SlideShare a Scribd company logo
1 of 30
Download to read offline
C.P.I. UXÍO NOVONEIRA
Estrada Cervantes s/n
27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo)
℡ 982367001 982367001
cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es
http://centros.edu.xunta.es/cpiuxionovoneira
O plan lector foi aprobado en Consello Escolar o 1 de outubro de 2015.
Pedrafita, a 1 de Outubro de 2015
A directora
Rocío Méndez Penela
PLAN LECTOR
CPI UXÍO NOVONEIRA
CURSO 15-16
Índice:
1. INTRODUCIÓN:
1.1. Xustificación teórica.
1.2. Xustificación legal.
2. DETECCIÓN DE NECESIDADES:
2.1. Características xerais do centro e do contorno.
2.2. Dificultades lectoras.
2.3. Estado dos hábitos lectores do noso alumnado.
3. OBXECTIVOS:
3.1. Obxectivos xerais.
3.2. Obxectivos específicos.
3.2.1. Para alumnos.
3.2.2. Para familias.
3.2.3. Para profesorado.
4. ACTUACIÓNS PRIORITARIAS E TEMPORALIZACIÓN:
4.1. A levar a cabo por parte dos equipos de ciclo.
4.2. A levar a cabo por parte dos departamentos didácticos.
4.3. Actuacións do departamento de orientación (P.A.T.)
4.4. Outras actuacións de carácter xeral e de dinamización do uso da biblioteca.
5. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS.
6. RECURSOS.
7. AVALIACIÓN:
7.1. Inicial.
7.2. Formativa.
7.3. Final.
1. INTRODUCIÓN:
1.1.Xustificación teórica:
O proxecto OCDE/PISA define a lectura como "a capacidade non so de
comprender un texto senon de reflexionar sobre o mesmo a partir do
razoamento persoal e das experiencias propias". Este mesmo proxecto
establece que os alumnos e alumnas han de ser capaces de saber ler un
número amplo e variado de "textos continuos" (narrativos, expositivos,
descriptivos, argumentativos...) e de "textos discontinuos" (cadros, gráficos,
diagramas, mapas, listas, formularios, anuncios...).
O proxecto OCD/PISA para a ESO define a COMPETENCIA LECTORA da
seguinte maneira: A competencia lectora consiste no desenvolvemento dun
conxunto de estratexias, destrezas e coñecementos que contribúen á
comprensión e uso de textos escritos, así como á reflexión persoal a partir
deles co fin de alcanzar as metas propias, desenvolver o coñecemento e o
pontencial persoal e participar na sociedade.
No centro partimos de dúas premisas:
-A lectura é un acto interpretativo e non unha mera decodificación.
-Un bo lector é o que integra a lectura nos seus hábitos de vida.
O obxectivo deste plan lector será o de formar lectores compententes nas dúas
facetas básicas da lectura:
· Lectura para aprender, para informarmos.
· Lectura para disfrutar
O déficit de lectura afecta a gran parte dos alumnos con indicios de fracaso. Os
alumnos que non comprenden o que len, acaban por abandonar os libros de
texto que veñen a ser unha auténtica tortura para o estudo. A pesar de ser
unha obviedade escasean os medios ou elíxense estratexias inadecuadas.
É importante que as accións levadas a cabo se inserten nun proxecto de
lectura asumido e apoiado por toda a comunidade escolar e que respondan a
un proceso de planificación e revisión periódica.
A animación á lectura e a creación literaria buscan afianzar o hábito lector máis
alá das fronteiras do centro escolar, polo que as familias deben ser aliadas
indiscutibles.
As bibliotecas escolares convérsense en lugar de encontro e no espazo
preferido para a animación á lectura en todo tipo de soportes e formatos.
Sen embargo, hoxe por hoxe non basta con aprender a ler e a escribir co
tradicional lápis e papel, sentémonos analfabetos nunha sociedade que nos
demanda novas aprendizaxes técnicas se queremos buscar ou procesar
información. A cultura non só a proporciona o material impreso, senón tamén
as imaxes, as sensacións e percepcións en xeral, xa que estamos nunha
sociedade audiovisual.
Por último, é preciso ter en conta que a lectura e a escritura non son dous
procesos separables, co cal as actuacións enmarcadas no presente plan lector
contemplarán ámbolos dous aspectos.
1.2.Xustificación legal:
Tanto a Lei Orgánica de Educación (LOE) como a Lei Orgánica 8/2013, de 9 de
dicembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), que modifica
determinados aspectos do seu articulado, fan referencia a importancia da
lectura e da biblioteca durante as etapas de educación obrigatoria, así como a
importancia de que os centros elaboren plans para articular as acción
encamiñadas a formar lectores activos e críticos.
A LOE no seu capítulo II, principios e fins da educación, indica no artigo 2:
“2. Os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ao conxunto de
factores que favorecen a calidade do ensino e, en especial, a cualificación e
formación do profesorado, ao seu traballo en equipo, a dotación de recursos
educativos, a investigación, a experimentación e a renovación educativa, o
fomento da lectura e o uso das bibliotecas , a autonomía pedagóxica,
organizativa e de xestión, a función directiva, a orientación educativa e
profesional, a inspección educativa e a avaliación”.
A LOMCE sinala nos principios xerais da ordenación das ensinanzas (artigo 16
do título 1, capítulo II) que:
“2. A finalidade da educación primaria é facilitar aos alumnos e alumnas as
aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o
cálculo,…”.
E no artigo 19 cita entre os principios pedagóxicos:
“A fin de fomentar o hábito da lectura adicarase un tempo diario á mesma”.
No artigo CAPÍTULOIII: EDUCACIÓN SECUNDARIA, ARTIGO 23, atopamos
entre os OBXECTIVOS:
“e. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información
para , con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha
preparación básica no capo das tecnoloxías, especialmente as da información
e a comunicación.
h. Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua
castelá e, de a haber, na lingua cooficial da comunidade autónoma, textos e
mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da
literatura”.
No ARTIGO 24 onde se regula a ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO CICLO DE
ESO establece que:
“6. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias do ciclo,
a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual,
as tecnoloxías da información … “.
O mesmo que recolle no punto 8 do ARTIGO 25. ORGANIZACIÓN DO
CUARTO CURSO.
Tanto LOE como LOMCE destacan entre os PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS
(art.26):
“2. Nesta etapa prestaráselle unha atención especial á adquisición e ao
desenvolvemento das competencias básicas e fomentarase a correcta
expresión oral e escrita e o uso das matemáticas. Co fin de promover o
hábito da lectura, dedicaráselle un tempo a esta práctica docente en todas
as materias”.
Por último, no artigo 113 fai referencia ás Bibliotecas escolares:
“1. Os centros de ensinanza disporán dunha biblioteca escolar.
2. As Administracións educativas completarán a dotación das bibliotecas dos
centros públicos de forma progresiva. A tal fin elaborarán un plan que permita
acadar dito obxectivo dentro do periodo de implantación da presente Lei.
3. As bibliotecas escolares contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumno
acceda á información e outros recursos para ela aprendizaxe das demais áreas
e materias e poida formarse no uso crítico dos mismos. Igualmente,
contribuirán a facer efectivo o disposto nos artigos 19.3 y 26.2 da presente Lei.
4. A organización das bibliotecas escolares deberá permitir que funcionen
como un espazo aberto á comunidade educativa dos centros respectivos.
5. Os centros poderán chegar a acordos cos concellos respectivos, para o uso
de bibliotecas municipales coas finalidades previstas neste artigo”.
En segundo lugar falamos da normativa propia de Galicia, os decretos que
desenvolven o currículo tanto en Primaria como en Secundaria Obrigatoria:
No Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da
educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autó-
noma de Galicia entre os obxectivos está:
“e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información,
paraadquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha
preparaciónbásica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información
e a comunicación”.
E nos seus principios metodolóxicos (artigo 11) están:
“7. Coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da informa-
ción, dedicarase un tempo á lectura na práctica docente de todas as materias
9. Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva
no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que lle
permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis
dunha competencia ao mesmo tempo. Para isto, aproveitaranse as posibilida-
des que ofrecen as metodoloxías de proxectos, entre outras, así como os re-
cursos e as actividades da biblioteca escolar”.
E no artigo 38 recolle:
“Bibliotecas escolares e lectura
1. Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo un
programa de centro de promoción da lectura (proxecto lector de centro)
no que integren as actuacións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e
das habilidades no uso, no tratamento e na produción da información, en apoio
da adquisición das competencias clave.
2. Este programa de centro será o referente para a elaboración dos plans
anuais de lectura que se incluirán na programación xeral anual.
3. Os centros docentes disporán dunha biblioteca escolar. Tomaranse as
medidas organizativas necesarias para que a biblioteca escolar teña un
funcionamento estable e sirva aos obxectivos do proxecto lector de
centro. A biblioteca ten como obxectivos ser un centro de recursos e
oportunidades para a lectura, a aprendizaxe e a información; un punto de
encontro entre alumnado, profesorado e familias que facilite a comunicación, a
creatividade, as aprendizaxes, a adquisición de competencias claves, as
metodoloxías activas e o traballo colaborativo, e ademais que estimule os
intercambios culturais no centro docente.
4. Correspóndelle á dirección do centro docente a aprobación do programa de
promoción da lectura, logo da proposta realizada polo claustro de
profesorado.
Procurarase a adecuada coordinación, de ser o caso, co proxecto de educación
dixital do centro, de xeito que se reforce a adquisición das competencias para
uso, tratamento e produción de información por parte do alumnado, e se
aproveiten eficientemente os recursos ao dispor da comunidade educativa”.
O DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo
da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia sinala entre os
elementos transversais (art. 11):
“1. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das disciplinas de
cada curso, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación
audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o
emprendemento e a educación cívica e constitucional traballaranse en todas as
disciplinas”.
E no artigo 15 entre os principios metodolóxicos destaca a importancia da
lectura:
“4. A lectura constitúe un factor fundamental para o desenvolvemento das
competencias clave; é de especial relevancia o desenvolvemento de
estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos e imaxes, en calquera
soporte e formato. Coa fin de fomentar o hábito da lectura, os centros docentes
organizarán a súa práctica docente de xeito que se garanta a incorporación dun
tempo diario de lectura non inferior a trinta minutos”.
Tamén as instruccións que cada ano se reciben en setembro, da dirección
Xeral de Centros e Recursos humanos en relación coa organización e o
funcionamento das bibliotecas escolares, nos centros non universitarios de
titularidade da Consellería di o seguinte:
“A normativa vixente contempla a obligatoriedade de que todos os centros de
ensino non universitario elaboren os seus Proxectos Lectores (…) co fin de
articular as actuacións de todo o profesorado destinadas á consecución dos
obxectivos pedagóxicos referidos á adquisición da competencia lingüística e
