Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Memoria

1,148 views

Published on

Memoria de actividades da Biblioteca do IES de Ames

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Memoria

  1. 1. Curso 2012-2013 MEMORIA DE ACTIVIDADES BIBLIOTECA ESCOLAR CARLOS NIETO DO IES DE AMES
  2. 2. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 1 Esta memoria acompañase dun CD-ROM coa versión dixital da mesma (PDF e .docx) así coma os materias complementarios.
  3. 3. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 2 ÍNDICE: INTRODUCIÓN INTERVENCIÓNS E MELLORAS NA BIBLIOTECA DO CENTRO O fondo documental As novas tecnoloxías O espazo físico FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA DO CENTRO Xestión técnica da biblioteca O servizo de empréstito Horario de apertura e organización do profesorado ACTIVIDADES 1- Formación de usuarios 2- Educación documental 3- Actividades de creación literaria e artística 4- Difusión do libro e fomento da lectura 5- A biblioteca e a prensa 6- A biblioteca e o cine 7- Atención á diversidade OS GRANDES PROXECTOS ANUAIS 1- CICLO DE CHARLAS “A VOLTAS CO CORPO” 2- CON A DE AMES, CON A DE ASTRONOMÍA, CON A DE ÁGORA 3- O MUSICAL “O ESLABÓN PERDIDO” 4- CONTRATO-PROGRAMA: UNHA OLLADA AOS CLÁSICOS 5- A PREHISTORIA: OS PETROGLIFOS DE AMES. O PROXECTO LECTOR IMPLICACIÓN DO CENTRO ACTIVIDADES DE FORMACIÓN PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN. GRAO DE CUMPRIMENTO DOS OBXECTIVOS PROPOSTOS. PREVISIÓNS DE FUTURO.
  4. 4. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 3 INTRODUCCIÓN As liñas de actuación da Biblioteca do IES de Ames perseguen dous obxectivos fundamentais: - A Aplicación e desenvolvemento do Proxecto lector en todas as materias e niveis, facilitando materiais, propoñendo actividades, informando das novidades de interese, tentando solucionar as dificultades… Seguimos promovendo e participando en diferentes proxectos interdisciplinares, que permitiron a participación de todo o profesorado e todas as materias que quixeron, e facilitaron a consecución dos obxectivos dos plans lectores dos departamentos. - Dinamización da Biblioteca: consolidar a Biblioteca como espazo de traballo e lecer. A Biblioteca segue a ser un dos espazos fundamentais do centro, tanto para estudar como para ler por pracer ou consultar internet. INTERVENCIÓNS E MELLORAS NA BIBLIOTECA DO CENTRO O fondo documental 1- Criterios de compra de fondos Seguimos cos criterios que tiñamos xa en cursos pasados para xestionar as compras para a ampliación do fondo documental: - A aplicación do Proxecto Lector en todas as materias e niveis. Os departamentos fixéronnos chegar as súas peticións e tentamos cubrilas. - A compra de exemplares suficientes dos libros de lectura obrigatoria ou dos libros recomendados para compensar as desigualdades sociais. - Os proxectos “A voltas co corpo”, o “Proxecto Ágora”, a “Biblioteca solidaria”, o Musical tamén se favoreceron con achegas de materiais. Por exemplo, para o proxecto de Prehistoria mercouse Atapuerca y la Evolución Humana, para o de astronomía Atlas del Espacio, de SM; O vizconde demediado, ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? para A voltas co corpo...La ratonera, Romeo y Julieta compras para o proxecto lector de Lingua Castelá; a película En el nombre del padre formou parte da exposición Cine e Historia - Peticións dos alumnos ou profesores: Dispoñen dunhas fichas para solicitar os libros que lles apetece ler e non temos na biblioteca, ou libros que lles gustaran e consideraban que poderían gustar os seus compañeiros. Tamén os pais poden suxerir compras vía e-mail.
  5. 5. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 4 A proposta dos alumnos compráronse bastantes libros. Algúns libros de fantasía, que parece ser que están moi de moda agora. Así, recomendaron Los juegos del hambre, Death Note entre outros. Os profes recomendaron comprar Neurociencia para Julia, Balzac y la joven costurera china… - Subscrición a varias revistas a petición de alumnos e profesores. Falarei delas no apartado de a biblioteca e a prensa. 2- Catálogo de fondos As achegas aportadas polo PLAMBE e a axuda para a formación dos Club de Lectores supuxeron un importante pulo a prol da renovación deste fondo, coa incorporación de 540 novos rexistros, catalogados na súa totalidade ao longo do curso. A biblioteca conta a 31 de Maio de 2013 cun fondo de 13.725 rexistros, constituídos maioritariamente por materiais bibliográficos, pero tamén cunha destacada presenza de soportes audiovisuais e multimedia: Nº de rexistros bibliográficos 13.725 Nº volumes 14.658 Libros 11.786 Música impresa 1 Mapas impresos 11 Audiovisuais 1.435 Gravación de son non musical 7 Música 265 Debuxos, fotos 4 Arquivos ordenador 148 Estuche, Kit 9 Material mixto 12 Xogos, puzles 2 Artigos 3 Prensa, revistas 42 Ligazóns Web 89 Nº de títulos 20.568 Nº de autores 12.849 Nº de CDU 15.840 Nº de series 9.860 Nº de materias 17.546 Nº de editoriais 1.741 Nº de lectores 1.692 Data última actualización 31/05/2013 14:07:42 A totalidade dos fondos atópanse catalogados e a disposición da comunidade educativa. Todos os usuarios teñen a súa disposición en Internet o catálogo, a través da páxina web do Proxecto Meiga: http://www.opacmeiga.rbgalicia.org/Biblioteca.aspx?CodigoBiblioteca=CED004
  6. 6. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 5 O espazo físico Neste curso o espazo físico non experimentou cambios importantes. Portas de entrada á biblioteca Seguimos cunha zona de traballo compartido e unha zona de Hemeroteca para lectura de prensa y revistas Os “móbiles” que fixeron os alumnos en cursos anteriores sobre literatura de viaxes seguen a decorar a biblioteca: auténticas odiseas, viaxes en globo, o Nautilus, Gulliver e Don Quijote sobrevoan as nosas cabezas e invítannos a deixar voar a nosa imaxinación No Nadal tamén atopamos alumnos dispostos a adornar un dos seus espazos favoritos do centro e fixeron orixinais e vistosos árbores de Nadal con materiais de refugallo. Ligazón á galería: Ábores de Nadal
  7. 7. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 6 As novas tecnoloxías na biblioteca O único cambio feito neste apartado foi a incorporación dunha tablet. Necesitaríamos fondos para adquirir algún ordenador mais. Tivemos que dar de baixa tres das vellas computadoras da biblioteca e a Xunta aínda non mandou ordenadores de reposto. Tamén nos gustaría poder empregar libros en formato dixital (e-books) para sacar adiante un proxecto de lectura e traballo en investigación filosófica que temos intención de levar a cabo cando poidamos dispor de suficientes libros dixitais (e-readers) para repartir entre os rapaces. FUNCIONAMENTO DA BIBLIOTECA DO CENTRO Xestión técnica da Biblioteca Para a atención e xestión técnica da biblioteca contamos coa axuda dun técnico en biblioteconomía que se ocupa das tarefas de organización, rexistro e catalogación dos fondos. Ao mesmo tempo xestiona o servizo de empréstito e colabora en tarefas organizativas e de difusión de actividades. Neste apartado mencionar de xeito resumido as principais liñas de traballo emprendidas nos últimos cursos:  Utilización como ferramenta de xestión informatizada da biblioteca a aplicación da Consellería de Cultura “Proxecto Meiga” (comezamos empregando o Meiga 3 en 1998).  Implantación das categorías Meiga, empregadas polas bibliotecas públicas que forman parte desta plataforma, como complemento á CDU (Clasificación Decimal Universal) cara a construír un catálogo organizado por categorías que facilite aos usuarios a recuperación da información dun xeito máis sinxelo e atractivo.  Utilización sistemática de encabezamentos de materias para literatura infantil e xuvenil e tamén, na medida do posible, na literatura para adultos, tomando como referencia os criterios dunha biblioteca de referencia como é a da Fundación Germán Sánchez-Ruipérez de Salamanca.  Continua revisión dos encabezamentos de materias e autoridades para evitar duplicados e lograr maior coherencia nas procuras efectuadas a través do catálogo cando empregamos estes índices.  Incorporación sistemática do código de barras aos novos materiais catalogados (práctica emprendida hai varios anos) e tamén, no posible, ao resto do fondo dependendo das dispoñibilidades de tempo. Esta técnica permite xestionar o empréstito dun xeito moito máis eficaz.  Descrición bibliográfica mellorada nos materiais audiovisuais. Nas películas e documentais inclúese unha sinopse no apartado notas. Nos discos e cintas de audio faise unha descrición de contidos, con inclusión de títulos e artistas.  Progresiva renovación das etiquetas de sinaturas en mal estado de conservación.
  8. 8. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 7 O servizo de empréstito Funcionou do mesmo xeito que en anteriores anos, centralizándose nos recreos a principal demanda de libros para consultar fóra da sala. Un total de 108* rapaces e rapazas déronse de alta como socios ao longo do curso que remata. Do total de socios, 245* usuarios utilizaron o servizo con regularidade ao longo do ano académico (datos Proxecto Meiga). Os socios da biblioteca poden levar ata tres libros ou outros materiais durante quince días ampliables. Contabilizáronse 1215* empréstitos (un 120% máis que o curso pasado). Esta é a estatística de empréstitos:  Libros: 981*  Documentos sonoros: 4*  Documentos audiovisuais: 226*  Documentos electrónicos: 4* *Todos os datos estatísticos a data 31/05/2013 Os carnés de lector incorporan un código de barras, que é xerado polo propio programa de xestión bibliográfica e posteriormente incorporado á tarxeta de lector/ra. Combinado cos códigos que sistematicamente se incorporan aos materiais catalogados, podemos xestionar o empréstito automaticamente mediante un escáner, reducindo os tempos de espera dos usuarios ou facilitando o auto empréstito por parte dos socios da biblioteca. Horario de apertura. Organización do profesorado. O equipo directivo do centro, á hora de elaborar os horarios ao principio de curso tivo en conta dous circunstancias no que se refire a biblioteca: 1) Que a biblioteca estivese aberta case o 100% da xornada lectiva. Non foi posible mantela aberta a primeira hora da mañá. A última hora da mañá está aberta porque temos un bibliotecario pero non profesor asignado 2) Que estivesen representados todos os departamentos posibles no reparto de horas de biblioteca. É algo fundamental á hora de programar actividades e buscar materiais para sacar adiante o plan lector. Deste xeito hai que salientar que moitos tiñan polo menos unha hora de traballo na biblioteca, incluído o departamento de Normalización. De todas maneiras notouse moito este curso a falta de profesorado e o aumento de horas de docencia aos profesores. Materias como Física e química ou Educación Física quedaron sen horas de biblioteca. Isto redundou en prexuízo á hora de participar nos proxectos interdisciplinares e no desenvolvemento do Plan Lector. A hora de asignar as horas de garda de biblioteca concedéronse a aqueles profesores que ían coordinar ou participar de maneira moi activa nos proxectos interdisciplinarios. 3) Polo motivo dos recortes de profesorado, non se me puideron conceder tantas gardas de biblioteca conxuntas cos profesores cos que ía colaborar dunha maneira máis estreita. Este ano foi moito mais difícil sacar adiante os proxectos integrados.
