SlideShare a Scribd company logo
1 of 34
Download to read offline
A natureza na
obra de Manuel
María
ODE AO NACEMENTO
DUNHA FOLLA
¿Qué cantidade de marabilla
foi precisa para que
se producira este prodixio?
¿Qué dor ou que alegría
sentiu a árbore
cando esta folla
xurdiu á luz de súpeto?
¿Que lle diría o vento
cando a ollou?
Cando se menea e vibra:
¿Qué segredo ou mensaxe
nos quere transmitir?
¿Cómo e de que xeito
tivo que adelgazar a terra,
rubir árbore enriba, facerse
vidro musical e transparente
e ser delicada folla estremecida?
(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
BIOGRAFÍA DUNHA FOLLA
Agromou a folla. Naceu
para ollar con asombro
ao universo e para
clarificar á Primavera.
Escoitou a música
enfebrecida e delicada
dos paxaros. Tremeu
de desexo e de paixón
cos agarimos mainos
e sutís da brisa
recendente e invisíbel.
Contemplou enviso
a máxica floración
de todo canto existe.
Deuse ao estío.
Ao chegar o Outono
desprendeuse da árbore
que a ataba e, sen máis,
botouse mundo adiante.
(ORÁCULOS PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
A FLOR
Un día nácenos, de súpeto, unha flor.
E quedamos sen bágoas.
Perguntamos, entón, que é unha flor.
Queremos saber por que en nós
naceu aquela flor.
A nosa flor é moi pobriña.
Non sabemos que as nosas verbas
lle poden matar a vida á nosa flor.
¡Milagre! ¡Milagre!
Mais nós aínda non sabemos
o que imos facer coa nosa flor.
(MAR MAIOR, 1963)
O TOXO
¡Anque o toxo ten espiñas
sorrí polas primaveiras
con sorrisas mareliñas!
(TERRA CHÁ, 1954)
CANCIÓN DA FLOR DE TOXO
Chorimas incendiadas, consumíndovos
nun rabioso fulgor desesperado:
sodes o amarelo puro e esencial
pois non hai outro. Lóstregos
de amor que vos abrides
no corazón do cosmos para ferir
aos nosos ollos co alto asombro
do ouro verdadeiro: única moeda
para poder pagar o desasosego
que nos causa este incerto
vivir cego e absurdo
que se nos vai por tortos,
indecisos, calados e inseguros
camiños de tristura e desamparo.
(AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
BALADA DAS CHORIMAS
Soio para competir co sol, naceron
as chorimas amarelas, bágoas da
terra, lume do torrón, forza
primeira e misteriosa, chagas
que queiman o peito esmorecente
e tristeiro da serán,
aturuxos de luz enfebrecida.
Chorimas, potentes labaradas
que rexorden de súpeto enchendo
de resplandor rabioso as
chousas centeeiras, as doces
searas florecidas no medio
da soedade inmensurábel,
aturuxos de luz enfebrecida.
Chorimas, irmás e compañeiras
das cotovías e as lavercas,
brasas que queiman o escuro
das uces e as carqueixas e se
reflexan nas pucharcas porque
elas non precisan outro espello,
aturuxos de luz enfebrecida.
Chorimas, estrelas pequeniñas,
candeeiros que iluminades o
silencio: para vós o vento
improvisa canciós e a choiva
cae máis de vagar e musical
soio para non mancarvos,
aturuxos de luz enfebrecida.
Chorimas amarelas, vós tan febles,
escoltadas de espiñas feridoras,
aturuxos de luz enfebrecida.
(O LIBRO DAS BALADAS, 1978)
CARPAZAS
Hai carpazas por miles de milleiros
e coróaas a neve a propio intento;
quéimaas o sol, sofren ventisqueiros
e falan coas lavercas e co vento.
¡Ninguén ten dó delas, nin as garda,
por eso están co medo tan xuntiñas!
¡E teñen envexa da súa cor tan parda
aló enriba, no ceo, as estreliñas!
(TERRA CHÁ, 1954)
ROSAS
Sempre a rosa. Sempre:
a forma,
a cor,
o recendo,
a luz,
a perfección da rosa.
Prefiro a rosa vermella.
E amo a rosa branca
porqure cando lle digo
simplemente: ROSA,
entorna os ollos,
trema
e ruborece.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
POEMIÑA PARA NAMORAR A UNHA ROSA
A rosa rosiña
está na roseira
moi coloradiña,
feliz e riseira.
A rosa rosada
de tanto lucir
a mesma alborada
a pode ferir.
A rosa rosiña
está no rosal:
¿Ti queres ser miña,
rosiña lanzal?
A rosa rosada
de tenro mencer,
¡É tan delicada
que pode morrer!
Para rosa rosiña
fachenda de Maio
¡incluso é espiña
a flor dun salaio!
A rosa rosada
xa é miña amiga:
