• Share
  • Email
  • Embed
  • Like
  • Save
  • Private Content
Drogodependencias
 

Concepto de droga e drogadicción. Características das drogras. Tipos de drogas. Idea xeral de cada tipo de droga. Algúns datos da situación actual en España, con especial atención a Galicia dos ...

Concepto de droga e drogadicción. Características das drogras. Tipos de drogas. Idea xeral de cada tipo de droga. Algúns datos da situación actual en España, con especial atención a Galicia dos distintos tipos de drogas.

Statistics

Views

Total Views
293
Views on SlideShare
293
Embed Views
0

Actions

Likes
0
Downloads
12
Comments
0

0 Embeds 0

No embeds

Accessibility

Categories

Upload Details

Uploaded via as Adobe PDF

Usage Rights

© All Rights Reserved

Report content

Flagged as inappropriate Flag as inappropriate
Flag as inappropriate

Select your reason for flagging this presentation as inappropriate.

Cancel
  • Full Name Full Name Comment goes here.
    Are you sure you want to
    Your message goes here
    Processing…
Post Comment
Edit your comment

    Drogodependencias Drogodependencias Presentation Transcript

    • DROGODEPENDENCIASDROGODEPENDENCIASEESAÚDESAÚDEAdán Gonçalves
    • 1.1. QUE SON AS DROGASQUE SON AS DROGAS??A OMS define droga como toda substancia química que introducida no corpo porcalquera mecanismo (inxestión, inhalación, inxección...) é capaz de actuar sobre osistema nervioso central provocando algún tipo de alteración física ou psíquicaque predispón o consumo reiterado do produto.Atendendo a esta definición, baixo esta denominación podemos englobar a unnúmero moi elevado de substancias, dende fármacos legais, pasando porsubstancias nocivas, pero legais como o tabaco ou o alcohol ate substanciasilegais como os derivados do cannabis ou a cocaína.
    • 2.2. AS DROGAS NA HISTORIAAS DROGAS NA HISTORIADende a antigüedade o home consome substancias estimulantes ou conefectos alucinóxenos resultado do seu coñecemento das propiedades dedistintas plantas e fungos.As razóns que levaron ás distintas culturas ao consumo de substanciasdeste tipo son de diversa índole: relixiosa, medicinal, recreativa...Xa civilizacións antigas como a india, a china,a exipcia ou os primeirospoboadores de América consumían cáñamo, adormidera, opio e follas decoca.Na Idade Media, en Europa, as bruxas utilizaban nos seus aquelarressubstancias alucinóxenas.Incluso, houbo e hai guerras motivadas polo importante volume de negocioxerado polo consumo destas substancias; son exemplos a “Guerra do opio”entre Gran Bretaña e China (1842) ou as actuais guerras de guerrillas dosnarcotraficantes entre eles mesmos e cos gobernos dos países onde secultivan as plantas que son a a materia prima de moitas destas drogas.
    • 3.3. CARACTERÍSTICAS DAS DROGASCARACTERÍSTICAS DAS DROGAS3.1. DEPENDENCIA3.1. DEPENDENCIAÉ a necesidade de consumir periódicamente unha substancia para obter osefectos psíquicos ou físicos desexados ou para evitar o malestar ocasionadopola súa falta.Pode ser: Psíquica:Psíquica: cando o suxeito precisa da administración continuada dasubstancia para manter o nivel de benestar psicolóxico. Todas as drogascausan dependencia psíquica en maior ou menor grao. Física:Física: débese a adaptación do organismo a substancia en cuestión, polo quea súa falta provoca transtornos físicos, éstos só se palian coa administraciónda droga ou dunha substancia similar.
    • 3.3. CARACTERÍSTICAS DAS DROGASCARACTERÍSTICAS DAS DROGAS3.2. TOLERENCIA3.2. TOLERENCIAÉ a capacidade de adaptación do organismo ó consumo dunha drogadeterminada.Debido a ela o individuo co paso do tempo precisa aumentala dose paraexperimentar o mesmo efecto.A tolerancia varía segundo o tipo de droga, o individuo, e a frecuencia deconsumo.3.3. SÍNDROME DE ABSTINENCIA3.3. SÍNDROME DE ABSTINENCIAÉ o conxunto de trastornos físicos (suores, vómitos, delirios, convulsións...) quesofre o suxeito debido ó cese ou a diminución brusca do consumo da droga.Aparece nas drogas que xeran adicción e vulgarmente chámaselle “mono”.
    • 4.4. COMO ACTÚANCOMO ACTÚANComo sabedes o funcionamento do noso sistema nervioso baséase natransmisión do impulso nerviosoimpulso nervioso.As neuronasneuronas, que son as células especializadas nesta función, transmiten osimpulsos grazas a unhas moléculas especiais chamadas neurotransmisoresneurotransmisores.As drogas modificanmodifican a transmisióntransmisión destes impulsos alterandoimpulsos alterando a acción dosneurotransmisoresneurotransmisores.Os efectos poden ser diversos: excitación, relaxación, alteracións napercepción...Hai drogas que calman a dor (analxésicos), hainas que son somníferos, hainastranquilizantes e estimulantes.O tempo que tardan en apreciarse os efectos depende de diveros factores,entre os que destaca a vía de entrada: oral (máis lenta), inhalatoria ouintravenosa (máis rápida e eficaz).
