SlideShare a Scribd company logo
1 of 14
Download to read offline
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
0
2018-19
PLAN ANUAL DE
ACTIVIDADES PARA
A POTENCIACIÓN
DO USO DA LINGUA
GALEGA
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
CPI LUÍS DÍAZ MORENO
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
ÍNDICE
1. INTRODUCIÓN 2
2. MEMBROS DO EDLG 2
3. OBXECTIVOS XERAIS 3
4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 3
5. DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES 4
6. CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES 8
1
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
1.- INTRODUCIÓN
O presente Plan anual de actividades para a potenciación do uso da lingua
galega redáctase segundo o prescrito na Orde do 3 de outubro de 2000 pola
que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que
se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non
universitarias, e atendendo ó indicado no Proxecto lingüístico do centro e na
addenda anual a este proxecto.
2.- MEMBROS DO EDLG
Durante o curso 2018-19, o EDLG estará formado por:
Profesorado e PAS
Fernández Rodríguez, Belén (PAS)
García Ouro, Cristina (Educación Primaria)
García Seijo, Mª Inés (Educación Secundaria. Coordinadora)
Hidalgo Cortijo, Raúl (Educación Secundaria)
Lage Guitián, Lucía (Educación Infantil)
Paz Aira, Miriam (Educación Primaria)
Pérez Aldariz, Belén (Educación Secundaria)
Poy Pardo, Lorena (Educación Primaria)
Toirán Vázquez, Lois Manoel (Educación Primaria)
Alumnado
Bellón García, Jhoana (2º ESO)
Fernández Fernández, Carlos (2º ESO)
Fernández Pérez, Ainoa (2º ESO)
Herbón Pérez, Lucía (2º ESO)
López Álvarez, Juan José (2º ESO)
López Pérez, Marcos (2º ESO)
Morariu, Stefan Nicolae (3º ESO)
Santín Fernández, Noelia (3º ESO)
García Fernández, Lucía (4º ESO)
2
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
3.- OBXECTIVOS XERAIS
No Proxecto lingüístico do centro e máis no Proxecto educativo, recóllense
os obxectivos xerais tendentes á normalización lingüística que, en coherencia
con estes documentos, serán os que guíen as actividades recollidas no Plan de
actividades. Reproducímolos a continuación:
- Integrar o alumnado estranxeiro, facéndoo partícipe de todas as
actividades do centro, especialmente daquelas que organiza o EDLG.
- Evitar que o galego se converta nunha lingua recesiva ó entrar en
contacto co castelán.
- Fomentar a valoración da cultura propia, como base da que partir para o
coñecemento e valoración das outras.
4.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS
Os obxectivos xerais mencionados anteriormente, concretaranse, durante o
curso 2018-19, en actividades que respondan ós seguintes obxectivos
específicos:
1.- Poñer en valor o uso da lingua galega como vehículo de comunicación a
nivel oral e escrito.
2.- Actualizar o último estudo sociolingüístico desenvolvido no centro.
3.- Implicar a toda a comunidade educativa nas actividades propostas polo
EDLG.
4.- Fomentar a participación activa do alumnado nas actividades do equipo,
fuxindo da elaboración de traballos, por parte do equipo, que non requiran a
súa implicación.
5.- Procurar unha maior adhesión, especialmente do alumnado, ó EDLG.
6.- Dar a coñecer a figura e obra de Antón Fraguas Fraguas, homenaxeado o
Día das Letras Galegas de 2018, a través do deseño de actividades
3
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
prácticas, nas que sempre que sexa posible se vencellará a súa obra con
distintas conmemoracións.
7.- Presentar a obra doutro/as autore/as actuais en lingua galega, en particular
nun xénero como a literatura fantástica.
8.- Facer visible a lingua galega como vehículo para a transmisión da ciencia.
9.- Informar sobre as actividades do equipo, coa intención de dinamizalas,
procurando unha maior participación.
10.- Ofrecer información sobre as novas relacionadas coa lingua e a cultura
galegas.
5.- DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES
► ACTIVIDADES TEMÁTICAS VENCELLADAS AOS DIFERENTES MESES
DO CURSO ESCOLAR
Desde o EDLG do CPI Luís Díaz Moreno, propóñense para o curso 2018-19
diferentes actividades vencelladas a temáticas asociadas aos meses do
curso escolar ou a conmemoracións que se celebran nos mesmos. A
continuación recóllense os meses nos que o equipo terá maior actividade e
as conmemoracións propostas para ser abordadas polo mesmo.
MES DO CURSO ESCOLAR TEMÁTICA
Outubro Actividades relacionadas co
outono
Novembro
Celebración do Samaín
Día da ciencia en galego
Día contra a violencia de xénero
Decembro Celebración do Nadal
Xaneiro Día da Non violencia e da Paz
Febreiro
Día da Lingua materna
Día de Rosalía
Marzo
Día Internacional da muller
Día da Poesía
Abril Día do Libro infantil e xuvenil
Maio Letras Galegas
► ACTIVIDADES VENCELLADAS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS
4
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
Tendo como eixo vertebrador a figura e a obra de Antón Fraguas
Fraguas, deseñaranse varias actividades para ser realizadas ó longo de todo o
curso, e nas que poida participar toda a comunidade educativa. Preténdese
que a maioría das actividades sexan válidas para calquera idade, divididas nas
seguintes seccións:
 Propostas xerais: recitar, procurar, investigar, crear, debuxar...
 De ser posible, propostas vencelladas ás principais conmemoracións
anuais relacionadas coa obra do autor homenaxeado.
Fomentarase para a elaboración e o desenvolvemento das mesmas a
implicación do alumnado, especialmente o da ESO. Así, algunhas das
actividades que se propoñan estarán ligadas á programación da materia de
lingua e literatura galega, coincidindo con parte dos traballos que deben
realizar.
► ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA ESCOLAR E O
