Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
INTRODUCIÓN
O noso centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde o curso
2012-2013. Con anterior...
CHAMANDO A TERRA!
Co fin de fomentar a pensamento crítico, o coidado do medio ambiente e o consumo
responsable, as activid...
atención á biblioteca dos membros do equipo.
• Optimización e difusión da sinalización da biblioteca.
• Formar ao alumnado...
3.En relacion coa formacion de usuarios e adquisicion da competencia i
informacional (competencia para o tratamento da inf...
• Continuar coa nova sinalización que inclúe pictogramas e iconas de fácil
identificación.
6. Outras actuacions
• Coordina...
PDI PLANETA PLANTURNO
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

PDI PLANETA PLANTURNO

106 views

Published on

PDI 2017/2018 CEIP Ingrexa-Candeán

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

PDI PLANETA PLANTURNO

  1. 1. INTRODUCIÓN O noso centro está integrado no Plan de Mellora de Bibliotecas Escolares desde o curso 2012-2013. Con anterioridade e ata o momento leváronse a cabo actividades e proxectos coa finalidade de fomentar o hábito e o gusto pola lectura e contribuir a práctica da lectoescritura. Tras sucesivas avaliacións dos proxectos e elaboracións das memorias nos últimos anos constatamos a necesidade de incorporar de forma paulatina propostas de traballo que contribúan á adquisición de competencias no uso, tratamento e produción de información en diferentes soportes e formatos . Será a formación de usuarios polo tanto a que deberá centrar os nosos esforzos implicando a todo o profesorado na súa posta en práctica. Nos últimos anos estamos atendendo tamén ao estudo, análises e produción de diferentes tipos de textos. Despois da poesía e a receita dos últimos anos este curso decimimos traballar o texto narrativo. A biblioteca contribuirá ademais a favorecer a implicación das familias e a compensación das desigualdades. O PDI para o curso 2017/2018 xirará a través do centro de interés de O Universo. A biblioteca será o centro de control que axude a favorecer a observación, a consulta e a investigación para dar resposta aos diverentes interrogantes sobre o coñecemento do espazo e o coñecemento de nós mesmos. Queremos crear unha nave de ideas na que teña cabida toda a comunidade educativa. O proxecto dividirase en tres fases: MOTIVACIÓN: Iniciamos o proxecto coa construción do noso “espazo” e torre de control no andar onde se atopa a biblioteca. Para a súa decoración contaremos coa colaboración do noso conserxe, do alumnado, o profesorado e as familias. O acertixo que inclúe parte da decoración, a historia da orixe da nosa mascota Candeanina e as probas que terán que pasar na acitividade que levaremos a cabo o día da inauguración da biblioteca, serán o punto de partida para as actividades que desenvolveremos ao longo do curso. APRENDER A PENSAR NA BIBLIOTECA ESCOLAR O Universo ten moitos segredos que despertan a curiosidade dos máis pequenos. Observar, reflexionar, explorar o que temos máis cerca e o que temos máis lonxe para facernos preguntas. Coñecer como afecta ás nosas vidas os fenómenos naturais e por que se producen. Por que a exploración do espazo e a investigación espacial fai mellor a vida sobre a Terra. Durante o segundo trimestre realizaremos unha viaxe no tempo a través de grandes pensadores como Aristóteles, Galileo, Newton, Einstein, Carl Sagan, Stephen Hawking...con eles coñeceremos a época na que vivían e os avances científicos do seu tempo.
