Revista escolar amencer 2019

vilabarreiro
vilabarreirovilabarreiro

Revista escolar do CEIP Plurilingüe Os Casais, de Maniños. Curso 2018-19.

Amencer
Curso 2018/2019
Antonio Fraguas (1905-1999)
www.edu.xunta.es/ceiposcasais
1
Eu traballei sempre por e para Galicia (...) A miña modesta obra non é máis que un pequeniño
gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e
cadaquén ó seu xeito, traballaron (...) sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de
Galicia. Por amor á nosa Terra”
Antonio Fraguas
2
Índice:
- Limiar.............................................................................páx.4
- Compartindomomentos.....................................................páx.9
- A festa dos superheroes.................................................páx.11
- Tres proxectos ben interesantes....................................páx.12
- Creando..........................................................................páx.16
- David, o científico........................................................páx.23
- Mourehamed Quechua...................................................páx.24
- Historias que queremos compartir................................páx.25
- Limericks.......................................................................páx.28
- Pasatempos...................................................................páx.32
- Consultorio da Señorita Pepis....................................páx.34
- Despedida......................................................................páx.38
3
LIMIAR
Pero como???? Xa rematou o cursooooooooo????? Non podemos
crer o rápido que pasou!!!! Un ano académico máis está por
rematar!!!!
Este curso 2018-19 foi ano de animais en perigo de extinción, de
procesionaria, de clusters, de Piteas, de scaperoom, de un montón
de saídas, dun mar de muiñeiras, de detectives, de slime, de
contacontos, e de bolboretas que coas súas fermosas ás saen e
voan na procura dun lugar tranquilo no noso máxico bosque.
E é coa frescura e tranquilidade que atopamos no noso bosque,
case sen darnos conta, entre xogo e xogo como damos por
rematado o curso....
É tempo de xogar, de gozar da familia, dos amigos, de aventuras,
de relaxarnos cun xeado na beira da praia, do río, da piscina....
Este verán ten que ser único e irrepetible, temos que construír unha
historia na nosa memoria, como un libro onde gardar todos os
recordos que teñamos deste tempo caloroso, porque recordade que
o tempo non regresa, e é moi valioso como para perdelo con
enfados e tristuras!
Tamén, é tempo de ler con tranquilidade a nosa revista “Amencer”,
acubillados na sombra dunha árbore, dunha antuca ou nalgún
agocho segredo que atopemos na nosa casa. Un lugar onde poder
ollar e recordar todas as cousas, que non foron poucas, que fixemos
este ano, dos risos, das apertas e agarimos dos amigos e amigas,
das conversas de cada día....
Este novo Amencer é voso, do alumnado que tanto traballou e
cooperou este curso, e que nela queda plasmado. É por iso que vos
animamos a compartila con todo o mundo, que a levedes alá onde
4
vaiades e que mostredes orgullosos o moito que aprendestes, o
moito que cada día e pouco e pouco fostes descubrindo!
Sempre dicimos que colaborar e axudarnos, crear unha comunidade
é unha das pezas fundamentais do noso proxecto de centro. E
queremos que así siga sendo. Coidarnos uns a outros e procurarnos
axuda cando o necesitamos é un dos nosos principios.
E tamén tradición do Amencer, despedirnos dunha nova promoción
de 6º!!!
Miri, Jaime, Noa e Yago: cantos anos de aventuras e desventuras,
cantos amig@s, cantos segredos e risas xuntos!
Agora vos esperan no IES onde sabemos que lograredes o que vos
propoñades. Sabede que vos queremos moito, que estamos moi
orgullosos de vos e que vos botaremos moito en falta!!!
Despedimos tamén a algúns dos nosos compis que cambian de
casa, (aínda que lles recordamos que esta sempre será a súa), que
se mudan de vida e aos que desexamos moi boa sorte!!!
Regresamos en setembro para, un ano máis, dalo todo ao voso
lado. Grazas a tod@s polo voso esforzo, e en especial a ANPA Río de
Va polo seu compromiso con nós, ao seu esforzo, xentileza e
vontade. Sen elas e sen os profes deste cole nada disto sería
posible. E agora si, despedímonos con un ata logo!!!!! Feliz
verán!!!!!
5
6
7
8
No presente curso 2018-19 as voluntarias e voluntarios da
Biblioteca Escolar Paula Carballeira embarcáronse, coa
inestimable colaboración das familias, nunha nova actividade.
Compartindomomentos, este foi o nome que decidimos darlle; porque
niso consiste, en compartir un pouco do noso tempo cos residentes da
veciña Residencia de Maiores de Laraxe.
Aló polo Entroido preparamos lecturas sobre esta tradicional celebración
galega e as nenas e nenos de 5o e 6o foron lelas ao citado centro. Foron moi
ben recibidos, con moitísima alegría e unha acollida magnífica. Tan ben o
pasaron todos, grandes e pequenos, que decidimos repetir.
A primeira vez ían nerviosos.
Nós tamén.
A verdade é que, o Rato e máis eu, lle
déramos máis dunha volta antes de
lanzarnos a esta nova aventura.
Sabiamos que ía ser positiva, pero tamén
tiñamos dúbidas e algúns medos. A
realidade foi que a experiencia superou
todas as nosas expectativas. E isto por
que? Porque o noso alumnado é
marabilloso.
Grazas, meus nenos, miñas nenas, por regalarnos a tantas persoas tan
fermosos momentos.
No mes de abril, con ocasión do Día do Libro, repetimos. Desta vez os nervios xa
foron menos e deixáronlle sitio a unha tremenda ilusión. Nonsabedes canto se notaba!
Este día merendaron alí: galletas e chocolate. Encantoulles.
Tan contento volveu todo o mundo que estaban dispostos a volver. Nin conta se
daban de que o curso estaba xa a piques de rematar. Pero volver, volveremos. O
próximo curso é máis que probable que aqueles que non marchen para o Instituto
queiran continuar axudando como voluntarios e voluntarias de biblioteca, porque
saben o importante que é a súa colaboración.
9
Si se apuntan (e coido que así será), penso que tamén van querer volver a Laraxe.
Xulgade por vós mesmos, a ver se estades de acordo comigo ou non.
Micabigotes
10
A FESTA DOS SUPERHEROES
A festa do Entroido do noso colexio foi o venres 1 de marzo. Esa semana fixemos os mandadiños:
- O luns o meco mandounos vir en zapatillas.
- O martes, en pixama.
- O mércores, en bata.
- O xoves, cun peluche.
- E o venres co disfraz de superheroes e superheroínas.
O día da festa, o venres, tivemos un concerto de Paco
Pakolas, que nos cantou unhas cancións moi chulas. Despois
saímos ao patio a facer un desfile, disfrazados. E a
continuación cantamos e bailamos a canción dos superheroes. A canción orixinal titúlase “Vivir mi
vida” de Marc Anthony pero a profe de música cambioulle a letra para
facela nosa.
SUPERHEROES
Superheroes, vivimos nos cómics,con capa e máscara la la la..
Superheroínas, salvamos vidas,
crueis e malvados, van a prisión. bis
Imos cumprir a misión,para ir á televisión,
temos traxes especiais,
poderes non naturais.
Loitamos con-tra o mun-do cruel,
viláns e maquiavélicos, bandidos,
xigantes mons-truos e, ladróns,
ningún estará a salvo, defendemos a nación.
Superheroes...bis
Vou a esconder o segredo,
superpoderes que temos,
con forza e moito valor,
e poñendo corazón.
Loitamos...
Superheroes...
Despois da canción, queimámos o Meco e por último tivemos unha gran merendola con comidas
típicas desta época do ano: freixós, orellas, rosquillas, buñuelos...estaba todo riquísimo!
Alumnos de terceiro: Daniela, Pedro, Toni e Santi
11
Tres proxectos ben interesantes de 1º e 2º
1º OS TIGRES EN PERIGO DE EXTINCIÓN
No primeiro trimestre traballamos, co resto do cole, nun proxecto sobre “Os
animais en perigo de extinción”.
Nós investigamos e traballamos sobre O TIGRE, e decidimos facer unha
canción e unha coreografía para representar no Festival de Inverno, onde os nos@s
compañeir@s tamén expuxeron os seus traballos sobre outros animais.
Esta é a letra que compuxemos entre tod@s. Para a música, pedímoslle axuda a
profesora Diana.
POBRE TIGRE
Eu son un tigre triqui, triqui, tra
no meu territorio, troco, troco, tro.
Eu saio a cazar, porque me da o rollo,
teño pelo para camuflarme pola tarde,
teño garras para trepar polas árbores.
ESTRIBILLO
NON, QUEREMOS QUE NO CACEN, NON!!!!!!
NON, QUEREMOS QUE NOS MATEN, NON!!!!!!!!(BIS)
Eu son un felino, triqui, triqui, tra
mamífero e carnívoro, troco, troco, tro.
12
Vivo en Asia con moitos amiguiños
se queres coñecernos xa sabes o camiño.
ESTRIBILLO
NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOON!!!!!!!!!!!!!!!!!!
2º O AGUACATE
No 2º trimestre fixemos un proxecto sobre o AGUACATE. Buscamos receitas
con aguacate, escribimos tres receitas e decidimos poñer en práctica unha delas,
“Postre con aguacate”.
Preparamos todos os ingredientes na clase e no corredor, na hora do recreo,
13
dímoslle a proba a tod@s os compañeir@s e tamén as mestr@s.
Tamén decidimos plantar tres sementes de aguacate. Polo de agora as temos en
auga, unha delas xa sacou raíces e poñerémola en terra antes de que remate o curso.
3º SLIME
No 3º trimestre comezamos cun proxecto sobre o slime. Queremos conseguir a
mellor receita de slime do colexio Os Casais para facer un VIDEO TITORIAL e
tamén ir á FEIRA PITEAS ( o 14 de xuño), en Santiago de Compostela, a presentar
o noso proxecto. Que responsabilidade!!!!!!!!!!!!
Escribimos cartas, correos electrónicos, WhatsApps, fixemos chamadas
telefónicas,..
Xa fixemos dous experimentos. É unha experiencia moi emocionante!.
Estamos a piques de conseguilo!!!
14
Tivemos axuda dun científico (David Ballesteros), que nos aconsellou sobre os
ingredientes máis importantes e díxonos que tiñamos que medir as cantidades de cada
un deles para conseguir a mellor receita.
Tamén tivemos axuda dunha profe de oratoria (Alba Formoso) que nos
aprendeu as oito claves dun bo comunicador. Tamén nos axudou a preparar a
presentación para o stand da FEIRA e unha dramatización das partes máis
importantes do desenrolo do proxecto, para interpretar nun escenario na FEIRA
PITEAS.
MOITO ESTAMOS APRENDEEEENDO!!!!!!!!!!!!
Alma, Carla, Lara, Miguel, Alba e Enma.
15
Creando...
A continuación poderemos ver algúns cómics creados polo alumnado de 5º e 6º (viva
a creatividade!)
16
17
18
19
20
21
22
David, o científico
O 26 de abril deste curso veu David, o científico ao noso colexio. Fíxonos un montón de
experimentos e dixemos moitas hipóteses sobre o que pensabamos que ocorría en cada
situación.
Algúns experimentos foron os seguintes:
- A bóla de plama: era unha bóla na que cada vez que David tocaba
saían raios dentro dela.
- Pelo crecho: unha nena voluntaria subiuse a unha cadeira e cada
vez que David acercaba unha barra, á nena se lle levantaban os
pelos. Tamén o fixo frotando un globo na cabeza de varios nenos/as.
- Barra eléctrica: coa mesma barra anterior colleu papel de aluminio
e o fixo voar polo aire e cada vez que acercaba a barra o aluminio
subía.
- Xelatina: David colleu un vaso con auga e preguntou hipóteses se
lle daba a volta enriba dunha alumna. Despois lle deu a volta e non
lle caeu nin unha gota, porque a converteu en xelatina. Foi incrible,
porque foi en un segundo.
- Lume: con unha pequena bombona de camping gas con lume e un
tubo David soprou e fíxose unha lumeada tremenda.
Foi unha actividade quer nos encantou na que aprendimos a
formular hipóteses, e nos dimos conta que a veces non é o que
parece.
Alumnos de terceiro: Ada, Manuel e Samuel.
23
MOUREHAMED QUECHUA
O día 5 de abril do 2019 veu unha persoa ao noso colexio chamada Mourehamed
Quechua coa súa nai. Ao comezo chegou co seu “paztinete” e nos quixo atropelar, foi moi
divertido!
A continuación cantámoslle a canción “Móvete” de
Paco Nogueiras. Fomos para a nosa biblioteca e nos
contou historias de árbores, sobre os seus irmáns,
tíos...etc. Foron historias contadas de forma moi
divertida, nos facía mover, saltar, berrar...