    • 5.5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGASAs drogas podémolas clasificar atendendo a diversos criterios: Segundo os seus efectosefectos sobre o Sistema Nervioso CentralSistema Nervioso Central:- DepresorasDepresoras: relentizan ou inhiben o funcionamento do cerebro. Producendependencia física, síndrome de abstinencia, e tolerancia.Efectos: somnolencia, dificultan a memoria, diminúen a presión sanguínea,relentización do pulso cardíaco. Poden provocar coma ou a morte...Son exemplos: os opiáceos (heroína, morfina, codeina e metadona), alcohol,hipnópticos, sedantes e tranquilizantes.- EstimulantesEstimulantes: aceleran o funcionamento cerebral producindo mellorastemporais da actividade neurolóxica e física.Efectos: aumentan a presión sanguínea, incrementan a alerta e actividade enxeral, euforia e diminución do apetito e o sono. Poden producir alteración gravesdo sono, desenvolvemento de manías, convulsións e incluos a morte.Son exemplos: as anfetaminas, drogas de deseño anfetamínicas, cocaína,xantinas (café, cola, té...) e tabaco.
    • 5.5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS-- AlucinóxenasAlucinóxenas: producen cambios na percepción e naconsciencia.Efectos: alucinaciones, privación sensorial, disociación, trance,pérdida de memoria, delirios...Son exemplos: os derivados do cannabis (haxix e marihuana),alucinóxenos (LSD), drogas de deseño alucinóxenas (MAD ou pílula doamor, MDMA ou extase) e disolventes e pegamentos.
    • 5.5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS Atendendo a súa aceptación socialaceptación social:- Drogas legaisDrogas legais: aceptadas socialmente. Son o alcohol, o tabaco emedicamentos utilizados con fins terapéuticos (sedantes, ansiolíticos...).Consecuencia do seu recoñecemento legal, a súa produción, venda e publicidadeestán reguladas.- Drogas ilegaisDrogas ilegais:: substancias prohibidas ás que se accede a través domercado negro. Afectan a un sector menor da poboación, pero crean maioralarma social.Esta clasificación non ten relación nin co dano, nin cos efectos, xa que haidrogas legais moi perigosas.Así mesmo, o seu estatus varía co tempo e incluso co lugar. Exemplo destoúltimo é a Lei Seca nos E.U.A. a principios do século XX (1919-1933) ou aprohibición a distintos niveis do alcohol en distintos países musulmáns (Arabia,Qatar...) na actualidade.
    • 5.5. TIPOS DE DROGASTIPOS DE DROGAS Atendendo á capacidade para provocar síndrome de abstinencia:- Drogas blandasDrogas blandas:: non causan síndrome de abstinencia ou e máis leve.- Drogas durasDrogas duras:: xeran síndrome de abstinencia.Esta clasificación induce a graves erros, pois drogas consideradasbrandas, como o LSD ou as “anfetas” son substancias realmente perigosas.Ademais a dose é decisiva na determinación da súa perigosidade. Porexemplo a cocaína, segundo a dose, pode actuar como anestésico,euforizante ou alucinóxeno.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓNA drogadicción é unha enfermidade crónica e de longa duración baseada nadependencia de substancias que afectan ao Sistema Nervioso Central e assúas funcións.6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓNÉ imposible citar unha causa que provoque drogadicción, pero sí poden darsefactores comúns que poden favorecer o inicio no consumo.Neste punto, os adolescentes, sen dúbida son unha poboación de risco polaconfluencia de circunstancias favorables derivadas da etapa dedesenvolvemento na que se atopan (rebeldía, probar cousas novas, integraciónno grupo...) cara o inicio no consumo de drogas.Que unha persoa consuma unha droga, non quere decir que sexadrogodependente. Por exemplo se pode tomar un vaso de viño ó día ou fumarun cigarrillo nun momento dado e non ser adicto.O problema é o hábito no consumo que pode xerar unha adicción.Evidentemente probar calquera tipo de droga sempre supón un risco xa quepode xerar unha adicción.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓNEntre os factores que máis inflúen na adquisición dunha drogodependenciason: Factores individuaisFactores individuais::- SexoSexo: máis frecuentes nos homes que nas mulleres, excepto ensedantes.- PersonalidadePersonalidade: os drogodependentes soen ter problemas desocialización e dificultades para afrontar os problemas.- CuriosidadeCuriosidade: a atracción do prohibido e das novas sensacións, moienfatizado nos adolescentes.- ComunicaciónComunicación: problemas nas relacións sociais ou familiares.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN6.1. CAUSAS QUE FAVORECEN A DROGADICCIÓN Factores sociaisFactores sociais::- DisponibilidadeDisponibilidade: facilidade para conseguir a droga.- PublicidadePublicidade: sobre todo nas drogas legais.- InformaciónInformación: dos pais, educadores e autoridades sanitarias.- ImitaciónImitación: de condutas dos pais, dos amigos, de ídolos...CuestiónsCuestións::1. Que factores consideras máis importantes, os individuais ou os sociais?2. Cres que a imitación é unha causa real? Podes poñer algún exemplo.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓNSegundo os expertos, hai unha serie de cambios na conduta dosadolescentes que analizadas en conxunto poden poñernos sobre avisodun posible consumo de drogas.Este punto é moi importante porque a detección precoz é fundamentalpara desintoxicacióndesintoxicación (abandono do consumo).Os cambios de condutas máis habituais son:1. Descenso inxustificado do rendemento escolar e faltas de asistenciaque antes non existían.2. Cambio de amizades, procurando que os pais non coñezan aos novosamigos.3. Pedir cartos constantemente aos pais e aos amigos.4. Pequenos roubos na casa ou no centro escolar.5. Despreocupación da apariencia ou abandono.