das habilidades no uso da información así como a adquisición e consolidación
do hábito da lectura”.
“O proxecto lector do centro terá que ter unha vinculación estreita coa
biblioteca escola . Tal e como aparece recollido nos anexos dos currículos de
Primaria e Secundaria que regulan a elaboración do Proxecto Lector de Centro
que deberá contribuir á mellora das habilidades de lectura e escritura, así como
a adquisición de competencias no tratamento da información”.
2. DETECCIÓN DE NECESIDADES:
2.1.Características xerais do centro e do contorno:
O noso centro escolariza a alumnado de infantil, primaria e secundaria. Está
ubicado na zona da montaña sur da provincia de Lugo, a 65 Km da capital e na
capitalidade do Municipio de Pedrafita do Cebreiro conformado por doce
parroquias e encadrado no centro das serras orientais de Galicia, entre as
serras dos Ancares e O Courel, limitando cos concellos de As Nogais,
Cervantes, O Courel, Samos e Triacastela e situado a unha altitude que
supera os 1000 m. sobre o nivel do mar. A comunicación coa capital da
provincia e boa, a través dunha autovía.
A fonte económica da maioría da poboación e a gandería e agricultura polo
que o sector primario aglutina a maior parte das familias aínda que algunha
tamén está ocupada no sector secundario, destacando dentro deste a
produción de queixos en pequenas industrias artesanais; e outra pequena parte
ten a súa base econónmica no sector servicios.
O centro está configurado por dúas estruturas: o centro de primaria e
outro de máis recente construcción, pero que xa ten tamén uns cantos anos,
para o alumnado de educación secundaria. Hai 4 aulas para educación infantil
e primaria e 4 para secundaria e outras aulas para o desenvolvemento de
actividades específicas (Idiomas, Música, Informática e Plástica). Contamos
ademais cun laboratorio de Ciencias da Natureza, unha biblioteca, unha aula
de informática, salas de audiovisuais, secretaría, sala de profesores, catro
despachos para departamentos, comedor e ximnasio.
O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio-baixo, o que,
asociado á situación xeográfica do municipio (distribuído en aldeas illadas e
afastadas dos núcleos urbanos), condiciona o desenvolvemento sociocultural
dos nosos alumnos/as. Estes aspectos deben ser tidos en conta á hora de
deseñar e avaliar os obxectivos propostos.
A lingua vehicular do noso alumnado e o Galego.
2.2. Dificultades lectoras .
No contexto co CPI Uxío Novoneira detéctase que o noso alumnado presenta
importantes déficit a nivel lectoescritor. Habitualmente non comprenden o que
len, non son críticos fronte á información que se lle ofrece e non len por
iniciativa propia, posiblemente debido á idiosincrasia propia da zona. En
Primaria atopamos un maior número de lectores, pero esta cifra vai
descendendo conforme avanzamos de nivel educativo, descendendo o
alumnado que habitualmente le en Secundaria.
En canto as probas de avaliación diagnóstica na competencia lingüística os
resultados son dispares dun curso escolar con respecto a outro, probablemente
porque tendo en conta o baixo número de alumnado, os datos non son
significativos, por exemplo, cando hai un só alumno/a nun curso, os resultados
dependen das súas características e capacidades, non se pode falar dunha
media.
2.2.Estado dos hábitos lectores no alumnado.
No inicio do actual curso 2015-16 pasouse un cuestionario ao alumnado de
Primaria e ESO para coñecer os seus hábitos lectores e os resultados obtidos
son os seguintes:
En ESO ao 50% do alumnado non lle gusta nin disfrutan da lectura e cando len
fano por obrigación, 6-7 libros que se inidican dende o centro escolar. Sen
embargo, en Educación Primaria a totalidade do alumnado sinala o gusto pola
lectura.
En case todos os casos o número de libros ou materiais de lectura dos que
disponen son algúns ou poucos.
Só seis alumnos/as sinalan que aos seus pais lles gusta ler e, excepto un,
coincide que a todos tamén lles gusta a lectura como aos seus proxenitores. En
Primaria excepto dous casos indican o gusto pola lectura da súas familias. As
lecturas que sinalan que fan os seus pais e nais son case no 100% revistas e
xornais e en poucos casos (2-3) son libros.
O 50%, tanto en Primaria como en ESO, tamén usa tablet e ordenador para a
lectura, polo que os cambios na tecnoloxía tamén ocasionou cambios nos
hábitos lectores do noso alumnado.
Máis da metade fan uso da biblioteca, en case todos os casos para o préstamo
de libros de lectura obrigatoria.
Entre as suxestións para a mellora da biblioteca sinalan ampliar a temática dos
libros, especialmente a aquelas relacionadas co seu entorno inmediato e vida
cotiá: gandería, agricultura, ecoloxía,… Sinalan tamén a ampla oferta de
literatura infantil e a necesidade de aumentar o abano de posibilidades de
literatura xuvenil.
3. OBXECTIVOS.
Obxectivos xerais:
1. Dinamizar a biblioteca escolar, a través dunha reorganización dos
fondos xa existentes e da actualización dos mesmos. Convertindo a
biblioteca nun espazo no que teña cabida a fonoteca, videoteca,
hemeroteca e ludoteca.
2. Froito do primeiro obxectivo, aparece un segundo fundamental
que é a integración da biblioteca escolar no proceso de ensino e de
aprendizaxe.
3. Para un eficaz emprego da biblioteca escolar, propoñemos a
formación dos usuarios, é dicir, toda a comunidade educativa, para que
poidan disfrutar duns servizos máis actualizados.
4. Como resume de todos estes obxectivos, concluímos como meta
primordial a dinamización cultural da comunidade educativa.
5. Revisar materiais e recursos empregados para o
desenvolvemento da competencia lectora e do hábito lector,
procurando diversificar os mesmos e tendo en conta as posibilidades
que ofrecen as TIC.
6. Facer aportacións á revista escolar con experiencias relacionadas
coa lectura.
Específicos para o alumnado:
1. Potenciar o hábito lector e espertar a necesidade de ler dende as
idades máis temperás.
2. Crear un espazo informal de lectura e un ambiente acolledor que
favoreza o intercambio de opinións e a aprendizaxe de repecto
mutuo.
3. Habituar á utilización da biblioteca con finalidades recreativas,
informativas e de educación permanente.
4. Mellorar a lectoescritura nos seguintes aspectos: exactitude,
velocidade e comprensión lectora, aspectos grafo-motrices,
ortográficos e expresivos.
5. Utilizar os recursos da biblioteca como factor para a consecución
das competencias en comunicación lingüística, aprender a aprender,
a competencia no tratamento da información e a competencial
cultural e artística.
6. Empregar a biblioteca como canle para a integración das novas
tecnoloxías.
7. Posibilitar o acceso igualitario aos bens culturais, actuando como
axente de compensación social.
8. Implicar a toda a comunidade educativa en actividades que
promovan hábitos lectores.
Específicos para o profesadorado:
1. Potenciar o emprego da biblioteca como un recurso máis da
actividade de ensino-aprendizaxe.
2. Crear estratexias de comprensión lectora.
3. Traballar con todo tipo de textos: literarios, expositivos,
xornalísticos, publicitarios, gráficos.
4. Avaliar dunha maneira continuada os avances ou dificultades do
proxecto lector.
5. Establecer nas programacións de cada área e materia as
estratexias axeitadas para o desenvolvemento da competencia
lectora e o fomento do hábito lector.
6. Adicar un tempo específico á lectura na práctica docente de todas
as áreas e materias e en tódolos niveis educativos que se imparten
no centro.
7. Atender aos alumnos que utilizan a biblioteca, facilitándolles o
acceso a diferentes fontes de información, orientándoos sobre a súa
utilización.
8. Incentivar e coordinar actividades e horarios para empregar a
biblioteca como un lugar máis no que ter clase e como fonte de
recursos para cada materia ou área.
Específicos para as familias:
1. Dar a coñecer o proxecto da biblioteca de centro.
2. Asesorar para que nas familias se estimule o hábito lector.
3. Potenciar a realización de actividades de animación á lectura cos
seus fillos e fillas, xa que a análise dos datos de algúns estudos
internacionais demostraron que non é necesario ter un elevado nivel
de estudos nin adicar unha infinidade de horas para que os pais
inflúan nos resultados escolares dos seus fillos e fillas, moitas
actividades entre país e fillos/as que están asociadas a un maior
rendemento na lectura supoñen relativamente moi pouco tempo e
ningún coñecemento especializado. O que esixen estas actividades é
auténtico interese e implicación activa. Todos os pais e nais poden e
deben colaborar nestas tarefas.
4. ACTUACIÓNS PRIORITARIAS E TEMPORALIZACIÓN.
4.1. A levar a cabo por parte dos diferentes Equipos de Nivel en Infantil
e Primaria e Departamentos en Secundaria
Educación Infantil
No caso do 2º cilclo da educación infantil, tódalas actividades de ensino-
aprendizaxe por ser unha metodología globalizada, materializándose máis
específicamente porque todos os días lemos un conto de xeito colectivo e
tamén os nenos a nivel individual teñen o momento da lectura no que eles
manipulan un libro facendo lectura simbólica, de imaxes, creando o conto,…
Contamos cunha biblioteca de aula na que se potenciará e fomentará a
lectura daqueles libros relacionados cos contidos do ciclo. Tamén unha vez
á semana acudirán á biblioteca do Centro para realizar actividades de
lectura apropiadas a idade.
Educación Primaria
Potenciarase a aprendizaxe da lectura en todas as áreas, tanto en voz alta
(grupo) como lectura silenciosa (individual).
As actividades lectoras non deben reducirse a catro ou cinco actividades
impactantes ao longo do curso, de nada serve isto, se o resto da experiencias
lectoras que teñen lugar no traballo cotiá na aula son desmotivadoras,
aburridas e pouco respectuosas cos intereses e niveis madurativos dos
alumnos.
Todo o que se le ten que ser significativo.
Procurarase que as experiencias lectoras sexan lúdicas, intencionais, creativas
respectuosas cos intereses madurativos e a evolución persoal de cada lector.
Programación das actividades previstas:
- Habilitación dunha biblioteca de aula: Decorar e ambientar un lugar
acolledor na clase: librería, caixas de cartón forradas e decoradas polos
propios alumnos...
É importantísimo que a biblioteca de aula conte cunha boa selección de libros.
Deben ser libros atractivos, seleccionados baixo algún criterio e non comprados
ao azar. A mestra/s debe transmitir emoción a través da súa lectura e os
cativos deben percibilo.
- ¡ Cóntanos un conto!: Son os propios alumnos os que fan de contacontos .
Cada neno/a selecciona un conto que leva para ler na casa. Ao día seguinte ou
ó outro dedicamos un anaco de tempo a escoitar a narración dos mesmos. (O
número reducido de alumnos permite que todos poidan contalo)
- Preguntas arredor do libro: Plantexamos unha serie de Preguntas aos
alumnos e fixemos murais coas súas respostas. Servirannos para decorar e
ambientar a biblioteca de aula e para ver que ideas teñen os cativos/as dos
libros e para facelos reflexionar.
-Contos arredor das festas populares: Trátase dunha selección de contos,
lendas e ditos populares que nos recordan o cambio de estación ou
celebracións singulares: O magosto, o Nadal, o entroido e as Letras Galegas.
- Teatro: Coincidindo coa festividade do Nadal trataremos deteatralizar contos,
lendas e poesias.
- O Cómic: Aproveitando que este medio de comunicación escrita atrae, en
xeral, aos cativo queremos presentar outras formas de comunicación e
expresión diferentes do conto, do relato.
- Creación de libros colectivos: Inventaremos e crearemos historias a partir
dalgún tema ou exposición traballados na clase.
- Lectura comprensiva. Debe estar presente no traballo cotiá da clase e en
todas as materias.
- Xogos de películas: introduciremos a mímica para realizar esta actividade.
- A poesía. Acercarémonos a poesía desde a lectura de poemas, desde a