A súa nai recitounos algúns dos seus poemas, que nos gustaron moito. Despois subiron a
unha nena de infantil ao paztinete e nos rimos moito.
O que máis nos gustou foi darlle a sorpresa a Mourehamed de cantarlle a canción. E
tamén nos gustou cando saíron os nosos compañeiros a axudarlle a contar historias. A
algún neno o disfrazaron de princesa e a dous compañeiros os fixeron darse bicos. Ao
final para despedirse mandou saír a dous compañeiros a bailar unha muiñeira e el nos
tocou a pandeireta. Foi moi divertido!!
Alumnos de terceiro curso: Inés, Daniel e Mario
24
HISTORIAS QUE QUEREMOS COMPARTIR...
A PORTA VERMELLA
Hai moitos anos había un laboratorio na parte traseira do cole. Un día un grupo de nenos e
nenas foron alí a facer un experimento, pero non saíu moi ben e explotou todo. Por sorte,
non houbo feridos.
Despois do acontecido ninuén volveu a entrar. Agora, a porta do
laboratorio, esa porta de cor vermella que hai preto do eco, está un
pouquiño aberta. Non sabemos que hai no interior, só se ve escuro e
se escoitan ruídos a través das paredes, ademais cando petas,
escoitase petar ó outro lado.
Eu sospeito que quedou algún resto dalgún alumno e que agora hai unha pantasma que se
reencarnou no espírito dese neno. Temos un pouco de medo aínda que pode ser que sexa
amable e que só estea alí porque non pode saír, porque está atrapada.
Lucía Abeal
XENOMORFO
Un mozo chamado Mario encontrou algo como un Xenomorfo no colexio dos Casais.
Uns días máis tarde viuse un Xenomorfo no bosque, e logo algo máis parecido a un humano.
A primeira persoa que viu ese ser foi Mario Martínez que o
bautizou como Alien.
O Xenomorfo non ten ollos, ten un cranio alargado, unha cola que
remata en punta, unha lingua e unha mandíbula retráctil e a súa
forma é mecánica. A alimentación é de tipo omnívoro. Vive en
manada e ten unha raíña.
O máis curioso é que no corpo teñen ácido en vez de sangue.
Mario Martínez
25
ANTÓN CORTIZAS
Antón Cortizas é un escritor de literatura infantil en lingua galega
que veu o xoves 2 de maio a visitar o noso colexio. O que fixemos
con el foi un obradoiro no que nos ensinou a facer cousas con latas,
botóns, tapas,... aprendemos a facer un subiote, un chifre e unhas
castañolas.
Para facer o subiote collemos un anaco de lata e dobrámola 3 veces, logo fixémoslle un
burato pequeno e ó soprar escóitase o cantar dun paxaro. Para o chifre dobramos un
cachiño de lata ó redor dun taco de madeira (deixamos unha esquina sen dobrar), logo con
outro anaco de lata envolvemos o cachiño que queda sen dobrar e xa temos o chifre listo.
Finalmente, para facer as castañolas só precisamos dous anacos de madeira e cinta.
A min o que máis me gustou foi o chifre.
Helena Mandaradoni
RETO CLUSTER
Un día veu unha chica chamada Laura e díxonos se seríamos capaces
de afrontar un reto: organizar os clusters para todo o cole.
Pero, que é un cluster? Se o traducimos literalmente significa racimo,
conxunto ou grupo que fai referencia a agrupamentos de alumnos e
alumnas que comparte intereses e reúnense con expertos.
Nun principio os clusters propostos eran nove: cine,
inventos, xardinería, fotografía, cerámica... Ata
escoller os catro finais tivemos que facer moitas
cousas: organizar as votacións, preparar o material, falar cós expertos,
facer chamadas e enviar correos electrónicos ou pensar un agasallo
para a xente que nos axudou.
Gustounos moito organizar os clusters porque foi a nosa
responsabilidade e tivemos que tomar moitas decisións.
Daniel Casdelo e Adrian Dopazo
26
COOPERATIVO
Como son os grupos cando traballamos en cooperativo? Están compostos por tres persoas,
cada unha delas ten unha responsabilidade, un cargo: secretario/a, coordinador/a e
encargado/a de material. Cada trimestre cambiamos de grupo, e en cada grupo pasamos
por todos os cargos.
As funcións de cada un deles son:
 Secretario/a: vixía o nivel de ruído, cubre os documentos do
equipo, recórdalles as tarefas pendentes ós compañeiros,...
 Coordinador/a: é o portavoz do equipo, resolve os conflitos,...
 Encargado/a de material: pregunta ós compañeiros se teñen algo
na axenda, collen o material do equipo...
Gústanos moito traballar así porque a través dos equipos cooperativos
aprendemos a respectar ós nosos compañeiros, a non discutir, a
compartir os obxectos ou a que non faga todo unha soa persoa.
Ainhoa Negreira e Hugo Marín
AMAAPADRIÑAMENTOS LECTORES
Os amaapadriñamentos lectores foron o día 3 de maio. Os máis pequenos do cole tiñan
que escoller a unha persoa de 4º, 5º ou 6º de educación primaria para que lles lera.
Cada un dos maiores leulle a un ou dous nenos dende educación infantil
ata 3º de primaria. Unha vez que soubemos a quen lle tiñamos que ler,
fomos á biblioteca e escollemos un conto e un lugar, no lugar escollido
puxemos un cartel cun debuxo e cun número distinto cada un.
Os amaapadriñamentos lectores fanse para compartir
a lectura, para que os nenos e nenas máis pequenos aprendan a ler con
nós e para desfrutar da lectura todos xuntos.
Gustounos moito a experiencia, divertímonos un montón. Algúns dos libros que escollemos
foron: O segredo de Flora ou Os animais salvaxes (dos Bolechas).
Alejandra González e Antía Riveiro
27
LIMERICKS
Neste curso, o lema para celebrar o mes das Bibliotecas
Escolares Galegas, foi “Poéticas diversas”, así que no
primeiro trimestre as nenas e nenos de 5º e 6º limos,
seleccionamos, aprendimos, inventamos e nos divertimos
e disfrutamos coa poesía. Aprendimos a escribir haikus
(6º xa case somos expert@s!) e no regreso das vacacións
editamos un libro de haikus de inverno, no que
participaron as nosas familias. Estamos moi orgullos@s
de como nos quedou!
28
Podédelo ler na nosa Biblioteca.
29
No segundo trimestre, aprendimos a escribir limericks.
Sabedes o que son?
Un LIMERICK é un poema do que non se sabe moi ben a súa orixe, só que é
anglosaxona. Hai quen di que os habitantes de Limerick (Irlanda) rimaban versos sen
moito sentido cando se emborrachaban; outra xente di que foron soldados franceses
quen os introduciron en Limerick.
Son poemas dunha soa estrofa de cinco versos, cunha estrutura moi clara. Os versos
1º, 2º e 5º son máis longos, case sempre de 11 sílabas, e riman entre si. E os versos 3º
e 4º son máis curtos e riman entre si. O seu esquema é AABBA, ou AAbbA.
O tema case sempre é humorístico ou una esaxeración moi grande.
Normalmente, ao escribir un Limerick, faise así:
 No 1º verso, defínese ou preséntase o personaxe.
 No 2º, indícanse as súas características.
 No 3º e 4º, exprésanse as acción que realiza o personaxe.
 No 5º, está a parte esaxerada ou graciosa, que é o final. Anque neste último
verso, antiguamente, facíase una repetición.
Estas instruccións serviranvos por se queredes ser escritor@s de Limericks ou
facer algún.
Un dos nosos poetas galegos escribíu algúns limericks: Antón Cortizas. Despois de
ler os seus e os de MªElena Walsh puxémonos a escribir os nosos.
O coello Manolín é moi parlanchín,
come berzas e brinca no trampolín;
ten un curmán esquío
que pasa moito frío
por iso Manolín lle deu un calcetín.
Alba Cao
Se remato de almorzar, marcho a traballar.
Torradas con marmelo…que ricas están!
A mellor hora do día
Desexo que chegue axiña!
Con enerxía o día quero comezar.
Miriam Pérez
O tucán Ramón come moito limón.
Voa polas selvas cun supersaltón.
Comeu moitas noces
A bocados veloces
E seguíu voando cun supersaltón.
Noa Rañales Allegue
30
O elefante aplastou a un bogavante elegante
E o bogavante elegante aplastou a un elefante
Fala o bogavante ou non fala ninguén
Ou fala o pingüín chamado Pinguén
E por iso son moi amigos o elefante co bogavante.
Álex Romero
Aquel escorpión é moi vacilón,
pero el di que non é nada xoguetón.
Gústalle cazar estrelas,
pero non lle gusta comelas
porque lle fan una moi mala dixestión.
Rocío Formoso
Á cadela da miña tía Albar
gústalle de toda a vida argallar.
Dá brincavoltas na cama
poñendo o pixama.
A larpeira traba moito ao xogar.
Icía Fernández
A goma risoña é moi xoguetona
e tan fera coma una leona.
Á goma riseira
gústalle ir á feira.
A goma risoña sempre é molona.
Antón Roel
Que bonitas son aquelas floriñas
que saltan sen parar como ondas mariñas!
Son azuis e rosadas,
que abraiadas!
Que bonitas son aquelas floriñas!
Emma Blanco
Emma Blanco Hermida
Alba Cao Viña
Icía Fernández Platas
Rocío Formoso Saavedra
Sergio Hermida López
Miriam Pérez Vizoso
31
PASATEMPOS
Serás quén de atopar algúns lugares de Galicia?
32
Palabras con v e b... imos alá!
33
Consultorio da Señorita Pepis
Cómo saber si le gustas a un niño?
Fredi Mercuri.
Ola Fredi,
Para saber se lle gustas a un neno, tan só tes que darlle unha proba. Non lle des
a probar unha man ou un pé, son partes importantes do corpo que seguramente
necesites para escribir ou camiñar. Podes probar a darlle un pouco do teu cabelo ou
anaquiño de uña (asegúrate de lavalas ben antes, aínda que se son das dedas dos pés…
seica que saben a queixo!). Evita mocos ou cera dos ouvidos, non soe resultar
agradable…
Despois da proba pódeslle preguntar se
lle gustas máis ou menos que a tortilla de
patacas ou que a pasta con tomate. Xa me
contarás!
PD. Lembra que sempre te podes botar un
pouco máis de sal.
¿Es muy sano comer fruta? ¿Es muy sano hacer
deporte?
Queridísimo amigo ou amiga,
Claro que é san comer froita! Claro que é
san facer deporte!! …Pero asegúrate de facelo
por separado, non é nada recomendable comer
froita e facer deporte ao mesmo tempo.
Coñecín a unha nena que o facía mentres
xogaba ao fútbol e fallou o último penalti a
causa dun lanzamento de sandía.
34
Querida Señorita Pepis,
Teño un grande dilema. Non sei como dicirlle a unha
compañeira miña que xa non é a miña mellor amiga.
Benqueridísimo/a ex mellor amigo/a,
A mellor maneira de dicirlle algo así a unha amiga é
facelo con sinceridade e cara a cara, pero se isto che
resulta moi complicado, aquí tes algunhas ideas un pouco
máis enrevesadas extraídas do “Manual do pequeno
mentireiro traidor”:
1. Xogade ao “teléfono estragado” e cruza os dedos
para que a mensaxe chegue correctamente; pode que ti digas “xa non quero que
sexas a miña mellor amiga” e que ela entenda “miña nai di que te rasques a
barriga”.
2. Cando estea de costas a ti dillo moi rápido e desaparece antes de que se dea a
volta!
3. Dille ao teu irmán pequeno que llo diga a cambio dun paquete de gusanitos.
4. Mándalle unha nota “anónima” cunha piruleta ou algo para suavizar a mensaxe.
5. Dille que teus pais non che deixan comer chocolate nin ter mellores amigos.
¿Se puede tener 5 mejores
amigas?
Pois claro que si!! 5, 6, 7 e ata 10.000!!
Pero ten moito coidado, cantas máis mellores
amigas teñas máis difícil será dicirllo cando
deixen de selo… Mira o problema da consulta
anterior!
35
¿Los animales y los humanos pueden vivir en paz?
Estimadísimo admirador ou admiradora,
Depende do animais que sexan os
humanos…
¿Te gustan los animales?
Si, eu son bastante animal.
¿Por qué un niño de mi clase me quiere?
Ese neno quérete porque estou segura de que es
absoluta e totalmente adorable…
…ou igual ten algún interese escuro como copiarche no
próximo exame de mates ou comerse o teu bocata de
chourizo, ten coidado!!!
¿Tienes novio?
Non, teño un gato. Non me leva ao cinema,
pero gústalle ver documentais da sabana
africana comigo e non gasto moito en ceas.
36
Como se liga?
Estimadísimo lector ou lectora,
Ligar é unha arte de moita precisión que require toda a
túa atención se queres acadar resultados óptimos. Aquí van
unhas pautas:
Ingredientes: ovos, vinagre, sal e aceite.
Procedemento: bota os ingredientes nun recipiente e
bate suavemente cun batedor. Non o levantes ata que os
ingredientes se mesturen e tomen consistencia.
E así é como se liga unha
maionesa. Para outras salsas, coma o
alioli ou o pil pil para o bacallau
aconséllote que acudas a algún
experto chef, coma Arguiñano, Ferrá
Adriá ou a túa avoa.
PD. Non entendo a que ven esta pregunta nunha sección de
consulta amorosa…

