SlideShare a Scribd company logo
1 of 43
En 1910, 8 de marzo, en España
foi cando se autorizou a matrícula para as
mulleres nas carreiras universitarias
públicas. Na mesma data, en Galicia,
nacía a muller que eu coñecín.
Mentres, en México facíase unha
revolución e en Estados Unidos
convocábase unha folga de traballadoras
do téxtil e mulleres do partido socialista.
A revolución desta muller neste recuncho
do noroeste da península Ibérica foi
conseguir levar á mesa un prato de comida
diario.
Acadou formar a súa propia familia e
transmitirlle aos seus a honradez e os
principios morais ante a vida.
Xa de adulta foi quen de aprender a
escribir.
Viveu rodeada dos seus seres queridos.
Deixou un legado de fillos e netos que
estamos orgullosos de tela coñecido e ser
parte da súa familia e do seu enorme
corazón.
Merchi Bermúdez
A miña nai
Muller loitadora, bondadosa, paciente, amiga de
facer ben, con moitos valores que me transmitíu.
Naceu orfa sen coñecer a súa nai, iso marcouna
moito, dicía que foi o seu sentir de nunca ter
tido o cariño dunha nai nin dunha avoa. Era
a pequena de cinco irmáns. Aos once anos
levárona para Vigo a traballar de muchacha de
fogar, ela dicía que os señores queríana adoptar
pois non tiñan fillos pero ela negouse, non
podía renunciar a darlle aos irmáns o pouco
que gañaba para eles poder comer.
Logo coñeceu o meu pai. El era mariñeiro,
casaron e tiveron dous fillos, meu irmán o
maior e a min.
O meu pai andaba ó mar en Canarias e pasaba
meses alá así que a miña nai tiña que facer de
nai e pai, coidar, educar os fillos. Tamén
traballaba na fábrica de conservas. Tiñamos
ovellas, porcos, galiñas, algunha veiga para ter
patacas para todo o ano e as do cedo vendíanse
para facer algúns cartiños.
Sempre a recordo de bo humor e con
moita ilusión, sempre dicindo que
tiña que chegar a un teito
propio porque cos alquileres
había moitos abusos.
Así chegou o día de facer a casiña, era
pequeniña, era como “un no va más” con
cociña de carbón, leña fóra, fume e lareira!
Ai, que pouco durou a alegría na casa do
pobre! a miña nai de tanto traballar enfermou
dunha lesión no pulmón. Nese mesmo ano o
meu pai, no barco, foron a pique cerca de
Canarias, aquel foi un golpe para todos nós
sobre todo para ela, nós eramos rapaces só a
consolabamos dándolle bicos porque ao
principio non sabiamos se estaban vivos ou
mortos. Aquela incertidume foi moi dura para
miña nai. Desa quedamos moi mal
economicamente, todos os enseres, roupa de
auga, botas, colchoneta de meu pai… quedaron
no fondo co barco. Iso que agora parece
irrisorio porque sobra roupa daquela érao todo,
era un capital.
Isto é parte da curta vida da miña nai, quedan
moitas cousas atrás. Só dicir: na vida nada lle
sorríu.
O que si, ela sempre foi unha loitadora. O
cancro acabou con ela máis non co seu sorriso
e bondade. Palabras de alento sempre
tivo para min e todos os que a
coñeceron, todos, todas, sempre me
transmitiron o boa persoa que era.
Deixounos cedo. A vida é así.
Carmen García
UNHA MULLER IMPORTANTE
NA MIÑA VIDA
Esta muller é unha persoa responsable, correcta
no trato cos demais, evita as discusións, prefire
calar a boca e marchar da habitación. Iso non
quere decir que non diga a súa opinión.
A ela dáselle ben calquera cousa, tanto deseña
un traxe de entroido como cambia unha roda do
coche cando está pinchada.
É atenta coas súas compañeiras do traballo e non
lle importa axudar anque xa acabara o seu
horario; evita crear envexa entre elas. Levarse
ben, para ela, é o máis importante.
Gústalle felicitar os familiares e coñecidos, está
pendiente de xuntar a familia polas festas e non
perder as tradicións; seguir facendo regalos, se
pode, facéndoos ela mesma pois gústanlle as
manualidades.
Cando ten que ir ó médico ou dentista, vai soa,
sen medo. Se xurde unha situación grave, busca
a maneira de solucionalo cunha serenidade
asombrosa.
Saca tempo para todos, para os seus pais e avoa,
anque logo ande apurada.
Mira moito pola súa economía; só
merca o que necesita.
Un modelo a seguir.
Elena Gargamala
Angelina María García P. naceu
un 14 de febreiro do ano 1916 nun lugar
paradisíaco, as Illas Cíes. Nunha familia de
oito irmáns que quedaron sen nai cando ela
contaba sete anos.
A súa infancia, a pesar da perda, discurríu
feliz e chea de aventuras, algunhas perigosas,
coas que arrullou aos seus fillos, contos únicos
onde ela era a protagonista. Era unha gran
narradora.
Como millóns máis de persoas, tocoulle vivir
unha guerra civil, tempos moi difíciles, onde a
principal preocupación era a supervivencia.
Lémbroa como alguén doce pero forte,
loitadora, traballadora incansable, tratando
sempre de darlle un mellor futuro a súa
familia.
Foron moitos os anos que Deus lle concedeu,
cousa que ela nunca pensou, puido ver crecer
aos seus fillos, netos e bisnetos. Sempre un
referente para min.
Faleceu en Cangas aos 101 anos.
Carmen Parcero
"Nai non hai máis ca unha". Esa frase é
unha gran verdade, tanto como que estamos
vivas. Ela, que foi nai e pai sempre, que
desenvolveu todos os roles nunha sociedade
que lle daba as costas, traballou como
cociñeira e como auxiliar de conserva,
como moitas mulleres de Cangas. Ademais,
sempre que podía sacaba tempo para
aprender e mellorarse e conseguiu sacar os
estudos secundarios pola modalidade de
adultos con 47 anos, ao tempo que eu
comezaba a mesma etapa con igual ilusión.
Aguerrida e loitadora, ela é para min
importante porque o é todo: referente,
confidente, sustento e apoio incondicional.
É, en fin, miña nai, a que me deu a vida e
a que ma fai máis feliz.
Laura Piñeiro
(profe de LGL e Oratoria)
A miña abuela María naseu
en Cangas e traballaba na
casa e traballou na fábrica
de conservas onde estaban
descalzas porque non había
diñeiro nin para comer.
Tiña bo corasón. A min
axudoume moito, coidoume
os fillos que eran seus netos e
eran un pouco trastes e ela
con cariño todo o facía para
que foramos traballar.
Morreu no ano 1972 con 89
anos.
Carmen Vilariño
Efigenia
Esta muller, a miña nai, foi unha
muller moi sacrificada. Naceu no
ano 1913 e levou unha vida moi
solitaria. Meu pai era mariñeiro e
botaba mareas de moitos anos. A
miña nai quedou coidando de tres
fillos, a sogra e unha tía que foi a
que a criou a ela. Coidaba de todos
e da casa, nunca a escoitamos
queixarse. Para min e meus irmáns
foi a mellor educadora e nai que
puidemos ter. Como a maioría das
mulleres de antano traballou moito
e sen medios.
Isto é unha homenaxe á miña nai
Lela, como lle chamabamos.
Mª Luísa Conde
María naceu en
Cangas do Morrazo. Traballou
na fábrica de conservas e tamén
en tender aparellos dos barcos.
Non paraba de traballar para
sacar adiante os seus fillos e así
axudar a seu marido. Lembro
cando era pequena e a vía como
nos tempos de recoller as patacas
que se levantaba ás catro da
mañá e ía para a horta. Por
aquel entón soían roubar as
patacas había tanta fame. María
era una muller valente e
bondadosa, repartía todo o que
sembraba cos veciños. Conseguíu
unir a toda a súa familia e as
veciñas a querían moito. Era
una muller marabillosa.
María Teresa
Manuela Graña naceu en Cangas
e morreu con 70 anos. Quedou
orfa moi pequena, coidouna
unha tía e despois ela tivo que
coidar os irmáns.
Foi á escola, foi modista, coidou
os irmáns, traballou no campo e
tamén ía a Vigo buscar comida
para todos os irmáns. Axudoume
a coidar os meus fillos.
Carmen Portela Piñeiro
A miña abuela chamábase
Carmen e era de Coiro.
Traballaba no campo e era
casada e con fillos.
Eu de pequena pasábao moi
ben con ela. Ensinábame a
coser e dábame bos consellos.
Grasias abuela
Luisa Martínez
Miña abuela estaba sempre
atareada.
Gustáballe estar coa xente e
sabía contar historias. A abuela
Luisa coidaba de nós.
Marisa Mallo
Moria Guzmán nació en
Huelma (Jaén) en febrero del
ano 1945. Era la mayor de
cinco hermanos. Tuvo catro fillos
y los crió dentro de sus
posibilidades. Y también su hijo
Antonio que es discapacitado. Se
responsabilizó de que sus hijos
estudiaran. Mi madre estuvo
cuidando de sus dos hermanos
en su misma casa. Era una
persona muy luchadora. A pesar
de que madre no sabía escribir
sabía arreglar todo lo papeleos
de la casa.
Mi madre me ayudó mucho
porque a pesar de mi
discapacidad nunca me dejaba
en casa.
Antonio García
María naceu en Coiro en 1923.
Coidou de toda a familia, non
lle negaba nada a ninguén.
Traballou no campo e tamén na
fábrica.
Casou aos 27 anos. Meu pai
emigrou ao País Vasco e ela
fíxose cargo de tres fillos, da
casa e do coidado de meus avós,
tamén dunha tía solteira. Foron
seis irmás mulleres todas.
Tiñamos acubillo para todas.
Josefa Rúa
Carmen P. G.
Para min foi a muller máis boa e
traballadora. Moi atenta coa súa
familia. Sempre traballou no
campo. De moi pequena tiña que
amasar a fariña para facer o pan,
acendía o forno de leña e o seu
pai poñíao dentro. Tamén de moi
nena ordeñaba as vacas e ía
vender o leite a Cangas todos os
días.
Mª Carmen Piñeiro P.
A miña avoa naceu co século XX.
A traxedia marcouna desde nena pois perdeu ao
seu pai dunha pleuresía. Lembraba
perfectamente como chegou o médico en coche de
cabalos e intentou sen éxito unha operación de
urxencia abríndolle o peito na mesa da cociña.
Foi de nena á escola da parroquia. Encantáballe
aprender e axudáballe á mestra coas nenas máis
pequenas xa que estaban todas xuntas na mesma
clase. Pero foi pouco tempo que había que
axudar na casa. Medrou entre o mundo rural e
as xornaleiras que viñan axudar no traballo do
campo do que vivía a familia e o atractivo da
cidade de Vigo, a vinte minutos da casa
camiñando, pola que chegaban novidades sociais
e políticas. Agochábase coas amigas para observar
admirada os automóbiles, os escaparates, as
folgas obreiras, as manifestacións do 1º de maio,
a chegada da II República... Soubo quen era
Clara Campoamor e acudiu a votar coa súa nai
nas eleccións de 1933, a primeira vez que as
mulleres podían facelo. Pero todos os camiños
novos que se abrían pecháronse de súpeto co
estoupido dunha guerra e unha represión da que
nunca quixo falar, ela que falaba
seguido da vida e da xente.
Escolleu esquecer e desbotou
da súa vida a fantasía.
As súa historias eran de cousas vividas,
lembradas ata o máis mínimo detalle, anécdotas
cheas de humor e retranca que contaba nun
galego cheo de frases feitas e refráns que sigo
gardando como un tesouro, aínda que falase
perfectamente o castelán para os estraños.
Traballou nunha imprenta mal pagada, sen
contrato nin cotización social. Criou cinco
pequenos, unha filla e catro sobriños cuxa nai
enfermara. Sempre correndo de aquí para alá ata
nos pesadelos nos que nunca chegaba a tempo.
Separouse dun home alcólico ao que non quixo
ver máis. A súa única filla enfermou do corazón
e morreu aos 40 anos deixándonos a nós, tres
nenas de 11, 9 e 7 anos. Meu pai entrou nunha
profunda depresión e foi ela quen nos coidou.
Que nos estudiásemos era a súa maior ilusión e a