escritura que os propios alumnos/as realizaran a partir de actividades como:
completar estructuras ou poemas, construír poemas moi sinxelos a partir dos
títulos dos contos, a partir de respostas a preguntas etc., e desde a expresión
oral recitando os seus propios poemas.
- Que é para ti un libro?: reflexionaremos sobre a importancia do libros dende
distintos puntos de visto(ludico-creativo, formacion, crecimento persoal,…..
Dende a área de E.F. en Primaria estimularemos o achegamento á área de
E.F. a través dos libros. Algunhas estratexias básicas para isto:
- Busca na biblioteca de libros coa temática de E.F.
- Elaboración dunha lista de libros que se poderían adquirir para adquirir
novos fondos, adaptados a cada nivel.
- Traballo na aula de E.F. con libros. Nos circuítos poñer unha estación con
libros sobre o tema a traballar.
- Presentación e Recomendación relacionados coas Unidades Didácticas a
desenvolver.
- Realización de traballos complementarios guiados con material
bibliográfico da biblioteca: libros buscas en internet....
- Colaboración co equipo de Biblioteca nas actividades e propostas
programadas.
- Colaboración cos pais para traer material relacionado...
Departamento de Lingua Estranxeira- Inglés
Na asignatura de inglés a lectura é unha das bases para a aprendizaxe da
lingua e para a formación dos/as alumnos/as. Esto é levado a cabo do seguinte
xeito:
• Adicación dun tempo diario á lectura, parte fundamental dos libros de texto
empregados en cada curso de ESO.
• Uso de distintos tipos de texto que contribúen á formación da lectura
comprensiva, non sen esquecer o traballo progresivo e continuado: literarios,
expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos, etc.
• Uso de distintos soportes: impreso e electrónico.
• Asistencia á biblioteca para traballar cos libros de lectura e revistas en
inglés que se atopan alí e así favorecer o desenvolvemente dunha actitude
positiva cara a lectura.
• Asistencia á biblioteca para coller libros cos que poder traballar na casa,
facilitando o funcionamento deste espazo como factor de compensación social
e realizando un seguemento destas lecturas mediante fichas de traballo.
• Utilización de lecturas de carácter obrigatorio en tódolos grupos e niveis,
cuxo seguemento é levado a cabo a través de fichas de traballo e controles de
lectura.
• Promoción da lectura mediante a proxección de filmes baseados no
argumento de obras lidas.
As devanditas actividades serán sometidas a un minucioso seguimento e será
avaliadas de maneira continuada, observando os índices de lectura e a
capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e para
enfrontarse a textos cada vez máis complexos. Avaliarase asimesmo a actitude
do alumnado diante da lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de
pracer e recurso para o desenvolvemento persoal.
Departamento de Lingua e Literatura Castelá
A lectura é unha das bases da formación íntegra do alumnado polo que
trataremos de traballar este aspecto na aula tentando despertar ou afianzar nos
alumnos o gusto pola lectura como fonte de coñecementos e de placer. Dende
a área de Lingua e Literatura faranse diversas actividades para fomentar o
hábito lector dos alumnos. Traballaremos ao longo do curso textos de autores
pertencentes aos diferentes períodos literarios sempre adaptados a idade do
alumnado. Recoñecerán os rasgos e as características tanto da obra á que
pertencen como as do autor.
En todos os cursos da E.S.O lerán obrigatoriamente e como mínimo un
libro cada trimestre. Na primeira avaliación será o profesor o que decida cal vai
ser ese libro. Unha vez feita a lectura os nenos/as deberán elaborar traballos
onde expresarán a súa opinión e comentarán diferentes aspectos da obra (tema
, datos do autor, resumo da obra...) Ademais tamén haberá posibilidade de
facer unha proba (oral ou escrita).
Nos primeiros cursos (primeiro e segundo principalmente) tentaremos ler
na aula.
Despois de traballar estas lecturas facendo os talleres literarios xa
mencionados nos meses restantes serán os propios alumnos os que
aconsellados polo profesor elexirán os libros de lectura. Faremos así uso dos
fondos da biblioteca ou mesmo poderán traer o libro da súa casa creando unha
biblioteca de aula. Desta maneira os alumnos irán achegándose ao tipo de
literatura que lles gusta, xa que tendo en conta que o abano de posibilidades
(temáticas, xéneros...) é moi amplo, será máis doado así que o alumno disfrute
realmente coa lectura.
Departamento de Lingua e Literatura Galega
Dende o departamento de galego continuaremos:
-Achegando o alumnado á Biblioteca do Centro e de aula para mergullarse
“nese universo de saber e coñecemento” que agochan os libros.
-Intentando formar lectores e lectoras competentes que gocen do pracer da
lectura.
-Ensinarlles que ler é un pracer que debe ser compartido coa música, cunha
boa compañía...
-Axudándolles a manexar distintas fontes informativas, en calquera soporte
para o tratamento dos seus contidos.
-Amosándolles que a Biblioteca é un lugar ao que poden e deben acudir porque
descobre moitos “segredos”.
-Animándoos a se escritores e escritoras con algunha obra impresa.
Para conseguir isto empregaranse, cun enfoque funcional, as distintas
tecnoloxías da comunicación e da información ao alcance do alumnado, para
incidir en aspectos específicos destes soportes e linguaxes de cara a unha
utilización eficaz, comprensiva e ética deles.
A formación da lectura comprensiva esixe, pola súa vez, un traballo progresivo
e continuado. Traballaranse con todo tipo de textos: literarios, expositivos,
xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico.
Incidirase na identificación da finalidade da lectura e na forma de axustar a
lectura ao obxectivo en cada ocasión. Ensinaranse estratexias de comprensión
lectora.
Continuaremos compartindo cos alumnas e alumnos o pracer que produce a
lectura. Así dedicaremos unha hora á semana en 1º de E.S.O.e no resto dos
cursos centrámonos na lectura dun libro por avaliación , sen ter unha
secuenciación fixa respecto á lectura na aula, sen deixar esta experiencia tan
gratificadora que é ter un libro nas mans.
Departamento de Matemáticas
Neste ámbito, incluiráse a lectura de libros, dous ou máis en cada curso, con
contidos matemáticos sinxelos, para afianzar tanto a comprensión oral e
escrita como a expresión oral e escrita das matemáticas.
1º ESO
Primeiro trimestre: “OJALÁ NO HUBIERA NÚMEROS” de Esteban Serrano
Marugán
Segundo trimestre: “EL ESCARABAJO DE ORO” de Edgar Allan Poe
2º ESO
Primeiro trimestre: “MALDITAS MATEMÁTICAS” de Carlos Frabetti
Segundo trimestre: “ERNESTO EL APRENDIZ DE MATEMAGO” de José
Muñoz Santonja
3º ESO
Primeiro trimestre: “PÓNGAME UN KILO DE MATEMÁTICAS” de Carlos
Andrade y P. Baccalario
Segundo trimestre: “EL PAÍS DE LAS MATES PARA NOVATOS” de L. C.
Norman
4º ESO
Primeiro trimestre: “EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS”
de Jordi Siera i Fabra
Segundo trimestre: “EL PAÍS DE LAS MATES PARA EXPERTOS” de L. C.
Norman
Destes libros, farase un control de lectura no seu momento.
Departamento de Ciencias Sociais
Ademais dos contidos expostos na presente programación didáctica: os
alumnos baixo a dirección do profesor, realizarán diversos proxectos nunha
hora semanal, axudándose de textos e fontes diversas, incluídas as TIC;
concretamente, son os seguintes:
• En 1º de ESO: Historia do mundo antigo. O profesor
realizará unha escolla de textos coetáneos ou historiográficos
sobre o asunto, que os alumnos deberán de ler e comprender
para poder confrontalos entre sí antes de realizar unha síntese
conclusiva. Iniciaráse tamén ó alumnado na busca de imaxes
por internet para ilustrar os seus pequenos traballos ó
respecto.
• En 2º de ESO: As prácticas agrarias segundo as fontes
históricas da idade media. Empregando algunhas das
edicións e transcripcións de fontes históricas de época
medieval que circulan ben impresas, ben na internet, os
alumnos realizarán un pequeño traballo –non se pretende
unha investigación rigorosa- sobre a agricultura na idade
media. Evidentemente, vanse empregar fontes en galego ou
castelán. Tamén se complementará a parte textual con imaxes
procedentes de códices, edificios ou pinturas deses séculos.
• En 3º de ESO: Os protocolos notaríais como fontes
históricas. As alumnas a través fudamentalmente da páxina
web do arquivo da catedral de Santiago construirán unha base
de datos co programa ACCESS, coa que logo chegar a
formular unhas pequenas conclusións. O estudo centrarase
no século XVI e primeira metade do século XVII –é o corte
cronolóxico da maioría dos protocolos dese arquivo- e nas
trasaccións económicas, o que pproporcionará información
sobre a ruralización da economía que se viviu en Galicia a
partires da segunda metade do século XVI e tamén o proceso
inflacionista que viviu a moeda na coroa de Castela nesas
datas
• En 4º de ESO: O priorato do Cebreiro ata a
desamortización. Para realizar este traballo os alumnos
acudirán á consulta de encabezados e libros de contas
conservados no Arquivo Histórico Nacional e en parte
accesibles por medio do portal pares.mcu.es. A análise deste
material por medio de programas informáticos como o Excel
ou o Access, debe levar ó alumnado, coa axuda do profesor, a
elaborar unas conclusións sinxelas que os aproximen, por
unha parte, ó traballo do historiador, e por outra, á captar a
complexidade histórica do seu propio entorno, alén dos
grandes circuitos políticos e económicos.
- Os resultados destas pequenas investigacións e traballos serán
dados a coñecer por medio de traballos e pequenas instalacións
expositivas no interior do colexio, oou mesmo se lles procurará
espazo dentro da revista anual do centro.
- Dado que, están comprobadas as dificultades que teñen os alumnos e
alumnas do centro na comprensión lectora, incidiráse de xeito especial neste
aspecto ó longo de todo o curso. Consideramos que a lingua, e moi
especialmente a súa vertente escrita, é un instrumento básico da nosa área.
Polo tanto, haberá un reforzo especial na lectura, adicando un tempo dentro da
aula a esta actividade, ben por medio dos diversos textos empregados nas
actividades enriba sinaladas, ben por artigos de divulgación sobre aspectos do
temario. Vanse empregar, en concreto, artígos sacados de revistas de
divulgación histórica ou xeográfica especializada, como La aventura de la
Historia, Historia-National Geographic, Historia de la Iberia Vieja, National
Geographic, Historia16...
- Ademais, pola súa conta os alumnos –a excepción dos de primeiro-
deberán ler un libro por trimestre que sirva para situalos en diferentes ámbitos
cronolóxicos ou xeográficos e poidan así, a través da lectura, percibir a
complexidade das sociedades humanas, e a súa diversidade no tempo e no
espazo.
- Os libros serán os seguintes:
1º ESO 1º Avaliación J. VERNE, A volta ó mundo en oitenta días
2ª avaliación A. FERNÁNDEZ PAZ, As flores radioactivas
3ª avaliación FEDRO, Fábulas.
2º ESO 1ª avaliación C. LÓPEZ NARVÁEZ, Endrina e o segredo
do peregrino.
2ª avaliación A. PÉREZ REVERTE, El capitán Alatriste.
3ª avaliación D. X. CABANA, As aventuras de Breogán
Folgueira
3º ESO 1ª avaliación LOPE DE VEGA, Fuenteovejuna.
2ª avaliación E. SALGARI, O corsario negro
3º avaliación X. NEIRA VILAS, Memorias dun neno
labrego
4º ESO 1ª avaliación R. L. STEVENSON, As aventuras de David
Balfour
2ª avaliación A. DUMAS, O conde de Montecristo
3ª avaliación M. A. MURADO, Ruído. Relatos de guerra.
-Ademáis destes libros incentivaráse a lectura ofrecendo ó alumnado a
posibilidade de realizar lecturas voluntarias doutros títulos que servan para
redondear as cualifiacións de cada avaliación. O alumno deberá presentar ó
profesor, como testemuño da actividade lectora, unha ficha sobre o libro lido.
Departamento de tecnoloxía e Plástica
No traballo de cada unidade didáctica incluírase a lectura de textos científicos