37
DESPEDIDA DE 6ª
Os nenos e as nenas de 6º imos comezar unha nova etapa da nosa vida. Marchamos
deste cole con moita morriña, sempre recordaremos todo o que aprendimos (iso
agarda a nosa profe Maribel) e fixemos aquí.
Gustounos moito como nos trataron, todas as actividades e excursións que tivemos,
as obras de teatro que fixemos con Fini, os bailes que ensaiamos nos recreos, os
xogos nos que participamos, os sustos na aula do medo, os decorados das festas que
as mamás da ANPA fixeron con tanta ledicia; tamén os desfiles do entroido, os
almorzos con Papá Noel, os contacontos, Mica Bigotes...
Houbo momentos de apuro, pero deles fomos aprendendo a superarnos.
Este curso pasóusenos superrápido; pensamos que ía ser difícl e...aquí estamos,
rematando a primaria.
Agora, a pola ESO!!!
38
ESTE COLE É XENIAL!!!
DESFRUTÁDEO COMO FIXEMOS NÓS!!!
Lembrade que quedan aquí as nosas pegadas , para que non nos esquezades.
Noa Rañales Allegue Jaime Otero Rodríguez
Miriam Pérez Vizoso Yago Laguillo López
E agora esta revista chega a súa fin... ATA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR
AMIGOS E AMIGAS! AGARDAMOS QUE PASEDES BO VERÁN!!!
39

