SlideShare a Scribd company logo
1 of 109
AS PLANTAS
as árbores
Unha árbore é un ser
vivo, vexetal,
terrestre, formado por
raíz, talo e follas, no
que destaca o toro
elevado, leñoso e
ramificado.
As árbores son os máis grandes e os
máis lonxevos dos seres vivos.
AS IDADES DAS ÁRBORES
Maceira: 30 anos
Cerdeira: 60 anos
Bidueiro: 100 anos
Chopo: 200 anos
Noceira e faia: 300 anos
Falso plátano: 400 anos
Abetos e piñeiros: máis de 1000 anos
Carballo: ata 2.000 anos
Teixo e castiñeiro: ata 3.000 anos
Secuoia: máis de 3.000 anos
Pinus aristata: máis de 4.900 anos
 O conxunto de árbores máis
vellas que se coñecen son
piñeiros de Tasmania, ou
piñeiro de Huon
(Lagarostrobus franklinni), con
10.500 anos.
A árbore individual
máis vella que se
coñece é unha pícea
(Dalarna, en Suecia) de
9.550 años.
Árbore máis pequena:
salgueiro ártico.
AS ALTURAS DAS ÁRBORES
Árbore máis alta: secuoia vermella
Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
Árbore máis grosa:
alcipreste mexicano
(Taxodium mucronatum) de
Tule-Oaxaca (México)
FOLLA
Estrutura laminar de formas e
tamaños moi variados,
encargada da respiración e da
fotosíntese (nutrición) da planta.
TALO (TORO)
É a parte aérea, endurecida,
xeralmente cónica, que
serve de soporte a todas as
demais. Realiza diferentes
funcións: sostén,
transporte, depósito e
secreción de substancias.
RAÍZ:
Asegura a súa fixación ao
solo e, polos pelos
absorbentes, o
abastecemento de auga e
sales minerais.
FLOR:
Órgano produtor e portador
das células reprodutoras
FROITO:
Elemento que protexe o embrión
mentres non está formado.
SEMENTE:
Acolle o embrión para formar
unha nova planta,
A RAÍZ
O sistema radicular das árbores pode ocupar
un amplo espazo ou acadar unha gran
profundidade dependendo das características
do terreo ou da especie.
RAÍZ TÍPICA
Unha raíz principal da que
saen outras máis
pequenas. É a que teñen a
maioría das árbores
Raíces secundarias:
aumentan a superficie de
apoio e a capacidade de
captación de auga e sales
minerais.
Raíz principal
RAÍZ FASCICULADA
Varias raíces iguais.
palmeira
Pelos absorbentes
Aumentan a superficie das membranas
celulares para facilitar e activar a ósmose
(movemento de líquidos a través de
membranas situadas entre disolucións
con distinto grao de concentración).
Floema
Xilema
Punto de crecemento
Parte final da raíz onde as
células se reproducen moi
activamente.
Zona de alargamento
Nesta zona as células en contacto
coa auga alónganse e fan que a
raíz medre cara abaixo.
Cofia
Parte engrosada da punta das raíces
formada por unhas células endurecidas
que protexen a zona de crecemento.
Os neumatóforos son formacións que teñen
algunhas árbores de lugares asulagados para
facilitarlles a respiraración das raíces.
As raíces fúlcreas amplían a base
de sustentación e a suxección da
árbore. Son propias de especies
que viven en substratos anegados e
móbiles.
mangle
alcipreste dos pantanos
As raíces aéreas ou adventicias
serven para capturar a
humidade do aire.
As árbores que acadan grandes
dimensións amplian a súa base de
sustentación emitindo reforzos tabulares
entre as raíces e o toro.
metrosideiro
ficus
As raíces das leguminosas conteñen bacterias
que lles axudan a fixar nitróxeno.
Unha forma de relación
simbiótica típica entre os
fungos e as árbores é a
formación de micorrizas.
O micelio dos fungos
únese ás raíces das
plantas, que aumentan
deste xeito a súa superficie
de absorción. O fungo
recibe a cambio materia
orgánica.
O TALO
TALO LEÑOSO - TORO
Endurecido, con aneis de
crecemento. castiñeiro
PARTES DO TALO
Zona de medra ou
alargamento: comprende as
partes máis novas situadas
entre os últimos nós.
Toro: eixo, parte principal do talo.
Leñoso, macizo e duro, con aneis
de crecemento e ramificado.
Ponlas: talos laterais
que xorden do principal,
serven para aumentar a
superficie de soporte e
para distribuír e
dispoñer de maneira
axeitada as follas.
Punto de crecemento: con
reprodución celular moi
activa.
Nó: punto no que
agroman as follas e as
xemas.
Entrenó:
distancia entre
dous nós
próximos.
Médula
Xemas: estruturas que
protexen os puntos de
crecemento en lonxitude.
Están dispostas ao longo
das ponlas. Desenvolvense
principalmente as das
partes máis novas.
Xilema
Cambium
Tona
TALO
Tona ou casca: estrutura de
protección e illamento.
Durame: parte central do toro formada
por madeira vella. As células están
mortas e só realiza función de sostén.
Médula: parte central dalgunhas
árbores que almacena susbtancias
de reserva. Xeralmente desaparece
nas árbores vellas.
Aneis anuais: están marcados polo
diferente ritmo de desenvolvemento
do cambium ao longo do ano
Cambium: tecido que
produce as células do
floema e o xilema
(sistemas de
transporte). É o que
provoca o aumento de
grosor.
Xilema: conxunto de vasos que
transportan a auga e as sales
minerais da raíz ás follas.
Albura: parte viva do
talo, entre a tona e o
durame na que
aínda funcionan os
vasos de transporte.
Almacena
substancias de
reserva.
Floema: conxunto de
vasos que transportan
os elementos nutritivos
procedentes das follas.
piñeiro
O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da
árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que
se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións
favorables a árbore medra máis e os aneis están máis
separados, en condicións desfavorables están máis xuntos.
sobreira
Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.
As árbores poden vivir co
toro oco xa que as capas
externas (xusto debaixo
da tona ou casca) son as
que conteñen os vasos
condutores da saiva e as
células vivas.
no interior deste
castiñeiro hai
unha capela
O Baobad de África pode almacenar
no seu toro 136.000 litros de auga.
As tonas ou cascas das árbores protexen e
illan o toro e axudan na respiración.
Son moi variables en cor, grosor e textura
e características de cada especie.
Piñeiro rubio
carballo
eucalipto
chopo brancobidueiro
araucariasobreira
Lenticelos: poros ou furados
polos que o aire penetra ao
interior do talo para facilitar a
respiración das células.
Copa esférica
O conxunto do toro e as ponlas dalle ás
árbores o seu porte característico.
metrosidero
cilíndrica chopos
Alcipreste
mediterráneo
cónica
abeto de Douglas
irregular
sobreira
carballo
POSICIÓN DAS PONLAS
HORIZONTAIS
Formando ángulo recto.
COLGANTES ou CAÍDAS
Formando ángulo obtuso.
ERGUIDAS
Formando ángulo agudo.
Ponlas horizontais araucaria
Ponlas colgantes salgueiro chorón
Ponlas erguidas
chopos
DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS
IRREGULAR
ALTERNA
A distinta altura
VERTICILADA
Arredor dun punto.
Ponlas irregulares carballo
Ponlas alternas
Ponlas verticiladas
araucaria
piñeiro
TALO FEBROSO (ESTIPE)
Sen aneis de crecemento
(non medra en grosor) e sen
ramificar agás excepcións.
É o talo típico das palmeiras,
que desde o punto de vista
estructural non deben ser
consideradas como
verdadeiras árbores.
palmeiras
É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de
formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración,
da fotosíntese (nutrición) e da transpiración.
A FOLLA
LIMBO
PECIOLO
xema
cara
envés
nervos
Capa superior: de células
con moitos cloroplastos.
É parte máis activa da folla.
Estomas: orificios da
epiderme (no envés) por
onde a planta realiza o
intercambio de gases e
elimina o exceso de auga..
Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla.
Tecido esponxoso: parte
media con espazos ocos
entre as células para
permitir a circulación
dos gases.
Condutos que
transportan
substancias.
Epiderme: capa
exterior de células
mortas que a illan
e protexen.
Peciolo e xemas
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA
SIMPLES
Limbo nunha soa peza
COMPOSTAS
limbo formado por varias pezas
(foliolos)
DISTRIBUCIÓN NO TALO