  9. 9. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 8 Eu, como responsable do equipo de biblioteca, tiña tres horas semanais de dedicación a biblioteca, e seis recreos para a atención de alumnos. Teño que salientar que a actitude do equipo directivo á hora de facer uns horarios que favorezan a aplicación do Planbe e o desenvolvemento dos Proxectos integrados e do Plan Lector foi fundamental para o éxito dos mesmos e dos resultados acadados. Pero co aumento de horas de clase e o recorte do profesorado cada vez e mais difícil atopar tempo e persoal co que poder sacar adiante proxectos que vaian máis alá de impartir na aula o currículo de materia. ACTIVIDADES As actividades programadas e outras que foron xurdindo ao longo do curso, pretendían dinamizar os recursos de que dispón a biblioteca pero sobre todo apoiar e facilitar a consecución dos obxectivos contemplados no plan lector. Tentamos traballar nos seguintes aspectos: 1- Actividades destinadas a formación de usuarios da biblioteca 2- Educación documental: adquisición de habilidades para o acceso á información e o seu tratamento. 3- Actividades de creación literaria (e artística) 4- Actividades de fomento da lectura para aprender e de lecer. 1- Formación de usuarios -Entrega dunha guía informativa.doc (ligazón) sobre os servizos e funcionamento da Biblioteca, destinada aos profesores do centro e persoal non docente. Esta guía entrégase ao comezo de cada ano escolar a cada profesor. A partir do próximo curso entregaremos tamén un plano (seguinte páxina) da biblioteca elaborado por unha alumna de 4º de Diversificación no que se reflicte a distribución dos materiais e espazos na biblioteca. - Información aos titores: A principios de curso entregouse información exhaustiva sobre a biblioteca e as súas actividades a todos os titores para que a comentasen e colocasen nos taboleiros nas aulas. Cada vez que se organizaba algunha actividade entregabamos a información ós titores e enviabámola por e- mail ás familias. -Visitas guiadas á Biblioteca de todos os alumnos/as novos/as do centro. Co inicio do ano escolar, os grupos de 1º da ESO visitaron cos seus titores a biblioteca do centro. Ensinouse aos visitantes como acceder aos recursos e servizos da biblioteca.
  10. 10. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 9 Plano da biblioteca realizado pola alumna Melinda Botana:
  11. 11. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 10 -Formación de usuarios nos métodos de organización e xestión documental na biblioteca. Diversos grupos asistiron a sesións teóricas e prácticas para coñecer a organización e xestión do fondo documental da biblioteca. A idea fundamental foi dar a coñecer a organización da biblioteca, os métodos de rexistro e catalogación, o uso da CDU e dos centros de interese, a recuperación da información a través dos catálogos on-line e a elaboración de fichas bibliográficas de libros. O fin, converter aos nenos e nenas en usuarios autosuficientes, capaces de acceder a información sen intermediarios. -Visitas á Biblioteca de todos os grupos ou profesores que o solicitaron. Algúns profesores, sobre todo no primeiro trimestre, acompañaron aos seus alumnos á biblioteca para ensinarlles en que seccións estaban os libros que máis poderían interesarlles, os que máis ían manexar para esa materia… Era unha das actividades recollidas no Plan Lector do centro e temos que conseguir que a fagan todos os profesores. Como exemplo práctico do útil e produtivo que pode resultar esta actividade, presento algúns dos traballos ou actividades que fixeron algúns dos departamentos 2- Educación documental -Sesións prácticas de procura de recursos didácticos empregando as fontes informativas dispoñibles na biblioteca, tanto bibliográficas como dixitais. Elaboración de traballos de investigación utilizando diferentes fontes informativas e presentación dos traballos en diferentes soportes. Todos os departamentos nos seu plans lectores debían recoller proxectos de traballo deste tipo. Unha parte importante dos traballos elaborados polos alumnos vai quedar na biblioteca como fondos documentais pola súa utilidade para outros anos e pola súa valía e tamén os mellores dos que se presentan en formato dixital estarán na rede. - A profesora Eva Garea elaborou unha presentación para que sirva de guía aos profesores sobre como facer un traballos de investigación cos rapaces. http://iesdeames.blogspot.com.es/2012/12/os-traballos-de-investigacion-guia-para.html Tamén elaborou un powerpoint para profesores e rapaces sobre como facer un póster de investigación (ligazón coa presentación) - Dende a Biblioteca se insistiu a todos os profesores en establecer uns criterios unitarios na correcta presentación das libretas traballos, tanto persoais como para entregar: marxes, boa letra, ler os enunciados, coidado na ortografía. Elaborouse unha guía para todo o centro e moitos profesores fixemos que os rapaces as copiasen na primeira folla de cada libreta. Ligazón coas normas de presentación (PDF)
  12. 12. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 11 Menciono algún dos traballos que se fixeron como exemplo, a maioría forman parte dos Proxectos lectores dos departamentos. Outros quedan recollidos dentro dos Proxectos interdisciplinares dos que falarei mais adiante. Para LINGUA E LITERATURA CASTELÁ os alumnos de 2º Bac fixeron traballos de investigación sobre O Ciclo Artúrico, sobre as Novelas de Aprendizaxe, sobre a literatura ambientada na Edad Media… Ligazón con novelas de aprendizaje (Presentación) FILOSOFÍA: Realización de traballos de investigación sobre a pena de morte, sobre a Epistemoloxía dos medios de comunicación, sobre o amor na Triloxía Matrix, e Os Petroglifos de Ames. E facer mención de que no Certame Naciional de Xoves Investigadores, convocado polo CSIC, foron seleccionados dous traballos dos realizados no curso anterior, do IES de Ames, os únicos que representaron a Galicia no Congreso que se celebrou en Málaga do 1 ao 5 de outubro. Modelos de Profeso ou profesores modelo? das alumnas de antropoloxía(obtivo un merecido 2º premio) e Os dereitos de autor no ámbito escolar. Guía de traballo e estudio xurídico dun caso. de Andrea Meléndez e Rosalía Seijas. Pero aínda hai mais, tamén foron o 4ª premio en humanidades no Premio Nacional SanViator. Ligazóns cos documentos en PDF: Traballo 1 Traballo 2 Traballo 3 Traballo 4 FILOSOFÍA- EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA: Realización do traballo de composición: “O home no seu territorio”, no que se trata de estudar unha etnia concreta, entre as propostas, coidando as diversas fases de realización do traballo. Recóllese toda a información relativa ao proxecto no apdo de “A voltas co corpo” INGLÉS: Coincidindo co día mundial da alimentación, os alumnos de 3º ESO prepararon proxectos sobre distintos pratos británicos. A maioría dos proxectos realizáronse por medio dunha presentación powerpoint. Ligazóns cos powerpoint: Presentación 1 Presentación 2 Presentación 3 Os alumnos de 3º tamén realizaron traballos sobre lugares patrimonio da humanidade de países de fala inglesa. Ditos traballos fixéronse con presentación powerpoint. Ligazóns cos powerpoint: Presentación 1 Presentación 2 Presentación 3 CIENCIAS SOCIAIS 1º ESO:  Algúns grupos de alumnos de 1º de ESO investigaron a maneira de representar o corpo nos períodos da Historia que estaban a estudar na materia. Recollo a información no apdo. correspondente do Proxecto Integrado “A voltas co corpo”  Os alumnos que visitaron Atapuerca, están a elaborar coa información alí obtida e coa axuda dos materiais bibliográficos que mercamos para incorporar á biblioteca do centro, un libro “pop-up” que engadiremos a exposición de finais de curso do proxecto integrado de “A Prehistoria”. Recollo a información no apdo. correspondente do Proxecto Integrado “A Prehistoria”
  13. 13. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 12 CIENCIAS SOCIAIS 1º ESO: O parafuso de Arquímedes Os alumnos de 1º de ESO investigaron sobre a figura de Arquímedes e os seus inventos e algún atreveuse a construír un estupendo Parafuso de Arquímedes que, de momento e o monumento estrela da biblioteca. Ligazón co vídeo sobre a actividade (en formato .mov de Quick Time) HISTORIA E CULTURA DAS RELIXIÓNS: Os profesores que impartimos esta materia nos distintos grupos 1º de ESO puxémonos de acordo para traballar na Biblioteca e na Aula de Plástica e promover entre o alumnado a realización de diversos traballos de investigación sobre crenzas, lendas e mitos. Este alumnado ten moito interese, no solo no propio traballo de recollida de información e datos, senón tamén na presentación do resultado das súas investigacións. Foron elaborando ao longo do curso diferentes traballos que reflectiron de formas moi variadas e orixinais: powerpoints, traballos manuais, carteis, murais… Relixiosidade na Prehistoria: Investigaron sobre os tótems e os petróglifos. Estas son algunhas mostras dos traballos feitos por eles: Ligazón coa galería de imaxes Os traballos de investigación, a recollida e análise da bibliografía etc forman parte do proxecto integrado sobre A Prehistoria do que falarei mais adiante. Relixiosidade nas civilizacións antigas: Investigaron sobre Exipto, Grecia, Roma e fixeron murais e powerpoints. Relixións no mundo: Xudaísmo, Islam, Hinduismo… Relixiosidade en México Ligazón co documento (Presentación) LINGUA E LITERATURA CASTELÁ. Os alumnos de 1º de ESO realizaron un traballo de investigación a longo de varios meses sobre os xéneros narrativos. Ao final tiveron que presentar a información obtida en formato de powerpoint. Fixeron auténticas marabillas, tanto na presentación como nos contidos expostos. Ligazóns cos traballos: Traballo 1 Traballo 2 Traballo 3 Traballo 4
  14. 14. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 13 MATEMÁTICAS. Os alumnos de 4º de ESO realizaron traballos de investigación co obxectivo de “poñerlle rostro” as Matemáticas. Ao final tiveron que presentar a información obtida en formato de video e presentalos aos seus compañeiros na clase. Video 1 Video 2 Video 3 Video 4 Video 5 Video 6 Video 7 BIOLOXÍA E XEOLOXÍA. Os alumnos de 3º e 4º de ESO levaron a cabo diversos traballos de investigación sobre diferentes temas: nutrición e alimentación, xeomorfoloxía… Gran parte dos traballos de investigación que están a facer os alumnos neste curso fannos tamén no marco dos proxectos integrados dos que falarei mais adiante. Aparecen recollidos alí 3- Actividades de creación literaria e artística Temos que engadir o de artística porque, como veredes polos exemplos prácticos, transcenden a mera busca de información. Todas estas actividades forman parte dos proxectos integrados dos que falarei mais adiante, así que menciono so algúns. Algunhas destas actividades planeáronse en forma de concurso na propia aula e presentaranse tamén a concursos fóra do centro. Moitos dos materiais producidos formarán parte dos fondos documentais ou artísticos do centro. LIÁMOLA, , unha exposición de esculturas feitas con arames dos alumnos de 4º de ESO, pensada para ver de preto, dende distintos puntos de vista e fixándose moito nos títulos postos aos traballos: Dualidade eterna, encantados no xardín, naturez e liberdade, eu lío ti lías…. Unha vez mais, a forza da palabra dando valor e múltiples significados ás imaxes. Ligazón coa galería de imaxes CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Convocado pola Biblioteca no marco do proxecto “A voltas co corpo”. Neste apartado atoparase toda a información relativa ao concurso. Poden verse todas as fotos no seguinte enlace: https://www.facebook.com/IES.AMES