Recommended

Revista escolar amencer 2017 18 by
Revista escolar amencer 2017 18Revista escolar amencer 2017 18
Revista escolar amencer 2017 18vilabarreiro
4.8K views69 slides
Fiadeiro Letras Galegas 2018 by
Fiadeiro Letras Galegas 2018Fiadeiro Letras Galegas 2018
Fiadeiro Letras Galegas 2018ceipmontemogos
29 views40 slides
Revista argalladas 2016/ 2017 by
Revista argalladas 2016/ 2017Revista argalladas 2016/ 2017
Revista argalladas 2016/ 2017radiorasca
200 views54 slides
O TANGARAÑO by
O TANGARAÑOO TANGARAÑO
O TANGARAÑOME PP
510 views51 slides

More Related Content

What's hot

Anduriña 2017 by
Anduriña 2017Anduriña 2017
Anduriña 2017Ana Jato Rodriguez
167 views16 slides
Revista o formigueiro curso 2016 versión final by
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalalbinonunez
571 views88 slides
Revista ALBARES. Curso 2017-2018 by
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Yolanda Castro
5.3K views52 slides
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO" by
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"albinonunez
3.3K views92 slides
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18 by
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18Cid22
705 views70 slides

What's hot(20)

Revista o formigueiro curso 2016 versión final by albinonunez
Revista o formigueiro curso 2016 versión finalRevista o formigueiro curso 2016 versión final
Revista o formigueiro curso 2016 versión final
albinonunez571 views
Revista ALBARES. Curso 2017-2018 by Yolanda Castro
Revista ALBARES. Curso 2017-2018Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Revista ALBARES. Curso 2017-2018
Yolanda Castro5.3K views
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO" by albinonunez
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
REVISTA ESCOLAR "O FORMIGUEIRO"
albinonunez3.3K views
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18 by Cid22
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2017-18
Cid22705 views
Revista escolar 2013- 14 by albinonunez
Revista escolar 2013- 14Revista escolar 2013- 14
Revista escolar 2013- 14
albinonunez321 views
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19 by Cid22
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
REVISTA ESCOLAR O FORMIGUEIRO 2018-19
Cid22490 views
A Voz de Curros 2012-13 by abalarcurros
A Voz de Curros 2012-13A Voz de Curros 2012-13
A Voz de Curros 2012-13
abalarcurros631 views
Fiadeiro Letras Galegas 2019 by ceipmontemogos
Fiadeiro Letras Galegas 2019Fiadeiro Letras Galegas 2019
Fiadeiro Letras Galegas 2019
ceipmontemogos243 views
Revista falares 2016 by lolaiglesias
Revista falares 2016Revista falares 2016
Revista falares 2016
lolaiglesias615 views

Similar to Revista escolar amencer 2019

Retallos 2010 by
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010A Solaina
493 views54 slides
REVISTA ALBORADA 2020 by
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020anxovila
6 views78 slides
La voz de la barcia by
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barciaticceeabarcia
565 views2 slides
Anduriña by
AnduriñaAnduriña
AnduriñaAna Jato Rodriguez
195 views9 slides
REVISTA ALBORADA 2023 by
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023anxovila
11 views50 slides
Revista uxio novoneira 2021 by
Revista uxio novoneira 2021Revista uxio novoneira 2021
Revista uxio novoneira 2021CPI Uxío Novoneira, Pedrafita do Cebreiro
1.2K views56 slides

Similar to Revista escolar amencer 2019(20)