Alternas Opostas Verticiladas
CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN
PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS)
Moitas árbores despréndense das follas
ao chegar o inverno como adaptación á
diminución da luz e á baixada das
temperaturas.
Estas especies tamén mudan as follas,
pero fanno sempre despois do
desenvolvemento das follas novas.
ginkgoacivro
A folla máis grande:
Raphia farinifera
(Madagascar): 20 m.
FLORES
Pétalos
(corola)
pistilo
estames
ANXIOSPERMAS
Teñen flores cos óvulos
pechados en ovarios.
Sépalos
(cálice)
Flor hermafrodita de marmeleiro
ovario
cerdeira
Flores completas (hermafroditas)
tulipeiro
laranxeira
Flores masculinas de salgueiro
Flores espidas
Flores femininas
de salgueiro
Flores hermafroditas de eucaliptos
AS FLORES
acios
umbela
mimosa
arce
robinia
sabugueiro
XIMNOSPERMAS
Teñen flores sen ovarios e
non teñen froitos.
As máis coñecidas son as
coníferas nas que os óvulos
aparecen en estruturas
leñosas chamadas conos ou
piñas.
FLORES FEMININAS
FLORES MASCULINAS
teixo
AS FLORES
cedro
alcipreste
FROITOS
capudre
FROITOS CARNOSOS
Drupas: unha
única semente
leñosa Baia ou baga: con
moitas sementes.
Hesperidio: epicarpo
glanduloso, endocarpo
membranoso, dividido
en “chavos”.
Aquenio: unha soa
semente sen apegar á
envoltura exterior
FROITOS SECOS INDEHISCENTES
Sámara; aquenio
con prolongacións
membranosas a
xeito de ás
Lomento
con tabiques
separando as
sementes
Glande
cuberto cunha
cúpula; semente
cos cotiledóns
carnosos
arce
avelá
acacia
carballo
Cápsula ou caixa: con
varias sementes,
ábrese lateralmente
ou por arriba
Folículo: con moitas
sementes, en xeral
ábrese lateralmente
Legume: con varias
sementes, ábrese
lateralmente
FROITOS SECOS DEHISCENTES
árbore
botella
eucalipto
acacia
castiñeiro
das Indias
camelia
Cúpula; varios
froitos protexidos
por envolturas
AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS)
fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias
Poliacantocarpo: grupos de
aquenios acompañados de
brácteas
Sicono: aquenios
dentro dun soporte
carnoso pechado.
Acio: froitos con
rabo sobre un eixo
Umbela: rabos
unidos nun punto.
plátano
pradairo
figueira
castiñeiro sabugueiro
Pomo
receptáculo coas
sementes rodeado
dunha formación
carnosa
FROITOS FALSOS
A parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario
cotonaster
maceira
pereira
O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que
pode pesar ata 50 quilos.
É a estrutura a partir da
que se propagan as
plantas fanerógamas ou
espermafitas.
Prodúcese a partir da
fecundación e maduración dun
óvulo.
Contén ao embrión xunto con
substancias de reserva,
protexidos por unha cuberta.
SEMENTE
Sementes xerminando
piñeiro claudieira
carballopalmeira
ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMAS
Sementes que se desenvolven sen ovario
CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS
Piñeiro silvestre
P. de Monterrei
Piñeiro bravo Piñeiro manso
CONÍFERAS
cedro
alerce
abeto
alcipreste
CONÍFERAS
Estróbilos femininos
CICADAIS
Flores masculinas
Cica
GINKGOAIS
Flores masculinas
Flores femininas
sementes
ginkgo
Semente máis grande: coqueiro do mar: ata 27 kg.
Atópase nas illas Seychelles.
OS ARBUSTOS medran polas xemas
inferiores, teñen unha estructura redondeada
con abundante ramificación desde a base,
onde non é doado distinguir o talo principal.
AS ÁRBORES medran en lonxitude,
sobre todo polas xemas terminais,
por eso presentan formas alongadas
cun toro ergueito e unha copa na
parte alta.
ÁRBORES E ARBUSTOS
CLASES DE ÁRBORES
XIMNOSPERMAS
Teñen flores sen ovarios
e non teñen froitos.
ANXIOSPERMAS
Teñen flores cos óvulos
encerrados en ovarios dos
que se forman os froitos
CONÍFERAS
Follas aciculares,
estreitas,
en xeral de folla
perenne,
plántulas con dous
ou máis cotiledóns.
GINKGOÁCEAS
Follas caedizas,
planas, cos nervos
paralelos
TAXÁCEAS
Semellantes ás
coníferas, coa
semente rodeada
dun arilo carnoso.
PALMÁCEAS
Toro febroso
sen ramificar,
Raíces
fasciculadas.
PLANIFOLIOS
Dicotiledóneas,
follas co limbo
plano e cos nervos
formando redes.
CICADOFITAS
Follas pinnadas
dispostas
en espiral,
flores en conos,
sen froitos.
CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE
AUTÓCTONAS
Orixinarias do lugar
no que se atopan.
EXÓTICAS
Procedentes de
ecosistemas alleos.
ALÓCTONAS
Especies alleas
naturalizadas nun lugar.
carballo castiñeiroliquidambar
Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas
constituídos por unha estrutura de árbores,
arbustos e outros vexetais na que domina o
estrato arbóreo, cunhas condicións pouco
ou nada influídos pola acción humana.
AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES
A formación dun bosque é un proceso lento que
dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación
das rochas e o asentamento das primeiras
especies vexetais. Séguelle o asentamento dos
arbustos e entre eles as primeiras árbores que,
cando acadan unha certa altura crean un
microclima axeitado para o desenvolvemento das
especies de sombra; con elas o bosque acada a
súa plenitude (bosque climax).
FRAGAS: fragmentos dos bosques
antigos orixinais que chegaron aos
nosos días cun grao de naturalidade
máis ou menos importante. Fraga do Eume
ABESEDOS: bosques
situados en zonas sombrizas.
Abesedo de Donís-Os Ancares
DEVESAS: bosques
mixtos (carballo, acivro,
teixo, faia, capudre...)
Devesa de Rogueira (O Courel)
CARBALLEIRAS: bosques
con dominio de carballos.
Carballeira do Xesta-A
Lama
REBOLEIRAS: bosques
con dominio de rebolos
(Quercus pyrenaica)
Parque Natural O Invernadeiro
BIDUÍDOS, BIDUEIRAIS:
bosques de bidueiras.
Formacións asociadas ás
zonas húmidas de altitude
media.
Bidueiral de Montederramo
FAIAIS: bosques de faias.
f Fonteformosa-O Cebreiro
ACIBEIRAIS: bosques de acivro Cabana Vella-os Ancares
SOBREIRAIS: bosques de sobreiras Arnego-Agolada
ACIÑEIRAIS: bosques de aciñeiras
Eciña da Lastra
SALGUEIRAL: bosque de salgueiros.
BOSQUES DE RIBEIRA: formacións vexetais que
xorden e se manteñen ás beiras das correntes de
auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...
BOSQUES DE PLANTACIÓN:
Agrupacións arbóreas nas que
predomina o estrato arbóreo de orixe
artificial. As condicións están influídas
polo ser humano.
CARBALLEIRAS: plantacións de
carballos cun aproveitamento silvo-
pastoral. Presentan un grao de
naturalidade inferior ás fragas
SOUTOS: bosques ou
plantacións de castiñeiros.
PLANTACIÓNS FORESTAIS
Monocultivos de especies que se plantan para
aproveitar a madeira ou os froitos.
Piñeirais: plantacións de piñeiros.
EUCALIPTAIS: plantacións de eucaliptos.
As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados por
ringleiras de árbores e arbustos plantados,
naturalizados ou silvestres, nas que perviven
especies que foron desaloxadas do seu medio
natural polos cultivos.
PARQUES E XARDÍNS.
Están formados por variedade de especies arbóreas plantadas
con fins ornamentais.
Situados xeralmente no interior das cidades ou en pazos.
IMPORTANCIA DAS ÁRBORES
As árbores son as que fan posible a vida na
Terra, contribuíron a crear a atmosfera que
nos rodea e son fonte permanente de vida e
saúde. Forman parte da paisaxe, da nosa vida
e da nosa historia.
Os bosques galegos eliminan ao ano medio
millón de toneladas de dióxido de carbono
PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES
-Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e
consumen dióxido de carbono).
-Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e
controlan as canles dos ríos e as avenidas).
-Crean e enriquecen o solo.
-Protexen o solo da erosión grazas ao entramado
das súas raíces.
-Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para
multitude de seres vivos.
-Actúan de cortaventos para os cultivos.