  15. 15. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 14 LINGUA E LITERATURA CASTELÁ. Unha nova mostra da marabillosa combinación de imaxe e palabra o constitúe o atractivo panel que elaboraron os alumnos de 1º da ESO ao longo do curso no que seleccionaron fragmentos de obras literarias e representaron aos seus protagonistas. Unha interesante viaxe pola historia da literatura que acompañou a nosa selección de Clásicos para o proxecto deste ano do Contrato Programa. Este traballo complementa a investigación feita sobre xéneros narrativos por estes mesmos alumnos. Ligazón coa galería de imaxes LINGUA E LITERATURA CASTELÁ. De novo nesta materia e de novo os creativos alumnos de 4º de ESO volven plasmar dunha maneira moi orixinal os seus coñecementos sobres as vangardas europeas.. Ligazón coa galería de imaxes LINGUA E LITERATURA GALEGA. Os alumnos leron o libro Poetízate e despois elixiron o seu poema preferido e o representaron dunha maneira moi “poética” Ligazón coa galería de imaxes MÚSICA- Os alumnos de 4º de Diversificación están a elaborar un traballo por grupo que consiste en seleccionar viñetas de cómics con onomatopeas e fotografalas. Consultarán a páxina web freesound.org para seleccionar sonidos e farán un montaxe coas viñetas e un ou varios sons para cada onomatopea. Poderán consultarse os traballos na seguinte dirección de internet: http://iesdeames.blogspot.com.es/p/proxecto-lector-2012-2013.html BIOLOXÍA E XEOLOXÍA- Os alumnos de 3º e 4º de ESO levaron a cabo diversos traballos de investigación sobre diferentes temas: nutrición e alimentación, xeomorfoloxía…, que plasmaron en murais artísticos, contos pop-up, esculturas... Ligazón coa galería de imaxes
  16. 16. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 15 FÍSICA E QUÍMICA- Os alumnos de 4º de ESO E 1º BAC fixeron uns traballos de creación literaria para a materia enmarcados no ciclo “A voltas co corpo”. Neste apdo. recóllese a información e algún dos traballos. Teatro no IES da man das alumnas da aula de teatro baixo a dirección da profesora de galego Susa Fernández Lopo. Seguiron a representar a obra en varios institutos que así o solicitaron. Fixeron algúns cambios no guión que a melloraron aínda mais se cabe. Nun obradoiro de bordado coñeceremos os sentimentos e as diferentes formas de vela vida dun grupo de mulleres. Para mais detalles das personaxes pódese consultar o blogue de actividades do IES: http://iesdeames.blogspot.com.es/ 4- Difusión do libro e fomento da lectura As actividades destinadas a fomentar la lectura e o manexo dos libros son moitas. Todos os departamentos teñen que ter recollidos nos seus plans lectores estratexias para promover a lectura, tanto a de lecer coma a lectura para aprender. Algunhas delas xa están recollidas en algún dos apartados anteriores. 4.a) Exposición dos fondos- Guías informativas É fundamental ir expoñendo os fondos bibliográficos e audiovisuais que temos para que non pasen desapercibidos. Non todos os rapaces rebuscan nos andeis, sen embargo, sempre se paran diante do expositor e botan unha ollada aos libros expostos, e moitos lévanos prestados ou lenos no recreo. As exposicións anúncianse con carteis e na pantalla da entrada, e envíase información aos profesores e aos pais vía e-mail. O fío condutor de cada exposición é moi variable: unha data conmemorativa importante, a visita dun autor, a proposta dun compañeiro, os proxectos interdisciplinares…
  17. 17. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 16 Recomendacións de lectura dos alumnos.Para empezar o curso a profesora María Requeijo de Lingua castelá pediu aos seus alumnos que fixeran unha pequena presentación dos seus libros favoritos. Preguntouse en todos os niveis. Os alumnos elaboraron paneis ou pequenos traballos sobre o libro que recomendaban. Os títulos variaban moito: La pirámide roja de Rick Riordan, os clásicos como A volta ao mundo en 80 días de Xulio Verne, La ratonera de Ágata Christie o los apocalípticos tan de moda agora como Divergente de Verónica Roth ou Los juegos del hambre de Suzanne Collins. Cos libros recomendados por eles elaboramos este ano a Guía de Nadal. O curso rematará cunha exposición similar de libros recomendados polos alumnos que forman parte dos numerosos clubs de lectura. 25 de novembro. Día contra a violencia de xénero. Como todos os anos na materia de Plástica os alumnos elaboraron carteis de denuncia e lemas para que o día non pasase desapercibido. Na biblioteca se seleccionou material relacionado co tema. Para o Proxecto interdisciplinar de A Prehistoria os alumnos fixeron unha busca dos materiais audiovisuais da biblioteca relacionados co tema. Aprenderon a citar un libro, unha revista, un documental, unha película…Aprenderon tamén a votar unha ollada ao índice, a introdución, a contraportada… para de maneira rápida saber qué tipo de información poderían atopar en cada material. despois fixeron unha posta en común e elaboramos un documento único que acompañará o traballo da Prehistoria. Os materiais expuxéronse co título de Unha viaxe aos nosos antepasados. Cine e historia. A profesora Rosa Martínez elaborou un tríptico para acompañar a exposición. Era tamén parte do traballo feito co seu grupo de Club de Lectura que traballa con cine e historia. Ligazón co folleto Como complemento das charlas sobre “A voltas co corpo” fixemos as exposicións O corpo entre libros e A corpo mantido. A exposición acompáñase cun análise dos libros expostos, que pode consultarse nos materiais complementarios de “A voltas co corpo”. Ligazón coa galería de imaxes das exposicións da biblioteca
  18. 18. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 17 De todas as actividades que programamos e levamos a cabo, esta é unha das mais produtivas. Colocamos o expositor de maneira que o atopas diante nada máis entrar na biblioteca, e tanto nenos como profesores paran diante e collen os libros para ver de que van. Creo que é a maneira mais efectiva de dar a coñecer os “tesouros” que se agochan nos andeis. Ademais algúns profesores traen aos alumnos a ver as exposicións e todos os encargados dos Clubes de Lectura pasan cos seus grupos a velas. Procuramos que todas as actividades que se fan no centro vaian acompañadas dunha exposición de materiais da biblioteca relacionados. Este ano tamén prestamos a nosa colección de flipboocks e contos pop-up elaborados polos alumnos a o instituto de Melide. 4.b) Campaña “regala / te libros” Guía de Nadal. A biblioteca enviou como cada ano ás familias e aos profesores vía e-mail unha selección de libros para regalar feita este ano polos propios alumnos de todos os niveis. Elixíronse aqueles libros mais citados polos alumnos, a pesares de que non sempre coincidiran Ligazón co documento
  19. 19. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 18 4.c) Recomendacións as familias Estamos en comunicación cas familias por medio do email. Cada semana envíase información dende a Biblioteca das actividades organizadas relacionadas coa biblioteca, dos proxectos que imos levar a cabo. Tamén tentamos alomenos dúas veces ao mes informar das novidades nos fondos e ir tamén recordando algúns dos nosos fondos que poden interesar a toda a familia. Hai moitos nenos que veñen a coller libros para os seus país e nais. Ligazóns coas recomendacións (PDF): Documento 1 Documento 2 4.c) Bookcrossing- Troco de libros Bookcrossing-Troco de libros Temos na cafetería do instituto un armario para troco de libros. Ti levas o que che guste para ti ou para regalar a alguén e tes que deixar algún outro a cambio. Pódense deixar libros, películas, música, revistas ... 4.d) Hora de ler Son consideradas HORA DE LER todas aquelas horas en que o alumnado queda sen clase pola ausencia dalgún profesor. Temos habilitados dous carriños por planta, un para cada ciclo con material de lectura variado (novela e relato curto, banda deseñada, revistas) para levar ás aulas nas horas de garda polo profesorado correspondente. Estes carriños ofrecen material de reforzo porque en realidade os rapaces deberían ter consigo o libro, xornal ou revista que queiran ler. O desenvolvemento da actividade continua a ser irregular porque algúns profesores non o levan a práctica de maneira continuada. 4.e) Recomendacións de lectura para as vacacións Os departamentos teñen que preparar, como parte dos seus Proxectos Lectores do centro, unhas recomendacións de lecturas para as vacacións. Aínda faltan por prepara moitas pero xa temos algunhas das que se enviarán despois ás familias por email e colgaremos na páxina web do centro. Ligazóns: Cultura Clásica Educación Plástica Música Grego 4.f) CLUB DE LECTURA BIBLIOLOCUS. É un dos nosos maiores éxitos en canto a funcionamento, continuidade e grao de participación. Este curso voltamos a contar con tres alumnas voluntarias para ser monitores dalgún grupo. Integrantes: Uns 120 alumnos do todos os ciclos da ESO e 1º e 2º de Bacharelato e 12 profesores - Funcionamento: Os integrantes do Club reúnense dous veces ó mes nun recreo (algúns grupos cada semana), en grupos de dez persoas mais ou menos. Son os propios alumnos os que se recomendan uns ós
  20. 20. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 19 outros as lecturas a realizar: cada alumno fai a proposta dun libro (da Biblioteca do centro ou persoal) ó resto. Repártense os libros e rotan entre todos. O elevado número de integrantes fai inviable que todos lean o mesmo libro ao mesmo tempo. Pero o intercambio de libros entre eles funciona moi ben. - Profesorado e alumnado responsable: O profesorado responsable encargouse de organizar e distribuír as lecturas elixidas. Controlaron a devolución dos libros, o cumprimento das normas básicas do Club e a asistencia. Axudaron a atopar información ou materiais complementarios ás lecturas. Propuxeron eles tamén lecturas. Recolleron e transmitiron á coordinadora as suxestións dos membros do grupo. Colaboraron na planificación e desenvolvemento das actividades. - Carné do Club: Os alumnos que o solicitaron teñen un carné de pertenza o Club. Este carné permítelles mercar libros na Librería Máinomen con desconto. - O club viaxeiro: Este ano aínda non fixemos a excursión. Iremos a Oporto, ao festival de Teatro Ibérico. - Este ano diversificamos moito as opcións. Tivemos varios clubes temáticos: tivemos un grupo de Banda deseñada, un de teatro lido, outro de cine e literatura, dous clubes temáticos asociados a materias do currículum: un clube de historia e cine e outro de cultura clásica, e varios grupos plurilingües, un clube de lectura en francés e outro en italiano. Aínda non teño as memorias do que fixeron en todos os grupos pero sí podo mencionar que se fixo en algún deles. CULTURA CLÁSICA 4º ESO:  Lectura da novela El contador de arena de Gillian Bradshaw  Cada un elixiu un número da revista de National Geographic co tema que mais lle interesaba e tiñan que elaborar uns traballos persoais coa información recollida e expoñelos aos compañeiros en 15 minutos.  Leron cada un unha historieta de Asterix e Obélix e teñen que buscar información sobre os autores e sobre os sucesos, costumes, personaxes, situacións…reais que aparezan reflectidas e investigar sobre elas. Aínda están a elaborar os seus traballos.  Para finalizar o curso lerán cómics relacionados co mundo clásico e elaborarán unhas presentacións recollendo información sobre os autores, argumentos, personaxes principais, refencias históricas, literarias, mitolóxicas… Algúns dos cómics que lerán serán: Murena, Edipo en Corinto de Sfar, el Heroe de David Rubin, Trescientos…entre outros CLUBE DE LECTURA EN FRANCÉS Os compoñentes deste club fixeron traballos de comprensión lectora dos libros lídos, tiveron un achegamento a escritores coma Alexandre Dumas, Maupassant, Molière…e narraron ao resto dos compañeiros resumos da obra que preferiron. Le malade imaginaire. Molière. Oxford Du lait au fiel. Lidia Parodi. Oxford Contes fantastiques. Maupassant. Oxford Germinal. Zola- Oxford