Retallos 2010 by A Solaina
Retallos 2010Retallos 2010
Retallos 2010
A Solaina493 views
REVISTA ALBORADA 2020 by anxovila
REVISTA ALBORADA 2020REVISTA ALBORADA 2020
REVISTA ALBORADA 2020
anxovila6 views
REVISTA ALBORADA 2023 by anxovila
REVISTA ALBORADA 2023REVISTA ALBORADA 2023
REVISTA ALBORADA 2023
anxovila11 views
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019 by Diana Sánchez
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Retallos do Ponte. Curso 2018-2019
Diana Sánchez155 views
Fiadeiro 2020 by edinfantil
Fiadeiro 2020Fiadeiro 2020
Fiadeiro 2020
edinfantil891 views
REVISTA ALBORADA 2022 by anxovila
REVISTA ALBORADA 2022REVISTA ALBORADA 2022
REVISTA ALBORADA 2022
anxovila3 views
Obradoiros entroido 2015 by biblionova
Obradoiros entroido 2015Obradoiros entroido 2015
Obradoiros entroido 2015
biblionova722 views
Traballo na escola de ombre by cbrial
Traballo na escola de ombreTraballo na escola de ombre
Traballo na escola de ombre
cbrial189 views
Traballo na escola de ombre2 by cbrial
Traballo na escola de ombre2Traballo na escola de ombre2
Traballo na escola de ombre2
cbrial1.2K views
Argalladas 2014 2015 by radiorasca
Argalladas 2014  2015Argalladas 2014  2015
Argalladas 2014 2015
radiorasca433 views
La voz de la barcia by ceeabarcia
La voz de la barciaLa voz de la barcia
La voz de la barcia
ceeabarcia313 views
A voz do xestal by satelite1
A voz do xestalA voz do xestal
A voz do xestal
satelite12.5K views

More from vilabarreiro

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf by
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfvilabarreiro
4 views27 slides
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf by
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfvilabarreiro
7 views31 slides
Radio na biblio 21-22.pdf by
Radio na biblio 21-22.pdfRadio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdfvilabarreiro
49 views17 slides
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas by
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasSemgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasvilabarreiro
127 views18 slides
Anexo iii imaxes do proxecto by
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxectovilabarreiro
130 views12 slides
Anexo ii guión programa radio_mica by
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_micavilabarreiro
89 views2 slides

More from vilabarreiro(20)

Memoria Somos quen. 2022-23.pdf by vilabarreiro
Memoria Somos quen. 2022-23.pdfMemoria Somos quen. 2022-23.pdf
Memoria Somos quen. 2022-23.pdf
vilabarreiro4 views
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf by vilabarreiro
Memoria Somos quen. 2021-22..pdfMemoria Somos quen. 2021-22..pdf
Memoria Somos quen. 2021-22..pdf
vilabarreiro7 views
Radio na biblio 21-22.pdf by vilabarreiro
Radio na biblio 21-22.pdfRadio na biblio 21-22.pdf
Radio na biblio 21-22.pdf
vilabarreiro49 views
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas by vilabarreiro
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondasSemgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
Semgal. proxecto mulleres senlleiras nas ondas
vilabarreiro127 views
Anexo iii imaxes do proxecto by vilabarreiro
Anexo iii imaxes do proxectoAnexo iii imaxes do proxecto
Anexo iii imaxes do proxecto
vilabarreiro130 views
Anexo ii guión programa radio_mica by vilabarreiro
Anexo ii guión programa radio_micaAnexo ii guión programa radio_mica
Anexo ii guión programa radio_mica
vilabarreiro89 views
Anexo i enlaces programas de radio by vilabarreiro
Anexo i enlaces programas de radioAnexo i enlaces programas de radio
Anexo i enlaces programas de radio
vilabarreiro95 views
Memoria somos quen. 2020 21 by vilabarreiro
Memoria somos quen. 2020 21Memoria somos quen. 2020 21
Memoria somos quen. 2020 21
vilabarreiro21 views
Memoria biblio2020 by vilabarreiro
Memoria biblio2020Memoria biblio2020
Memoria biblio2020
vilabarreiro6.5K views
Memoria somos quen. 2018 19 by vilabarreiro
Memoria somos quen. 2018 19Memoria somos quen. 2018 19
Memoria somos quen. 2018 19
vilabarreiro52 views
Memoria somos quen 17-18 by vilabarreiro
Memoria somos quen 17-18Memoria somos quen 17-18
Memoria somos quen 17-18
vilabarreiro55 views
Memoria somos quen. 2019 20 by vilabarreiro
Memoria somos quen. 2019 20Memoria somos quen. 2019 20
Memoria somos quen. 2019 20
vilabarreiro47 views
Fichas de traballo. cuarto de primaria by vilabarreiro
Fichas de traballo. cuarto de primariaFichas de traballo. cuarto de primaria
Fichas de traballo. cuarto de primaria
vilabarreiro453 views
Terceiro de primaria by vilabarreiro
Terceiro de primariaTerceiro de primaria
Terceiro de primaria
vilabarreiro349 views