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN6.2. CAMBIOS DA CONDUTA NA DROGADICCIÓN6. Distanciamiento cos irmáns e pais.7. Adelgazamento progresivo, ausencia de apetito, mala cor.Debemos lembrar que estes cambios son só indicios e non probas dunhadrogodependencia. Algúns deles por separado son completamente normais emáxime na adolescencia.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Un pouco de historiaUn pouco de historia::O tabaco obténse a partir das follas da planta Nicotiana tabacum e foiintroducida en Europa no século XVI.Cristobal Colón veu fumar ós indíxenas na illa de El Salvador, pero o primeiroeuropeo que probou o tabaco foi o francés Jacques Cartier (1535). O tabacofoi introducido gradualmente en Europa: Francia (1556), Portugal (1558),España (1559) e Inglaterra (1565).Os mariñeiros españois e portugueses difundírono por todos os portos domundo, pero foi Jean Nicot o quen deu un paso definitivo na súa implantacióneuropea ó enviar rapé e sementes de tabaco á raiña de Francia, Catalina deMédicis para o tratamento das migrañas do seu fillo.Ate o século XIX o seu consumo era minoritario e realizábase aspirado polonariz (rapé) típico das clases aristocráticas, mastigado ou fumado en formade cigarros puros ou en cachimbas.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Un pouco de historiaUn pouco de historia::Coa aparición das industrias adicadas a fabricación de cigarrillosestendeuse o seu consumo e tamén comezaron a xurdir as primeirassospeitas sobre os seus efectos prexudiciais na saúde.Na actualidade o tabaquismo (adicción ao tabaco) é considerado o principalproblema de saúde pública mundial.O tabaco é responsable da diminución da calidade de vida dos fumadores exera un gran número de enfermidades crónicas que son causa directa damorte de millóns de persoas en todo o mundo.As probas científicas neste sentido comezaron a rexistrase sobre todo apartir do inicio dos anos 90.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Un pouco de historiaUn pouco de historia::A partir do 2004 as empresas tabacaleras vense obrigadas a etiquetar nosseus produtos todos os aditivos que utilizan na fabricación do tabaco emostrar unha lenda de advertencia ó fumador.En España, concrétase esta preocupación, igual que noutros países do nosoentorno, na famosa Lei antitabaco do 2005, cuxa eficacia na diminución doconsumo xa está demostrada.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Algúns datos de intereseAlgúns datos de interese::A OMS considera o tabaco a primeira causa de invalidez e morteprematura no mundo.1/3 da poboación mundial maior de 15 anos é fumadora ( datos de 2010),esto supón uns 1250 millóns de fumadores.O tabaco mata anualmente uns 4,9 millóns de persoas (datos 2004).En Europa o tabaquismo provoca 1,2 millóns de mortes ao ano.O tabaco está relacionado coa aparición de 29 enfermidades, entre elas10 tipos de cancro e diversas de índole cardiovascular.En España morren ao ano 50000 persoas polo consumo de tabaco, e dicir,máis que se sumamos todas as que morren en accidentes de tráfico e asque falecen polo consumo de drogas ilegais.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Compoñentes tóxicos do tabacoCompoñentes tóxicos do tabaco::NicotinaNicotina:: é unha substancia estimulante responsable da adiccón e atolerancia. Provoca danos no corazón, vasos sanguíneos e sistemanervioso.AlcatránAlcatrán:: substancia viscosa e espesa que deposita nos alveolospulmonares destruíndoos. Ademais impide a saída de mucosidade queunha defensa natural contra os xermes. Provoca bronquite, cancronas vías respiratorias (boca, farinxe, larinxe e pulmóns).Monóxido de carbonoMonóxido de carbono:: dificulta a osixenación porque é un gas quecompite co osíxeno para fixarse á hemoglobina. En consecuenciaproduce fatiga e incrementa o ritmo cardíaco e pulmonarprovocando un desgaste co paso do tempo.Gases irritantesGases irritantes:: alteran o movemento dos cilios nos bronquiosproducindo tos e ronquera.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Prexuízos para a saúdePrexuízos para a saúde::En xeral, os efectos negativos do tabaco percíbense a longo prazo.En xeral, os efectos negativos do tabaco percíbense a longo prazo.As patoloxías máis frecuentes son a bronquite e o enfisema pulmonar e coAs patoloxías máis frecuentes son a bronquite e o enfisema pulmonar e copaso do tempo complicacións cardiovasculares que teñen múltiplespaso do tempo complicacións cardiovasculares que teñen múltiplesconsecuencias: fatiga, dificultades para respirar, efectos negativos naconsecuencias: fatiga, dificultades para respirar, efectos negativos napotencia masculina...potencia masculina...En casos máis graves derivan cara distintos tipos de cancro das distintasEn casos máis graves derivan cara distintos tipos de cancro das distintasvías respiratorias e tamén hai unha relación directa cos cancros de colón,vías respiratorias e tamén hai unha relación directa cos cancros de colón,de pancreas, de fígado...de pancreas, de fígado...Por último, os prexuízos incrementase durante o embarazo aumentando oPor último, os prexuízos incrementase durante o embarazo aumentando orisco de sofrer embarazos ectópicos, hemorraxias vaxinales, alteracionesrisco de sofrer embarazos ectópicos, hemorraxias vaxinales, alteracionescardíacas ademais o feto pode ter baixo peso, morte súbita, infartos,cardíacas ademais o feto pode ter baixo peso, morte súbita, infartos,leucemia infantil...leucemia infantil...