¡quedou namorada
con esta cantiga!
(AS RÚAS DO
VENTO CEIBE, 1979)
A ROSA
Antes de nada somentes era a rosa:
luz en éxtase na patria ceibe,
terreal e pura da roseira.
¡Rosa-de-xericó e alexandría!
Rosa mística, flor de Prisciliano:
tebra e orballo, misteriosa e nosa,
¡ouh luminosa rosa chameante!
Ao medrárenlle os pétalos a rosa foi
-en anceio purísimo de infindo-
número pitagórico,
música concertada das esferas,
idea platónica, rosa-cuz, sol,
lúa, representación astral,
lume e roda que aquece e move
ao universo, fonte de vida.
Logo a rosa fíxose rosácea:
símbolo-sentimento do románico,
ornato dos xugos, fontes, uchas,
armarios e lacenas: cousas
sinxelas de uso común e cotidiano,
paixón e lembranza moi sutil.
¡Purísima e sinxela rosa rosae
aínda recendendo e perfumando
o cativo xardín da nosa vida!
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
MILLO
Os labradíos bos que a millo están
dan pouco millo e pouco pan.
O millo é, zugón, zugón,;
deixa a terra cansada,
sen forzas o terrón
e a espiga non val nada.
Mais o millo fai falla pra cebar
os capós, prás papas e pró gado.
Se non e bota haino que mercar
e vaise entón servido por ganado.
(TERRA CHÁ, 1954)
CENTEO
Foi no Outono outonado,
Logo medrou ben medrado.
Cando foi fino e delgado
floreou ben floreado.
E aló no Maio amaiado
foi polo vento ondeado.
E o pazpallar, lacazán,
canta a promesa do pan.
(TERRA CHÁ, 1954)
TRIGO
Este é o trigo candeal:
dereito, lanzal.
É como o ouro: douradiño.
¡Que ledicia terá o muíño
ó muiñar!
Haino que amasar,
tendelo
e cocelo.
Despois de o enfornar,
¡Deus, a este pan, ha de baixar!
(TERRA CHÁ, 1954)
AS PATACAS
Os días de Setembro xa mediaron.
Coñécese nas tardes que baixaron.
Ás mañás comeza a facer frío
e son grandes as pingotas de resío.
-Hai que ir xunguindo as vacas
e comezar a apaña das patacas.
Hai patacas cazonas e mariñas;
grandes, pequenas, mareliñas.
Pra apañalas sofren os cadrís.
Estas, cor viño, son as do país
que case non pagaron a semente:
¡van cansadas! As da xente
son as grandes. As dos ganados
van da terra en sacos separados.
¡Aínda que non dean cartos, as patacas
ceban os porcos e fan medrar as vacas!
(TERRA CHÁ, 1954)
OS NABOS
Arden as costas coa fogaxe
pra sementalos.
As maos degrezan coa friaxe
pra apañalos.
Estes os nabos son:
folla verde, finos grelos;
os carolos no terrón
azúes, brancos, marelos.
Mantense a xente con grelos,
coas follas críase o gando.
Os carolos -¡hai que velos!-
os porcos que están criando.
(TERRA CHÁ, 1954)
…
Antergas vides chantadas no torrón
con tremendos desexos de viver:
estades sobor da terra a florecer
en borbollón de seiva e de paixón.
….
(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
As árbores
O CEDRO DA HORTA
DA CASA DE HORTAS
Meu lanzal cedro senlleiro
que naciche en Pontedeume:
¿gardas lembranza en Outeiro
das doces augas do Eume...?
Cando meu avó e padriño
te plantou na horta de Hortas:
¡eras un cedro noviño
de ponlas febles e cortas!
Cedro xentil, labarada
de delicada elegancia:
¡ti fuche o meu compañeiro
nos días da miña infancia!
...
Se a sorte, cega e arteira,
chega a rematar contigo:
¡eu pídolle á túa madeira
que baixe á terra comigo!
(TERRA CHÁ, 1954)
CARBALLEIRA DE HORTAS
¡Era, en verdade, fermosa a carballeira
e das brosas fora aínda librando!
¡Que nube de verdor na Primaveira!
¡Á súa sombra no vrao estaba o gando!
...
Algúns daqueles carballos tan bariles
eran limpos e dereitos, sen un nó.
¡E sentiran pasar moitos abriles,
que xa os ollara medrar meu bisabó!
Era a mellor carballeira que medrou
en toda a Chaira. ¡Viñérona cortar!
¡Nunca o vento máis forte a derrubou
e unha serra abundou pra a derrubar!
(TERRA CHÁ, 1959)
CASTIÑEIRO
Está soio o castiñeiro
no cómaro dun labradío.
¡E como o ollo senlleiro
eu coido que sinte frío!
Ten a copa moi redonda
e ten a casca enrugada.
¡Debe sentir pena fonda
lembrando a vida pasada!
Como xa ten tantos anos
os seus foron morrendo.
¡Agora arbres estranos
escóitano estar xemendo!
