2. ÍNDICE
1) Biografía
1.1.Contexto Político e Social
1.2. Contexto Cultural
1.3. Vida Persoal
1.3.1. Infancia
1.3.2. Madurez
2) Obra
2.1. Cantares Gallegos
2.2. Follas Novas
2.3. Otras Obras
3) Fontes e Recursos
16. Vida cotiá adquire
relevancia a través
de retratos da muller
do rural e das
estampas.
Paisaxes
ensombrecidos polas
penurias, inxustizas
sociais ou deshonras
que sofren estes
personaxes.
“Miña Santiña,
miña Santasa,
miña cariña
de calabasa.
Hei de emprestarvos
os meus pendentes,
hei de empresarvos
o meu collar;
hei de emprestarcho,
cara bonita,
si me desprendes
a puntear.”
17. As queixas dos
namorados
Mágoas deixadas
por antigos
amores
Tema amoroso.
“Quíxente tanto, meniña,
tívenche tan grande amor,
que para min eras lúa,
branca aurora e craro sol;
auga limpa en fresca fonte,
rosa do xardín de Dios,
alentiño do meu pito,
vida do meu corazón.
Así cha falín un día
Camiñiño de San Lois,
todo oprimido de angustia,
todo ardente de pasión;
mentras que ti me escoitabas
depinicando unha frol,
por que eu non vise os teus ollos
que refrexaban traiciós.”
18. Emigración dos
segadores
preséntase como
faceta
reivindicativa da
beleza galega e dos
valores da propia
terra
Denuncia o
maltrato de
Galicia.
“Castellanos de Castilla,
tratade ben aos gallegos,
cando van, van como rosas;
cando vén, vén como negros.”
“Probe Galicia, non debes
chamarte nuna espñola,
que España de ti se olvida
cando eres ¿ai! Tan hermosa.
Cal si na infamia naceras,
torpe de ti se avergonza,
Iia nai que un fillo despresa
nai sin corasón se noma.
Nadie porque te levantes
che alarga a man bondadosa;
nadie os teus pratos enxuga,
i homilde choras e choras”
19. Cobra maior protagonismo a voz
autorial
Próximos á visión de Rosalía,
Visión pesimista do amor
Tema da dor e da saudade.
20. “Adiós, ríos; adios, fontes;
adios, regatos pequenos;
adios, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.
Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,
prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,
muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras,
da igrexiña do lugar,
amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
camiñiños antre o millo,
¡adios, para sempre adios!
¡Adios groria! ¡Adios contento!
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conozo
por un mundo que non vin!
Deixo amigos por estraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡Quen pudera non deixar!...”
21. Aparecen dous sistemas métricos
diferenciados:
1º Marca un ritmo de muiñeira, catro
acentos tónicos en cada verso e un
flutuante número de sílabas
2º Formas populares de arte menor,
hendecasílabo.
”Has de cantar”
” a vernos, Marica, nantronte viñeras”.
22. Fónicos: Repetición
do esquema das
vogais tónicas /á....é/:
Canta, si queres
rapaza do demo;
canta, si queres;
Dareiche un mantelo.
Repetición léxica:
meiguiño, meiguiño, meigo,
meigo que me namoraste
Procedementos máis importantes
utilizados por Rosalía, antítese,
repetición e paralelismo, de carácter
moi variado:
23. Anáfora: mediante
palabras de escaso
contido semántico:
Tras da calada visera
que hai uns ollos feridores
que nos miran, se dixera;
que nos din: todo é quimera
neste mundo de dores.
Paralelismos por
inversión
substitución
e que chovera ou ventara
e que ventara ou chovera
camiño do mar salado,
camiño do mar sen fin
24. Publícase no 1880
O libro comeza cunha
dedicatoria da autora a
Sociedade de
beneficiencia dos
naturales de Galicia en
La Habana.
Prólogo de Emilio
Castelar
25. Despois do prólogo
aparece Dúas palabras
da autora.
Ofrecer un punto
poético diferente ao de
Cantares Gallegos.
Romanticismo
filosófico de raizame
intimista, escéptico
respecto á utilidade da
escrita.
Pesimista sobre a
Ben sei que non hai nada
novo en baixo do ceo,
que antes outros pensaron
as cousas que ora eu penso.
E ben, ¿para que escribo?
E ben, porque así semos,
relox que repetimos
eternamente o mesmo.
26. O poema consta de 5 libros e 136
poemas.
A obra ten 2 tendencias :
Vaguedás e ¡Do íntimo!: intimista
Da terra e As viudas dos vivos e dos
mortos: social
Varia: combina as dúas.
