2. OBXECTIVOS XERAIS
Realizar o traballo co alumnado dentro dunha dinámica de
investigación, creación, contraste de fontes de información,
traballo en equipo.
Darlle visibilidade as actividades que se realizan no colexio
sobre a vida e obra de Manuel María.
Implicar a todas as familias no proxecto.
Achegar a toda a Comunidade Educativa as posibilidades
que ofrece a realidade aumentada, como conexión entre o
mundo real e os contidos dixitais.
Promocionar o blog da biblioteca, os blogs de aula e os
das especialidades através dun código QR.
Expoñer o traballo final na Biblioteca Municipal co fin de
incentivar a súa visita e dar a coñecer así os seus
servizos.