    • COMPARATIVA DO TABACO CON OUTRAS VINTE DROGASCOMPARATIVA DO TABACO CON OUTRAS VINTE DROGAS
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Fumadores pasivosFumadores pasivos::O fume do tabaco non só é inhalado polos fumadores, senón taménpolas persoas que están o seu arredor. Este fume de segunda manposúe máis de 4000 substancias químicas.Son os chamados fumadores pasivos.Múltiples estudos científicos demostran que os efectos nocivos dotabaco tamén se dan nos fumadores pasivos: cancro de pulmón,infeccións respiratorias, enfermidades cardíacas...Neste sentido constitúen unha poboación de risco, os nenos, asmulleres embarazadas, os vellos e as persoas con problemasrespiratorios ou cardíacos.En por esto, polo que en determinados países, entre eles España,restrínxese o seu consumo en lugares públicos a través de diferentesleis.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Inicio do consumoInicio do consumo::A maioría das enquisas e estudos establecen o inicio no consumo detabaco en España entorno aos 13 anos:Nova doNova do xornalxornal “La Vanguardia” (31/05/2010)“La Vanguardia” (31/05/2010) Por que fumamosPor que fumamos??Porque fumar prodúcenos pracer.Porque fumar prodúcenos pracer.Cando fumamos a nicotina, que é a substancia aditiva do tabaco, tarda non máisCando fumamos a nicotina, que é a substancia aditiva do tabaco, tarda non máisde 7 segundos en chegar o cerebro, aquí produce unha substancia chamadade 7 segundos en chegar o cerebro, aquí produce unha substancia chamadadopamina que é a responsable da sensación de benestar.dopamina que é a responsable da sensación de benestar.Ademais cando un fumador leva un tempo sen fumar ten un leve síndrome deAdemais cando un fumador leva un tempo sen fumar ten un leve síndrome deabstinencia, e en parte a sensación de benestar tamén se debe pola supresiónabstinencia, e en parte a sensación de benestar tamén se debe pola supresióndesta sensación desagradable.desta sensación desagradable.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Por que empezamos a fumarPor que empezamos a fumar??O tabaco é unha droga accesible e aceptada socialmente, aínda que nosúltimos anos ven de sufrir un deterioro importante da súa imaxe grazas a unaumento da conciencia social dos prexuízos do tabaco sobre a saúde conestudos científicos irrefutables que relacionan o hábito con distintasenfermidades.O hábito de fumar adquirese habitualmente durante a adolescencia e logopode ou non manterse co tempo, enquisas establecen un período medio de30 anos fumando.A cuestión é por tanto, por que comezamos a fumar?
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Por que empezamos a fumarPor que empezamos a fumar??Os propios fumadores establecen diversas razóns: Por influencia social 30,8%Ofrecíanmo os amigos 26,6% Por que si 13,6% Para ser maior 10,2 % Por relacionarme 3,2%Porque o vía na miña casa 1,9 % Porque facía algo prohibido 1,5 %Fonte: Consumo de drogas en Galicia. Xunta de Galicia.CuestiónCuestión: Cal pensas que poden ser as razóns polas que os adolescentescomezan a fumar?
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Vantaxes de deixar de fumarVantaxes de deixar de fumar??Deixar de fumar ten moitísimos beneficios e sempre é un bo momento: Beneficios para a saúde:- Aos 20 minutos sen fumar diminúe a presión arterial.- As 8 horas diminúen os niveis de monóxido e ascende o osíxenoalcanzando os niveis normais.- As 24 horas diminúe o risco de infarto.-As 48 horas comezamos a recuperar o gusto e olfacto.- Entre as dúas semanas e os 3 meses mellora considerablemente anosa circulación e sanan máis rapidamente as feridas.- Nos primeiros 9 meses melloran moitos efectos do tabaquismo: tos,dificultades ao respirar, fatiga, conxestión nasal...
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.1. Tabaco e Tabaquismo6.3.1. Tabaco e Tabaquismo Vantaxes de deixar de fumarVantaxes de deixar de fumar?? Beneficios para a saúde:- Aos 5 anos a probabilidade de padecer cancro de pulmón e de bocadescenden case un 50% respecto aos fumadores dun paquete ao día.- Aos 10 anos os riscos equipáranse aos dun non fumador. Outros beneficios para a saúde:- Mellora a nosa pel, dentes e encías.- Diminúe o risco de disfunción erectil e mellora a calidade do seme.- Menor risco de enfermidades cerebrovasculares.Por suposto, tamén eliminamos o risco para os fumadores pasivos, en especial paranenos e mulleres embarazadas.Mellora o noso alento, oleremos mellor, aforraremos cartos, mellorameos a nosaimaxe (dentes e uñas limpas) e evitaremos ser exemplo dun mal hábito.