nosa mellor escusa para librar de calquera
traballo doméstico. Eu tiven acceso a becas que
me permitiron chegar á universidade. Fomos a
primeira xeración de familias sen recursos con
acceso real a unha educación superior, á que
miña nai e miña avoa non puideron ter porque
estudar era para ricos. A avoa pasou a ser a
“bisa” e seguía atenta ao que pasaba no mundo,
lía o “faro” e vía o “parte” cada día,
con lupa e cascos cando xa perdera
vista e oído. Morreu aos 97 anos, feliz de
deixarnos un mundo moito
mellor para as mulleres.
Matilde naceu e morreu en
Cangas. Traballaba na fábrica
Massó. Casou e tivo fillas. Foi moi
atenta e coidadosa. Criou as fillas
e educounas aínda que tiña
pouco diñeiro, pero
administrábao ben.
A min gustábame moito falar con
ela e teño moitos recordos.
Moitas gracias por todo.
Josefina C. Rodríguez Gil
Nai de sete fillos, 9 netos e 3
bisnetos. Coidou de todos, tamén
dos seis pais e sogros. E logo do
seu home que empezou con
demencia senil. Agora é a ela a
que lle falla a memoria. Sempre
coidando, atendendo, alegrando
as festas e reunións. Contos,
lendas e cancións, pasabamos
así horas e horas.
Bisavoa, canto me gustaba
escoitar os teus contos e
fantasías!
AS MIÑAS FILLAS
Al Haqima é nai e vive en Dubai.
Quero visitala porque a estraño.
Estou orgullosa de ela.
Siham é nai e vive en Marrocos.
Traballa vendendo coches. Quero
visitala para coñecer a miña neta.
Quéroas moito.
Fatima
MIÑA IRMÁ
Miña irmá Josefa tivo que emigrar
a Suíza deixando aquí os seus tres
fillos e cando volveu perder xa o
afecto dos fillos. Perdeu contacto
como consecuencia da necesidade
de emigrar das mulleres.
Avelina
María era unha muller solteira
que vivía coa súa irmá e cuñado.
O matrimonio tiña un fillo e
estaban esperando outro cando a
muller enfermou de tifus e ao pouco
de dar a luz morreu deixando os
dous nenos coa súa irmá. Esta,
naqueles tempos que lle tocou vivir,
pasouno moi mal. O pai dos nenos
marchou e María tivo que vender
parte da súa herdanza para
quitalos adiante, con moito traballo.
Naquela miseria, só viveu para eles,
deulles escola, educounos ben e
cando se fixeron persoas casaron
formaron as súas vidas e déronlle a
María segundos sobriños, que con
todo cariño axudou a crialos e foi
moi querida por todos eles.
Josefa Tubío
A MULLER QUE ADMIRO
Quedou orfa de nai aos dous anos xunto cun
irmán máis novo. O pai, mariñeiro, ficou
viuvo cos dous pequenos. A ela e o seu irmán
criáronos entre veciños e familiares, até que
chegou unha madrasta Despois viñeron cinco
irmáns máis. Ela foi ben tratada pola nova
nai, mais ao ser a máis vella tiña que
traballar abondo para axudar a familia. A
madrasta padecía do corazón e non podía
traballar. Eran tempos difíciles.
Cando tiña dezasete anos morreu a madrastra
quedando ela ao cargo de seis irmáns. A
mocidade pasouna criándoos coma se fosen
seus fillos. Aos trinta coñeceu no baile o que
sería seu home, moi boa persoa pero pobre e
medio cego. Tiveron dous fillos e a mala sorte
fixo que un deles herdase a enfermidade do
pai.
Traballaron moito para saír adiante. Ela era
un pouco arisca e autoritaria, as
circunstancias da vida así a fixeron pero
loitou tanto polos fillos, e máis tarde polos
netos, que para min foi a mellor e
máis admirada das mulleres.
Esa foi a miña nai.
Elvira Marcos
Xa de nova traballou moito, tiña
que coidar do gando, ir ao campo, ter conta
dos irmáns pequenos. Ela era quen levaba
todo a carga da casa. Iso si, malamente sabía
ler e escribir pero estaba moi satisfeita,
dicía "polo menos sei firmar".
Casou dun veciño do barrio e tivo cinco
fillos, un deles morreu de moi cativo e iso
marcouna moito. Traballaba e traballaba
pero para saír adiante nada chegaba. Fixo
de nai e de pai pois seu home emigrou a
América, aínda que antes de marchar
deixoulle un poder, por se pasaba algo ter
de que botar man.
Traballou na fábrica. Tiña que ir lavar ao
río de mañá cedo, preparar os fillos para ir
á escola. Si, tiña moi claro que tiñan que
saber ler e escribir.
De América non chegaba case nada e non
lle quedou outra que traballar máis.
Ía ao xornal, ás veces ata o domingo,
as vintecatro horas dela eran así,
traballar moito e pouco
descansar.
Cando os fillos, de ben pequenos,
foron coa patela ao Mar, un púxose moi
enfermo e tivo que vender unhas fincas
para poder comprar a penicilina, que viña
de fóra e valía moitos cartos. Cando os fillos
empezaron a traer algo de cartos para ela xa
foi un alivio. Ese era xa o seu día a día.
Pero o seu día a día rompeuse cando o seu
home chegou de América cego e tivo que
adaptarse a el, ensinalo a moverse pola
casa, pois tiña que deixalo só, que ela
seguía traballando. Moitas lágrimas lle
custou todo isto mais ela tirou para adiante.
A verdade é que non tivo unha vida nada
fácil.
Escribiría moito dela. Moito!
Esta é a miña avoa Filomena, a que sempre
me contaba historias, a que sempre me
dicía "Rapaza, ti non digas nunca
mentiras, que iso non está ben!"
Lémbrome moito dela pois foi
unha muller moi valente.
Gloria Monroy
ARGENTINA
Cando a Escola de Adultos de Cangas veu
para Rodeira no curso 2001-2002 coñecín a
Argentina na clase de Alfabetización. Daquela
ela ía para os oitenta anos e non tivera antes
oportunidade de ir á escola, así que se sentía
igual ca unha nena co seu caderno e o lapis
novos. Aínda lle custou o seu aquilo de agarrar
o xiz para escribir no encerado. Anoxábase toda
e fruncía o cello, e con razón. Porque ela non
poidera ir á escola nin un só día da súa vida.
O que si sabía debuxar eran renglóns dereitiños
co legón.
E sabía dividir, vaia se sabía. Dividía o millo
entre as galiñas sen que ningunha tivese motivo
para reclamar a súa parte. E multiplicaba os
graos das mazarocas en campos e campos de
millo, graos que se transformaban en fariña no
muíño, fariña que se amasaba e se volvía pan. E
cada anaco de pataca, cada semente, cada estaca
a multiplicaba. Con que, como podía alguén
dicir ou pensar que ela non multiplicaba. Como
non se ía anoxar.
Un día chegou a clase e dixo: xa firmei
no banco, co meu nome enteiriño.
E a fachenda era tal
que lle brillaban os ollos.
-E agora vou no coche de liña a
Pontevedra e vou lendo e sei cando estamos en
Seixo porque pon Sei-xo, en Marín porque leo
Ma-rín e por aí adiante.
Seguíu vindo á escola até case cumprir os cen
anos. Apuntábase a todas as actividades, ás
saídas e aos entroidos e a todas as festas. Os luns
contaba das viaxes súas da fin de semana por
dentro e fóra de Galicia.
Argentina contoume historias incribles que
nunca vou esquecer e cando estaba contenta,
despois de escribir concienzudamente unha
frase particularmente difícil, botaba unha
copla das de antes. Debe aínda andar algunha
por aí, nalgunha gravación perdida:
Para abril, para maio, para setiembré
para la primavera mi amante viené.
Mi amante viené, mi amante viené
para abril, para maio, para setiembré.
Parece que a escoito cantar, coa súa
voz ronca e doce e o sorriso
medio pícaro.
Grazas, Argentina,
por todo o que me ensinaches
a apreciar da vida.
“O que vivín na escola de
adultos foi a experiencia máis
bonita da miña avanzada
idade. Facer poemas,
redaccións... Lembrar as
excursións, os carnavais… O
meu oitenta aniversario co
título da ESO e un ramo de
flores no patio de Rodeira na
festa de fin de curso foi para
min un día inolvidable.
Recoméndollo a todas as que
poidan ir.”
Albina Gallego Franco
Era o ano 1956, e foi o
ano en que Amalia, miña nai, foi
traballar á Fábrica de Conservas
Massó. Tiña 26 anos.
A empresa onde traballaban 1500
mulleres.
Mulleres fortes, con moita vontade e
ganas de aprender un oficio que
pouco a pouco, elas o fixeron moi
grande.
Eran xornadas de traballo de
moitas horas, gañaban 7 pesetas á
semana.
Pero a enerxía que elas desprendían
era tan grande, tan natural, que
compensaba as longas xornadas de
traballo. Eran como un gran equipo,
como unha cadea de vida.
Pili Abeijón
SELAH, UNHA MULLER “TODORRENO”
A miña amiga Selah é unha das persoas que
máis admiro. É unha persoa loitadora, todo
un exemplo a seguir como traballadora e
como persoa.
A súa rutina diaria é dura, pero ela nunca
perde o sorriso. Polas mañás traballa nunha
base militar e polas tardes nun hospital.
Levántase ás 6.30 da mañá para estar na base
militar ás 7.30 e pasar lista en formación. Ás
8.00 está saíndo a correr por fora da base e ás
9.30 ten que estar no seu posto de traballo, no
taller: consiste en desmontar, limpar e montar
con repostos novos os cascos dos pilotos e da
tripulación dos helicópteros.
Ás 13.00 termina a súa xornada laboral na
base, colle a súa moto e acude ao seu posto no
hospital ata as 22.00; moitas veces non ten
tempo nin para comer.
Alí desempeña a súa función de técnico en
raios e tamén como técnico en radioterapia e
dosimetría clínica.
Aínda así, a incansable Selah non perde un
sábado sen facer a súa habitual ruta en
bicicleta cos seus amigos. É a súa maneira de
coller forzas e comezar unha nova semana
coas pilas cargadas.
YOLANDA LÓPEZ
A MIÑA NAI
A persoa máis importante da miña vida é
miña nai.
É unha persoa moi traballadora e cun
corazón que non lle cabe no peito.
Criou a tres fillos mentres o meu pai
andaba ó mar na altura, co que de 12
meses estaba 1 ou 2 na casa, cando non
votaba máis dun ano fora. A consecuencia
disto estivo moito tempo sen a súa parella
(o meu pai) o seu carón.
Tiña unhas veigas, que lle deixaron os
seus país, nas que plantaba de todo, na
época do ano correspondente. E por se fora
pouco traballou nunha fábrica de peixe
enlatado, co cal non tiña tempo para
nada máis.
Sacounos adiante, cultivou a terra e
traballou nunha fábrica, todo a vez,
cousa que aínda penso agora e me costa
entender : como hoxe en día a maioría da
xente afoga nun vaso de auga co gallo de
que non dan feito ou non lle da o tempo.
AGUSTÍN HERBELLO MENDUIÑA
MULLERES NA MIÑA VIDA
Teño que agradecerlles todo o que fan ás
miñas avoas e a miña nai. A miña nai, Silvia,
é unha persoa con carácter que coida de min e
da miña irmá: fai a colada, a comida, limpa
ela soa a casa, ademais de ir a traballar desde
o mediodía ata as once da noite no hospital,
xa que é enfermeira; é un traballo duro nesta
época de Covid-19 xa que ten que ter
precaución polos infectados e os que veñen ao
hospital.
Fai un mes a miña nai colleu Covid-19 no
hospital, a pobre tiña un resfríado e non
podía facer nada e tiven que marchar da casa
para evitar contaxios. Todos os días chameina
e díxome que non é o mesmo facer tarefas
domésticas enferma que non estalo. En
resumen, miña nai é unha heroína.
Agora vou falar das miñas avoas, as cales
dixéronme o outro día que traballaron tanto
na horta, como nas fábricas e tamén indo ao
mar, ademais de coidar a tres fillos cada
unha delas: é increible! Non sei donde sacan
as forzas para educar aos seus nenos/as con
todo ese traballo. Quedei asombrado.
Unha das miñas avoas chámase Cándida.
Ten un galiñeiro con coellos e galiñas, e