-Fan de pantalla para ruídos e radiacións.
-Depuran solos contaminados.
-Dan sombra e refrescan o ambiente.
-Deles obtéñense miles de produtos utites e
principios activos, moitos imprescindibles para a
vida do ser humano.
-Proporcionan información do pasado.
-Adornan e fan os espazos máis agradables.
AS ÁRBORES DE GALIZA
A situación e o relevo de
Galiza crean diferentes
microclimas que favorecen
unha gran diversidade vexetal
con mestura de especies
atlánticas e mediterráneas.
Calcúlase que en Galiza hai máis
de 688 millóns de árbores.
Formacións máis abundantes:
Coníferas: 506.026 ha (36%)
Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%)
Mesturas: 349.293 (24%)
Eucalipto: 174.210 ha.
As árbores son o soporte
para o asentamento de
moitos seres vivos vexetais
e animais. Proporciónanlles
acobillo e sustento.
Nos bosques establécense
complexas redes
alimentarias onde todo se
aproveita.
A VIDA NAS
ÁRBORES
A VIDA NAS ÁRBORES
fungo
Liques, brións, fento e hedra
Herba salgueira
A VIDA NAS ÁRBORES
esquío
eiruga
gabeador bacaloura e vésporas
FROITOS e
SEMENTES
alimento para persoas e animais,
zumes, licores, marmeladas,
aceites, graxas, extractos,
medicinas, alcohois...
FOLLAS alimento, aceites, extractos,
tecidos, cestos, adornos...
MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns,
madeiros, manufacturas,
esculturas...
Madeira miúda: combustible,
taninos, carbón vexetal, polpa de
celulosa, cestería, colorantes,
destilados...
RAÍCES infusións, aceites, medicamentos...
TONA cortiza, taninos, medicamentos,
aceites, tintes, condimentos...
SAVIA e
RESINAS
azucres, xabóns, bálsamos, gomas,
trementina...
RESÍDUOS
(BIOMASA)
produción de enerxía por
combustión ou transformándoos en
biogás, por fementación.
USOS DAS ÁRBORES
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALIZA
As árbores ocupan un lugar importante na
fisonomía e na economía de Galiza.
O sector forestal, sen incluír a industria de segunda
transformación, constitúe un 6,48 % do PIB (Produto
interior bruto) de Galicia e xera máis de 40.000
empregos.
Madeira: 6.500.000 m3
/ano,
máis de 240 millóns de euros
de madeira en pé.
Castañas. 8.027 tonelasa/ano,
1,29 millóns de euros.
Cogomelos: 45 kg/ha/ano,
uns 12 millóns de euros.
PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA
PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA
TRANSFORMACION
SEGUNDA
TRANSFORMACIÓN
OUTROS
Produción de
semente e plantas:
viveiros
Silvicutura:
plantación, cultivo
(podas, limpezas,
tratamentos...)
Proteción contra
incendios
•Froitas
•Cogomelos
•Envasado
•Conservas,
marmeladas,
confituras, licores,
fariñas
•Industria alimentaria e
repostería...
•Administración,
ensino e
investigación,
enxeñería,
asesoramento
técnico...
•Industrias auxiliares:
equipos, maquinaria,
ferramenta...
•Transportes
•Madeira: cortas
•Outros: mato,
follas...
•Serradeiros
•Chapa e taboleiros
contrachapados
•Taboleiros de
partículas e febras
•Pasta de papel
•Estruturas de madeira
•Embalaxe e envases
•Elementos de
construción (solos,
vigas...)
•Carpintería
•Mobiliario
•Papel e cartón
A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE
PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES
CAUSAS EFECTOS
ELIMINACIÓN DO
BOSQUE
-Cortas indiscriminadas
-Obtención de terreos agrícolas
-Urbanizacións
-Construción de infraestructuras
-Minería
-Deforestación
-Desaparición de especies
-Aumento de contaminación
-Perdas económicas
-Desertificación
INCENDIOS -Vandalismo
-Accidentes
-Deforestación
-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)
-Arrastre de terras e erosión
-Deterioro da paisaxe
-Aumento da sequedade do solo e desertificación
-Aumento das emisións de CO2
-Perdas de flora, fauna e vidas humanas
-Perdas económicas
REPOBOACIÓNS
POUCO
AXEITADAS
-Deseños en función de intereses
unicamente económicos
-Perda de biodiversidade
-Diminución da vexetación autóctona
-Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna)
-Aumento da erosión
CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos,
calefaccións...
-Alteración das propiedades do solo
-Chuvia ácida
-Envelenamento directo
ENFERMIDADES E
PRAGAS
-Distintos tipos de parásitos: fungos,
insectos...
-Destrucción de bosques e plantacións
-Diminución do rendemento
-Perdas económicas
PATRIMONIO PERDIDO
Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai
case 50 anos. Medía 14 m de perímetro.
Castiñeiro de Folgueira en Sobrado de
Picato (lugo). Imaxe de 1949.
Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas de
bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De
seguir así os grandes bosques tropicais terán
desaparecido dentro de 50 anos.
“Cunha árbore pódense facer
un millón de mistos.
Cun misto pódense matar un
millón de árbores”
Cada día de verán quéimanse
en Galiza perto de 30 ha de
monte que tarda un mínimo de
25 anos en recuperarse.
Non quero que o lume
destrúa e aniquile
a miña carne
na que, ás veces,
cantou namorada
a cotovía.
Somente son terra.
Só desexo ser terra,
mesturarme coa terra,
perderme, confundirme,
no silencio da terra.
e pídolle,
con todo o meu ser,
á terra miña nai,
que sexa xentil comigo
Manuel María
QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES
-Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende
(solo, aire, auga...).
-Evitar condutas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...).
-Non deixar pegadas do noso paso polos bosques.
-Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas.
-Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal.
-Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en
embalaxes e envoltorios.
-Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies
autóctonas.
-Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades.
-Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza.
-Plantar árbores.
ESPAZOS PROTEXIDOS:
Fraga de Caaveiro, Devesa de
Rogueira, Aciñeiral de Cruzul,
Sobreiral do Arnego...
ÁRBORES PROTEXIDAS:
Monumentos naturais:
eucaliptos de Chavín (Viveiro),
castiñeiros de Catasós, carballo da
Rocha (A Saínza), castiñeiros de
Rozabales (Manzaneda).
No catálogo de árbores
senlleiras de Galiza están
inscritos 146 exemplares e 31
agrupacións.
A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES
E OS BOSQUES EN GALICIA
Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)
O 21 de Marzo celébrase (desde 1971) o
DÍA DA ÁRBORE .
Reforestación veciñal
dunha zona queimada
O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza.
O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha
ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un
arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o
vento.
O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo
creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos
quedou do Paradiso perdido.
O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida
e bonitura.
O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa
no inverno.
O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos
a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o
berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra.
O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas
do que pasa no mundo.
Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con
ouro nos bancos.
A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra
o estado unitario.
O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar
cando a nosa terra sexa nosa.
A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o
mellor aforro da colectividade.
Na nosa terra danse os mellores albres.
O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos
necesidade de emigrar.
(Castelao, “Sempre en Galiza”, 1937)
MONTAXE: Adela Leiro
FOTOS: Adela Leiro
Mon Daporta,
Internet
DEBUXOS: Mon Daporta
Setembro 2015

