SlideShare a Scribd company logo
lavandaxarxa
As Herbas
do Cacho
da noite de
San Xoán
NoiTe de San Xoán
A noite do 23 de xuño é a festa do sol, representado
polo lume das fogueiras.
No lume de San Xoán quéimanse cousas que xa non
serven, tanto é así que chegan a botarse madeiras
con vernices ou pintura, neumáticos de goma e
outras substancias tóxicas que ao arder contaminan
o aire. O que antes era un agadable recendo a leña
pasa a ter ás veces un cheiro noxento, de aí que
nalgúns concellos acaben por prohibilas.
Hai praias como a de Rodeira onde se concentran
nesa noite centos e milleiros de persoas que veñen
asar sardiñas á praia e fan pequenos lumes, cando
están permitidos.
Segundo a tradición había que saltar ou “salvar” o
lume un número impar de veces -até nove- cara un
lado e cara ao outro, dicindo algún esconxuro.
Lume de san Xoán
que non me trabe
nin cobra nin can
Nesa noite, o lume adquire propiedades máxicas que
axotan o mal de ollo e todo tipo de meigallos e
avívanse os poderes curativos da auga das fontes e
do mar (baño das nove ondas a medianoite), así
como os dalgunhas plantas xa de por si medicinais.
“a noite do vinte e tres ó vinte e catro do mes de san Xoán, ou sexa, a noite
da véspera, e mais o día do santo, que é o vinte e catro, coincidindo co
solsticio de verán, cando o sol, chegado ó máis alto do ceo, vai comezar a
baixar, cando se dá, nas nosas latitudes, o día máis longo do ano, dende o
cal os días encomezan a devecer, é a data, dun cabo ó outro da área
xeográfica do ciclo cultural europeo ou occidental, o instante cecais máis
sinalado para reviviren tódalas crenzas e costumes dos nosos antergos máis
remotos, conservadas na lembranza máis ou menos neboenta e nos degoros
inconscientes da xente das camadas populares […].” Vicente Risco
Debuxo de Castelao
Este ano 2017 a noite do 23 de xuño pasa dous días
do solsticio pero en compensación ten outra
coincidencia astronómica: a lúa nova. Vai ser unha
noite escura iluminada por fachos e lumieiras.
A palabra solsticio ven do latín solstitium que
significa “sol quieto” porque no seu movemento
aparente o astro deixa de avanzar -no caso do verán
e no noso hemisferio- “cara ao norte” e tarda uns
días en recomezar un novo ciclo.
Antigamente iso servía de sinal para sementar,
colleitar ou realizar outras tarefas agrícolas e
gandeiras. Tamén pode que causara certo desasosego
e unha maneira de lembrarlle ao sol que continuase
saíndo era mediante rituais e festas de celebración.
A flor da auga
É un dos misterios máis extranos e poéticos da noite
de San Xoán. A flor da auga é a que se colle ó raiar o
sol a ras da fonte, como se fora a tona en que viñeran
á superficie todas as virtudes e marabillas. 
De certas expresións que aparecen en ditos e coplas
deducen algúns como se esta flor da auga fora traída
por un páxaro no bico.
Pode haber aquí un trabucamento coa crenza de que
a pinga de auga e de orballo que na amañecida de San
Xoán trai un paxaro no peteiro e deita nunha flor ten
as mesmas virtudes que a flor da auga. 
Reza a tradición que as mellores augas, chamadas
flor/frol de auga ou flor de auga fría, son as que se
recollen xusto antes de amencer o día de San Xoán.
Outros ritos desta noite meiga son o das cancelas, os
altares de San Xoán, enfeitizar as casas, o baño da
media noite, a auga das nove fontes, a flor da auga, as
nove ondas, as herbas de San Xoán, as prácticas
adiviñatorias, o orballo da noite de San Xoán ou o
baile do sol.
Romance da flor de auga fría
Madrugada de San Xoán
madrugada a máis garrida
Que baila ou sol cando nace e ri cando morre ou día.
Onde vai Nosa Señora, onde vai Santa María?
Vai cara a banda do mar, vai cara a banda dá ría.
Que diz a Virxe, que diz, que di Santa María?
Cal será a meniña, cal, que colla a fror d´auga fría?
Non será dama, nin débeda, que será a princesa Aldina,
A princesa namorada, filla do rei de Galicia.
Non hai outra coma ela, tan feitiña e tan bonita
C´aqueles seus ollos craros, do cor d´augua da ría.
Só ti Aldina serás, quen leve a fror d´augua fría;
Érguete do leito meniña, ven cara á banda do mar
Qu´aínda que ti soíña veñas tornarás en compañía;
Na torre do real palacio, anque inda está lonxe ou día
Móvense vos liños dun leito, algunha xente s´erguía.
E a princesa deus a garde! era a moi garrida Aldina
Que vai día de San Xoán catar a fror dáuga fría.
ROMEU
Ten flores azul violeta pálido pero o que máis se utiliza son
as follas que teñen propiedades cicatrizantes. Co aceite
esencial que se extrae directamente delas, prepárase alcol
de romeu para previr as úlceras e tratar dores reumáticas e
lumbalxias. En friccións úsase como estimulante do cabelo.
A infusión das follas calma a tose e é boa para o fígado e
para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou
despois das comidas. O fume do romeu serve de tratamento
para a asma.
Polas súas propiedades antisépticas, pódese aplicar por
decocción sobre chagas e feridas como cicatrizante.
En botánica o seu nome é Rosmarinus
officinalis, o que dá lugar a Rosmarinho
(portugués) Rosemary (inglés) Romarin
(francés) Rosmarin (alemán)
Romero (castelán) Rosmarino (italiano)..
En galego o máis bonito: Romeu
OUREGO
As súas follas úsanse moito como condimento, porque
teñen pequenas glándulas que desprenden esencia
aromática
Entre as súas propiedades medicinais destaca a súa
actividade antioxidante, antimicrobiana, tónica e
dixestiva.
É unha planta orixinaria da illa de Creta.
O seu nome botánico, Origanum vulgare,
ven do grego oros que significa montaña e
ganousthai “deleitarse con”. Ese nome deu