  2. 2. CHAMANDO A TERRA! Co fin de fomentar a pensamento crítico, o coidado do medio ambiente e o consumo responsable, as actividades do terceiro trimestre xirarán arredor do cambio climático, a ecoloxía e o coidado do entorno. OBXECTIVOS DO PROXECTO LECTOR ANUAL • Fomentar no alumnado o interés e goce pola lectura. • Contribuir ao acceso igualitario dos recursos e á compensación das desigualdades. • Atender á diversidade do alumnado mediante a selección de recursos, adaptacións específicas e actividades diversas. • Contribuir a creación e consolidación de hábitos de lectura e de escritura. • Estimular o uso de fontes documentais en diferentes soportes promovendo estratexias para a consulta eficaz, a selección crítica e a construción autónoma do coñecemento. • Fomentar no alumnado unha actitute reflexiva e crítica mediante o tratamento da información. • Contribuir ao desenvolvemento da competencia lingüística do alumnado en tódalas áreas do currículo. • Promover a colaboración e participación das familias e outros membros da Comunidade Educativa da contorna. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN EN RELACIÓN CO PAPEL DA BIBLIOTECA ESCOLAR NO CENTRO. 1. En relacion coa organizacion e xestion; a configuracion da biblioteca como “laboratorio creativo de aprendizaxes" • Destinar unha hora semanal común de coordinación coas responsables doutros equipos (Dinamización da lingua galega, Complementarias, TICs) e así unir esforzos e implicarse en actividades conxuntas. • Unificar as reunións do equipo de biblioteca e dinamización da lingua galega. • Establecer tempos de dedicación lectivos dos membros do equipo para as tarefas de xestión, informatización e organización da mesma. • A Biblioteca estará a disposición do profesorado e do alumnado durante a xornada escolar, e da comunidade educativa de luns a xoves de 16:00 a 17:00. • Continuar co préstamo á hora do recreo e así optimizar o tempo de hora da biblioteca. • Establecer un horario de biblioteca para todos os cursos ao longo da semana e de
  3. 3. atención á biblioteca dos membros do equipo. • Optimización e difusión da sinalización da biblioteca. • Formar ao alumnado de 6º e 5ª de primaria para exercer o labor de axudantes de bibioteca. • Catalogación e clasificación dos documentos novos, altas e baixas, carnés de lector... • Equilibrio de fondos. Criterios de selección e compra. • Continuar coa labor de expurgo. 2. En relacion coa dinamizacion e promocion dos recursos da biblioteca, a sua integracion no tratamento do curriculo e a sua contribucion a alfabetizacion multiple e ao desenvolvemento das competencias basicas do alumnado. • Impulsar a utilización da biblioteca como espazo para a lectura, para a busca de información e para a aprendizaxe. • Promover e facilitar actividades de investigación que impliquen a necesidade de utilización dos recursos da biblioteca como fonte de información. Continuar co “Preguntorio Cientifico”. • Promover actividades lúdicas en colaboración cos “axundantes de biblioteca” nos que o uso da biblioteca sexa imprescindible. • Ampliar e actualizar o fondo bibliográfico con material de consulta, monografías, especialmente no ámbito ciéntifico, e familias, tendo en conta o tema do PDI (O Universo). • Adquirir bibliografía para as familias, de temas relacionados coa educación. • Expor temporalmente as novidades, os libros adquiridos. • Promover as recomendacións de libros entre o alumnado. • Difusión do fondo e das actividades da BE a través do Blog da biblioteca: Candeanina libroteca (http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es) • Informar ás familias na 1ª reunión das posibilidades que ofrece a biblioteca e dinamizar a súa asistencia polas tardes. Guía recomendacións para a lectura en familia. • Diviulgación da Guía de usuarios da BE para o alumnado e profesorado. • Edición de guías de lectura: Nadal e vacacións de verán. • Continuar co sistema de préstamos persoais e de aula (caixas viaxeiras). • Realización de actividades nas conmemoracións: Día internacional da Biblioteca, Semana da Ciencia, Día de Rosalía, Día do libro, Día da poesía, Día das Letras Galegas. • Integrar a biblioteca no noso labor docente, reflectíndoo nas programacións de aula. • Lectura na casa e en familia (mochilas viaxeiras). • Rexistro das lecturas nos diferentes cursos. • A escrita: creación persoal de textos (contos, poesías, adiviñas,...)
