Successfully reported this slideshow.
We use your LinkedIn profile and activity data to personalize ads and to show you more relevant ads. You can change your ad preferences anytime.

Manuel María: animais

526 views

Published on

A natureza nos poemas de Manuel María

Published in: Education
  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

Manuel María: animais

  1. 1. ANIMAIS(varios) A natureza na obra de Manuel María
  2. 2. GANDO O gando da Terra Chá é moi fermoso: ollos grandes, corna levantada; e pelo teixo, fino moi lustroso e o paso lento cando fai a arada. En todo o país non o hai mellor: é manso, leiteiro e comedor. ¡A San Antón heino de ofrecer pra que o conserve sempre de bon ver! (TERRA CHÁ, 1954)
  3. 3. A VACA A señora Vaca traballa sen tasa, mantén a súa cría dá leite prá casa. A señora Vaca non dá descansado, tira polo carro e arrastra o arado. A señora Vaca -ten a cor teixa- sofre en silencio pro non se queixa. A señora Vaca vai do monte ao prado e do prado ao curro con ar resignado. A señora Vaca é humilde e mansa: ¡non sei que misterio na súa ollada cansa! ¡Non sei que misterio nos seus ollos quedos que semellan feitos de noites e medos! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  4. 4. O BOI En ti saúdo e recoñezo, pesado boi solemne, a forza do universo, as sagras fontes puras das enerxías aurorais. Eras, ouh boi pai, o pulo xerador, o esforzo que facía da terra unha matriz paridora e ubérrima. Ti, instinto macho fecundante: semente, nobre testa poderosa de volcáns alporecidos e lóstregos escuros. Agora, manso boi, neste mísero tempo do proveito, eres: pel, graxa, sebo, carne ruín de matadoiro. ¡Ouh boi, brado gastado: en ti acato a un deus! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  5. 5. A XATA ¡Como a casta se conoce! Filla de vaca Marela. ¡O que come ben mo loce! ¡Non hai becerra como ela! ¡E que pelo está botando! ¡Esta xata non ten venda! ¡Mentres a vou criando que San Antón ma defenda! (TERRA CHÁ, 1954)
  6. 6. O AÑO Teño un año branco como outro non hai, ¡Teño un año branco que quedou sen nai! Ven conmigo ao prado e ao monte tamén, a onde quer que eu vaia el comigo ven… Sempre ven comigo, sen min non se afai. ¡Eu son seu amigo que quedou sen nai! El comigo brinca e eu xogo con el. ¡Meu añiño branco, meu amigo fiel…! El comigo xoga: ¡moi mansiño é! E sei o que fala cando dice: ¡meé! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  7. 7. PORCOS DA CEBA Eran ranchos da boa lei. Foron medrando, medrando. ¡Moito me escravicei para os poder ir cebando! Agora xa están cebados. Hai que pensar en matar porque xa van rematados os nabos para os engrosar. ¡Teremos mañá os roxós e haberá festa na casa! ¡Hai que cortar os xamós e ir roxando na grasa! (TERRA CHÁ, 1954)
  8. 8. O MEU BURRIÑO Arre, ¡corre, meu burro trotón, meu burriño manso, meu burriño bon! -¡Corre meu burriño; non gallopes, voa! ¡A ver si lle ganas ao vento que zoa! -¡Arre meu burriño, non seas perguiceiro! ¡A ver si lle ganas ao vento lixeiro…! -¡Corre meu burriño, nos cascos pon ás! ¡Si queres ao vento deixarás atrás…! -¡Arre, meu burriño! ¡Corre máis deprisa! ¡Que si perde o vento xa verás que risa…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  9. 9. CERVO Cervo en liberdade, luz e aire: ábreste docemente como unha raiola de lús enfeitizada na terra carnal dos nosos soños e fas sagrado ao bosque rumoroso. A arboreda xentil que te coroa, grave e lene –tal a brétema- é a única alborada que pode facer agromar do corazón unha música pura e misteriosa. Cervo que baixas con urxencia a nidia limpidez da auga fría para cumprir o rito de beber as cores e os misterios da mañá. Cervo, camelia tremelante, marabilloso Outono en plenitude: convérteste en espello, salouco lonxano e esvaído, lene melancolía vagorosa e fulgor que cega: como o lóstrego. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  10. 10. CAN Enormísima lingua desconforme para lamber humildemente a rexa dura man de quen te somete, doma e domestica. ¡Que lixeira tenrura xubilosa te posúe cando andas a brincar cos outros cás, lonxe da rigorosa ollada vixiante do dono que te manda e humilla! ¡Que arrepío ser can e asumilo! Un can so ten auténtico o seu ouveo fondo, longo e triste. Can independente e vagamundo: ¡defende sempre, deica a morte, a túa total e impagábel liberdade! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  11. 11. O CAN Teño un canciño moi bon, teño un canciño rabeno. ¡É bonito e xoguetón o meu canciño pequeno! Teño un canciño xeitoso, teño un canciño rabelo. ¡É un canciño fermoso que mesmo dá xenio velo! Teño un canciño moi vivo, fillo do can do Xaneco. ¡Por ser criado cautivo sempre lle din moito meco! Vive connosco nun piso, non se mete con ninguén. ¡o meu canciño petiso, e meu canción de ben…! Non é podenco de caza o meu canciño “Luceiro” ¡Máis é cadelo de raza e non un can de palleiro! (AS RÚAS DO VENTO CEIBE, 1979)