¡Case non hai castiñeiros!
Os que hai son de respeto:
¡velliños, orfos, tristeiros
e con furados do peto...!
(TERRA CHÁ, 1954)
…
Castiñeiros do Val, meus castiñeiros
orfos, vellos, calados e retortos,
co toro podrecido, os brazos tortos,
aló embaixo no río ou nos outeiros.
…
(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
O OURIZO
Co seu ouro vello, mol
o ourizo ouriceiro
toma o sol
no pico dun castiñeiro.
Tal un señor moi mandón:
o ourizón,
no pico dun castiñeiro
tomando o sol moi riseiro.
O ourizo está moi ledo
coa súa casa ben pechada
-¡ouh, qué medo!-
de espiñas toda cercada.
Quer botar unha risada
e os seus dentes arregaña
case un nada:
¡e xa fuxiu a castaña...!
(OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
CARBALLOS
¡Carballos rexos, potentes,
calados ou musicales
que loitais como valentes
cos xistras e os vendavales!
¡Duros carballos verdeados,
petrucios e sedentarios!
¡Estades na Chá chantados
solemnes e centenarios!
¡Como amo a vosa beleza
da máis baril sobriedade!
¡Que sensación de forteza
ollando prá eternidade!
(TERRA CHÁ, 1954)
A ABIDUEIRA
¡Que branca é a abidueira!
¡Cara ao ceo anda a soñar!
¡Feita zoca, anque non queira,
moita lama ha de tripar!
(TERRA CHÁ, 1954)
ABENEIRO
Abeneiro, alto e esguío,
cheo de gracia e donaire:
¡estás ollando pró río
e daslle pousada ó aire!
¡Ti non sabes, abeneiro,
-as túas follas cor de mel-
que estás ollando o regueiro
sen saber o que ves nel!
(TERRA CHÁ, 1954)
SALGUEIRO
¡Está na lama o salgueiro
e medra no salgueiral!
¡Fachenda e flor do lameiro!
¡Corpo despido e xuncal!
Dendes do pé deica o cimo:
¡que prodixio de feitura!
¡Os ventos danlle agarimo!
¡E danlle as aves tenrura!
(TERRA CHÁ, 1954)
O LOUREIRO
Árbore sacra, usada polos deuses
para coroar a testa dos poetas
que tiñan na frente rousinois
e nos beizos virxes a luz dun
canto novo e namorado: a época
dos mitos fermosos xa pasou
e agora, neste tempo miserento,
somente vives de lembranzas
e vagas soidades melancólicas.
Máis sempre quedará o teu recendo,
a túa solemne e sobria gravidade,
a túa gracia senlleira e aldeana
e a tú luz –nube verde-moura-
retardando as cores do amañecer.
Amo, loureiro xentil e delicado,
as túas fortes follas vibradoiras
en aberto diálogo co vento
e as tús escuras ponlas florecidas
de ledos merlos e xílgaros cantores.
(VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
…
Por dentro vas calada e consumida
por unha forza cega e poderosa.
E por fora es áspera e rugosa,
oliveira retorta como a vida.
…
(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
…
Limoeiro florido e sorprendente
iluminando os ouros do solpor:
nada tés tan fermoso como a flor
nin existe flor tan recendente
…
(SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
ALCIPRÉS
Fírgoa de luz
parda e magoada,
patria da brisa,
dos tépedos
ventos vagamundos
e canoros, solpor
da nosa melancolía
solitaria, pequeno
anaco de noite
vixiante, resplandor
da nosa íntima
tristura resignada,
salouco da terra:
enorme bágoa.
(A LUZ RESUCITADA, 1984)
PIÑEIROS
¡Piñeiros finos, delgados,
perfección da vertical!
¡Ollais ó ceo pasmados
coa vosa ollada lanzal!
¡Tedes as vosas verdades
e só o vento escoitais!
Se o vento quere, chorades.
Se quere o vento cantais.
Éu téñovos pouco aprecio.
Como sodes tan esguíos:
¡vedes con certo desprecio
ós meus arbres montesíos!
(TERRA CHÁ, 1954)
ÁRBORES DA CIDADE
As árbores da cidade
esmorecidas, tristeiras:
¡non cometeron delito
e téñenas prisioneiras!
As árbores da cidade
non sei como dan medrado
co barullo dos motores
e co ar polucionado.
As árbores da cidade
son seres artificiales:
¡naceron no invernadeiro
dos xardís municipales!
(AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
Manuel María
Letras Galegas 2016
Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta
Textos: Manuel María
Xaneiro 2016
Con este traballo queremos
facer unha humilde homenaxe
a quen tanto quixo e fixo por
poñer en valor este noso país.