levántase cedo para alimentalos, a parte de
ter a súa propia horta na casa, con tomates,
leituga, patacas, etc., o que supón un esforzo
extra: ter que coidar da casa tanto dentro
como fora.
A outra avoa o que fai é unha cousa que
non entendo, en vez de ver a tele, entretense
limpando! Tanto n a súa casa como na
miña! Sempre que a miña nai non está na
casa aproveita para poñerse a varrer, fregar...
En resumo, debémoslles ás mulleres todo,
pola axuda e os privilexios que nos dan día
a día.
TIAGO BARCIA ROUCO
AVOA
Filla de labregos, muller de mariñeiro. Do
campo para a cociña, da cociña para o campo.
Limpar, coser, sementar, cociñar… e ademais
criar dous netos e un fillo a destempo. Capaz de
revirarme a cara cando o merecía ou darme
bicos infinitos cando tamén o necesitaba.
Sentado nas súas pernas o medo esvaecíase.
Muller de moita fe e poucas misas, non tiña
grandes ambicións máis alá de ser boa persoa.
Aprendeu a ler e escribir “xuntando letras do
periódico”, como ela di. Sempre quixo conducir,
pero só atopou atrancos e nunca o chegou nin a
intentar.
Mesmo arranxaba unha porta como ía co gando
para o monte, incansable, sen un mal xesto ou
unha mala palabra. Nunca pediu nada a
cambio, só que foxe boa persoa, sen máis.
Falo dela en pasado, porque esa muller forte,
que aínda segue cos seus labores, converteuse
nunha persoa paciente e sabia coa que me gusta
pasar polo menos algo de tempo unha vez por
semana. Sei que non vou poder agradecerlle o
suficiente todo o ben que me ten feito, pero polo
menos, quero que saiba que nunca vai estar soa.
Grazas avoa por todo…
ANTONIO MARCOS FREIRE
MULLER IMPORTANTE
Eu vou falar da miña tía Ainhoa que
faleceu xa fai 3 anos e foi unha cociñeira
moi importante e estivo traballando nun
restaurante de 3 estrelas Michelín en
Mónaco durante bastantes anos. Ela viña
aquí a Galicia practicamente todos os veráns
durante un par de semanas. Falaba moi ben
varios idiomas, aparte de galego e castelán, o
francés e o italiano, e sempre me contaba
como lle preparaba a comida a famosos
condutores de rally. E hasta me dixo que lle
fixo de comer ao Príncipe e a Princesa de
Mónaco no seu momento.
Foi unha persoa moi valente: ir a un país
novo a prender o idioma e buscar traballo
de cociñeira aí co nivel que se require nun
país como Mónaco, e sen ter a ningún
familiar vivindo alí. É máis, con toda a súa
familia aquí en Galicia.
Desgraciadamente faleceu nun accidente de
tráfico no 2019, pero a lo menos tiven sorte
de pasar bo tempo con ela, a pesar do seu
traballo en Mónaco. E para min é un
exemplo de superación todo ao que chegou, e
a felicidade que transmitía estar con ela a
pesar de vela dúas semanas ao ano.
MIGUEL DÍAZ
PARA TODAS AS MULLERES
TRABALLADORAS
Na idade de miña avoa as mulleres tiñan
que atender a casa, os fillos, maridos, o
campo e tamén había mulleres que
traballaban fora para traer diñeiro a casa.
Elas para min son as que teñen toda a miña
admiración e respecto.
Elas non tiñan nos seus tempos os adiantos
que temos nós agora. Elas non tiñan
lavadoras, lavalouzas e escobas eléctricas, etc.
Elas lavaban no río a roupa frotando na
pedra, logo ían para casa a limpala, atender
aos fillos, que non é como agora. Elas, a
marioría, tiñan máis de catro fillos,
imaxina o que é iso.
Algunhas ata traballaban na ribeira, outras
nas fábricas e ían para casa e facían os
traballos da casa, o campo e por riba, se
tiñas animais, tiñas que atendelos. Case toda
a xente tiña animais para poder comer. O
campo era un traballo moi duro, plantabas
moitas cousas, pero o mal tempo facía que a
colleita fora mala.
Todo o que facían esas mulleres era unha
barbaridade, eran un fenómeno e nunca se
queixaban. Para todas esas mulleres un
gran aplauso.
LIDIA
VIRTUOSA GARCÍA
Naceu en Moaña en 1893, era a máis vella de
7 irmáns e dende ben pequena axudaba a súa
nai a coidar dos seus irmáns pequenos.
Ós quince anos xa traballaba ó xornal para
axudar á economía familiar, pouco despois
coñeceu a Antonio co que casaría pouco
despois de cumprir os 19 anos. Aínda que el
non quería que seguira traballando,ela non
quixo ser unha muller das que quedaban na
casa. Tiveron 6 fillos, catro mulleres e dou
homes. Cando o pequeno aínda non cumprira
o seu primeiro ano, Antonio morreu na
canteira aplastado por unha pedra, e ela
quedou soa cos 6 nenos pequenos.Por aquela
época non se cobraba paga de viúva e ela
traballaba todo o día para sacar ós seus fillos
adiante. Cando non había faena no xornal,
mercáballe ós mariñeiros unha patela de
peixe e ía camiñando ata Pontevedra para
vendelo; tamén camiñaba ata Pastoriza ou
Santomé e alí mercaba froita que despois
vendía en Meira ós veciños. Outras veces
mercaba tabaco e despois vendíalle ós
mariñeiros os cigarros soltos; limpaba casas.
Coidaba nenos… Todo o que fixera falta para
que non faltara nada na casa. Cando
traballaba ó xornal, as veces pagábanlle con
moedas e outras veces con leite, fariña,
azúcar…
Anos despois coñeceu a un home co que tivo
unha filla. A comezos desa relación os seus
sogros non querían que estivera con ninguén
e facíanlle a vida imposible, ata o punto de
denunciala para que lle quitaran ós nenos
do seu fillo difunto, e que llos levaran para
un orfanato, cousa que non conseguiron
grazas a familia dela que lle axudou moito
cos nenos para que non estiveran sos mentres
ela traballaba. Un día, nunha discusión coa
sogra díxolle que o día que morrera ía
esperar a que pasar o cadaleito pola
carretera, e que ela ía estar no portal vestida
de vermello, e así o fixo cando chegou o día.
Os seu netos recordan a Virtuosa como unha
nai, que sempre miraba por eles, alta,
delgada e cunha pañoleta na cabeza, que os
levaba con ela ó monte e a praia a buscar
paus para botarlle á cociña de ferro , tamén
sempre un sorriso na cara e contáballes
historias antigas que sempre os facían rir.
Virtuosa tivo 31 netos, morreu en 1975, moi
contenta, dicía ela, por morrer despois de
Franco. Foi unha persoa moi querida por
familiares e veciños, que a admiraban polo
traballadora que era e por non perder nunca
o sentido do humor e saber tirar para
adiante aínda cando a vida se lle puxo
complicada.
REBECA VIEITEZ MATEO
Unha muller Valente e loitadora.
A historia moitas veces céntrase en recordar so
as mulleres que deixaron pegada na
humanidade.
E recordando as palabras dunha profesora que
tiven, Doña Maribel : “ A historia facémola
todos en cada segundo da noso vida”.
Por elo unha muller a ter en conta e a miña
nai, o seu nome é Teresa N.F.
Unha muller que para ollos profanos que so
mirarían de ela unha portada desgastada e
envellecida, pero para quen somos agraciados
coa sua compañía , recibimos riquezas
incalculables de sabiduría e un exemplo de
valentía e esforzo ante as dificultades da vida.
Miña mai que quedándose soa, con tres
rapaciños ás súas costas, tivo que facer das
súas fraquezas e sentimentos a un lado para
volcarse de cheo na súa proxenie. Moitas veces
negándose a si mesma polo ben noso. Traballar
de sol a sol, con o dor no seu carazón por
deixar soos a uns meniños, moitas foron as
veces que marchaba con bágoas nos seus ollos ,
para traballar coidando outras familias para
conseguir o pan.
Entre tantos sacrificios intentou ser nai e pai o
mesmo tempo, añadindo en ela unha sobre
carga emocional que so ela templa na sua
mente e na fragua do seu corazón.
Ela ten poder para influir en aqueles que a
coñezan . En nos deixou grabado nos nosos
corazóns unha ley máxima que é o de cuidar
da familia ,un deber sagrado que nestes tempos
, moitos están olvidando.
Tamén enseñounos o respeto polo traballo
aplicándonos a o máximo, e a priorizar as
cousas máis importantes. Ensino tamen
igualdade desde ben cativos, por exemplo que
os traballos do cuidado e orden da casa non
teñen xenero, limpar os baños, fregar o chan,
limpar a louza, facer de comer, lavar a
roupa e demáis queaceres. .. sendo adultos
entendemos que foi para o noso ben ,¡ e que
ben nos vino!
Sorprendome, que agora, de que moitos rapaces
e rapazas non saben valerse eles sos.
Ela contibruiu no noso crecemento como as
persoas que hoxe somos, a o deixar que foramos
tomando as nosas propias decisions , pero coa
sua capacidade de ver mais ala otorgada polos
anos de experiencia , sempre darnos un
consello acertado , que moitas veces descubría
co paso do tempo o acertada que estaba e
noutras veces sentir na pel os batacazos por non
habela escoitado. Ainda agora ,créendo ser
adulto, de ela recibo perlas de sabiduría.
En palabra de un veciño e amigo da familia, e
coñecedor da odisea: “ A ela si que había que
facerlle un monumento”.
C.T.M.N 4º E.S.O.A.
Nome: Fatima
Naceu en: novembro 1971
Onde naceu: Aourir Agadir
Estudiou:: 3º Preparatoria
En que traballou : en casa
o seu traballo é especial
Vive en : Marrocos
‫اإلسم‬
:
‫فاطمة‬
‫اإلزدياد‬ ‫تاريخ‬
:
٢١/١١/١٩٧١
‫اإلزدياد‬ ‫مكان‬
:
‫أگادير‬ ‫أورير‬
‫الدراسي‬ ‫المستوى‬
:
‫إعدادي‬ ‫الثالتة‬
‫العمل‬
:
‫المنزل‬ ‫في‬ ‫عملها‬ ‫لكن‬ ‫تعمل‬ ‫ال‬
‫مميز‬
‫في‬ ‫تعيش‬
:
‫المغرب‬
‫بثمن‬ ‫تقدر‬ ‫ال‬ ‫ألنها‬ ‫الحياة‬ ‫في‬ ‫قدوتي‬ ‫أمي‬ ‫اعتبر‬
،
‫بصبرها‬ ‫تتميز‬ ‫الجميل‬
‫ش‬ ‫كل‬ ‫و‬ ‫أختي‬ ‫و‬ ‫صديقتي‬ ‫هي‬ ‫بل‬ ‫فقط‬ ‫امي‬ ‫أعتبرها‬ ‫ال‬ ‫الكثير‬ ‫فيها‬ ‫اتعلم‬
‫يئ‬
‫طبخها‬ ‫اعشق‬ ‫المفظلة‬ ‫طباختي‬ ‫فاطمة‬ ‫الحياة‬ ‫هذه‬ ‫في‬.
Considero a miña nai o meu modelo a
seguir na vida. Ela é inestimable pola
súa fermosa paciencia. Considéroa non só
miña nai, senon que é a miña amiga,
miña irmá e de todo nesta vida. Aprendo
moito con ela.
Fátima é a miña cociñeira favorita
e encántalle cociñar.
Yasmina
Este 8 de marzo síntoo diferente.
Sinto mágoa na voz, na miña voz de persoa,
de ser humano, na miña voz de muller, na
que pensa que a auténtica igualdade non
coñece de sexos, nin de razas, nin de
títulos, nin cartos.
Voz con mágoa e aínda así chea de
sentimento demandante de
igualdade, libertade e paz.
Paz, libertade e igualdade, tres palabras tan
fermosas e tan lonxe aínda da
realidade, máis se es muller, máis
dependendo de onde naceras.
Este 8 de marzo,
hai guerra en Ucrania.
Lembro aquelas velliñas
que tiven por veciñas.
Mulleres de mar e campo.
Mulleres das rías galegas.
Mulleres que viviron dúas guerras e mais a
nosa, a que aínda doe como doen as feridas mal
curadas. Naceron nos anos da guerra civil e na
posguerra, nos anos da fame e da represión
fascista.
Mulleres sen máis dereitos que os que lle
quixera dar un home. Mulleres que loitaban
pola vida o mellor que podían, o mellor que
sabían.
Este 8 de marzo non esquezo a ningunha das
mulleres; as que loitaron e loitan polos dereitos
de todas, as que traballaron e traballan día e
noite "e non fan nada", as que non deixaron
nin deixan ser donas de si, ás que lles negaron
e negan o seu valor.
Por todas elas e por todas vós, por todos os que
alzan a voz para reclamar igualdade e rexeitar
todo abuso, todo maltrato e toda a inxustiza
contra muller .
Feliz dia internacional da muller!
Mari Carmen Martínez Varela
Presentación mulleres