(periódicos, revistas de divulgación científica, textos científicos adaptados, ...)
que axuden ao alumnado a alcanzar unha competencia lectora. A comprensión
lectora é un dos aspectos incluídos nos procedementos e instrumentos de
avaliación.
Tamén se realiza en 1º ESO unha actividade correspondente a “Unidade 9.
Aprecia a arte”, na cal os alumnos, xunto ca profesora da materia teñen que
investigar en unha serie de libros de arte, previamente escollidos pola
profesora, sobre os principais movementos artísticos da historia, facendo unha
análise destas obras de arte, especialmente da pintura e mostrando especial
atención os movementos artísticos do século XX. Os alumnos estudiarán as
intencións expresivas de cada un dos principias estilos artísticos da pintura na
historia para facer despois, na aula, reinterpretacións dalgunhas obras plásticas
sinxelas utilizando técnicas como témperas ou colaxe.
En 3º ESO faise unha actividade na biblioteca que consiste en analizar as
portadas dunha serie de libros de tipo xuvenil.
Departamento de Francés
Dende a segunda lingua estranxeira, foméntase a lectuar en tódolos cursos e a
tódolos niveis. Ademais dos libros de lectura que deben ler os rapaces e
rapazas (libros cortiños e con temas relacionados cos seus intereses), lense
temas máis comprometidos ou de actualidad. As biografías de artistas
franceses que eles coñecen, tamén forman parte deste proxecto integrador da
lectura.
Departamento de Ciencias Naturais
Dende as materias do departamento (Ciencias Naturais, Física e
Química, Bioloxía e Xeoloxía) contribuiremos ao fomento da lectura articulando
momentos no aula nos que o alumnado teña que facer lectura en voz alta de
partes do libro de texto, indagando sobre o grado de comprensión acadado e
axudando a que este sexa correcto.
Departamento de Tecnoloxía, Plástica e Informática
No traballo de cada unidade didáctica en Tecnoloxía e Informática incluírase a
lectura de textos científicos (periódicos, revistas de divulgación científica, textos
científicos adaptados, ...) que axuden ao alumnado a alcanzar unha
competencia lectora tanto en inglés coma en castelán. A comprensión lectora é
un dos aspectos incluídos nos procedementos e instrumentos de avaliación.
A Educación Plástica tentará contribuir a enriquecer a capacidade comunicativa
e o vocabulario dos alumnos, a consolidación do hábito de lectura, o
desenvolvemento de actitudes favorables á lectura mediante a creación de
ambientes lectores, levando a cabo a integración das fontes informativas, en
calquera soporte (impreso ou electrónico) para tratar os contidos curriculares,
adicando cada trimestre un tempo a leer libros, revistas e calquera tipo de
publicación relacionada coa asinatura de plástica e visual e que poida
enriquecer o coñecemento do alumnado.
Departamento de Relixión
Os alumnos de 1º a 4º da ESO, levaran a cabo múltiples lecturas curtas
do pasaxes seleccionados da Biblia e dos evanxeos,co obxeto de facer
reflexions o nivel individual e grupal.Tamen traerase a clase textos o relatos do
libros, periódicos e revistas que ilustren e amplíen o tema tratado na clase. E o
libro do curso, ofrece tamen a os alumnos a posibilidade de facer lecturas
adicionais xa que o remate da cada unidade, anexase información e
documentos extras pra ampliar o tema.
4.2. Outras actuacións de carácter xeral e de dinamización do uso da
biblioteca:
- Libro viaxeiro.
- Impulsar conmemoracións: día do libro e importancia do mesmo, día dos
paxariños,...
- Recitado de poemas.
- Revista do centro.
- Propor un método de lectoescritura común para todo o centro e que abarque
a todos os niveis.
- Formular a necesidade de levar a cabo medidas comúns, respecto ás
posibles dificultades lectoescritoras, que posibiliten que todos os profesores
teñan que atender os posibles problemas derivados do dominio destes
procesos.
- Elaboración de marcapáxinas.
- Traballo coa prensa (partes dos xornáis, as noticias…).
- Clubs lectores.
- Recomendamos un libro.
- Creación de libros por parte do propio alumnado como “O noso libro de
poemas”, “As nosas receitas”, etc.
- colaborar coa revista do centro escribindo noticias sobre feitos tanto da vida
escolar como saídas, datas conmemorativas,… o que aporta un valor engadido
moi gratificante ao traballo realizado.
- Elaboración de materiais facendo uso das TIC como Stop Motion sobre
lecturas realizadas.
- Dende o Departamento de orientación asesorar e coordinar actuacións
relacionadas coa velocidade lectora , (por exemplo actividades con gráficas de
retroalimentación) e a comprensión de textos (por exemplo, esquemas e
resumos). As horas de titoría poden ofrecer momentos para desenvolvelas.
- Sesión adentrémonos na biblioteca:
• Activación de coñecementos previos (normas): cousas ben
(tarxeta verde), cousas mal (tarxeta vermella).
• Que hai nunha biblioteca: libros de ocio, diccionarios, DVD, CD de
música, ordenadores…
• Partes dun libro (índice, glosario, bibliografía…).
• Qué é: hemeroteca, ludoteca…
• Como buscar información en diccionarios e libros (aspectos a
analizar).
• Como manexarse na biblioteca (CDU, Meiga…)
• Que fai a bibliotecaria.
• Xogo de búsqueda de duendes escondidos en libros a través de
pistas que teñen que ver coa información proporcionada
previamente.
- Recopilación de refráns.
- Libro de lendas populares de Pedradita.
- Semana da Biblioteca con pega de carteis no centro. Ao longo da
semana pode vir xornalista ou escritor, contacontos, libro-forum, xogo do
123…
- Descubrimos un tesouro. Ao longo dunha semana con pistas polo
centro. É unha actividade de achegamento á biblioteca coa fin de que
poidan percibila como un lugar lúdico. As pistas poderían ser: “Se o
tesouro queres atopar, ao longo do día de hoxe no chan deberás de
reparar”. No chan aparecen pisadas. Iso farase ao longo dunha semana,
ata que ao final son conducidos á biblioteca, onde atopan un cofre cunha
carta e un vale para cambiar por un lote de libros.
- Actividades que favorezan o intercambio de opinións e recomendacións
entre iguais, xa que o compoñente emocional e xeracional da lectura por
pracer fai resulten moi atractivas ditas recomendacións.
- Recomendacións de lectura, feitas polo propio alumnado sobre libros
lidos ou polo persoal encargado da biblioteca, ben con carteis polo
centro, elaboración de marcapáxinas, boletíns semestrais, páxina
web,… estas recomendacións tamén se poden asociar a unha temática
puntual como o día da Paz, o día da Muller,…
- Mascota da biblioteca (animaliño cun nome, que nos irá recomendando
libros ao para os distintos ciclos ou etapas, de forma mensual).
- Visitas a outras bibliotecas para coñecer como funcionan e iniciativas
diferentes relacionadas co fomento da lectura.
5. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS
• Facer que a biblioteca do centro e, nos casos onde existen, as de
aula sexan un espazo de cooperación e de intercambio, de
contraste de puntos de vista e de axuda no traballo, tanto para
alumnado como para profesorado.
• Convertir a biblioteca en espazo de lecer traballando a lectura en
diferentes formatos.
• Facilitar a participación do alumnado na selección de lecturas,
clasificación, préstamo, conservación e planificación de
actividades.
• En canto á lectura para comprender os procedementos serán
diversos:
Lecturas individuais tanto na clase como na casa.
Lectura en voz alta de texto no centro.
Elaboración de esquemas e resumos identificando
previamente as ideas principais e secundarias.
Diferenciación de información e opinión.
Ampliación da información da clase a través de traballos
que impliquen búsquedas en material bibliográfico, prensa,
Internet,… e presentación destes en diferentes soportes.
Uso da prensa incoporando noticias de actualidade
relacionadas con cada área.
Uso da biblioteca como un lugar máis de aprendizaxe,
impartindo nela algunha sesión de clase.
• Evitar que a lectura sea un castigo por mal comportamento.
• Na lectura para o disfrute non se pedirán traballos sobre as obras
e o profesorado fará recomendacións dende todas as áreas de
lecturas non obrigatorias.
• Establecemento dun tempo semanal para a lectura individual
dentro do horario semanal de cada grupo. Dentro das
programacións de cada ano especificarase o modo de organizar
este tempo en cada nivel, ciclo e/ou etapa. Debe organizarse de
forma sinxela utilizando moitos e variados textos que, na medida
do posible, poden ser consultables tanto en formato papel como
en formato dixital. Poderá realizarse de forma individual ou
colectiva, en silencio ou en voz alta, según o considere o/a
docente.
• Aproveitamento de situacións reais da vida para a lectura, de
forma que aprendan e experimenten a súa utilidade: instruccións
para a montaxe de obxectos, xoguetes, …; receitas para elaborar
comidas, etc.
• Uso dos recursos que ofrece Internet e as TIC para motivar,
buscar información, ver películas subtituladas, etc.
• Promoción do uso da biblioteca nas gardas nas que falta algún
profesor/a, sempre que non teñan actividades específicas.
6.- RECURSOS
O centro conta coa biblioteca que está organizada do seguinte xeito:
- O material impreso está clasificado atendendo a diferentes criterios: á
idade do alumnado e ás distintas etapas de educación infantil, primaria e ESO;
así como por temáticas. Os criterios son fácilmente identificables polo
alumnado ao aparecer marcados con distintos carteis e distintas cores.
- Material dixital: DVDs e CDs e películas de vídeo, de modo que o
alumnado ten acceso a películas adaptadas á idade como a distintos tipos de
música. Contamos cun proxector para o visionado de películas na propia
biblioteca.
- A biblioteca está dotada de 5 ordenadores: 4 a disposición do
alumnado e con acceso á Internet e 1 para uso do profesorado.
- Os usuarios da biblioteca dispoñen de recunchos e mobiliario adaptado
ás diferentes idades.
Actualmente o sistema de préstamos faise de forma manual, á espera de
que se restableza o proxecto Meiga. De formas non todos os libros están
incorporados á base de datos do proxecto Meiga, sendo tarefa do profesor
encargado da biblioteca a actualización e introdución dos mesmos.
Existirá un responsable de bibliteca cunha dedicación horaria semanal
axustada á necesidades do centro e a dispoñibilidade horario do mesmo en
canto a profesorado. Procurarase que o/a encargado/a teña destino definitivo
para favorecer a continuidade no desenvolvemento das liñas de actuación do
Plan Lector.
Na medida do posible o profesorado colaborará nas súas horas sen docencia
directa nos grupos o usen garda por ausencia de profesorado. Polas
características do centro e da dotación de persoal docente, as horas
disponibles son escasas, tanto para colaborar como para coordinarse co
responsable de biblioteca xa que o cadro de persoal non permite nin ter
cubertas todas as gardas de clase.
O horario de apertura da biblioteca será o tempo de lecer da mañá do
alumnado, que no caso de Primaria é de 12:30 a 13:00 horas e en ESO de
13:00 a 13:20 agás os luns que en ambos casos é de 12:10 a 12:30 horas.
Haberá un profesor/a da etapa correspondente para a atención da biblioteca e
do alumnado que queira facer uso dela.
7.- AVALIACIÓN
7.1 INICIAL
Periodicamente para adaptar os plans anuais de fomento da lectura
realizaranse enquisas sobre hábitos de lectura tanto ao alumnado como ás
familias.
7.2 FORMATIVA
Trimestralmente teranse en conta os seguintes aspectos:
- aumento do número de lectores.
- mellora do nivel lector
- mellora da capacidade crítica á hora de elexir un libro
- adecuación dos libros ás diferentes idades.
- valoración dos usuarios dos cambios que se vaian realizando na
biblioteca.
7.3 FINAL
- A través da memoria do plans de lectura anuais que formará parte da
Memoria Anual do centro que se envía a Inspección.
- A través de indicadores que avalíen o grao de cumplimento dos obxectivos
propostos para os Plans Anuais de Lectura.