  21. 21. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 20 Le fantôme de l´opéra. Gaston Leroux. Oxford Cyrano de Bergerac. Edmond Rostand. Oxford La guerre des boutons. Louis Pergaud. Folio Le piège était presque parfait.Clé Internationale CLUB DE LECTURA “HISTORIA E CINE” Este curso académico, 2012-2013, a profesora Rosa Martínez Ferreiro puxo en marcha un club de lectura sobre “Historia e Cine” dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato (materia de Historia do Mundo Contemporáneo) cos obxectivos de: - Fomentar no alumnado o gusto e interese pola Historia da Idade Contemporánea e pola linguaxe cinematográfica. - Servir de apoio ás clases de Historia do Mundo Contemporáneo. - Suxerir ao alumnado películas que lles axudaran a entender ese período histórico, a súa vida cotiá, a súa problemática e os personaxes e fitos históricos máis salientables. - Amosar ao alumnado unha forma diferente de “ver cine” e facilitar a súa aproximación á linguaxe audiovisual (ambientación, música, movementos de cámara, planos…). Ao longo do curso traballáronse con certa profundidade os seguintes filmes: Master and Commander (sobre a importancia da mariña e do mar nos séculos XVIII e principios do século XIX, descubrimentos xeográficos, explotación económica do mar e territorios descubertos, fomento do coñecemento científico…). Oliver Twist e Xerminal sobre as condicións de vida do proletariado e o comezo do movemento obreiro e 55 días en Pequín e Gandhi sobre a colonización durante o século XIX e o proceso de descolonización do século XX (estas últimas pendentes de comentar no que queda de curso). Tamén se suxeriu o visionado de películas que aportan visións complementarias como El patriota, Barry Lyndon, Historia de dúas cidades, Novecento, Lawrence de Arabia, O último emperador, As uvas da ira…. pero non foron analizadas con profundidade dada a amplitude do temario. O alumnado debía visionar as películas no seu tempo libre, recomendóuselles que o fixeran en grupo –por exemplo na casa dun deles- para así poder comentar as diversas escenas e profundizar na súa comprensión así como que fose un momento lúdico compartido cos compañeiros que reforzase os lazos de amizade entre eles. Posteriormente, procedíase a comentar a película co resto de compañeiros da clase partindo dunha ficha guión elaborada pola profesora. O club de lectura estivo formado por 5 persoas pero o visionado e o comentario dos filmes foi realizado en cada un dos grupos de 1º de Bacharelato utilizando unha hora de clase, polo que -ao final dunha ou doutra maneira- foron 31persoas as que o “disfrutaron”. A Biblioteca do centro organizou no terceiro trimestre unha exposición de películas baixo o lema “Historia e Cine” e a profesora elaborou un folleto complementario da mesma que foi repartido entre os membros do Club.
  22. 22. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 21 4.g) Certame Teatro lido Convocouse unha nova edición do certame de teatro lido “Desata a Lingua”. Nesta edición presentáronse 8 grupos de rapaces e rapazas do IES de Ames e do Colexio Alca. En total participan 26 alumnos/as que están cursando estudos de segundo ciclo da ESO ou de bacharelato. A temática de todas as pezas abordou a situación social do idioma galego. Nos materiais complementarios podedes escoitar a intervención do gequipo gañador “As laretas” e do grupo “Linguas desatadas” que recibiu o premio especial do xurado. Ligazóns Teatro lido: Audio 1: As laretas Audio 2: Linguas desatadas 5- A Biblioteca e a prensa É outro dos proxectos que tentamos desenvolver de maneira continuada. Poñer en contacto aos rapaces co xornal é un dos obxectivos primordiais, tanto do proxecto lector como das actuacións da biblioteca. Unha profesora do equipo de biblioteca dedícase a revisar a prensa semanal e seleccionar artigos, normalmente reportaxes ou artigos de opinión, para realizar distintas actividades: 1- Taboleiro de noticias situado no corredor ó carón da entrada da biblioteca: dedicado a exposición de noticias e artigos, de carácter cultural de interese para a comunidade escolar, relacionados cos libros, autores, premios literarios... Algúns dos moitos artigos expostos este curso: - El PAÍS 4.12.13 Wert blindará por ley la enseñanza en castellano. - El PAÍS 23.02.13 Wert cambia la reforma para que la FP Básica no seas una vía muerta. 2- Selección de artigos de prensa, relacionados coa lectura ou a educación, entregados aos titores para ler e comentar nas horas de titoría. Algúns dos seleccionados este ano foron: - El PAÍS 23.09.12 Estudiar renta más que invertir. - El PAÍS 15.04.13 La crisis trastoca el mapa escolar. Moitos departamentos fan actividades co xornal nas aulas. E o departamento de Bioloxía e Xeoloxía participa no proxecto prensa-escuela da Voz de Galicia. A nosa hemeroteca Noso recuncho de prensa e revistas ten unha grande aceptación entre alumnos e profesorado, e non só polas butaquiñas tan cómodas e coloridas, tamén por que temos unha grande selección de revistas, para todos os gustos. Estamos subscritos a unha chea delas (algunhas as elixiron os rapaces):
  23. 23. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 22 National Geographic National Geographic Historia Muy Interesante Cerna- revista galega de ecoloxía Dúas revistas deportivas: Trail e SportTraining Por recomendación de Ana a Orientadora temos tamén Entre estudiantes. A profesora de filosofía Eva Garea recomendou a revista Filosofía Hoy. E o club de lectura tamén ten a súa revista Biblos Club de lectores, revista galega de información literaria Estas son as fixas, porque logo moitos profesores doan números de De viajes, Qué leer… Unha profesora do equipo de biblioteca fai unha revisión periódica dos contidos das revistas que temos e organiza os artigos en diferentes categorías: Antropoloxía, biografías, botánica, economía, linguas, museos… Moi útil para que o profesorado ou o alumnado atopo facilmente en qué revistas e en qué artigos pode encontrar información dun tema concreto. https://sites.google.com/site/revistasbiblioteca/
  24. 24. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 23 6- A biblioteca e o cine Dende a biblioteca préstaselle unha importancia especial ao cine. Temos unha moi boa filmoteca enriquecida continuamente coas achegas dos fondos do Planbe atendendo as peticións de alumnos e profesores. O próximo curso o tema do noso proxecto “A voltas co…” será o cine. Tamén será o cine o fío conductor do noso novo musical, así que teremos un ano moi cinéfilo. Este ano fixéronse as seguintes actividades: FILOSOFÍA Realización de un traballo de ensaio, de carácter voluntario, englobado baixo o título xenérico de “A condición humana no cine”. Sobre unha proposta de vinte filmes, de moi variada temática e carácter, para analizar e elaborar unha reflexión personal sobre un aspecto máis destacable da condición humana abordada na película: o carácter, as relacións, a pertenza social, etc., de algún dos protagonistas. Presentáronse un total de vintecinco traballos e, salvo un, foron tratados todos os títulos propostos. Os flmes propostos foron: 2001: Una odisea del espacio, de S. Kubrick. 1968 Arde Mississipi, de Alan Parker. 1988 Blade Runner, de Ridley Scott. 1982 Derzu Usala, de Akira Kurosawa. 1975 El caso Burne, de Doug Liman. 2002 El ocaso el samurai, de Yôji Yamada. 2002 La huella, de Joseph Manievich. 1972 La lista de Schindler, de Steven Spielberg. 1993 La vida de los otros, de F.H. von Donnersmarck. 2006 Las aventras de Jeremías Johnson, de S. Pllack. 1972 Matar un ruiseñor, de Robert Mulligan. 1962 No es país para viejos, de Joel y Etan Cohen. 2007 Primera plana, de Billy Wilder. 1974 Pulp Fiction, de Quentin Tarantino. 1994 Senderos de gloria, de Stanley Kubrick. 1957 Ser o no ser, de Ernst Lubitsch. 1942 Sin perdón, de Clint Eastwood. 1992 Tierras de penumbra, de Richad Attenborough. 1993 Tomates verdes fritos, de John Avnet. 1991 Algunha mostra dos traballos podédela ver no seguinte enlace: Ligazóns cos traballos: Doc 1 Doc 2 Doc 3 Doc 4 FILOSOFÍA: O xa mencionado traballo de investigación sobre o amor na Triloxía Matrix O xa mencionado CLUB DE LECTURA “HISTORIA E CINE” Este curso académico, 2012-2013, a profesora Rosa Martínez Ferreiro puxo en marcha un club de lectura sobre “Historia e Cine” dirixido ao alumnado de 1º de Bacharelato (materia de Historia do Mundo Contemporáneo)
  25. 25. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 24 CLUB DE LECTURA “LITERATURA A E CINE” Este curso tivemos un grupo de alumnos interesados en literatura e cine. Os rapaces lían a obra base e vían a película baseada nela e logo comentabamos a relación entre ambas, en que incidía cada unha… - Big Fish de Tim Burton / Big Fish de Daniel Wallace - Blade Runner de Ridley Scott/ ¿Sueñan los androides con ovejas eléctricas? de Philip K. Dick - Arrugas de Ignacio Ferreras y Paco Roca / Arrugas de Paco Roca - It de Tommy Lee Wallace /It de Stephen King 7- Atención a diversidade A biblioteca do centro tamén acolleu neste curso varias actividades destinadas a mellorar as capacidades lectoras, comprensivas e expresivas de grupos de alumnos con necesidades especiais nestes campos. Tivéronse en conta as súas necesidades á hora de compra do material bibliográfico necesario para por en práctica as actividades programadas polos seus profesores. De xeito xeneralizado fixéronse as seguintes actividades: 1-Sesións prácticas de procura de recursos didácticos empregando as fontes informativas dispoñibles na biblioteca, tanto bibliográficas como dixitais. 2- Sesións de lectura compartida. Moitos días acudiron á Biblioteca a ler. As veces elixían eles os libros, outras veces a profesora deixaba enriba da mesa unha selección e eles ían escollendo. 3- Caderno de lecturas. Os alumnos cobren unhas fichas de lectura onde fan constar os datos do libro e a valoración, impresión persoal, dúbidas, sensacións… 4- Traballo de inglés. Os alumnos acudiron todo o curso á Biblioteca para traballar nesta materia. Lían unha selección de libros elixidos pola profesora, consultaban os dicionarios, facían consultas en rede… Moitos dos seus traballos aparecen recollidos ao longo da memoria nos seus correspondentes apartados.