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Un pouco de historiaUn pouco de historiaA nosa historia está ligada, en certa medida, o consumo de bebidasalcohólicas. Incluso, algúns historiadores, citan o cultivo das vides como unhadas causas, xunto con outras do paso dunha sociedade nómada a unhasedentaria.As bebidas fermentadas, como o viño ou a cervexa, eran xa consumidas haiuns 5000 anos, e rápidamente asocíaronse os efectos do seu consumo arituais místicos, relixiosos e sociais.Os exipcios agradecían a Osiris o descubremento da fabricación do viño; osgregos con Dionisio e os romanos con Baco posuían un Deus do viño.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Un pouco de historiaUn pouco de historiaIncluso Noé celebrou o fin do Diluvio Universal embriagándose de viño comonos conta a Biblia.Para os cristianos o viño é parte fundamental da eucaristía, pois representa asangue de Cristo.As bebidas destiladas son posteriores. Proceden da tradición árabe ealquimista., polo menos en canto a súa introdución en Europa. De feito, delesproceden a palabra “al-khul”=alcohol e a ferramente utilizada para destilar, oalambique.As primeiras referencias a destilación alquimista datan do século XII e falanda “aqua vitae” (auga de vida) e a consecución de licores mediciñais.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Un pouco de historiaUn pouco de historiaFoi o español Arnau de Villanova (S. XII-XIII) xunto co seu discípuloRaimundo Lulio o primeiro en describir con detalle a destilación do chamado“elixir da vida eterna” con fins curativos.Esta tradición alquimista vese reflectida na nosa linguaxe, na actualidadesegue a utilizarse o termo bebidas espirituosasbebidas espirituosas para definir as bebidasalcohólicas. Os alquimistas estaban fascinados polos vapores das bebidasalcohólicas aos que atribuían propiedades máxicas, e de ahí derivou o termo.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Un pouco de historiaUn pouco de historiaDurante a Idade Media impulsouse a produción deste tipo de bebidas, grazasen gran parte a labor de monxes cristianos, que por este camiño en moitoscasos, trataban de atopar esencias mediciñais. De feito, para mellorar osabor comezaron a aromatizalas con flores e froitos macerados.A partir so século XV fórmanse os gremios de destilación, neste momentoxurden algúns dos licores máis coñecidos como o coñac, o ron ou o whisky.A partir do século XIX a mediciña comeza a poñer de relevo os efectosprexudiciais do alcohol.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Un pouco de historiaUn pouco de historiaMédicos como Thomas Trotter e Benjamín Rush establecen que o alcoholismo(adicción ao alcohol) pode danar o fígado e producir disfuncións mentais.Estos diagnósticos influiron de xeito determinate no establecemento dafamosa Lei Seca dos EUA a principios do século XX.Segundo os especilaista é na época industrial cando o alcoholismo pasa a serun problema de saúde pública que vese agravado dende mediados do séculoXX pola nosa forma de vida: publicidade, consumismo, estrés...
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismoO alcohol etílico (etanol) é compoñente psicoactivo fundamental das bebidasalcohólicas.Constitúe a droga máis consumida e tamén a que máis problemas xera, a pesarde non causar tanta alarma social como outras drogas.Como xa comentamos, aínda que favorece condutas desinhibidas é un depresordo sistema nervioso.É responsable e boa parte dos accidentes circulatorios e tamén dunha elevadaporcentaxe de accidentes laborais. O alcohol é perigoso ?
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Efectos do alcohol A curto prazo:A curto prazo:-Diminución dos reflexos.- Falsa apreciación das distancias.- Perturbación dos movementos.- Euforia e falta de percepción do risco.- Aumento do tempo de reacción.- Descontrol e confusión.-Fatiga e vómitos.-Coma etílico. Morte. Accidentes.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Efectos do alcohol A longo prazo:A longo prazo:- Perda de facultades.- Diminución das células sanguíneas.- Gastrite e úlcera de estómago.- Inflamación do páncreas.- Trastornos na absorción intestinal.- Impotencia. Trastornos na reprodución.- Hipertensión e deterioro cardíaco.-Ansiedade e depresión.-Cirrose hepátita e cancro (hepatocarcinoma). Suicidio e accidentes.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo O alcohol, unha droga socialComo xa comentamos, o consumo de alcohol é unha costume tradicional.Semella, en moitas ocasións, que non pode haber festa se non hai alcohol de pormedio.Esta aceptación social tan xeralizada pode provocar que nos acostumemos, xadende nenos, e vexamos como normal actitudes cara o alcohol que sonaltamente prexudiciais para a nosa saúde.Na nosa sociedade existen tamén persoas que por distintos motivos non probannunca o alcohol, son os denominados abstemiosabstemios.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo O alcohol, unha droga socialPor suposto, tamén hai persoas que a longo da súa vida manteñen unha inxestalixeira de alcohol e non poden ser considerados adictos.Incluso hai estudos que defenden que un consumo moderado de determinadasbebidas, como a cervexa ou o viño, poden ter efectos beneficiosos.Sen embargo, debemos ter sempre presente que a permisividade co alcoholpode orixinar consecuencias desastrosas.