More Related Content

What's hot

Determinación social maquetado
Determinación social maquetadoDeterminación social maquetado
Determinación social maquetadosatelite1
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picotaismadeuhia
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOguest530951
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018radiorasca
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.Yolanda Castro
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)osnososavos
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019vilabarreiro
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13abalarcurros
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principiosatelite1
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012radiorasca
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015radiorasca
 

What's hot (20)

Dinora Campos
Dinora CamposDinora Campos
Dinora Campos
 
Determinación social maquetado
Determinación social maquetadoDeterminación social maquetado
Determinación social maquetado
 
Fernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da PicotaFernanda, a castañeira da Picota
Fernanda, a castañeira da Picota
 
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín ReyManuel Reboredo e Benjamín Rey
Manuel Reboredo e Benjamín Rey
 
Sabina sanmartín
Sabina sanmartínSabina sanmartín
Sabina sanmartín
 
Eusonhenrique
EusonhenriqueEusonhenrique
Eusonhenrique
 
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLOREVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
REVISTA ESCOLAR. CEIP BERGANTIÑOS- CARBALLO
 
Historia de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e XuliaHistoria de vida: Asunción e Xulia
Historia de vida: Asunción e Xulia
 
Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018
 
Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018Revista Argalladas 2017/ 2018
Revista Argalladas 2017/ 2018
 
Revista xslr 2019
Revista xslr 2019Revista xslr 2019
Revista xslr 2019
 
O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.O misterio da familia Benedite.
O misterio da familia Benedite.
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
O Tesouro Dos Nosos AvóS (Rosa)
 
Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019Revista escolar amencer 2019
Revista escolar amencer 2019
 
A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
 
Comezar polo principio
Comezar polo principioComezar polo principio
Comezar polo principio
 
PresentacióN1
PresentacióN1PresentacióN1
PresentacióN1
 
Argalladas 2011 2012
Argalladas 2011  2012Argalladas 2011  2012
Argalladas 2011 2012
 
Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18
 
Argalladas 2014 2015
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
 

Similar to Presentación mulleres

Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.PSM
 
MULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICAMULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICAEncarna Lago
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzosatelite1
 
AS DOCE FANTÁSTICAS
AS DOCE FANTÁSTICASAS DOCE FANTÁSTICAS
AS DOCE FANTÁSTICASmilapelamios
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contosquendadeira
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixidoosnososavos
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60satelite1
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Danivicente
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandraosnososavos
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principiosatelite1
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedessatelite1
 
Nosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundoNosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundobibliobrozos
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014TeacherBelen
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixoGemasmh
 

Similar to Presentación mulleres (20)

Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
Mulleres en / para / por / desde / ante o Museo. A Exposición.
 
MULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICAMULLERES NA REDE MUSEISTICA
MULLERES NA REDE MUSEISTICA
 
Entrevistas
EntrevistasEntrevistas
Entrevistas
 
Entrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzoEntrevistas 8 marzo
Entrevistas 8 marzo
 
AS DOCE FANTÁSTICAS
AS DOCE FANTÁSTICASAS DOCE FANTÁSTICAS
AS DOCE FANTÁSTICAS
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida CorrixidoO Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
O Tesouro Dos Nosos AvóS Ana,Bea.Pablo.Zaida Corrixido
 
2. a escola da galicia rural de 1950-60
2.  a escola da galicia rural de 1950-602.  a escola da galicia rural de 1950-60
2. a escola da galicia rural de 1950-60
 
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos DaniO Tesouro Dos Nosos Avos Dani
O Tesouro Dos Nosos Avos Dani
 
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E SandraTesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
Tesouro Dos Avos De Iria, Maria, Rosana E Sandra
 
Presentación as avoas
Presentación as avoasPresentación as avoas
Presentación as avoas
 
Empezar polo principio
Empezar polo principioEmpezar polo principio
Empezar polo principio
 
Todo mercedes
Todo mercedesTodo mercedes
Todo mercedes
 
Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)Carreiros 6 (2007)
Carreiros 6 (2007)
 
A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)A muller galega do futuro (final)
A muller galega do futuro (final)
 
Alba Silvia
Alba SilviaAlba Silvia
Alba Silvia
 
Nosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundoNosoutras creamos mundo
Nosoutras creamos mundo
 
Revista galegando 2014
Revista galegando 2014Revista galegando 2014
Revista galegando 2014
 
Eva
EvaEva
Eva
 
Eu crecín no lixo
Eu crecín no lixoEu crecín no lixo
Eu crecín no lixo
 

More from quendadeira

Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoquendadeira
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...quendadeira
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cachoquendadeira
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casaresquendadeira
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chavequendadeira
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoquendadeira
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froitaquendadeira
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundariaquendadeira
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2quendadeira
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantilquendadeira
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celtaquendadeira
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésquendadeira
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiagoquendadeira
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirquendadeira
 
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOC:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOquendadeira
 

More from quendadeira (20)

25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
 
As herbas do cacho
As herbas do cachoAs herbas do cacho
As herbas do cacho
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
Astrónomas
AstrónomasAstrónomas
Astrónomas
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
 
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñOC:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
C:\Documents And Settings\Usuari@\Escritorio\O Proceso Do LiñO
 