More Related Content

What's hot

Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Grupo PREMIR
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivenciaConchi Fraga
 
04 unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
04   unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...04   unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
04 unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...tricijazz
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Grupo PREMIR
 
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...Grupo PREMIR
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galiciamalubei
 
Colaboración familias - persoa titora
Colaboración familias - persoa titoraColaboración familias - persoa titora
Colaboración familias - persoa titoraSerafin Barreiros
 

What's hot (9)

Pxa 2018 19
Pxa 2018 19Pxa 2018 19
Pxa 2018 19
 
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
Decreto 133/2007, do 5 de xullo, polo que se regulan as ensinanzas da educaci...
 
Decreto convivencia
Decreto convivenciaDecreto convivencia
Decreto convivencia
 
04 unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
04   unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...04   unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
04 unidade didáctica-as actividades no medio natural na área de educación f...
 
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
Decreto 330/2009, do 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educació...
 
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...
Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currí...
 
O currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en GaliciaO currículo da educación infantil en Galicia
O currículo da educación infantil en Galicia
 
Colaboración familias - persoa titora
Colaboración familias - persoa titoraColaboración familias - persoa titora
Colaboración familias - persoa titora
 
Nofc v2019
Nofc v2019Nofc v2019
Nofc v2019
 

Similar to Plan lector 2015 (20)

P Lector Web
P Lector WebP Lector Web
P Lector Web
 
Proxecto Lector de Centro
Proxecto Lector de CentroProxecto Lector de Centro
Proxecto Lector de Centro
 
Proxecto lector de centro
Proxecto lector de centroProxecto lector de centro
Proxecto lector de centro
 
Proxecto lector de centro
Proxecto lector de centroProxecto lector de centro
Proxecto lector de centro
 
Pxa 16 17
Pxa 16 17 Pxa 16 17
Pxa 16 17
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
POLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdfPOLOS CREATIVOS.pdf
POLOS CREATIVOS.pdf
 
PDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑAPDI OÍDO COCIÑA
PDI OÍDO COCIÑA
 
Biblioteca
BibliotecaBiblioteca
Biblioteca
 
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
Liñas biblioteca escolar para o curso 2011
 
PDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNOPDI PLANETA PLANTURNO
PDI PLANETA PLANTURNO
 
Proxectolector
ProxectolectorProxectolector
Proxectolector
 
PAT ESCRBCG
PAT ESCRBCGPAT ESCRBCG
PAT ESCRBCG
 
Plan Tic
Plan TicPlan Tic
Plan Tic
 
Plan Tic
Plan TicPlan Tic
Plan Tic
 
Plan Tic
Plan TicPlan Tic
Plan Tic
 
Plan T I C
Plan  T I CPlan  T I C
Plan T I C
 
Plan Tic
Plan TicPlan Tic
Plan Tic
 
Plan Tic
Plan TicPlan Tic
Plan Tic
 
I+D MEDIA
I+D MEDIAI+D MEDIA
I+D MEDIA
 

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro

More from CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro (20)

Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021
 
Programa congreso
Programa congresoPrograma congreso
Programa congreso
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021Carta familias libros 2021
Carta familias libros 2021
 
Pintores na minna casa
Pintores na minna casaPintores na minna casa
Pintores na minna casa
 
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badmintoncomezo das ligas internas de ping pong e badminton
comezo das ligas internas de ping pong e badminton
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Horario curso 20 21
Horario curso 20 21Horario curso 20 21
Horario curso 20 21
 
Plan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucionsPlan adaptacion covid substitucions
Plan adaptacion covid substitucions
 
Informacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoralInformacion sorteo mesa xunta electoral
Informacion sorteo mesa xunta electoral
 
Declaracion responsable covid
Declaracion responsable covidDeclaracion responsable covid
Declaracion responsable covid
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familiasPlan adaptacion covid web e familias
Plan adaptacion covid web e familias
 
Plan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covidPlan de acollida tras covid
Plan de acollida tras covid
 
Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2Plan de acollida tras covid2
Plan de acollida tras covid2
 
Plan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid webPlan adaptacion covid web
Plan adaptacion covid web
 
Plan de continxencia
Plan de continxenciaPlan de continxencia
Plan de continxencia
 
Plan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on webPlan adaptacion covid versi on web
Plan adaptacion covid versi on web
 