Revista escolar amencer 2019

  • 1. Amencer Curso 2018/2019 Antonio Fraguas (1905-1999) www.edu.xunta.es/ceiposcasais 1
  • 2. Eu traballei sempre por e para Galicia (...) A miña modesta obra non é máis que un pequeniño gran de area no montón que foron facendo todos aqueles que, de moi distintas maneiras e cadaquén ó seu xeito, traballaron (...) sempre desinteresadamente, non máis que polo ben de Galicia. Por amor á nosa Terra” Antonio Fraguas 2
  • 3. Índice: - Limiar.............................................................................páx.4 - Compartindomomentos.....................................................páx.9 - A festa dos superheroes.................................................páx.11 - Tres proxectos ben interesantes....................................páx.12 - Creando..........................................................................páx.16 - David, o científico........................................................páx.23 - Mourehamed Quechua...................................................páx.24 - Historias que queremos compartir................................páx.25 - Limericks.......................................................................páx.28 - Pasatempos...................................................................páx.32 - Consultorio da Señorita Pepis....................................páx.34 - Despedida......................................................................páx.38 3
  • 4. LIMIAR Pero como???? Xa rematou o cursooooooooo????? Non podemos crer o rápido que pasou!!!! Un ano académico máis está por rematar!!!! Este curso 2018-19 foi ano de animais en perigo de extinción, de procesionaria, de clusters, de Piteas, de scaperoom, de un montón de saídas, dun mar de muiñeiras, de detectives, de slime, de contacontos, e de bolboretas que coas súas fermosas ás saen e voan na procura dun lugar tranquilo no noso máxico bosque. E é coa frescura e tranquilidade que atopamos no noso bosque, case sen darnos conta, entre xogo e xogo como damos por rematado o curso.... É tempo de xogar, de gozar da familia, dos amigos, de aventuras, de relaxarnos cun xeado na beira da praia, do río, da piscina.... Este verán ten que ser único e irrepetible, temos que construír unha historia na nosa memoria, como un libro onde gardar todos os recordos que teñamos deste tempo caloroso, porque recordade que o tempo non regresa, e é moi valioso como para perdelo con enfados e tristuras! Tamén, é tempo de ler con tranquilidade a nosa revista “Amencer”, acubillados na sombra dunha árbore, dunha antuca ou nalgún agocho segredo que atopemos na nosa casa. Un lugar onde poder ollar e recordar todas as cousas, que non foron poucas, que fixemos este ano, dos risos, das apertas e agarimos dos amigos e amigas, das conversas de cada día.... Este novo Amencer é voso, do alumnado que tanto traballou e cooperou este curso, e que nela queda plasmado. É por iso que vos animamos a compartila con todo o mundo, que a levedes alá onde 4
  • 5. vaiades e que mostredes orgullosos o moito que aprendestes, o moito que cada día e pouco e pouco fostes descubrindo! Sempre dicimos que colaborar e axudarnos, crear unha comunidade é unha das pezas fundamentais do noso proxecto de centro. E queremos que así siga sendo. Coidarnos uns a outros e procurarnos axuda cando o necesitamos é un dos nosos principios. E tamén tradición do Amencer, despedirnos dunha nova promoción de 6º!!! Miri, Jaime, Noa e Yago: cantos anos de aventuras e desventuras, cantos amig@s, cantos segredos e risas xuntos! Agora vos esperan no IES onde sabemos que lograredes o que vos propoñades. Sabede que vos queremos moito, que estamos moi orgullosos de vos e que vos botaremos moito en falta!!! Despedimos tamén a algúns dos nosos compis que cambian de casa, (aínda que lles recordamos que esta sempre será a súa), que se mudan de vida e aos que desexamos moi boa sorte!!! Regresamos en setembro para, un ano máis, dalo todo ao voso lado. Grazas a tod@s polo voso esforzo, e en especial a ANPA Río de Va polo seu compromiso con nós, ao seu esforzo, xentileza e vontade. Sen elas e sen os profes deste cole nada disto sería posible. E agora si, despedímonos con un ata logo!!!!! Feliz verán!!!!! 5
  • 6. 6
  • 7. 7
  • 8. 8
  • 9. No presente curso 2018-19 as voluntarias e voluntarios da Biblioteca Escolar Paula Carballeira embarcáronse, coa inestimable colaboración das familias, nunha nova actividade. Compartindomomentos, este foi o nome que decidimos darlle; porque niso consiste, en compartir un pouco do noso tempo cos residentes da veciña Residencia de Maiores de Laraxe. Aló polo Entroido preparamos lecturas sobre esta tradicional celebración galega e as nenas e nenos de 5o e 6o foron lelas ao citado centro. Foron moi ben recibidos, con moitísima alegría e unha acollida magnífica. Tan ben o pasaron todos, grandes e pequenos, que decidimos repetir. A primeira vez ían nerviosos. Nós tamén. A verdade é que, o Rato e máis eu, lle déramos máis dunha volta antes de lanzarnos a esta nova aventura. Sabiamos que ía ser positiva, pero tamén tiñamos dúbidas e algúns medos. A realidade foi que a experiencia superou todas as nosas expectativas. E isto por que? Porque o noso alumnado é marabilloso. Grazas, meus nenos, miñas nenas, por regalarnos a tantas persoas tan fermosos momentos. No mes de abril, con ocasión do Día do Libro, repetimos. Desta vez os nervios xa foron menos e deixáronlle sitio a unha tremenda ilusión. Nonsabedes canto se notaba! Este día merendaron alí: galletas e chocolate. Encantoulles. Tan contento volveu todo o mundo que estaban dispostos a volver. Nin conta se daban de que o curso estaba xa a piques de rematar. Pero volver, volveremos. O próximo curso é máis que probable que aqueles que non marchen para o Instituto queiran continuar axudando como voluntarios e voluntarias de biblioteca, porque saben o importante que é a súa colaboración. 9
  • 10. Si se apuntan (e coido que así será), penso que tamén van querer volver a Laraxe. Xulgade por vós mesmos, a ver se estades de acordo comigo ou non. Micabigotes 10
  • 11. A FESTA DOS SUPERHEROES A festa do Entroido do noso colexio foi o venres 1 de marzo. Esa semana fixemos os mandadiños: - O luns o meco mandounos vir en zapatillas. - O martes, en pixama. - O mércores, en bata. - O xoves, cun peluche. - E o venres co disfraz de superheroes e superheroínas. O día da festa, o venres, tivemos un concerto de Paco Pakolas, que nos cantou unhas cancións moi chulas. Despois saímos ao patio a facer un desfile, disfrazados. E a continuación cantamos e bailamos a canción dos superheroes. A canción orixinal titúlase “Vivir mi vida” de Marc Anthony pero a profe de música cambioulle a letra para facela nosa. SUPERHEROES Superheroes, vivimos nos cómics,con capa e máscara la la la.. Superheroínas, salvamos vidas, crueis e malvados, van a prisión. bis Imos cumprir a misión,para ir á televisión, temos traxes especiais, poderes non naturais. Loitamos con-tra o mun-do cruel, viláns e maquiavélicos, bandidos, xigantes mons-truos e, ladróns, ningún estará a salvo, defendemos a nación. Superheroes...bis Vou a esconder o segredo, superpoderes que temos, con forza e moito valor, e poñendo corazón. Loitamos... Superheroes... Despois da canción, queimámos o Meco e por último tivemos unha gran merendola con comidas típicas desta época do ano: freixós, orellas, rosquillas, buñuelos...estaba todo riquísimo! Alumnos de terceiro: Daniela, Pedro, Toni e Santi 11
  • 12. Tres proxectos ben interesantes de 1º e 2º 1º OS TIGRES EN PERIGO DE EXTINCIÓN No primeiro trimestre traballamos, co resto do cole, nun proxecto sobre “Os animais en perigo de extinción”. Nós investigamos e traballamos sobre O TIGRE, e decidimos facer unha canción e unha coreografía para representar no Festival de Inverno, onde os nos@s compañeir@s tamén expuxeron os seus traballos sobre outros animais. Esta é a letra que compuxemos entre tod@s. Para a música, pedímoslle axuda a profesora Diana. POBRE TIGRE Eu son un tigre triqui, triqui, tra no meu territorio, troco, troco, tro. Eu saio a cazar, porque me da o rollo, teño pelo para camuflarme pola tarde, teño garras para trepar polas árbores. ESTRIBILLO NON, QUEREMOS QUE NO CACEN, NON!!!!!! NON, QUEREMOS QUE NOS MATEN, NON!!!!!!!!(BIS) Eu son un felino, triqui, triqui, tra mamífero e carnívoro, troco, troco, tro. 12