Presentación mulleres

  • 1. En 1910, 8 de marzo, en España foi cando se autorizou a matrícula para as mulleres nas carreiras universitarias públicas. Na mesma data, en Galicia, nacía a muller que eu coñecín. Mentres, en México facíase unha revolución e en Estados Unidos convocábase unha folga de traballadoras do téxtil e mulleres do partido socialista. A revolución desta muller neste recuncho do noroeste da península Ibérica foi conseguir levar á mesa un prato de comida diario. Acadou formar a súa propia familia e transmitirlle aos seus a honradez e os principios morais ante a vida. Xa de adulta foi quen de aprender a escribir. Viveu rodeada dos seus seres queridos. Deixou un legado de fillos e netos que estamos orgullosos de tela coñecido e ser parte da súa familia e do seu enorme corazón. Merchi Bermúdez
  • 2. A miña nai Muller loitadora, bondadosa, paciente, amiga de facer ben, con moitos valores que me transmitíu. Naceu orfa sen coñecer a súa nai, iso marcouna moito, dicía que foi o seu sentir de nunca ter tido o cariño dunha nai nin dunha avoa. Era a pequena de cinco irmáns. Aos once anos levárona para Vigo a traballar de muchacha de fogar, ela dicía que os señores queríana adoptar pois non tiñan fillos pero ela negouse, non podía renunciar a darlle aos irmáns o pouco que gañaba para eles poder comer. Logo coñeceu o meu pai. El era mariñeiro, casaron e tiveron dous fillos, meu irmán o maior e a min. O meu pai andaba ó mar en Canarias e pasaba meses alá así que a miña nai tiña que facer de nai e pai, coidar, educar os fillos. Tamén traballaba na fábrica de conservas. Tiñamos ovellas, porcos, galiñas, algunha veiga para ter patacas para todo o ano e as do cedo vendíanse para facer algúns cartiños. Sempre a recordo de bo humor e con moita ilusión, sempre dicindo que tiña que chegar a un teito propio porque cos alquileres había moitos abusos.
  • 3. Así chegou o día de facer a casiña, era pequeniña, era como “un no va más” con cociña de carbón, leña fóra, fume e lareira! Ai, que pouco durou a alegría na casa do pobre! a miña nai de tanto traballar enfermou dunha lesión no pulmón. Nese mesmo ano o meu pai, no barco, foron a pique cerca de Canarias, aquel foi un golpe para todos nós sobre todo para ela, nós eramos rapaces só a consolabamos dándolle bicos porque ao principio non sabiamos se estaban vivos ou mortos. Aquela incertidume foi moi dura para miña nai. Desa quedamos moi mal economicamente, todos os enseres, roupa de auga, botas, colchoneta de meu pai… quedaron no fondo co barco. Iso que agora parece irrisorio porque sobra roupa daquela érao todo, era un capital. Isto é parte da curta vida da miña nai, quedan moitas cousas atrás. Só dicir: na vida nada lle sorríu. O que si, ela sempre foi unha loitadora. O cancro acabou con ela máis non co seu sorriso e bondade. Palabras de alento sempre tivo para min e todos os que a coñeceron, todos, todas, sempre me transmitiron o boa persoa que era. Deixounos cedo. A vida é así. Carmen García
  • 4. UNHA MULLER IMPORTANTE NA MIÑA VIDA Esta muller é unha persoa responsable, correcta no trato cos demais, evita as discusións, prefire calar a boca e marchar da habitación. Iso non quere decir que non diga a súa opinión. A ela dáselle ben calquera cousa, tanto deseña un traxe de entroido como cambia unha roda do coche cando está pinchada. É atenta coas súas compañeiras do traballo e non lle importa axudar anque xa acabara o seu horario; evita crear envexa entre elas. Levarse ben, para ela, é o máis importante. Gústalle felicitar os familiares e coñecidos, está pendiente de xuntar a familia polas festas e non perder as tradicións; seguir facendo regalos, se pode, facéndoos ela mesma pois gústanlle as manualidades. Cando ten que ir ó médico ou dentista, vai soa, sen medo. Se xurde unha situación grave, busca a maneira de solucionalo cunha serenidade asombrosa. Saca tempo para todos, para os seus pais e avoa, anque logo ande apurada. Mira moito pola súa economía; só merca o que necesita. Un modelo a seguir. Elena Gargamala
  • 5. Angelina María García P. naceu un 14 de febreiro do ano 1916 nun lugar paradisíaco, as Illas Cíes. Nunha familia de oito irmáns que quedaron sen nai cando ela contaba sete anos. A súa infancia, a pesar da perda, discurríu feliz e chea de aventuras, algunhas perigosas, coas que arrullou aos seus fillos, contos únicos onde ela era a protagonista. Era unha gran narradora. Como millóns máis de persoas, tocoulle vivir unha guerra civil, tempos moi difíciles, onde a principal preocupación era a supervivencia. Lémbroa como alguén doce pero forte, loitadora, traballadora incansable, tratando sempre de darlle un mellor futuro a súa familia. Foron moitos os anos que Deus lle concedeu, cousa que ela nunca pensou, puido ver crecer aos seus fillos, netos e bisnetos. Sempre un referente para min. Faleceu en Cangas aos 101 anos. Carmen Parcero
  • 6. "Nai non hai máis ca unha". Esa frase é unha gran verdade, tanto como que estamos vivas. Ela, que foi nai e pai sempre, que desenvolveu todos os roles nunha sociedade que lle daba as costas, traballou como cociñeira e como auxiliar de conserva, como moitas mulleres de Cangas. Ademais, sempre que podía sacaba tempo para aprender e mellorarse e conseguiu sacar os estudos secundarios pola modalidade de adultos con 47 anos, ao tempo que eu comezaba a mesma etapa con igual ilusión. Aguerrida e loitadora, ela é para min importante porque o é todo: referente, confidente, sustento e apoio incondicional. É, en fin, miña nai, a que me deu a vida e a que ma fai máis feliz. Laura Piñeiro (profe de LGL e Oratoria)
  • 7. A miña abuela María naseu en Cangas e traballaba na casa e traballou na fábrica de conservas onde estaban descalzas porque non había diñeiro nin para comer. Tiña bo corasón. A min axudoume moito, coidoume os fillos que eran seus netos e eran un pouco trastes e ela con cariño todo o facía para que foramos traballar. Morreu no ano 1972 con 89 anos. Carmen Vilariño
  • 8. Efigenia Esta muller, a miña nai, foi unha muller moi sacrificada. Naceu no ano 1913 e levou unha vida moi solitaria. Meu pai era mariñeiro e botaba mareas de moitos anos. A miña nai quedou coidando de tres fillos, a sogra e unha tía que foi a que a criou a ela. Coidaba de todos e da casa, nunca a escoitamos queixarse. Para min e meus irmáns foi a mellor educadora e nai que puidemos ter. Como a maioría das mulleres de antano traballou moito e sen medios. Isto é unha homenaxe á miña nai Lela, como lle chamabamos. Mª Luísa Conde
  • 9. María naceu en Cangas do Morrazo. Traballou na fábrica de conservas e tamén en tender aparellos dos barcos. Non paraba de traballar para sacar adiante os seus fillos e así axudar a seu marido. Lembro cando era pequena e a vía como nos tempos de recoller as patacas que se levantaba ás catro da mañá e ía para a horta. Por aquel entón soían roubar as patacas había tanta fame. María era una muller valente e bondadosa, repartía todo o que sembraba cos veciños. Conseguíu unir a toda a súa familia e as veciñas a querían moito. Era una muller marabillosa. María Teresa
  • 10. Manuela Graña naceu en Cangas e morreu con 70 anos. Quedou orfa moi pequena, coidouna unha tía e despois ela tivo que coidar os irmáns. Foi á escola, foi modista, coidou os irmáns, traballou no campo e tamén ía a Vigo buscar comida para todos os irmáns. Axudoume a coidar os meus fillos. Carmen Portela Piñeiro
  • 11. A miña abuela chamábase Carmen e era de Coiro. Traballaba no campo e era casada e con fillos. Eu de pequena pasábao moi ben con ela. Ensinábame a coser e dábame bos consellos. Grasias abuela Luisa Martínez
  • 12. Miña abuela estaba sempre atareada. Gustáballe estar coa xente e sabía contar historias. A abuela Luisa coidaba de nós. Marisa Mallo
  • 13. Moria Guzmán nació en Huelma (Jaén) en febrero del ano 1945. Era la mayor de cinco hermanos. Tuvo catro fillos y los crió dentro de sus posibilidades. Y también su hijo Antonio que es discapacitado. Se responsabilizó de que sus hijos estudiaran. Mi madre estuvo cuidando de sus dos hermanos en su misma casa. Era una persona muy luchadora. A pesar de que madre no sabía escribir sabía arreglar todo lo papeleos de la casa. Mi madre me ayudó mucho porque a pesar de mi discapacidad nunca me dejaba en casa. Antonio García
  • 14. María naceu en Coiro en 1923. Coidou de toda a familia, non lle negaba nada a ninguén. Traballou no campo e tamén na fábrica. Casou aos 27 anos. Meu pai emigrou ao País Vasco e ela fíxose cargo de tres fillos, da casa e do coidado de meus avós, tamén dunha tía solteira. Foron seis irmás mulleres todas. Tiñamos acubillo para todas. Josefa Rúa
  • 15. Carmen P. G. Para min foi a muller máis boa e traballadora. Moi atenta coa súa familia. Sempre traballou no campo. De moi pequena tiña que amasar a fariña para facer o pan, acendía o forno de leña e o seu pai poñíao dentro. Tamén de moi nena ordeñaba as vacas e ía vender o leite a Cangas todos os días. Mª Carmen Piñeiro P.
  • 16. A miña avoa naceu co século XX. A traxedia marcouna desde nena pois perdeu ao seu pai dunha pleuresía. Lembraba perfectamente como chegou o médico en coche de cabalos e intentou sen éxito unha operación de urxencia abríndolle o peito na mesa da cociña. Foi de nena á escola da parroquia. Encantáballe aprender e axudáballe á mestra coas nenas máis pequenas xa que estaban todas xuntas na mesma clase. Pero foi pouco tempo que había que axudar na casa. Medrou entre o mundo rural e as xornaleiras que viñan axudar no traballo do campo do que vivía a familia e o atractivo da cidade de Vigo, a vinte minutos da casa camiñando, pola que chegaban novidades sociais e políticas. Agochábase coas amigas para observar admirada os automóbiles, os escaparates, as folgas obreiras, as manifestacións do 1º de maio, a chegada da II República... Soubo quen era Clara Campoamor e acudiu a votar coa súa nai nas eleccións de 1933, a primeira vez que as mulleres podían facelo. Pero todos os camiños novos que se abrían pecháronse de súpeto co estoupido dunha guerra e unha represión da que nunca quixo falar, ela que falaba seguido da vida e da xente. Escolleu esquecer e desbotou da súa vida a fantasía.
  • 17. As súa historias eran de cousas vividas, lembradas ata o máis mínimo detalle, anécdotas cheas de humor e retranca que contaba nun galego cheo de frases feitas e refráns que sigo gardando como un tesouro, aínda que falase perfectamente o castelán para os estraños. Traballou nunha imprenta mal pagada, sen contrato nin cotización social. Criou cinco pequenos, unha filla e catro sobriños cuxa nai enfermara. Sempre correndo de aquí para alá ata nos pesadelos nos que nunca chegaba a tempo. Separouse dun home alcólico ao que non quixo ver máis. A súa única filla enfermou do corazón e morreu aos 40 anos deixándonos a nós, tres nenas de 11, 9 e 7 anos. Meu pai entrou nunha profunda depresión e foi ela quen nos coidou. Que nos estudiásemos era a súa maior ilusión e a nosa mellor escusa para librar de calquera traballo doméstico. Eu tiven acceso a becas que me permitiron chegar á universidade. Fomos a primeira xeración de familias sen recursos con acceso real a unha educación superior, á que miña nai e miña avoa non puideron ter porque estudar era para ricos. A avoa pasou a ser a “bisa” e seguía atenta ao que pasaba no mundo, lía o “faro” e vía o “parte” cada día, con lupa e cascos cando xa perdera vista e oído. Morreu aos 97 anos, feliz de deixarnos un mundo moito mellor para as mulleres.