CLUB DE LECTURA
 Actividades para dar a coñecer a autore/as en lingua galega
En colaboración coa Biblioteca escolar adquiriranse e daranse a coñecer
obras de diferentes escritore/as actuais en lingua galega, atendendo aos
intereses do alumnado. Ao longo deste curso propoñémonos adquirir libros de
literatura fantástica, un xénero que non acostuma a chegar en lingua galega
aos lectores e lectoras máis novos.
Para fomentar a súa lectura, achegaremos este xénero literario ao
alumnado de primaria e secundaria a través da proposta de lecturas orixinais
en galego ou traducións de obras de referencia no xénero. Se fóra posible,
contémplase a realización dalgún obradoiro ou exposición relacionada coa
temática.
O EDLG facilitará ao profesorado información relacionada para que, de
consideralo oportuno, poda traballala nas aulas, en particular durante a Hora
de ler.
5
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
 Actividades de dinamización da lectura en galego
Dentro da programación do Club de Lectura e en colaboración co
Departamento de Ciencias, o EDLG encargarase da selección de lecturas de
divulgación de ciencia.
No primeiro trimestre seleccionaranse relatos curtos e de baixa
complexidade para o alumnado de 1º e 2º da ESO, que podan dar pé á
reflexión e esperten a curiosidade do/as lectore/as. Para o 2º ciclo da ESO
proponse a lectura dunha obra da narrativa galega actual con contido científico
que teña algunha conexión co currículo. Preténdese, así, que se acheguen á
lectura de contidos científicos en galego de maneira amena e que sexan quen
de expoñer o seu punto de vista sobre a obra e de relacionar de maneira
directa ciencia e sociedade.
Estudarase a posibilidade de organizar un encontro no centro con algún dos
autores/as lidos.
Para algunhas das actividades que se desenvolvan arredor da figura de
Antón Fraguas Fraguas, tamén se solicitará a colaboración da Biblioteca e do
Club de lectura do centro.
► ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DO GALEGO A NIVEL ORAL
Está prevista a realización dun obradoiro de regueifa e improvisación
oral en verso para alumnado dos últimos cursos de Primaria e para Secundaria.
Trátase dunha actividade na que, dun xeito lúdico, se busca unha iniciación ao
coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, empregando
ferramentas como a memoria, a rima, recursos léxicos e xestualidade.
Preténdese aproveitar a formación que o alumnado adquira neste xénero
para fomentar a súa participación nun concurso de regueifa que se organizará
para conmemorar o Día da poesía.
► ACTIVIDADES DE CIENCIA EN GALEGO
Ademais do fomento de lectura de divulgación científica en galego, no
mes de novembro, coincidindo coa celebración do Día da ciencia en galego,
participarase, se fora posible e no caso de habelas, nas actividades propostas
desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización
Lingüística. Aproveitarase, tamén, para achegar ao alumnado temas científicos
6
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
de actualidade a través dos seus protagonistas, á vez que se pon en valor o
uso do galego na transmisión dos contidos científicos.
Así, está previsto que o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO asista á charla
"A miña experiencia no CERN: en galego tamén facemos ciencia!" que será im-
partida no IES Ánxel Fole de Lugo polo Dr. en Física Xabier Cid, investigador
do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías.
Simultaneamente, o alumnado de 1º da ESO participara nun obradoiro
de matemáticas recreativas.
► ENCONTROS CON AUTORE/AS NO CENTRO
Entendemos que é importante que o alumnado coñeza en primeira
persoa protagonistas de diferentes áreas que desenvolven a súa actividade
persoal e profesional en lingua galega. Nesta liña, está previsto convidar a que
veñan ao centro:
- Un/a escritor/a do panorama literario actual para conmemorar o Día do
libro infantil e xuvenil. Buscarase unha persoa que teña obra
bibliográfica para os diferentes niveis educativos que se imparten no
centro, de maneira que poda haber un encontro do autor/a con todo o
alumnado.
- Un/ha divulgador/a de ciencia en galego que achegue á comunidade
educativa experiencias, investigacións e vivencias vencelladas ás areas
científicas de maneira amena e comprensible para os diferentes
membros da comunidade educativa.
- Un/ha contacontos que achegue aos máis pequenos contos e historias a
través da expresión oral e corporal.
► ACTIVIDADES PARA CONCIENCIAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA DA
IMPORTANCIA DO GALEGO COMO LINGUA VEHICULAR
Ante a existencia no centro de situacións diglósicas coas linguas existentes
en Galicia, entendemos que é importante levar a cabo actividades e accións
que as fagan visibles e que poñan en valor o galego como lingua propia e
maioritaria entre a nosa comunidade educativa. Con este obxectivo preténdese
levar a cabo ao longo do curso as seguintes actividades:
- Actualización do último estudo sociolingüístico do centro e da súa
contorna.
7
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
- Gravación polo alumnado nun disco compacto de cancións de grupos
galegos. Buscarase a colaboración do profesorado de Música e dos
titores e titoras dos diferentes grupos.
- Elaboración dun díptico ou tríptico dirixido ao profesorado con
información contrastada exposta de xeito ameno, animando ao uso do
galego nas aulas e no centro, prestando atención ás situacións
diglósicas que se dan.
- Elaboración dun díptico ou tríptico dirixido ás familias con
información clara e sinxela referida ao uso do galego.
- Elaboración de carteis e adhesivos para difundir entre a comunidade
educativa con mensaxes breves arredor do uso do galego.