lugar a variedades lingüísticas moi
semellantes: Origan (francés) Orégano
(castelán) Origano (italiano) Orégão
(portugués)...
No Morrazo, ademais de Ourego coñécese
como Eiroghe
XARXA
Salvia officinalis, unha especie de
grande interese polas súas
propiedades curativas como
desinfectante e febrífugo.
O termo xarxa vén de salvia, que á
súa vez provén do latín “salvare”, que
significa “curar”. Na antigüidade
utilizábanse as especies de xarxa
posto que servía para curar máis de
sesenta diversas doenzas desde dores a
epilepsia, e tratar principalmente
arrefriados, bronquites, tuberculoses,
hemorraxias etc.
Origanum vulgare
• Nome vulgar:
• PT: óregãos, óregão, óregão comum, óregão longal, óregão ordinário e óregão de Creta
• ENG: Oregano
• Família: Lamiaceae
• Nome científico: Origanum vulgare
• Origem: Europa e Ásia Ocidental
• Habitat: Adapta-se a diferentes tipos de habitat desde os mais secos, aos mais húmidos
• Ciclo de Vida: Vivaz
• Preferências de cultivo: Solo seco, bem-drenado, tolera solo pobre e temperaturas até cerca de -20ºC. Aumenta o sabor e
aroma das plantas próximas.
• Forma de propagação: Sementeira – as sementes amadurecem entre agosto e outubro, e devem ser semadas no início da
primavera quando as temperaturas rondam os 12ºC, a germinação levará cerca de 2 semanas. As plantas devem ser
divididas entre março e outubro e plantadas nos seus locais permanentes no verão, com espaçamento de 30 cm.
• Características ornamentais: Floração de julho a setembro. H: 0,2 m, 0,15 mᴓ
• Descrição dos cheiros e sabores: Aroma apimentado
• Propriedades:
• Medicinal: antireumático, anti-séptico, antiespasmódica, aromática, carminativo, colagogo, diaforético, emenagogo,
expectorante, odontálgico, parasiticida, estimulante, sedativo (o consumo em quantidades elevadas deve ser evitado) tónico
e beneficia o sistema digestivo e o respiratório. A espécie é utilizada, internamente, para tratar gripes e refriados, indigestão
e mentruação dolorosa; externamente, é recomendado para tratar bronquite, asma, dores musculares e artrites. Colocar
umas gotas de óleo essencial no algodão e aplicar no dente dolorido.
• Condimentar: assim como as folhas e as flores, o óleo essencial serve para aromatizar refeições, saladas, vegetais,
legumes e frequentemente a acompanhar pratos picantes, com alho ou cebola. Infusão das folhas secas e dos caules das
flores. Sabor quente, ligeiramente acentuado a cânfora e algo amargo, os orégãos apresentam notas pungentes e a limão.
São o ingrediente essencial nas massas, nas pizas ou nas saladas. Combine bem com manjericão, louro, malaguetas,
alecrim, salva e tomilho-limão.
• Outros: o óleo essencial é utilizado na aromaterapia, na perfumaria, para aromatizar sabões e como repelente.
• Contra-indicações/ Efeitos secundários /Observações:
• Contra-indicações: as mulheres grávidas devem evitar o consumo da planta, porém é seguro utilizar como condimentar,
desde que seja em pequenas quantidades.
• Efeitos secundários: o óleo essencial pode causar irritação na pele.
• Pragas e doenças, como combater:
• No geral, não costumam ser alvo de pestes ou doentes, porém são susceptíveis a fungos. A melhor forma de combater
estes problemas, é manter as condições adequadas de crescimento, utilizar um substrato estéril, manter as plantas
arejadas e evitar as regras excessivas.
• Como e quando se faz a colheita e/ou poda e quais as partes utilizadas. Quantos cortes por ano?
• Partes utilizadas: folhas, flores e caules
• Poda: cortes basais em junho
• Colheita: colher os rebentos com 8 a 10 cm de altura a contar do solo.
• Se pode ser usada em consociação (repelente/atraente) ou se é biopesticida.
• Atrai polinizadores.
• Curiosidades/Experiências pessoais.
• A espécie é conhecida como o símbolo da felicidade, tranquilidade, proteção, boa sorte e saúde.
• A planta é fundamental na cozinha italiana.
• Fontes:
• Cunha, P., Roque, O., Gapar, N. (2013) Cultura e Utilização das Plantas Medicinais e Aromáticas, 2ªed, Lisboa, Fundação
Calouste Gulbenkian
• Cunha, P., Ribeiro, J., Roque, O. (2009) Plantas Aromáticas em Portugal Caracterização e Utilizações, 2ªed., Lisboa,
Fundação Calouste Gulbenkian
• Cunha, P., Silva, A., Roque, O. (2012) Plantas e produtos vegetais em Fitoterapia, 4ª ed, Lisboa, Fundação Calouste
Gulbenkian
• Cunha, P., Roque, O. (2011) Plantas Medicinais da Farmacopeia Portuguesa, 2ªed, Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian
• Plants for a future, 1996-2013, Plants for a Future, www.pfaf.org, agosto 2013
• Descrição adicional
• O Cantinho das Aromáticas não se responsabiliza por nenhum efeito adverso do uso da planta. Deve sempre consultar um
profissional antes de utilizar a planta para fins medicinais! Nota: Imagem meramente ilustrativa. O estado de
desenvolvimento da planta encomendada poderá não corresponder à imagem, sendo que o porte da mesma poderá variar
com a espécie e com época do ano. Vaso 9, 10, 12 ou 14
•
HERBA LUISA
A herba luísa
(Aloysia citriodora)
caracterízase polo seu
recendo a limón.
En infusión é dixestiva,
calma os nervos e combate o
insomnio pois ten propiedades
sedantes. Posúe unha importante
cantidade de melatonina,
substancia que se usa como
relaxante natural e que favorece o
sono nocturno. Boa para aliviar
dores menstruais e cólicos biliares.
As súas follas e flores recóllense
dúas veces ao ano, a finais da
primavera e comezos do outono.
PÉTALOS DE
ROSA
A rosa é a raíña das flores. Os seus pétalos son
un bo tonificante para a pel, ademais de actuar
sobre a mente e sistema nervoso, con efectos
sedantes e anti-depresivos. Teñen tamén