  26. 26. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 25 OS GRANDES PROXECTOS ANUAIS DO CENTRO- PROXECTOS INTEGRADOS Como xa dixen na Introdución, este ano traballamos e aínda estamos a traballar en varios proxectos multidisciplinares. 1. CICLO DE CHARLAS “A VOLTAS CO CORPO” 2. CON A DE AMES, CON A DE ASTRONOMÍA, CON A DE ÁGORA 3. O MUSICAL “O ESLABÓN PERDIDO” 4. CONTRATO-PROGRAMA 5. A PREHISTORIA Son proxectos que forman parte do Plan Lector de Centro, organizados e/ou coordenados pola biblioteca e dous o mais departamentos e que se ofreceron a todo o profesorado para desenvolver os obxectivos dos respectivos Plans Lectores. Para a asignación de horas de biblioteca tívose en conta ao profesorado que ía coordinar e traballar nestes proxectos, aínda que este ano foi imposible a asignación de horas conxuntas. Algunha das actividades organizadas utilizáronse en varios dos proxectos, para reaproveitar materiais e para dar aínda unha maior unidade ao proxecto lector de centro. Por exemplo, no musical aparece unha escena baseada na película Ágora, material fundamental do proxecto con A de Ames…, con Hipatia como protagonista. O proxecto Petroglifos de Ames pasou a formar parte doutro mais amplo sobre A Prehistoria, e actividades feitas neste formaron parte de “A voltas co corpo”. 1- CICLO DE CHARLAS “A voltas co corpo” Seguimos coa experiencia xa iniciada en cursos pasados dos ciclos de charlas sobre un tema aberto de carácter xeral. Esta actividade está dirixida e coordenada polo profesor de filosofía Anxo Sampedro e nela participan practicamente todos os departamentos. Varios profesores, de forma voluntaria, abordan algún aspecto do tema que lles resulta de interese desde a perspectiva da súa propia materia ou dos seus gustos persoais. Os asuntos que abordamos ata o de agora foron: “os gregos” (06-07), “a ciencia” (07-08), e“a auga” (08-09), “o amor” (09-10), “as viaxes” (10-11), “a creatividade” (11-12). Este ano o tema elixido foi “o corpo”. Adxúntase nos materiais complementarios o programa de charlas deste ano A actividade está pensada para os profesores, pais e alumnos e para todo o concello en xeral. O eixe central son as charlas pero a idea e que o desenvolvemento do tema nas distintas materias e dende distintas perspectivas sexa un dos obxectivos do Proxecto Lector das distintas materias. Radio Ames entrevista cada semana ao profesor que vai impartir a charla para publicitala.
  27. 27. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 26 CHARLAS - As sesións, duns sesenta minutos, constan dunha primeira parte expositiva, corenta minutos, e un coloquio que se prolonga arredor dos vinte minutos. As exposicións desenvólvense fóra do horario lectivo, mércores pola tarde, na Casa de Cultura de Bertamiráns, agás a última sesión que se fai na Biblioteca do IES. O calendario concrétase segundo as necesidades dos participantes: a primeira charla faise en xaneiro e a última en Maio. Participan case todos os departamentos. Un alumno presenta ao profesor e o tema da charla. “Medindo co corpo”, “Cultura e deformacións corporais”, “O corpo entre libros”, “A corpo mantido”…foron algúns dos temas tratados. Tendes nos materiais complementarios o programa completo de charlas deste ano. Ligazón co programa Se queredes compartir con nos a nosa primeira charla, aquí tendes o enlace: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/node/423 Para que pasedes revista a todo o programa, atoparedes información de cada charla en: http://iesdeames.blogspot.com.es/search/label/Ciclo%20de%20conferencias https://es-es.facebook.com/events/472885386082104/ RESEÑAS DE CONFERENCIAS- Voluntariamente, o alumnado asistente a algunha das sesións do Ciclo de Exposicións de Formación Complementaria realiza unha reseña da conferencia, de carácter libre, por canto pode tratarse dunha nota informativa, un resumo da intevención ou un comentario crítico sobre algún dos aspectos abordados polo poñente. Ligazóns con algunhas das conferencias: Doc 1 Doc 2 Doc 3 Doc 4 Doc 5 PRESENTACIÓN DE INTERVENCIÓNS-Doce alumnos de segundo se fixeron cargo voluntariamente da presentación de cada unha das sesións desenvolvidas no ciclo. Esixiuse unha intervención mínima de tres minutos. O proceso de preparación e excusión axustouse as fases seguintes: realización dun bocexo da intervención tratado coa profesora da materia, elaboración dun texto, probas de exposición oral e corrección de aspectos formais, realización da presentación na sesión pública. Nos comentarios as charlas poden verse de qué tipo foron as intervencións dos alumnos http://iesdeames.blogspot.com.es/search/label/Ciclo de conferencias
  28. 28. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 27 LOGO- Análise do concepto de logotipo, análise dalgúns logotipos moi usuais e posta en práctica do aprendido coa elaboración dun logotipo para o ciclo. O logotipo gañador aparece en todos os carteis das charlas. Esta actividade fíxose en 4º de ESO e foi produto da colaboración dos departamentos de Plástica e Filosofía. CARTEIS- Os carteis que anuncian as charlas elabóranos os alumnos de 4º de ESO en grupos de dous na materia de Plástica. Teñen que falar co profesor e informarse de qué vai tratar a súa charla. Elíxense os mellores. Os carteis mándanse por email ás familias e a todos os profesores e cólganse en distintos lugares do concello. Os alumnos, ao comezo de cada charla explicaban o seu cartel.Nestes momentos temos todos os carteis expostos e os alumnos están a votar os que lles parecen os tres mellores. Ligazón coa galería de imaxes dos carteis ENIGMAS- Coma todos os anos, un enigma acompañou as charlas- conferencia do noso Ciclo. Para a súa resolución, a temática da conferencia foi clave. Algún dos nosos enigmas foron : - Un corpo que se está facendo e desfacendo.Unha conciencia que emerxe para desaparecer horas e horas...Un exemplo claro de plasticidade. Como é posible entón que non sexamos quen de facernos cóxegas a nos mesmos? Este é un dos enigmas que nos explica a moderna neurociencia. Poderías atopar a solución? - A palabra soma é o termo grego para identificar a parte material do corpo humano. O corpo que representaba as fontes das limitacións, das pasións que ataban a alma e lle impedían realizar a esencia do ser humano. Curiosamente “soma” é tamén o termo que se utiliza para nomear o narcótico divino que na antiga India permitía o contacto coa divindade. Semella que o que conduce ao alivio da mente, pode mellorar tamén o corpo...En qué célebre novela filosófica o soma era tamén unha droga ao servizo da felicidade? Que curaba o corpo ou a psique? Podedes consultalos no seguinte enlace: http://iesdeames.blogspot.com.es/2013/01/coma-todos-os-anos-un-enigma-acompanara.html
  29. 29. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 28 CONCURSO DE FOTOGRAFÍA: Convocado pola Biblioteca no marco do proxecto “A voltas co corpo”. O tema era “mente e corpo”. Tiñan que presentar a fotografía acompañada dun lema e dun texto que explicase a relación entre a imaxe e o tema proposto. A hora de outorgar os premios prestouse especial relevancia ao feito de que respectaran as normas de presentación e de que prestasen a mesma atención a explicación do lema que a elección da imaxe. É importante que aprendan ler ben as bases, que aprendan a respectar as normas de presentación dos traballos e que se preocupen porque os seus traballos respondan ao que se lles pide en cada ocasión. Un concurso é unha boa maneira de por en práctica estes temas. E por iso quedaron descalificados traballos moi bos pero que non os presentaron adecuadamente, ou fotos moi boas pero cunha explicación pouco traballada. Queremos romper co tópico de que “unha imaxe vale mais de mil palabras” e que nesta época de culto á imaxe, non esquezan que a palabra é tamén fundamental e moitas veces enriquece as imaxes. As fotos gañadoras foron as seguintes 1º PREMIO: Cara á cima do equilibrio persoal 2º PREMIO A conexión entre corpo e mente..,é inquebrantable? 3º PREMIO Os ollos son os espellos da vida Poden verse todas as fotos no seguinte enlace: https://www.facebook.com/IES.AMES Ligazón coa relación de obras (PDF) Ligazón coa galería de imaxes TALLER DE COMIC “A VOLTAS CO CORPO”: O DEBUXO DO CORPO HUMANO- A actividade consistiu nunha charla na que, co fío condutor do debuxo anatómico, reflexionouse sobre o corpo humano e animal, describindo proporcións e desproporcións, funcionalidades das súas partes, diferenzas entre xéneros, valores estéticos e como se aplican no cómic. Na primeira parte José Fernández de la Reguera debuxou o corpo comezando polo esqueleto, despois a musculación e por último cabeza e a cara. Despois proxectou algunhas imaxes ilustrativas da charla de obras da historia do arte e do cómic. A duración da actividade foi de 50 minutos por sesión. Fixéronse catro sesións e asistiron alumnos todos os alumnos interesados de todos os niveis. Podedes ver uns cantos vídeos das sesión no seguinte enlace: http://iesdeames.blogspot.com.es/2013/03/taller-de-comic-voltas-co-corpo.html
  30. 30. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 29 EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA- O CORPO ENTRE LIBROS/A CORPO MANTIDO Como peche do ciclo de charlas a última sesión consistiu en unha charla coloquio sobre literatura relacionada co tema na biblioteca e unha degustación de exquisiteces gastronómicas elaboradas por país-nais, profesores e alumnos voluntarios. Adxunto a charla dada na Biblioteca “O corpo entre libros” Ligazón: O CORPO ENTRE LIBROS Ligazón: A CORPO MANTIDO XURXO MARIÑO- Neurociencia para Xulia. En relación co tema das charlas, os alumnos de 2º de Bacharelato leron este curso o fantástico libro de divulgación sobre neurofisiloxía de Xurxo Mariño. Como colofón convidamos ao autor a dar unha conferencia no noso centro á que acudimos todos os profes que puidemos e rapaces de 1º e 2º de Bac e 4º da ESO. Non defraudou as nosas expectativas, un tema apaixoante e unha exposición brillante. O resultado foi que os rapaces non querían marchar ao rematar, todo eran preguntas e preguntas, firma de libros…Un éxito total e unha experiencia que recomendo a todo o mundo. RADIO- Radio Ames entrevistou cada semana ao profesor que ía impartir a charla para publicitala. Ligazóns cos arquivos de son: Audio 1 Audio 2 Audio 3 Audio 4 (Máis no CD-ROM) Moitos departamentos fixeron ou están aínda a facer distintas actividades dentro do marco dos seus Proxectos Lectores relacionadas co tema deste ano. Algúns exemplos son: PLÁSTICA- “Buscando corpos” no noso entorno. Os alumnos de 4º da ESO tiveron que fotografiar obxectos do entorno cercano que recordasen o corpo humano. Ligazón coa galería de imaxes PLÁSTICA- “O corpo que xenera texturas” / “O corpo vestido sen gasto”
  31. 31. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 30 “O corpo que xenera texturas” : pediuselles a alumnos de 4º e 3º da ESO que elaborasen unha versión libre do traballo da diseñadora Nikki Farquarson, para unha posterior exposición a base de collage con imaxes de figuras humanas e a creación de texturas visuales con técnica mixta. “O corpo vestido sen gasto”: deseño, reciclaxe de prendas de vestir e customización a partir da corrente DIY. A final de curso farán un desfile de modelos coa ropa deseñada Ligazón coa galería de imaxes PLÁSTICA- “Versión de cadros: O corpo que xira en novas versións de clásicos da historia da arte”. Visita á bilioteca para escoller de qué cuadro van facer unha versión. Elaboración de versións de cadros. Todos teñen que introducir unha imaxe en B/N dunha persoa xirando nunha voltereta lateral (o motivo do logotipo das charlas sobre o corpo de este ano). Para elo revisamos diferentes obras emblemáticas facendo mención tamén a artistas galegos (para ampliar coñecementos sobre o noso patrimonio) e a artistas mulleres (para intentar compensar o sexismo dos libros de texto).A elaboración de versión de obras representativas dos diferentes estilos artísticos faise a cargo dos mesmos equipos. Ligazón coa galería de imaxes CIENCIAS SOCIAIS. “A representación do corpo humano ao longo da Historia”. Os alumnos de 1º ESO investigan a maneira de representar o corpo nos períodos da Historia que están a estudar na materia. De momento temos feitos os murais correspondentes a Prehistoria e Exipto
  32. 32. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 31 Imaxes dos murais:
  33. 33. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 32 FILOSOFÍA- EDUCACIÓN PARA A CIDADANÍA: Realización do traballo de composición: “O home no seu territorio”, no que se trata de estudar unha etnia concreta, entre as propostas, coidando as diversas fases de realización do traballo Recollida de información: busca na rede e nas revistas National Geographic da Biblioteca. Lectura dun libro ou capítulo dun libro base sobre o tema concreto do traballo. Elaboración do texto: con tres procesos sucesivos de corrección. Maquetación: segundo criterios establecidos en clase. Elaboración dun póster: con formato establecido tras unha discusión en clase. Exposición pública: con formato de conferencia ou de presentación. O número estimado de traballos presentados é de cincuenta. O número de pósteres realizados estímase en vinte. A Relación de etnias obxecto de estudio no traballo “O home no seu mundo”é a seguinte: Hopi, Navajo, Sioux, Inuit, Yanomami, Lapóns, Tuareg, Masai, Pigmeos, Bosquimanos, Mongoles, Maoríes, Aboríxenes australianos. Nos materiais complementarios engadimos dous dos traballos como exemplo. Todos subiranse a rede e complementaran todas as actividades feitas aorredor do ciclo de charlas. Ligazóns cos documentos (PDF): Os hopi Os yanomami INGLÉS Traballo de Creación basado na película The Elephant man, de David Lynch A profesora Lucinda Sousa está a realizar cos grupos 3º Eso A bilingüe, 4º Eso bilingüe e 2º Bacharelato A un proxecto conxunto baseado na película The Elephant man. O título do proxecto é Man in a deformed body. Cada grupo participante levou a cabo diferentes actividades de creación e todas elas están recollidas nun vídeo. Para a parte técnica deste proxecto contouse coa colaboración do profesor de Informática Fernando Raposo. Cando o proxecto estea finalizado poderédelo consultar completo na seguinte páxina web. http://iesdeames.blogspot.com.es/p/proxecto-lector-2012-2013.html Un avance do que será o proxecto completo tédelo no seguinte vídeo dos materiais complementarios: Ligazón co trailer man_in_a_deformed_body_trailer FRANCÉS: - 2º ESO: MENS SANA IN CORPORE SANO A Proposta é de facer un traballo en grupo para que os alumnos lembren a importancia do deporte en canto á saúde física e mental e a importancia do mesmo nesta etapa da súa vida na que as relación persoais son, as veces difíciles. Farán un power point que explicarán ao resto dos compañeiros. Os deportes elixidos son o balón má, o rugby, o parcours, o wind-surfing. - 3º ESO “O CORPO AO LÍMITE: “SPORT EXTRÈME” Neste trimestre fixeron lecturas acerca de persoas coma Maud Fontenoy,a primera muller que deu a volta á mundo á inversa ,e en solitario, comprometida coa preservación dos océanos. Tamén achegáronse ao traballo de Nicolas Vanier, deportista, esritor ,cineasta comprometido coa defensa do medio ambiente . Ámbolos dous reflicten nas súas vidas que o esforzo físico presupón unha forza mental, e un xeito de vida.
  34. 34. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 33 O traballo será un soporte en power point. Nel reflectirán a traxectoria humana e profesional destas persoas. Posto que estudaron os tempos verbais do pasado deberán empregalos aunando o aspecto comunicativo cos temas transversais da materia. Os mellores traballos poderán consultarse na páxina web: http://iesdeames.blogspot.com.es/proxecto-lector-2012-2013.html LINGUA E LITERATURA CASTELÁ: Os alumnos de 2º de Bac de Literatura Universal traballaron distintos aspectos da obra de Mary Shelley Frankestein o el moderno Prometeo. - Frankestein en el cine http://literaturauniversaliesames.blogspot.com.es/2012/03/frankestein-en-el-cine.html - Los paisajes de Frankestein http://literaturauniversaliesames.blogspot.com.es/2012/02/paisajes-de-frankenstein.html - Lord Byron y Mary Shelley http://literaturauniversaliesames.blogspot.com.es/2010/03/lord-byron.html EDUCACIÓN FÍSICA- Está claro que a propia materia implica traballar co corpo en multitude de aspectos. Simplemente mencionar algún dos aspectos traballados, que poden consultarse mais amplamente na súa memoria do Proxecto Lector. - Consulta das seguintes páxinas de Internet sobre a obesidade infantil. Entrega dunha ficha resumen para o seu estudo e comentario na casa cos pais e posterior debate na clase: http://obesidadinfaltil.consumer.es http://guiainfantil.com/salud/obesidad/index/htlm http://consumer.es/obesidad-infantil - Lectura de fragmentos seleccionados do libro El juego y los alumnos con discapacidad, Mercedes Roig, e deseño e realización de xogos e actividades para discapacitados - Consulta das seguintes páxinas de Internet sobre a espalda e análise de como funciona e estudio da prevención dos problemas da espalda. http://www.espalda.org/divulgativa/como_es_funciona/comoes.asp http://www.espalda.org/divulgativa/prevencion/higiene/ninyos/ninsentados.asp MÚSICA- Lectura e comentario de fragmentos do libro Historia de los Castrati, Patrick Barbier en 4º de ESO e 1º de Bac. FÍSICA E QUÍMICA- Os alumnos de 4º de ESO E 1º BAC fixeron uns traballos de creación literaria para a materia enmarcados no ciclo “A voltas co corpo”. Tiñan que crear uns relatos fantásticos onde o/a protagonista principal tiña unha característica física pouco común. Nos materias complementarios poden lerse dous deses traballos, un deles, o de Javi, de un alumno de 4º de Diversificación Ligazón cos relatos: Doc 1 Doc 2 Doc 3 Doc 4 Doc 5
  35. 35. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 34 2. CON A DE AMES, CON A DE ASTRONOMÍA, CON A DE ÁGORA con A de Ames con A de Astronomía con A de Ágora Foi moi gratificante empezar este curso escolar recollendo unha mención de honra do CSIC polo traballo feito no curso anterior en CON A DE AMES, CON A DE ASTRONOMÍA, CON A DE ÁGORA Tamén foi moi gratificante e produtiva a nosa experiencia no certame de Ciencia en Acción, que recomendo a todo o mundo, ben sexa participando ou ben asistindo como visitante. E unha marabilla ver que se fai por ai adiante e que sexan os propios rapaces os que presentan os seus proxectos. O IES de Ames recibe unha mención de honra do CSIC no certame de Ciencia en Acción, celebrado en Cosmo Caixa de Alcobendas, polo proxecto interdisciplinar desenvolvido o curso anterior "Con A de Ames, con A de Astronomía, con A de Ágora". Este proxecto foi un dos 150 seleccionados de toda España e Sudamérica. Defendérono con maestría e ilusión as alumnas Beatriz Adán, Antía Freire e Nerea Montes, acompañadas polas profesoras Mercedes Neira e Margarita Olivar. O xurado destacou a variedade de actividades realizadas e o gran número de materias e profesores que colaboraran. Hai que facer unha mención especial de agradecemento ao profesor Jesús Fidalgo, un dos artífices do proxecto que neste curso xa non está neste centro. http://iesdeames.blogspot.com.es/search?updated-min=2012-01-01T00:00:00- 08:00&updated-max=2013-01-01T00:00:00-08:00&max-results=27 Podedes descargar o proyecto en pdf en: http://www.edu.xunta.es/centros/iesames/node/406
  36. 36. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 35 Aínda que este curso non traballamos moito dende a biblioteca neste proxecto porque estivemos moi atarefados co “A voltas co corpo” e o proxecto interdisciplinar “A Prehistoria” non o deixamos completamente de lado. O mal tempo continuado fixo que non puidésemos organizar de momento ningunha sesión de contemplación do ceo como fixemos o ano pasado. Quizais aínda esteamos a tempo, pero xa son datas malas porque os nenos teñen moitos exames e non queren vir pola noite ao centro. De todas formas é un proxecto que segue a estar aí e que retomaremos o curso próximo porque volveremos traballar coa película Ágora de Amenábar no noso futuro “A voltas co cine” Aínda así no 2º Curso da ESO, na materia de Ciencias Naturais traballaron sobre o tema e realizaron traballos de educación documental en formato Powers Point sobre As dez estelas mais brillantes e outros sobre o Camiño de Santiago. Tamén levaron a cabo traballos visuais moi atractivos sobre o sistema solar. Ligazón co documento (Presentación) As 10 estrelas máis brillantes Poden consultarse os traballos en: http://iesdeames.blogspot.com.es/p/proxecto-lector-2012-2013.html
  37. 37. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 36 3. O MUSICAL: O ESLABÓN PERDIDO: UNHA VIAXE NO TEMPO Este é o segundo e último ano que estamos cun dos grandes proxectos do centro. E un proxecto de gran envergadura pola cantidade de xente e departamentos que participan, polo alto nivel conseguido cada ano en todos os aspectos e polas dimensións que acada, tanto sociais, coma educativas, no máis amplo sentido da palabra. Tras a exitosa experiencia dos tres últimos anos, elaborando dous musicais: “Como a auga” e “Folía en Semasei”, estos dous últimos cursos presentamos un novo musical, cuxo tema central é o dunha viaxe histórica no tempo. “Viaxe no tempo” é unha experiencia educativa bianual, consistente na realización dunha obra escénica orixinal que integra teatro, música, danza, malabarismos, acrobacias, cun fío argumental que supón un percorrido histórico dende un futuro inmediato ao bordo do colapso, ata unha serie de figuras relevantes na historia da humanidade. A participación de case todos os departamentos do instituto no proxecto, xustifican a consideración deste musical como un modelo de transversalidade e colaboración entre departamentos cun obxectivo común. ARGUMENTO. Procurouse un argumento que permitise a participación de todos os departamentos que o desexasen, así xurdiu a idea dunha viaxe no tempo. “Nun mundo ao bordo do colapso, uns científicos inician unha viaxe nunha máquina do tempo.” O protagonista da viaxe iniciará un percorrido por distintas épocas históricas encontrándose: No taller de pintura de Dalí e os seus reloxos brandos, atopándose ademais con Einstein e Madame Curie, que elucubrarán acerca da teoría da relatividade e os neutrinos. O argumento é unha proposta do departamento de Física e Química. Con Darwin e a evolución das especies. Proposta e guión do departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Con Descartes na corte da raíña Cristina de Suecia. Proposta e guión do departamento de Filosofía. Con Hamlet. Proposta e guión do departamento de Inglés. Con Leonardo da Vinci. Proposta e guión da materia de Italiano. Con Ibn Jaldún. Proposta e guión da materia de Economía. Cunha escena da Idade Media cristiá e a peste. Proposta e guión dos departamentos de Xeografía e Historia e Educación Física. Con Hipatia. Proposta e guión do departamento de Grego, co apoio do departamento de Física e Química. Desta maneira enlazamos co Proxecto Con A
  38. 38. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 37 de AMES, A de Astronomía, A de Ágora. En escena representaranse as teorías xeocéntrica e heliocéntrica. Con Pitágoras e o seu teorema. Proposta e guión do departamento de Matemáticas e Cultura clásica. Coa raíña Hatshepsut e con Imhotep, en Exipto. Proposta dos departamentos de Educación Física e de Xeografía e Historia. Chegándose finalmente a un desenlace da obra que non especificaremos. Neste curso completouse o proxecto cunha escena na que aparecen o Quixote e Sancho Panza, proposta do departamento de Lingua e Literatura castelá e remodeláronse algunhas outras para acadar unha maior axilidade argumental. Na máquina do tempo traballaron, como proxecto que formaba parte do currículo da materia, os alumnos de electrotecnia do departamento de tecnoloxía. INTERPRETACIÓN Contamos coa estimable axuda da profesora de teatro Nazaret López, na coordinación e realización dos guións e a interpretación. O concello colabora neste proxecto pagándolle dúas horas semanais polo seu traballo. MÚSICA A cargo do departamento de Música. Interprétanse un total de 11 cancións. Todas ás intervencións musicais están interpretadas en directo por unha banda do Instituto. A banda está formada por: piano, teclado, xilófono, violonchelo, dúas guitarras, baixo, saxo, trompeta, acordeón, percusión e batería. COREOGRAFÍAS A cargo do departamento de Educación Física. A obra integra coreografías de diversos estilos: rock, danza do ventre, danza contemporánea, danzas étnicas, danzas populares, etc. O total de participantes nas coreografías é de 50 alumnos e alumnas. CANTO A cargo do departamento de Música. Interprétanse un total de sete cancións, cantadas en directo sobre o escenario. ESCENOGRAFÍA Está realizada por alumnado de Educación Plástica e Visual de primeiro e cuarto da ESO, un total de 140. Tamén participaron os alumnos de 3º de diversificación, que fixeron a parte da Grecia antiga.