More Related Content

What's hot

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel MaríaReme Rbm
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Chamonadela
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel Maríamonadela
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010cenlf
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegasfontexeriabib
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegasfontexeriabib
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxEncarna
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXenza
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia pedrito25fernandez
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12cenlf
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Aluapgomez
 

What's hot (20)

Manuel María
Manuel MaríaManuel María
Manuel María
 
Manuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra ChaManuel María. A Terra Cha
Manuel María. A Terra Cha
 
Canto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel MaríaCanto á Terra Cha. Manuel María
Canto á Terra Cha. Manuel María
 
Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010Poemas Poesia e Imaxe 2010
Poemas Poesia e Imaxe 2010
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Os días das letras galegas
Os días das letras galegasOs días das letras galegas
Os días das letras galegas
 
Día das Letras Galegas
Día das Letras GalegasDía das Letras Galegas
Día das Letras Galegas
 
Letras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 SfxLetras Galegas2008 Sfx
Letras Galegas2008 Sfx
 
Kamishibai
KamishibaiKamishibai
Kamishibai
 
Xohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illaXohana Torres, natureza de illa
Xohana Torres, natureza de illa
 
Novoneyra3
Novoneyra3Novoneyra3
Novoneyra3
 
Recitado
Recitado Recitado
Recitado
 
Tempo2
Tempo2Tempo2
Tempo2
 
Rosalia de castro (pedro) copia
Rosalia de castro (pedro)   copia Rosalia de castro (pedro)   copia
Rosalia de castro (pedro) copia
 
Poemas de paz sen data
Poemas de paz sen dataPoemas de paz sen data
Poemas de paz sen data
 
Tempo1
Tempo1Tempo1
Tempo1
 
Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12Poesia e imaxe 12
Poesia e imaxe 12
 
Cousas
CousasCousas
Cousas
 
Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.Bloque ii. tarefa 2.
Bloque ii. tarefa 2.
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 

Similar to Manuel María: as plantas

Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaXenza
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaraquelairag
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaIes Numeroun
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Marlou
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a naturezamariasorey
 
10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdf
10 poemas pola  paz. CEIP de Quintela.pdf10 poemas pola  paz. CEIP de Quintela.pdf
10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdfdinamizanormaliza
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraprofelinguagalega
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xeraisLourenço Alvarez Ruiz
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de CastroDeni-sa
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointDeni-sa
 

Similar to Manuel María: as plantas (20)

Caderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maríaCaderno roteiro literario manuel maría
Caderno roteiro literario manuel maría
 
Tópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galegaTópicos literarios na poesía galega
Tópicos literarios na poesía galega
 
Poemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalíaPoemas concurso rosalía
Poemas concurso rosalía
 