propiedades antisépticas e astrinxentes.
En infusión recoméndase para lavar os ollos
cando hai conxuntivite.
O té de rosas disminúe a irritación de garganta
e é unha excelente fonte de vitaminas e
nutrientes que melloran a saúde.
A auga de rosas actúa como tónico astrinxente
e o seu aceite diminúe as enrugas e cicatrices
ademais de regular as hormonas e o ciclo
menstrual.
Follas de
LIMOEIRO
Citrus Limonum é o nome formal da árbore. As
súas follas teñen gran cantidade de vitamina C
polo que actúan fronte ao escorbuto e para
prevenir gripes e resfriados. Aumentan a
produción de glóbulos brancos polo que
melloran o sistema inmunitario. Baixan a
presión arterial e o nivel de colesterol. Son
depurativo suave en caso de diarreas e un
excelente estimulante do fígado polo que
melloran a dixestión. Ademais teñen
propiedades depurativas, desintoxicantes,
astrinxentes, antibacterianas, antimigrañas e
unha moi útil: anti-ulcéricas que lle
proporciona o beta bisolobeno.
Para dor de cabeza ou insomnio van ben en
infusión.
Follas de
LARANXEIRA
Teñen propiedades sedantes e
antiespasmódicas.
En infusión son diuréticas,
depurativas, laxante suave e
axudan a reducir o colesterol.
Melloran a conxestión de
garganta e os trastornos dO
sono, igual ca as flores. Férvense
cinco minutos e como a infusión
é algo amarga, bótaselle un
pouco de mel.
LAVANDA
As lavandas son plantas pertencentes ao  xénero
Lavandula, da familia das lamiáceas, que contén
unha treintena de especies que se coñecen tamén
como esprego, azaia, arzaia ou cantroxo.
En Cangas queimábanse flores de lavanda para
esconxurar unha casa e protexela do meigallo. Para
iso poñíase nunha tella un pouco de  lavanda, romeu
e loureiro "que mire ó mar" e tres dentes de allo, un
en cada extremo da tella e o outro no medio.
Despois, queimábase todo coas xanelas pechadas
para rematar tocando as paredes cunha póla de
oliveira, levando a tella na outra man e recitando un
ensalmo.
Unha posible etimoloxía fai vir o nome
de lavare, destinado ao baño, polo uso
común nas termas romanas. A auga de
lavanda é moi común en perfumaría, o que
explica a extensión do cultivo agrícola
desta planta.
FIUNCHO
Trátase dunha planta apiácea,
coñecida e abondosa que cheira
moito a anís.
As follas son coma fíos. Bota as
flores polo verán de cor amarela.
Cando as flores dan froito,
chámanse anises. As follas
empréganse nos maios.
É unha das sete plantas básicas
para facer a mestura para
eliminar os malos espíritus a
noite de San Xoán.
Foeniculum vulgare
TORMENTELO
É a raíña do cacho, e non se atopa
facilmente. O tormentelo é un tipo de
tomiño rastreiro que crece no monte
entre as pedras e abunda nas serras
peladas de vexetación. Alí crece como
un tapiz.
Na cultura popular galega
queimábase tormentelo para curar o
reumatismo.
“A rapaciña do gando
está peitanto o cabelo
cunha herba que hai no monte
que lle chaman tormentelo”
Thymus serpyllum
RUDA
Esta planta perenne está presente en moitas
hortas porque o seu aroma forte afasta os
insectos dos cultivos.
Moitas civilizacións antigas usaron e adoraron
os poderes da ruda. Os romanos cultivábana e
levábana cando ían visitar un prisioneiro, xa
que se dicía que curaba o mal de ollo. Os
chineses usábana para contrarrestar os malos
pensamentos. Os magos celtas dicían que a
ruda era unha defensa contra os feitizos,
ademais de usala para sanar enfermos. Tivo un
carácter sagrado para os hebreos, exipcios e
caldeos, que afirmaban que a ruda era un don
dos deuses. En América era usada polas
comunidades aboríxenes para facer feitizos de
amor e aseguraban que logo de pór unha rama
á luz da lúa e entragala á persoa amada,
podería conquistar o seu corazón para sempre.
Malia o cheiro que desprende!
MENTA
HERBA DE SAN XOÁN
FENTO
POEXO
FIGUEIRA
HORTELÁ
A hortelá ten moitas propiedades medicinais:
pódese botar na auga do baño e é relaxante do
corpo e da mente, dá un aroma e sabor
refrescante ás bebidas e sopas; xa co seu
recendo alivia a dor de cabeza, náuseas e
alerxias respiratorias, mellora o sistema
inmunitario, axuda a previr o Alzeimer,
baixar o nivel de colesterol e todo tipo de
beneficios para a saúde. Como é moi boa de
cultivar e multiplicar, non pode faltar en
ningunha casa.
Hortelá ou menta é o nome dado ás
diversas plantas do xénero Mentha.
É unha planta aromática de cheiro
puro, refrescante e de sabor intenso.
Existen moitas especies, algunhas
orixinarias do sur e centro de
Europa, outras de Oriente Medio e
Asia central.
CHOPO
PEINETA
MADRESILVA
TOMIÑO
Na antiga Grecia, o tomiño utilizouse
como planta medicinal, para curar
feridas de gravidade. Por outra banda,
o tomiño usouse ademais na Idade
Media, como unha planta medicinal
moi valiosa, por exemplo contra a asma
ou disnea. Nos nosos días utilízase o
tomiño de moitas maneiras diferentes:
como planta ornamental nos xardíns,
como condimento polas súas
propiedades dixestivas, como aceite
esencial, na farmacopea convencional e
na homeopatía entre outros usos.
É o mellor remedio caseiro para atallar
un resfriado incipiente.
Thymus vulgaris
MELISA ou
TORONXIL
Melissa officinalis.
O nome ten relación coas abellas
(melisa, de mel). Nalgúns sitios chámanlle
herba abelleira (como en Asturies)
Ten sabor a menta e recende a limón por iso
se lle chama en portugués, herba cidreira.
É boa para calmar os nervios e a ansiedade.
Como medra profusamente, podemos coller
unha boa presada de follas de melisa e
poñelas na auga da bañeira para darnos un
baño nela antes de ir dormir e seguro que
dormimos coma leiróns!
Cangas mantén moi viva a tradición de lavarse coa auga