More Related Content

What's hot

A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arboremagamac
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferasMonContos
 
IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)iesasorey
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de augaMonContos
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2Fiz
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas monadela
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)monadela
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitasMonContos
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viñomonadela
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívorasMonContos
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoCarmen Cid Manzano
 
A eiruga da seda
A eiruga da sedaA eiruga da seda
A eiruga da sedaiesasorey
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e floresalevillafer
 

What's hot (17)

A Arbore
A ArboreA Arbore
A Arbore
 
Roque e as coníferas
Roque e as coníferasRoque e as coníferas
Roque e as coníferas
 
IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)IES Asorey-Cambados (o estanque)
IES Asorey-Cambados (o estanque)
 
Lentellas de auga
Lentellas de augaLentellas de auga
Lentellas de auga
 
Bosque2
Bosque2Bosque2
Bosque2
 
Tema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantasTema 4 natu. as plantas
Tema 4 natu. as plantas
 
A plantas
A plantas A plantas
A plantas
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 
Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)Árbores ornamentais (Galiza)
Árbores ornamentais (Galiza)
 
Plantas epífitas
Plantas epífitasPlantas epífitas
Plantas epífitas
 
A vide-o viño
A vide-o viñoA vide-o viño
A vide-o viño
 
Fentos
FentosFentos
Fentos
 
Plantas carnívoras
Plantas carnívorasPlantas carnívoras
Plantas carnívoras
 
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silenciosoAs plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
As plantas invasoras en galicia, un perigo silencioso
 
A eiruga da seda
A eiruga da sedaA eiruga da seda
A eiruga da seda
 
Plantas e flores
Plantas e  floresPlantas e  flores
Plantas e flores
 
Palmeiras
PalmeirasPalmeiras
Palmeiras
 

Similar to As árbores: morfoloxía, especies...

Similar to As árbores: morfoloxía, especies... (19)

Plantas xerofitas
Plantas xerofitasPlantas xerofitas
Plantas xerofitas
 
Sciadopitis
SciadopitisSciadopitis
Sciadopitis
 
cactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptxcactos e euforbias.pptx
cactos e euforbias.pptx
 
O trevo
O trevoO trevo
O trevo
 
Cousas das plantas
Cousas das plantasCousas das plantas
Cousas das plantas
 
Albicia
AlbiciaAlbicia
Albicia
 
A totora
A totoraA totora
A totora
 
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
O medio mariño as plantas e as algas (Candea 1994)
 
A vida nas pradeiras de seba
A vida nas pradeiras de sebaA vida nas pradeiras de seba
A vida nas pradeiras de seba
 
Liquidámbar
LiquidámbarLiquidámbar
Liquidámbar
 
5 tecidos vexetais
5 tecidos vexetais5 tecidos vexetais
5 tecidos vexetais
 
A vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de sebaA vida na pradeira de seba
A vida na pradeira de seba
 
Árbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San ToméÁrbores do colexio de San Tomé
Árbores do colexio de San Tomé
 
Tecidos vexetais
Tecidos vexetaisTecidos vexetais
Tecidos vexetais
 
Tecidos vexetais
Tecidos vexetaisTecidos vexetais
Tecidos vexetais
 
Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)Salgueiros (Salix)
Salgueiros (Salix)
 
Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)Acivro (Ilex aquifolium)
Acivro (Ilex aquifolium)
 
Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)Avelaira (Corylus avellana)
Avelaira (Corylus avellana)
 
As plantas
As plantasAs plantas
As plantas
 

More from monadela

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxmonadela
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxmonadela
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptmonadela
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptmonadela
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxmonadela
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costamonadela
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxemonadela
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costamonadela
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costamonadela
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costamonadela
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costamonadela
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costamonadela
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costamonadela
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costamonadela
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costamonadela
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexomonadela
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruñamonadela
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costamonadela
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costamonadela
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costamonadela
 