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36Antoloxía LiteGalXX 1916-36
Antoloxía LiteGalXX 1916-36
 
Tópicos literarios power
Tópicos literarios powerTópicos literarios power
Tópicos literarios power
 
Topicos literarios
Topicos literariosTopicos literarios
Topicos literarios
 
Rosalía1
Rosalía1Rosalía1
Rosalía1
 
Cabanillas a natureza
Cabanillas a naturezaCabanillas a natureza
Cabanillas a natureza
 
Tempo3
Tempo3Tempo3
Tempo3
 
Vangardas-1
Vangardas-1Vangardas-1
Vangardas-1
 
10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdf
10 poemas pola  paz. CEIP de Quintela.pdf10 poemas pola  paz. CEIP de Quintela.pdf
10 poemas pola paz. CEIP de Quintela.pdf
 
Díaz Castro
Díaz CastroDíaz Castro
Díaz Castro
 
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedraCelso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
Celso Emilio Ferreiro: Longa noite de pedra
 
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais2.1. a poesía de vangarda. características xerais
2.1. a poesía de vangarda. características xerais
 
Rosalia de castro
Rosalia de castroRosalia de castro
Rosalia de castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 
Rosalía de Castro
Rosalía de CastroRosalía de Castro
Rosalía de Castro
 
Nuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power pointNuevo presentación de microsoft power point
Nuevo presentación de microsoft power point
 
Rosalia de Castro
Rosalia de CastroRosalia de Castro
Rosalia de Castro
 

More from biblioteca escolar milladoiro malpica (20)

Buscar na rede
Buscar na redeBuscar na rede
Buscar na rede
 
A doutora Gerty Cori
A doutora Gerty CoriA doutora Gerty Cori
A doutora Gerty Cori
 
paco Souto
paco Soutopaco Souto
paco Souto
 
Maruja Mallo
Maruja Mallo Maruja Mallo
Maruja Mallo
 
Cadros maruja mallo
Cadros maruja malloCadros maruja mallo
Cadros maruja mallo
 
Dicionario das plantas 6º
Dicionario das plantas 6ºDicionario das plantas 6º
Dicionario das plantas 6º
 
Bélxica
BélxicaBélxica
Bélxica
 
Suecia
SueciaSuecia
Suecia
 
Italia
ItaliaItalia
Italia
 
Irlanda
Irlanda Irlanda
Irlanda
 
Francia
FranciaFrancia
Francia
 
Noruega
NoruegaNoruega
Noruega
 
Presentacion cocina ampa
Presentacion cocina ampaPresentacion cocina ampa
Presentacion cocina ampa
 
As redes de ines
As redes de inesAs redes de ines
As redes de ines
 
Manuel María. Aves
Manuel María. AvesManuel María. Aves
Manuel María. Aves
 
Eu en 100 palabras
Eu en 100 palabrasEu en 100 palabras
Eu en 100 palabras
 
6º exeria
6º exeria6º exeria
6º exeria
 
4º gloria fuertes
4º gloria fuertes4º gloria fuertes
4º gloria fuertes
 
Wangari maathai
Wangari maathaiWangari maathai
Wangari maathai
 
Sistema solar. planetas
Sistema solar. planetasSistema solar. planetas
Sistema solar. planetas
 

Recently uploaded

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelcenlf
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaAgrela Elvixeo
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónRemoeaLinguaLinguaGa
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfRemoeaLinguaLinguaGa
 

Recently uploaded (7)

XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartelXXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
XXIV Certame de Poesía e imaxe 2024, cartel
 
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa VillaltaUnidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
Unidade didáctica sobre a figura de Luísa Villalta
 
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensiónO Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
O Hobbit.pdf_20240504_162323_0000.pdf recensión
 
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdfRosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
Rosalia de Castro. traballo sobre a memoria da choivapdf
 
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
Mobilidade de alumnado a Polonia Erasmus+
 
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdfIZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
IZAN O DA SACA de Xabier Quiroga_traballo de análise.pdf
 
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdfO Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
O Cemiterio de barcos Felipe 1ºBAC C.pdf
 