Plan lector 2015

  • 1. C.P.I. UXÍO NOVONEIRA Estrada Cervantes s/n 27670 Pedrafita do Cebreiro (Lugo) ℡ 982367001 982367001 cpi.uxio.novoneira@edu.xunta.es http://centros.edu.xunta.es/cpiuxionovoneira O plan lector foi aprobado en Consello Escolar o 1 de outubro de 2015. Pedrafita, a 1 de Outubro de 2015 A directora Rocío Méndez Penela
  • 2. PLAN LECTOR CPI UXÍO NOVONEIRA CURSO 15-16
  • 3. Índice: 1. INTRODUCIÓN: 1.1. Xustificación teórica. 1.2. Xustificación legal. 2. DETECCIÓN DE NECESIDADES: 2.1. Características xerais do centro e do contorno. 2.2. Dificultades lectoras. 2.3. Estado dos hábitos lectores do noso alumnado. 3. OBXECTIVOS: 3.1. Obxectivos xerais. 3.2. Obxectivos específicos. 3.2.1. Para alumnos. 3.2.2. Para familias. 3.2.3. Para profesorado. 4. ACTUACIÓNS PRIORITARIAS E TEMPORALIZACIÓN: 4.1. A levar a cabo por parte dos equipos de ciclo. 4.2. A levar a cabo por parte dos departamentos didácticos. 4.3. Actuacións do departamento de orientación (P.A.T.) 4.4. Outras actuacións de carácter xeral e de dinamización do uso da biblioteca. 5. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS. 6. RECURSOS. 7. AVALIACIÓN: 7.1. Inicial. 7.2. Formativa. 7.3. Final.
  • 4. 1. INTRODUCIÓN: 1.1.Xustificación teórica: O proxecto OCDE/PISA define a lectura como "a capacidade non so de comprender un texto senon de reflexionar sobre o mesmo a partir do razoamento persoal e das experiencias propias". Este mesmo proxecto establece que os alumnos e alumnas han de ser capaces de saber ler un número amplo e variado de "textos continuos" (narrativos, expositivos, descriptivos, argumentativos...) e de "textos discontinuos" (cadros, gráficos, diagramas, mapas, listas, formularios, anuncios...). O proxecto OCD/PISA para a ESO define a COMPETENCIA LECTORA da seguinte maneira: A competencia lectora consiste no desenvolvemento dun conxunto de estratexias, destrezas e coñecementos que contribúen á comprensión e uso de textos escritos, así como á reflexión persoal a partir deles co fin de alcanzar as metas propias, desenvolver o coñecemento e o pontencial persoal e participar na sociedade. No centro partimos de dúas premisas: -A lectura é un acto interpretativo e non unha mera decodificación. -Un bo lector é o que integra a lectura nos seus hábitos de vida. O obxectivo deste plan lector será o de formar lectores compententes nas dúas facetas básicas da lectura: · Lectura para aprender, para informarmos. · Lectura para disfrutar O déficit de lectura afecta a gran parte dos alumnos con indicios de fracaso. Os alumnos que non comprenden o que len, acaban por abandonar os libros de texto que veñen a ser unha auténtica tortura para o estudo. A pesar de ser unha obviedade escasean os medios ou elíxense estratexias inadecuadas.
  • 5. É importante que as accións levadas a cabo se inserten nun proxecto de lectura asumido e apoiado por toda a comunidade escolar e que respondan a un proceso de planificación e revisión periódica. A animación á lectura e a creación literaria buscan afianzar o hábito lector máis alá das fronteiras do centro escolar, polo que as familias deben ser aliadas indiscutibles. As bibliotecas escolares convérsense en lugar de encontro e no espazo preferido para a animación á lectura en todo tipo de soportes e formatos. Sen embargo, hoxe por hoxe non basta con aprender a ler e a escribir co tradicional lápis e papel, sentémonos analfabetos nunha sociedade que nos demanda novas aprendizaxes técnicas se queremos buscar ou procesar información. A cultura non só a proporciona o material impreso, senón tamén as imaxes, as sensacións e percepcións en xeral, xa que estamos nunha sociedade audiovisual. Por último, é preciso ter en conta que a lectura e a escritura non son dous procesos separables, co cal as actuacións enmarcadas no presente plan lector contemplarán ámbolos dous aspectos. 1.2.Xustificación legal: Tanto a Lei Orgánica de Educación (LOE) como a Lei Orgánica 8/2013, de 9 de dicembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE), que modifica determinados aspectos do seu articulado, fan referencia a importancia da lectura e da biblioteca durante as etapas de educación obrigatoria, así como a importancia de que os centros elaboren plans para articular as acción encamiñadas a formar lectores activos e críticos. A LOE no seu capítulo II, principios e fins da educación, indica no artigo 2: “2. Os poderes públicos prestarán unha atención prioritaria ao conxunto de factores que favorecen a calidade do ensino e, en especial, a cualificación e formación do profesorado, ao seu traballo en equipo, a dotación de recursos educativos, a investigación, a experimentación e a renovación educativa, o fomento da lectura e o uso das bibliotecas , a autonomía pedagóxica,
  • 6. organizativa e de xestión, a función directiva, a orientación educativa e profesional, a inspección educativa e a avaliación”. A LOMCE sinala nos principios xerais da ordenación das ensinanzas (artigo 16 do título 1, capítulo II) que: “2. A finalidade da educación primaria é facilitar aos alumnos e alumnas as aprendizaxes da expresión e comprensión oral, a lectura, a escritura, o cálculo,…”. E no artigo 19 cita entre os principios pedagóxicos: “A fin de fomentar o hábito da lectura adicarase un tempo diario á mesma”. No artigo CAPÍTULOIII: EDUCACIÓN SECUNDARIA, ARTIGO 23, atopamos entre os OBXECTIVOS: “e. Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información para , con sentido crítico, adquirir novos coñecementos. Adquirir unha preparación básica no capo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación. h. Comprender e expresar con corrección, oralmente e por escrito, na lingua castelá e, de a haber, na lingua cooficial da comunidade autónoma, textos e mensaxes complexas, e iniciarse no coñecemento, a lectura e o estudo da literatura”. No ARTIGO 24 onde se regula a ORGANIZACIÓN DO PRIMEIRO CICLO DE ESO establece que: “6. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das materias do ciclo, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información … “. O mesmo que recolle no punto 8 do ARTIGO 25. ORGANIZACIÓN DO CUARTO CURSO. Tanto LOE como LOMCE destacan entre os PRINCIPIOS PEDAGÓXICOS (art.26):
  • 7. “2. Nesta etapa prestaráselle unha atención especial á adquisición e ao desenvolvemento das competencias básicas e fomentarase a correcta expresión oral e escrita e o uso das matemáticas. Co fin de promover o hábito da lectura, dedicaráselle un tempo a esta práctica docente en todas as materias”. Por último, no artigo 113 fai referencia ás Bibliotecas escolares: “1. Os centros de ensinanza disporán dunha biblioteca escolar. 2. As Administracións educativas completarán a dotación das bibliotecas dos centros públicos de forma progresiva. A tal fin elaborarán un plan que permita acadar dito obxectivo dentro do periodo de implantación da presente Lei. 3. As bibliotecas escolares contribuirán a fomentar a lectura e a que o alumno acceda á información e outros recursos para ela aprendizaxe das demais áreas e materias e poida formarse no uso crítico dos mismos. Igualmente, contribuirán a facer efectivo o disposto nos artigos 19.3 y 26.2 da presente Lei. 4. A organización das bibliotecas escolares deberá permitir que funcionen como un espazo aberto á comunidade educativa dos centros respectivos. 5. Os centros poderán chegar a acordos cos concellos respectivos, para o uso de bibliotecas municipales coas finalidades previstas neste artigo”. En segundo lugar falamos da normativa propia de Galicia, os decretos que desenvolven o currículo tanto en Primaria como en Secundaria Obrigatoria: No Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autó- noma de Galicia entre os obxectivos está: “e) Desenvolver destrezas básicas na utilización das fontes de información, paraadquirir novos coñecementos con sentido crítico. Adquirir unha preparaciónbásica no campo das tecnoloxías, especialmente as da información e a comunicación”. E nos seus principios metodolóxicos (artigo 11) están: “7. Coa finalidade de promover a comprensión de lectura e de uso da informa- ción, dedicarase un tempo á lectura na práctica docente de todas as materias 9. Para unha adquisición eficaz das competencias e a súa integración efectiva
  • 8. no currículo, deberán deseñarse actividades de aprendizaxe integradas que lle permitan ao alumnado avanzar cara aos resultados de aprendizaxe de máis dunha competencia ao mesmo tempo. Para isto, aproveitaranse as posibilida- des que ofrecen as metodoloxías de proxectos, entre outras, así como os re- cursos e as actividades da biblioteca escolar”. E no artigo 38 recolle: “Bibliotecas escolares e lectura 1. Os centros docentes deberán incluír dentro do seu proxecto educativo un programa de centro de promoción da lectura (proxecto lector de centro) no que integren as actuacións destinadas ao fomento da lectura, da escritura e das habilidades no uso, no tratamento e na produción da información, en apoio da adquisición das competencias clave. 2. Este programa de centro será o referente para a elaboración dos plans anuais de lectura que se incluirán na programación xeral anual. 3. Os centros docentes disporán dunha biblioteca escolar. Tomaranse as medidas organizativas necesarias para que a biblioteca escolar teña un funcionamento estable e sirva aos obxectivos do proxecto lector de centro. A biblioteca ten como obxectivos ser un centro de recursos e oportunidades para a lectura, a aprendizaxe e a información; un punto de encontro entre alumnado, profesorado e familias que facilite a comunicación, a creatividade, as aprendizaxes, a adquisición de competencias claves, as metodoloxías activas e o traballo colaborativo, e ademais que estimule os intercambios culturais no centro docente. 4. Correspóndelle á dirección do centro docente a aprobación do programa de promoción da lectura, logo da proposta realizada polo claustro de profesorado. Procurarase a adecuada coordinación, de ser o caso, co proxecto de educación dixital do centro, de xeito que se reforce a adquisición das competencias para uso, tratamento e produción de información por parte do alumnado, e se aproveiten eficientemente os recursos ao dispor da comunidade educativa”.
  • 9. O DECRETO 105/2014, do 4 de setembro, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia sinala entre os elementos transversais (art. 11): “1. Sen prexuízo do seu tratamento específico nalgunhas das disciplinas de cada curso, a comprensión lectora, a expresión oral e escrita, a comunicación audiovisual, as tecnoloxías da información e a comunicación, o emprendemento e a educación cívica e constitucional traballaranse en todas as disciplinas”. E no artigo 15 entre os principios metodolóxicos destaca a importancia da lectura: “4. A lectura constitúe un factor fundamental para o desenvolvemento das competencias clave; é de especial relevancia o desenvolvemento de estratexias de comprensión lectora de todo tipo de textos e imaxes, en calquera soporte e formato. Coa fin de fomentar o hábito da lectura, os centros docentes organizarán a súa práctica docente de xeito que se garanta a incorporación dun tempo diario de lectura non inferior a trinta minutos”. Tamén as instruccións que cada ano se reciben en setembro, da dirección Xeral de Centros e Recursos humanos en relación coa organización e o funcionamento das bibliotecas escolares, nos centros non universitarios de titularidade da Consellería di o seguinte: “A normativa vixente contempla a obligatoriedade de que todos os centros de ensino non universitario elaboren os seus Proxectos Lectores (…) co fin de articular as actuacións de todo o profesorado destinadas á consecución dos obxectivos pedagóxicos referidos á adquisición da competencia lingüística e das habilidades no uso da información así como a adquisición e consolidación do hábito da lectura”. “O proxecto lector do centro terá que ter unha vinculación estreita coa biblioteca escola . Tal e como aparece recollido nos anexos dos currículos de Primaria e Secundaria que regulan a elaboración do Proxecto Lector de Centro que deberá contribuir á mellora das habilidades de lectura e escritura, así como a adquisición de competencias no tratamento da información”.
  • 10. 2. DETECCIÓN DE NECESIDADES: 2.1.Características xerais do centro e do contorno: O noso centro escolariza a alumnado de infantil, primaria e secundaria. Está ubicado na zona da montaña sur da provincia de Lugo, a 65 Km da capital e na capitalidade do Municipio de Pedrafita do Cebreiro conformado por doce parroquias e encadrado no centro das serras orientais de Galicia, entre as serras dos Ancares e O Courel, limitando cos concellos de As Nogais, Cervantes, O Courel, Samos e Triacastela e situado a unha altitude que supera os 1000 m. sobre o nivel do mar. A comunicación coa capital da provincia e boa, a través dunha autovía. A fonte económica da maioría da poboación e a gandería e agricultura polo que o sector primario aglutina a maior parte das familias aínda que algunha tamén está ocupada no sector secundario, destacando dentro deste a produción de queixos en pequenas industrias artesanais; e outra pequena parte ten a súa base econónmica no sector servicios. O centro está configurado por dúas estruturas: o centro de primaria e outro de máis recente construcción, pero que xa ten tamén uns cantos anos, para o alumnado de educación secundaria. Hai 4 aulas para educación infantil e primaria e 4 para secundaria e outras aulas para o desenvolvemento de actividades específicas (Idiomas, Música, Informática e Plástica). Contamos ademais cun laboratorio de Ciencias da Natureza, unha biblioteca, unha aula de informática, salas de audiovisuais, secretaría, sala de profesores, catro despachos para departamentos, comedor e ximnasio. O nivel socioeconómico e cultural das familias é medio-baixo, o que, asociado á situación xeográfica do municipio (distribuído en aldeas illadas e afastadas dos núcleos urbanos), condiciona o desenvolvemento sociocultural dos nosos alumnos/as. Estes aspectos deben ser tidos en conta á hora de deseñar e avaliar os obxectivos propostos. A lingua vehicular do noso alumnado e o Galego.
  • 11. 2.2. Dificultades lectoras . No contexto co CPI Uxío Novoneira detéctase que o noso alumnado presenta importantes déficit a nivel lectoescritor. Habitualmente non comprenden o que len, non son críticos fronte á información que se lle ofrece e non len por iniciativa propia, posiblemente debido á idiosincrasia propia da zona. En Primaria atopamos un maior número de lectores, pero esta cifra vai descendendo conforme avanzamos de nivel educativo, descendendo o alumnado que habitualmente le en Secundaria. En canto as probas de avaliación diagnóstica na competencia lingüística os resultados son dispares dun curso escolar con respecto a outro, probablemente porque tendo en conta o baixo número de alumnado, os datos non son significativos, por exemplo, cando hai un só alumno/a nun curso, os resultados dependen das súas características e capacidades, non se pode falar dunha media. 2.2.Estado dos hábitos lectores no alumnado. No inicio do actual curso 2015-16 pasouse un cuestionario ao alumnado de Primaria e ESO para coñecer os seus hábitos lectores e os resultados obtidos son os seguintes: En ESO ao 50% do alumnado non lle gusta nin disfrutan da lectura e cando len fano por obrigación, 6-7 libros que se inidican dende o centro escolar. Sen embargo, en Educación Primaria a totalidade do alumnado sinala o gusto pola lectura. En case todos os casos o número de libros ou materiais de lectura dos que disponen son algúns ou poucos. Só seis alumnos/as sinalan que aos seus pais lles gusta ler e, excepto un, coincide que a todos tamén lles gusta a lectura como aos seus proxenitores. En Primaria excepto dous casos indican o gusto pola lectura da súas familias. As lecturas que sinalan que fan os seus pais e nais son case no 100% revistas e xornais e en poucos casos (2-3) son libros. O 50%, tanto en Primaria como en ESO, tamén usa tablet e ordenador para a lectura, polo que os cambios na tecnoloxía tamén ocasionou cambios nos hábitos lectores do noso alumnado.
