Successfully reported this slideshow.

TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

1,905 views

Published on

  • Be the first to comment

  • Be the first to like this

TEMA 4 TEATRO IRMANDADES, VANGARDA, NOS

  1. 1. Tema 4: O teatro do primeiro terzo do XX: Irmandades, vangardas e Grupo Nós.1.- Antecedentes . Das orixes ó s.XX. Non se conserva ningún texto dramático da Idade Media, mais é evidente queen Galicia existiu - como no resto de Europa - un teatro de tipo litúrxico, e temosinformacións indirectas de que estas representacións habían chegar ata o século XVI.Tamén debeu existir un teatro de tipo profano como nolo mostran os diferenteselementos dramáticos dos cancioneiros (danza, música, coro, solista e intérprete), e enespecial nas cantigas de amigo, especialmente se estas pertencen a un mesmo autor(lembremos os ciclos de Pero Meogo ou Martín Códax). Durante os Séculos Escuros (XVI, XVII, XVIII), ademais das referencias a eseteatro litúrxico, debemos falar da existencia de formas parateatrais de tipo popular queaínda se manteñen vivas hoxe, como é o caso das celebracións do Entroido endiferentes vilas de Galicia. Cómpre non esquecer que é precisamente nesta época,especialmente nos séculos XVI e XVII cando se produce o esplendor do teatro nasliteraturas europeas, esplendor do que non participa a literatura galega, que vive nelesas súas horas máis baixas. Do século XVII data a primeira peza teatral conservada na nosa literatura, queé o Entremés famoso sobre a pesca no río Miño (1671), obra do licenciado GabrielFeixoo de Araúxo. Da lª metade do século XIX apenas temos documentación; a primeira pezateatral desta época é unha pequena obra titulada A Casamenteira (1812), de AntonioBenito Fandiño. Un xénero característico destes momentos son os diálogospropagandísticos, que son escritos satíricos de carácter popular, aínda que no anonimatose agachen dous interlocutores instruídos e ilustrados. Neste tipo de escritos predominaa función didáctica, e así empregaban o galego e o carácter popular para provocarverosimilitude no que expuñan. Podemos citar, entre outros, un folleto titulado Proezasde Galicia de Xosé Fernández Neira. Da 2ª metade do século XIX temos coñecemento da primeira obra escenificada,que é A fonte do xuramento, de Francisco Mª de la Iglesia (1882); con ela iníciase odrama realista, social e costumista, de forte tradición no noso teatro. Por outra banda,temos o drama histórico, que reconstrúe episodios da historia de Galicia mesturadoscon elementos folclóricos ou lendarios; destaca Xoán Cuveiro Piñol coa obra tituladaPedro Madruga, ou Galo Salinas coa obra Torre de Peito Burdelo. Este teatro históricovai ter menos continuidade no s. XX có drama costumista; aínda así temos algúnsrepresentantes en autores como Cotarelo Valledor e Ramón Cabanillas.
  2. 2. 2.- O teatro no primeiro terzo do século XX. No que se refire ás tendencias teatrais desta etapa, cómpre sinalarfundamentalmente tres: A) O teatro costumista-ruralista, dominante no conxunto da produción. B) O teatro de tese e propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala que viron no teatro unha arma eficaz para a educación de masas, espallar as súas ideas nacionalistas e posibilitar a normalización lingüística. É un teatro de ambiente e tema máis urbano cá anterior tendencia. C) O teatro renovador (Dieste e Nós), que concilia o popular e galego coas técnicas da vangarda artística.A) O Rexionalismo. Dentro das estratexias normalizadoras do movemento rexionalista (tal era onome que se daba a si mesmo o galeguismo de finais do XIX e principios do XX),inaugúrase en 1903 na Coruña a Escola Rexional de Declamación coa presentación daobra "¡Fílla ... !" de Galo Salinas, quen presidía a Escola. O obxectivo da Escola... eraconsolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego,o que por forza estimularía a súa redacción. O autor máis destacado neste primeirointento foi Manuel Lugrís Freire con obras como A ponte (1903), primeiro dramagalego en prosa .B) Irmandades da Fala. A transición entre o teatro rexionalista e o das Irmandades da Fala, estaríarepresentada polo teatro de Leandro Carré Alvarellos, con obras como Pra vivir bencasados, ou Rexurdimento. O proxecto político e cultural das Irmandades (baseado na significación eoficialización da nosa lingua e en concienciar ao pobo na defensa da súa cultura) nonvai ser alleo ao teatro. A importancia que lle concederon a este xénero púxose demanifesto coa publicación de pezas, estudios e informacións variadas, que apareceronen A Nosa Terra. O seu interese quedou ben reflectido coa creación do ConservatorioNacional de Arte Galega (1919), onde se representa como primeira obra A man deSantiña, de Cabanillas. Anos máis tarde, o Conservatorio transformouse en EscolaDramática Galega (1922-26), e resultou ser a época