das herbas do cacho o día de San Xoán. O feixe déixase a
noite anterior ao resío, nunha tina, correndo o risco de que
alguén o roube ou, peor aínda, que ouriñe no recipiente. É,
co roubo de portais ou soltar animais presos é un costume
que aínda pervive.
Hai anos, os veciños ían buscar as herbas ao monte e
engadíanlles plantas aromáticas do xardín. Hai quen o
segue facendo, pero son poucos. A maioría compra o cacho
ás mulleres da aldea, que desde fai preto de medio século
véndeno no aterrado. «O mundo de agora non é ou de antes.
De rapazas iamos todas durante todo o día. Era o noso
relax. Iamos polas aldeas a buscar as herbas. Agora,
comprámolas», dicía unha señora mentres adquiría un feixe
fronte á praza.
Son, din as máis puristas, 24 herbas. Ten que levar herba
luisa, tomiño, lavanda, romeu, ourego, malva rosa, incenso,
herba de San Xoán, peite, manzanilla, abrótano, follas de
loureiro, nogueira, higuera e viña, madreselva, botón de
ouro (coñecido en Cangas como chopo ou, en galego, saxa) e
distintas variedades de menta (poexo, melisa e herba boa).
Debe levar ruda, moi eficaz contra o mal de ollo, pero
algunhas aldeás non lla pon porque non lles gusta o seu
cheiro. Outras lle incorporan hortensias, flor da silveira e
follas de carballo
O tomiño que se utiliza habitualmente no cacho crece no
monte. Coñécese como tromentelo e é, ao parecer, bo para o
pelo: «Rapazas dalá de riba/con que lavades ou pelo/cunha
herba que hai non monte/que se chama tromentelo».
Texto traducido dun artigo de Jesús Santos publicado na Voz de Galicia (24/06/2010 )
Sobre a melisa ou herba abelleira, no galego de Asturies:
“Nun conozo olor máis rico qu’el del herba abeyeira (Melissa officinalis). Ten a
frescura da menta y el toque xusto d’acidez del limón. Nun m’estraña que yes guste
tanto ás abeyas y por eso os abeyeiros usan a pranta pra refregar os trobos por
dentro y qu’os enxames entren nelos. Anque el herba abeyeira é úa especie que vén
del Mediterráneo, naturalizóuse por toda a Europa trempada y pódese atopar
undequera por Asturias. Por exemplo, avezaba a prantarse nos hortos y cerca dos
colmiales. Tampouco nun é que tía búa de reconocer, qu’ademáis pódese confundir
núa primeira oyuada cuas ortigas, se nun fora por cómo brillan as foyas y el ben
qu’arrecenden.
Del nome popular que ye damos pouco hai que dicir, porque é tresparente de todo.
El nome científico fálanos tamén d’abeyas, porque eso significa mélissa en grego
clásico. En conto a officinalis, xa sabemos que ten que ver con herbas melecieiras, y
é qu’el herba abeyeira é un calmante conocido tomao en infusión.
...
Outra posibilidá de denominación é qu’os falantes recorten el nome y deixen namáis
el segundo elemento. Por exemplo, nel libro de José García sobre a fala del Franco,
a forma que se recoye é abeyeira, a secas. Outro nome aparecido a herba abeyeira é el
que rexistra el vocabulario de Castaedo y Monón (Ayande): herba das abeyas.
Queda por referíremonos a outra variación fonética posible, porque na parte máis
occidental y sureña del Navia-Eo, unde dicen agulla, traballar, aguillón, muller, etc.,
ben sei que dirán herba abelleira, qu’é como pronuncían en galego el nome da pranta.
Tamén hai outras variantes en Galicia sobre el mesmo tema apícola, como abelleira,
belleira, abellariza ou herba abella. Outras denominacióis galegas son cidreira, herba
cidreira, cobo y toronxil ou tronxil.
En asturiano as variantes son todas fónicas sobre a mesma palabra: ademáis
d’abeyera y beyera, tamén hai, según as zonas dialectales, abiera y abechera (y
bechera). El nome composto dáse máis ben al occidente, en continuidá col galego-
asturiano: en Tox (Navia) dicen yerba abiera y en Tinéu, yerba l’abiera.
En conto ás formas casteyanas, as máis usadas son melisa y toronjil, anque tamén
ye chaman cidronela ou hoja de limón.”
Do blog:
Herbas y florías
Un sito pra falar dos nomes en galego-asturiano das especies vexetales
fogueira, cachela, afume, fumazo, larada, luminaria,
lume novo, lumeirada, foleó, castelo, queimas de San
Xoan, etc.
Saltando sobre estas hogueras (hasta 9 veces y procurando
que el número sea impar), girando o danzando alrededor,
aspirando su humo o recitando distintos conjuros, ensalmos
y fórmulas, se obtienen una serie de beneficios :
Preservación y cura de enfermedades como la hernia,
orzuelos o pequeñas heridas y sarpullidos (en general todo
tipo de males cutáneos para lo cual lo mejor es saltar
desnudo), alejamiento de los gérmenes que provocan estas
dolencias, ahuyentado de brujas ( que esta noche ejercen
una gran actividad) y de sus maleficios así como de
ladrones, protección frente a animales dañinos (mordeduras
de perros, culebras, etc.), evitar contratiempos de todo tipo,
asegurar la cosecha, ahuyentar alimañas del corral a través
del humo. Si el enfermo es un niño dos mujeres ritualmente
denominadas Juana y María lo pasan por encima un número
impar de ocasiones mientras recitan el mismo numero de
veces cantinelas como Enfermo cho dou, devólvemo
sao/san Haciendo pasar los animales sobre las cenizas
humeantes, entre dos fuegos o saltando sobre él, se les
previene contra dolencias como el muermo o maleficios, etc.
… Generalmente se intenta hacer cumplir unos deseos
relacionados mayormente con la salud y la prosperidad
aunque también saltan las mozas con fines adivinatorios, si
lo hacen 9 veces y sin tocar las llamas saben que casarán
en 12 meses Además de esto se guardan sus cenizas o los
tizones resultantes como antídoto contra tempestades o
quemaduras. En esta noche de brujas se cantan o recitan
coplas como:
As herbas do cacho