- Busca de actividades lúdicas en galego, nas que poda participar o
alumnado, de ser posible conxuntamente con outros centros educativos.
- Participación de 1º, 4º, 5º e 6º de Primaria no Correlingua, baixo o lema
para a súa edición do 2019 “O galego é a fórmula”.
- Organización dalgunha charla dirixida a profesorado e a familias sobre a
situación do galego, a perda de falantes e o concepto que teñen os
mesmos sobre a propia lingua.
► COLABORACIÓNS / VISITAS A OUTROS CENTROS OU INSTITUCIÓNS
Ademais de compartir unha charla de divulgación científica e un
obradoiro de matemáticas co alumnado doutro centro educativo, está previsto
participar nunha das actividades didácticas que oferta o Museo Provincial de
Lugo. Concretamente, para conmemorar o Samaín, o alumnado de Secundaria
fará as Rutas literarias organizadas polo museo baseadas nos relatos do libro:
“Contos de fantasmas”.
Está, tamén, solicitado á Deputación de Lugo e á Tradescola un concerto
didáctico impartido por profesorado desta escola de música tradicional,
xestionada pola Asociación de gaiteiros galegos.
► TABOLEIRO DE NOTICIAS DAS ACTUACIÓNS DO EQUIPO
No taboleiro do EDLG daranse a coñecer as actividades do equipo,
procurando así a implicación dos membros da comunidade escolar. Utilizarase,
tamén, para afondar na difusión de aspectos que se considere de interese en
relación cos protagonistas das lecturas, charlas, obradoiros... propostos polo
equipo.
8
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
Sempre que se considere preciso, enviarase nota informativa ás familias
para difundir actividades ou requirir a súa participación.
► INFORMACIÓN DE NOVAS RELACIONADAS COA LINGUA E CULTURA
GALEGAS
Recompilaranse novas relacionadas coa lingua e a cultura galega, coa fin de
manter informada á comunidade educativa da actualidade da nosa lingua.
Á parte destas actividades, o EDLG participará naquelas que vaian xurdindo
durante o curso e que considere de interese.
6.- CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES
ACTIVIDADES:
1) Actividades relacionadas co outono
2) Obras de literatura fantástica
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de outubro Membros EDLG Toda a comunidade
educativa
----
ACTIVIDADES:
1) Contos de medo no museo
2) Obradoiro de matemáticas recreativas
3) Día da Ciencia en galego. Charla Xabier Cid
4) Actividade en colaboración co Club de lectura (1º e 2º ESO)
5) Día Contra a Violencia de Xénero
9
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de novembro
ACTIVIDADE 1
Belén Pérez
Alumnado EDLG
ACTIVIDADE 2
Raúl Hidalgo
ACTIVIDADE 3
Inés García
ACTIVIDADE 4
Inés García
ACTIVIDADE 5
Membros EDLG
Toda a comunidade
educativa
----
ACTIVIDADES:
1) Celebrando o Nadal (PANXOLIÑAS, CONTACONTOS)
2) Charla/s de Xurxo Mariño
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de decembro
ACTIVIDADE 1
Membros EDLG
ACTIVIDADE 2
Inés García
Lois Toirán
Alumnado EDLG
Toda a comunidade
educativa
----
ACTIVIDADEs:
1) Lemas, poemas e cancións pola paz
2) Obradoiro de regueifas
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de xaneiro
ACTIVIDADE 1
Profesorado infantil e
Toda a comunidade ----
10
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
primaria
ACTIVIDADE 2
Inés García educativa
ACTIVIDADEs:
1) Día da Lingua Materna. Contacontos
2) Día de Rosalía
3) Cartas e poemas de amor/amizade
4) Concerto didáctico
5) Obradoiro regueifas
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de febreiro
ACTIVIDADE 1
Miriam Paz Aira / Inés
García
ACTIVIDADE 2
Belén Pérez
ACTIVIDADE 3
Alumnado EDLG
ACTIVIDADE 4, 5
Inés García
Toda a comunidade
educativa
-----
ACTIVIDADES:
1) Día internacional da muller. Encontro cunha escritora ou profesional doutro
sector
2) Día da Poesía. Concurso “Regueifando”
3) Exposición Literatura fantástica
4) Actividade en colaboración co Club de lectura (3º e 4º ESO)
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de marzo
ACTIVIDADE 1
Inés García
Belén Pérez
ACTIVIDADE 2
Membros EDLG
ACTIVIDADE 3
Inés García
ACTIVIDADE 4
Inés García
Toda a comunidade
educativa
-----
ACTIVIDADES:
1) Día do libro infantil e xuvenil. Encontro cunha escritora
2) Obradoiro literatura fantástica
11
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
3) Charla sobre sociolingüística
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de abril
ACTIVIDADE 1
Membros EDLG
ACTIVIDADE 2
Inés García
ACTIVIDADE 3
Lois Toirán
Inés García
Belén Pérez
Toda a comunidade
educativa
-----
ACTIVIDADES:
1) Actividades arredor do Día das Letras Galegas
2) Correlingua
3) Música, baile e/ou xogos tradicionais.
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Mes de maio
ACTIVIDADE 1
Membros EDLG
ACTIVIDADE 2
Lois Toirán
ACTIVIDADE 3
Inés García
Alumnado EDLG
Toda a Comunidade
educativa
-----
ACTIVIDADES:
ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN ARREDOR DA SITUACIÓN DO
GALEGO
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
12
PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA
LINGUA GALEGA
2018-
19
Ao longo de todo o
curso
ACTIVIDADES
Inés García
Belén Pérez
Lois Toirán
A toda a comunidade
educativa
-----
ACTIVIDADE: Elaboración de comunicados para as familias
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Todo o curso, cando
se considere preciso
Membros do
EDLG
Familias ___
ACTIVIDADE: Mantemento do taboleiro do EDLG
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Todo o curso
Alumnado do
EDLG
Belén Fernández
Inés García
Comunidade
educativa
-----
ACTIVIDADE: Recompilación de novas sobre lingua e cultura galega
TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO
Todo o curso
Cada mes
encargaráselle a
un grupo de
alumnado;
supervisan
Inés García
Belén Pérez
Comunidade
educativa
-----
13