  39. 39. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 38 LUZ E SON Para a iluminación, a obra conta cun total de 21 focos e un canón de seguimento que acadan unha potencia de 18.000 watios, movidos por dous dimers. Para as proxeccións sobre a escena cóntase cun canón de proxección de imaxes e vídeos. O equipo material de amplificación conta con dúas mesas de mesturas, tres micrófonos de escena e a amplificación inalámbrica para o grupo musical. O equipo de luz e son está integrado por catro alumnos. VESTIARIO En gran parte composto polo material cedido polo Centro Dramático Galego e pola elaboración dos pais e nais do alumnado. A súa coordinación en escena está a cargo dun grupo de catro alumnas do centro. MAQUILLAXE A cargo das alumnas do ciclo medio de Estética e Perruquería do IES Lamas de Abade. Ademais o musical deu pe a outras actividades: - Elaboración dun eixe cronolóxico no que aparecen as distintas escenas e personaxes do musical. No panel final, o Futuro, os alumnos poden por como e que quererían atopar. - A asesoría xurídica e o informe sobre dereitos de autor foi realizada por alumnas de 1º de bacharelato, dirixidas polo departamento de Filosofía. O traballo elaborado foi seleccionado para participar no Certame Internacional de Jóvenes Investigadores. O número total de alumnos e alumnas participantes directamente na representación do musical é de OITENTA E CATRO. No apoio exterior cóntase con mais de CENTO CORENTA alumnos máis, de 1º da ESO a 2º de Bacharelato, estando implicados de esta forma máis de DOUSCENTOS TRINTA alumnos do instituto Se queredes mais detalles do proxecto podedes consulta a seguinte memoria, elaborada en castelán porque é para presentala a un certame nacional. Ligazón co documento (PDF) Temos un blog no que imos aportando información variada relacionada con el musical: http://oeslabon.wordpress.com/info/ Para consultar os detalles das nosas actuacións deste curso podedes acudir a esta dirección: http://iesdeames.blogspot.com.es/search/label/Excelencia
  40. 40. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 39 E se queredes ter mais noticias da repercusión conseguida: http://www.elcorreogallego.es/terras-de-santiago/ecg/instituto-bertamirans- estreno-un-musical-valio-tres-galardones/idEdicion-2013-02-02/idNoticia- 789227/ 4. O CONTRATO-PROGRAMA Dado que, de novo, tivemos que empezar o curso sen saber se nolo ían conceder, houbo que cambiar algunhas cousas. Ao final aplicouse sólo na 2ª avaliación e nos seguintes niveis: · 1º ciclo de ESO Actividade de lectura e escritura Destinatarios: 1º de ESO · 1º ciclo de ESO Realización de traballos e disertación enmarcados no proxecto “A voltas co corpo”: “O home no seu territorio”, Destinatarios: 2º de ESO En vez de todos os días a 1ª hora da mañá, ao final aplicouse dúas horas semanais. Agrupouse aos alumnos en tres niveis: Os lecto-escritores independentes ían traballar na biblioteca. Os que necesitaban mais axuda, os dirixidos, ían en grupos de 10-13 persoas a aula co profesor encargado e os de lectura personalizada ían cos profesores en grupos moi pequenos (5-7). Houbo mobilidade entre o grupo autónomo e o dirixido, de feito había alumnos que esforzábanse moito para conseguir pasar ao grupo da biblioteca. Os alumnos lían case toda a sesión e nos últimos 15 minutos cubrían unha ficha dun caderno específico cos seguintes apartados: resumo do lido, vocabulario descoñecido, ideas principais do contido. Na casa completaban un último apartado “O meu punto de vista”, no que podían completar co que quixeran, unha foto, un debuxo, buscar algunha información a maiores... Quedamos sorprendidos do grado de concentración dos cerca de 80 alumnos que tiñamos lendo 40 minutos na biblioteca. O tema das lecturas feitas este ano foi CLÁSICOS DA LITERATURA XUVENIL. Queríamos que o alumnado entrase en contacto con obras das que seguro oira falar pero quizais non leran nunca, como A illa do Tesouro, As aventuras de Tom Sawyer, Sherlok Holmes, Romeo e Xulieta, A Ilíada, Moby Dick, ou Frankestein. Evidentemente nalgunhas das obras traballamos con adaptacións apropiadas a súa idade.
  41. 41. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 40 Os alumnos do grupo autónomo tiñan que seleccionar cinco obras de autores distintos dun listado de 85 títulos. De moitas das obras había tradución en galego e en castelán. Dalgunhas só en castelán ou só en galego. Ligazón co documento (PDF) Tivemos as obras expostas na biblioteca unha semana antes de empezar o proxecto para que os rapaces pasasen a consultar os libros, preguntasen dúbidas, pedisen consello, lesen algunha páxina...Aínda que unha vez elixida, despois de ler alomenos nunha sesión, podían cambiar se non lles gustaba o libro elixido. Queríamos tamén implicar as familias. Este tipo de literatura podía permitir que os país aconsellaran aos fillos cales escoller, explicarlles cales foron as súas preferidas de novos. Por iso envíamos o listado as familias e pedimos aos rapaces que elixiran uns cinco títulos coa axuda dos seus país. E esperamos que logo tivesen un intercambio de opinión sobre as obras lidas. Os grupos de personalizados e dirixidos tamén leron este tipo de obras pero dun conxunto mais reducido e dunhas edicións moi adaptadas ao seu nivel. Ligazón co documento (PDF) 5. PROXECTO INTERDISCIPLINAR “OS PETRÓGLIFOS DE AMES” Trátase dun proxecto que foi xurdindo da idea orixinal da profesora de filosofía e antropoloxía e membro do equipo de biblioteca Eva Garea, de facer cos alumnos de antropoloxía de 1º de Bac un traballo de investigación sobre os petróglifos do noso concello. A biblioteca participaba tamén no proxecto e decidín tamén colaborar e traballar conxuntamente ou de forma paralela con dous grupos de 1º de ESO cos que estaba a traballar na Prehistoria en Ciencias Sociais e Historia e Cultura das relixións. Así mesmo relacionamos tamén parte do traballo co outro gran proxecto do centro “A voltas co corpo”. Tendes un resumo do proxecto neste enlace. Está en castelá porque o presentamos a un certame a nivel nacional: Ligazón co documento (PDF) O traballo deu os seus froitos en varios niveis:  Un traballo de investigación levado a cabo polas alumnas de Antropoloxía, Jeny Teo, Miriam Lopez e Alicia Frade, sobre os elementos patrimoniais vinculados ao Arte Rupestre Galaico no término municipal de Ames. Os alumnos localizaron e investigaron aqueles conxuntos sobre os que non hai información accesible e sobre os que o concello non realizara ningunha guía turística. Podedes consultar o traballo nos materias complementarios: Ligazón co documento (PDF) Web do proxecto: https://sites.google.com/site/petroglifosdeames/ No blog http://ospetroglifosdeames.blogspot.com.es/ atoparedes información sobre os Petroglifos da Nave, de Oca, da Pena da Mira, Batáns, Peneda Negra, Pena Estivada.
  42. 42. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 41 Tamén tendes unha guía en google maps da visita: https://maps.google.es/maps/ms?msid=205948404497478379552.0004d 8c3a8a640f85dabb&msa=0  Clases entre alumnos: As alumnas que elaboraron o traballo explicaron o proxecto aos alumnos de 1º de ESO que tamén estaban a traballar cos petróglifos e co mundo simbólico da Prehistoria.  Deseño de tótems e petróglifos: Tras estudar a relixiosidade na Prehistoria os alumnos de 1º de ESO deseñaron tótems e petróglifos, algún para utilizalos despois como marca-libros, outros en diversos materiais.  Parte do traballo o relacionamos tamén co outro gran proxecto de centro “A voltas co corpo”. Os alumnos de 1º de ESO elaboraron un panel sobre a representación do corpo humano na Prehistoria. En concreto reflectiron no mural as seguintes facetas do arte prehistórico: - As impresións de mans que aparecen en numerosas covas.