More from monadela (20)

rata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptxrata luisa nenos compra.pptx
rata luisa nenos compra.pptx
 
rata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptxrata Luisa cogomelos.pptx
rata Luisa cogomelos.pptx
 
Serra do Suído.ppt
Serra do Suído.pptSerra do Suído.ppt
Serra do Suído.ppt
 
LIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.pptLIC-Monte Faro.ppt
LIC-Monte Faro.ppt
 
Serra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptxSerra do Farelo.pptx
Serra do Farelo.pptx
 
Vimianzo, A Costa
Vimianzo, A CostaVimianzo, A Costa
Vimianzo, A Costa
 
Ria de Corme e Laxe
Ria de Corme e LaxeRia de Corme e Laxe
Ria de Corme e Laxe
 
Ponteceso, A Costa
Ponteceso, A CostaPonteceso, A Costa
Ponteceso, A Costa
 
Laxe, A Costa
Laxe, A CostaLaxe, A Costa
Laxe, A Costa
 
Camariña. A Costa
Camariña. A CostaCamariña. A Costa
Camariña. A Costa
 
Cabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A CostaCabana de Bergantiños. A Costa
Cabana de Bergantiños. A Costa
 
Malpica, A Costa
Malpica, A CostaMalpica, A Costa
Malpica, A Costa
 
Carballo a costa
Carballo a costaCarballo a costa
Carballo a costa
 
Arteixo, a costa
Arteixo, a costaArteixo, a costa
Arteixo, a costa
 
A Laracha, A Costa
A Laracha, A CostaA Laracha, A Costa
A Laracha, A Costa
 
LIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de DexoLIC/ZEC Costa de Dexo
LIC/ZEC Costa de Dexo
 
Ria da Coruña
Ria da CoruñaRia da Coruña
Ria da Coruña
 
Oleiros, A Costa
Oleiros, A CostaOleiros, A Costa
Oleiros, A Costa
 
Culleredo, A Costa
Culleredo, A CostaCulleredo, A Costa
Culleredo, A Costa
 
A Coruña, A Costa
A Coruña, A CostaA Coruña, A Costa
A Coruña, A Costa
 

Recently uploaded

O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 

Recently uploaded (7)

Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 

As árbores: morfoloxía, especies...