  • 18. Matilde naceu e morreu en Cangas. Traballaba na fábrica Massó. Casou e tivo fillas. Foi moi atenta e coidadosa. Criou as fillas e educounas aínda que tiña pouco diñeiro, pero administrábao ben. A min gustábame moito falar con ela e teño moitos recordos. Moitas gracias por todo. Josefina C. Rodríguez Gil
  • 19. Nai de sete fillos, 9 netos e 3 bisnetos. Coidou de todos, tamén dos seis pais e sogros. E logo do seu home que empezou con demencia senil. Agora é a ela a que lle falla a memoria. Sempre coidando, atendendo, alegrando as festas e reunións. Contos, lendas e cancións, pasabamos así horas e horas. Bisavoa, canto me gustaba escoitar os teus contos e fantasías!
  • 20. AS MIÑAS FILLAS Al Haqima é nai e vive en Dubai. Quero visitala porque a estraño. Estou orgullosa de ela. Siham é nai e vive en Marrocos. Traballa vendendo coches. Quero visitala para coñecer a miña neta. Quéroas moito. Fatima MIÑA IRMÁ Miña irmá Josefa tivo que emigrar a Suíza deixando aquí os seus tres fillos e cando volveu perder xa o afecto dos fillos. Perdeu contacto como consecuencia da necesidade de emigrar das mulleres. Avelina
  • 21. María era unha muller solteira que vivía coa súa irmá e cuñado. O matrimonio tiña un fillo e estaban esperando outro cando a muller enfermou de tifus e ao pouco de dar a luz morreu deixando os dous nenos coa súa irmá. Esta, naqueles tempos que lle tocou vivir, pasouno moi mal. O pai dos nenos marchou e María tivo que vender parte da súa herdanza para quitalos adiante, con moito traballo. Naquela miseria, só viveu para eles, deulles escola, educounos ben e cando se fixeron persoas casaron formaron as súas vidas e déronlle a María segundos sobriños, que con todo cariño axudou a crialos e foi moi querida por todos eles. Josefa Tubío
  • 22. A MULLER QUE ADMIRO Quedou orfa de nai aos dous anos xunto cun irmán máis novo. O pai, mariñeiro, ficou viuvo cos dous pequenos. A ela e o seu irmán criáronos entre veciños e familiares, até que chegou unha madrasta Despois viñeron cinco irmáns máis. Ela foi ben tratada pola nova nai, mais ao ser a máis vella tiña que traballar abondo para axudar a familia. A madrasta padecía do corazón e non podía traballar. Eran tempos difíciles. Cando tiña dezasete anos morreu a madrastra quedando ela ao cargo de seis irmáns. A mocidade pasouna criándoos coma se fosen seus fillos. Aos trinta coñeceu no baile o que sería seu home, moi boa persoa pero pobre e medio cego. Tiveron dous fillos e a mala sorte fixo que un deles herdase a enfermidade do pai. Traballaron moito para saír adiante. Ela era un pouco arisca e autoritaria, as circunstancias da vida así a fixeron pero loitou tanto polos fillos, e máis tarde polos netos, que para min foi a mellor e máis admirada das mulleres. Esa foi a miña nai. Elvira Marcos
  • 23. Xa de nova traballou moito, tiña que coidar do gando, ir ao campo, ter conta dos irmáns pequenos. Ela era quen levaba todo a carga da casa. Iso si, malamente sabía ler e escribir pero estaba moi satisfeita, dicía "polo menos sei firmar". Casou dun veciño do barrio e tivo cinco fillos, un deles morreu de moi cativo e iso marcouna moito. Traballaba e traballaba pero para saír adiante nada chegaba. Fixo de nai e de pai pois seu home emigrou a América, aínda que antes de marchar deixoulle un poder, por se pasaba algo ter de que botar man. Traballou na fábrica. Tiña que ir lavar ao río de mañá cedo, preparar os fillos para ir á escola. Si, tiña moi claro que tiñan que saber ler e escribir. De América non chegaba case nada e non lle quedou outra que traballar máis. Ía ao xornal, ás veces ata o domingo, as vintecatro horas dela eran así, traballar moito e pouco descansar.
  • 24. Cando os fillos, de ben pequenos, foron coa patela ao Mar, un púxose moi enfermo e tivo que vender unhas fincas para poder comprar a penicilina, que viña de fóra e valía moitos cartos. Cando os fillos empezaron a traer algo de cartos para ela xa foi un alivio. Ese era xa o seu día a día. Pero o seu día a día rompeuse cando o seu home chegou de América cego e tivo que adaptarse a el, ensinalo a moverse pola casa, pois tiña que deixalo só, que ela seguía traballando. Moitas lágrimas lle custou todo isto mais ela tirou para adiante. A verdade é que non tivo unha vida nada fácil. Escribiría moito dela. Moito! Esta é a miña avoa Filomena, a que sempre me contaba historias, a que sempre me dicía "Rapaza, ti non digas nunca mentiras, que iso non está ben!" Lémbrome moito dela pois foi unha muller moi valente. Gloria Monroy
  • 25. ARGENTINA Cando a Escola de Adultos de Cangas veu para Rodeira no curso 2001-2002 coñecín a Argentina na clase de Alfabetización. Daquela ela ía para os oitenta anos e non tivera antes oportunidade de ir á escola, así que se sentía igual ca unha nena co seu caderno e o lapis novos. Aínda lle custou o seu aquilo de agarrar o xiz para escribir no encerado. Anoxábase toda e fruncía o cello, e con razón. Porque ela non poidera ir á escola nin un só día da súa vida. O que si sabía debuxar eran renglóns dereitiños co legón. E sabía dividir, vaia se sabía. Dividía o millo entre as galiñas sen que ningunha tivese motivo para reclamar a súa parte. E multiplicaba os graos das mazarocas en campos e campos de millo, graos que se transformaban en fariña no muíño, fariña que se amasaba e se volvía pan. E cada anaco de pataca, cada semente, cada estaca a multiplicaba. Con que, como podía alguén dicir ou pensar que ela non multiplicaba. Como non se ía anoxar. Un día chegou a clase e dixo: xa firmei no banco, co meu nome enteiriño. E a fachenda era tal que lle brillaban os ollos.
  • 26. -E agora vou no coche de liña a Pontevedra e vou lendo e sei cando estamos en Seixo porque pon Sei-xo, en Marín porque leo Ma-rín e por aí adiante. Seguíu vindo á escola até case cumprir os cen anos. Apuntábase a todas as actividades, ás saídas e aos entroidos e a todas as festas. Os luns contaba das viaxes súas da fin de semana por dentro e fóra de Galicia. Argentina contoume historias incribles que nunca vou esquecer e cando estaba contenta, despois de escribir concienzudamente unha frase particularmente difícil, botaba unha copla das de antes. Debe aínda andar algunha por aí, nalgunha gravación perdida: Para abril, para maio, para setiembré para la primavera mi amante viené. Mi amante viené, mi amante viené para abril, para maio, para setiembré. Parece que a escoito cantar, coa súa voz ronca e doce e o sorriso medio pícaro. Grazas, Argentina, por todo o que me ensinaches a apreciar da vida.
  • 27. “O que vivín na escola de adultos foi a experiencia máis bonita da miña avanzada idade. Facer poemas, redaccións... Lembrar as excursións, os carnavais… O meu oitenta aniversario co título da ESO e un ramo de flores no patio de Rodeira na festa de fin de curso foi para min un día inolvidable. Recoméndollo a todas as que poidan ir.” Albina Gallego Franco
  • 28. Era o ano 1956, e foi o ano en que Amalia, miña nai, foi traballar á Fábrica de Conservas Massó. Tiña 26 anos. A empresa onde traballaban 1500 mulleres. Mulleres fortes, con moita vontade e ganas de aprender un oficio que pouco a pouco, elas o fixeron moi grande. Eran xornadas de traballo de moitas horas, gañaban 7 pesetas á semana. Pero a enerxía que elas desprendían era tan grande, tan natural, que compensaba as longas xornadas de traballo. Eran como un gran equipo, como unha cadea de vida. Pili Abeijón
  • 29. SELAH, UNHA MULLER “TODORRENO” A miña amiga Selah é unha das persoas que máis admiro. É unha persoa loitadora, todo un exemplo a seguir como traballadora e como persoa. A súa rutina diaria é dura, pero ela nunca perde o sorriso. Polas mañás traballa nunha base militar e polas tardes nun hospital. Levántase ás 6.30 da mañá para estar na base militar ás 7.30 e pasar lista en formación. Ás 8.00 está saíndo a correr por fora da base e ás 9.30 ten que estar no seu posto de traballo, no taller: consiste en desmontar, limpar e montar con repostos novos os cascos dos pilotos e da tripulación dos helicópteros. Ás 13.00 termina a súa xornada laboral na base, colle a súa moto e acude ao seu posto no hospital ata as 22.00; moitas veces non ten tempo nin para comer. Alí desempeña a súa función de técnico en raios e tamén como técnico en radioterapia e dosimetría clínica. Aínda así, a incansable Selah non perde un sábado sen facer a súa habitual ruta en bicicleta cos seus amigos. É a súa maneira de coller forzas e comezar unha nova semana coas pilas cargadas. YOLANDA LÓPEZ
  • 30. A MIÑA NAI A persoa máis importante da miña vida é miña nai. É unha persoa moi traballadora e cun corazón que non lle cabe no peito. Criou a tres fillos mentres o meu pai andaba ó mar na altura, co que de 12 meses estaba 1 ou 2 na casa, cando non votaba máis dun ano fora. A consecuencia disto estivo moito tempo sen a súa parella (o meu pai) o seu carón. Tiña unhas veigas, que lle deixaron os seus país, nas que plantaba de todo, na época do ano correspondente. E por se fora pouco traballou nunha fábrica de peixe enlatado, co cal non tiña tempo para nada máis. Sacounos adiante, cultivou a terra e traballou nunha fábrica, todo a vez, cousa que aínda penso agora e me costa entender : como hoxe en día a maioría da xente afoga nun vaso de auga co gallo de que non dan feito ou non lle da o tempo. AGUSTÍN HERBELLO MENDUIÑA
  • 31. MULLERES NA MIÑA VIDA Teño que agradecerlles todo o que fan ás miñas avoas e a miña nai. A miña nai, Silvia, é unha persoa con carácter que coida de min e da miña irmá: fai a colada, a comida, limpa ela soa a casa, ademais de ir a traballar desde o mediodía ata as once da noite no hospital, xa que é enfermeira; é un traballo duro nesta época de Covid-19 xa que ten que ter precaución polos infectados e os que veñen ao hospital. Fai un mes a miña nai colleu Covid-19 no hospital, a pobre tiña un resfríado e non podía facer nada e tiven que marchar da casa para evitar contaxios. Todos os días chameina e díxome que non é o mesmo facer tarefas domésticas enferma que non estalo. En resumen, miña nai é unha heroína.