  • 12. Máis da metade fan uso da biblioteca, en case todos os casos para o préstamo de libros de lectura obrigatoria. Entre as suxestións para a mellora da biblioteca sinalan ampliar a temática dos libros, especialmente a aquelas relacionadas co seu entorno inmediato e vida cotiá: gandería, agricultura, ecoloxía,… Sinalan tamén a ampla oferta de literatura infantil e a necesidade de aumentar o abano de posibilidades de literatura xuvenil. 3. OBXECTIVOS. Obxectivos xerais: 1. Dinamizar a biblioteca escolar, a través dunha reorganización dos fondos xa existentes e da actualización dos mesmos. Convertindo a biblioteca nun espazo no que teña cabida a fonoteca, videoteca, hemeroteca e ludoteca. 2. Froito do primeiro obxectivo, aparece un segundo fundamental que é a integración da biblioteca escolar no proceso de ensino e de aprendizaxe. 3. Para un eficaz emprego da biblioteca escolar, propoñemos a formación dos usuarios, é dicir, toda a comunidade educativa, para que poidan disfrutar duns servizos máis actualizados. 4. Como resume de todos estes obxectivos, concluímos como meta primordial a dinamización cultural da comunidade educativa. 5. Revisar materiais e recursos empregados para o desenvolvemento da competencia lectora e do hábito lector, procurando diversificar os mesmos e tendo en conta as posibilidades que ofrecen as TIC. 6. Facer aportacións á revista escolar con experiencias relacionadas coa lectura. Específicos para o alumnado: 1. Potenciar o hábito lector e espertar a necesidade de ler dende as idades máis temperás.
  • 13. 2. Crear un espazo informal de lectura e un ambiente acolledor que favoreza o intercambio de opinións e a aprendizaxe de repecto mutuo. 3. Habituar á utilización da biblioteca con finalidades recreativas, informativas e de educación permanente. 4. Mellorar a lectoescritura nos seguintes aspectos: exactitude, velocidade e comprensión lectora, aspectos grafo-motrices, ortográficos e expresivos. 5. Utilizar os recursos da biblioteca como factor para a consecución das competencias en comunicación lingüística, aprender a aprender, a competencia no tratamento da información e a competencial cultural e artística. 6. Empregar a biblioteca como canle para a integración das novas tecnoloxías. 7. Posibilitar o acceso igualitario aos bens culturais, actuando como axente de compensación social. 8. Implicar a toda a comunidade educativa en actividades que promovan hábitos lectores. Específicos para o profesadorado: 1. Potenciar o emprego da biblioteca como un recurso máis da actividade de ensino-aprendizaxe. 2. Crear estratexias de comprensión lectora. 3. Traballar con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos. 4. Avaliar dunha maneira continuada os avances ou dificultades do proxecto lector. 5. Establecer nas programacións de cada área e materia as estratexias axeitadas para o desenvolvemento da competencia lectora e o fomento do hábito lector. 6. Adicar un tempo específico á lectura na práctica docente de todas as áreas e materias e en tódolos niveis educativos que se imparten no centro.
  • 14. 7. Atender aos alumnos que utilizan a biblioteca, facilitándolles o acceso a diferentes fontes de información, orientándoos sobre a súa utilización. 8. Incentivar e coordinar actividades e horarios para empregar a biblioteca como un lugar máis no que ter clase e como fonte de recursos para cada materia ou área. Específicos para as familias: 1. Dar a coñecer o proxecto da biblioteca de centro. 2. Asesorar para que nas familias se estimule o hábito lector. 3. Potenciar a realización de actividades de animación á lectura cos seus fillos e fillas, xa que a análise dos datos de algúns estudos internacionais demostraron que non é necesario ter un elevado nivel de estudos nin adicar unha infinidade de horas para que os pais inflúan nos resultados escolares dos seus fillos e fillas, moitas actividades entre país e fillos/as que están asociadas a un maior rendemento na lectura supoñen relativamente moi pouco tempo e ningún coñecemento especializado. O que esixen estas actividades é auténtico interese e implicación activa. Todos os pais e nais poden e deben colaborar nestas tarefas. 4. ACTUACIÓNS PRIORITARIAS E TEMPORALIZACIÓN. 4.1. A levar a cabo por parte dos diferentes Equipos de Nivel en Infantil e Primaria e Departamentos en Secundaria Educación Infantil No caso do 2º cilclo da educación infantil, tódalas actividades de ensino- aprendizaxe por ser unha metodología globalizada, materializándose máis específicamente porque todos os días lemos un conto de xeito colectivo e tamén os nenos a nivel individual teñen o momento da lectura no que eles manipulan un libro facendo lectura simbólica, de imaxes, creando o conto,…
  • 15. Contamos cunha biblioteca de aula na que se potenciará e fomentará a lectura daqueles libros relacionados cos contidos do ciclo. Tamén unha vez á semana acudirán á biblioteca do Centro para realizar actividades de lectura apropiadas a idade. Educación Primaria Potenciarase a aprendizaxe da lectura en todas as áreas, tanto en voz alta (grupo) como lectura silenciosa (individual). As actividades lectoras non deben reducirse a catro ou cinco actividades impactantes ao longo do curso, de nada serve isto, se o resto da experiencias lectoras que teñen lugar no traballo cotiá na aula son desmotivadoras, aburridas e pouco respectuosas cos intereses e niveis madurativos dos alumnos. Todo o que se le ten que ser significativo. Procurarase que as experiencias lectoras sexan lúdicas, intencionais, creativas respectuosas cos intereses madurativos e a evolución persoal de cada lector. Programación das actividades previstas: - Habilitación dunha biblioteca de aula: Decorar e ambientar un lugar acolledor na clase: librería, caixas de cartón forradas e decoradas polos propios alumnos... É importantísimo que a biblioteca de aula conte cunha boa selección de libros. Deben ser libros atractivos, seleccionados baixo algún criterio e non comprados ao azar. A mestra/s debe transmitir emoción a través da súa lectura e os cativos deben percibilo. - ¡ Cóntanos un conto!: Son os propios alumnos os que fan de contacontos . Cada neno/a selecciona un conto que leva para ler na casa. Ao día seguinte ou ó outro dedicamos un anaco de tempo a escoitar a narración dos mesmos. (O número reducido de alumnos permite que todos poidan contalo) - Preguntas arredor do libro: Plantexamos unha serie de Preguntas aos alumnos e fixemos murais coas súas respostas. Servirannos para decorar e
  • 16. ambientar a biblioteca de aula e para ver que ideas teñen os cativos/as dos libros e para facelos reflexionar. -Contos arredor das festas populares: Trátase dunha selección de contos, lendas e ditos populares que nos recordan o cambio de estación ou celebracións singulares: O magosto, o Nadal, o entroido e as Letras Galegas. - Teatro: Coincidindo coa festividade do Nadal trataremos deteatralizar contos, lendas e poesias. - O Cómic: Aproveitando que este medio de comunicación escrita atrae, en xeral, aos cativo queremos presentar outras formas de comunicación e expresión diferentes do conto, do relato. - Creación de libros colectivos: Inventaremos e crearemos historias a partir dalgún tema ou exposición traballados na clase. - Lectura comprensiva. Debe estar presente no traballo cotiá da clase e en todas as materias. - Xogos de películas: introduciremos a mímica para realizar esta actividade. - A poesía. Acercarémonos a poesía desde a lectura de poemas, desde a escritura que os propios alumnos/as realizaran a partir de actividades como: completar estructuras ou poemas, construír poemas moi sinxelos a partir dos títulos dos contos, a partir de respostas a preguntas etc., e desde a expresión oral recitando os seus propios poemas. - Que é para ti un libro?: reflexionaremos sobre a importancia do libros dende distintos puntos de visto(ludico-creativo, formacion, crecimento persoal,….. Dende a área de E.F. en Primaria estimularemos o achegamento á área de E.F. a través dos libros. Algunhas estratexias básicas para isto: - Busca na biblioteca de libros coa temática de E.F.
  • 17. - Elaboración dunha lista de libros que se poderían adquirir para adquirir novos fondos, adaptados a cada nivel. - Traballo na aula de E.F. con libros. Nos circuítos poñer unha estación con libros sobre o tema a traballar. - Presentación e Recomendación relacionados coas Unidades Didácticas a desenvolver. - Realización de traballos complementarios guiados con material bibliográfico da biblioteca: libros buscas en internet.... - Colaboración co equipo de Biblioteca nas actividades e propostas programadas. - Colaboración cos pais para traer material relacionado... Departamento de Lingua Estranxeira- Inglés Na asignatura de inglés a lectura é unha das bases para a aprendizaxe da lingua e para a formación dos/as alumnos/as. Esto é levado a cabo do seguinte xeito: • Adicación dun tempo diario á lectura, parte fundamental dos libros de texto empregados en cada curso de ESO. • Uso de distintos tipos de texto que contribúen á formación da lectura comprensiva, non sen esquecer o traballo progresivo e continuado: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos, etc. • Uso de distintos soportes: impreso e electrónico. • Asistencia á biblioteca para traballar cos libros de lectura e revistas en inglés que se atopan alí e así favorecer o desenvolvemente dunha actitude positiva cara a lectura. • Asistencia á biblioteca para coller libros cos que poder traballar na casa, facilitando o funcionamento deste espazo como factor de compensación social e realizando un seguemento destas lecturas mediante fichas de traballo. • Utilización de lecturas de carácter obrigatorio en tódolos grupos e niveis, cuxo seguemento é levado a cabo a través de fichas de traballo e controles de lectura.
  • 18. • Promoción da lectura mediante a proxección de filmes baseados no argumento de obras lidas. As devanditas actividades serán sometidas a un minucioso seguimento e será avaliadas de maneira continuada, observando os índices de lectura e a capacidade do alumnado para avanzar na súa competencia literaria e para enfrontarse a textos cada vez máis complexos. Avaliarase asimesmo a actitude do alumnado diante da lectura como medio para a aprendizaxe, fonte de pracer e recurso para o desenvolvemento persoal. Departamento de Lingua e Literatura Castelá A lectura é unha das bases da formación íntegra do alumnado polo que trataremos de traballar este aspecto na aula tentando despertar ou afianzar nos alumnos o gusto pola lectura como fonte de coñecementos e de placer. Dende a área de Lingua e Literatura faranse diversas actividades para fomentar o hábito lector dos alumnos. Traballaremos ao longo do curso textos de autores pertencentes aos diferentes períodos literarios sempre adaptados a idade do alumnado. Recoñecerán os rasgos e as características tanto da obra á que pertencen como as do autor. En todos os cursos da E.S.O lerán obrigatoriamente e como mínimo un libro cada trimestre. Na primeira avaliación será o profesor o que decida cal vai ser ese libro. Unha vez feita a lectura os nenos/as deberán elaborar traballos onde expresarán a súa opinión e comentarán diferentes aspectos da obra (tema , datos do autor, resumo da obra...) Ademais tamén haberá posibilidade de facer unha proba (oral ou escrita). Nos primeiros cursos (primeiro e segundo principalmente) tentaremos ler na aula. Despois de traballar estas lecturas facendo os talleres literarios xa mencionados nos meses restantes serán os propios alumnos os que aconsellados polo profesor elexirán os libros de lectura. Faremos así uso dos fondos da biblioteca ou mesmo poderán traer o libro da súa casa creando unha biblioteca de aula. Desta maneira os alumnos irán achegándose ao tipo de literatura que lles gusta, xa que tendo en conta que o abano de posibilidades
  • 19. (temáticas, xéneros...) é moi amplo, será máis doado así que o alumno disfrute realmente coa lectura. Departamento de Lingua e Literatura Galega Dende o departamento de galego continuaremos: -Achegando o alumnado á Biblioteca do Centro e de aula para mergullarse “nese universo de saber e coñecemento” que agochan os libros. -Intentando formar lectores e lectoras competentes que gocen do pracer da lectura. -Ensinarlles que ler é un pracer que debe ser compartido coa música, cunha boa compañía... -Axudándolles a manexar distintas fontes informativas, en calquera soporte para o tratamento dos seus contidos. -Amosándolles que a Biblioteca é un lugar ao que poden e deben acudir porque descobre moitos “segredos”. -Animándoos a se escritores e escritoras con algunha obra impresa. Para conseguir isto empregaranse, cun enfoque funcional, as distintas tecnoloxías da comunicación e da información ao alcance do alumnado, para incidir en aspectos específicos destes soportes e linguaxes de cara a unha utilización eficaz, comprensiva e ética deles. A formación da lectura comprensiva esixe, pola súa vez, un traballo progresivo e continuado. Traballaranse con todo tipo de textos: literarios, expositivos, xornalísticos, publicitarios, gráficos; en soporte impreso ou electrónico. Incidirase na identificación da finalidade da lectura e na forma de axustar a lectura ao obxectivo en cada ocasión. Ensinaranse estratexias de comprensión lectora. Continuaremos compartindo cos alumnas e alumnos o pracer que produce a lectura. Así dedicaremos unha hora á semana en 1º de E.S.O.e no resto dos cursos centrámonos na lectura dun libro por avaliación , sen ter unha secuenciación fixa respecto á lectura na aula, sen deixar esta experiencia tan gratificadora que é ter un libro nas mans.
  • 20. Departamento de Matemáticas Neste ámbito, incluiráse a lectura de libros, dous ou máis en cada curso, con contidos matemáticos sinxelos, para afianzar tanto a comprensión oral e escrita como a expresión oral e escrita das matemáticas. 1º ESO Primeiro trimestre: “OJALÁ NO HUBIERA NÚMEROS” de Esteban Serrano Marugán Segundo trimestre: “EL ESCARABAJO DE ORO” de Edgar Allan Poe 2º ESO Primeiro trimestre: “MALDITAS MATEMÁTICAS” de Carlos Frabetti Segundo trimestre: “ERNESTO EL APRENDIZ DE MATEMAGO” de José Muñoz Santonja 3º ESO Primeiro trimestre: “PÓNGAME UN KILO DE MATEMÁTICAS” de Carlos Andrade y P. Baccalario Segundo trimestre: “EL PAÍS DE LAS MATES PARA NOVATOS” de L. C. Norman 4º ESO Primeiro trimestre: “EL ASESINATO DEL PROFESOR DE MATEMÁTICAS” de Jordi Siera i Fabra Segundo trimestre: “EL PAÍS DE LAS MATES PARA EXPERTOS” de L. C. Norman Destes libros, farase un control de lectura no seu momento. Departamento de Ciencias Sociais Ademais dos contidos expostos na presente programación didáctica: os alumnos baixo a dirección do profesor, realizarán diversos proxectos nunha hora semanal, axudándose de textos e fontes diversas, incluídas as TIC; concretamente, son os seguintes: • En 1º de ESO: Historia do mundo antigo. O profesor realizará unha escolla de textos coetáneos ou historiográficos sobre o asunto, que os alumnos deberán de ler e comprender para poder confrontalos entre sí antes de realizar unha síntese conclusiva. Iniciaráse tamén ó alumnado na busca de imaxes por internet para ilustrar os seus pequenos traballos ó respecto.