27. Intimista
Sentimentos de
soidade ou
desamparo
Teño un mal que non me cura,
un mal que naceu conmigo,
I ese mal enemigo
levarame á sepultura.
Curandeiros, ceruxanos,
dotores en mediciña,
para esta infirmidade miña
n’hai remedio antre os humanos
28. Amor condenado
ao fracaso
Unha voz
habitada pola
angustia, a dor e
a saudade, pero
tamén polo odio,
resentimento e
vergoña.
Lévame a aquela fonte cristaíña
Onde xuntos bebemos
As purísimas augas que apagaban
Sede de amor e llama de deseios.
Lévame pola man cal noutros días…
Mais non, que teño medo
De ver no cristal líquido
A sombra daquel negro
Desengano sin cura nin consolo
Que ante os dous puxo o tempo
29. ¡Soia!
Eran cravos os días,
risoñas as mañáns,
i era a tristeza súa
negra coma a arfandá.
Íñase á amañecida
tornaba coa serán…
Mais que fora ou viñera
ninguén llo iña a esculcar.
O repouso vese como a
morte
No poema Negra
sombra exprésase de
forma simbólica a
traxectoria espiritual
ante a dor de vivir,
dende a esperanza de
escapar dela ata o
concencemento de que
é inseparable da súa
vida.
30. Social
Resistencia que tivo a publicar
Penas alleas, inxustizas e hipocresías
sociais
Daquelas que cantan as pombas i as frores
todos din que teñen alma de muller,
pois qu qe n’as conto, Virxe da Paloma,
¡ai!, ¿de que a terei?
Situación da
muller
traballador
a
31. Vendéronlle os bois,
vendéronlle as vacas,
o pote do caldo
i a manta da cama.
Véndéronlle o carro
i as leiras que tiña,
deixárono soio,
coa roupa vestida.
«María, eu son mozo,
pedir non me é dado,
eu vou polo mundo
pra ver de ganalo.
Galicia está probe,
i á Habana me vou...
¡Adios, adios, prendas
do meu corazón!»
Emigración
32. O estilo sinxelo
Poucos recursos expresivos
Escaseza de metáforas
Abundantes comparacións
Estruturas reiterativas
Contraste
33. O simbolísmo é un dos recursos máis
empregados por ella, os mais coñecidos son
os de negra sombra ou o cravo.
Cando penso que te fuches,
negra sombra que me
asombras,
ó pé dos meus cabezales
tornas facéndome mofa.
Cando maxino que es ida,
no mesmo sol te me amostras,
i eres a estrela que brila,
i eres o vento que zoa.
Si cantan, es ti que cantas,
si choran, es ti que choras,
i es o marmurio do río
i es a noite i es a aurora.
En todo estás e ti es todo,
pra min i en min mesma moras,
nin me abandonarás nunca,
sombra que sempre me
asombras.
34. El primer loco (1881)
É a súa última novela
Máis elaborada e con máis
dominio dos recursos
literarios.
Trata temas como a paixón
amorosa
Tendencia á loucura cando o
amor non é correspondido.
35. En las orillas del Sar (1884)
Poemas moi
innovadores
Reflicte as súas
emocións persoais, de
forma pesimista
Afástase da esperanza
que confire a relixión
36. La flor (1857)
Tratase dunha obra moi
influenciada pola lectura de
los poetas románticos da
época
É unha obra de xuventude
Vacilante pero onde xa
destacan os temas que preside
na maioría das súas obras
37. La hija del mar (1859)
Ambientada no paisaxe de Muxía
Construe unha trama moi
complicada de paixóns e conflitos
amorosos
Céntrase no tema do amor como
sentimento que acarrea a dor e a
frustración.
38. A mi madre (1863)
2º libro de poemas
Estructurase en sete poemas
escritos como homenaxe a súa nai
doña Teresa de Castro. Expresa a
súa desolación pola morte dun ser
tan querido e o vacío da súa alma.
Tratase dun desacougo persoal e
sentimental.
39. Libro de texto de Lingua Galega
Imaxes google
http://es.wikipedia.org/wiki/Rosalía_de_Castro
Rosalía de Castro - Wikipedia, a enciclopedia libre
Adiós, ríos; adiós, fontes... - Rosalía de Castro - Casavaria.com
http://www.edu365.cat/batxillerat/lectures/castellana/castro/obra
_3.htm
http://www.galiciaespallada.com.ar/escolmarosalia_foll
asnovas.htm#Vagued%C3%A1s