  • 2. Unha árbore é un ser vivo, vexetal, terrestre, formado por raíz, talo e follas, no que destaca o toro elevado, leñoso e ramificado. As árbores son os máis grandes e os máis lonxevos dos seres vivos.
  • 3. AS IDADES DAS ÁRBORES Maceira: 30 anos Cerdeira: 60 anos Bidueiro: 100 anos Chopo: 200 anos Noceira e faia: 300 anos Falso plátano: 400 anos Abetos e piñeiros: máis de 1000 anos Carballo: ata 2.000 anos Teixo e castiñeiro: ata 3.000 anos Secuoia: máis de 3.000 anos Pinus aristata: máis de 4.900 anos  O conxunto de árbores máis vellas que se coñecen son piñeiros de Tasmania, ou piñeiro de Huon (Lagarostrobus franklinni), con 10.500 anos. A árbore individual máis vella que se coñece é unha pícea (Dalarna, en Suecia) de 9.550 años.
  • 4. Árbore máis pequena: salgueiro ártico. AS ALTURAS DAS ÁRBORES Árbore máis alta: secuoia vermella Stratosphere Giant, con 112,34 m. California.
  • 5. Árbore máis grosa: alcipreste mexicano (Taxodium mucronatum) de Tule-Oaxaca (México)
  • 6. FOLLA Estrutura laminar de formas e tamaños moi variados, encargada da respiración e da fotosíntese (nutrición) da planta. TALO (TORO) É a parte aérea, endurecida, xeralmente cónica, que serve de soporte a todas as demais. Realiza diferentes funcións: sostén, transporte, depósito e secreción de substancias. RAÍZ: Asegura a súa fixación ao solo e, polos pelos absorbentes, o abastecemento de auga e sales minerais. FLOR: Órgano produtor e portador das células reprodutoras FROITO: Elemento que protexe o embrión mentres non está formado. SEMENTE: Acolle o embrión para formar unha nova planta,
  • 7. A RAÍZ O sistema radicular das árbores pode ocupar un amplo espazo ou acadar unha gran profundidade dependendo das características do terreo ou da especie.
  • 8. RAÍZ TÍPICA Unha raíz principal da que saen outras máis pequenas. É a que teñen a maioría das árbores Raíces secundarias: aumentan a superficie de apoio e a capacidade de captación de auga e sales minerais. Raíz principal
  • 10. Pelos absorbentes Aumentan a superficie das membranas celulares para facilitar e activar a ósmose (movemento de líquidos a través de membranas situadas entre disolucións con distinto grao de concentración). Floema Xilema Punto de crecemento Parte final da raíz onde as células se reproducen moi activamente. Zona de alargamento Nesta zona as células en contacto coa auga alónganse e fan que a raíz medre cara abaixo. Cofia Parte engrosada da punta das raíces formada por unhas células endurecidas que protexen a zona de crecemento.
  • 11. Os neumatóforos son formacións que teñen algunhas árbores de lugares asulagados para facilitarlles a respiraración das raíces. As raíces fúlcreas amplían a base de sustentación e a suxección da árbore. Son propias de especies que viven en substratos anegados e móbiles. mangle alcipreste dos pantanos
  • 12. As raíces aéreas ou adventicias serven para capturar a humidade do aire. As árbores que acadan grandes dimensións amplian a súa base de sustentación emitindo reforzos tabulares entre as raíces e o toro. metrosideiro ficus
  • 13. As raíces das leguminosas conteñen bacterias que lles axudan a fixar nitróxeno. Unha forma de relación simbiótica típica entre os fungos e as árbores é a formación de micorrizas. O micelio dos fungos únese ás raíces das plantas, que aumentan deste xeito a súa superficie de absorción. O fungo recibe a cambio materia orgánica.
  • 14. O TALO TALO LEÑOSO - TORO Endurecido, con aneis de crecemento. castiñeiro
  • 15. PARTES DO TALO Zona de medra ou alargamento: comprende as partes máis novas situadas entre os últimos nós. Toro: eixo, parte principal do talo. Leñoso, macizo e duro, con aneis de crecemento e ramificado. Ponlas: talos laterais que xorden do principal, serven para aumentar a superficie de soporte e para distribuír e dispoñer de maneira axeitada as follas. Punto de crecemento: con reprodución celular moi activa. Nó: punto no que agroman as follas e as xemas. Entrenó: distancia entre dous nós próximos. Médula Xemas: estruturas que protexen os puntos de crecemento en lonxitude. Están dispostas ao longo das ponlas. Desenvolvense principalmente as das partes máis novas. Xilema Cambium Tona
  • 16.
  • 17. TALO Tona ou casca: estrutura de protección e illamento. Durame: parte central do toro formada por madeira vella. As células están mortas e só realiza función de sostén. Médula: parte central dalgunhas árbores que almacena susbtancias de reserva. Xeralmente desaparece nas árbores vellas. Aneis anuais: están marcados polo diferente ritmo de desenvolvemento do cambium ao longo do ano Cambium: tecido que produce as células do floema e o xilema (sistemas de transporte). É o que provoca o aumento de grosor. Xilema: conxunto de vasos que transportan a auga e as sales minerais da raíz ás follas. Albura: parte viva do talo, entre a tona e o durame na que aínda funcionan os vasos de transporte. Almacena substancias de reserva. Floema: conxunto de vasos que transportan os elementos nutritivos procedentes das follas.
  • 18. piñeiro O estudo dos aneis de crecemento permite coñecer a idade da árbore (número de aneis) e as condicións ambientais nas que se desenvolveu (distancia que hai entre eles). En condicións favorables a árbore medra máis e os aneis están máis separados, en condicións desfavorables están máis xuntos. sobreira
  • 19. Instrumento para medir o crecemento en grosor das árbores.
  • 20. As árbores poden vivir co toro oco xa que as capas externas (xusto debaixo da tona ou casca) son as que conteñen os vasos condutores da saiva e as células vivas. no interior deste castiñeiro hai unha capela
  • 21.
  • 22. O Baobad de África pode almacenar no seu toro 136.000 litros de auga.
  • 23. As tonas ou cascas das árbores protexen e illan o toro e axudan na respiración. Son moi variables en cor, grosor e textura e características de cada especie. Piñeiro rubio
  • 25. Lenticelos: poros ou furados polos que o aire penetra ao interior do talo para facilitar a respiración das células.
  • 26. Copa esférica O conxunto do toro e as ponlas dalle ás árbores o seu porte característico. metrosidero
  • 30. POSICIÓN DAS PONLAS HORIZONTAIS Formando ángulo recto. COLGANTES ou CAÍDAS Formando ángulo obtuso. ERGUIDAS Formando ángulo agudo.
  • 34. DISTRIBUCIÓN DAS PONLAS IRREGULAR ALTERNA A distinta altura VERTICILADA Arredor dun punto.
  • 38. TALO FEBROSO (ESTIPE) Sen aneis de crecemento (non medra en grosor) e sen ramificar agás excepcións. É o talo típico das palmeiras, que desde o punto de vista estructural non deben ser consideradas como verdadeiras árbores.
  • 40. É unha estrutura, xeralmente laminar e de cor verde, de formas e tamaños moi variados. É a encargada da respiración, da fotosíntese (nutrición) e da transpiración. A FOLLA
  • 41. LIMBO PECIOLO xema cara envés nervos Capa superior: de células con moitos cloroplastos. É parte máis activa da folla. Estomas: orificios da epiderme (no envés) por onde a planta realiza o intercambio de gases e elimina o exceso de auga.. Zona de abscisión: capa de células que provocan a caída da folla. Tecido esponxoso: parte media con espazos ocos entre as células para permitir a circulación dos gases. Condutos que transportan substancias. Epiderme: capa exterior de células mortas que a illan e protexen.
  • 43. CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A ESTRUTURA SIMPLES Limbo nunha soa peza COMPOSTAS limbo formado por varias pezas (foliolos)
  • 44. DISTRIBUCIÓN NO TALO Alternas Opostas Verticiladas
