Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

PDI OÍDO COCIÑA

175 views

Published on

Proxecto Documental Integrado curso 2016/2017

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

PDI OÍDO COCIÑA

  1. 1. OÍDO COCIÑA! ACHEGAS DESDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA AO PLAN LECTOR O Proxecto Documental Integrado para o curso 2016/2017 xirará a través do centro de interés da cociña. Experimentar, investigar, crear e compartir o aprendido serán os ingredientes clave. Convertiremos a biblioteca nun lugar onde adquirir e consolidar coñecementos e competencias relacionadas coa cociña, a alimentación e a adquisición de hábitos saudables. O proxecto dividirase en tres fases: MOTIVACIÓN Iniciamos o proxecto coa construción dunha cociña no andar onde se atopa a biblioteca. Para a súa decoración contaremos coa colaboración do alumnado, profesorado e as familias que axudarán a darle cor aos utensilios. Os acertixos que inclúen os utensilios e as probas que terán que pasar na actividade que levaremos a cabo o día da inauguración da biblioteca serán o punto de partida para as actividades que desenvolveremos ao longo do curso. BIBLIOTECA ESCOLAR, TERRITORIO DAS ARTES A cociña é unha tarefa que se caracteriza pola creatividade e o traballo en equipo e con esas premisas sumámonos un ano máis á campaña das bibliotecas escolares. A cociña é creatividade, ciencia, matemáticas, xeografía, historia, arte...aspectos que unidos ou por separado axudaranos á construción do coñecemento e á adopción de estilos de vida saudables. Durante o segundo trimestre realizaremos unha víaxe gastronómica que nos axudará a coñecer outros mundos ademais do noso. Achegarémonos a diferentes producións artísticas e crearemos as nosas. BOTA UNHA MAN! Co fin de fomentar a capacidade crítica e o consumo responsable, as actividades do terceiro trimestre xirarán arredor do comercio xusto, a ecoloxía e o coidado do entorno.
  2. 2. LIÑAS PRIORITARIAS DE ACTUACIÓN NA BIBLIOTECA ESCOLAR PARA O CURSO 2016/17. 1. En relación coa organización e xestión  Destinar unha hora semanal común de coordinación cos responsables doutros equipos (Dinamización da lingua galega, Complementarias, TICs) e así unir esforzos e implicarse en actividades conxuntas.  Unificar as reunións do equipo de biblioteca e dinamización da lingua galega.  Establecer tempos de dedicación lectivos dos membros do equipo para as tarefas de xestión, informatización e organización da mesma.  A Biblioteca estará a disposición do profesorado e do alumnado durante a xornada escolar, e da comunidade educativa de luns a xoves de 16:00 a 17:00.  Continuar co préstamo á hora do recreo e así optimizar o tempo de hora da biblioteca.  Establecer un horario de biblioteca para todos os cursos ao longo da semana e de atención á biblioteca dos membros do equipo.  Optimización e difusión da sinalización da biblioteca.  Formar ao alumnado de 6º para exercer a labor de axudantes de bibioteca.  Catalogación e clasificación dos documentos novos, altas e baixas, carnés de lector…  Equilibrio de fondos. Criterios de selección e compra.  Continuar coa labor de expurgo. 2. En relación coa dinamización e promoción dos recursos da biblioteca, a súa integración no tratamento do currículo e a súa contribución ao desenvolvemento das competencias básicas do alumnado.  Impulsar a utilización da biblioteca como espazo para a lectura, para a busca de información e para a aprendizaxe.  Promover e facilitar actividades de investigación que impliquen a necesidade de utilización dos recursos da biblioteca como fonte de información.
  3. 3.  Promover actividades lúdicas en colaboración cos “axundantes de biblioteca” nos que o uso da biblioteca sexa imprescindible.  Ampliar e actualizar o fondo bibliográfico con material de consulta, monografías, especialmente no ámbito ciéntifico, de nee e familias, tendo en conta o tema do PDI (A cociña).  Adquirir bibliografía para as familias, de temas relacionados coa educación  Expor temporalmente as novidades, os libros adquiridos.  Promover as recomendacións de libros entre o alumnado.  Difusión do fondo e das actividades da BE a través do Blog da biblioteca:“Candeanina libroteca” (http://ceipigrexacandean.blogspot.com.es)  Informar ás familias na 1ª reunión das posibilidades que ofrece a biblioteca e dinamizar a súa asistencia polas tardes.  Divulgación da Guía de usuarios da BE para o alumnado e o profesorado.  Edición de guías de lectura: Nadal, vacacións verán.  Continuar co sistema de préstamos persoais e de aula (caixas viaxeiras).  Realización de actividades nas conmemoracións: Día internacional da Biblioteca, Semana da prensa, Día de Rosalía, Día do libro, Día da poesía, Día das Letras Galegas.  