More Related Content

Similar to Plan anual edlg _2018-2019

O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolCoordinadora Galega ENDL
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfCEIPN1TUI
 
Programación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaProgramación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaEIRIS4
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012satelite1
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1pastoraastray
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falarsatelite1
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020satelite1
 
Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08gueste512ad
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Cristina Martín
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Aquis Fala
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decretocenlf
 

Similar to Plan anual edlg _2018-2019 (20)

O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI FerrolO Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
O Fiadeiro 2007-2009 Proxecto Normalización EOI Ferrol
 
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdfPROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
PROXECTO DE FOMENTO DO USO DE GALEGO.pdf
 
PDI ARDORA
PDI ARDORAPDI ARDORA
PDI ARDORA
 
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015Proxecto lingúistico pedrafita 2015
Proxecto lingúistico pedrafita 2015
 
A Lingua Galega e a Relación coas TIC
A Lingua Galega e a Relación coas TICA Lingua Galega e a Relación coas TIC
A Lingua Galega e a Relación coas TIC
 
A lingua galega e a relación coas TIC
A lingua galega e a relación coas TICA lingua galega e a relación coas TIC
A lingua galega e a relación coas TIC
 
Programación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º linguaProgramación de aula 3º lingua
Programación de aula 3º lingua
 
Plc
PlcPlc
Plc
 
PDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑAPDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑA
 
PDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNOPDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNO
 
Lingua e Universidade
Lingua e UniversidadeLingua e Universidade
Lingua e Universidade
 
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012Convocatoria concurso letras_galegas_2012
Convocatoria concurso letras_galegas_2012
 
Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1Cpi de panxon polizóns a bordo1
Cpi de panxon polizóns a bordo1
 
Dando moito que falar
Dando moito que falarDando moito que falar
Dando moito que falar
 
Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020Convocatoria letrasgalegas2020
Convocatoria letrasgalegas2020
 
Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08Memoria Biblioteca 07 08
Memoria Biblioteca 07 08
 
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
Actividades secundaria LETRAS GALEGAS 2015
 
Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23Ruxe Ruxe nº 23
Ruxe Ruxe nº 23
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 
150310 decreto
150310 decreto150310 decreto
150310 decreto
 

