SlideShare a Scribd company logo
1 of 2
Download to read offline
Outros compoñentes da mochila viaxeira:





Relación de contido: cómpre incluír un listado co
contido da mochila, para facilitar a revisión de todos os
elementos antes da súa devolución.
Propostas de uso: Cada centro establecerá unhas
pautas para a utilización do contido da mochila, a título
orientativo, que deberían incluírse xunto co resto dos
materiais, así como unha presentación da actividade.
O diario da mochila: Resulta de interese favorecer a
expresión dos usuarios da mochila, das familias, en
relación á experiencia que esta lles proporciona, o que
observan con respecto aos hábitos de lectura dos seus
fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade, as súas
propostas de mellora. Un caderno de aspecto coidado
incluído na mochila, que solicite esta colaboración,
permitirá coñecer estas opinións e enriquecerá a
actividade.

Hora de ler
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa
Subdirección Xeral de Centros
Asesoría de bibliotecas escolares
bibliotecasescolares@edu.xunta.es
http://bega-horadeler.blogspot.com
http://www.edu.xunta.es/biblioteca.blog

Ilust.: Óscar Villán

MOCHILA VIAXEIRA
Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos
andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos,
poña en funcionamento a maxia da lectura.
A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para
compartilos coa familia: ese conto que tanto nos
gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas,
as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa
música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro
que fala do tema que andamos a estudar...
Finalidade
A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca
escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás
familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os
distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos
libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos
rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns
materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu
labor común para a formación dos lectores máis novos.

A modo de proposta
Será o Equipo da biblioteca quen decida o contido, periodicidade, modo
de adxudicación e destinatarios da mochila viaxeira. A xeito de
proposta detállanse algunhas posibilidades:
 Destinatarios: a mochila pode ser empregada para introducir
temáticas determinadas desde a biblioteca escolar ou achegar
as novidades ás aulas. A súa finalidade fundamental será a de
achegar materiais para poñer en valor os libros e a lectura no
contexto familiar, mediante o préstamo dun pequeno lote de
libros e outros soportes que o alumnado levará de forma
rotatoria ás súas casas, por un breve período de tempo.
Obviamente, o contido estará axeitado fundamentalmente ao
nivel de idade e intereses do alumnado a quen vai dirixida esta
actividade, e das súas familias.
 Contido: Pódense incluír na mochila materiais diversos,
pensando nos distintos membros da familia. Hai moitas
posibilidades:
o
o
o
o
o
o
o
o
o

Antecedentes
En moitos centros escolares, tanto de infantil e primaria como de
secundaria, funciona xa con éxito o que se vén chamando “maleta
viaxeira”, coa finalidade antes descrita. Esta fórmula, con distintas
variantes (mochila, maleta, caixón dos libros...) e gran diversidade
en canto ao contido, tamaño, formato e destinatarios, vén de
lonxe. A maleta viaxeira é moi empregada no préstamo
interbibliotecario e algunhas bibliotecas escolares utilizan tamén
este medio para trasladar lotes de libros ás aulas. Algunhas
institucións como a Fundación Germán Sánchez Ruipérez,
importante referencia no mundo do fomento da lectura en España,
ten empregado bolsas ou mochilas viaxeiras en diversas
campañas coa finalidade de achegar libros e propostas para a
formación dos lectores ata as súas casas, implicando así aos pais
na creación e consolidación de hábitos de lectura.

o
o
o
o



Contos e álbums
Libros de poemas
Cómics
Coleccións de adiviñas, lendas, recitados...
Libros de receitas ou de xardinería
Libros sobre temas de saúde ou educación
Libros ou revistas sobre deportes
Revistas de divulgación científica
Libros de coñecementos sobre unha temática que se estea a
traballar nese momento nas aulas
Unha película ou un documental divulgativo
Un CD de música
Un xogo de ordenador de carácter didáctico
......

Tamén pode ser un lote monográfico sobre unha determinada
temática, aínda que o máis común é diversificar o contido para
atender así aos diversos intereses dos membros da familia.
Adxudicación e periodicidade: A fórmula para decidir quen se
leva a mochila para a casa pode ser variada: orde alfabética,
sorteo, decisión asamblearia.... En canto á periodicidade,
dependerá tamén do número de alumnos e o número de
mochilas postas en circulación. Conviría que a mochila pasase a
fin de semana na casa, favorecendo así a súa utilización, pero
convén non alongar moito a espera do resto. En calquera caso, o
tempo mínimo sería de tres ou catro días.