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Factores que inflúen na absorción do alcoholOs efectos do alcohol vense influídos por diversos factores: Peso corporal: a menor peso máis rápidos son os efectos. Sexo: os homes degrádano máis fácilmente que as mulleres. O Xexún: a absorción aumenta co estómago baleiro. Frecuencia do consumo: a alta tolerancia do alcohol, fai que os seusefectos sexan maiores coa falta de costume. Graduación: as bebidas de alta graduación absórbense máis rápido;ademais a súa combinanción con bebidas gaseadas aumenta a súa absorción. Tempo dende a inxesta: o alcohol degrádase no fígado a uns 4-8 g dealcohol por hora.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo AlcoholismoO alcoholismo é unha enfermidade crónica e progresiva producida polainxesta excesiva de alcohol etílico. Caracterízase por unha dependenciaemocional e física que é a responsable, no caso de cesar o consumo, dunforte síndrome de abstinencia chamado “delirium tremens”.O alcoholismo provoca un dano progresivo en diversos órganos (cerebro,fígado, riles, ...) que levan en último termo a morte.A OMS considera que hai alcoholismo cando se produce unha inxesta diarasuperior aos 50 g na muller e as 70 g no home.Para facernos unha idea: un vaso de viño contén uns 19 g, un copa de coñacronda os 15 g e un cubata ou un whisky con xeo esta entorno aos 22 g.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Alcohol e adolescenciaO xeito de consumir alcohol ven de variar moito nos últimos anos.Mentres os nosos pais realizaban un consumo diario de bebidas de poucagraduación (viño e cervexa) e copas de coñac, aguardente e licor café; osadolescentes destas últimas décadas tenden a un consumo máis concentradonos fines de semana con un bo número de bebidas de alta graduación(cubatas, chupitos...); de feito o adolescente pode chegar a ser totalmenteabstemio durante a semana e só consumir alcohol durante a fin de semana.Estos hábitos tenden a fixar a idea do alcohol como unha práctica máis dasnosas horas de ocio e a relacionalo coa diversión e a festa.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Alcohol e adolescenciaEste alto consumo débese en boa parte a unha aceptación social do alcohol,a súa alta disponibilidade e o seu baixo custo fronte outro tipo de drogas.Son moitos os rapaces que gastan o seu presuposto semanal case conexclusividade en alcohol.Pero como xa comentamos, as consecuencias do consumo do alcohol podenser devastadoras.No caso do consumo de fin de semana os principais riscos son: o aumento deaccidentes de tráfico, as prácticas sexuais de risco (SIDA e outras ETS,embarazos non desexados...) e intoxicacións que poden chegar o coma etílicoe incluso a morte.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Taxa de alcoholemiaTaxa de alcoholemia
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.2. Alcohol e alcoholismo6.3.2. Alcohol e alcoholismo Tratamento do alcoholismoTratamento do alcoholismoOs tratamentos contra o alcoholismo perseguen a desintoxicación e deben terunha supervisión médica.Despois da desintoxicación, normalmente o paciente sométese a terapias degrupo que axúdano a comprender mellor a súa adicción e a superala.Hai diversas organizacións sen ánimo de lucro en España que prestan esteservizo aos enfermos, como son alcoholicos anónimos ou a federación dealcohólicos rehabilitados.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.3. Automedicación6.3.3. AutomedicaciónA automedicación consiste en consumir fármacos sen ningún tipo de controlmédico na dose, na frecuencia de uso ou na necesidade terapéutica.É unha costume moi arraigada no mundo occidental.As persoas consomen analxésico, tranquilizantes, antibióticos... sen ter enconta ningunha prescripción médica, nin por suposto o prexuízo para a saúdee, incluso na propia eficacia de algúns medicamentos (como sucede cosantibióticos).Débese ter en conta que a automedicación implica riscos importantes:intoxicacións, alteracións nerviosas, lesión hepáticas e renais, perda deeficacia, dependencia psicolóxica...
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.3. Automedicación6.3.3. AutomedicaciónÉ importante rexeitar o diagnóstico e o tratamento dado por xente que nonson especialistas: familiares, amigos, veciños..., incluso aínda que a eles llesfose eficaz.O diagnóstico e tratamento dunha doenza debe facelo un especialista.O problema da automedicación parece incrementarse no ámbito doshipnosedantes como xa comentamos; na actualidade en España constitúen aterceiro grupo de drogas máis consumidas e son as únicas que aumentan o seuconsumo no último ano.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabisA Cannabis sativa é unha planta orixinaria de Asia Central que ven decultivarse dende hai uns 6000 anos nas zonas temperadas para o seu uso téxtil(cáñamo) e polos produtos psicoactivos que posúe.Na antigua China, se recomendaba para combater a malaria, o reuma ou oinsomnio.Na India utilizouse para aumentar a axilidade mental, favorecer a lonxevidade,ou aumentar o desexo sexual.A maior parte destes efectos non son reais e incluso a súa administración écontraproducente. Un pouco de historiaUn pouco de historia
