Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.
 
 
 
 
 
 
 MEMORIA XUSTIFICATIVA            
  EXPERIENCIA DIDÁCTICA 
                 O ENTROIDO EN GALIZA 
 
         ...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




                                ÍNDICE
           ...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




1. DESCRICIÓN:

          Segundo Schrock,[1998], ...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




2. OBXECTIVOS:


           •     Coñecer as festa...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




4. ACTIVIDADES:

            •    Organizar as par...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




recurso capaz de amosar modelos (software específi...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN:

    Os criterios de a...
MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA” 




       O resultado de todo este traballo superou c...
Upcoming SlideShare
Loading in …5
×

Memoria o entroido-en-galiza

640 views

Published on

Memoria experiencia didáctica webquest O ENtroido en Galiza.

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Memoria o entroido-en-galiza

  1. 1.             MEMORIA XUSTIFICATIVA             EXPERIENCIA DIDÁCTICA  O ENTROIDO EN GALIZA      UNHA WEBQUEST    COOPERATIVA                             CENTRO: C.E.I.P. GONZALO TORRENTE BALLESTER (Sigrás – Cambre – A Coruña)  AUTORA: ELENA BAULUZ  DATA REALIZACIÓN: FEBREIRO 2010 
  2. 2. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  ÍNDICE PÁXINA 1. ÍNDICE…………………………………………………………………………………………….. 2 2. DESCRICIÓN………………………………………………………………………………….. 3 3. OBXECTIVOS………………………………………………………………………………….. 4 4. CONTIDOS………………………………………………………………………………………. 4 5. ACTIVIDADES……………………………………………………………………………….. 5 6. METODOLOXÍA………………………………………………………………………………. 5 7. AVALIACIÓN………………………………………………………………………………….. 6 8. CRITERIOS DE AVALIACIÓN……………………………………………………. 7 9. PROPOSTAS DE MELLORA…………………………………………………………… 7 10. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB……………………………………………. 8 [Elena Bauluz] Páxina 2
  3. 3. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  1. DESCRICIÓN: Segundo Schrock,[1998], WebQuest é o medio adecuado para aqueles profesores que buscan formas de incorporar Internet na aula. E segundo March,[1999], WebQuest usa o mundo real, e tarefas auténticas para motivar aos alumnos; a súa estrutura é construtivista e, polo tanto, forza aos alumnos a transformar a información e entendela; as súas estratexias de aprendizaxe cooperativo axudan aos alumnos a desenvolver habilidades e contribuír ao produto final do grupo.1 Partindo de ámbalas dúas ideas o Equipo de Normalización Lingüística do C.E.I.P. Gonzalo Torrente Balllester (Sigrás – Cambre - A Coruña) propuxo plantexar unha WebQuest sobre “O Entroido en Galiza”2 para que os alumnos e alumnas do centro coñeceran a importancia cultural que ten dita festa na nosa Comunidade Autónoma. Tras decidir que era o que querían as mestras que os nenos aprenderan, elaborei a WebQuest: as preguntas, as páxinas para atopar a información, a redacción, as imaxes e videos utilizados para ilustrala… O traballo para resolvela realizouse na Área de Coñecemento do Medio aproveitando a hora de Informática Aplicada que temos no noso centro. Propúxose para o 2º ciclo de E.Primaria (8-10 anos) cunha duración de 5 sesións de 50 minutos cada unha. A organización para traballar decidiuse que fora de dous nenos por ordenador. E cada parella respondería a unha pregunta, de xeito que con todas as respostas formaran un traballo cooperativo sobre o Entroido en Galiza. Con esta experiencia didáctica preténdese poñer en valor as Tecnoloxías da Información e a Comunicación como medio para a ensinanza de contidos curriculares e transversais na aula. 1 http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm 2 http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagina=1 [Elena Bauluz] Páxina 3