Manuel María: as plantas

  • 1. A natureza na obra de Manuel María
  • 2. ODE AO NACEMENTO DUNHA FOLLA ¿Qué cantidade de marabilla foi precisa para que se producira este prodixio? ¿Qué dor ou que alegría sentiu a árbore cando esta folla xurdiu á luz de súpeto? ¿Que lle diría o vento cando a ollou? Cando se menea e vibra: ¿Qué segredo ou mensaxe nos quere transmitir? ¿Cómo e de que xeito tivo que adelgazar a terra, rubir árbore enriba, facerse vidro musical e transparente e ser delicada folla estremecida? (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
  • 3. BIOGRAFÍA DUNHA FOLLA Agromou a folla. Naceu para ollar con asombro ao universo e para clarificar á Primavera. Escoitou a música enfebrecida e delicada dos paxaros. Tremeu de desexo e de paixón cos agarimos mainos e sutís da brisa recendente e invisíbel. Contemplou enviso a máxica floración de todo canto existe. Deuse ao estío. Ao chegar o Outono desprendeuse da árbore que a ataba e, sen máis, botouse mundo adiante. (ORÁCULOS PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
  • 4. A FLOR Un día nácenos, de súpeto, unha flor. E quedamos sen bágoas. Perguntamos, entón, que é unha flor. Queremos saber por que en nós naceu aquela flor. A nosa flor é moi pobriña. Non sabemos que as nosas verbas lle poden matar a vida á nosa flor. ¡Milagre! ¡Milagre! Mais nós aínda non sabemos o que imos facer coa nosa flor. (MAR MAIOR, 1963)
  • 5. O TOXO ¡Anque o toxo ten espiñas sorrí polas primaveiras con sorrisas mareliñas! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 6. CANCIÓN DA FLOR DE TOXO Chorimas incendiadas, consumíndovos nun rabioso fulgor desesperado: sodes o amarelo puro e esencial pois non hai outro. Lóstregos de amor que vos abrides no corazón do cosmos para ferir aos nosos ollos co alto asombro do ouro verdadeiro: única moeda para poder pagar o desasosego que nos causa este incerto vivir cego e absurdo que se nos vai por tortos, indecisos, calados e inseguros camiños de tristura e desamparo. (AS LÚCIDAS LÚAS DO OUTONO, 1988)
  • 7. BALADA DAS CHORIMAS Soio para competir co sol, naceron as chorimas amarelas, bágoas da terra, lume do torrón, forza primeira e misteriosa, chagas que queiman o peito esmorecente e tristeiro da serán, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, potentes labaradas que rexorden de súpeto enchendo de resplandor rabioso as chousas centeeiras, as doces searas florecidas no medio da soedade inmensurábel, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, irmás e compañeiras das cotovías e as lavercas, brasas que queiman o escuro das uces e as carqueixas e se reflexan nas pucharcas porque elas non precisan outro espello, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas, estrelas pequeniñas, candeeiros que iluminades o silencio: para vós o vento improvisa canciós e a choiva cae máis de vagar e musical soio para non mancarvos, aturuxos de luz enfebrecida. Chorimas amarelas, vós tan febles, escoltadas de espiñas feridoras, aturuxos de luz enfebrecida. (O LIBRO DAS BALADAS, 1978)
  • 8. CARPAZAS Hai carpazas por miles de milleiros e coróaas a neve a propio intento; quéimaas o sol, sofren ventisqueiros e falan coas lavercas e co vento. ¡Ninguén ten dó delas, nin as garda, por eso están co medo tan xuntiñas! ¡E teñen envexa da súa cor tan parda aló enriba, no ceo, as estreliñas! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 9. ROSAS Sempre a rosa. Sempre: a forma, a cor, o recendo, a luz, a perfección da rosa. Prefiro a rosa vermella. E amo a rosa branca porqure cando lle digo simplemente: ROSA, entorna os ollos, trema e ruborece. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 10. POEMIÑA PARA NAMORAR A UNHA ROSA A rosa rosiña está na roseira moi coloradiña, feliz e riseira. A rosa rosada de tanto lucir a mesma alborada a pode ferir. A rosa rosiña está no rosal: ¿Ti queres ser miña, rosiña lanzal? A rosa rosada de tenro mencer, ¡É tan delicada que pode morrer! Para rosa rosiña fachenda de Maio ¡incluso é espiña a flor dun salaio! A rosa rosada xa é miña amiga: ¡quedou namorada con esta cantiga! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 11. A ROSA Antes de nada somentes era a rosa: luz en éxtase na patria ceibe, terreal e pura da roseira. ¡Rosa-de-xericó e alexandría! Rosa mística, flor de Prisciliano: tebra e orballo, misteriosa e nosa, ¡ouh luminosa rosa chameante! Ao medrárenlle os pétalos a rosa foi -en anceio purísimo de infindo- número pitagórico, música concertada das esferas, idea platónica, rosa-cuz, sol, lúa, representación astral, lume e roda que aquece e move ao universo, fonte de vida. Logo a rosa fíxose rosácea: símbolo-sentimento do románico, ornato dos xugos, fontes, uchas, armarios e lacenas: cousas sinxelas de uso común e cotidiano, paixón e lembranza moi sutil. ¡Purísima e sinxela rosa rosae aínda recendendo e perfumando o cativo xardín da nosa vida! (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 12. MILLO Os labradíos bos que a millo están dan pouco millo e pouco pan. O millo é, zugón, zugón,; deixa a terra cansada, sen forzas o terrón e a espiga non val nada. Mais o millo fai falla pra cebar os capós, prás papas e pró gado. Se non e bota haino que mercar e vaise entón servido por ganado. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 13. CENTEO Foi no Outono outonado, Logo medrou ben medrado. Cando foi fino e delgado floreou ben floreado. E aló no Maio amaiado foi polo vento ondeado. E o pazpallar, lacazán, canta a promesa do pan. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 14. TRIGO Este é o trigo candeal: dereito, lanzal. É como o ouro: douradiño. ¡Que ledicia terá o muíño ó muiñar! Haino que amasar, tendelo e cocelo. Despois de o enfornar, ¡Deus, a este pan, ha de baixar! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 15. AS PATACAS Os días de Setembro xa mediaron. Coñécese nas tardes que baixaron. Ás mañás comeza a facer frío e son grandes as pingotas de resío. -Hai que ir xunguindo as vacas e comezar a apaña das patacas. Hai patacas cazonas e mariñas; grandes, pequenas, mareliñas. Pra apañalas sofren os cadrís. Estas, cor viño, son as do país que case non pagaron a semente: ¡van cansadas! As da xente son as grandes. As dos ganados van da terra en sacos separados. ¡Aínda que non dean cartos, as patacas ceban os porcos e fan medrar as vacas! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 16. OS NABOS Arden as costas coa fogaxe pra sementalos. As maos degrezan coa friaxe pra apañalos. Estes os nabos son: folla verde, finos grelos; os carolos no terrón azúes, brancos, marelos. Mantense a xente con grelos, coas follas críase o gando. Os carolos -¡hai que velos!- os porcos que están criando. (TERRA CHÁ, 1954)
  • 17. … Antergas vides chantadas no torrón con tremendos desexos de viver: estades sobor da terra a florecer en borbollón de seiva e de paixón. …. (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 19. O CEDRO DA HORTA DA CASA DE HORTAS Meu lanzal cedro senlleiro que naciche en Pontedeume: ¿gardas lembranza en Outeiro das doces augas do Eume...? Cando meu avó e padriño te plantou na horta de Hortas: ¡eras un cedro noviño de ponlas febles e cortas! Cedro xentil, labarada de delicada elegancia: ¡ti fuche o meu compañeiro nos días da miña infancia! ... Se a sorte, cega e arteira, chega a rematar contigo: ¡eu pídolle á túa madeira que baixe á terra comigo! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 20. CARBALLEIRA DE HORTAS ¡Era, en verdade, fermosa a carballeira e das brosas fora aínda librando! ¡Que nube de verdor na Primaveira! ¡Á súa sombra no vrao estaba o gando! ... Algúns daqueles carballos tan bariles eran limpos e dereitos, sen un nó. ¡E sentiran pasar moitos abriles, que xa os ollara medrar meu bisabó! Era a mellor carballeira que medrou en toda a Chaira. ¡Viñérona cortar! ¡Nunca o vento máis forte a derrubou e unha serra abundou pra a derrubar! (TERRA CHÁ, 1959)