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis Un pouco de historiaUn pouco de historiaXa no mundo clásico grego hai citas sobre o seu uso mediciñal (S.V. a.C.),En Europa, Marco Polo (S.XIII) fala do uso do cáñamo no mundo árabe, emoitos autores relacionan algunhas das súas descricións coa secta doshashishin ( a secta dos “asesinos” cuxa droga sería hashish).A partir principalmente do século XVII ten unha gran difusión nos paísesoccidentais e a finais do XIX xurden salóns para fumar en diversas cidadesde EUA. Tamén é neste país onde comezan os procesos para ilegalizar ocultivo desta planta.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabisA historia da ilegalización está chea de interses económicos, políticos esociais, pero non debe esquezerse que sexa legal ou ilegal os derivados docannabis teñen efectos prexudiciais sobre a nosa saúde.Actualmente cultívase en todo o mundo e é a droga ilegal máis consumida ecunha alta aceptación social. Un pouco de historiaUn pouco de historia
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis Que son os derivados do cannabis?Que son os derivados do cannabis?O cannabis contén máis de 400 compoñentes dos cales 60 aproximadamenteson cannabinoides (os principios activos desta droga), entre eles o principalé o tetrahidrocannabinol (THC) que está presente nas follas e nas floresdesta planta.O cannabis pode usarse como: Haxix: elabórase a partir do prensado da resina das flores da plantafemia (cogollos). A resina ten cor marrón e preséntase en bloques.Tradicionalmente o haxix presenta unha alta porcentaxe de THC (10-20%).Os adulterantes máis habituais son goma arábiga, clara de ovo, leitecondensada...
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis Que son os derivados do cannabis?Que son os derivados do cannabis? Marihuana: son as flores e follas da parte superior da planta, teñen unhaporcentaxe de THC arredor de 6-14%. Aceite de haxix: é un concentrado líquido que resulta da mezcla de resinacon disolventes (acetona, alcohol ou gasolina). Ten cor marrón escura. A súaporcentaxe en THC soe ser elevada (15-60%).
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis EfectosEfectosÉ un depresor do SNC, aínda que pode chegar a ter efectos alucinóxenos.Débese ter en conta, que os efectos de todos os porros no son iguais xaque varían na cantidade, na porcentaxe de principios activos, forma defumar...A doses baixas ou moderadas: relaxación, aumento da sociabilidade, risafácil, alteracións da percepción, da memoria e da concentración; bocaseca, ollos vermellos, aumento do apetito (sobre todo doces),broncodilatación, pérdida da coordinación, diminución dos reflexos,taquicardias e dores de cabeza.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.4.6.3.4. Derivados do cannabisDerivados do cannabis EfectosEfectosTamén posúe efectos paliativos das doencias propias de determinadasenfermidades: SIDA, cancro, esclerose múltiple....; aínda que debemoslembrar que na actualidade existen medicamentos cos principios activos queteñen estos efectos beneficiosos, pero non os prexudiciais.Un consumo elevado e prolongado pode ter riscos importantes: aumento datolerancia o THC, a mezcla haxix-tabaco supón o mesmo risco que otabaquismo, diminución da líbido, alteracións menstruais e do esperma,problemas de aprendizaxe e taquicardias. Ademais, o seu consumo eposesión en lugares públicos é un delito.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5.6.3.5. OpiáceosOpiáceosSon unha serie de substancias (alcaloides) derivadas da planta do opio ouadormidera (Papaver somníferum).Os principais opiáceos son o opio, a morfina e a heroína.Temos referencias do uso dos opiáceos dende a antigüedade, principalmentecomo infusións.A morfina (Morfeo: Deus do sono) aparece a principios do século XIX como unpotente analxésico con aplicacións médicas. Sen embargo, obsérvanseimportantes efectos adversos como unha gran aditividade e un elevadosíndrome de abstinencia.Pescudando unha nova substancia a emprese Bayer elabora a heroína, perodesgraciadamente, ademais dun excelente analxésico posuía unha maiortoxicidade e capacidade aditiva ca morfina.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5.6.3.5. OpiáceosOpiáceosOs opiáceos convértense nun negocio dende principio do s. XX co centroneurálxico de operacións en Asia, posteriormente a Guerra de Vietnam dalle oimpulso definitivo para a súa introdución nos países occidentais.Os consumidores europeos actuais de heroína son unha poboación envellecidacon graves problemas socias, psicolóxicos e sanitarios.O seu consumo en España foi diminuíndo nos últimos anos e case inexistenteentra a xuventude.A administración foi tradicionalmente intravenosa (polvo mesturado con limónou auga), pero a partir da difusión do SIDA tamén se fixo habitual fumala(“fumar chinos” ou “fumar en plata”).