  12. 12. POEMA A UN CAN DE PALLEIRO Ti, humilde can de palleiro, amigo meu: sabes ben que toda quietude é perfección. ¿Qué senso ten a túa nugalla? ¿Cantas lúas docísimas morreron no fondo canso dos teus ollos? ¡Que aldraxe tan fondo sintes polos cás de caza, teus irmaos! … Amo, can de palleiro, a túa nugalla, a túa humildade, a túa tristeza. E o teu laio fondísimo na miña alma ecoa longamente. (MAR MAIOR, 1963)
  13. 13. LOBO Sagro arrepío, ouveo estarrecente, lonxanísima sombra, medo ancestral e fantasmal, ser dun mundo misterioso que as xentes do común non ousamos ollar face a face porque o descoñecido danos medo e sementa en nós desasosegos. Ti, lobo, non acatas máis lei que o teu instinto: impós a soberanía da túa forza, defendes a túa agreste liberdade e non comprendes a vileza da bala que te fire e aniquila. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  14. 14. O LOBO Ven o señor Lobo -Que medo, neniño!- Polo monte abaixo ¡e asusta o camiño! Trae lume nos ollo; Nos dentes coitelo Tan ben afiados ¡que dá medo velos! ¡Que dá medo velos; Arrepíos ollalos...! ¡Ven o señor lobo Con instintos malos! Anda paseniño Con pasos calados. Años e ovellas: ¿estarán gardados? Ven o señor Lobo Con paso seguro: ¡a luz dos seus ollos Fura no escuro! Escóitase lonxe, Perdido entre matos, No fondo do monte, oular de lobatos. Chega o señor Lobo. A súa ollada fría: ¡pon os pelos dereitos, o sangue arrepía...! O sangue arrepía, O corazón xea: ¡está o señor Lobo Venteando a aldea! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972) «Iberian Wolf AdF 001» de Arturo de Frias Marques -
  15. 15. RAPOSO Tés moitísimos nomes para que os homes, terras e cousas non te recoñezan, ¡ouh cinza que corres presurosa, un intre só, diante os nosos ollos! Mais, pese á túa capacidade á túa arte sutil e requintada para a malicia, o engano e o disimulo, deixas, detrás de ti, un rastro, un longo ronsel mesto de fedorento cheirume que alcatrea: é o teu testemuxo fiel e verdadeiro. Raposo pillabán e perseguido ¡se soubera, como ti, mil mañas para fuxir moi lonxe de min mesmo! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  16. 16. GATO Elegante e estraño ser desconfiado: non te entregas nunca endexamais. No máis fondo de ti gardas un pequeno pozo de egoísmo: cintílache nas pálpebras e na lumieira dura dos teus ollos. Gosto, pese a todo, de agarimar a túa pel tépeda de seda e ao mesmo tempo fría como o xelo. Termo as túas unllas agresivas. E admiro a túa rapidez de lóstrego cando foxes co rabo levantado como erguida bandeira victoriosa. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  17. 17. SEÑOR GATO Señor Gato: atención; no rincón hai un burato; no burato está o rato caladiño, sen falar nin respirar. -Señor Gato, pon sentido que metido no burato está o rato. -Señor Gato: está o rato no burato do rincón: ¡ten nun puño o corazón! -E non dudo, Señor Gato bigotudo que está o rato no burato. Ten as unllas afiadas, cravuñadas, preparadas: bule axiña que senón Señor Gato bigotón, ¡do burato fuxe o rato! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  18. 18. " Fiz era un neno de sete ou oito anos. Vivía con seus pais nunha casa das aforas da vila. Unha casa xeitosa que tiña, na súa parte traseira, un xardín moi ben coidado. Tanto Fiz coma seus pais eran moi amantes de todos os seres vivos dende os bichocos máis pequenos, árbores e plantas ata os animais máis grandes e as persoas. Sabían que o amor era a cousa máis fermosa e perfecta de canto hai no mundo. ... E, para andar pola casa e tela limpa de ratos, trouxeron un gato ó que lle puxeron de nome Mimí. O gato Mimí era moi dado, manso e agarimoso. Tratábase dun gato precioso e moi murador ou cazador, que vén ser o mesmo. (...) (CONTO: OS BIGOTES DE MIMÍ, 1992) O GATO MIMÍ
  19. 19. DONOSIÑA Breve lóstrego, cecais unha presa de terra, montonciño de cinza ao que un vento levián pode esborrallar nun nada e todo. Eres a sorpresa, o medo minúsculo, os ollos que esculcan, a leve gracia, ¡ouh donosiña súpeta, raioliña que fuxe! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  20. 20. A LEBRE Corre, lebre, corre lebre e fuxe pró teu burato onde te está agardando, con impaciencia, o lebrato. -Corre, lebre; lebre, corre que te sigue o cazador coa súa escopeta cargada e o seu galgo corredor. -Corre lebre; lebre corre corre que te correrás, ¡que si lle foxes ao galgo do cazador librarás…! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1972)