More Related Content

More from quendadeira

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
quendadeira
 
25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
quendadeira
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
quendadeira
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
quendadeira
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
quendadeira
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
quendadeira
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
quendadeira
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
quendadeira
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
quendadeira
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
quendadeira
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
quendadeira
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
quendadeira
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
quendadeira
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
quendadeira
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
quendadeira
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
quendadeira
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
quendadeira
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
quendadeira
 

More from quendadeira (20)

Presentación mulleres
Presentación mulleresPresentación mulleres
Presentación mulleres
 
25 de abril
25 de abril25 de abril
25 de abril
 
fotos e mates
fotos e matesfotos e mates
fotos e mates
 
Agualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no infernoAgualusa Borges no inferno
Agualusa Borges no inferno
 
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
Fabulosas, extraordinarias orquídeas...
 
Libro grande de Casares
Libro grande de CasaresLibro grande de Casares
Libro grande de Casares
 
42 mulleres chave
42 mulleres chave42 mulleres chave
42 mulleres chave
 
Atención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor románticoAtención! perigo: amor romántico
Atención! perigo: amor romántico
 
O arco da vella
O arco da vellaO arco da vella
O arco da vella
 
1º de abril contos
1º de abril contos1º de abril contos
1º de abril contos
 
Astrónomas
AstrónomasAstrónomas
Astrónomas
 
Receitas con froita
Receitas con froitaReceitas con froita
Receitas con froita
 
Lecturas secundaria
Lecturas secundariaLecturas secundaria
Lecturas secundaria
 
Lecturas primaria2
Lecturas primaria2Lecturas primaria2
Lecturas primaria2
 
Lecturas infantil
Lecturas infantilLecturas infantil
Lecturas infantil
 
Terror galego
Terror galegoTerror galego
Terror galego
 
Calendario celta
Calendario celtaCalendario celta
Calendario celta
 
Camiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portuguésCamiño das estrelas: camiño portugués
Camiño das estrelas: camiño portugués
 
De Coimbra a Santiago
De Coimbra a SantiagoDe Coimbra a Santiago
De Coimbra a Santiago
 
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimirVerbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
Verbos e Pronomes galego arabe, Versión para imprimir
 