  4. 4. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  2. OBXECTIVOS: • Coñecer as festas e tradicións de Galicia. • Valorar a importancia do Entroido como parte do noso patrimonio cultural. • Planificar e organizar a procura de información na internet. • Observar, analizar e interpretar fotografías e mapas de Galiza. • Utilizar as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na súa aprendizaxe. • Mellorar no seu manexo do ordenador e no uso do procesador de textos. • Ser consciente da importancia de contrastar as fontes de información. • Participar de xeito responsable na realización de tarefas en grupo. 3. CONTIDOS: • O Entroido: festa e tradición. • Mapa de Galiza: lugares máis importantes na súa celebración. • Traxes, máscaras e personaxes dos entroidos máis destacables. • Gastronomía da época. • Valoración da diversidade cultural como fonte de enriquecemento persoal. • Recompilación de información e utilización dos coñecementos adquiridos. • Distinción da información relevante da que non o é. • Ampliación do vocabulario relativo ao tema. • Organización das palabras. • Confrontar as fontes de información. • Bibliografía e páxinas web utilizadas. • Utilización do ordenador e da internet para a elaboración do traballo. [Elena Bauluz] Páxina 4
  5. 5. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  4. ACTIVIDADES: • Organizar as parellas de traballo. • Explicar que é unha Webquest e cales son os obxectivos da actividade (traballo cooperativo) • Repartir as preguntas, unha por parella. • Crear a súa carpeta “ENTROIDO” para gardar toda a información que vaian atopando na rede. • Crear subcarpetas dentro da anterior: “FOTOS” e “TEXTOS”. • Crear un documento de Word, co nome da súa pregunta, para ir pegando a información relevante. • Elixir imaxes que ilustren o seu texto. (traxes, máscaras, personaxes, a festa….) • Organizar a información atopada. • Reler o texto e distinguir o importante do que non o é. • Dar formato al documento. Título, subtítulo, corpo de texto. • Organizar as imaxes co respecto ao texto. • Elixir entre todos o encabezado, o pe de páxina e a portada. • Facer o índice coas preguntas. • Facer a bibliografía das páxinas web utilizadas. • Presentación do traballo ao resto da comunidade educativa no taboleiro do Equipo de Normalización Lingüística. 5. METODOLOXÍA: Segundo a Lexislación da E.Primaria en Galiza3, os tres paradigmas pedagóxicos que deben fundamentar a intervención educativa serán, (sempre interrelacionados): • O globalizador, • O crítico, • O construtivista. O alumnado debe ser o construtor da súa propia aprendizaxe, coa axuda do profesorado e coa das compañeiras e dos compañeiros. No apartado da Área de Coñecemento do Medio tamén se fai unha mención específica á “…utilización das TIC, usadas como fontes informativas (internet, dicionarios e enciclopedias dixitais, webquest...), como facilitador do tratamento de datos (programas específicos), como 3 Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 9 de xullo de 2007) [Elena Bauluz] Páxina 5
  6. 6. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  recurso capaz de amosar modelos (software específico), como medio para a redacción de informes e para a comunicación de conclusións e informacións (elaboración de texto e hipertexto, chat, correo electrónico, web...)…..” Con todo o dito anteriormente case non fai falla dicir que con esta actividade ponse de manifesto unha aprendizaxe construtiva, cooperativa, e significativa coa fin de conseguir facer aos alumnos máis competentes para incorporarse á vida adulta de xeito satisfactorio e ser capaz de desenvolver unha aprendizaxe permanente ao longo da vida. 6. AVALIACIÓN: Seguirá os seguintes criterios básicos: • Global: tendo en conta o punto de partida dos alumnos, a súa evolución ao longo do proceso, e os resultados obtidos ao final do mesmo. • Individualizada: centrándose en cada alumno e na súa situación inicial e particularidades. • Integradora: contempla a existencia de diferentes grupos e situacións. • Cualitativa: avalíanse de forma equilibrada os diversos niveis de desenvolvemento do alumno, non só os de carácter cognitivo. • Orientadora: aporta información precisa para mellorar a súa aprendizaxe e adquirir estratexias apropiadas. Algúns dos procedementos e instrumentos existentes para avaliar o proceso de aprendizaxe: • Observación sistemática: - Rexistro anecdótico persoal. • Análise das producións dos alumnos: - Textos escritos. - Producións orais. • Intercambios orais cos alumnos: - Diálogo. - Postas en común. • Proba específica: - Resolución da Webquest. - Elaboración en Word da súa parte do traballo. • Autoavaliación. [Elena Bauluz] Páxina 6
  7. 7. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  7. CRITERIOS DE AVALIACIÓN: Os criterios de avaliación serán referente fundamental para valorar tanto o grao de adquisición das competencias básicas como da consecución dos obxectivos. Segundo os obxectivos propostos avaliarase: • Coñece e valora a importancia do Entroido como parte do noso patrimonio cultural. • Procura información na internet, planifícaa e organízaa. • É capaz de observar, analizar e interpretar fotografías e mapas de Galiza. • Distingue a información relevante. • Utiliza as novas tecnoloxías como unha ferramenta máis na súa aprendizaxe. • Mellora no seu manexo do ordenador e no procesador de textos. • Cita as fontes de información. • Participa activamente no traballo. • Colabora na realización de tarefas en grupo. • Valora o seu esforzo e o dos demais para conseguir o obxectivo común. 8. PROPOSTAS DE MELLORA: Todo proceso de ensinanza - aprendizaxe ten unha avaliación inicial e outra final. A primeira, tiña que ver cos seus coñecementos sobre o Entroido en Galiza, e penso que os alumnos melloraron no seu coñecemento sobre el, as súas festas e tradicións, a súa gastronomía… Pero na avaliación final, ademais de todo iso, tamén melloraron en todas as súas competencias: na comunicación lingüística, no coñecemento e a interacción co mundo físico, no tratamento da información e competencia dixital, na social e cidadá, na cultural e artística, no aprender a aprender e na autonomía e iniciativa persoal. De cara a un futuro gustaríame plantexar a actividade desde outra perspectiva: a creación por eles mesmos dunha WebQuest e que fora resolta por outro grupo de alumnos do centro. Sería unha boa maneira de involucralos desde o principio na actividade, e tamén serían os artífices da aprendizaxe doutros. [Elena Bauluz] Páxina 7
  8. 8. MEMORIA XUSTIFICATIVA EXPERIENCIA DIDÁCTICA “O ENTROIDO EN GALIZA”  O resultado de todo este traballo superou con creces as miñas expectativas. Por iso, considero que a experiencia foi moi enriquecedora. non só para os rapaces, senón para min como mestra. Desde aquí dou as grazas ao Equipo de Normalización Lingüística do meu centro por propoñerme a idea de crear esta WebQuest, ás mestras do 2º ciclo que me axudaron na organización final do traballo e, por suposto, aos rapaces e rapazas por facer posíbel esta aventura e deixarme coa mel nos beizos para volver traballar deste xeito nun futuro. 9. BIBLIOGRAFÍA E PÁXINAS WEB: • LEXISLACIÓN DA E.PRIMARIA EN GALIZA: Decreto 130/2007, do 28 de xuño. (DOG do 9 de xullo de 2007) • Que é unha WebQuest?: http://platea.pntic.mec.es/~erodri1/PRESENTACION.htm • PHPWEBQUEST: Aloxado gratuito: http://www.phpwebquest.org/ • BAULUZ, ELENA: WebQuest: “O Entroido en Galiza”: http://phpwebquest.org/wq25/webquest/soporte_tabbed_w.php?id_actividad=88452&id_pagin a=1 • BASES CERTAMEN INTERNACIONAL EDUCARED: http://www.educared.org/c/document_library/get_file?uuid=261b8b87-6ff5-45d7-8c70- 438a07fd7c51&groupId=4520136 • PROXECTO CURRICULAR E PROGRAMACIÓN DE AULA “Medio 4. Tema 14: Como é Galiza”. Editorial Vicens Vives. http://www.vicensvives.net/DIDACLIC/descarga_recursos/docs_comuns/docs_cd/es/primaria/d ata/navegacion.html# [Elena Bauluz] Páxina 8

×