More Related Content

What's hot

Funcionamento da biblioteca
Funcionamento da  bibliotecaFuncionamento da  biblioteca
Funcionamento da bibliotecaCsar78
 
Carta dona leo
Carta dona leoCarta dona leo
Carta dona leoA Solaina
 
Dinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolarDinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolarbibliobaralla
 
Claves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectoresClaves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectoresBEGA
 
Biblioteca aula
Biblioteca aulaBiblioteca aula
Biblioteca aulaDoloA
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOaquintadoslibros
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarPatricia Pena Barbeito
 

What's hot (10)

Os clubs de lectura 2015
Os clubs de lectura 2015Os clubs de lectura 2015
Os clubs de lectura 2015
 
Funcionamento da biblioteca
Funcionamento da  bibliotecaFuncionamento da  biblioteca
Funcionamento da biblioteca
 
Carta dona leo
Carta dona leoCarta dona leo
Carta dona leo
 
Dinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolarDinamización de la biblioteca escolar
Dinamización de la biblioteca escolar
 
Claves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectoresClaves para gañar lectoras e lectores
Claves para gañar lectoras e lectores
 
Biblioteca forum metropoliano, actividades y programas
Biblioteca forum metropoliano, actividades y programasBiblioteca forum metropoliano, actividades y programas
Biblioteca forum metropoliano, actividades y programas
 
Biblioteca aula
Biblioteca aulaBiblioteca aula
Biblioteca aula
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDOProxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
Proxecto biblioteca 2016 2017 migrANDO
 
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolarGuía de formación de usuarios da biblioteca escolar
Guía de formación de usuarios da biblioteca escolar
 

Similar to Diptico mochilas viaxeiras

S 1º A mochila viaxeira
S 1º A mochila viaxeiraS 1º A mochila viaxeira
S 1º A mochila viaxeiraMatilde De Cal
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011ludeiro
 
Club de lectura 2016 17 solicitud
Club de lectura 2016 17 solicitudClub de lectura 2016 17 solicitud
Club de lectura 2016 17 solicitudbiblioxunqueira
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2cbrial
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroMaria Lopez
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombrecbrial
 
Entrada bogue
Entrada bogueEntrada bogue
Entrada bogueCarmen165
 
Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08gueste512ad
 
Biblio Crocaio
Biblio CrocaioBiblio Crocaio
Biblio Crocaiocrocaio
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraCoordinadora Galega ENDL
 
Anexo fotografico
Anexo fotograficoAnexo fotografico
Anexo fotograficoCarmen165
 
Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15
Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15
Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15rosaliaogrove
 

Similar to Diptico mochilas viaxeiras (20)

Mochilas viaxeiras
Mochilas viaxeirasMochilas viaxeiras
Mochilas viaxeiras
 
Memoria
MemoriaMemoria
Memoria
 
S 1º A mochila viaxeira
S 1º A mochila viaxeiraS 1º A mochila viaxeira
S 1º A mochila viaxeira
 
Boletín outubro 2015
Boletín outubro 2015Boletín outubro 2015
Boletín outubro 2015
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
Díptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeirasDíptico mochilas viaxeiras
Díptico mochilas viaxeiras
 
Club de lectura 2016 17 solicitud
Club de lectura 2016 17 solicitudClub de lectura 2016 17 solicitud
Club de lectura 2016 17 solicitud
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
 
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centroBiblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
Biblioteca escolar como motor de cambio na metodoloxía do centro
 
Traballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
 
Entrada bogue
Entrada bogueEntrada bogue
Entrada bogue
 
Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017Leilía nº24 2017
Leilía nº24 2017
 
Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08
 
Un curso en imaxes
Un curso en imaxesUn curso en imaxes
Un curso en imaxes
 
Unidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdiUnidade didáctica pdi
Unidade didáctica pdi
 
Biblio Crocaio
Biblio CrocaioBiblio Crocaio
Biblio Crocaio
 
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre caraOllos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
Ollos de aula. Nº 9. Versión para imprimir en A4 a dobre cara
 
Anexo fotografico
Anexo fotograficoAnexo fotografico
Anexo fotografico
 
Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15
Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15
Biblioteca. tríptico cara b. 2014 15
 

