1. ARDORA
ACHEGAS DESDE O EQUIPO DA BIBLIOTECA AO PLAN LECTOR
O Proxecto Documental Integrado para o curso 2015/2016 xirará a través do
centro de interés do mar e a súa relación con Vigo. Pensamos que o tema
nos ofrece numerosos recursos non so literarios senón tamén para a
investigación, elaboración e exposición da información entre o alumnado e para
a colaboración das familias, xa que dunha forma ou outra o mar forma parte da
vida e historia da nosa cidade.
O Proxecto dividirase en tres fases.
MOTIVACIÓN
Iniciamos o proxecto coa saída ao Museo do Mar de Galicia. Alí atoparán unha
mensaxe nunha botella que será o punto de partida do noso proxecto. O
equipo de bibllioteca propondrá unha serie de actividades relacionadas co
nome do proxecto "Ardora", co museo e con autores e personaxes
vencellados á nosa historia (Xullo Verne, 20.000 leguas de viaxe submariana,
Sanjurjo Badía...).
BIBLIOTECA ESCOLAR, BASE DE EXPLORACIÓNS
A biblioteca súmase á campaña das bibliotecas escolares porque desdes aquí
tamén queremos convidar a todo o alumnado a explorar o mundo e a
compartir o aprendido. Desde os máis pequenos e pequenas que comezan
a familiarizarse coa biblioteca e a investigación ata o alumnado que este ano
partirá rumbo a Secundaria .
Un Faro será o que nos guíe nesta ruta durante o segundo trimestre. O tema
da navegación nos axudará a coñecer outros mundos, culturas e formas de
vida.
HAI QUE MOLLARSE!
Co fin de fomentar a capacidade crítica e o respeto ao medio ambiente as
actividades do terceiro trimestre xirarán arredor da contaminación a ecoloxía e
o coidado do entorno.
2. 1. En relación coa organización e xestión
Coordinación unha vez á semana coas responsables dos equipos de
Dinamización lingüística e Complementarias e así unir esforzos e
implicarse en actividades conxuntas como a horta escolar.
Establecer tempos de dedicación lectivos dos membros do equipo para
as tarefas de xestión, informatización e organización da mesma.
A Biblioteca estará a disposición do profesorado e do alumnado durante
a xornada escolar, e da comunidade educativa de luns a xoves de 16:00
a 17:00.
Préstamo á hora do recreo co fin de optimizar o tempo de hora da
biblioteca.
Establecer un horario de biblioteca para todos os cursos ao longo da
semana e de atención á biblioteca dos membros do equipo.
Sinalizar a biblioteca e nova distribución de espazos.
Formar ao alumnado de 6º para exercer a labor de axudantes de
bibioteca.
Actividades de formación dos axudantes de biblioteca.
Catalogación e clasificación dos documentos novos, altas e baixas,
carnés de lector…
Marcar coas cores da CDU o lombo dos libros.
Ampliar o labor de expurgo.
2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca,
a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao
desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.
Impulsar a utilización da biblioteca como espazo para a lectura, para a
busca de información e para a aprendizaxe.
Promover actividades de investigación que impliquen a necesidade de
utilización dos recursos da biblioteca como fonte de información.
Promover actividades lúdicas en colaboración cos “axundantes de
biblioteca” nos que o uso da biblioteca sexa imprescindible.
3. Ampliar e actualizar o fondo bibliográfico con material de consulta,
monografías, etc., especialmente no ámbito ciéntifico e de nee, tendo en
conta o tema do PDI: "Ardora" .
Adquirir bibliografía para as familias, de temas relacionados coa
educación
Expor temporalmente as novidades, os libros adquiridos.
Promover as recomendacións de libros entre o alumnado.
Difusión do fondo e das actividades da BE a través do Blog da
biblioteca:“ (http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es)
Informar ás familia das posibilidades que ofrece a biblioteca e dinamizar
a súa asistencia polas tardes..
Edición de guías de lectura: Nadal, vacacións verán.