Plan anual edlg _2018-2019

  • 1. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 0 2018-19 PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA CPI LUÍS DÍAZ MORENO
  • 2. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 ÍNDICE 1. INTRODUCIÓN 2 2. MEMBROS DO EDLG 2 3. OBXECTIVOS XERAIS 3 4. OBXECTIVOS ESPECÍFICOS 3 5. DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES 4 6. CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES 8 1
  • 3. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 1.- INTRODUCIÓN O presente Plan anual de actividades para a potenciación do uso da lingua galega redáctase segundo o prescrito na Orde do 3 de outubro de 2000 pola que se ditan instrucións para o desenvolvemento do Decreto 7/1999 polo que se implantan e regulan os centros públicos integrados de ensinanzas non universitarias, e atendendo ó indicado no Proxecto lingüístico do centro e na addenda anual a este proxecto. 2.- MEMBROS DO EDLG Durante o curso 2018-19, o EDLG estará formado por: Profesorado e PAS Fernández Rodríguez, Belén (PAS) García Ouro, Cristina (Educación Primaria) García Seijo, Mª Inés (Educación Secundaria. Coordinadora) Hidalgo Cortijo, Raúl (Educación Secundaria) Lage Guitián, Lucía (Educación Infantil) Paz Aira, Miriam (Educación Primaria) Pérez Aldariz, Belén (Educación Secundaria) Poy Pardo, Lorena (Educación Primaria) Toirán Vázquez, Lois Manoel (Educación Primaria) Alumnado Bellón García, Jhoana (2º ESO) Fernández Fernández, Carlos (2º ESO) Fernández Pérez, Ainoa (2º ESO) Herbón Pérez, Lucía (2º ESO) López Álvarez, Juan José (2º ESO) López Pérez, Marcos (2º ESO) Morariu, Stefan Nicolae (3º ESO) Santín Fernández, Noelia (3º ESO) García Fernández, Lucía (4º ESO) 2
  • 4. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 3.- OBXECTIVOS XERAIS No Proxecto lingüístico do centro e máis no Proxecto educativo, recóllense os obxectivos xerais tendentes á normalización lingüística que, en coherencia con estes documentos, serán os que guíen as actividades recollidas no Plan de actividades. Reproducímolos a continuación: - Integrar o alumnado estranxeiro, facéndoo partícipe de todas as actividades do centro, especialmente daquelas que organiza o EDLG. - Evitar que o galego se converta nunha lingua recesiva ó entrar en contacto co castelán. - Fomentar a valoración da cultura propia, como base da que partir para o coñecemento e valoración das outras. 4.- OBXECTIVOS ESPECÍFICOS Os obxectivos xerais mencionados anteriormente, concretaranse, durante o curso 2018-19, en actividades que respondan ós seguintes obxectivos específicos: 1.- Poñer en valor o uso da lingua galega como vehículo de comunicación a nivel oral e escrito. 2.- Actualizar o último estudo sociolingüístico desenvolvido no centro. 3.- Implicar a toda a comunidade educativa nas actividades propostas polo EDLG. 4.- Fomentar a participación activa do alumnado nas actividades do equipo, fuxindo da elaboración de traballos, por parte do equipo, que non requiran a súa implicación. 5.- Procurar unha maior adhesión, especialmente do alumnado, ó EDLG. 6.- Dar a coñecer a figura e obra de Antón Fraguas Fraguas, homenaxeado o Día das Letras Galegas de 2018, a través do deseño de actividades 3
  • 5. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 prácticas, nas que sempre que sexa posible se vencellará a súa obra con distintas conmemoracións. 7.- Presentar a obra doutro/as autore/as actuais en lingua galega, en particular nun xénero como a literatura fantástica. 8.- Facer visible a lingua galega como vehículo para a transmisión da ciencia. 9.- Informar sobre as actividades do equipo, coa intención de dinamizalas, procurando unha maior participación. 10.- Ofrecer información sobre as novas relacionadas coa lingua e a cultura galegas. 5.- DESCRICIÓN DE ACTIVIDADES ► ACTIVIDADES TEMÁTICAS VENCELLADAS AOS DIFERENTES MESES DO CURSO ESCOLAR Desde o EDLG do CPI Luís Díaz Moreno, propóñense para o curso 2018-19 diferentes actividades vencelladas a temáticas asociadas aos meses do curso escolar ou a conmemoracións que se celebran nos mesmos. A continuación recóllense os meses nos que o equipo terá maior actividade e as conmemoracións propostas para ser abordadas polo mesmo. MES DO CURSO ESCOLAR TEMÁTICA Outubro Actividades relacionadas co outono Novembro Celebración do Samaín Día da ciencia en galego Día contra a violencia de xénero Decembro Celebración do Nadal Xaneiro Día da Non violencia e da Paz Febreiro Día da Lingua materna Día de Rosalía Marzo Día Internacional da muller Día da Poesía Abril Día do Libro infantil e xuvenil Maio Letras Galegas ► ACTIVIDADES VENCELLADAS Á CELEBRACIÓN DO DÍA DAS LETRAS 4