  43. 43. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 42 - O esquematismo do corpo humano das representacións rupestres. Elixiron figuras que realizaban actividades cotidiáns do home prehistórico: cazadores, recolector de mel. - Una figura de un feiticeiro: figura híbidra que integra partes de animal e partes humanas - Representación dunha Venus, figura feminina cos rasgos relacionados ca fertilidade moi esaxerados.  Elaboración de bibliografía: Os alumnos de 1º ESO D de Historia e Cultura das Relixións realizaron unha busca entre os fondos da Biblioteca Carlos Nieto do IES de Ames e seleccionaron os seguintes materiais bibliográficos e audiovisuais sobre o tema proposto. Con eles realizaron una exposición y elaboraron una guía con una breve referencia bibliográfica de cada uno de eles. Despois fíxose unha posta en común e elaborouse un documento conxunto para recoller esa bibliografía. Ligazón co documento en PDF  Visita guiada ao xacemento prehistórico de Atapuerca, declarado Patrimonio da Humanidade pola Unesco: visita aos tres xacementos mais importantes da Trincheira do Ferrocarril: A sima do Elefante, A Galería e a Gran Dolina. Visita ao Parque Arqueolóxico: centro de Interpretación da Prehistoria no que se experimenta a través da arqueoloxía experimental cómo era o día a día dos nosos antepasados.
  44. 44. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 43 Visita guiada ao Museo da Evolución Humana: recorrido pola evolución humana, tanto biolóxica como cultural e contacto cos principais restos atopados nos xacementos da Serra de Atapuerca. Ligazón co vídeo (Formato .mov de Quick Time) Ligazón coa galería de imaxes da visita a Atapuerca E aínda non rematamos co proxecto. quédannos rematar o traballo coas seguintes actividades e traballos, nos que estamos a traballar:  Elaboración por parte dos alumnos que foron a Atapuerca dun libro ilustrado sobre o xacemento e os seus principais aportacións ao estudio da evolución humana  Elaboración de maquetas 3D sobre os petróglifos de Ames  Preparar unha exposición con todo o material vinculado ao proxecto (posters, guías, materiais audio-visuales, maquetas 3D dos petróglifos de la zona ...). O obxectivo desta exposición será a súa presentación dentro do Centro Escolar e no Concello De Ames, e os seus resultados exporanse nunha páxina web sobre o tema. Todo elo poderá verse no blog http://iesdeames.blogspot.com.es/
  45. 45. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 44 O PROXECTO LECTOR E A BIBLIOTECA Levamos varios anos traballando no desenvolvemento do proxecto lector elaborado polo equipo de biblioteca do centro e aprobado polo claustro. Xa non podemos facer unha distinción entre o traballo desenvolvido na biblioteca e as actividades do proxecto lector. De feito todas as actividades que se fixeron na biblioteca estaban pensadas para cumprir os obxectivos do plan lector xeral ou para colaborar e facilitar as actividades programadas nos plans lectores dos departamentos. Ademais ultimamente traballamos cada vez mais en proxectos interdisciplinares. As horas de biblioteca están distribuídas entre os profesores para que a maioría dos departamentos teñan algún profesor con algunha hora de biblioteca para poder traballar e colaborar no desenvolvemento do proxecto lector da súa materia e para facilitar a posta en marcha dos proxectos interdisciplinares. - Todos os departamentos tiñan que elaborar os seus proxectos lectores seguindo as directrices xerais do plan lector do centro, que a súa vez intenta recoller todas as liñas de actuación do que ten que ser un plan lector. Ligazón coa Guía de departamentos (PDF) Ligazón co documento Proxectos multidisciplinares (PDF) - Todas as actividades e actuacións programadas na biblioteca estiveron pensadas para cumprir cos obxectivos do Plan Lector, a nivel xeral e a nivel de cada materia. este ano traballamos sobre todo nos diferentes proxectos interdisciplinares - Os departamentos tiñan que cubrir cada trimestre unhas plantillas que recollerían as actividades feitas en cada materia e nivel. Estas plantillas lles permiten levar un control e comprobar se realmente están cubertas todas as actuacións que debe recoller o plan lector. Non todos os departamentos foron puntuais na recollida das súas actividades. Creo que cumprimos os obxectivos propostos. Algúns dos proxectos programados acadaron maior desenvolvemento do que tiñamos pensado e ademais foron xurdindo proxectos novos. No que queda de curso procuraremos ir colgando na páxina web os proxectos mais interesantes que se fixeron ao longo do curso nos proxectos lectores dos distintos departamentos. Podedes consultar na seguinte dirección as memorias dos Proxectos lectores dos departamentos e tamén os traballos e actividades mais interesantes: http://iesdeames.blogspot.com.es/p/proxecto-lector-2012-2013.html Nalgúns aspectos puntuais temos que mellorar. Algo que non funciona como debería é a HORA DE LER, a pesar de que tralo contrato programa quedou claro que os rapaces aguantan perfectamente lendo unha hora, especialmente se lles das a opción de elixir eles as súas lecturas. O erro, o de sempre, hai algúns profesores que non o levaron a práctica e é algo que para empezar a funcionar ben ten que ter o compromiso e o esforzo de todos. Cando está asentado despois funciona so.
  46. 46. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 45 As novas tecnoloxías tamén van asentándose. So hai que comprobar que poucos proxectos de traballo non as inclúen, ou no proceso de busca de información ou na propia presentación. Unha ollada a Aula virtual tamén da idea da cantidade de profesores que xa traballan de outro xeito cos alumnos. http://centros.edu.xunta.es/iesames/moodle/ Tamén temos moitos blogs:  Para a información das actividades que se fan: http://iesdeames.blogspot.com.es/  A materia de antropoloxía http://antropoque.blogspot.com.es/  A materia de filosofía: http://filonexos.blogspot.com.es/  A materia de música http://www.sondames.org/  Literatura Universal: http://literaturauniversaliesames.blogspot.com.es/  O musical http://oeslabon.wordpress.com/ Eu creo que no meu centro o plan lector está xa moi asentado, tal como se ve por algunhas das actividades recollidas nesta memoria. Son poucos xa os profesores que non cumpren cos obxectivos do plan lector. E son poucos os profesores que non acaban participando nalgún dos proxectos ao longo do curso. Nun documento aparte entrego o Plan Lector aprobado para o ano 2011-12. IMPLICACIÓN DO CENTRO E DA COMUNIDADE EDUCATIVA A implicación do centro no proxecto lector e no bo funcionamento da biblioteca reflíctese na actuación do equipo directivo e nos traballos tan interesantes levados a cabo polos compañeiros, algúns xa reflectidos na memoria. Xa na propia elaboración dos horarios de profesores e do esforzo que se fai en dos sensos resulta evidente que neste centro se apoia a labor da biblioteca: 1- Que a biblioteca estea aberta case ao 100% da xornada lectiva 2- A distribución das gardas de biblioteca entre o profesorado, que xa expliquei na introdución. Por outra banda o centro contribúe economicamente no funcionamento da biblioteca nuns 1200 euros anuais: - Subscrición de periódicos e revistas: a maioría das revistas as paga o centro (uns 300 euros anuais) - Subscrición de fondos bibliográficos editorial Rinoceronte (uns 50 euros anuais) - Materias funxibles para actividades biblioteca (uns 250 euros) - Fotocopias (uns 200)
  47. 47. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 46 Tamén colabora a Anpa. En todos os concursos os premios son cheques- regalo canxeable por libros nunha librería do concello. Nunca damos diñeiro en efectivo os rapaces, queremos que os premios sexan libros ou material de plástica pero tamén queremos que escollan eles os libros que desexen e favorecer dalgunha maneira o comercio local. Os premios entregaranse nun acto público no centro, ao que acudirán representantes do concello. Queremos facer un recoñecemento público aos rapaces que participaron e gañaron para así aumentar e animar a participación nos anos vindeiros. ACTIVIDADES DE FORMACIÓN Eu, como responsable do equipo de biblioteca asisto todos os anos as xornadas do Plambe e as xornadas do Club de Lectura. PROCEDEMENTOS DE AVALIACIÓN O seguimento dos avances e problemas na posta en marcha do proxecto lector ten que facerse en dous niveis. Por unha banda o equipo da biblioteca ten que ir avaliando o éxito e as dificultades que aparecerán no desenvolvemento das distintas actividades programadas, para redeseñalas se é necesario. Ten que valorar cales das actividades teñen maior aceptación, cales son os fondos máis demandados polo alumnado, que deficiencias presenta a biblioteca á hora de desenvolver as actividades... Por outra banda, todo o profesorado terá que avaliar os resultados e o grao de desenvolvemento do proxecto lector. Tamén terá que constatar se ten necesidade de material, espacios físicos ou outras dificultades de tipo conxuntural que poda ir atopando. Para levar a cabo os labores de avaliación ponse en marcha as seguintes actuacións: - Reunións periódicas do equipo da biblioteca, para facer unha posta en común, repartir o traballo, aportar suxestións e cambios... - Memoria do proxecto lector elaborada por trimestres por cada departamento. Permite ir autoavaliando o cumprimento, as necesidades de material, a programación de actividades... Dende o punto de vista técnico, no apartado de “Funcionamento da biblioteca do centro” desta memoria, recollemos os datos estatísticos referentes ao funcionamento do servizo de empréstito así como os datos sobre á adquisición, rexistro e catalogación dos fondos da biblioteca. Recordar que a data de hoxe, todo o fondo da biblioteca atópase catalogado coa aplicación “Proxecto Meiga”, seguindo as normas e criterios técnicos do Ministerio de Cultura que se aplican a bibliotecas públicas. Así mesmo, a maioría dos materiais dos departamentos do centro tamén se atopan catalogados, aínda que fisicamente non se conserven na biblioteca.
  48. 48. Curso 2012-2013 [MEMORIA DE ACTIVIDADES ] 47 PREVISIÓNS DE FUTURO O proxecto lector está cada vez máis implantado e cada vez trabállase mellor e máis coordenados. Ademais vexo que cada ano xorden moitas actividades novas que hai que ir engadindo. A idea e a de seguir traballando en proxectos multidisciplinares. Están previstos os seguintes: - “A voltas co…”: o tema será o cine. Este será tamén o tema central do Proxecto Lector de Centro. - Proxecto Lector de centro: O cine. Este será o tema proposto aos departamentos. Será un dos proxectos multidisciplinares que se ofrecerá a todos os profesores. As principais actividades que se levarán a cabo quedarán deseñadas ao final deste curso para que os departamentos podan incluílas ao comezar o curso nos seus plans lectores das súas materias. - A biblioteca solidaria. Seguiremos coas nosas campañas de concienciación. Un proxecto que aínda non levamos a cabo sería a creación dun grupo de “periodistas solidarios”: Pode formarse cun grupo de alumnos voluntarios ou ben se algún profesor o desexa plantexarse como un posible proxecto do Proxecto Interdisciplinar. O traballo consistiría en seleccionar cada mes unha ou dos datas conmemorativas das fixadas pola ONU, investigar qué suceso recordan e facer unha presentación para o centro en paneis e poderíase tamén crear un blog, facer unha presentación en powerpoint etc etc. - Contrato-programa: Temos en mente seguir, aínda están por determinar que cambios imos facer, se haberá dispoñibilidade do profesorado…O tema será tamén o cine. - A intención e seguir co Proxecto con A de Ames, A de Ágora, A de Astronomía, porque ademais de que a astronomía interesa moito aos rapaces, podemos enlazar co tema do cine coa película Ágora de Amenábar. Fdo: Margarita Olivar Roldán Ames- Bertamiráns, 5 de xuño 2013

×