  • 13. Vivo en Asia con moitos amiguiños se queres coñecernos xa sabes o camiño. ESTRIBILLO NOOOOOOOOOOOOOOOOOOOOON!!!!!!!!!!!!!!!!!! 2º O AGUACATE No 2º trimestre fixemos un proxecto sobre o AGUACATE. Buscamos receitas con aguacate, escribimos tres receitas e decidimos poñer en práctica unha delas, “Postre con aguacate”. Preparamos todos os ingredientes na clase e no corredor, na hora do recreo, 13
  • 14. dímoslle a proba a tod@s os compañeir@s e tamén as mestr@s. Tamén decidimos plantar tres sementes de aguacate. Polo de agora as temos en auga, unha delas xa sacou raíces e poñerémola en terra antes de que remate o curso. 3º SLIME No 3º trimestre comezamos cun proxecto sobre o slime. Queremos conseguir a mellor receita de slime do colexio Os Casais para facer un VIDEO TITORIAL e tamén ir á FEIRA PITEAS ( o 14 de xuño), en Santiago de Compostela, a presentar o noso proxecto. Que responsabilidade!!!!!!!!!!!! Escribimos cartas, correos electrónicos, WhatsApps, fixemos chamadas telefónicas,.. Xa fixemos dous experimentos. É unha experiencia moi emocionante!. Estamos a piques de conseguilo!!! 14
  • 15. Tivemos axuda dun científico (David Ballesteros), que nos aconsellou sobre os ingredientes máis importantes e díxonos que tiñamos que medir as cantidades de cada un deles para conseguir a mellor receita. Tamén tivemos axuda dunha profe de oratoria (Alba Formoso) que nos aprendeu as oito claves dun bo comunicador. Tamén nos axudou a preparar a presentación para o stand da FEIRA e unha dramatización das partes máis importantes do desenrolo do proxecto, para interpretar nun escenario na FEIRA PITEAS. MOITO ESTAMOS APRENDEEEENDO!!!!!!!!!!!! Alma, Carla, Lara, Miguel, Alba e Enma. 15
  • 16. Creando... A continuación poderemos ver algúns cómics creados polo alumnado de 5º e 6º (viva a creatividade!) 16
  • 17. 17
  • 18. 18
  • 19. 19
  • 20. 20
  • 21. 21
  • 22. 22
  • 23. David, o científico O 26 de abril deste curso veu David, o científico ao noso colexio. Fíxonos un montón de experimentos e dixemos moitas hipóteses sobre o que pensabamos que ocorría en cada situación. Algúns experimentos foron os seguintes: - A bóla de plama: era unha bóla na que cada vez que David tocaba saían raios dentro dela. - Pelo crecho: unha nena voluntaria subiuse a unha cadeira e cada vez que David acercaba unha barra, á nena se lle levantaban os pelos. Tamén o fixo frotando un globo na cabeza de varios nenos/as. - Barra eléctrica: coa mesma barra anterior colleu papel de aluminio e o fixo voar polo aire e cada vez que acercaba a barra o aluminio subía. - Xelatina: David colleu un vaso con auga e preguntou hipóteses se lle daba a volta enriba dunha alumna. Despois lle deu a volta e non lle caeu nin unha gota, porque a converteu en xelatina. Foi incrible, porque foi en un segundo. - Lume: con unha pequena bombona de camping gas con lume e un tubo David soprou e fíxose unha lumeada tremenda. Foi unha actividade quer nos encantou na que aprendimos a formular hipóteses, e nos dimos conta que a veces non é o que parece. Alumnos de terceiro: Ada, Manuel e Samuel. 23
  • 24. MOUREHAMED QUECHUA O día 5 de abril do 2019 veu unha persoa ao noso colexio chamada Mourehamed Quechua coa súa nai. Ao comezo chegou co seu “paztinete” e nos quixo atropelar, foi moi divertido! A continuación cantámoslle a canción “Móvete” de Paco Nogueiras. Fomos para a nosa biblioteca e nos contou historias de árbores, sobre os seus irmáns, tíos...etc. Foron historias contadas de forma moi divertida, nos facía mover, saltar, berrar... A súa nai recitounos algúns dos seus poemas, que nos gustaron moito. Despois subiron a unha nena de infantil ao paztinete e nos rimos moito. O que máis nos gustou foi darlle a sorpresa a Mourehamed de cantarlle a canción. E tamén nos gustou cando saíron os nosos compañeiros a axudarlle a contar historias. A algún neno o disfrazaron de princesa e a dous compañeiros os fixeron darse bicos. Ao final para despedirse mandou saír a dous compañeiros a bailar unha muiñeira e el nos tocou a pandeireta. Foi moi divertido!! Alumnos de terceiro curso: Inés, Daniel e Mario 24
  • 25. HISTORIAS QUE QUEREMOS COMPARTIR... A PORTA VERMELLA Hai moitos anos había un laboratorio na parte traseira do cole. Un día un grupo de nenos e nenas foron alí a facer un experimento, pero non saíu moi ben e explotou todo. Por sorte, non houbo feridos. Despois do acontecido ninuén volveu a entrar. Agora, a porta do laboratorio, esa porta de cor vermella que hai preto do eco, está un pouquiño aberta. Non sabemos que hai no interior, só se ve escuro e se escoitan ruídos a través das paredes, ademais cando petas, escoitase petar ó outro lado. Eu sospeito que quedou algún resto dalgún alumno e que agora hai unha pantasma que se reencarnou no espírito dese neno. Temos un pouco de medo aínda que pode ser que sexa amable e que só estea alí porque non pode saír, porque está atrapada. Lucía Abeal XENOMORFO Un mozo chamado Mario encontrou algo como un Xenomorfo no colexio dos Casais. Uns días máis tarde viuse un Xenomorfo no bosque, e logo algo máis parecido a un humano. A primeira persoa que viu ese ser foi Mario Martínez que o bautizou como Alien. O Xenomorfo non ten ollos, ten un cranio alargado, unha cola que remata en punta, unha lingua e unha mandíbula retráctil e a súa forma é mecánica. A alimentación é de tipo omnívoro. Vive en manada e ten unha raíña. O máis curioso é que no corpo teñen ácido en vez de sangue. Mario Martínez 25
  • 26. ANTÓN CORTIZAS Antón Cortizas é un escritor de literatura infantil en lingua galega que veu o xoves 2 de maio a visitar o noso colexio. O que fixemos con el foi un obradoiro no que nos ensinou a facer cousas con latas, botóns, tapas,... aprendemos a facer un subiote, un chifre e unhas castañolas. Para facer o subiote collemos un anaco de lata e dobrámola 3 veces, logo fixémoslle un burato pequeno e ó soprar escóitase o cantar dun paxaro. Para o chifre dobramos un cachiño de lata ó redor dun taco de madeira (deixamos unha esquina sen dobrar), logo con outro anaco de lata envolvemos o cachiño que queda sen dobrar e xa temos o chifre listo. Finalmente, para facer as castañolas só precisamos dous anacos de madeira e cinta. A min o que máis me gustou foi o chifre. Helena Mandaradoni RETO CLUSTER Un día veu unha chica chamada Laura e díxonos se seríamos capaces de afrontar un reto: organizar os clusters para todo o cole. Pero, que é un cluster? Se o traducimos literalmente significa racimo, conxunto ou grupo que fai referencia a agrupamentos de alumnos e alumnas que comparte intereses e reúnense con expertos. Nun principio os clusters propostos eran nove: cine, inventos, xardinería, fotografía, cerámica... Ata escoller os catro finais tivemos que facer moitas cousas: organizar as votacións, preparar o material, falar cós expertos, facer chamadas e enviar correos electrónicos ou pensar un agasallo para a xente que nos axudou. Gustounos moito organizar os clusters porque foi a nosa responsabilidade e tivemos que tomar moitas decisións. Daniel Casdelo e Adrian Dopazo 26
  • 27. COOPERATIVO Como son os grupos cando traballamos en cooperativo? Están compostos por tres persoas, cada unha delas ten unha responsabilidade, un cargo: secretario/a, coordinador/a e encargado/a de material. Cada trimestre cambiamos de grupo, e en cada grupo pasamos por todos os cargos. As funcións de cada un deles son:  Secretario/a: vixía o nivel de ruído, cubre os documentos do equipo, recórdalles as tarefas pendentes ós compañeiros,...  Coordinador/a: é o portavoz do equipo, resolve os conflitos,...  Encargado/a de material: pregunta ós compañeiros se teñen algo na axenda, collen o material do equipo... Gústanos moito traballar así porque a través dos equipos cooperativos aprendemos a respectar ós nosos compañeiros, a non discutir, a compartir os obxectos ou a que non faga todo unha soa persoa. Ainhoa Negreira e Hugo Marín AMAAPADRIÑAMENTOS LECTORES Os amaapadriñamentos lectores foron o día 3 de maio. Os máis pequenos do cole tiñan que escoller a unha persoa de 4º, 5º ou 6º de educación primaria para que lles lera. Cada un dos maiores leulle a un ou dous nenos dende educación infantil ata 3º de primaria. Unha vez que soubemos a quen lle tiñamos que ler, fomos á biblioteca e escollemos un conto e un lugar, no lugar escollido puxemos un cartel cun debuxo e cun número distinto cada un. Os amaapadriñamentos lectores fanse para compartir a lectura, para que os nenos e nenas máis pequenos aprendan a ler con nós e para desfrutar da lectura todos xuntos. Gustounos moito a experiencia, divertímonos un montón. Algúns dos libros que escollemos foron: O segredo de Flora ou Os animais salvaxes (dos Bolechas). Alejandra González e Antía Riveiro 27