  • 6. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 Tendo como eixo vertebrador a figura e a obra de Antón Fraguas Fraguas, deseñaranse varias actividades para ser realizadas ó longo de todo o curso, e nas que poida participar toda a comunidade educativa. Preténdese que a maioría das actividades sexan válidas para calquera idade, divididas nas seguintes seccións:  Propostas xerais: recitar, procurar, investigar, crear, debuxar...  De ser posible, propostas vencelladas ás principais conmemoracións anuais relacionadas coa obra do autor homenaxeado. Fomentarase para a elaboración e o desenvolvemento das mesmas a implicación do alumnado, especialmente o da ESO. Así, algunhas das actividades que se propoñan estarán ligadas á programación da materia de lingua e literatura galega, coincidindo con parte dos traballos que deben realizar. ► ACTIVIDADES EN COLABORACIÓN COA BIBLIOTECA ESCOLAR E O CLUB DE LECTURA  Actividades para dar a coñecer a autore/as en lingua galega En colaboración coa Biblioteca escolar adquiriranse e daranse a coñecer obras de diferentes escritore/as actuais en lingua galega, atendendo aos intereses do alumnado. Ao longo deste curso propoñémonos adquirir libros de literatura fantástica, un xénero que non acostuma a chegar en lingua galega aos lectores e lectoras máis novos. Para fomentar a súa lectura, achegaremos este xénero literario ao alumnado de primaria e secundaria a través da proposta de lecturas orixinais en galego ou traducións de obras de referencia no xénero. Se fóra posible, contémplase a realización dalgún obradoiro ou exposición relacionada coa temática. O EDLG facilitará ao profesorado información relacionada para que, de consideralo oportuno, poda traballala nas aulas, en particular durante a Hora de ler. 5
  • 7. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19  Actividades de dinamización da lectura en galego Dentro da programación do Club de Lectura e en colaboración co Departamento de Ciencias, o EDLG encargarase da selección de lecturas de divulgación de ciencia. No primeiro trimestre seleccionaranse relatos curtos e de baixa complexidade para o alumnado de 1º e 2º da ESO, que podan dar pé á reflexión e esperten a curiosidade do/as lectore/as. Para o 2º ciclo da ESO proponse a lectura dunha obra da narrativa galega actual con contido científico que teña algunha conexión co currículo. Preténdese, así, que se acheguen á lectura de contidos científicos en galego de maneira amena e que sexan quen de expoñer o seu punto de vista sobre a obra e de relacionar de maneira directa ciencia e sociedade. Estudarase a posibilidade de organizar un encontro no centro con algún dos autores/as lidos. Para algunhas das actividades que se desenvolvan arredor da figura de Antón Fraguas Fraguas, tamén se solicitará a colaboración da Biblioteca e do Club de lectura do centro. ► ACTIVIDADES PARA O FOMENTO DO GALEGO A NIVEL ORAL Está prevista a realización dun obradoiro de regueifa e improvisación oral en verso para alumnado dos últimos cursos de Primaria e para Secundaria. Trátase dunha actividade na que, dun xeito lúdico, se busca unha iniciación ao coñecemento e á práctica da poesía oral improvisada galega, empregando ferramentas como a memoria, a rima, recursos léxicos e xestualidade. Preténdese aproveitar a formación que o alumnado adquira neste xénero para fomentar a súa participación nun concurso de regueifa que se organizará para conmemorar o Día da poesía. ► ACTIVIDADES DE CIENCIA EN GALEGO Ademais do fomento de lectura de divulgación científica en galego, no mes de novembro, coincidindo coa celebración do Día da ciencia en galego, participarase, se fora posible e no caso de habelas, nas actividades propostas desde a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística. Aproveitarase, tamén, para achegar ao alumnado temas científicos 6