  4. 4. 3.En relacion coa formacion de usuarios e adquisicion da competencia i informacional (competencia para o tratamento da informacion“competencia dixital ) • Provomer e diseñar actividades sinxelas que impliquen a necesidade do uso de dispositivos móbiles e aplicacións. • Asesorar e informar ao profesorado sobre a organización e uso da biblioteca no mes de setembro (Guía de usuarios, CDU,...). • Utilizar con eficacia os recursos da biblioteca nas horas semanais de cada curso. • Experimentar o valor do traballo colaborativo. • Afianzar as normas de organización dos fondos e uso adecuado dos espazos, a través de carteis e das actividades de formación de usuarios. • Editar unha guía de usuarios. • Deseñar actividades de formación de usuarios. 4. En relacion co fomento da lectura e co desenvolvemento do proxecto lector de centro (en materia de lectura, escritura e habilidades no uso, tratamento e producion de informacion). • Promover actividades de edición de pequenos textos no alumnado que impliquen a necesidade de utilización de imaxes e hipervínculos. • Elaborar un itinerario lector que favoreza o achegamento do alumnado a lecturas axeitadas á súa idade. • Manter o blog actualizado como plataforma onde obter información para o PDI e novas relacionadas co mundo do libro. Promover a participación da comunidade educativa e dar a coñecer actividades que se desenvolvan na bilbioteca. • Destacar os libros nos expositores do colexio: autores, temas e conmemoracións. • Favorecer o emprego do recuncho dos sonos para a lectura por pracer. • Prestamos individuais e de aula (caixas e mochilas viaxeiras). • Dedicar un tempo diario á lectura (hora de ler ou estudo doutras posibilidades). • Lecturas en voz alta polo profesorado e alumnado doutros cursos. • Apadriñamento lector e contacontos entre alumnado. • Visita dos contacontos do IES Carlos Casares. • Visita de autores, ilustradores, contacontos. 5. En relacion cos avances cara a unha biblioteca inclusiva. • Contribuir á compensación das desigualdades facilitando aos usuarios os recursos necesarios para a súa formación como lector e producor de información: ampliar horario apertura para a comunidade educativa, fondos, ordenadores, internet, mochilas, encontros... • Ampliar e actualizar o fondo bibliográfico: libros informativos sobre diversidade funcional e transtornos, nee, libros con personaxes con discapacidade, libros de lectura fácil, contos con pictogramas...
  5. 5. • Continuar coa nova sinalización que inclúe pictogramas e iconas de fácil identificación. 6. Outras actuacions • Coordinación coa biblioteca municipal mais próxima e cos responsables de bibliotecas da zona (Biblioteca Municipal Neira Vilas). • Potenciar o fondo bibliográfico para as familias. 7. Criterios e procedementos de avaliacion. Indicadores e instrumentos que se van utilizar Indicadores: • Implicación do alumnado e profesorado nas actividades de dinamización. • Grao de implicación das familias nas actividades. • Nivel de formación acadado polos usuarios e usuarias: uso do Programa Meiga para as consultas do catálogo, localización física dos volumes da coleción e uso dos recursos informáticos e audiovisuais... • Adecuación das melloras en materia de equipamento e colección. • Organización e disponibilidade dos documentos. • Rendemento do alumnado respecto ao hábito lector e ás aprendizaxes. • Funcionamento das seccións de aula. • Número de volumes catalogados. • Presenza real da biblioteca nas programacións didácticas. • Adecuación do Proxecto ás necesidades do centro. • Preferencias do alumnado respecto á colección. Procedementos: • Enquisa de avaliación do profesorado de cada actividade proposta. • Enquisa de avaliación ao alumnado, profesorado e familias a través do blog. • Rexistro de avaliación do funcionamento das seccións de aula, a cubrir polos titores e titoras. • Nº de participantes nas actividades dos distintos espazos: “Recuncho dos soños” (lectura no patio), empréstitos, asistentes á biblioteca polas tardes, participantes da comunidade escolar. • Sesión avaliativa do Proxecto da biblioteca (ao final do curso) no Claustro e no Consello Escolar. • Valoración do profesorado e o alumnado sobre a organización e dispoñibilidade da coleción na biblioteca. • Recoller propostas do profesorado e alumnado a través da caixa de suxestións. • Enquisa de Bibliotecas escolares de Galicia.

×