máis intensa do desenvolvementodo noso teatro. Os homes das Irmandades non só exerceron o seu labor comoescritores, senón tamén como críticos teatrais e tradutores de obras estranxeiras. Entre as obras máis importantes das Irmandades debemos salientar O Mariscal(1926), escrita por R. Cabanillas e A. Villar Ponte, xa que mostraba importantesinnovacións técnicas. O Mariscal, glosa a figura do Mariscal Pardo de Cela, oderradeiro nobre galego que se enfrontou ao proxecto político centralizador dos ReisCatólicos. Un autor teatral que é obrigatorio mencionar, pola asiduidade coa que publicou erepresentou, e tamén pola calidade da súa produción, é Armando Cotarelo Valledor(1879-1950). Autor realista, preocúpase pola psicoloxía dos personaxes e polo
  3. 3. ambiente, que determina as súas accións. Entre as súas obras destacan: Trebón, dramarural en prosa con situacións efectistas, Hostia, traxedia histórica que conta o supliciode Prisciliano, e Mourenza, drama mariñeiro.C) O teatro do Grupo Nós. Aínda que o teatro non foi o xénero máis cultivado polo Grupo Nós, si foi undos temas que maior interese espertou neles. Risco, Otero e Castelao traballaron connovas ideas, proxectos e textos, mais a propia sociedade serviu de freo e non propiciouun auténtico desenvolvemento teatral; por iso o teatro destes homes quedou reducidoao plano literario, agás a obra de Castelao , que foi escenificada en vida do autor esupervisada por el mesmo. Eles concibían o teatro como un espectáculo global,introducindo novas técnicas relacionadas con diferentes artes que supoñen a entrada enescena de elementos plásticos (a cor, a luz, o baile, simbolismos ...). Os homes do Grupo Nós van compartir criterios coas correntes da Vangardaeuropea como o Modernismo, o simbolismo (a corrente máis seguida polo grupo) e oexpresionismo, que marcaron entre fins do século XIX e comezos do XX unha rupturanos contidos e nas formas das artes plásticas e literarias. Nas letras galegas as maiorespegadas afectan ó aspecto formal e están presentes na obra de Castelao, Otero e Risco,os principais importadores e incorporadores das formas europeas á literatura galega. OGrupo Nós realizou a tarefa de europeizar e modernizar o teatro galego, adaptándooformalmente aos parámetros que tiñan plena actualidade no momento, e tematicamentemantendo os contidos da propia tradición e das nosas raíces.Autores e obras: RISCO.- A única peza teatral publicada é O bufón de El-Rei (1928), drama simbolista que se desenvolve na época medieval, toca a “materia de Bretaña”e é unha reflexión sobre a maldade e sobre o inevitable do destino. OTERO PEDRAYO.- Deixou mostras escritas dun amplo proxecto dramático, pezas breves que permaneceron inéditas ata 1975, cando foron publicadas baixo o título de Teatro de máscaras. Mais a única peza que posúe unha elaboración teatral é A Lagarada (1928), na que a vendima e o viño fan agromar a luxuria e a cobiza dos personaxes, que son populares e deseñados cun forte realismo. Nas escenas tamén aparecen intercaladas mostras de fantasía, maxia ou ambientación poética. Outras pezas do autor son O desengano do prioro e Noite compostelana. CASTELAO.-.Trazou, xunto con Otero, numerosos proxectos teatrais, coincidindo ámbolos dous autores na súa concepción estética e formal do teatro, que é unha síntese dos elementos presentes na realidade (luz, cor, música, baile, palabras) pero é realmente Castelao quen maior atención presta á elaboración artística, fronte a Otero que presenta pezas inacabadas. A única peza que nos deixou, Os vellos non deben de namorarse, é, tamén, a peza máis famosa do teatro galego. Estreada en Bos Aires no ano 1941, trátase dunha farsa dividida en tres lances ou actos, de estrutura
  4. 4. paralela e complementados cun prólogo e un epílogo. En cada lance hai un vellonamorado dunha moza, en tanto que un mozo desempeña o papel de rival do vellonas súas pretensións amorosas. Aparece tamén a morte como personaxe que, baixoaparencia diferente en cada acto, avisa os vellos das consecuencias fatais do seunamoramento, como indica o refraneiro popular galego. O epílogo, no que aparecenno cemiterio os tres vellos esqueletos comentando a súa imprudencia, pon demanifesto as aparencias e falsidades existentes no mundo. A concepción teatral dorianxeiro consistía no espectáculo global, unha mestura artística de accióndramática, luces, música, baile, escenarios etc.RAFAEL DIESTE.- A fiestra baldeira (1927). Nesta obra, chea de elementosvangardistas, Dieste expón o conflito dun indiano que volve rico da emigración eque se ten que enfrontar ao problema de que a súa muller e a súa filla se avergoñenda orixe social del. O conflito xorde cando o indiano encarga un cadro no que debeescoller entre un fondo de ambientación mariñeira –as súas orixes- ou un fondo dexardín fidalgo – a súa nova condición-.

×