  • 8. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 de actualidade a través dos seus protagonistas, á vez que se pon en valor o uso do galego na transmisión dos contidos científicos. Así, está previsto que o alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO asista á charla "A miña experiencia no CERN: en galego tamén facemos ciencia!" que será im- partida no IES Ánxel Fole de Lugo polo Dr. en Física Xabier Cid, investigador do Instituto Galego de Física de Altas Enerxías. Simultaneamente, o alumnado de 1º da ESO participara nun obradoiro de matemáticas recreativas. ► ENCONTROS CON AUTORE/AS NO CENTRO Entendemos que é importante que o alumnado coñeza en primeira persoa protagonistas de diferentes áreas que desenvolven a súa actividade persoal e profesional en lingua galega. Nesta liña, está previsto convidar a que veñan ao centro: - Un/a escritor/a do panorama literario actual para conmemorar o Día do libro infantil e xuvenil. Buscarase unha persoa que teña obra bibliográfica para os diferentes niveis educativos que se imparten no centro, de maneira que poda haber un encontro do autor/a con todo o alumnado. - Un/ha divulgador/a de ciencia en galego que achegue á comunidade educativa experiencias, investigacións e vivencias vencelladas ás areas científicas de maneira amena e comprensible para os diferentes membros da comunidade educativa. - Un/ha contacontos que achegue aos máis pequenos contos e historias a través da expresión oral e corporal. ► ACTIVIDADES PARA CONCIENCIAR Á COMUNIDADE EDUCATIVA DA IMPORTANCIA DO GALEGO COMO LINGUA VEHICULAR Ante a existencia no centro de situacións diglósicas coas linguas existentes en Galicia, entendemos que é importante levar a cabo actividades e accións que as fagan visibles e que poñan en valor o galego como lingua propia e maioritaria entre a nosa comunidade educativa. Con este obxectivo preténdese levar a cabo ao longo do curso as seguintes actividades: - Actualización do último estudo sociolingüístico do centro e da súa contorna. 7
  • 9. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 - Gravación polo alumnado nun disco compacto de cancións de grupos galegos. Buscarase a colaboración do profesorado de Música e dos titores e titoras dos diferentes grupos. - Elaboración dun díptico ou tríptico dirixido ao profesorado con información contrastada exposta de xeito ameno, animando ao uso do galego nas aulas e no centro, prestando atención ás situacións diglósicas que se dan. - Elaboración dun díptico ou tríptico dirixido ás familias con información clara e sinxela referida ao uso do galego. - Elaboración de carteis e adhesivos para difundir entre a comunidade educativa con mensaxes breves arredor do uso do galego. - Busca de actividades lúdicas en galego, nas que poda participar o alumnado, de ser posible conxuntamente con outros centros educativos. - Participación de 1º, 4º, 5º e 6º de Primaria no Correlingua, baixo o lema para a súa edición do 2019 “O galego é a fórmula”. - Organización dalgunha charla dirixida a profesorado e a familias sobre a situación do galego, a perda de falantes e o concepto que teñen os mesmos sobre a propia lingua. ► COLABORACIÓNS / VISITAS A OUTROS CENTROS OU INSTITUCIÓNS Ademais de compartir unha charla de divulgación científica e un obradoiro de matemáticas co alumnado doutro centro educativo, está previsto participar nunha das actividades didácticas que oferta o Museo Provincial de Lugo. Concretamente, para conmemorar o Samaín, o alumnado de Secundaria fará as Rutas literarias organizadas polo museo baseadas nos relatos do libro: “Contos de fantasmas”. Está, tamén, solicitado á Deputación de Lugo e á Tradescola un concerto didáctico impartido por profesorado desta escola de música tradicional, xestionada pola Asociación de gaiteiros galegos. ► TABOLEIRO DE NOTICIAS DAS ACTUACIÓNS DO EQUIPO No taboleiro do EDLG daranse a coñecer as actividades do equipo, procurando así a implicación dos membros da comunidade escolar. Utilizarase, tamén, para afondar na difusión de aspectos que se considere de interese en relación cos protagonistas das lecturas, charlas, obradoiros... propostos polo equipo. 8
