemento da historia europea, así como dalgúns teóricos políticos máis apreciados da época (Benjamin Constant, Walter Bagehot). A xuzgar pola impresión que causaba nos observadores extranxeiros e polos libros que fixo comprar nada máis chegar ó Palacio de Oriente a súa formación acercábao máis a un monarca liberal europeo caos seus inmediatos antepasados españois, tan castizos como pouco cultivados. Foi o primeiro monarca da España moderna que fora educado casi completamente no exilio, sen pompa nin etiqueta. O 1 de decembro de 1874, Alfonso fixo público o Manifesto de Sandhurst, presentándose aos españois coma un príncipe católico, español, constitucionalista, liberal e deseoso de servir á nación.
  • 8. O 29 de decembro de 1874 prodúxose a restauración da monarquía o pronunciarase o xeneral Arsenio Martínez-Campos en Sagunto (Valencia) a favor do acceso ó Trono do Principe Alfonso. Naquel momento, o xefe de Estado era o xeneral Serrano e o xefe do Goberno era Sagasta. O 9 de xaneiro de 1875, Alfonso regresa a España vía Barcelona facendo a entrada na capital o 14 de xaneiro sendo proclamado rei ante as Cortes Españolas. Alfonso XII nomeou ó Conde de Morphy o seu secretario particular que dende este cargo converteuse no gran protector dos artistas do seu tempo intercedendo na concesión de pensións por parte da Casa Real tendo unha forte presencia nas institucións culturais do Madrid da Restauración. Só 5 días despois da súa coroación emprendeu a primeira acción como xefe do Estado Español marchando ao norte para dirixir as operacións militares contra os carlistas. O seu reinado consistiu principalmente en consolidar a monarquía e a estabilidade institucional, reparando os danos que as loitas internas dos anos do chamado Sexenio Revolucionario deixaran tras de si gañándose o apodo de “O Pacificador”. En 1876 púxose fin á terceira guerra carlista dirixida por Carlos VII (o propio monarca foi ao campo de batalla para presenciar o final). Os foros vascos e navarros foron reducidos, cesaron as hostilidades en Cuba coa firma da Paz de Zanjón (1878). O 30 de xuño de 1876 foi promulgada unha nova Constitución, que non recoñecía a soberanía nacional, senón unha soberanía compartida entre o Monarca e as Cortes.
  • 9. O rei convertíase no poder moderador do novo réxime, pois conservaba amplas prerrogativas políticas e asumía o mando Supremo do Exército e da Armada (art.52 da Constitución e Lei Constitutiva do Exército de 1878). Sobre esta base legal construiríase o sistema político monárquico do goberno parlamentario coñecido coma a época da Restauración. Neste periodo con prácticas electorais fraudulentas chegaron ao poder dous grandes partidos dinásticos; O Partido Liberal-Conservador(O Partido Conservador) e o Partido Liberal-Fusionista(O Partido Liberal) que se turnarían case medio século no Goberno ata o golpe de Estado do xeneral Miguel Primo de Ribera e Orbañeja o 13 de setembro de 1923 co que empezaría a primeira das ditaduras que coñecería a España do século XX. Alfonso XII foi vítima de dous atentados un o 25 de outubro de 1878, o obreiro catalán Xoan Oliva Moncasi disparoulle un tiro de pistola na rúa Maior de Madrid do que saíu ileso. Moncasi foi detido ao momento e executado o 4 de xaneiro de 1879 mediante garrote. Outro o 30 de decembro de 1879, cando os monarcas viñan de pasear polos xardíns do Retiro un xove galego de 20 anos chamado Francisco Otero González disparoulles a queimarroupa sen chegar a ferilos. Foi executado o 14 de abril de 1880 mediante garrote. Según Ramón Villares foi un monarca moi popular gracias o seu breve matrimonio coa súa curmá Mª de las Mercedes e sobre todo polo seu carácter afable e espontáneo. Mostrouse coma un rei humanitario o que lle importaban os problemas dos seus súbditos; demostrouno en varias visitas (unhas oficiais, outras non) aos afectados por catástrofes naturais ou endémicas: - Inundacións en Murcia e sur de Alicante (1879). - Terremoto de Andalucia (1884- 1885). - Cólericos de Aranxuez (1885).
  • 10. O calendario dos viaxes interiores do rei pese a súa ma saúde foi moi intenso. Acabou visitando persoalmente gran parte das rexións españolas e as principais institucións. Alfonso XII foi un rei moi cercano ao pobo sempre que podía. Durante a súa curta vida como rei, Alfonso XII, casou dúas veces unha por amor e outra por razóns de Estado; ademais dalgunhas aventuras extramatrimoniais, a máis coñecida e duradeira coa cantante Elena Sanz coa que tivo dous fillos ilexítimos sen ningún dereito na sucesión do Trono: Alfonso (1879-1970) e Fernando (1880-1922). A súa curmá Mª de las Mercedes de Orleáns e Borbón, neta do rei de Francia Luis Felipe de Orleans, sobriña de Isabel II e filla dos Duques de Montpensier foi a súa primeira esposa, casándose o 23 de xaneiro de 1878; a raíña consorte faleceu seis meses despois de morte súbita (outros din que de tifus ou tuberculose) Disto xurdiron moitos versos e coplillas que alimentaron a lenda do xove e romántico monarca; o máis coñecido dicía: <<¿Onde vas, Alfonso Doce, onde vas, triste de ti? Vou en busca de Mercedes, que onte a tarde non a vin…>> O 29 de novembro de 1879, contraía segundas nupcias coa archiduquesa Mª Cristina de Habsburgo-Lorena (curmá segunda do emperador Francisco Xosé I de Austria), quen lle daría tres fillos: -Mª de las Mercedes (1880-1904), infanta de España e Princesa de Asturias, casada con Carlos de Borbón-Dos Sicilias(1870-1949). - Mª Teresa (1882-1912), infanta de España. Consorte Fernando I de Baviera.
  • 11. -Alfonso XIII (1886-1941), rei de España dende o seu nacemento, xa que naceu meses despois do falecemento do seu pai. Consorte Victoria Eugenia de Battenberg. A viuva de Alfonso XII, MªCristina de Habsburgo-Lorena, sería rexente de España ata a maioría de idade do seu fillo Alfonso XIII de Borbón o 2 de maio de 1902 En 1885 desatouse unha epidemia de cólera en Valencia que se foi extendendo hacia o interior do país. Cando chegou a Aranxuez o monarca quixo visitar aos afectados ao que o goberno de Cánovas se negou polo perigo que corría. O rei marchou sen previo aviso, ordeando que se abrira o Palacio Real de Aranxuez para aloxar as tropas da guarnición. Unha vez alí consolou aos enfermos e repartiu axudas. O enterarse o Goberno da viaxe do soberano, mandou ao ministro de Graza e Xustiza, o capitán xeral e o gobernador civil para que o levasen de volta a Madrid. Cando chegou foi recibido polo pobo con vítores e, retirando os cabalos, conduxo a carruaxe ata o Palacio Real de Madrid.
  • 12. O 25 de novembro de 1885 Alfonso XII falecía de tuberculose no Palacio Real do Pardo, arroupado pola súa dona e as súas dúas infantas. Os seus restos mortais descansan na Cripta de reis e raíñas do Real Mosteiro de San Lorenzo do Escorial. Ten adicado un monumento no parque do Retiro de Madrid. BIBLIOGRAFIA: -www.unprofesor.com -www.cervantesvirtual.com -https://es.m.wikipedia.org -https://historiaespana.es -www.cope.es>noticias SHAILA EL FAHAM PRIETO 6ºA