As herbas do cacho

  • 2. NoiTe de San Xoán A noite do 23 de xuño é a festa do sol, representado polo lume das fogueiras. No lume de San Xoán quéimanse cousas que xa non serven, tanto é así que chegan a botarse madeiras con vernices ou pintura, neumáticos de goma e outras substancias tóxicas que ao arder contaminan o aire. O que antes era un agadable recendo a leña pasa a ter ás veces un cheiro noxento, de aí que nalgúns concellos acaben por prohibilas. Hai praias como a de Rodeira onde se concentran nesa noite centos e milleiros de persoas que veñen asar sardiñas á praia e fan pequenos lumes, cando están permitidos. Segundo a tradición había que saltar ou “salvar” o lume un número impar de veces -até nove- cara un lado e cara ao outro, dicindo algún esconxuro. Lume de san Xoán que non me trabe nin cobra nin can
  • 3. Nesa noite, o lume adquire propiedades máxicas que axotan o mal de ollo e todo tipo de meigallos e avívanse os poderes curativos da auga das fontes e do mar (baño das nove ondas a medianoite), así como os dalgunhas plantas xa de por si medicinais. “a noite do vinte e tres ó vinte e catro do mes de san Xoán, ou sexa, a noite da véspera, e mais o día do santo, que é o vinte e catro, coincidindo co solsticio de verán, cando o sol, chegado ó máis alto do ceo, vai comezar a baixar, cando se dá, nas nosas latitudes, o día máis longo do ano, dende o cal os días encomezan a devecer, é a data, dun cabo ó outro da área xeográfica do ciclo cultural europeo ou occidental, o instante cecais máis sinalado para reviviren tódalas crenzas e costumes dos nosos antergos máis remotos, conservadas na lembranza máis ou menos neboenta e nos degoros inconscientes da xente das camadas populares […].” Vicente Risco Debuxo de Castelao
  • 4. Este ano 2017 a noite do 23 de xuño pasa dous días do solsticio pero en compensación ten outra coincidencia astronómica: a lúa nova. Vai ser unha noite escura iluminada por fachos e lumieiras. A palabra solsticio ven do latín solstitium que significa “sol quieto” porque no seu movemento aparente o astro deixa de avanzar -no caso do verán e no noso hemisferio- “cara ao norte” e tarda uns días en recomezar un novo ciclo. Antigamente iso servía de sinal para sementar, colleitar ou realizar outras tarefas agrícolas e gandeiras. Tamén pode que causara certo desasosego e unha maneira de lembrarlle ao sol que continuase saíndo era mediante rituais e festas de celebración.
  • 5. A flor da auga É un dos misterios máis extranos e poéticos da noite de San Xoán. A flor da auga é a que se colle ó raiar o sol a ras da fonte, como se fora a tona en que viñeran á superficie todas as virtudes e marabillas.  De certas expresións que aparecen en ditos e coplas deducen algúns como se esta flor da auga fora traída por un páxaro no bico. Pode haber aquí un trabucamento coa crenza de que a pinga de auga e de orballo que na amañecida de San Xoán trai un paxaro no peteiro e deita nunha flor ten as mesmas virtudes que a flor da auga.  Reza a tradición que as mellores augas, chamadas flor/frol de auga ou flor de auga fría, son as que se recollen xusto antes de amencer o día de San Xoán. Outros ritos desta noite meiga son o das cancelas, os altares de San Xoán, enfeitizar as casas, o baño da media noite, a auga das nove fontes, a flor da auga, as nove ondas, as herbas de San Xoán, as prácticas adiviñatorias, o orballo da noite de San Xoán ou o baile do sol.
  • 6. Romance da flor de auga fría Madrugada de San Xoán madrugada a máis garrida Que baila ou sol cando nace e ri cando morre ou día. Onde vai Nosa Señora, onde vai Santa María? Vai cara a banda do mar, vai cara a banda dá ría. Que diz a Virxe, que diz, que di Santa María? Cal será a meniña, cal, que colla a fror d´auga fría? Non será dama, nin débeda, que será a princesa Aldina, A princesa namorada, filla do rei de Galicia. Non hai outra coma ela, tan feitiña e tan bonita C´aqueles seus ollos craros, do cor d´augua da ría. Só ti Aldina serás, quen leve a fror d´augua fría; Érguete do leito meniña, ven cara á banda do mar Qu´aínda que ti soíña veñas tornarás en compañía; Na torre do real palacio, anque inda está lonxe ou día Móvense vos liños dun leito, algunha xente s´erguía. E a princesa deus a garde! era a moi garrida Aldina Que vai día de San Xoán catar a fror dáuga fría.
  • 7. ROMEU Ten flores azul violeta pálido pero o que máis se utiliza son as follas que teñen propiedades cicatrizantes. Co aceite esencial que se extrae directamente delas, prepárase alcol de romeu para previr as úlceras e tratar dores reumáticas e lumbalxias. En friccións úsase como estimulante do cabelo. A infusión das follas calma a tose e é boa para o fígado e para atallar os espasmos intestinais. Debe tomarse antes ou despois das comidas. O fume do romeu serve de tratamento para a asma. Polas súas propiedades antisépticas, pódese aplicar por decocción sobre chagas e feridas como cicatrizante. En botánica o seu nome é Rosmarinus officinalis, o que dá lugar a Rosmarinho (portugués) Rosemary (inglés) Romarin (francés) Rosmarin (alemán) Romero (castelán) Rosmarino (italiano).. En galego o máis bonito: Romeu
  • 8. OUREGO As súas follas úsanse moito como condimento, porque teñen pequenas glándulas que desprenden esencia aromática Entre as súas propiedades medicinais destaca a súa actividade antioxidante, antimicrobiana, tónica e dixestiva. É unha planta orixinaria da illa de Creta. O seu nome botánico, Origanum vulgare, ven do grego oros que significa montaña e ganousthai “deleitarse con”. Ese nome deu lugar a variedades lingüísticas moi semellantes: Origan (francés) Orégano (castelán) Origano (italiano) Orégão (portugués)... No Morrazo, ademais de Ourego coñécese como Eiroghe
  • 9. XARXA Salvia officinalis, unha especie de grande interese polas súas propiedades curativas como desinfectante e febrífugo. O termo xarxa vén de salvia, que á súa vez provén do latín “salvare”, que significa “curar”. Na antigüidade utilizábanse as especies de xarxa posto que servía para curar máis de sesenta diversas doenzas desde dores a epilepsia, e tratar principalmente arrefriados, bronquites, tuberculoses, hemorraxias etc.
  • 10. Origanum vulgare • Nome vulgar: • PT: óregãos, óregão, óregão comum, óregão longal, óregão ordinário e óregão de Creta • ENG: Oregano • Família: Lamiaceae • Nome científico: Origanum vulgare • Origem: Europa e Ásia Ocidental • Habitat: Adapta-se a diferentes tipos de habitat desde os mais secos, aos mais húmidos • Ciclo de Vida: Vivaz • Preferências de cultivo: Solo seco, bem-drenado, tolera solo pobre e temperaturas até cerca de -20ºC. Aumenta o sabor e aroma das plantas próximas. • Forma de propagação: Sementeira – as sementes amadurecem entre agosto e outubro, e devem ser semadas no início da primavera quando as temperaturas rondam os 12ºC, a germinação levará cerca de 2 semanas. As plantas devem ser divididas entre março e outubro e plantadas nos seus locais permanentes no verão, com espaçamento de 30 cm. • Características ornamentais: Floração de julho a setembro. H: 0,2 m, 0,15 mᴓ • Descrição dos cheiros e sabores: Aroma apimentado • Propriedades: • Medicinal: antireumático, anti-séptico, antiespasmódica, aromática, carminativo, colagogo, diaforético, emenagogo, expectorante, odontálgico, parasiticida, estimulante, sedativo (o consumo em quantidades elevadas deve ser evitado) tónico e beneficia o sistema digestivo e o respiratório. A espécie é utilizada, internamente, para tratar