  • 10. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 Sempre que se considere preciso, enviarase nota informativa ás familias para difundir actividades ou requirir a súa participación. ► INFORMACIÓN DE NOVAS RELACIONADAS COA LINGUA E CULTURA GALEGAS Recompilaranse novas relacionadas coa lingua e a cultura galega, coa fin de manter informada á comunidade educativa da actualidade da nosa lingua. Á parte destas actividades, o EDLG participará naquelas que vaian xurdindo durante o curso e que considere de interese. 6.- CADRO RESUMO DAS ACTIVIDADES ACTIVIDADES: 1) Actividades relacionadas co outono 2) Obras de literatura fantástica TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLES DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de outubro Membros EDLG Toda a comunidade educativa ---- ACTIVIDADES: 1) Contos de medo no museo 2) Obradoiro de matemáticas recreativas 3) Día da Ciencia en galego. Charla Xabier Cid 4) Actividade en colaboración co Club de lectura (1º e 2º ESO) 5) Día Contra a Violencia de Xénero 9
  • 11. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de novembro ACTIVIDADE 1 Belén Pérez Alumnado EDLG ACTIVIDADE 2 Raúl Hidalgo ACTIVIDADE 3 Inés García ACTIVIDADE 4 Inés García ACTIVIDADE 5 Membros EDLG Toda a comunidade educativa ---- ACTIVIDADES: 1) Celebrando o Nadal (PANXOLIÑAS, CONTACONTOS) 2) Charla/s de Xurxo Mariño TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de decembro ACTIVIDADE 1 Membros EDLG ACTIVIDADE 2 Inés García Lois Toirán Alumnado EDLG Toda a comunidade educativa ---- ACTIVIDADEs: 1) Lemas, poemas e cancións pola paz 2) Obradoiro de regueifas TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de xaneiro ACTIVIDADE 1 Profesorado infantil e Toda a comunidade ---- 10
  • 12. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 primaria ACTIVIDADE 2 Inés García educativa ACTIVIDADEs: 1) Día da Lingua Materna. Contacontos 2) Día de Rosalía 3) Cartas e poemas de amor/amizade 4) Concerto didáctico 5) Obradoiro regueifas TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de febreiro ACTIVIDADE 1 Miriam Paz Aira / Inés García ACTIVIDADE 2 Belén Pérez ACTIVIDADE 3 Alumnado EDLG ACTIVIDADE 4, 5 Inés García Toda a comunidade educativa ----- ACTIVIDADES: 1) Día internacional da muller. Encontro cunha escritora ou profesional doutro sector 2) Día da Poesía. Concurso “Regueifando” 3) Exposición Literatura fantástica 4) Actividade en colaboración co Club de lectura (3º e 4º ESO) TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de marzo ACTIVIDADE 1 Inés García Belén Pérez ACTIVIDADE 2 Membros EDLG ACTIVIDADE 3 Inés García ACTIVIDADE 4 Inés García Toda a comunidade educativa ----- ACTIVIDADES: 1) Día do libro infantil e xuvenil. Encontro cunha escritora 2) Obradoiro literatura fantástica 11
  • 13. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 3) Charla sobre sociolingüística TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de abril ACTIVIDADE 1 Membros EDLG ACTIVIDADE 2 Inés García ACTIVIDADE 3 Lois Toirán Inés García Belén Pérez Toda a comunidade educativa ----- ACTIVIDADES: 1) Actividades arredor do Día das Letras Galegas 2) Correlingua 3) Música, baile e/ou xogos tradicionais. TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Mes de maio ACTIVIDADE 1 Membros EDLG ACTIVIDADE 2 Lois Toirán ACTIVIDADE 3 Inés García Alumnado EDLG Toda a Comunidade educativa ----- ACTIVIDADES: ACTIVIDADES DE CONCIENCIACIÓN ARREDOR DA SITUACIÓN DO GALEGO TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO 12
  • 14. PLAN ANUAL DE ACTIVIDADES PARA A POTENCIACIÓN DO USO DA LINGUA GALEGA 2018- 19 Ao longo de todo o curso ACTIVIDADES Inés García Belén Pérez Lois Toirán A toda a comunidade educativa ----- ACTIVIDADE: Elaboración de comunicados para as familias TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Todo o curso, cando se considere preciso Membros do EDLG Familias ___ ACTIVIDADE: Mantemento do taboleiro do EDLG TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Todo o curso Alumnado do EDLG Belén Fernández Inés García Comunidade educativa ----- ACTIVIDADE: Recompilación de novas sobre lingua e cultura galega TEMPORALIZACIÓN RESPONSABLE DESTINATARIOS/AS ORZAMENTO Todo o curso Cada mes encargaráselle a un grupo de alumnado; supervisan Inés García Belén Pérez Comunidade educativa ----- 13