Diptico mochilas viaxeiras

  • 1. Outros compoñentes da mochila viaxeira:    Relación de contido: cómpre incluír un listado co contido da mochila, para facilitar a revisión de todos os elementos antes da súa devolución. Propostas de uso: Cada centro establecerá unhas pautas para a utilización do contido da mochila, a título orientativo, que deberían incluírse xunto co resto dos materiais, así como unha presentación da actividade. O diario da mochila: Resulta de interese favorecer a expresión dos usuarios da mochila, das familias, en relación á experiencia que esta lles proporciona, o que observan con respecto aos hábitos de lectura dos seus fillos ou fillas, a súa opinión sobre a actividade, as súas propostas de mellora. Un caderno de aspecto coidado incluído na mochila, que solicite esta colaboración, permitirá coñecer estas opinións e enriquecerá a actividade. Hora de ler Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa Subdirección Xeral de Centros Asesoría de bibliotecas escolares bibliotecasescolares@edu.xunta.es http://bega-horadeler.blogspot.com http://www.edu.xunta.es/biblioteca.blog Ilust.: Óscar Villán MOCHILA VIAXEIRA Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura. A mochila viaxeira permitirá levar libros á casa para compartilos coa familia: ese conto que tanto nos gustou, ese libro de poemas que ten palabras fermosas, as imaxes dun álbum que tanto me abraiaron, esa música que fai bailar ás pedras, unha película, un libro que fala do tema que andamos a estudar...
  • 2. Finalidade A mochila viaxeira está pensada para que, desde a biblioteca escolar, se poida organizar unha actividade que implique ás familias, e así proporcionar un motivo de encontro entre os distintos membros desta, tomando como motivo o mundo dos libros e da lectura. A mochila é o soporte que permitirá aos rapaces e rapazas levar á súa casa, en préstamo temporal, uns materiais que reforcen o vínculo entre familia e escola no seu labor común para a formación dos lectores máis novos. A modo de proposta Será o Equipo da biblioteca quen decida o contido, periodicidade, modo de adxudicación e destinatarios da mochila viaxeira. A xeito de proposta detállanse algunhas posibilidades:  Destinatarios: a mochila pode ser empregada para introducir temáticas determinadas desde a biblioteca escolar ou achegar as novidades ás aulas. A súa finalidade fundamental será a de achegar materiais para poñer en valor os libros e a lectura no contexto familiar, mediante o préstamo dun pequeno lote de libros e outros soportes que o alumnado levará de forma rotatoria ás súas casas, por un breve período de tempo. Obviamente, o contido estará axeitado fundamentalmente ao nivel de idade e intereses do alumnado a quen vai dirixida esta actividade, e das súas familias.  Contido: Pódense incluír na mochila materiais diversos, pensando nos distintos membros da familia. Hai moitas posibilidades: o o o o o o o o o Antecedentes En moitos centros escolares, tanto de infantil e primaria como de secundaria, funciona xa con éxito o que se vén chamando “maleta viaxeira”, coa finalidade antes descrita. Esta fórmula, con distintas variantes (mochila, maleta, caixón dos libros...) e gran diversidade en canto ao contido, tamaño, formato e destinatarios, vén de lonxe. A maleta viaxeira é moi empregada no préstamo interbibliotecario e algunhas bibliotecas escolares utilizan tamén este medio para trasladar lotes de libros ás aulas. Algunhas institucións como a Fundación Germán Sánchez Ruipérez, importante referencia no mundo do fomento da lectura en España, ten empregado bolsas ou mochilas viaxeiras en diversas campañas coa finalidade de achegar libros e propostas para a formación dos lectores ata as súas casas, implicando así aos pais na creación e consolidación de hábitos de lectura. o o o o  Contos e álbums Libros de poemas Cómics Coleccións de adiviñas, lendas, recitados... Libros de receitas ou de xardinería Libros sobre temas de saúde ou educación Libros ou revistas sobre deportes Revistas de divulgación científica Libros de coñecementos sobre unha temática que se estea a traballar nese momento nas aulas Unha película ou un documental divulgativo Un CD de música Un xogo de ordenador de carácter didáctico ...... Tamén pode ser un lote monográfico sobre unha determinada temática, aínda que o máis común é diversificar o contido para atender así aos diversos intereses dos membros da familia. Adxudicación e periodicidade: A fórmula para decidir quen se leva a mochila para a casa pode ser variada: orde alfabética, sorteo, decisión asamblearia.... En canto á periodicidade, dependerá tamén do número de alumnos e o número de mochilas postas en circulación. Conviría que a mochila pasase a fin de semana na casa, favorecendo así a súa utilización, pero convén non alongar moito a espera do resto. En calquera caso, o tempo mínimo sería de tres ou catro días.