  • 45. CLASES DE FOLLAS SEGUNDO A SÚA DURACIÓN PERSISTENTES CAEDIZAS (CADUCAS) Moitas árbores despréndense das follas ao chegar o inverno como adaptación á diminución da luz e á baixada das temperaturas. Estas especies tamén mudan as follas, pero fanno sempre despois do desenvolvemento das follas novas. ginkgoacivro
  • 46. A folla máis grande: Raphia farinifera (Madagascar): 20 m.
  • 47. FLORES Pétalos (corola) pistilo estames ANXIOSPERMAS Teñen flores cos óvulos pechados en ovarios. Sépalos (cálice) Flor hermafrodita de marmeleiro ovario
  • 49. Flores masculinas de salgueiro Flores espidas Flores femininas de salgueiro Flores hermafroditas de eucaliptos
  • 51. XIMNOSPERMAS Teñen flores sen ovarios e non teñen froitos. As máis coñecidas son as coníferas nas que os óvulos aparecen en estruturas leñosas chamadas conos ou piñas. FLORES FEMININAS FLORES MASCULINAS teixo
  • 54. FROITOS CARNOSOS Drupas: unha única semente leñosa Baia ou baga: con moitas sementes. Hesperidio: epicarpo glanduloso, endocarpo membranoso, dividido en “chavos”.
  • 55. Aquenio: unha soa semente sen apegar á envoltura exterior FROITOS SECOS INDEHISCENTES Sámara; aquenio con prolongacións membranosas a xeito de ás Lomento con tabiques separando as sementes Glande cuberto cunha cúpula; semente cos cotiledóns carnosos arce avelá acacia carballo
  • 56. Cápsula ou caixa: con varias sementes, ábrese lateralmente ou por arriba Folículo: con moitas sementes, en xeral ábrese lateralmente Legume: con varias sementes, ábrese lateralmente FROITOS SECOS DEHISCENTES árbore botella eucalipto acacia castiñeiro das Indias camelia
  • 57. Cúpula; varios froitos protexidos por envolturas AGRUPACIÓNS (INFRUTESCENCIAS) fórmanse a partir de flores agrupadas en inflorescencias Poliacantocarpo: grupos de aquenios acompañados de brácteas Sicono: aquenios dentro dun soporte carnoso pechado. Acio: froitos con rabo sobre un eixo Umbela: rabos unidos nun punto. plátano pradairo figueira castiñeiro sabugueiro
  • 58. Pomo receptáculo coas sementes rodeado dunha formación carnosa FROITOS FALSOS A parte carnosa non se desenvolve a partir do ovario cotonaster maceira pereira
  • 59. O froito máis grande é o da árbore Artocarpus heterophyllus que pode pesar ata 50 quilos.
  • 60. É a estrutura a partir da que se propagan as plantas fanerógamas ou espermafitas. Prodúcese a partir da fecundación e maduración dun óvulo. Contén ao embrión xunto con substancias de reserva, protexidos por unha cuberta. SEMENTE
  • 63. ESTRUTURAS REPRODUTIVAS DAS XIMNOSPERMAS Sementes que se desenvolven sen ovario CONÍFERAS CICADAIS GINGKOAIS
  • 64. Piñeiro silvestre P. de Monterrei Piñeiro bravo Piñeiro manso CONÍFERAS
  • 68. Semente máis grande: coqueiro do mar: ata 27 kg. Atópase nas illas Seychelles.
  • 69. OS ARBUSTOS medran polas xemas inferiores, teñen unha estructura redondeada con abundante ramificación desde a base, onde non é doado distinguir o talo principal. AS ÁRBORES medran en lonxitude, sobre todo polas xemas terminais, por eso presentan formas alongadas cun toro ergueito e unha copa na parte alta. ÁRBORES E ARBUSTOS
  • 70. CLASES DE ÁRBORES XIMNOSPERMAS Teñen flores sen ovarios e non teñen froitos. ANXIOSPERMAS Teñen flores cos óvulos encerrados en ovarios dos que se forman os froitos CONÍFERAS Follas aciculares, estreitas, en xeral de folla perenne, plántulas con dous ou máis cotiledóns. GINKGOÁCEAS Follas caedizas, planas, cos nervos paralelos TAXÁCEAS Semellantes ás coníferas, coa semente rodeada dun arilo carnoso. PALMÁCEAS Toro febroso sen ramificar, Raíces fasciculadas. PLANIFOLIOS Dicotiledóneas, follas co limbo plano e cos nervos formando redes. CICADOFITAS Follas pinnadas dispostas en espiral, flores en conos, sen froitos.
  • 71. CLASES DE ÁRBORES TENDO EN CONTA A SÚA ORIXE AUTÓCTONAS Orixinarias do lugar no que se atopan. EXÓTICAS Procedentes de ecosistemas alleos. ALÓCTONAS Especies alleas naturalizadas nun lugar. carballo castiñeiroliquidambar
  • 72. Os BOSQUES NATURAIS son ecosistemas constituídos por unha estrutura de árbores, arbustos e outros vexetais na que domina o estrato arbóreo, cunhas condicións pouco ou nada influídos pola acción humana. AGRUPACIÓNS DE ÁRBORES A formación dun bosque é un proceso lento que dura máis de cen anos. Empeza coa disgregación das rochas e o asentamento das primeiras especies vexetais. Séguelle o asentamento dos arbustos e entre eles as primeiras árbores que, cando acadan unha certa altura crean un microclima axeitado para o desenvolvemento das especies de sombra; con elas o bosque acada a súa plenitude (bosque climax).
  • 73. FRAGAS: fragmentos dos bosques antigos orixinais que chegaron aos nosos días cun grao de naturalidade máis ou menos importante. Fraga do Eume
  • 74. ABESEDOS: bosques situados en zonas sombrizas. Abesedo de Donís-Os Ancares
  • 75. DEVESAS: bosques mixtos (carballo, acivro, teixo, faia, capudre...) Devesa de Rogueira (O Courel)
  • 76. CARBALLEIRAS: bosques con dominio de carballos. Carballeira do Xesta-A Lama
  • 77. REBOLEIRAS: bosques con dominio de rebolos (Quercus pyrenaica) Parque Natural O Invernadeiro
  • 78. BIDUÍDOS, BIDUEIRAIS: bosques de bidueiras. Formacións asociadas ás zonas húmidas de altitude media. Bidueiral de Montederramo
  • 79. FAIAIS: bosques de faias. f Fonteformosa-O Cebreiro
  • 80. ACIBEIRAIS: bosques de acivro Cabana Vella-os Ancares
  • 81. SOBREIRAIS: bosques de sobreiras Arnego-Agolada
  • 82. ACIÑEIRAIS: bosques de aciñeiras Eciña da Lastra
  • 83. SALGUEIRAL: bosque de salgueiros.
  • 84. BOSQUES DE RIBEIRA: formacións vexetais que xorden e se manteñen ás beiras das correntes de auga. Dominan os salgueiros, amieiras, freixos...
  • 85. BOSQUES DE PLANTACIÓN: Agrupacións arbóreas nas que predomina o estrato arbóreo de orixe artificial. As condicións están influídas polo ser humano. CARBALLEIRAS: plantacións de carballos cun aproveitamento silvo- pastoral. Presentan un grao de naturalidade inferior ás fragas
  • 87. PLANTACIÓNS FORESTAIS Monocultivos de especies que se plantan para aproveitar a madeira ou os froitos. Piñeirais: plantacións de piñeiros.
  • 89. As SEBES e os BEIRAIS son espazos ocupados por ringleiras de árbores e arbustos plantados, naturalizados ou silvestres, nas que perviven especies que foron desaloxadas do seu medio natural polos cultivos.
  • 90. PARQUES E XARDÍNS. Están formados por variedade de especies arbóreas plantadas con fins ornamentais. Situados xeralmente no interior das cidades ou en pazos.
  • 91. IMPORTANCIA DAS ÁRBORES As árbores son as que fan posible a vida na Terra, contribuíron a crear a atmosfera que nos rodea e son fonte permanente de vida e saúde. Forman parte da paisaxe, da nosa vida e da nosa historia. Os bosques galegos eliminan ao ano medio millón de toneladas de dióxido de carbono
  • 92. PRINCIPAIS BENEFICIOS DAS ÁRBORES -Purifican o aire (achegan osíxeno e humidade e consumen dióxido de carbono). -Reguladores hídricos (reteñen a auga da chuvia e controlan as canles dos ríos e as avenidas). -Crean e enriquecen o solo. -Protexen o solo da erosión grazas ao entramado das súas raíces. -Crean biodiversidade, son hábitat e refuxio para multitude de seres vivos. -Actúan de cortaventos para os cultivos. -Fan de pantalla para ruídos e radiacións. -Depuran solos contaminados. -Dan sombra e refrescan o ambiente. -Deles obtéñense miles de produtos utites e principios activos, moitos imprescindibles para a vida do ser humano. -Proporcionan información do pasado. -Adornan e fan os espazos máis agradables.