Integrar a biblioteca no noso labor docente, reflectíndoo nas programacións de aula.  Lectura na casa e en familia (mochilas viaxeiras).  Rexistro das lecturas nos diferentes cursos.  A escrita: creación persoal de textos (contos, poesías, adiviñas,...) 3. En relación coa formación de usuarios e adquisición da competencia informacional (competencia para o tratamento da información )  Provomer e diseñar actividades sinxelas que impliquen a necesidade do uso de dispositivos móbiles e aplicacións (blog de aula, códigos QR, chatter pix, gloster, nube de palabras, photocollage…)  Asesorar e informar ao profesorado sobre a organización e uso da biblioteca no mes de setembro (Guía de usuarios, CDU,...).  Utilizar con eficacia os recursos da biblioteca nas horas semanais de cada curso.  Experimentar o valor do traballo colaborativo.
  4. 4.  Afianzar as normas de organización dos fondos e uso adecuado dos espazos, a través de carteis e das actividades de formación de usuarios  Editar unha guía de usuarios.  Deseñar actividades de formación de usuarios. 4. En relación co fomento da lectura e co desenvolvemento do Proxecto Lector de centro (en materia de lectura, escritura e habilidades no uso, tratamento e produción da información).  Promover actividades de edición de pequenos textos no alumnado que impliquen a necesidade de utilización de imaxes e hipervínculos.  Elaborar un itinerario lector que favoreza o achegamento do alumnado a lecturas axeitadas á súa idade.  Manter o blog actualizado como plataforma onde obter información para o PDI e novas relacionadas co mundo do libro. Promover a participación da comunidade educativa e dar a coñecer actividades que se desenvolvan na bilbioteca.  Destacar os libros nos expositores do colexio: autores, temas e conmemoracións.  Favorecer o emprego do recuncho dos soños para a lectura por pracer.  Préstamos individuais e de aula (caixas e mochilas viaxeiras).  Dedicar un tempo diario á lectura (hora de ler ou estudo doutras posibilidades).  Lecturas en voz alta polo profesorado e alumnado doutros cursos.  Apadriñamento lector e contacontros entre o alumnado.  Visita dos contacontos do IES Carlos Casares.  Visitas de autores, ilustradores, contacontos, ...  Organizar outra edición da Feira do libro usado. 5. Outras actuacións  Coordinación coa biblioteca municipal mais próxima e cos responsables de bibliotecas da zona (Biblioteca Municipal Neira Vilas).  Potenciar o fondo bibliográfico para as familias.  Contribuir á compensación das desigualdades facilitando aos usuarios os recursos necesarios para a súa formación como lector e productor de información.
  5. 5. 6. Criterios e procedementos de avaliación. Indicadores e instrumentos que se van utilizar Indicadores:  Implicación do alumnado e profesorado nas actividades de dinamización.  Grao de implicación das familias nas actividades nas que se procure a súa colaboración.  Nivel de formación acadado polos usuarios e usuarias: uso do Programa Meiga para as consultas do catálogo, localización física dos volumes da coleción e uso dos recursos informáticos e audiovisuais...  Adecuación das melloras en materia de equipamento e colección.  Organización e disponibilidade dos documentos.  Rendemento do alumnado respecto ao hábito lector e ás aprendizaxes.  Funcionamento das seccións de aula.  Número de volumes catalogados.  Presenza real da biblioteca nas programacións didácticas.  Adecuación do Proxecto ás necesidades do centro.  Preferencias do alumnado respecto á coleción. Procedementos:  Enquisa de avaliación trimestral ao alumnado, profesorado e familias a traves do blog.  Enquisa de avaliación do profesorado de cada actividade proposta.  Enquisa de autoavaliación para os nenos e nenas que participen no apadriñamento lector.  Rexistro de avaliación do funcionamento das seccións de aula, a cubrir polos titores e titoras.  Nº de participantes nas actividades dos distintos espazos: “Recuncho dos soños” (lectura no patio), empréstitos, asistentes á biblioteca polas tardes, participantes da comunidade escolar.  Cadernos das Mochilas Viaxeiras coas valoracións das familias.  Sesión avaliativa do Proxecto da biblioteca (ao final do curso) no Claustro e no Consello Escolar.
  6. 6.  Valoración do profesorado e o alumnado sobre a organización e dispoñibilidade da coleción na biblioteca.  Recoller propostas do profesorado e alumnado a través da caixa de suxestións.  Enquisas da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa sobre a biblioteca escolar/hábitos de lectura e as prácticas de uso da biblioteca e de fomento da lectura (para o profesorado). O Equipo de Biblioteca

×