  21. 21. TOUPA Toupa que furas no escuro e rabuñas, garimosa e teimuda, a flor da terra, habitando pequenos labirintos, galerías que levan a mínimos misterios, casa de teu e mundo coñecido. Máncate o sol e non resistes a súa luz explosiva: un exceso, para ti, de claridade e vida. A túa pel lustrosa é noite pecha como os teus ollos cegos e inúteis. Toupa feita de terra só para a terra: ¿eres unha presa de terra camiñante, usado soño, estrela do revés ou será, cecais, a mesma terra…? (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  22. 22. PEIXES Peixes, fermosas aves que habitades os xardís subacuáticos, as fragas de corais, oucas e algas e tendes o mar para navegalo libre e totalmente: ¿Lembrades os menceres de abril e os amorosos solpores de outono desangrándose en ouros melancólicos? Quero andar con vós, saber de fluxos, refluxos, mareas e correntes, camiñar o voso país marabilloso, ollar con calma as súas paisaxes e espetalas no fondo dos meus ollos, sentir o rumor dos ventos submariños agarimando e torrando a miña pel. E deprender o idioma que falades para poder entender o voso canto. (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  23. 23. O GRILO Cando o silencio é maneira de cousa que non se nombra canta o grilo na lareira por entremedias da sombra. (TERRA CHÁ, 1954)
  24. 24. O GRILO O grilo canta no lar, tamén canta na campía. ¡Canta co sol queimador nas horas do meridía! ¡O grilo tan pequeniño coas azas tan delicadas, co seu traxe de cor moura e as súas antenas delgadas! Teño un grilo ceboleiro que soio come leituga e, para cantar e cantar, ¡si viras como madruga! O meu grilo cantador é mellor que o que tés ti: ¡cando o teu da dito “cri…” o meu xa dixo “cricrí…”! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
  25. 25. VAGALUME Meu pequeniño vagalume verme verde: ti soio contra a noite vas polos vieiros co teu nada de luz, humilde e verdadeira, ¡faísca dun ensoño a penas po de estrela! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  26. 26. BOLBORETA Bolboreta: vas, vés, volves a ir e volves a fuxir voando en círculo, indo vindo, voando de novo e outra vez revoando nun espacio reducido, sempre arredor da luz que te acena e chama con fulgor irresistíbel, coa súa chama mortal que te aniquila, ¡ouh pequena, delicada, fráxil bolboreta voadora: don, oferenda, mensaxeira do deus dos intres fuxidío! (A LUZ RESUCITADA, 1984)
  27. 27. BOLBORETA Raio de luz, bolboreta que voas de flor en flor: ¡non che me engada teu vó, que me engada túa color! ¡Non che me engada teu vó, nin teu ar de soñadora! ¡A gracia da túa color é o que a min me namora! ¡Engádame a túa color, mezcla de noite e aurora, as túas antenas delgadas e as túas azas voadoras! Bolboreta, vidro feble, que voas polo xardín: ¡semellas bolboretiña, unha dona de postín...! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
  28. 28. OS CAVALIÑOS DO DEMO 1 Cavaliño do demo pinga de luz cristalizada en lene soño, rumor do silencio, calada semente de paxaro, asombro do azul máis delicado, pura nostalxia irreprimíbel salouco de orballo. … 5 Máxica, irisada transparencia asombrando e agarimando ao ar que te ten e te sostén. Pinga de luz na luz, mínimo latexo incendiando de nidio amor ao universo. Non te reflicte o río: es ti quen espella, nos teus lúcidos ollos alertados, a transparencia da auga que pasa envisa e fuxidía arquivándote no espello fiel da súa memoria. (ORÁCULO PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
  29. 29. 6 Nunca tés acougo. Afírmaste na vida e habitas na auga, no xunco, na folla e na espadana. Es case irreal. E non sei se vés de nada ou ao infindo vas. (ORÁCULO PARA CAVALIÑOS DO DEMO, 1986)
  30. 30. CARACOL Caracol, col, col; caracol, caracoleiro: ¡pon os teus cornos ao sol xa que es tan frioleiro! Ao lombo levas a casa, caracol, caracoleiro: ¡e deixas cintas de seda engalanando o carreiro! Caracol, col, col; caracol, caracolón: ¡pon os teus cornos ao sol ao sol os teus cornos pon! (OS SOÑOS NA GAIOLA, 1954)
  31. 31. Manuel María Letras Galegas 2016 Montaxe e fotos: Adela Leiro, Mon Daporta Textos: Manuel María Xaneiro 2016 Con este traballo queremos facer unha humilde homenaxe a quen tanto quixo e fixo por poñer en valor este noso país.

×