  • 93. AS ÁRBORES DE GALIZA A situación e o relevo de Galiza crean diferentes microclimas que favorecen unha gran diversidade vexetal con mestura de especies atlánticas e mediterráneas. Calcúlase que en Galiza hai máis de 688 millóns de árbores. Formacións máis abundantes: Coníferas: 506.026 ha (36%) Frondosas autóctonas: 375.922 ha (40%) Mesturas: 349.293 (24%) Eucalipto: 174.210 ha.
  • 94. As árbores son o soporte para o asentamento de moitos seres vivos vexetais e animais. Proporciónanlles acobillo e sustento. Nos bosques establécense complexas redes alimentarias onde todo se aproveita. A VIDA NAS ÁRBORES
  • 95. A VIDA NAS ÁRBORES fungo Liques, brións, fento e hedra Herba salgueira
  • 96. A VIDA NAS ÁRBORES esquío eiruga gabeador bacaloura e vésporas
  • 97. FROITOS e SEMENTES alimento para persoas e animais, zumes, licores, marmeladas, aceites, graxas, extractos, medicinas, alcohois... FOLLAS alimento, aceites, extractos, tecidos, cestos, adornos... MADEIRA En rolo: táboas, chapas, listóns, madeiros, manufacturas, esculturas... Madeira miúda: combustible, taninos, carbón vexetal, polpa de celulosa, cestería, colorantes, destilados... RAÍCES infusións, aceites, medicamentos... TONA cortiza, taninos, medicamentos, aceites, tintes, condimentos... SAVIA e RESINAS azucres, xabóns, bálsamos, gomas, trementina... RESÍDUOS (BIOMASA) produción de enerxía por combustión ou transformándoos en biogás, por fementación. USOS DAS ÁRBORES
  • 98. A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES EN GALIZA As árbores ocupan un lugar importante na fisonomía e na economía de Galiza. O sector forestal, sen incluír a industria de segunda transformación, constitúe un 6,48 % do PIB (Produto interior bruto) de Galicia e xera máis de 40.000 empregos. Madeira: 6.500.000 m3 /ano, máis de 240 millóns de euros de madeira en pé. Castañas. 8.027 tonelasa/ano, 1,29 millóns de euros. Cogomelos: 45 kg/ha/ano, uns 12 millóns de euros. PRINCIPAIS PRODUCIÓNS DO BOSQUE EN GALICIA
  • 99. PRODUCIÓN COLLEITA PRIMEIRA TRANSFORMACION SEGUNDA TRANSFORMACIÓN OUTROS Produción de semente e plantas: viveiros Silvicutura: plantación, cultivo (podas, limpezas, tratamentos...) Proteción contra incendios •Froitas •Cogomelos •Envasado •Conservas, marmeladas, confituras, licores, fariñas •Industria alimentaria e repostería... •Administración, ensino e investigación, enxeñería, asesoramento técnico... •Industrias auxiliares: equipos, maquinaria, ferramenta... •Transportes •Madeira: cortas •Outros: mato, follas... •Serradeiros •Chapa e taboleiros contrachapados •Taboleiros de partículas e febras •Pasta de papel •Estruturas de madeira •Embalaxe e envases •Elementos de construción (solos, vigas...) •Carpintería •Mobiliario •Papel e cartón A EXPLOTACIÓN DAS ÁRBORES E DO BOSQUE
  • 100. PRINCIPAIS PROBLEMAS QUE AFECTAN ÁS ÁRBORES CAUSAS EFECTOS ELIMINACIÓN DO BOSQUE -Cortas indiscriminadas -Obtención de terreos agrícolas -Urbanizacións -Construción de infraestructuras -Minería -Deforestación -Desaparición de especies -Aumento de contaminación -Perdas económicas -Desertificación INCENDIOS -Vandalismo -Accidentes -Deforestación -Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna) -Arrastre de terras e erosión -Deterioro da paisaxe -Aumento da sequedade do solo e desertificación -Aumento das emisións de CO2 -Perdas de flora, fauna e vidas humanas -Perdas económicas REPOBOACIÓNS POUCO AXEITADAS -Deseños en función de intereses unicamente económicos -Perda de biodiversidade -Diminución da vexetación autóctona -Empobrecemento do solo (diminución do humus e da microfauna) -Aumento da erosión CONTAMINACIÓN -Emisións industriais, de vehículos, calefaccións... -Alteración das propiedades do solo -Chuvia ácida -Envelenamento directo ENFERMIDADES E PRAGAS -Distintos tipos de parásitos: fungos, insectos... -Destrucción de bosques e plantacións -Diminución do rendemento -Perdas económicas
  • 101. PATRIMONIO PERDIDO Castiñeiro talado en Viana do Bolo hai case 50 anos. Medía 14 m de perímetro. Castiñeiro de Folgueira en Sobrado de Picato (lugo). Imaxe de 1949.
  • 102. Cada ano elimínanse 15 millóns de hectáreas de bosque, a un ritmo de 38 Ha por minuto. De seguir así os grandes bosques tropicais terán desaparecido dentro de 50 anos.
  • 103. “Cunha árbore pódense facer un millón de mistos. Cun misto pódense matar un millón de árbores” Cada día de verán quéimanse en Galiza perto de 30 ha de monte que tarda un mínimo de 25 anos en recuperarse.
  • 104. Non quero que o lume destrúa e aniquile a miña carne na que, ás veces, cantou namorada a cotovía. Somente son terra. Só desexo ser terra, mesturarme coa terra, perderme, confundirme, no silencio da terra. e pídolle, con todo o meu ser, á terra miña nai, que sexa xentil comigo Manuel María
  • 105. QUE PODEMOS FACER PARA COIDAR AS ÁRBORES E OS BOSQUES -Respectar á arbore como ser vivo e aos elementos dos que depende (solo, aire, auga...). -Evitar condutas que poidan ocasionarlles danos (facer lume...). -Non deixar pegadas do noso paso polos bosques. -Non usar madeiras de bosques nin de especies amenazadas. -Usar moderadamente as leñas, madeiras e carbón vexetal. -Usar papel reciclado e aproveitalo ao máximo. Reducir o consumo en embalaxes e envoltorios. -Aprender a coñecer as nosas árbores e bosques. Valorar as especies autóctonas. -Facerlle un espazo ás árbores nas vilas e cidades. -Colaborar coas persoas e institucións de defensa da natureza. -Plantar árbores.
  • 106. ESPAZOS PROTEXIDOS: Fraga de Caaveiro, Devesa de Rogueira, Aciñeiral de Cruzul, Sobreiral do Arnego... ÁRBORES PROTEXIDAS: Monumentos naturais: eucaliptos de Chavín (Viveiro), castiñeiros de Catasós, carballo da Rocha (A Saínza), castiñeiros de Rozabales (Manzaneda). No catálogo de árbores senlleiras de Galiza están inscritos 146 exemplares e 31 agrupacións. A PROTECCIÓN DAS ÁRBORES E OS BOSQUES EN GALICIA Carballa da Rocha (Rairiz da Veiga)
  • 107. O 21 de Marzo celébrase (desde 1971) o DÍA DA ÁRBORE . Reforestación veciñal dunha zona queimada
  • 108. O albre é o símbolo do señorío espiritual de Galiza. O albre é un engado dos ollos, pola súa fermosura; é unha ledicia dos ouvidos, porque nel cantan os paxaros; é un arrolador do esprito, porque nas súas ponlas conta contos o vento. O albre danos a froita, que é un manxar composto polo mesmo creador, para regalía do noso paladar: o derradeiro ben que nos quedou do Paradiso perdido. O albre pídelle auga ao ceo para que a terra teña sangue, vida e bonitura. O albre danos a sombra fresca no verán e quentura garimosa no inverno. O albre danos as trabes, o sobrado e as portas da casa. Danos a cama, o almario das sabáns e a artesa do pan. Danos o berce, o báculo da vellez e a caixa para baixar á terra. O albre danos o papel barato que nos trae a decotío as novas do que pasa no mundo. Val máis unha terra con albres nos montes que un estado con ouro nos bancos. A calvicie dos montes galegos é unha terrible acusación contra o estado unitario. O albres son as minas galegas que nós saberemos explotar cando a nosa terra sexa nosa. A repoboación forestal será o patrimonio da nación galega e o mellor aforro da colectividade. Na nosa terra danse os mellores albres. O día que seipamos o que val un albre, aquel día non teremos necesidade de emigrar. (Castelao, “Sempre en Galiza”, 1937)
  • 109. MONTAXE: Adela Leiro FOTOS: Adela Leiro Mon Daporta, Internet DEBUXOS: Mon Daporta Setembro 2015