gripes e refriados, indigestão e mentruação dolorosa; externamente, é recomendado para tratar bronquite, asma, dores musculares e artrites. Colocar umas gotas de óleo essencial no algodão e aplicar no dente dolorido. • Condimentar: assim como as folhas e as flores, o óleo essencial serve para aromatizar refeições, saladas, vegetais, legumes e frequentemente a acompanhar pratos picantes, com alho ou cebola. Infusão das folhas secas e dos caules das flores. Sabor quente, ligeiramente acentuado a cânfora e algo amargo, os orégãos apresentam notas pungentes e a limão. São o ingrediente essencial nas massas, nas pizas ou nas saladas. Combine bem com manjericão, louro, malaguetas, alecrim, salva e tomilho-limão. • Outros: o óleo essencial é utilizado na aromaterapia, na perfumaria, para aromatizar sabões e como repelente. • Contra-indicações/ Efeitos secundários /Observações: • Contra-indicações: as mulheres grávidas devem evitar o consumo da planta, porém é seguro utilizar como condimentar, desde que seja em pequenas quantidades. • Efeitos secundários: o óleo essencial pode causar irritação na pele. • Pragas e doenças, como combater: • No geral, não costumam ser alvo de pestes ou doentes, porém são susceptíveis a fungos. A melhor forma de combater estes problemas, é manter as condições adequadas de crescimento, utilizar um substrato estéril, manter as plantas arejadas e evitar as regras excessivas. • Como e quando se faz a colheita e/ou poda e quais as partes utilizadas. Quantos cortes por ano? • Partes utilizadas: folhas, flores e caules • Poda: cortes basais em junho • Colheita: colher os rebentos com 8 a 10 cm de altura a contar do solo. • Se pode ser usada em consociação (repelente/atraente) ou se é biopesticida. • Atrai polinizadores. • Curiosidades/Experiências pessoais. • A espécie é conhecida como o símbolo da felicidade, tranquilidade, proteção, boa sorte e saúde. • A planta é fundamental na cozinha italiana. • Fontes: • Cunha, P., Roque, O., Gapar, N. (2013) Cultura e Utilização das Plantas Medicinais e Aromáticas, 2ªed, Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian • Cunha, P., Ribeiro, J., Roque, O. (2009) Plantas Aromáticas em Portugal Caracterização e Utilizações, 2ªed., Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian • Cunha, P., Silva, A., Roque, O. (2012) Plantas e produtos vegetais em Fitoterapia, 4ª ed, Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian • Cunha, P., Roque, O. (2011) Plantas Medicinais da Farmacopeia Portuguesa, 2ªed, Lisboa, Fundação Calouste Gulbenkian • Plants for a future, 1996-2013, Plants for a Future, www.pfaf.org, agosto 2013 • Descrição adicional • O Cantinho das Aromáticas não se responsabiliza por nenhum efeito adverso do uso da planta. Deve sempre consultar um profissional antes de utilizar a planta para fins medicinais! Nota: Imagem meramente ilustrativa. O estado de desenvolvimento da planta encomendada poderá não corresponder à imagem, sendo que o porte da mesma poderá variar com a espécie e com época do ano. Vaso 9, 10, 12 ou 14 •
  • 11. HERBA LUISA A herba luísa (Aloysia citriodora) caracterízase polo seu recendo a limón. En infusión é dixestiva, calma os nervos e combate o insomnio pois ten propiedades sedantes. Posúe unha importante cantidade de melatonina, substancia que se usa como relaxante natural e que favorece o sono nocturno. Boa para aliviar dores menstruais e cólicos biliares. As súas follas e flores recóllense dúas veces ao ano, a finais da primavera e comezos do outono.
  • 12. PÉTALOS DE ROSA A rosa é a raíña das flores. Os seus pétalos son un bo tonificante para a pel, ademais de actuar sobre a mente e sistema nervoso, con efectos sedantes e anti-depresivos. Teñen tamén propiedades antisépticas e astrinxentes. En infusión recoméndase para lavar os ollos cando hai conxuntivite. O té de rosas disminúe a irritación de garganta e é unha excelente fonte de vitaminas e nutrientes que melloran a saúde. A auga de rosas actúa como tónico astrinxente e o seu aceite diminúe as enrugas e cicatrices ademais de regular as hormonas e o ciclo menstrual.
  • 13. Follas de LIMOEIRO Citrus Limonum é o nome formal da árbore. As súas follas teñen gran cantidade de vitamina C polo que actúan fronte ao escorbuto e para prevenir gripes e resfriados. Aumentan a produción de glóbulos brancos polo que melloran o sistema inmunitario. Baixan a presión arterial e o nivel de colesterol. Son depurativo suave en caso de diarreas e un excelente estimulante do fígado polo que melloran a dixestión. Ademais teñen propiedades depurativas, desintoxicantes, astrinxentes, antibacterianas, antimigrañas e unha moi útil: anti-ulcéricas que lle proporciona o beta bisolobeno. Para dor de cabeza ou insomnio van ben en infusión.
  • 14. Follas de LARANXEIRA Teñen propiedades sedantes e antiespasmódicas. En infusión son diuréticas, depurativas, laxante suave e axudan a reducir o colesterol. Melloran a conxestión de garganta e os trastornos dO sono, igual ca as flores. Férvense cinco minutos e como a infusión é algo amarga, bótaselle un pouco de mel.
  • 15. LAVANDA As lavandas son plantas pertencentes ao  xénero Lavandula, da familia das lamiáceas, que contén unha treintena de especies que se coñecen tamén como esprego, azaia, arzaia ou cantroxo. En Cangas queimábanse flores de lavanda para esconxurar unha casa e protexela do meigallo. Para iso poñíase nunha tella un pouco de  lavanda, romeu e loureiro "que mire ó mar" e tres dentes de allo, un en cada extremo da tella e o outro no medio. Despois, queimábase todo coas xanelas pechadas para rematar tocando as paredes cunha póla de oliveira, levando a tella na outra man e recitando un ensalmo. Unha posible etimoloxía fai vir o nome de lavare, destinado ao baño, polo uso común nas termas romanas. A auga de lavanda é moi común en perfumaría, o que explica a extensión do cultivo agrícola desta planta.
  • 16. FIUNCHO Trátase dunha planta apiácea, coñecida e abondosa que cheira moito a anís. As follas son coma fíos. Bota as flores polo verán de cor amarela. Cando as flores dan froito, chámanse anises. As follas empréganse nos maios. É unha das sete plantas básicas para facer a mestura para eliminar os malos espíritus a noite de San Xoán. Foeniculum vulgare
  • 17. TORMENTELO É a raíña do cacho, e non se atopa facilmente. O tormentelo é un tipo de tomiño rastreiro que crece no monte entre as pedras e abunda nas serras peladas de vexetación. Alí crece como un tapiz. Na cultura popular galega queimábase tormentelo para curar o reumatismo. “A rapaciña do gando está peitanto o cabelo cunha herba que hai no monte que lle chaman tormentelo” Thymus serpyllum
  • 18. RUDA Esta planta perenne está presente en moitas hortas porque o seu aroma forte afasta os insectos dos cultivos. Moitas civilizacións antigas usaron e adoraron os poderes da ruda. Os romanos cultivábana e levábana cando ían visitar un prisioneiro, xa que se dicía que curaba o mal de ollo. Os chineses usábana para contrarrestar os malos pensamentos. Os magos celtas dicían que a ruda era unha defensa contra os feitizos, ademais de usala para sanar enfermos. Tivo un carácter sagrado para os hebreos, exipcios e caldeos, que afirmaban que a ruda era un don dos deuses. En América era usada polas comunidades aboríxenes para facer feitizos de amor e aseguraban que logo de pór unha rama á luz da lúa e entragala á persoa amada, podería conquistar o seu corazón para sempre. Malia o cheiro que desprende!