  • 21. CASTIÑEIRO Está soio o castiñeiro no cómaro dun labradío. ¡E como o ollo senlleiro eu coido que sinte frío! Ten a copa moi redonda e ten a casca enrugada. ¡Debe sentir pena fonda lembrando a vida pasada! Como xa ten tantos anos os seus foron morrendo. ¡Agora arbres estranos escóitano estar xemendo! ¡Case non hai castiñeiros! Os que hai son de respeto: ¡velliños, orfos, tristeiros e con furados do peto...! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 22. … Castiñeiros do Val, meus castiñeiros orfos, vellos, calados e retortos, co toro podrecido, os brazos tortos, aló embaixo no río ou nos outeiros. … (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 23. O OURIZO Co seu ouro vello, mol o ourizo ouriceiro toma o sol no pico dun castiñeiro. Tal un señor moi mandón: o ourizón, no pico dun castiñeiro tomando o sol moi riseiro. O ourizo está moi ledo coa súa casa ben pechada -¡ouh, qué medo!- de espiñas toda cercada. Quer botar unha risada e os seus dentes arregaña case un nada: ¡e xa fuxiu a castaña...! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  • 24. CARBALLOS ¡Carballos rexos, potentes, calados ou musicales que loitais como valentes cos xistras e os vendavales! ¡Duros carballos verdeados, petrucios e sedentarios! ¡Estades na Chá chantados solemnes e centenarios! ¡Como amo a vosa beleza da máis baril sobriedade! ¡Que sensación de forteza ollando prá eternidade! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 25. A ABIDUEIRA ¡Que branca é a abidueira! ¡Cara ao ceo anda a soñar! ¡Feita zoca, anque non queira, moita lama ha de tripar! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 26. ABENEIRO Abeneiro, alto e esguío, cheo de gracia e donaire: ¡estás ollando pró río e daslle pousada ó aire! ¡Ti non sabes, abeneiro, -as túas follas cor de mel- que estás ollando o regueiro sen saber o que ves nel! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 27. SALGUEIRO ¡Está na lama o salgueiro e medra no salgueiral! ¡Fachenda e flor do lameiro! ¡Corpo despido e xuncal! Dendes do pé deica o cimo: ¡que prodixio de feitura! ¡Os ventos danlle agarimo! ¡E danlle as aves tenrura! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 28. O LOUREIRO Árbore sacra, usada polos deuses para coroar a testa dos poetas que tiñan na frente rousinois e nos beizos virxes a luz dun canto novo e namorado: a época dos mitos fermosos xa pasou e agora, neste tempo miserento, somente vives de lembranzas e vagas soidades melancólicas. Máis sempre quedará o teu recendo, a túa solemne e sobria gravidade, a túa gracia senlleira e aldeana e a tú luz –nube verde-moura- retardando as cores do amañecer. Amo, loureiro xentil e delicado, as túas fortes follas vibradoiras en aberto diálogo co vento e as tús escuras ponlas florecidas de ledos merlos e xílgaros cantores. (VERSOS DO LUME E O VAGALUME, 1982)
  • 29. … Por dentro vas calada e consumida por unha forza cega e poderosa. E por fora es áspera e rugosa, oliveira retorta como a vida. … (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 30. … Limoeiro florido e sorprendente iluminando os ouros do solpor: nada tés tan fermoso como a flor nin existe flor tan recendente … (SONETOS AO VAL DE QUIROGA, 1988)
  • 31. ALCIPRÉS Fírgoa de luz parda e magoada, patria da brisa, dos tépedos ventos vagamundos e canoros, solpor da nosa melancolía solitaria, pequeno anaco de noite vixiante, resplandor da nosa íntima tristura resignada, salouco da terra: enorme bágoa. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  • 32. PIÑEIROS ¡Piñeiros finos, delgados, perfección da vertical! ¡Ollais ó ceo pasmados coa vosa ollada lanzal! ¡Tedes as vosas verdades e só o vento escoitais! Se o vento quere, chorades. Se quere o vento cantais. Éu téñovos pouco aprecio. Como sodes tan esguíos: ¡vedes con certo desprecio ós meus arbres montesíos! (TERRA CHÁ, 1954)
  • 33. ÁRBORES DA CIDADE As árbores da cidade esmorecidas, tristeiras: ¡non cometeron delito e téñenas prisioneiras! As árbores da cidade non sei como dan medrado co barullo dos motores e co ar polucionado. As árbores da cidade son seres artificiales: ¡naceron no invernadeiro dos xardís municipales! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  • 34. Manuel María Letras Galegas 2016 Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Textos: Manuel María Xaneiro 2016 Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.