  • 21. • En 2º de ESO: As prácticas agrarias segundo as fontes históricas da idade media. Empregando algunhas das edicións e transcripcións de fontes históricas de época medieval que circulan ben impresas, ben na internet, os alumnos realizarán un pequeño traballo –non se pretende unha investigación rigorosa- sobre a agricultura na idade media. Evidentemente, vanse empregar fontes en galego ou castelán. Tamén se complementará a parte textual con imaxes procedentes de códices, edificios ou pinturas deses séculos. • En 3º de ESO: Os protocolos notaríais como fontes históricas. As alumnas a través fudamentalmente da páxina web do arquivo da catedral de Santiago construirán unha base de datos co programa ACCESS, coa que logo chegar a formular unhas pequenas conclusións. O estudo centrarase no século XVI e primeira metade do século XVII –é o corte cronolóxico da maioría dos protocolos dese arquivo- e nas trasaccións económicas, o que pproporcionará información sobre a ruralización da economía que se viviu en Galicia a partires da segunda metade do século XVI e tamén o proceso inflacionista que viviu a moeda na coroa de Castela nesas datas • En 4º de ESO: O priorato do Cebreiro ata a desamortización. Para realizar este traballo os alumnos acudirán á consulta de encabezados e libros de contas conservados no Arquivo Histórico Nacional e en parte accesibles por medio do portal pares.mcu.es. A análise deste material por medio de programas informáticos como o Excel ou o Access, debe levar ó alumnado, coa axuda do profesor, a elaborar unas conclusións sinxelas que os aproximen, por unha parte, ó traballo do historiador, e por outra, á captar a complexidade histórica do seu propio entorno, alén dos grandes circuitos políticos e económicos. - Os resultados destas pequenas investigacións e traballos serán dados a coñecer por medio de traballos e pequenas instalacións
  • 22. expositivas no interior do colexio, oou mesmo se lles procurará espazo dentro da revista anual do centro. - Dado que, están comprobadas as dificultades que teñen os alumnos e alumnas do centro na comprensión lectora, incidiráse de xeito especial neste aspecto ó longo de todo o curso. Consideramos que a lingua, e moi especialmente a súa vertente escrita, é un instrumento básico da nosa área. Polo tanto, haberá un reforzo especial na lectura, adicando un tempo dentro da aula a esta actividade, ben por medio dos diversos textos empregados nas actividades enriba sinaladas, ben por artigos de divulgación sobre aspectos do temario. Vanse empregar, en concreto, artígos sacados de revistas de divulgación histórica ou xeográfica especializada, como La aventura de la Historia, Historia-National Geographic, Historia de la Iberia Vieja, National Geographic, Historia16... - Ademais, pola súa conta os alumnos –a excepción dos de primeiro- deberán ler un libro por trimestre que sirva para situalos en diferentes ámbitos cronolóxicos ou xeográficos e poidan así, a través da lectura, percibir a complexidade das sociedades humanas, e a súa diversidade no tempo e no espazo. - Os libros serán os seguintes: 1º ESO 1º Avaliación J. VERNE, A volta ó mundo en oitenta días 2ª avaliación A. FERNÁNDEZ PAZ, As flores radioactivas 3ª avaliación FEDRO, Fábulas. 2º ESO 1ª avaliación C. LÓPEZ NARVÁEZ, Endrina e o segredo do peregrino. 2ª avaliación A. PÉREZ REVERTE, El capitán Alatriste. 3ª avaliación D. X. CABANA, As aventuras de Breogán Folgueira 3º ESO 1ª avaliación LOPE DE VEGA, Fuenteovejuna. 2ª avaliación E. SALGARI, O corsario negro 3º avaliación X. NEIRA VILAS, Memorias dun neno
  • 23. labrego 4º ESO 1ª avaliación R. L. STEVENSON, As aventuras de David Balfour 2ª avaliación A. DUMAS, O conde de Montecristo 3ª avaliación M. A. MURADO, Ruído. Relatos de guerra. -Ademáis destes libros incentivaráse a lectura ofrecendo ó alumnado a posibilidade de realizar lecturas voluntarias doutros títulos que servan para redondear as cualifiacións de cada avaliación. O alumno deberá presentar ó profesor, como testemuño da actividade lectora, unha ficha sobre o libro lido. Departamento de tecnoloxía e Plástica No traballo de cada unidade didáctica incluírase a lectura de textos científicos (periódicos, revistas de divulgación científica, textos científicos adaptados, ...) que axuden ao alumnado a alcanzar unha competencia lectora. A comprensión lectora é un dos aspectos incluídos nos procedementos e instrumentos de avaliación. Tamén se realiza en 1º ESO unha actividade correspondente a “Unidade 9. Aprecia a arte”, na cal os alumnos, xunto ca profesora da materia teñen que investigar en unha serie de libros de arte, previamente escollidos pola profesora, sobre os principais movementos artísticos da historia, facendo unha análise destas obras de arte, especialmente da pintura e mostrando especial atención os movementos artísticos do século XX. Os alumnos estudiarán as intencións expresivas de cada un dos principias estilos artísticos da pintura na historia para facer despois, na aula, reinterpretacións dalgunhas obras plásticas sinxelas utilizando técnicas como témperas ou colaxe. En 3º ESO faise unha actividade na biblioteca que consiste en analizar as portadas dunha serie de libros de tipo xuvenil.
  • 24. Departamento de Francés Dende a segunda lingua estranxeira, foméntase a lectuar en tódolos cursos e a tódolos niveis. Ademais dos libros de lectura que deben ler os rapaces e rapazas (libros cortiños e con temas relacionados cos seus intereses), lense temas máis comprometidos ou de actualidad. As biografías de artistas franceses que eles coñecen, tamén forman parte deste proxecto integrador da lectura. Departamento de Ciencias Naturais Dende as materias do departamento (Ciencias Naturais, Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía) contribuiremos ao fomento da lectura articulando momentos no aula nos que o alumnado teña que facer lectura en voz alta de partes do libro de texto, indagando sobre o grado de comprensión acadado e axudando a que este sexa correcto. Departamento de Tecnoloxía, Plástica e Informática No traballo de cada unidade didáctica en Tecnoloxía e Informática incluírase a lectura de textos científicos (periódicos, revistas de divulgación científica, textos científicos adaptados, ...) que axuden ao alumnado a alcanzar unha competencia lectora tanto en inglés coma en castelán. A comprensión lectora é un dos aspectos incluídos nos procedementos e instrumentos de avaliación. A Educación Plástica tentará contribuir a enriquecer a capacidade comunicativa e o vocabulario dos alumnos, a consolidación do hábito de lectura, o desenvolvemento de actitudes favorables á lectura mediante a creación de ambientes lectores, levando a cabo a integración das fontes informativas, en calquera soporte (impreso ou electrónico) para tratar os contidos curriculares, adicando cada trimestre un tempo a leer libros, revistas e calquera tipo de publicación relacionada coa asinatura de plástica e visual e que poida enriquecer o coñecemento do alumnado.
  • 25. Departamento de Relixión Os alumnos de 1º a 4º da ESO, levaran a cabo múltiples lecturas curtas do pasaxes seleccionados da Biblia e dos evanxeos,co obxeto de facer reflexions o nivel individual e grupal.Tamen traerase a clase textos o relatos do libros, periódicos e revistas que ilustren e amplíen o tema tratado na clase. E o libro do curso, ofrece tamen a os alumnos a posibilidade de facer lecturas adicionais xa que o remate da cada unidade, anexase información e documentos extras pra ampliar o tema. 4.2. Outras actuacións de carácter xeral e de dinamización do uso da biblioteca: - Libro viaxeiro. - Impulsar conmemoracións: día do libro e importancia do mesmo, día dos paxariños,... - Recitado de poemas. - Revista do centro. - Propor un método de lectoescritura común para todo o centro e que abarque a todos os niveis. - Formular a necesidade de levar a cabo medidas comúns, respecto ás posibles dificultades lectoescritoras, que posibiliten que todos os profesores teñan que atender os posibles problemas derivados do dominio destes procesos. - Elaboración de marcapáxinas. - Traballo coa prensa (partes dos xornáis, as noticias…). - Clubs lectores. - Recomendamos un libro. - Creación de libros por parte do propio alumnado como “O noso libro de poemas”, “As nosas receitas”, etc. - colaborar coa revista do centro escribindo noticias sobre feitos tanto da vida escolar como saídas, datas conmemorativas,… o que aporta un valor engadido moi gratificante ao traballo realizado. - Elaboración de materiais facendo uso das TIC como Stop Motion sobre lecturas realizadas.
  • 26. - Dende o Departamento de orientación asesorar e coordinar actuacións relacionadas coa velocidade lectora , (por exemplo actividades con gráficas de retroalimentación) e a comprensión de textos (por exemplo, esquemas e resumos). As horas de titoría poden ofrecer momentos para desenvolvelas. - Sesión adentrémonos na biblioteca: • Activación de coñecementos previos (normas): cousas ben (tarxeta verde), cousas mal (tarxeta vermella). • Que hai nunha biblioteca: libros de ocio, diccionarios, DVD, CD de música, ordenadores… • Partes dun libro (índice, glosario, bibliografía…). • Qué é: hemeroteca, ludoteca… • Como buscar información en diccionarios e libros (aspectos a analizar). • Como manexarse na biblioteca (CDU, Meiga…) • Que fai a bibliotecaria. • Xogo de búsqueda de duendes escondidos en libros a través de pistas que teñen que ver coa información proporcionada previamente. - Recopilación de refráns. - Libro de lendas populares de Pedradita. - Semana da Biblioteca con pega de carteis no centro. Ao longo da semana pode vir xornalista ou escritor, contacontos, libro-forum, xogo do 123… - Descubrimos un tesouro. Ao longo dunha semana con pistas polo centro. É unha actividade de achegamento á biblioteca coa fin de que poidan percibila como un lugar lúdico. As pistas poderían ser: “Se o tesouro queres atopar, ao longo do día de hoxe no chan deberás de reparar”. No chan aparecen pisadas. Iso farase ao longo dunha semana, ata que ao final son conducidos á biblioteca, onde atopan un cofre cunha carta e un vale para cambiar por un lote de libros. - Actividades que favorezan o intercambio de opinións e recomendacións entre iguais, xa que o compoñente emocional e xeracional da lectura por pracer fai resulten moi atractivas ditas recomendacións.
  • 27. - Recomendacións de lectura, feitas polo propio alumnado sobre libros lidos ou polo persoal encargado da biblioteca, ben con carteis polo centro, elaboración de marcapáxinas, boletíns semestrais, páxina web,… estas recomendacións tamén se poden asociar a unha temática puntual como o día da Paz, o día da Muller,… - Mascota da biblioteca (animaliño cun nome, que nos irá recomendando libros ao para os distintos ciclos ou etapas, de forma mensual). - Visitas a outras bibliotecas para coñecer como funcionan e iniciativas diferentes relacionadas co fomento da lectura. 5. ESTRATEXIAS METODOLÓXICAS • Facer que a biblioteca do centro e, nos casos onde existen, as de aula sexan un espazo de cooperación e de intercambio, de contraste de puntos de vista e de axuda no traballo, tanto para alumnado como para profesorado. • Convertir a biblioteca en espazo de lecer traballando a lectura en diferentes formatos. • Facilitar a participación do alumnado na selección de lecturas, clasificación, préstamo, conservación e planificación de actividades. • En canto á lectura para comprender os procedementos serán diversos: Lecturas individuais tanto na clase como na casa. Lectura en voz alta de texto no centro. Elaboración de esquemas e resumos identificando previamente as ideas principais e secundarias. Diferenciación de información e opinión. Ampliación da información da clase a través de traballos que impliquen búsquedas en material bibliográfico, prensa, Internet,… e presentación destes en diferentes soportes. Uso da prensa incoporando noticias de actualidade relacionadas con cada área. Uso da biblioteca como un lugar máis de aprendizaxe, impartindo nela algunha sesión de clase.
  • 28. • Evitar que a lectura sea un castigo por mal comportamento. • Na lectura para o disfrute non se pedirán traballos sobre as obras e o profesorado fará recomendacións dende todas as áreas de lecturas non obrigatorias. • Establecemento dun tempo semanal para a lectura individual dentro do horario semanal de cada grupo. Dentro das programacións de cada ano especificarase o modo de organizar este tempo en cada nivel, ciclo e/ou etapa. Debe organizarse de forma sinxela utilizando moitos e variados textos que, na medida do posible, poden ser consultables tanto en formato papel como en formato dixital. Poderá realizarse de forma individual ou colectiva, en silencio ou en voz alta, según o considere o/a docente. • Aproveitamento de situacións reais da vida para a lectura, de forma que aprendan e experimenten a súa utilidade: instruccións para a montaxe de obxectos, xoguetes, …; receitas para elaborar comidas, etc. • Uso dos recursos que ofrece Internet e as TIC para motivar, buscar información, ver películas subtituladas, etc. • Promoción do uso da biblioteca nas gardas nas que falta algún profesor/a, sempre que non teñan actividades específicas. 6.- RECURSOS O centro conta coa biblioteca que está organizada do seguinte xeito: - O material impreso está clasificado atendendo a diferentes criterios: á idade do alumnado e ás distintas etapas de educación infantil, primaria e ESO; así como por temáticas. Os criterios son fácilmente identificables polo alumnado ao aparecer marcados con distintos carteis e distintas cores. - Material dixital: DVDs e CDs e películas de vídeo, de modo que o alumnado ten acceso a películas adaptadas á idade como a distintos tipos de música. Contamos cun proxector para o visionado de películas na propia biblioteca.
  • 29. - A biblioteca está dotada de 5 ordenadores: 4 a disposición do alumnado e con acceso á Internet e 1 para uso do profesorado. - Os usuarios da biblioteca dispoñen de recunchos e mobiliario adaptado ás diferentes idades. Actualmente o sistema de préstamos faise de forma manual, á espera de que se restableza o proxecto Meiga. De formas non todos os libros están incorporados á base de datos do proxecto Meiga, sendo tarefa do profesor encargado da biblioteca a actualización e introdución dos mesmos. Existirá un responsable de bibliteca cunha dedicación horaria semanal axustada á necesidades do centro e a dispoñibilidade horario do mesmo en canto a profesorado. Procurarase que o/a encargado/a teña destino definitivo para favorecer a continuidade no desenvolvemento das liñas de actuación do Plan Lector. Na medida do posible o profesorado colaborará nas súas horas sen docencia directa nos grupos o usen garda por ausencia de profesorado. Polas características do centro e da dotación de persoal docente, as horas disponibles son escasas, tanto para colaborar como para coordinarse co responsable de biblioteca xa que o cadro de persoal non permite nin ter cubertas todas as gardas de clase. O horario de apertura da biblioteca será o tempo de lecer da mañá do alumnado, que no caso de Primaria é de 12:30 a 13:00 horas e en ESO de 13:00 a 13:20 agás os luns que en ambos casos é de 12:10 a 12:30 horas. Haberá un profesor/a da etapa correspondente para a atención da biblioteca e do alumnado que queira facer uso dela. 7.- AVALIACIÓN 7.1 INICIAL Periodicamente para adaptar os plans anuais de fomento da lectura realizaranse enquisas sobre hábitos de lectura tanto ao alumnado como ás familias.
  • 30. 7.2 FORMATIVA Trimestralmente teranse en conta os seguintes aspectos: - aumento do número de lectores. - mellora do nivel lector - mellora da capacidade crítica á hora de elexir un libro - adecuación dos libros ás diferentes idades. - valoración dos usuarios dos cambios que se vaian realizando na biblioteca. 7.3 FINAL - A través da memoria do plans de lectura anuais que formará parte da Memoria Anual do centro que se envía a Inspección. - A través de indicadores que avalíen o grao de cumplimento dos obxectivos propostos para os Plans Anuais de Lectura.