Préstamos persoais e de aula (caixas viaxeiras).
Realización de actividades nas conmemoracións: día internacional da
Biblioteca, semana da prensa, Día do libro, Día da poesía, día das
Letras Galegas.
Lectura na casa e en familia (mochilas viaxeiras).
Rexistro das lecturas nos diferentes cursos.
A escrita: creación persoal de textos (contos, poesías, adiviñas,...)
3. En relación coa formación de usuarios e educación para o acceso á
información (competencia para o tratamento da información e
competencia dixital)
Co obxectivo de facer usuarios autónomos que saiban desenvolverse en
calquera biblioteca ao longo da súa vida.
Utilizar con eficacia os recursos da biblioteca nas horas semanais de
cada curso.
Experimentar o valor do traballo colaborativo.
Afianzar as normas de organización dos fondos e uso adecuado dos
espazos, a través de carteis e das actividades de formación de usuarios
Deseñar actividades de formación de usuarios.
4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto
Lector de centro.
4. Elaborar un itinerario lector que favoreza o achegamento do alumnado a
lecturas axeitadas á súa idade.
Manter o blog actualizado como plataforma onde obter información para
o PDI e novas relacionadas co mundo do libro, expor os seus traballos,
promover a participación da comunidade educativa e dar a coñecer
actividades que se desenvolvan na bilbioteca.
Destacar os libros nos expositores do colexio: autores, temas e
conmemoracións.
Favorecer o emprego do recuncho dos soños para a lectura por pracer.
Préstamos individuais e de aula (caixas e mochilas viaxeiras).
Dedicar un tempo diario á lectura (hora de ler ou estudo doutras
posibilidades).
Lecturas en voz alta polo profesorado e alumnado doutros cursos.
Apadriñamento lector e contacontros entre o alumnado.
Visita dos contacontos do IES Carlos Casares.
Visitas de autores, ilustradores, contacontos
Organizar outra edición da Feira do libro usado.
5. Outras actuacións
Formación na Escola: o proceso lector na casa. As Tics.
Coordinación coa biblioteca municipal mais próxima e cos responsables
de bibliotecas da zona.
Potenciar o fondo bibliográfico para as familias.
Contribuir á compensación das desigualdades facilitando aos usuarios
os recursos necesarios para a súa formación como lector e productor de
información.
6. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos
que se van utilizar
INDICADORES:
Implicación do alumnado e profesorado nas actividades de
dinamización.
Grao de implicación das familias nas actividades nas que se procure a
súa colaboración.
5. Nivel de formación acadado polos usuarios e usuarias: uso do Programa
Meiga para as consultas do catálogo, localización física dos volumes da
coleción e uso dos recursos informáticos e audiovisuais...
Adecuación das melloras en materia de equipamento e coleción.
Organización e disponibilidade dos documentos.
Rendemento do alumnado respecto ao hábito lector e ás aprendizaxes.
Funcionamento das seccións de aula.
Número de volumes catalogados.
Presenza real da biblioteca nas programacións didácticas.
Adecuación do Proxecto ás necesidades do centro.
Preferencias do alumnado respecto á coleción.
PROCEDEMENTOS:
Enquisa de avaliación do profesorado de cada actividade proposta.
Enquisa de autoavaliación para os nenos e nenas que participen no
apadriñamento lector.
Rexistro de avaliación do funcionamento das seccións de aula, a cubrir
polos titores e titoras.
Nº de participantes nas actividades dos distintos espazos: “Recuncho
dos soños” (lectura no patio), empréstitos, asistentes á biblioteca polas
tardes, participantes voluntarios da comunidade escolar nas tarefas de
colaboración co Equipo.
Cadernos das Mochilas Viaxeiras coas valoracións das familias.
Sesión avaliativa do Proxecto da biblioteca (ao final do curso) no
Claustro e no Consello Escolar.
Valoración do profesorado e o alumnado sobre a organización e
dispoñibilidade da coleción na biblioteca.
Recoller propostas do profesorado e alumnado a través da caixa de
suxestións.