1. O TEATRO ENTRE 1936 E 1976
LIÑAS DO TEATRO DOS ANOS 50
►► TEATRO REXIONALISTA: continuadora do teatro costumista e a comedia urbana das Irmandades: Carré Alva-
rellos e Ramón Cabanillas
►► TENDENCIA RENOVADORA que continúa a modernización do teatro de preguerra: Otero Pedrayo, Ánxel Fole,
Jenaro Marinhas
►► TEATRO DE INSPIRACIÓN EXISTENCIALISTA, ligado á Escola da Tebra: Franco Grande, Manuel María, Car-
valho Calero, Díaz Pardo
O GRUPO DE ENLACE
►► Grupo heteroxéneo de autores que serven de conexión entre a dramaturxia de preguerra e a renovación do tea-
tro independente
►► AUTORES:
- Otero Pedrayo: O desengano do prioiro, Noite compostelá, O fidalgo e a noite
- Blanco Amor: farsas e autos: Farsas para títeres,Teatro pra a xente
- Álvaro Cunqueiro: O incerto señor Don Hamlet (orixinal versión da obra shakespeareana), A noite vai coma un
río, Palabras de víspera
- Jenaro Marinhas: teatro de intención pedagóxica: A revolta e outras farsas, Acurrados, Ramo cativo
- Carvalho Calero: A farsa das zocas, O auto do prisioneiro, Os xefes
2. A XERACIÓN DOS 50
►► Conxunto de escritores (fundamentalmente poetas) nacidos arredor de 1930 que irrompen na década dos 50 á
sombra do grupo Galaxia cunha decidida vocación renovadora. Cunha vivencia indirecta da Guerra Civil, perten-
cen maioritariamente a unha pequena burguesía liberal e republicana que se achega á realidade cultural galega
a través da Universidade e do maxisterio de Otero Pedrayo
►► AUTORES:
- Danirel Cortezón: revisión dramática da historia de Galiza: Prisciliano, Os irmandiños, Xelmírez ou a groria de
Compostela
- Manuel María: teatro como instrumento reivindicativo: Auto do labrego, Barriga verde, Farsa de Bululú
- Xohana Torres: teatro realista de denuncia social: A outra banda do Iberr, Un hotel de primeira sobre o río
- Bernardino Graña: visión crítica sobre o poder do diñeiro e a vida alienada do ser humano no mundo moderno:
20 mil pesos crime, Sinfarainín contra Don Perfeuto, Os burros que comen ouro (nunca cabalos serán)
O TEATRO INDEPENDENTE E A MOSTRA DE RIBADAVIA
►► En 1973 a Agrupación Cultural Abrente de Ribadavia convoca a I Mostra de Teatro Galego e o I Certame Abren-
te. Con esta iniciativa, Ribadavia convértese no principal punto de encontro do mundo do teatro galego. Ao
tempo que se fomentan e popularizan as representacións teatrais, estímulase, co premio Abrente, a creación de
textos dramáticos
►► OBXECTIVOS DO TEATRO INDEPENDENTE:
- Rescatar o teatro das salas convencionais para achegalo ao público en todo tipo de locais
- Romper co concepto de compañía estábel e apostar pola itinerancia e a creación colectiva
- Pescudar novos métodos para a creación e a representación cun afán experimental
- Crear unha rede teatral que permita o desenvolvemento dunha dramaturxia galega moderna e comprometida
►► O GRUPO ABRENTE: Está formado por autores que tiveron unha destacada participación nas mostras e certa-
mes de Ribadavia: Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal, Francisco Taxes, R. Vidal Bolaño