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5.6.3.5. OpiáceosOpiáceos Efectos:Acción analséxica e depresora. Rápida tolerancia, elevada dependencia e fortesíndrome de abstinencia.+ Opio: Nun principio maior imaxinación e gañas de falar, despois depresión,lentitude respiratoria e confusión mental. O seu consumo continuado orixina aalteración de todos os aparellos e sistemas: anorexia, estreñimento, hipotensión,frío, illamento social...+ Morfina: básicamente empregado en mediciña: alteración do estado de ánimo,vómitos, nauseas, estreñimento...+ Heroína: “flash” (pracer temporal), sedación e alivio das doencias. Estreñimento,lentitude e incluso parada respiratoria, miosis (peche das pupilas), frío,adelgazamento, amenorrea, lesión hepáticas, infeccións cutáneas, inflamación docorazón, alteracións psiquiátricas e illamento social.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5.6.3.5. CocaínaCocaínaA cocaína é un alcaloide obtido das follas da planta de coca (en quechua:kuka). É un estimulante do SNC.Foi chamada a droga dos 70, 80 e 90 pola súa popularidade nestas décadas,pero non é unha droga nova, existe hai máis de 100 anos. Ademais as follasde coca, xa eran utilizadas como estimulante ou como herba mediciñal haimiles de anos.A mediados do s. XIX extráese pro primeira vez como cocaína, e a principiosdo s.XX foi compoñente de moitos tónicos e elixires elaborados para “curar”todo tipo de enfermidades ( A Coca-Cola retirouna da súa composición en1903).Na actualidade é unha substancia ilegal. Véndese no mercado negro como unpolvo branco e os traficantes, xeralmente, a mesturan con outrassubstancias (talco, azúcre, anfetas...). Tamén se vende como “crack” (mezclacon bicarbonato sódico) ou similares a xeito de “pedras” para fumar.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.5.6.3.5. CocaínaCocaína Efectos: Inmediatos: aumento da autoestima e confianza, locuacidade e excitación.Esta fase dura entre 30 e 60 minutos.Despois aparece unha fase de forte ansiedade por outra dose. A longo prazo: adición forte, ataques de pánico, trastornos mentais comoparanoia, infarto de miocardio, derrame cerebral, trombose, impotencia... Se éesnifada e característica a perforación do tabique nasal.A morte soe sobrevir por sobredose ou suicidio.
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.6.6.3.6. Drogas de deseñoDrogas de deseñoAs drogas de “deseño” ou síntese son psicofármacos sintéticos producidosde xeito clandestino. Son estimulantes do SNC.En xeral, son variantes das anfetaminas ás que se lles engaden outrosestimulantes como a cafeína, MDA, MDMA...Non teñen unha composición determinada, depende do tipo de pílula, poloque o consumidor nunca sabe o que inxire, nin en que concentración.Son drogas asociadas o ocio e a diversión, sobre todo nocturna. E teñenunha boa aceptación entre os xóvenes, xa que facilitan longas horas de“marcha” sen cansancio e favorecen a comunicación.As máis coñecidas son o “speed” (anfetas en po) que se inxere ou esnifa, o“extase” (MDA, MDMA, MDE...siglas dos compostos químicos que posúen),os ácidos (tripis)...
    • 6.6. DROGADICCIÓNDROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3. EFECTOS DA DROGADICCIÓN6.3.6.6.3.6. Drogas de deseñoDrogas de deseño Efectos:-Actúan sobre os centros termorreguladores cerebrais, polo que enambientes cargados (como as discotecas ou pubs) poden ocasionar “golpes decalor” que chegan a ser mortais.- Psicoses agudas, alucinacións, paranoias, anisedade...- Insuficiencias renais e hepáticas graves.- Favorecen os accidentes de tráfico.
    • GRAZAS POR ATENDERME
    • Bibliografía:Ástor Camino, Xulio, et al. 1999. “Ciencias medioambientais e da saúde”.Edicións Xerais de Galicia.Vigo.Cabrera Calero, Antonio Mª e Sanz Esteban, Miguel. 2002. “Bioloxia eXeoloxía-3º Secundaria”. Proxecto Exedra. Oxford Educación. Madrid.Webgrafía:http://www.alcoholismo.galeon.com/alcohol.htmhttp://www.alcoholismo.info/siglos_17-19.htmwww.autobild.eshttp://consejosconducir.racc.es/es/alcohol_drogawww.circulaseguro.com http://www.disfrutadeunconsumoresponsable.com/conocer/Antiguedad.aspxwww.edyhawk.comhttp://www.enplenasfacultades.org/cannabis-y-derivadoshttp://www.elmundo.es/larevista/num193/textos/35.htmlhumorviral.wordpress.com http://www.msc.es/campannas/campanas06/img/drogas300x280.jpghttp://www.msc.es/ciudadanos/proteccionSalud/tabaco/programaJovenes/consumo_porque.htmhttp://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/ency/article/007532.htmocw.innova.uned.es
    • www.policiaguancha.com http://www.profesorenlinea.cl/Ciencias/Alcoholismo.htmhttp://www.saludalia.com/vivir-sano/opiaceoshttp://www.tecnicoagricola.es/historia-de-la-ilegalizacion-del-cannabis/https://es.wikipedia.org/wiki/Fumador_pasivowww.uam.es https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b2/Rational_scale_to_assess_the_harm_of_drugs_%28mean_physical_harm_and_mean_dependence%29-es.svg/380px-Rational_scale_to_assess_the_harm_of_drugs_%28mean_physical_harm_and_mean_dependence%29-es.svg.pnghttps://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/0/02/Tobacco_consumption_against_cancer_incidence.jpghttp://webdelprofesor.ula.ve/ingenieria/marquezronald/wp-content/uploads/Historia_del_alcohol1.pdfhttps://es.wikipedia.org/wiki/Tabaquismo#Tabaco_y_saludwww.wikipedia.org