  • 28. LIMERICKS Neste curso, o lema para celebrar o mes das Bibliotecas Escolares Galegas, foi “Poéticas diversas”, así que no primeiro trimestre as nenas e nenos de 5º e 6º limos, seleccionamos, aprendimos, inventamos e nos divertimos e disfrutamos coa poesía. Aprendimos a escribir haikus (6º xa case somos expert@s!) e no regreso das vacacións editamos un libro de haikus de inverno, no que participaron as nosas familias. Estamos moi orgullos@s de como nos quedou! 28
  • 29. Podédelo ler na nosa Biblioteca. 29
  • 30. No segundo trimestre, aprendimos a escribir limericks. Sabedes o que son? Un LIMERICK é un poema do que non se sabe moi ben a súa orixe, só que é anglosaxona. Hai quen di que os habitantes de Limerick (Irlanda) rimaban versos sen moito sentido cando se emborrachaban; outra xente di que foron soldados franceses quen os introduciron en Limerick. Son poemas dunha soa estrofa de cinco versos, cunha estrutura moi clara. Os versos 1º, 2º e 5º son máis longos, case sempre de 11 sílabas, e riman entre si. E os versos 3º e 4º son máis curtos e riman entre si. O seu esquema é AABBA, ou AAbbA. O tema case sempre é humorístico ou una esaxeración moi grande. Normalmente, ao escribir un Limerick, faise así:  No 1º verso, defínese ou preséntase o personaxe.  No 2º, indícanse as súas características.  No 3º e 4º, exprésanse as acción que realiza o personaxe.  No 5º, está a parte esaxerada ou graciosa, que é o final. Anque neste último verso, antiguamente, facíase una repetición. Estas instruccións serviranvos por se queredes ser escritor@s de Limericks ou facer algún. Un dos nosos poetas galegos escribíu algúns limericks: Antón Cortizas. Despois de ler os seus e os de MªElena Walsh puxémonos a escribir os nosos. O coello Manolín é moi parlanchín, come berzas e brinca no trampolín; ten un curmán esquío que pasa moito frío por iso Manolín lle deu un calcetín. Alba Cao Se remato de almorzar, marcho a traballar. Torradas con marmelo…que ricas están! A mellor hora do día Desexo que chegue axiña! Con enerxía o día quero comezar. Miriam Pérez O tucán Ramón come moito limón. Voa polas selvas cun supersaltón. Comeu moitas noces A bocados veloces E seguíu voando cun supersaltón. Noa Rañales Allegue 30
  • 31. O elefante aplastou a un bogavante elegante E o bogavante elegante aplastou a un elefante Fala o bogavante ou non fala ninguén Ou fala o pingüín chamado Pinguén E por iso son moi amigos o elefante co bogavante. Álex Romero Aquel escorpión é moi vacilón, pero el di que non é nada xoguetón. Gústalle cazar estrelas, pero non lle gusta comelas porque lle fan una moi mala dixestión. Rocío Formoso Á cadela da miña tía Albar gústalle de toda a vida argallar. Dá brincavoltas na cama poñendo o pixama. A larpeira traba moito ao xogar. Icía Fernández A goma risoña é moi xoguetona e tan fera coma una leona. Á goma riseira gústalle ir á feira. A goma risoña sempre é molona. Antón Roel Que bonitas son aquelas floriñas que saltan sen parar como ondas mariñas! Son azuis e rosadas, que abraiadas! Que bonitas son aquelas floriñas! Emma Blanco Emma Blanco Hermida Alba Cao Viña Icía Fernández Platas Rocío Formoso Saavedra Sergio Hermida López Miriam Pérez Vizoso 31
  • 32. PASATEMPOS Serás quén de atopar algúns lugares de Galicia? 32
  • 33. Palabras con v e b... imos alá! 33
  • 34. Consultorio da Señorita Pepis Cómo saber si le gustas a un niño? Fredi Mercuri. Ola Fredi, Para saber se lle gustas a un neno, tan só tes que darlle unha proba. Non lle des a probar unha man ou un pé, son partes importantes do corpo que seguramente necesites para escribir ou camiñar. Podes probar a darlle un pouco do teu cabelo ou anaquiño de uña (asegúrate de lavalas ben antes, aínda que se son das dedas dos pés… seica que saben a queixo!). Evita mocos ou cera dos ouvidos, non soe resultar agradable… Despois da proba pódeslle preguntar se lle gustas máis ou menos que a tortilla de patacas ou que a pasta con tomate. Xa me contarás! PD. Lembra que sempre te podes botar un pouco máis de sal. ¿Es muy sano comer fruta? ¿Es muy sano hacer deporte? Queridísimo amigo ou amiga, Claro que é san comer froita! Claro que é san facer deporte!! …Pero asegúrate de facelo por separado, non é nada recomendable comer froita e facer deporte ao mesmo tempo. Coñecín a unha nena que o facía mentres xogaba ao fútbol e fallou o último penalti a causa dun lanzamento de sandía. 34
  • 35. Querida Señorita Pepis, Teño un grande dilema. Non sei como dicirlle a unha compañeira miña que xa non é a miña mellor amiga. Benqueridísimo/a ex mellor amigo/a, A mellor maneira de dicirlle algo así a unha amiga é facelo con sinceridade e cara a cara, pero se isto che resulta moi complicado, aquí tes algunhas ideas un pouco máis enrevesadas extraídas do “Manual do pequeno mentireiro traidor”: 1. Xogade ao “teléfono estragado” e cruza os dedos para que a mensaxe chegue correctamente; pode que ti digas “xa non quero que sexas a miña mellor amiga” e que ela entenda “miña nai di que te rasques a barriga”. 2. Cando estea de costas a ti dillo moi rápido e desaparece antes de que se dea a volta! 3. Dille ao teu irmán pequeno que llo diga a cambio dun paquete de gusanitos. 4. Mándalle unha nota “anónima” cunha piruleta ou algo para suavizar a mensaxe. 5. Dille que teus pais non che deixan comer chocolate nin ter mellores amigos. ¿Se puede tener 5 mejores amigas? Pois claro que si!! 5, 6, 7 e ata 10.000!! Pero ten moito coidado, cantas máis mellores amigas teñas máis difícil será dicirllo cando deixen de selo… Mira o problema da consulta anterior! 35
  • 36. ¿Los animales y los humanos pueden vivir en paz? Estimadísimo admirador ou admiradora, Depende do animais que sexan os humanos… ¿Te gustan los animales? Si, eu son bastante animal. ¿Por qué un niño de mi clase me quiere? Ese neno quérete porque estou segura de que es absoluta e totalmente adorable… …ou igual ten algún interese escuro como copiarche no próximo exame de mates ou comerse o teu bocata de chourizo, ten coidado!!! ¿Tienes novio? Non, teño un gato. Non me leva ao cinema, pero gústalle ver documentais da sabana africana comigo e non gasto moito en ceas. 36
  • 37. Como se liga? Estimadísimo lector ou lectora, Ligar é unha arte de moita precisión que require toda a túa atención se queres acadar resultados óptimos. Aquí van unhas pautas: Ingredientes: ovos, vinagre, sal e aceite. Procedemento: bota os ingredientes nun recipiente e bate suavemente cun batedor. Non o levantes ata que os ingredientes se mesturen e tomen consistencia. E así é como se liga unha maionesa. Para outras salsas, coma o alioli ou o pil pil para o bacallau aconséllote que acudas a algún experto chef, coma Arguiñano, Ferrá Adriá ou a túa avoa. PD. Non entendo a que ven esta pregunta nunha sección de consulta amorosa…  37
  • 38. DESPEDIDA DE 6ª Os nenos e as nenas de 6º imos comezar unha nova etapa da nosa vida. Marchamos deste cole con moita morriña, sempre recordaremos todo o que aprendimos (iso agarda a nosa profe Maribel) e fixemos aquí. Gustounos moito como nos trataron, todas as actividades e excursións que tivemos, as obras de teatro que fixemos con Fini, os bailes que ensaiamos nos recreos, os xogos nos que participamos, os sustos na aula do medo, os decorados das festas que as mamás da ANPA fixeron con tanta ledicia; tamén os desfiles do entroido, os almorzos con Papá Noel, os contacontos, Mica Bigotes... Houbo momentos de apuro, pero deles fomos aprendendo a superarnos. Este curso pasóusenos superrápido; pensamos que ía ser difícl e...aquí estamos, rematando a primaria. Agora, a pola ESO!!! 38
  • 39. ESTE COLE É XENIAL!!! DESFRUTÁDEO COMO FIXEMOS NÓS!!! Lembrade que quedan aquí as nosas pegadas , para que non nos esquezades. Noa Rañales Allegue Jaime Otero Rodríguez Miriam Pérez Vizoso Yago Laguillo López E agora esta revista chega a súa fin... ATA O PRÓXIMO CURSO ESCOLAR AMIGOS E AMIGAS! AGARDAMOS QUE PASEDES BO VERÁN!!! 39