  • 32. Agora vou falar das miñas avoas, as cales dixéronme o outro día que traballaron tanto na horta, como nas fábricas e tamén indo ao mar, ademais de coidar a tres fillos cada unha delas: é increible! Non sei donde sacan as forzas para educar aos seus nenos/as con todo ese traballo. Quedei asombrado. Unha das miñas avoas chámase Cándida. Ten un galiñeiro con coellos e galiñas, e levántase cedo para alimentalos, a parte de ter a súa propia horta na casa, con tomates, leituga, patacas, etc., o que supón un esforzo extra: ter que coidar da casa tanto dentro como fora. A outra avoa o que fai é unha cousa que non entendo, en vez de ver a tele, entretense limpando! Tanto n a súa casa como na miña! Sempre que a miña nai non está na casa aproveita para poñerse a varrer, fregar... En resumo, debémoslles ás mulleres todo, pola axuda e os privilexios que nos dan día a día. TIAGO BARCIA ROUCO
  • 33. AVOA Filla de labregos, muller de mariñeiro. Do campo para a cociña, da cociña para o campo. Limpar, coser, sementar, cociñar… e ademais criar dous netos e un fillo a destempo. Capaz de revirarme a cara cando o merecía ou darme bicos infinitos cando tamén o necesitaba. Sentado nas súas pernas o medo esvaecíase. Muller de moita fe e poucas misas, non tiña grandes ambicións máis alá de ser boa persoa. Aprendeu a ler e escribir “xuntando letras do periódico”, como ela di. Sempre quixo conducir, pero só atopou atrancos e nunca o chegou nin a intentar. Mesmo arranxaba unha porta como ía co gando para o monte, incansable, sen un mal xesto ou unha mala palabra. Nunca pediu nada a cambio, só que foxe boa persoa, sen máis. Falo dela en pasado, porque esa muller forte, que aínda segue cos seus labores, converteuse nunha persoa paciente e sabia coa que me gusta pasar polo menos algo de tempo unha vez por semana. Sei que non vou poder agradecerlle o suficiente todo o ben que me ten feito, pero polo menos, quero que saiba que nunca vai estar soa. Grazas avoa por todo… ANTONIO MARCOS FREIRE
  • 34. MULLER IMPORTANTE Eu vou falar da miña tía Ainhoa que faleceu xa fai 3 anos e foi unha cociñeira moi importante e estivo traballando nun restaurante de 3 estrelas Michelín en Mónaco durante bastantes anos. Ela viña aquí a Galicia practicamente todos os veráns durante un par de semanas. Falaba moi ben varios idiomas, aparte de galego e castelán, o francés e o italiano, e sempre me contaba como lle preparaba a comida a famosos condutores de rally. E hasta me dixo que lle fixo de comer ao Príncipe e a Princesa de Mónaco no seu momento. Foi unha persoa moi valente: ir a un país novo a prender o idioma e buscar traballo de cociñeira aí co nivel que se require nun país como Mónaco, e sen ter a ningún familiar vivindo alí. É máis, con toda a súa familia aquí en Galicia. Desgraciadamente faleceu nun accidente de tráfico no 2019, pero a lo menos tiven sorte de pasar bo tempo con ela, a pesar do seu traballo en Mónaco. E para min é un exemplo de superación todo ao que chegou, e a felicidade que transmitía estar con ela a pesar de vela dúas semanas ao ano. MIGUEL DÍAZ
  • 35. PARA TODAS AS MULLERES TRABALLADORAS Na idade de miña avoa as mulleres tiñan que atender a casa, os fillos, maridos, o campo e tamén había mulleres que traballaban fora para traer diñeiro a casa. Elas para min son as que teñen toda a miña admiración e respecto. Elas non tiñan nos seus tempos os adiantos que temos nós agora. Elas non tiñan lavadoras, lavalouzas e escobas eléctricas, etc. Elas lavaban no río a roupa frotando na pedra, logo ían para casa a limpala, atender aos fillos, que non é como agora. Elas, a marioría, tiñan máis de catro fillos, imaxina o que é iso. Algunhas ata traballaban na ribeira, outras nas fábricas e ían para casa e facían os traballos da casa, o campo e por riba, se tiñas animais, tiñas que atendelos. Case toda a xente tiña animais para poder comer. O campo era un traballo moi duro, plantabas moitas cousas, pero o mal tempo facía que a colleita fora mala. Todo o que facían esas mulleres era unha barbaridade, eran un fenómeno e nunca se queixaban. Para todas esas mulleres un gran aplauso. LIDIA
  • 36. VIRTUOSA GARCÍA Naceu en Moaña en 1893, era a máis vella de 7 irmáns e dende ben pequena axudaba a súa nai a coidar dos seus irmáns pequenos. Ós quince anos xa traballaba ó xornal para axudar á economía familiar, pouco despois coñeceu a Antonio co que casaría pouco despois de cumprir os 19 anos. Aínda que el non quería que seguira traballando,ela non quixo ser unha muller das que quedaban na casa. Tiveron 6 fillos, catro mulleres e dou homes. Cando o pequeno aínda non cumprira o seu primeiro ano, Antonio morreu na canteira aplastado por unha pedra, e ela quedou soa cos 6 nenos pequenos.Por aquela época non se cobraba paga de viúva e ela traballaba todo o día para sacar ós seus fillos adiante. Cando non había faena no xornal, mercáballe ós mariñeiros unha patela de peixe e ía camiñando ata Pontevedra para vendelo; tamén camiñaba ata Pastoriza ou Santomé e alí mercaba froita que despois vendía en Meira ós veciños. Outras veces mercaba tabaco e despois vendíalle ós mariñeiros os cigarros soltos; limpaba casas. Coidaba nenos… Todo o que fixera falta para que non faltara nada na casa. Cando traballaba ó xornal, as veces pagábanlle con moedas e outras veces con leite, fariña, azúcar…
  • 37. Anos despois coñeceu a un home co que tivo unha filla. A comezos desa relación os seus sogros non querían que estivera con ninguén e facíanlle a vida imposible, ata o punto de denunciala para que lle quitaran ós nenos do seu fillo difunto, e que llos levaran para un orfanato, cousa que non conseguiron grazas a familia dela que lle axudou moito cos nenos para que non estiveran sos mentres ela traballaba. Un día, nunha discusión coa sogra díxolle que o día que morrera ía esperar a que pasar o cadaleito pola carretera, e que ela ía estar no portal vestida de vermello, e así o fixo cando chegou o día. Os seu netos recordan a Virtuosa como unha nai, que sempre miraba por eles, alta, delgada e cunha pañoleta na cabeza, que os levaba con ela ó monte e a praia a buscar paus para botarlle á cociña de ferro , tamén sempre un sorriso na cara e contáballes historias antigas que sempre os facían rir. Virtuosa tivo 31 netos, morreu en 1975, moi contenta, dicía ela, por morrer despois de Franco. Foi unha persoa moi querida por familiares e veciños, que a admiraban polo traballadora que era e por non perder nunca o sentido do humor e saber tirar para adiante aínda cando a vida se lle puxo complicada. REBECA VIEITEZ MATEO
  • 38. Unha muller Valente e loitadora. A historia moitas veces céntrase en recordar so as mulleres que deixaron pegada na humanidade. E recordando as palabras dunha profesora que tiven, Doña Maribel : “ A historia facémola todos en cada segundo da noso vida”. Por elo unha muller a ter en conta e a miña nai, o seu nome é Teresa N.F. Unha muller que para ollos profanos que so mirarían de ela unha portada desgastada e envellecida, pero para quen somos agraciados coa sua compañía , recibimos riquezas incalculables de sabiduría e un exemplo de valentía e esforzo ante as dificultades da vida. Miña mai que quedándose soa, con tres rapaciños ás súas costas, tivo que facer das súas fraquezas e sentimentos a un lado para volcarse de cheo na súa proxenie. Moitas veces negándose a si mesma polo ben noso. Traballar de sol a sol, con o dor no seu carazón por deixar soos a uns meniños, moitas foron as veces que marchaba con bágoas nos seus ollos , para traballar coidando outras familias para conseguir o pan. Entre tantos sacrificios intentou ser nai e pai o mesmo tempo, añadindo en ela unha sobre carga emocional que so ela templa na sua mente e na fragua do seu corazón.
  • 39. Ela ten poder para influir en aqueles que a coñezan . En nos deixou grabado nos nosos corazóns unha ley máxima que é o de cuidar da familia ,un deber sagrado que nestes tempos , moitos están olvidando. Tamén enseñounos o respeto polo traballo aplicándonos a o máximo, e a priorizar as cousas máis importantes. Ensino tamen igualdade desde ben cativos, por exemplo que os traballos do cuidado e orden da casa non teñen xenero, limpar os baños, fregar o chan, limpar a louza, facer de comer, lavar a roupa e demáis queaceres. .. sendo adultos entendemos que foi para o noso ben ,¡ e que ben nos vino! Sorprendome, que agora, de que moitos rapaces e rapazas non saben valerse eles sos. Ela contibruiu no noso crecemento como as persoas que hoxe somos, a o deixar que foramos tomando as nosas propias decisions , pero coa sua capacidade de ver mais ala otorgada polos anos de experiencia , sempre darnos un consello acertado , que moitas veces descubría co paso do tempo o acertada que estaba e noutras veces sentir na pel os batacazos por non habela escoitado. Ainda agora ,créendo ser adulto, de ela recibo perlas de sabiduría. En palabra de un veciño e amigo da familia, e coñecedor da odisea: “ A ela si que había que facerlle un monumento”. C.T.M.N 4º E.S.O.A.
  • 40. Nome: Fatima Naceu en: novembro 1971 Onde naceu: Aourir Agadir Estudiou:: 3º Preparatoria En que traballou : en casa o seu traballo é especial Vive en : Marrocos ‫اإلسم‬ : ‫فاطمة‬ ‫اإلزدياد‬ ‫تاريخ‬ : ٢١/١١/١٩٧١ ‫اإلزدياد‬ ‫مكان‬ : ‫أگادير‬ ‫أورير‬ ‫الدراسي‬ ‫المستوى‬ : ‫إعدادي‬ ‫الثالتة‬ ‫العمل‬ : ‫المنزل‬ ‫في‬ ‫عملها‬ ‫لكن‬ ‫تعمل‬ ‫ال‬ ‫مميز‬ ‫في‬ ‫تعيش‬ : ‫المغرب‬ ‫بثمن‬ ‫تقدر‬ ‫ال‬ ‫ألنها‬ ‫الحياة‬ ‫في‬ ‫قدوتي‬ ‫أمي‬ ‫اعتبر‬ ، ‫بصبرها‬ ‫تتميز‬ ‫الجميل‬ ‫ش‬ ‫كل‬ ‫و‬ ‫أختي‬ ‫و‬ ‫صديقتي‬ ‫هي‬ ‫بل‬ ‫فقط‬ ‫امي‬ ‫أعتبرها‬ ‫ال‬ ‫الكثير‬ ‫فيها‬ ‫اتعلم‬ ‫يئ‬ ‫طبخها‬ ‫اعشق‬ ‫المفظلة‬ ‫طباختي‬ ‫فاطمة‬ ‫الحياة‬ ‫هذه‬ ‫في‬. Considero a miña nai o meu modelo a seguir na vida. Ela é inestimable pola súa fermosa paciencia. Considéroa non só miña nai, senon que é a miña amiga, miña irmá e de todo nesta vida. Aprendo moito con ela. Fátima é a miña cociñeira favorita e encántalle cociñar. Yasmina
  • 41. Este 8 de marzo síntoo diferente. Sinto mágoa na voz, na miña voz de persoa, de ser humano, na miña voz de muller, na que pensa que a auténtica igualdade non coñece de sexos, nin de razas, nin de títulos, nin cartos. Voz con mágoa e aínda así chea de sentimento demandante de igualdade, libertade e paz. Paz, libertade e igualdade, tres palabras tan fermosas e tan lonxe aínda da realidade, máis se es muller, máis dependendo de onde naceras. Este 8 de marzo, hai guerra en Ucrania. Lembro aquelas velliñas que tiven por veciñas. Mulleres de mar e campo. Mulleres das rías galegas.
  • 42. Mulleres que viviron dúas guerras e mais a nosa, a que aínda doe como doen as feridas mal curadas. Naceron nos anos da guerra civil e na posguerra, nos anos da fame e da represión fascista. Mulleres sen máis dereitos que os que lle quixera dar un home. Mulleres que loitaban pola vida o mellor que podían, o mellor que sabían. Este 8 de marzo non esquezo a ningunha das mulleres; as que loitaron e loitan polos dereitos de todas, as que traballaron e traballan día e noite "e non fan nada", as que non deixaron nin deixan ser donas de si, ás que lles negaron e negan o seu valor. Por todas elas e por todas vós, por todos os que alzan a voz para reclamar igualdade e rexeitar todo abuso, todo maltrato e toda a inxustiza contra muller . Feliz dia internacional da muller! Mari Carmen Martínez Varela