  • 19. MENTA
  • 20. HERBA DE SAN XOÁN
  • 21. FENTO
  • 22. POEXO
  • 24. HORTELÁ A hortelá ten moitas propiedades medicinais: pódese botar na auga do baño e é relaxante do corpo e da mente, dá un aroma e sabor refrescante ás bebidas e sopas; xa co seu recendo alivia a dor de cabeza, náuseas e alerxias respiratorias, mellora o sistema inmunitario, axuda a previr o Alzeimer, baixar o nivel de colesterol e todo tipo de beneficios para a saúde. Como é moi boa de cultivar e multiplicar, non pode faltar en ningunha casa. Hortelá ou menta é o nome dado ás diversas plantas do xénero Mentha. É unha planta aromática de cheiro puro, refrescante e de sabor intenso. Existen moitas especies, algunhas orixinarias do sur e centro de Europa, outras de Oriente Medio e Asia central.
  • 25. CHOPO
  • 28. TOMIÑO Na antiga Grecia, o tomiño utilizouse como planta medicinal, para curar feridas de gravidade. Por outra banda, o tomiño usouse ademais na Idade Media, como unha planta medicinal moi valiosa, por exemplo contra a asma ou disnea. Nos nosos días utilízase o tomiño de moitas maneiras diferentes: como planta ornamental nos xardíns, como condimento polas súas propiedades dixestivas, como aceite esencial, na farmacopea convencional e na homeopatía entre outros usos. É o mellor remedio caseiro para atallar un resfriado incipiente. Thymus vulgaris
  • 29. MELISA ou TORONXIL Melissa officinalis. O nome ten relación coas abellas (melisa, de mel). Nalgúns sitios chámanlle herba abelleira (como en Asturies) Ten sabor a menta e recende a limón por iso se lle chama en portugués, herba cidreira. É boa para calmar os nervios e a ansiedade. Como medra profusamente, podemos coller unha boa presada de follas de melisa e poñelas na auga da bañeira para darnos un baño nela antes de ir dormir e seguro que dormimos coma leiróns!
  • 30. Cangas mantén moi viva a tradición de lavarse coa auga das herbas do cacho o día de San Xoán. O feixe déixase a noite anterior ao resío, nunha tina, correndo o risco de que alguén o roube ou, peor aínda, que ouriñe no recipiente. É, co roubo de portais ou soltar animais presos é un costume que aínda pervive. Hai anos, os veciños ían buscar as herbas ao monte e engadíanlles plantas aromáticas do xardín. Hai quen o segue facendo, pero son poucos. A maioría compra o cacho ás mulleres da aldea, que desde fai preto de medio século véndeno no aterrado. «O mundo de agora non é ou de antes. De rapazas iamos todas durante todo o día. Era o noso relax. Iamos polas aldeas a buscar as herbas. Agora, comprámolas», dicía unha señora mentres adquiría un feixe fronte á praza. Son, din as máis puristas, 24 herbas. Ten que levar herba luisa, tomiño, lavanda, romeu, ourego, malva rosa, incenso, herba de San Xoán, peite, manzanilla, abrótano, follas de loureiro, nogueira, higuera e viña, madreselva, botón de ouro (coñecido en Cangas como chopo ou, en galego, saxa) e distintas variedades de menta (poexo, melisa e herba boa). Debe levar ruda, moi eficaz contra o mal de ollo, pero algunhas aldeás non lla pon porque non lles gusta o seu cheiro. Outras lle incorporan hortensias, flor da silveira e follas de carballo O tomiño que se utiliza habitualmente no cacho crece no monte. Coñécese como tromentelo e é, ao parecer, bo para o pelo: «Rapazas dalá de riba/con que lavades ou pelo/cunha herba que hai non monte/que se chama tromentelo». Texto traducido dun artigo de Jesús Santos publicado na Voz de Galicia (24/06/2010 )
  • 31. Sobre a melisa ou herba abelleira, no galego de Asturies: “Nun conozo olor máis rico qu’el del herba abeyeira (Melissa officinalis). Ten a frescura da menta y el toque xusto d’acidez del limón. Nun m’estraña que yes guste tanto ás abeyas y por eso os abeyeiros usan a pranta pra refregar os trobos por dentro y qu’os enxames entren nelos. Anque el herba abeyeira é úa especie que vén del Mediterráneo, naturalizóuse por toda a Europa trempada y pódese atopar undequera por Asturias. Por exemplo, avezaba a prantarse nos hortos y cerca dos colmiales. Tampouco nun é que tía búa de reconocer, qu’ademáis pódese confundir núa primeira oyuada cuas ortigas, se nun fora por cómo brillan as foyas y el ben qu’arrecenden. Del nome popular que ye damos pouco hai que dicir, porque é tresparente de todo. El nome científico fálanos tamén d’abeyas, porque eso significa mélissa en grego clásico. En conto a officinalis, xa sabemos que ten que ver con herbas melecieiras, y é qu’el herba abeyeira é un calmante conocido tomao en infusión. ... Outra posibilidá de denominación é qu’os falantes recorten el nome y deixen namáis el segundo elemento. Por exemplo, nel libro de José García sobre a fala del Franco, a forma que se recoye é abeyeira, a secas. Outro nome aparecido a herba abeyeira é el que rexistra el vocabulario de Castaedo y Monón (Ayande): herba das abeyas. Queda por referíremonos a outra variación fonética posible, porque na parte máis occidental y sureña del Navia-Eo, unde dicen agulla, traballar, aguillón, muller, etc., ben sei que dirán herba abelleira, qu’é como pronuncían en galego el nome da pranta. Tamén hai outras variantes en Galicia sobre el mesmo tema apícola, como abelleira, belleira, abellariza ou herba abella. Outras denominacióis galegas son cidreira, herba cidreira, cobo y toronxil ou tronxil. En asturiano as variantes son todas fónicas sobre a mesma palabra: ademáis d’abeyera y beyera, tamén hai, según as zonas dialectales, abiera y abechera (y bechera). El nome composto dáse máis ben al occidente, en continuidá col galego- asturiano: en Tox (Navia) dicen yerba abiera y en Tinéu, yerba l’abiera. En conto ás formas casteyanas, as máis usadas son melisa y toronjil, anque tamén ye chaman cidronela ou hoja de limón.” Do blog: Herbas y florías Un sito pra falar dos nomes en galego-asturiano das especies vexetales
  • 32. fogueira, cachela, afume, fumazo, larada, luminaria, lume novo, lumeirada, foleó, castelo, queimas de San Xoan, etc. Saltando sobre estas hogueras (hasta 9 veces y procurando que el número sea impar), girando o danzando alrededor, aspirando su humo o recitando distintos conjuros, ensalmos y fórmulas, se obtienen una serie de beneficios : Preservación y cura de enfermedades como la hernia, orzuelos o pequeñas heridas y sarpullidos (en general todo tipo de males cutáneos para lo cual lo mejor es saltar desnudo), alejamiento de los gérmenes que provocan estas dolencias, ahuyentado de brujas ( que esta noche ejercen una gran actividad) y de sus maleficios así como de ladrones, protección frente a animales dañinos (mordeduras de perros, culebras, etc.), evitar contratiempos de todo tipo, asegurar la cosecha, ahuyentar alimañas del corral a través del humo. Si el enfermo es un niño dos mujeres ritualmente denominadas Juana y María lo pasan por encima un número impar de ocasiones mientras recitan el mismo numero de veces cantinelas como Enfermo cho dou, devólvemo sao/san Haciendo pasar los animales sobre las cenizas humeantes, entre dos fuegos o saltando sobre él, se les previene contra dolencias como el muermo o maleficios, etc. … Generalmente se intenta hacer cumplir unos deseos relacionados mayormente con la salud y la prosperidad aunque también saltan las mozas con fines adivinatorios, si lo hacen 9 veces y sin tocar las llamas saben que casarán en 12 meses Además de esto se guardan sus cenizas o los tizones resultantes como antídoto contra tempestades o quemaduras. En esta noche de brujas se cantan o recitan coplas como: